ccoo denuncia que as mulleres emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · o8 de marzo é a data...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 67 - marzo de 2016 CCOO denuncia que as mulleres son as que máis padecen a precariedade laboral Emprego feminino, emprego precario CCOO denuncia que as mulleres son as que máis padecen a precariedade laboral Emprego feminino, emprego precario

Upload: others

Post on 06-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 67 - marzo de 2016

CCOO denuncia que as mulleresson as que máis padecen a precariedade laboral

Emprego feminino,emprego precario

CCOO denuncia que as mulleresson as que máis padecen a precariedade laboral

Emprego feminino,emprego precario

Page 2: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

GaLICIa SINdICaL

2

www.galicia.ccoo.es

Recentemente culminou anegociación do primeiroconvenio colectivo esta-

tal para as empresas do metal.Pode sorprender que, nun dossectores paradigmáticos daacción sindical, os axentes so-ciais representativos non acor-dasen antes unha regulaciónde mínimos das condicións la-borais. Sorprende porque omarco regulador das principaisempresas do metal é público esempre é noticia a renovacióndos convenios colectivos nasempresas de automoción, deconstrución naval e aeronáu-tica, entre outras. Así mesmo,son noticia as grandes mobili-zacións sindicais a prol dasmelloras.Tamén existe marco regula-

dor territorial no sector dometal, principalmente provin-cial, que opera como paraugas

para as pequenas empresas,onde, ata as últimas reformaslaborais, non se negociabanconvenios. Remarcamos «ata»as últimas reformas laborais,porque a negociación colectivase desvirtuou para empregaros convenios de empresacomo elemento desvalorizadordos territoriais ou sectoriais epermitir convenios á baixa. Coas últimas reformas, a

simple previsión de caída eningresos –nin sequera chegara perdas!– permite que empre-sas mal xestionadas poidandesvincularse do seu convenioe impor outro, pero desvalori-zado. Por desgraza, esta situa-ción foi un obxectivo dedeterminadas organizaciónsempresariais –e partidos polí-ticos cos que comparten inte-reses–, que non dubidaron enaplicala en canto puideron.

Estraña coincidenciaPorén, resulta estraña a

coincidencia desas organiza-cións empresariais con deter-minados sindicatos á hora detentar desvirtuar o marco sec-torial estatal da negociacióncolectiva. Coincidencia canto alle dar prioridade á negociacióncolectiva nas empresas, par-tindo da premisa de que eramellor impedir a aplicación dunconvenio colectivo «español»,estatal. Nalgúns casos, ondenon tiñan maioría, mesmo pre-feriron bloquear a negociaciónde convenios provinciais eapostar pola negociación enempresas, á conta da inhe-rente perda de dereitos que asreformas laborais amparan.Coma se un convenio fosemenos malo se o pacta un sin-dicato nacionalista...Con este primeiro convenio

colectivo estatal do metal,como antes ocorría cos conve-nios sectoriais estatais, os tra-balladores e traballadoras doseu ámbito de aplicación vanter un paraugas para as súascondicións laborais, reguladasnos preexistentes conveniosprovinciais, e un tope fronte áspretensións de desvalorizar ascondicións e dereitos medianteun convenio de empresa ábaixa. Curiosamente, os sindi-catos nacionalistas represen-tativos non asinaron esteconvenio.Desde CCOO debemos ser

consecuentes coa nosa apostapor un marco regulador estatalsolidario, aberto á participacióndesde as empresas, vinculadoao que a maioría dos traballa-dores e traballadoras vote nasasembleas, pois parece que in-tensificar a mobilización pararenovar os convenios colecti-vos será a maneira máis rápidade desmontar os efectos dasúltimas reformas laborais.

Page 3: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

3

www.galicia.ccoo.es

O8 de marzo é a data histó-rica na que conmemora-mos o Día da Muller, de

todas as mulleres que traballa-mos dentro e fóra da casa, conemprego ou con traballo, con de-reitos e sen eles; a data en quecelebramos a loita e a reivindica-ción dun modelo de sociedademáis xusto e democrático. Estareivindicación ten un alcance in-ternacional: é o día das mulleres,de todas e en todo o mundo.E este mundo gobernado baixo

as premisas do neoliberalismoeconómico está moi desequili-brado entre os que o teñen todoe os que non teñen nada, entre onorte e o sur, entre diferentes et-nias e cores e, xaora, entre mu-lleres e homes. As mulleressofren en todo o mundo a discri-minación da pobreza, da etnia, dainmigración ou das persoas refu-xiadas; pero ademais sempresuman a discriminación de xé-nero, presente na maioría das so-ciedades, aínda que parezandesenvolvidas, tal é o caso donoso país, de Galicia.En Galicia, as mulleres engro-

samos as listas do desemprego,da precariedade, da temporali-dade e do tempo parcial, con sa-lario parcial e xubilación parcial;unha vida laboral limitada notempo e na calidade que xera sa-larios insuficientes e, no futuro,pensións tamén insuficientes.Temos un problema. Non é un

problema das mulleres, é un pro-blema dun país gobernado senpolíticas públicas que desenvol-van un modelo de relacións labo-rais e de formación baseado naigualdade de oportunidades. No ano 2007, a aprobación de

dúas normas, a Lei orgánica deigualdade e a Lei do traballo enigualdade das mulleres, de ám-bito autonómico, supuxeron unimportante avance lexislativo quehoxe, pola vía dos feitos e da evo-lución do mercado de traballo,deberían ser revisadas, actualiza-das e modificadas co fin de con-vertelas en instrumentos útilespara avanzar na igualdade. Esta éunha reivindicación de Comi-sións Obreiras porque pensamosque, ante a desregulación polaque avogou o PP, cómpre resta-blecer normas de obrigado cum-primento que garantan osprincipios de equidade impres-cindibles.Outra das nosas demandas

substanciais é a recuperación dovalor da negociación colectiva. Anegociación dos convenios co-lectivos e dos plans de igualdadeé fundamental para modificar asrelacións laborais desiguais oudiscriminatorias. Incluír medidas de acción po-

sitiva para que as mulleres acce-dan en igualdade de condicións asectores e ocupacións nos queaínda estamos subrepresentadasé un paso inescusable para mo-dificar o mapa da segregaciónocupacional, que en Galicia estámoi nesgado: as mulleres apenastemos presenza nas industriasnin nos postos de traballo conmellores salarios. Estamos for-madas, moi ben preparadas,pero o noso emprego segue li-gado ao sector dos servizos,fortemente feminizado, e a ocu-pacións de menor cualificación einferior salario. Un enorme capi-tal humano e de formación queeste país precisa.As medidas de acción positiva,

xunto con sistemas de selección,clasificación profesional, promo-ción e formación establecidos

Temos un problema de país

sobre criterios de obxectividade,técnicos e neutros, poden garan-tir o acceso ao emprego das mu-lleres máis novas sen que o pesoda futura maternidade condicioneo desenvolvemento profesional. Estas accións, e outras máis

relativas á saúde, a conciliación ea corresponsabilidade e, por su-posto, a protección fronte a situa-cións de acoso sexual e por razónde sexo –que lastran a vida labo-ral e o futuro profesional das mu-lleres, con especial gravidade nocaso das máis novas– conforma-rían un modelo de relacións labo-rais e, en consecuencia, unhasociedade con mellores paráme-tros de igualdade. En definitiva,como diciamos ao principio,unha sociedade máis xusta e de-mocrática. Nesta loita estamos as mulle-

res das CCOO, co aval dunhalonga tradición de defensa daigualdade nas empresas e cen-tros de traballo, tamén no Sindi-cato. Nos documentos do noso

1.º Congreso xa se reivindicaba aigualdade formal e efectiva,meses antes de que se incorpo-rase á Constitución española noano 1978. Dende as nosas orixesloitamos contra a dobre discrimi-nación, de clase e de xénero.Desde entón, as mulleres das

CCOO temos estado en todas asfolgas e mobilizacións xerais,sectoriais e de empresa; temosparticipado en todas as manifes-tacións e plataformas, co move-mento feminista, na defensa dodereito ao aborto e nas marchascontra as violencias machistas.E aí seguiremos estando, por-

que se algo temos que celebrarhoxe é o aumento substancial demulleres delegadas de CCOO enGalicia: preto dun 37 % das per-soas delegadas son mulleres e o41% da afiliación é feminina.Estes datos fannos albiscar unsindicato cada vez máis paritario,o que nos sitúa na vangarda dadefensa da igualdade. Isto, decerto, fainos mellores.

Page 4: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

GaLICIa SINdICaL Número 67 - marzo de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

En ningún caso as reformaslaborais axudaron a crearemprego. Nos dous anos

anteriores á primeira reforma la-boral (entre o primeiro trimestrede 2008 e o terceiro de 2010),perdéronse tantos postos de tra-ballo, 1800000, como nos tresanos e medio seguintes (entre oterceiro trimestre de 2010 e o pri-meiro de 2014), 1869000. A re-forma laboral de 2012 subtraeu ánegociación colectiva moitos dosseus anteriores contidos e deixoua determinación de gran parte daregulación do traballo na decisiónunilateral do empresario. Asímesmo, proseguiu o camiño dareforma de 2010, abaratando eeliminando causas para o despe-dimento individual e colectivo, deforma que o despedimento nonoso país pasou a ser libre.

Menos peso dos asalariadosFroito diso, a evolución da re-

partición do PIB entre rendas dotraballo e rendas do capital du-rante o últimos catro anos mos-tra unha clara perda de peso daremuneración dos asalariados,que cae tres puntos e pasa derepresentar en 2009 o 55 % doPIB a prezos de mercado (des-contados os impostos netossobre produción e importa-cións) ao 52 % en 2014. Ao tem-po, os beneficios empresariaisincrementáronse do 45 ao 48 %.Así mesmo, aumentan as des-igualdades entre os traballado-res con maior poder de nego-ciación individual das súas con-dicións e os que carecen desacapacidade, cuxas condicións detraballo e salarios se defenden

na negociación colectiva.Esas reformas laborais ago-

chan un incremento da desigual-dade laboral e un empobrece-mento das traballadoras e traba-lladores máis desprotexidos, conmenor cualificación e capacidadede defensa colectiva dos seus sa-larios. Nos últimos catro anos, oincremento nominal do salariomedio do 10 % dos traballadoresque máis gañan foi de 260 euros.Esa cantidade representa un64 % do total do salario mediodo 10 % dos traballadores quemenos gañan, que está en 411euros. Como consecuencia diso,en España estendeuse a figura dotraballador ou traballadora pobre,que segundo a Organización In-ternacional do Traballo (OIT) xarepresenta un 12,5 % do total.Tendo en conta todo isto, sor-

prende que o acordo de gobernoalcanzado polo PSOE e C’s re-nuncie á derrogación das refor-mas laborais de 2010 e 2012.Talvez sexan os apartados en quese regula a negociación colectiva,o despedimento e as modalida-des de contratación os que máisdecepcionan do devandito docu-mento, xa que deixan en vigor oselementos substanciais deambas as reformas: a prioridadede aplicación do convenio de em-presa en case todas as materiase a potestade unilateral do em-presario para modificar as condi-cións de traballo recollidas enconvenio. Así mesmo, o novocontrato único e estable propostono acordo supón eliminar a cau-salidade da contratación tempo-ral, isto é, legalizar de facto aenorme fraude que se está come-

tendo na utilización de contratostemporais para cubrir postos detraballo indefinidos. Tampoucose ofrece unha alternativa fiable áactual regulación da ultraactivi-dade dos convenios –vixenciadestes mentres se renegocian.Nestes e outros relevantes as-

pectos, as medidas contidas nodevandito acordo son absoluta-mente insuficientes para afrontara modernización da negociacióncolectiva que require o nosopaís. Para que a democracia nonsiga deténdose ás portas dolugar de traballo, a clave dun Go-berno do cambio debe ser a de-rrogación das dúas últimasreformas laborais.

Page 5: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

5

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 67 - marzo de 2016

O Sindicato Nacional de Comi-sións Obreiras lamenta o «aban-dono» do sistema de atención ádependencia (SAAD), malia ser unviveiro de emprego en Galicia.CCOO critica a «falta de interese»do PP, que sempre dificultou aaplicación da Lei de dependencia,tanto desde o Goberno centralcomo desde a maioría das comu-nidades autónomas onde go-berna ou gobernou.A secretaria de Política Social

de CCOO, Adela Poisa, afirmaque o PP, desde que recuperou opoder no Estado, promoveu re-formas para reducir o gasto pú-blico destinado ao financiamentodo sistema «e para cargar o seucusto máis e máis nas costas daspersoas con dependencia, conse-guindo así debilitalo».O sindicato xa ten denunciado

en anteriores ocasións que estapolítica provoca cada vez máisatrasos á hora de valorar os

CCOO denuncia o incumpri-mento das condicións laboraisde case todas as empresas queprestan servizos de axuda a do-micilio en Galicia. No último anoformuláronse máis de mediocento de denuncias por ilegali-dades nos contratos e nas coti-zacións do persoal.O sindicato acusa a Xunta de

«pasividade», pois é a Adminis-tración autonómica a que ten ascompetencias para supervisar o

O Tribunal Superior de Xustizade Galicia (TSXG) estima o re-curso presentado por ComisiónsObreiras (CCOO) e anula unhaorde da Xunta sobre formacióncontinuada na enfermaría, con-cretamente a do 30 de xuño de2014 de delegación de compe-tencias no Consello Xeral de En-fermaría de España en materiade formación continuada.CCOO-Sanidade felicítase por

esta sentenza, xa que é das pri-meiras que se producen en Es-paña. Cómpre sinalar que sepromulgaron en todo o estadoordes moi similares á galega,polas que os órganos compe-tentes das comunidades autó-nomas delegan no ConselloXeral de Colexios Oficiais de En-fermaría de España as funciónsde xestión e acreditación da for-mación continuada, incluíndo aexpedición de certificacións in-dividuais.

graos de dependencia e, igual-mente grave, que cada vez haxamáis persoas co dereito recoñe-cido a un servizo ou prestaciónque, por mor dos recortes, nonchega. «De nada vale saber quese ten un dereito se ao cabo nonse pode exercer», reproba Poisa.Por outra parte, CCOO consi-

dera que o aumento dos servizos

no SAAD é de «crucial importan-cia» no contexto actual, pois nonsó redundaría nunha melloratención á persoa con depen-dencia, senón que sería unhaforma de crear emprego que,pola súa vez, melloraría a situa-ción económica xeral. Así o re-colle o sindicato nun estudo quepublicou recentemente.

axeitado funcionamento destesservizos.A Inspección de Traballo xa

sancionou numerosas empresaspor incumprimentos «moi gra-ves», como non pagar o salariomínimo do convenio ou non co-tizar á seguridade social, nonrespectar o descanso mínimoobrigado pola lei, contratos atempo parcial polos que se rea-lizan máis horas do debido, nonpagamento dos gastos de quilo-

metraxe cando se utiliza o vehí-culo propio, non pagar o com-plemento por domingo oufestivo traballado ou ausencia decalendario de traballo anual,entre outras irregularidades.

Page 6: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

GaLICIa SINdICaL Número 67 - marzo de 2016

6

www.galicia.ccoo.es

O10 de setembro do pa-sado ano entrou en vigora nova lei reguladora da

formación para o emprego noámbito laboral, que estableceimportantísimos cambios nosistema tal como o coñeciamos.Os máis destacables son que osaxentes sociais non poden exe-cutar formación e que o finan-ciamento será baixo a fórmulade concorrencia competitiva.Isto quere dicir que a formaciónsó poderán executala centros ouentidades de formación acredi-tadas, polo que o Sindicato Na-cional de CCOO, como tal, nonpoderá solicitar plans de forma-ción para persoas ocupadas oudesempregadas. Por outro lado,a concorrencia competitiva sig-nifica que obterán subvenciónspara financiar os plans as enti-dades que oferten mellores con-dicións técnicas e económicas,o que dará como resultado unhanotable mingua tanto na cali-dade da formación que se ofrececomo nas condicións laboraisdas persoas que a impartan.Son, pois, dous cambios de

gran calado que, na nosa opi-nión, apostan pola liberaliza-ción da formación para oemprego e a súa consideracióncomo negocio; é dicir, van naliña contraria á que defendeCCOO: garantir o dereito á for-mación dos traballadores e tra-balladoras. Pero non son asúnicas modificacións que intro-

duce a lei. Hai máis, relaciona-das co modo de percibir assubvencións para financiar osplans, como que as entidadesdeben anticipar ao 75 % dosgastos ou que cada vez haimáis conceptos de gasto quenon son subvencionables.Os recortes na formación co-

mezaron en 2012 coa drásticadiminución dos recursos desti-nados ao financiamento daspolíticas activas de empre-go –das que a formación é undos seus piares– e a limitaciónpara imputar determinados cus-tos inherentes ao desenvolve-mento dos cursos. Avanzouse,daquela, cara a un modelo im-posto de cofinanciamento daformación.

Galicia, coma noutras moitascousas, foi alén do establecidona normativa estatal e mesmoos anticipos dos gastos pasa-ron aquí do 80% ao 25 % xa no2012; na mesma liña, moitosrecortes tamén se aplicaroncon maior intensidade. Ade-mais, nun alarde de xogo sucioque merecería outra cualifica-ción, as regras de xogo cam-biaban desde o momento enque se publican as convocato-rias ata o da xustificación dosplans, o que carrexou cuantio-sas perdas ás entidades de for-mación en Galicia.Neste escenario participaba a

Fundación Formación e Em-prego de Galicia (FOREM Gali-cia), cuxa función principal era

Sobre estas liñas, acción formativa no local de FOREM da Coruña

Page 7: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

7

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 67 - marzo de 2016

impartir formación subvencio-nada: en 2011 xestionou plansde formación subvencionadapor importe de 6,1 millóns deeuros e en 2012, tras o macha-dazo ás políticas activas de em-prego, pasou a xestionar poucomáis da metade, 3,4 millóns.Para adaptarse á nova reali-dade, aplicouse un expedientede regulación de emprego (ERE)polo que se extinguiron 24postos de traballo, pecháronsedous centros de formación epúxose en marcha un severoplan de axuste de gastos. Nonfoi abondo. As subvenciónsconcedidas seguiron min-guando ata os 3 millóns deeuros en 2013 e 2,4 millóns en2014. A finais dese ano apli-couse un proceso de reestrutu-ración do cadro de persoal parareducir os custos de estruturaante a nova caída dos ingresos:extinguíronse oito contratos detraballo, pechouse outro centroe intensificáronse os axus-tes nos gastos, á espera deque se definise o novo modelode formación para ver as posi-bilidades de supervivencia deFOREM.Pero a situación non se acla-

rou ata ben entrado o 2015. Esegue sen estar totalmenteclara, porque non se aproba-ron as normas que desenvol-ven a nova lei de formación e,con esa escusa, a Administra-ción galega e a central seguensen publicar as convocatoriasde plans de formación parapersoas traballadoras do pa-sado ano –por suposto, tam-pouco está moi claro que sevaian poder aplicar agora esesfondos.

Botáronnos da formaciónNeste contexto, FOREM re-

matou 2015 cunha nova redu-ción das subvencións, quesumaron apenas un millón deeuros, e sen previsión de cargade traballo para todo primeirosemestre do 2016. A diminu-ción persistente dos ingresosda principal actividade da fun-

dación provocou unha situa-ción económica insostible.Esta, unida á ausencia de cargade traballo, imposibilitaba con-tinuar coa actividade. Por iso,o pasado mes de xaneiro, unhavez constatada a ausencia deconvocatorias para os primei-ros meses do ano, decídese aextinción de todos os contratosde traballo do cadro de persoal,o que se realiza a través dun pro-cedemento de despedimentocolectivo.A falta de actividade impide

afrontar os novos gastos e ac-ceder a novas vías de financia-mento externo, o que estrangu-la o funcionamento de FOREMe lle imposibilita pagar as súasdébedas. Por esta razón, deci-diuse presentar un concurso deacredores voluntario para liqui-dar a fundación. Solicitouse opasado 2 de marzo e a día dehoxe os centros de FOREMestán pechados e carecen depersoal.

Unha vez pechado FOREM, o Sindicato Nacional de CCOOde Galicia carece dunha entidade ou centro de formación a tra-vés do cal solicitar plans de formación para llelos ofrecer aostraballadores e traballadoras, conforme marca a nova lei deformación para o emprego. Non deixamos de facelo: botáron-nos a patadas. Era unha morte anunciada desde que na re-forma laboral de 2012 se introduciron novos solicitantes dosfondos para impulsar a actividade non subvencionada, paramercantilizar a formación para o emprego e, así, anular o de-reito dos traballadores e traballadoras a esa formación que fa-vorece o acceso, a promoción e a recualificación profesional.Pero, ollo!, formación seguirá habendo. Sairán algún día

novas convocatorias baixo este novo modelo e as empresasseguirán impartindo a formación que elas queiran a conta dassúas cotas. Canto a isto, cómpre lembrar que a representaciónlegal dos traballadores e traballadoras ten dereito a emitir uninforme previo ao inicio das accións formativas.O novo modelo outórganos ás organizacións sindicais un

novo papel no deseño estratéxico, na planificación, programa-ción, difusión, control, seguimento e avaliación da formaciónprofesional para o emprego. Aí estará CCOO, para garantir odereito á formación dos traballadores e as traballadoras.

Page 8: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

GaLICIa SINdICaL Número 67 - marzo de 2016

8

www.galicia.ccoo.es

Sermos mozas colócanosnunha posición especial-mente débil no eido laboral.

A vulnerabilidade do emprego daxuventude e as desigualdadesentre homes e mulleres son froitodunha desigualdade de partida edun proceso de acusada precari-zación desde o comezo da crise. Na última etapa de crecemento

económico afianzouse un mo-delo produtivo insostible, unmercado de traballo precario esegmentado e un sistema de pro-tección social con fortes debilida-des que retroalimentaban adivisión sexual do traballo e unmodelo familiarista. Mulleres, mi-grantes e mozas levaban a peorparte. Particularmente, as mozasenfrontabámonos a unha menorpresenza no mercado laboral,unha maior carga de responsabi-lidades de coidado, unha dificul-tade meirande na procura deemprego e peores condicións la-borais ca os mozos.O maior impacto da crise na si-

tuación laboral dos homesnovos, sobre todo ao comezo,fixo que a precarización foraaínda máis acusada neles canelas, de xeito que moitas bre-chas se reduciron. Con todo, nonpodemos esquecer que estas se-guen existindo e, por tanto, queas mulleres novas desenvolvé-monos nunha realidade aíndamáis precaria que antes.Tras sete anos de crise, as

mozas reduciron os esforzos poratopar un emprego. No ano2015, o 44 % nin tiña traballo nino buscaba; ademais, aumentouun 25 % a porcentaxe de mulle-res novas que, sen teren un em-

prego –porque non o buscabanou non o atopaban–, tampoucoestudaban nin se formaban.As taxas de paro disparáronse

en ambos os sexos. En termosabsolutos, hai 940.000 mozasmenos con emprego desde2008. A porcentaxe das queestán procurando o primeiro em-prego aumentou máis dun 40 %.Máis rechamante aínda é o parode longa duración: malia o con-siderable número de mulleresnovas que deixaron de buscaremprego, o 47 % leva un ano oumáis pondo o seu empeño enatopar un posto de traballo. Endefinitiva, só un 35 % das mulle-res entre 16 e 29 anos estabanocupadas.Por outra parte, a porcentaxe

de mulleres que decidiron estu-dar –como alternativa á procurade emprego– creceu considera-blemente, aínda que segue porbaixo da dos homes. Actual-mente, o 81 % das mozas inacti-vas están a estudar. A pesar de

ser a razón principal de inactivi-dade, non podemos deixar delado que un 14 % das mozas ale-gan estar inactivas por labores dofogar, un dato moito maior quenos mozos.A temporalidade do emprego

das mozas alcanzou o 58 %. Ade-mais, en 2015, un 34 % dasmozas tiña contrato a tempo par-cial fronte ao 21,2 % dos mozos.A involuntariedade é a gran pro-tagonista, xa que o 68 % delas re-coñecía non atopar traballo axornada completa. Un 4,3 % ale-gaba ter que realizar traballos decoidado, porcentaxe que se redu-ciu moi significativamente.As elevadas taxas de inactivi-

dade e de parcialidade teñenunha dobre relevancia. Dunhabanda, as razóns que se alegabanpara manterse fóra do mercadolaboral ou de ter traballos atempo parcial fan evidente o pesoda distribución desigual –taménna xente moza– tanto do traballocoma dos coidados. Doutra

banda, teñen importantes conse-cuencias no futuro acceso aoemprego e a dereitos económi-cos, presentes e futuros: salarios,prestacións e pensións.O salario medio das mozas re-

duciuse escandalosamente. Asmozas entre 20 e 24 anos perci-bían en 2013 un salario un 19 %inferior ao de 2008 e as de 25 a29, case un 10 % inferior. Ade-mais, a brecha de xénero aumen-tou en ambas as franxas deidade. Elas cobraban un 25 % e17 % menos ca eles, respectiva-mente. Os salarios máis baixosimplican menores prestaciónspor desemprego e, ademais, acobertura das prestacións pordesemprego vaise esgotando: afinais de 2015 xa só o 17 % dasmozas en paro recibía prestaciónpor desemprego. Non sor-prende, pois, que a taxa de po-breza das mozas aumentara oitopuntos.A isto súmase que os recortes

sociais e reformas laborais afec-tan sobre todo ás mulleresnovas, ben sexa polo aumentodos requisitos para accederen aprestacións públicas, ben polasúa posición máis vulnerable nonovo marco de relacións labo-rais ou tamén por mor dos re-cortes en protección social.Acabar coa precariedade das

mulleres novas precisa, por unhabanda, terminar coa lóxica daausteridade e promover unhatransición xusta a un modeloeconómico máis sustentable so-cial e ecoloxicamente; e poroutra, apostar por políticas públi-cas que atallen todas as precarie-dades cunha perspectiva dexénero, potencien a responsabi-lidade pública e colectiva dos coi-dados e fomenten o accesoigualitario aos recursos.

Page 9: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

9

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 67 - marzo de 2016

9

As mulleres imos gañandopresenza no ámbito econó-mico, social e político.

Porén, a igualdade efectiva entrehomes e mulleres segue sendounha materia pendente, que tenun bo exemplo no eido laboral.Hai máis mulleres ca homes en

idade legal de traballar, peromenos no mercado laboral. Abrecha de xénero aínda supera osnove puntos: no cuarto trimestrede 2015 participaban no mercadolaboral un 48,9 % das mulleresen idade legal de traballar fronteao 58,2 % dos homes.A ocupación das mulleres re-

trocedeu en Galicia ao nivel dehai unha década e queda por de-baixo do medio millón. En con-creto, no cuarto trimestre de2015 había 488.100 mullerescon emprego, o 39,8 % das queestaban en idade legal de traba-llar (esa porcentaxe sobe noshomes ata o 48,3 %).Canto á calidade, o emprego a

tempo parcial é mormente femi-nino e a temporalidade é unhanota definitoria nas súas rela-cións laborais. Tres de cada catropersoas que traballan a xornadaparcial son mulleres. No cuartotrimestre de 2015, o 22,2 % dasocupadas tiñan ese tipo de xor-nada, mentres que nos homes aporcentaxe baixaba ata o 6,1 %.Non atopar un traballo a xor-

nada completa é o principal mo-tivo para aceptar un a xornadaparcial, tanto nas mulleres comanos homes (así o manifestan o62,6 % das ocupadas a xornadaparcial e o 68,1 % no caso doshomes). O 94,6 % das persoasque traballan a xornada parcial

por mor das responsabilidadesfamiliares (coidado de menores,maiores, dependentes…) sonmulleres, o que confirma queelas seguen sendo por maioría asque asumen o rol da dedicacióná familia e a atención ás persoasdependentes.Tamén nosoutras soportamos

unha taxa de temporalidade máis

alta. No cuarto trimestre de 2015,o 27,5 % das traballadoras porconta allea tiñan un empregotemporal; nos homes, a porcen-taxe baixaba ata o 23,6 %. A segregación de xénero por

sectores é moi marcada. As mu-lleres concéntranse sobre todonos servizos; dentro deles, asramas máis feminizadas son a

hostalaría, a educación, as activi-dades sanitarias e de servizos so-ciais e o emprego doméstico.Segundo o tipo de ocupación,

preto do 60 % das persoas enempregos que requiren unha altacualificación –técnicos, científi-cos e intelectuais– son mulleres,pero só ocupan un de cada trespostos directivos e de xerencia.Tamén nas cifras do desem-

prego saímos máis prexudicadasporque, en proporción, hai máismulleres en paro ca homes. Nocuarto trimestre de 2015 estabanen paro o 18,6 % das activasfronte ao 17 % dos activos.Velaí a foto-fixa do mercado la-

boral feminino no cuarto trimes-tre de 2015. Pero, cal é aevolución cunha perspectivamáis ampla?Aínda que no último ano se

creou emprego en Galicia, o nú-mero de ocupadas é practica-mente o mesmo de hai tresanos (incluso hai cen ocupa-das menos). Creouse emprego,pero onde e de que tipo? Encomparación co cuarto trimes-tre de 2012, na construción enos servizos xeráronse case osmesmos postos de traballo quese perderon no sector primarioe na industria. Ademais, subs-tituíuse emprego indefinido portemporal (700 mulleres indefi-nidas menos fronte a 10.700temporais máis) e, como con-secuencia, a taxa de temporali-dade subiu ata o 27,5 %,aproximadamente dous puntosmáis ca hai tres anos.Tras o descenso do paro agá-

chase a retirada de moitas mulle-res do mercado laboral: desde ocuarto trimestre de 2012 hai17.300 paradas menos pero per-déronse 17.400 activas que, enmoitos casos, seguramente es-tean na emigración ou desistironde buscar traballo.Polo tanto, os datos corrobo-

ran que a recuperación é fráxilporque asenta nun modelo pro-dutivo de baixo valor engadido,sen industria e de emprego ines-table. Retómase, pois, un patrónque xa fracasou no pasado.

Page 10: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

GaLICIa SINdICaL Número 67 - marzo de 2016

10

www.galicia.ccoo.es

Acreación do Fondo de Re-serva da Seguridade So-cial foi consecuencia das

dúas primeiras recomendaciónsadoptadas en 1995 no Pacto deToledo. Unha, a de «separacióne clarificación de fontes de finan-ciamento», que reforza o carác-ter finalista das cotizacións áSeguridade Social para financiaras pensións contributivas, sepa-rándoas das non contributivas euniversais (sanidade, servizossociais, entre outras) que debenfinanciarse a través da imposi-ción xeral. Dúas, a «constituciónde reservas» cos excedentesque poidan producirse uns anos,para contribuír a atender os dé-ficits que poidan darse noutros.Con iso constituíuse un po-

tente elemento anticíclico, acor-de co carácter finalista dascotizacións e previsor das nece-sidades crecentes de financia-mento do sistema de pensións.O Fondo foise nutrindo dos ex-cedentes de cotizacións nosanos de bonanza económica eos rendementos obtidos, ata al-canzar unha cifra de case 70.000millóns de euros en 2011, quehoxe diminuíu á metade, situán-dose a finais de 2015 en menosde 33.000.A crise fixo necesario dispo-

ñer do Fondo antes do previstoe cumprir co papel estabilizadordo sistema de pensións para oque foi creado durante bastantesanos. Por que bastantes anos?Porque a Lei 28/2003 previuunha disposición anual limitadado Fondo e só para pagar pen-sións contributivas e os seus

gastos de xestión, nun importeanual non superior ao 3 % des-tes dous conceptos. Traducindo,na actualidade uns 3.500 mi-llóns anuais. Se as necesidadeseran superiores, o Estado com-pletaría a cifra necesaria parapagar pensións con diñeiro pro-cedente dos impostos; en cohe-rencia co principio establecidono Pacto de Toledo, as pensiónscontributivas financiaranse, ba-sicamente (non exclusivamente)coas cotizacións sociais.Porén, desde 2012 as cousas

mudaron. Primeiro, porqueatendendo a unha situación ex-cepcional, en novembro de2012, mediante un real decretolei, o Goberno do PP suspendeuentre 2012 e 2014 a vixencia dolímite de disposición do Fondode Reserva descrito. Foi unhamedida grave, aínda que garan-tía conxunturalmente, nun mo-mento de capacidade limitada deendebedamento adicional do Es-tado, pagar a nómina completadas pensións.Pero esa posibilidade utili-

zouse de forma abusiva, su-plindo a necesidade de recorrerao Fondo co seu uso indebidopara financiar partidas que nondeben soportar as cotizacións

sociais. Concretamente, políti-cas de incentivos á contrataciónpor conta allea ou a alta comotraballador por conta propia,entre outras. Con isto, durantetres anos utilizouse o Fondopara pagar pensións contributi-vas, pero tamén para financiaroutras decisións, incumprindo oacordado; en total, case 34.000millóns de euros.Esa situación prolóngase ata

hoxe de maneira contradito-ria con outras decisións. O Go-berno ampliou dous anos máis(2015-2016) a capacidade dedisposición do Fondo por ribados aproximadamente 3.500millóns anuais establecidos. Aotempo, adianta unha reduciónfiscal que fai máis difícil cumprircos compromisos de reducióndo déficit e esixe tomar máiscartos do Fondo de Reserva doque era necesario para financiara súa política inmediata.De feito, en 2015 dispuxo de

11.500 millóns de euros e a pre-visión para 2016 non é boa, es-pecialmente se temos en contaque o aumento de persoas enalta na Seguridade Social en2015, máis dun 3 % sobre a afi-liación en 2014, non supuxounha mellora comparable na re-

cadación á Seguridade Social(menos do 1 %).As razóns son evidentes: hai

máis xente traballando en alta naSeguridade Social, pero a sumade horas traballadas de todosnós en 2015 non supera as tra-balladas en 2014. É dicir, máispersoas repártense o traballoexistente, pero con moito máistraballo temporal e a tempo par-cial. A iso sumámoslle a contíados salarios ofertados para osnovos empregos.En fin, na crise, cunha política

de curto prazo, pouco responsa-ble en termos de medio e lon-go prazo, utilízase inadecua-damente o Fondo de Reserva,apartándose dos compromisosasumidos por todas as forzaspolíticas, organizacións sindi-cais, empresariais e un amploconsenso da sociedade espa-ñola no Pacto de Toledo e assúas revisións desde 1995.Nun momento como o actual,

de negociacións para a forma-ción dun novo Goberno, é espe-cialmente oportuno denunciaresta situación e esixir ás distin-tas forzas políticas que entre asprioridades do novo Goberno, arecomposición do Pacto de To-ledo é esencial, o cabal uso doFondo de reserva, lonxe de com-portamentos estratéxicos eoportunistas, unha necesidadee, finalmente, a reconsideraciónda última reforma de pensións eos seus efectos, aprobada poloPP sen consenso ningún, unhaprioridade.Doutra banda, en xaneiro de

2016 cumpriuse o prazo decinco anos desde a última revi-sión do Pacto de Toledo, senque o Goberno, hoxe en fun-cións, remitise ao Congreso oInforme sobre avaliación documprimento das últimas reco-mendacións. Ese informe permi-tiría que a Comisión Parlamen-taria do Pacto de Toledo as de-bata e renove para, a seguir,abrir a negociación entre os in-terlocutores sociais e o novoGoberno, que permita corrixir asactuacións dos últimos anos.

Page 11: CCOO denuncia que as mulleres Emprego feminino, emprego ...marzo_de_20… · O8 de marzo é a data histó - rica na que conmemora - mos o Día da Muller, de todas as mulleres que

11

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 67 - marzo de 2016

Tras vinte anos da entradaen vigor da Lei de preven-ción de riscos laborais, a

xeneralización da actividadepreventiva nas empresas e olabor dos delegados e delega-das de prevención lograronmellorar as condicións de tra-ballo. Isto traduciuse nun pe-ríodo de acusado descenso dasinistralidade que se prolongoudesde 2000 ata 2012.Porén, a aposta por políticas

de axuste como alternativapara saír da crise deteriorou deforma grave a negociación co-lectiva e o exercicio efectivo dediversos dereitos, co que sedeu cabo de elementos impres-cindibles para a saúde e a se-guridade no traballo. Exemplodestas nocivas dinámicas, quelevaron a unha regresión daprevención nas empresas, é oincremento nun 6,99 % o anopasado do índice de incidenciade accidentes con baixa laboralen Galicia, e do 1,34 % no queatangue á sinistralidade mortal.É inadmisible que en pleno sé-culo XXI falezan 61 persoas nunano polo feito de exerceren oseu labor profesional.A debilitación da negociación

colectiva leva consigo perda dedereitos e a xeneralización du-nhas relacións laborais marca-das pola precariedade. Estaúltima característica encóntrase,sen dúbida ningunha, tras o in-cremento dos accidentes de tra-ballo. O mellor exemplo disto é oque sucedeu nos últimos anosno sector industrial, ata haipouco paradigma da estabilidade

no emprego: no último ano incre-mentouse o 12,64 % o índice deincidencia de accidentes conbaixa laboral e o 37,89 % o nú-mero de falecementos.Ante este panorama, co gallo

do 28 de abril, Día Internacio-nal da Saúde e a Seguridade noTraballo, e ante o inicio dunhanova lexislatura, desde o Sindi-cato Nacional de CCOO quere-mos trasladar á sociedadegalega, e en especial aos parti-dos políticos, a necesidade depór en marcha as transforma-cións necesarias para forzar uncambio de rumbo na preven-ción de riscos laborais, ade-cuándoa á realidade laboralactual.Os accidentes laborais teñen

un gran custo, non só econó-mico –perda de xornadas detraballo, redución do salario ou

perda de produtividade–,senón tamén sanitario –a pro-pia perda de saúde das persoasafectadas– e un enorme custosocial que se reflicte directa-mente nas familias das persoasaccidentadas ou na perda devalores.Superar esta situación implí-

canos a todas e a todos: as em-presas, que deben cumprir alexislación vixente integrandode maneira efectiva a preven-ción nos centros de traballo; aAdministración, que ten aobriga de realizar actividadesde control e seguimento destaintegración; os traballadores eas traballadoras, que debemosesixir as medidas preventivasnecesarias para conseguir untraballo seguro, incluíndo nonsó os equipos de protección in-dividual ou ferramentas e ma-

quinaria en bo estado, senóntamén a formación, a vixilanciaadecuada da súa saúde, o no-meamento de delegados e de-legadas de prevención e acreación e funcionamento doscomités de seguridade e saúde.

Asembleas informativasPara desenvolver este labor

cómpre que delegados e dele-gadas dispoñan da informacióne da formación necesarias pararealizaren propostas de acciónspreventivas, así como instar ocumprimento da lei. Por estarazón son tan valiosas asem-bleas como as realizadas re-centemente na Coruña eRibeira. Desde a Secretaría deSaúde Laboral do Sindicato Na-cional animamos a outros terri-torios e federacións para queas soliciten.