catÁlogo 2018 · 2018. 9. 10. · pequeno virgil. el e os seus amigos oskar e carl emil pásano...

54
intermedio avanzado CATÁLOGO 2018 álbum Con ilustracións e aptos para primeiros lectores. Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos. Emocións fortes e no- vos mundos ó volver do instituto.

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • intermedio avanzado

    CATÁLOGO 2018

    álbumCon ilustracións e aptos para primeiros lectores.

    Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos.

    Emocións fortes e no-vos mundos ó volver do instituto.

  • álbum

    A lenda de Sally JonesJakob Wegelius

    “Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en te-rras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. É unha historia sobre maldade arteira en xunglas caloro-sas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis trai-zóns. Esta é a lenda de Sally Jones.”

    ISBN: 978-84-15920-95-3Páxinas: 112Formato: 16,5 x 26,5 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán

  • Monstro Pequeno di NON!Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

    Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade. Un orixinal e divertido libro que fala da amizade, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con firmeza.

    ISBN: 978-84-15920-24-3Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Os monstros grandes non choranÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

    A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón.Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros gran-des non choran…

    ISBN: 978-84-15920-28-1Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Monstros na escuridadeÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

    –TI nunca lle tes medo a nada, verdade, Monstro Grande? –Non, eu NUNCA teño medo –contesta Monstro Grande. É xenial ter un amigo tan forte e tan valente coma Mons-tro Grande. Pero entón, óese un estrondo fóra… Monstros na escuridade é o terceiro libro de Monstro Pequeno e Monstro Grande.

    ISBN: 978-84-16884-03-2Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán

  • Gripe monstruosaÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

    Cando Monstro Grande colle a gripe monstruosa, Mons-tro Pequeno vaino visitar. Pero Monstro Grande é moi difícil de compracer cando está enfermo. Ata cando o aturará Monstro Pequeno? Gripe monstruosa é o cuarto libro de Monstro Pequeno e Monstro Grande.

    ISBN: 978-84-16884-04-9Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán

  • VenresSantiago Freire e Dani Padrón

    Igual xa oístes falar de min e do meu amigo Ro-binson, pero seguro que da súa boca. Agora vou-vos contar eu a historia de como coñecín o home branco.

    ISBN: 978-84-15920-03-8Páxinas: 48Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • ISBN: 978-84-15920-00-7Páxinas: 158Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

    Todos os membros da familia de Amabel teñen super-poderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

    O poder de AmabelÉrica Esmorís

    intermedio

  • A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.

    XildasAntonio M. Fraga

    ISBN: 978-84-15920-01-4Páxinas: 212Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • A chegada do cometa Tove Jansson

    ISBN: 978-84-15920-50-2Páxinas: 140Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

    Un día, todas as cores desaparecen do val no que viven os Mumin. Mumintroll emprende unha pe-rigosa misión para pescudar se o val está amea-zado de verdade pola chegada dun cometa; unha viaxe chea de fantasía, humor e tenrura, na que fará bos amigos.Con ilustracións de Tove Jansson.

  • O sombreiro do mago Tove Jansson

    Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios. Cando descobren as súas propiedades, deciden des-facerse del e viaxar a unha illa deserta. Porén, a distancia non os librará do feitizo.Con ilustracións de Tove Jansson.

    ISBN: 978-84-15920-51-9Páxinas: 138Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

  • Otto é un rinoceronteOle Lund Kirkegaard

    ISBN: 978-84-15920-34-2Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

    Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza. Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación provocada por este novo inquilino.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

  • Orla Tragarrás Ole Lund Kirkegaard

    Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-42-7Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • A aventura de Hodia de Piort Ole Lund Kirkegaard

    Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-46-5Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Tarzán de gomaOle Lund Kirkegaard

    Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu colexio, un desastre como estudante e unha decepción para o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-38-0Páxinas: 96Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • AlbertOle Lund Kirkegaard

    A nai de Albert querería un fillo con ollos azuis, ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíu-lle un pouco salvaxe e sempre o cachan en situa-cións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert sempre está dis-posto á aventura.

    ISBN: 978-84-15920-58-8Páxinas: 136Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Per e o pequeno Mads Ole Lund Kirkegaard

    Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero talvez ela non quede atrás.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-55-7Páxinas: 64Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • O pequeno Virgil Ole Lund Kirkegaard

    No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, captu-rando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais. Con ilustracións de Ole Lund Kir-kegaard.

    ISBN: 978-84-15920-57-1Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Frode e os outros pícaros Ole Lund Kirkegaard

    Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os outros pícaros intentarán poñer rostro.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-56-4Páxinas: 92Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Tippe Tophat Ole Lund Kirkegaard

    Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapa-ces que van á escola para lanzar bocadillos de maio-nesa ao encerado, un ferreiro toleirán que conta his-torias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor. Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

    ISBN: 978-84-15920-59-5Páxinas: 60Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Os papacalcetínsPavel Šrut

    Millóns de calcetíns desaparecen cada día misterio-samente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns pe-culiares personaxes: os papacalcetíns. Con este libro coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor. Con ilustracións a cor de Galina Miklínová.

    ISBN: 978-84-15920-76-2Páxinas: 224Formato: 16 x 23 cm. CartonéPVP: 19,50 €Dispoñible tamén en castelán

  • Os nenos de BullerbynAstrid Lindgren

    Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Buller-byn, unha aldea tan pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar, dor-men na palleira e fan carreiras na neve.Contén illustracións de Ingrid Vang Nyman.

    ISBN: 978-84-15920-22-9Páxinas: 264Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 18 €Dispoñible tamén en castelán

  • O caderno de EduaHelena Villar Janeiro

    Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, na terra de Ancares. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas. Con ilustracións a cor de Carmen Queralt.

    ISBN: 978-84-15920-80-9Páxinas: 72Formato: 13 x 19 cm. RústicaPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

  • Habaixo o colexio!Geoffrey Willans

    Nigel Molesworth non será o mellor estudante de St Custard’s, pero é quen de expresar os seus sentimentos cara ó seu amado colexio e de crear unha guía para recoñecer dunha ollada o inimigo (os profesores), para evitar as clases ou para torturar os pais. Contén illustracións de Robert Searle.

    ISBN: 978-84-16884-00-1 Páxinas: 110Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • Jim Botón e Lucas o maquinistaMichael Ende

    A illa de Lummerland quédalles pequena ós seus habi-tantes, de modo que Jim Botón, Lucas o maquinista e a súa locomotora Emma deciden marchar para viviren múltiples aventuras. Un gran clásico sobre a amizade, o valor, o respecto e a igualdade, cheo de fantasía e humor. Ilustracións de Franz Joseph Tripp.

    ISBN: 978-84-16884-02-5Páxinas: 244Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

  • O paquete falanteGerald Durrell

    Simon e Peter van de vacacións a Grecia, á casa da súa cur-má Penélope. Un día fan unha excursión á praia cun bote inflable. Alí aparece un paquete do que saen unhas voces, e descobren no seu interior unha gaiola, completamente amo-blada, coma se fose unha casa. Nela discuten un papagaio e unha araña, procedentes de Mitoloxía, un país rexido por tres libros falantes e por Papagaio, o gardián das palabras. Os tres rapaces axudarán a salvar Mitoloxía do poder dos basiliscos.

    ISBN: 978-84-16884-07-0 Páxinas: 214Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán

  • A avoa gánsterDavid Walliams

    Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pa-sar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo? Con ilustracións de Tony Ross.

    ISBN: 978-84-16884-10-0Páxinas: 202Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • O rapaz do vestidoDavid Walliams

    Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións. Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais.

    Con ilustracións de Quentin Blake.

    ISBN: 978-84-16884-09-4 Páxinas: 160Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

  • O vento nos salgueirosKenneth Grahame

    Un día Toupa, canso da rutina da súa vida, decide aban-donar o seu tobo e nesta saída coñece a Rato. Grazas á bonita amizade que forma con el e ás numerosas aven-turas que vivirán xunto ós demais habitantes da Ribeira do Río, Toupa descubrirá de novo o pracer de vivir. Escrito con toques de poesía e sentido do humor, enxal-za valores como a amizade, a lealdade, as satisfaccións de levar unha vida laboriosa e sinxela.

    ISBN: 978-84-16884-14-8Páxinas: 222Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • O doutor Proctor e os pos botapeidosJo Nesbø

    O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En reali-dade é un inventor de avanzada idade que espera to-par o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lise e o seu peculiar amigo Bulle para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo, parece que o seu soño se vai facer realidade. Pero os xemelgos Truls e Trym tentarán facerlles a vida imposible.Con ilustracións de Per Dybvig.

    ISBN: 978-84-16884-16-2Páxinas: 184Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • ISBN: 978-84-15920-12-0Páxinas: 284Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €

    Christopher Boone ten quince anos, é un experto en cien-cias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha inves-tigación para descubrir o asasino.

    O curioso incidente do can á media noiteMark Haddon

    avanzado

  • Caídos do mapaMaría Inés Falconi

    Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeo-grafía e agóchanse no soto da escola. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto.

    ISBN: 978-84-15920-09-0 Páxinas: 208

    ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105

    ISBN: 978-84-15920-10-6Páxinas: 202

    ISBN: 978-84-15920-08-3Páxinas: 188

    3. A viaxe de fin de curso

    1. O comezo

    4. Adeus, sétimo

    2. Cun pé no autobús

    Formato: 13,5 x 21 cm PVP: 15 €

  • Ruído nunha noite de veránMaría Inés Falconi

    Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Tita-nia despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do tex-to orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos.

    ISBN: 978-84-15920-21-2 Páxinas: 128Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

  • O libro da selvaRudyard Kipling

    Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.Este libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.

    ISBN: 978-84-15920-32-8Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 16 €

  • A casa de Mango StreetSandra Cisneros

    A través dunha serie de contiños conectados entre si, A casa de Mango Street narra o espertar á adolescen-cia dunha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a po-breza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos.

    ISBN: 978-84-15920-33-5Páxinas: 104Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

  • Boy (Relatos de infancia)Roald Dahl

    Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais es-quecería. Ningunha delas é importante, pero todas causaron unha grande impresión no autor e quedaron gravadas na súa memoria. Algunhas son divertidas. Ou-tras son dolorosas. Outras, desagradables. Todas son verdade. Con ilustracións de Quentin Blake.

    ISBN: 978-84-15920-53-3Páxinas: 174Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

  • Voando sóRoald Dahl

    A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Come-za coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acon-tecemento resultou totalmente fascinante.

    ISBN: 978-84-15920-54-0Páxinas: 216Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

  • Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California Érica Esmorís & Jacobo Fernández Serrano

    Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Histo-ria, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes déca-das do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?Con ilustracións a cor de Jacobo Fernández Serrano.

    ISBN: 978-84-15920-77-9Páxinas: 200Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15,50 €

  • Os contos de terror do tío MontagueChris Priestley

    O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende de-trás das árbores cando pasa, pero está decidido a ago-char o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade. Como chegou o tío Monta-gue a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Con ilustracións de David Roberts.

    ISBN: 978-84-15920-84-7Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

  • BotchanNatsume Soseki

    Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de perso-naxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente. Botchan é tan famoso na li-teratura xaponesa como Tom Sawyer na norteamericana.

    ISBN: 978-84-15920-86-1Páxinas: 178Formato: 13 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • O marabilloso país dos snergsE. A. Wyke-Smith

    Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos snergs, un-has pequenas criaturas que viven no bosque. Así atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis, cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta capturalos. Con ilustracións de George Morrow.

    ISBN: 978-84-15920-88-5Páxinas: 258Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • A miña familia e outros animaisGerald Durrell

    “Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba pre-visto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presen-tar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos”

    ISBN: 978-84-15920-91-5Páxinas: 334Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €

  • Bechos e demais parentesGerald Durrell

    Bechos e demais parentes continúa as aventuras da familia Durrell na illa grega de Corfú, iniciadas n’A miña familia e outros animais. Gerry observa con igual desconcerto a fauna da illa e os membros da súa familia, composta pola súa nai viúva e os seus tres irmáns, e describe coa mesma fascina-ción o comportamento animal e as anécdotas que se suce-den entre uns seres supostamente racionais.

    ISBN: 978-84-15920-92-2Páxinas: 266Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

  • O xardín dos deusesGerald Durrell

    “Este é o terceiro libro que escribo sobre unha estancia de toda a miña familia na illa de Corfú, antes da última gue-rra mundial. (…) Permítaseme sinalar que naqueles tempos eramos relativamente podentes, ricos sen ningunha dúbida para o nivel de Grecia; ningún de nós traballaba no sentido habitual da palabra, e polo tanto dedicabamos a maior parte do tempo a pasalo ben. En cinco anos de semellante réxime, calquera pode acumular moitas experiencias. (…)”

    ISBN: 978-84-15920-93-9Páxinas: 218Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • O mono do asasinoJakob Wegelius

    É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo dos farois un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo. Esa noite, axiña corre a noticia de que se cometeu un asasinato. Pero tamén se difunde outro rumor máis espantoso; en algures entre as ruelas e os recunchos do barrio portuario agóchase un simio tolo e sanguinario. É o mono do asasino. Premio do Consello Nórdico.

    ISBN: 978-84-15920-97-7Páxinas: 624Formato: 14,2 x 19,3 cm. CartonéPVP: 24 €

  • Todos teriamos que ser feministasChimamanda Ngozi Adichie

    “O problema cos roles de xénero é que prescribe como te-riamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxi-nade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.” Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulle-res.

    ISBN: 978-84-15920-99-1 Páxinas: 56Formato: 11 x 16 cm. Rústica con lapelasPVP: 6 €

  • O hobbitJ. R. R. Tolkien

    Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu in-terior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, empren-de unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo. Edición limitada con ilustracións.

    ISBN: 978-84-16884-11-7Páxinas: 290Formato: 14,5 x 22,5 cm. Cartoné, símil pel, estampación ouroPVP: 28 €

  • O libro do veránTove Jansson

    O libro do verán amosa a amizade entre unha nena, chama-da Sophia, e a súa avoa octoxenaria, unha relación estreita e intensa que se desenvolve durante varios veráns nunha illa salvaxe do golfo de Finlandia. Con elas reflexionaremos sobre o mar, a luz e os animais, exploraremos a illa e escoi-taremos as historias que inventan para explicar os misterios da natureza. Con ilustracións da propia autora.

    ISBN: 978-84-16884-12-4Páxinas: 156Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

  • Un puñado de estrelasRafik Schami

    Ó longo de tres anos, un mozo de Damasco escribe o seu diario persoal, no que recolle non só as súas vivencias no paso da in-fancia ó mundo adulto, senón tamén a vida da súa cidade, na que conviven diferentes culturas e na que se dan situacións moi inxustas. O protagonista ten que abandonar a escola para traba-llar na panadería do seu pai, e decide fundar cos seus amigos un xornal clandestino no que denunciar as desigualdades que afoga-ban o pobo sirio nos anos oitenta.

    ISBN: 978-84-16884-13-1Páxinas: 224Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

  • Contos para nenos peculiaresRansom Riggs

    O libro que tes nas mans está destinado únicamente a ollos peculiares. Se por casualidade non te contas entre as filas dos seres extraordinarios (noutras palabras, se non espertas no medio da noite flotando sobre a cama porque esqueciches atarte ó colchón, se non che brotan chamas das palmas das mans en momentos inoportunos nin mas-tigas a comida coa túa boca posterior), por favor, devolve este libro de inmediato ó lugar onde o atopaches. Ilustra-cións en branco e negro.

    ISBN: 978-84-16884-15-5Páxinas: 230Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

  • Sushi Books é un selo de Rinoceronte Editora S.L.U.Podes atopar os Sushi Books en librarías de toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.

    Avenida de Lugo, 15CP 36940 Cangas do MorrazoTeléfono: 986 16 80 28Enderezo electrónico: [email protected]

    www.sushibooks.es

    Síguenos nas nosas redes sociais:Facebook: /sushibooks.es

    Twitter: @SushiBooks