cartas de amor
DESCRIPTION
Exposición da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, na que 15 artistas ofrecen a súa visión sobre a violencia de xénero. No IES Poeta Añón de Outes (A Coruña) do 17 ó 30 de marzo, 2011.TRANSCRIPT
15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
SERGI SAN JULIÁN
PATRICIA CASTELAO
PACO ROCA
MIGUEL CALATAYUD
J. MÉNDEZ
FAUSTO
JACK MIRCALA
PIRUSCA
DAVID PINTOR
JAVIER OLIVARES
PRIMITIVO
EVA VÁZQUEZ
SONIA PULIDO
OSCAR VILLÁN
ANXOS SUMAI
Anxos SumaiCatoira , Pontevedra 1960
Documentalista, tradutora e escritora. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas
publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics (revistas Valium
diez e Das capital) e escribiu letras de cancíóns. Como narradora publicou Anxos da garda (A Nosa Terra, 2003) e Melodía de días
usados (Galaxia, 2005). Publica artículos e relatos en distintas revistas e xornais (Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Abril, Interea, Praza
das Letras etc.). Colabora coa compañía de Teatro de
Ningures co texto Deus está de vacacións, para a montaxe da obra Emigrados (2007).Foi
galardoada con numerosos premios literarios.
Actualmente traballa como documentalista no Consello da Cultura Galega.
Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega.
FaustoCatoira, Pontevedra 1961
A comezos dos anos oitenta iniciou a súa actividade na banda deseñada, coa
participación en publicacións como "Aula Aberta", "Tintimán", "El Correo Gallego" ou "Atlántico Diario". Creou o fanzine "Valium
dez", auténtico referente na banda deseñada dos oitenta, e a revista "Das
Capital". Ademais realizou como debuxante os álbumes "Os viaxeiros do tempo" e a serie "Un misterio para Simón", até o
momento a máis longa editada en Galicia. Ten levado a cabo numerosos traballos
como ilustrador e deseñador gráfico. Foi o director artístico da revista "Golfiño", tanto na súa primeira (ed. Xerais) como segunda
etapa (ed. La Voz de Galicia).
Fonte: Cultura galega.org
Miguel CalatayudAspe, Alicante 1942
Debuxante e ilustrador de cómic e libros infantís. Obtivo os premios
máis prestixiosos do sector, como o Lazarillo de Ilustración (1974) e o Nacional de Ilustración (en 1989,
1992 e 2009). No ano 2000 foi candidato por España ao premio
Hans Christian Andersen. Durante os 80 foi un dos máis destacados
representantes da chamada “liña clara valenciana”. As súas
composicións presentan moito colorido, utilizando para iso
acuarelas líquidas.
Fonte: Kalandraka.com e SOL-e
Patricia CastelaoA Estrada, Pontevedra 1974
Comezou os estudos de Mediciña pero abandonounos para dedicarse á
ilustración. Conta cunha ampla experiencia no campo da animación. Traballou en
diversas longametraxes de animación para diferentes estudos: en
DigraFilms para “O Soño dunha Noite de San Juan”; en Filmax para a
película “Donkey”, e actualmente traballa no estudo “Renderboy” de
Madrid. No campo da ilustración infantil
colaborou con diferentes editoriais españolas.
Fonte: Web do Servicio de Orientación a la Lectura Infantil y
Juvenil
Jack Mircala
Mircala comezou traballando a finais dos 80 no deseño industrial e o interiorismo, pero anos despois venceu a súa vocación ás artes plásticas, e decidiu dedicarse á
ilustración. O seu traballo asocia disciplinas como o debuxo, a escultura, a escenografía e a
fotografía e explora a herdanza da literatura gótica, o cine de terror ou
a pintura expresionista.
Fonte: El País
Javier Olivares Madrid, 1964
É ilustrador e autor de cómics ocasional. Desde 1985 publicou historietas curtas
en cabeceiras "alternativas" como Madriz, Medios Revoltos, Idiota e
Diminuto, Nós somos os mortos ou Tose. Nos últimos anos publicou historietas infantís para as revistas Tretzevents e
BD Banda, cun trazo máis limpo e simplificado A súa ocupación principal é
a de ilustrador, na que desenvolveu unha éxitosa traxectoria dentro do
campo da ilustración infantil ademais de publicar ilustracións en publicacións
como El País (no seu suplemento Tentacións), Rolling Stone (edición española), Quo ou El Economista.
Fonte: Guía del Cómic
Pirusca Caldas de Reis, Pontevedra 1980
“Pirusca” é o alter ego da ilustradora Natalia Rei.
É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde se
especializou en Pintura. Tras varios anos dedicada ao deseño gráfico decide
centrarse na ilustración para crear os seus propios mundos e dar vida a aquilo que se
lle pasa pola cabeza.
Gústanlle a moda, os doces, o cine dos anos 60, os libros de ilustracións e pasear.
Fonte: Web de Pirusca
David PintorA Coruña, 1975
É ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.En 1993 empezou a traballar co guionista Carlos López baixo o
pseudónimo de Pinto & Chinto, convertíndose en poucos anos nunha
referencia do humor político en prensa a nivel español. As súas tiras cómicas saen
en xornais como Diario 16, La Voz de Baleares ou Diario de León. Actualmente
o seu traballo aparece nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais.É creador, xunto a Chinto, da personaxe de cómic
Tito Longueirón.Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus
Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, e Sapoconcho.
Fonte: Web de David Pintor
Sonia PulidoBarcelona , 1973
Sonia Pulido é licenciada en Belas Artes, con especialidade de Gravado e
Estampación. Colabora en publicacións como Rockdelux e é ilustradora da revista El
País Semanal. Coa editorial Sins Entido publicou as novelas gráficas Puede que esta vez e Duelo de Caracoles. Recibiu o primeiro
Premio de Ilustración Injuve 2002 e foi seleccionada en 2008 no Young Ilustrators
Award en Zúrich. A Sonia Pulido poderíaselle definir como a
ilustradora da nostalxia. Os mundos máxicos que constrúe xeran
unha estraña sensación que alaga de sentimentos cada unha das súas escenas. O
seu estilo, fortemente influenciado pola estética dos 40 e 50, mestura moito cor e
personaxes.
Fonte: Entrecomics
Paco RocaValencia, 1969
Paco Roca é un recoñecido autor de cómics, deseñador e animador. En 2008 foi galardoado co Premio Nacional do
Cómic en España grazas á súa obra “Arrugas”.
Roca traballou para numerosos medios e revistas, como Kiss Comix ou El Víbora,
antes de comezar a publicar obras completas como El juego lúgubre ou Hijos
de la Alhambra. Moitas das súas obras foron publicadas antes en Francia que no
mercado español. De entre a súa obra habería que destacar títulos como Arrugas, Calles de arena ou El invierno del dibujante, por mencionar
as máis recentes.
Fonte: Lecturalia. com
Sergi San JuliánBarcelona, 1973
Estudou na Escola d’Arts i Oficis de Barcelona. Considerado un dos mellores
expoñentes actuais da ilustración de cómic, dende 2004 a súa traxectoria
artística está ligada ao mercado francés. É o creador de personaxes como ‘Gorka’ e
debuxante da colección ‘Fanhunter’. Traballou para diversos xornais e revistas realizando tiras políticas. Ilustrou a serie de ciencia ficción Interface, publicada na
editorial Dargaud, e colaborou cos estudos Comicon, dos que saíron á luz as
obras Totally Spies e TechnoMage.
Fonte: Praza das Letras.org
Óscar VillánOurense, 1972
Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade de Pintura.
Colaborou co Departamento de Educación do Centro Galego de Arte Contemporánea
(CGAC). “O pequeno coello branco”, co que gañou o Premio Nacional de
Ilustración 1999, foi o seu primeiro álbum ilustrado. Publicou unha vintena de libros
e participa en varias publicacións.
Fonte: Kalandraka
Eva Vázquez
Realizou estudos de animación na Escola Superior de Debuxo
Profesional de Madrid. Na actualidade fai fondos para series
e películas de debuxos animados. Traballa para as produtoras Ink Apache, Ibisa TV e Bee Mind.
Ao mesmo tempo fai ilustracións para distintas publicacións e editoriais, Everest , Hergue, Group Loader e
Grupo Pearson.
Primitivo Marcos
Lugo, 1962
Autor da serie histórica de BD "Aventura no Camiño de Santiago"
(ed.Deputación de Lugo). Ten colaborado no diario "El Progreso", ademais de publicar varias historias na revista "Lucus" e tiras cómicas no
xornal escolar "O provisional". Colabora habitualmente na segunda etapa da revista Golfiño coa serie "Os
Fdez".
Fonte: Cultura Galega.org
J. MéndezSantiago de Compostela ,1956.
Dedícase á pintura desde 1972, fundando con outros dous pintores
o grupo FOUGA ao que se irán incorporando artistas doutros
campos expresivos como a escultura, música, teatro, etc.
Tamén se interesa polo mundo audiovisual, primeiro teatro e
ópera, para os que deseña e realiza escenografías, logo vídeo.
É o creador da empresa Escenoset da que é director artístico realizando traballos para
televisión, ópera, teatro, casetas, museos, exposicións, etc.
En 2002 J. Méndez reincorpórase ao mundo da pintura.
Fonte:Blog do artista
Web da Exposición CARTAS DE AMOR http://cartasdeamor.freeiz.com
Información sobre os distintos artistas extraída das seguintes páxinas:
• Asociación de escritores en Lingua Galega http://www.aelg.org• Cultura Galega http://www.culturagalega.org• Diario El País www.elpais.com• Editorial Kalandraka http://www.kalandraka.com• Entrecomics http://www.entrecomics.com/?p=50159• Guía del cómic http://www.guiadelcomic.es/autores.htm• Lecturalia http://www.lecturalia.com• Praza das Letras http://www.prazadasletras.org• Servicio de Orientacion a la Lectura Infantil y Juvenil (SOL) http://sol-e.com• Web de David Pintor www.davidpintor.com• Web de J. Méndez http://www.jmendezportfolio.es/blog/?p=50• Web de Pirusca http://www.pirusca.com
Equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón (Outes)Marzo 2011