carta3
DESCRIPTION
cartas ratoTRANSCRIPT
arioarioarioario abecedario actuario acuario
adversario agrario anuario arbolario bestiario
bibliotecario calendario diccionario herbario
Do “Diccionario de la Rima” da editorial EDICOMUNICACIÓN. O mundo dicionario segue a sorprenderme. Flipante! Un dicionario para poetas…Teñen que buscar as palabras pola terminación. Os poetas… A poesía…Xa se sabe.
A noz é o comezo de todo. Ui! Non estou certo! Que é o primeiro a noz ou a nogueira ? A landra ou o carballo? A castaña ou o castiñeiro? Non só hai que pensar en rillar hai que darlle voltas aos miolos… ao cerebro.
Na biblioteca había unha metáfora sobre a nosa cabeza envolta en tules de celofán cun poema. Dígovolo porque seguro que non reparastes nela . Facedes tanto ruído… andades tan ás carreiras, que non escoitades a música e a poesía do silencio. Malpocados! Pois os silencios e as metáforas son ferramenta de poetas. Nas paredes das escaleiras botamos musgo, toxos e xestas para que as vosas árbores medrasen fortes e con ambiente forestal . Agora arrecende a verde, a branco e a amarelo e isto é, cando menos, un sopro de aire fresco metafórico-sinestésico. Que vos preste!
Seguide traendo as vosas fotos debaixo das vosas árbores e cos vosos textos. Repito vosas intencionadamente. Cuestión de ritmo, e o ritmo tamén é cousa de poetas. O voso monte das paredes ten variedade e rarezas.
Coas fotos das vosas árbores imos facer un libro. “O ARBOLARIO DA
DOBLADA” e xa temos bosque e monte dabondo con nenas e nenos e mestras … e … onde están os mestres, por certo? Temos historias preciosas como a do QUERCUS FORTIS IN SÉCULA. A algunhas fotos fáltalles texto. Non sexades langráns!
Agora hai que poboalo de bechos e animais para o que imos facer entre todos un “ANIMALARIO
DO BOSQUE” en galego en inglés e en castelán que inclúa debuxos, pegadas e descricións dos animais que escollamos cada clase ordeados alfabeticamente. E como vai o herbario? E o abano das cores do outono?
RATO