características xerais da arquitectura románica
DESCRIPTION
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde se amosan as principais características da arquitectura románicaTRANSCRIPT
![Page 1: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/1.jpg)
A ARTE ROMÁNICA
A ARQUITECTURA:
CARACTERÍSTICAS XERAIS
![Page 2: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/2.jpg)
ALGUNHAS LECTURAS PREVIAS
“A diferenza máis notoria entre a arquitectura románica e a dos séculos que a precederon é o enorme incremento da construción de edificios. Un monxe do século XI, Raoul Glaber, resumiu o fenómeno ao dicir, en tono triunfal, que o mundo se estaba a revestir dun “ branco manto de igrexas”. Estas igrexas non só eran máis numerosas cás da Alta Idade Media, senón que eran, ademais, polo xeral, máis grandes, máis ricamente articuladas e de aspecto “máis romano”, xa que as súas naves estaban cubertas por bóvedas en vez de por tellados de madeira, e os seus exteriores, ao contrario dos templos paleocristiáns, bizantinos, carolinxios e otonianos, amosaban ao mesmo tempo ornamentacións arquitectónicas e escultóricas.”
JANSON, H. W. Historia general del arte. La Edad Media, 1986.
Basílica de Santa Sabina, s. V (Roma)
San Sernin de Toulouse s. XI (Francia)
![Page 3: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/3.jpg)
“A Idade das Tebras non borrara de ningún xeito da súa memoira a lembranza das primeiras igrexas, as basílicas, e as formas que utilizaron os romanos nas súas construcións. A planta polo xeral era a mesma: unha nave central que levaba a unha ábsida ou a un coro e dúas ou catro naves laterais. (...) Algúns arquitectos preferían a idea de construír igrexas con forma de cruz e, así, agregaron o que recebe o nome de cruceiro entre o coro e a nave. A impresión xeral que producen estas igrexas románicas é, porén, moi distinta da que producían as antigas basílicas. Nas máis primitivas empregáronse columnas clásicas que sostiñan cornixas rectas”.
![Page 4: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/4.jpg)
Nas igrexas románicas xeralmente atopamos arcos semicirculares que descansan sobre piares robustos. A impresión de conxunto que estas igrexas producen, tanto dende dentro como dende fóra, é de compacta solidez. Existe unha escasa ornamentación, mesmo poucas xanelas, pero si firmes e continuas paredes e torres, que nos lembran as fortalezas medievais. Estes poderosos e case que retadores cúmulos de pedra erguidos pola Igrexa,(...) parecen expresar a propia idea da Igrexa militante, é dicir, a idea de que aquí, sobre a Terra, a misión da Igrexa é a de combater as forzas das tebras até que a hora do triunfo resoe o día do Xuízo Final.”
GOMBRICH, E. H. Historia del Arte, 1989.
![Page 5: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/5.jpg)
CASTELOS
MOSTEIROS IGREXAS
A ARTE ROMÁNICA E AS SÚAS TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS
“Os bispos e os nobres, que eran os novos señores feudais,comezaron pronto a exercero seu poder fundando abadíase mosteiros.” E. H. Gombrich
![Page 6: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/6.jpg)
Na arte románica, todo o conxunto arquitectónico responde a unha concepción unitaria: a escultura e a pintura están
supeditadas á construción arquitectónica
As principais creacións arquitectónicas desta época son osmosteiros e as igrexas. Dentro das igrexas destaca a tipoloxíaDenominada ”igrexas de peregrinación”
![Page 7: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/7.jpg)
A ARQUITECTURA ROMÁNICA: O MOSTEIRO E A IGREXA
O mosteiro: a concepción e a función doespazo arquitectónico
O templo: a concepción espacial A planta do templo O alzado do templo Os sistemas de cuberta e
os sistemas de soportes As fachadas ou portadas
Que imos analizar?
![Page 8: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/8.jpg)
O MOSTEIRO ROMÁNICO
O mosteiro, coma tipoloxía arquitectónica, está concebido para resolver as necesidades materiais e espirituais dun grupo humano, que decide abandonar a sociedade para entregar a súa vida a Deus. O modelo ideal cristaliza na Idade Media, cando os mosteiros receben doazóns cuantiosas dos laicos, como xeito de glorificar a Deus e de expiar os seus pecados. A extensión da orde beneditina por toda a cristiandade, dende o centro francés de Cluny, contribuirá á difusión do novo estilo
Dependencias do mosteiro
claustro
Igrexa abacial
![Page 9: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/9.jpg)
O CLAUSTRO ROMÁNICO
Trátase dun patio adosado ao templo, arredor do cal se constrúe unha galería cuberta sostida por arcos de 1/2 punto que descansan sobre columnas, polo xeral pareadas.O claustro, ricamente decorado, ten cada vez máis importancia como espazo para a meditación espiritualOs capiteis das columnas adoitan decorarse con pasaxes evanxélicas con abundantes motivos simbólicos.
![Page 10: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/10.jpg)
A ORDE DE CLUNY• O duque Guillermo I de Aquitania fundou no ano 910 o mosteiro de Cluny, de monxes beneditinos, que acadaron unha grande autonomía tanto dos bispos coma dos reis. Os monxes negros, chamados así pola cor do seu hábito, estenderon a súa influencia por toda Europa, apoiados polos reis
• A igrexa abacial de Cluny tiña tres longas naves e un transepto de nave única. Ao abovedaren as naves e levantar unha torre sobre o cruceiro, configurouse a igrexa románica propiamente dita
• Ao sur da igrexa estaban organizadas, arredor do claustro, as principais dependencias do mosteiro, como a sala capitular, o refectorio ou comedor. Na parte superior estaban os dormitorios dos monxes. Os obradoiros, a hospedaría e as outras dependencias estaban separadas da igrexa abacial
Conxunto da abadía de Cluny (Francia)
![Page 11: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/11.jpg)
LA ORDEN DE CLUNY• El duque Guillermo I de Aquitania
fundó en el año 910 el monasterio de Cluny, de monjes benedictinos, que alcanzaron gran autonomía tanto de los obispos como de los reyes. Los monjes negros, llamados así por el color de su hábito, extendieron su influencia por toda Europa, apoyados por los reyes.
• La Iglesia abacial de Cluny tenía tres largas naves y un transepto de nave única. Al abovedarse las naves y levantarse una torre sobre el crucero se configuró la iglesia románica propiamente dicha. Al sur de la iglesia estaban organizadas, en torno a un claustro, las principales dependencias del monasterio, como la sala capitular, el refectorio o comedor. En la parte superior estaban los dormitorios de los monjes. Los talleres, la hospedería y otras dependencias estaban separadas de la iglesia abacial.
• La influencia de este modelo se hará notar con rapidez en todos los reinos de la Península Ibérica.
![Page 12: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/12.jpg)
O TEMPLO ROMÁNICO: VOLUMES EXTERIORES E SECCIÓN INTERIOR
reconstrución da Igrexa abacial de Cluny
O exterior da igrexa, cuxos muros posúen escasos vans e contrafortes, lémbranos unha fortaleza (a Igrexa como castelo de Deus
ou a fortelza da Fe cristiá), cuxa portada principal, na fachada oeste (símbolo da porta da Xerusalén celestial) , aparece flanqueada por
unha ou dúas torres
![Page 13: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/13.jpg)
A ARQUITECTURA ROMÁNICA:CONCEPCIÓN ESPACIAL E VALORES DOMINATES
interior de San Sernin de Toulouse (Francia)
• A MONUMENTALIDADE:O interese por “imitar” osgrandes edificios romanosdá como resultado un espazo xerado pola suma de moitos espazos que, porén, dan coherencia e unidade ao edificio.O uso dun módulo arquitectónico (patrón de medidas) que se repite, é a causa desta coherencia espacial
• A PROPAGANDA: Vehículo para a Igrexa Católica (a Igrexa militante)
• A PERDURABILIDADE:O carácter eterno da relixión cristiá esixe construcións robustas e duradeiras
![Page 14: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/14.jpg)
A PLANTA DO TEMPLO ROMÁNICO
Basilical
Cruz latina
Poligonal
![Page 15: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/15.jpg)
A PLANTA DO TEMPLO ROMÁNICO: A CRUZ LATINA
Eixe lonxitudinal: o camiño cara a DeusA cabeceira adoita ser semicircular. A nave do
transepto acentúa a separación entre o espazo dos fieis e o espazo sagrado do presbiterio
![Page 16: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/16.jpg)
Planta basilical de tres ou cinco naves rematadas con ábsidas semicirculares, de influencia romana e que segue a tradición
paleocristián
![Page 17: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/17.jpg)
Aínda que tamén poden atoparse outras plantas poligonais, como a da igrexa de Eunate (Navarra), relacionadas coa orde dos Templarios e con
ritos funerariosEstas plantas seguen os modelos de planta centralizada típicos da
Antigüidade
![Page 18: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/18.jpg)
O TEMPLO ROMÁNICO CON PLANTA EN CRUZ LATINA: ELEMENTOS CONSTITUÍNTES DO EDIFICIO
O corpo lonxitudinal estrutúrase nunha nave central secundada por dúas ou máis naves laterais máis baixas
O espazo interior articúlase a partir de tramos, espazos definidos,Polo xeral por unha unidad de bóveda
![Page 19: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/19.jpg)
CABECEIRA
transepto
PORTADAPRINCIPAL
CORPOLONXITUDINAL
presbiterio
xirola
ábsidaabsidiolo
ou capela radial
ciborio
cruceiro
portadalateral
torre
arcadas
tribuna
OS ELEMENTOS CONSTITUÍNTES DENDE O EXTERIOR
![Page 20: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/20.jpg)
Baixo o presbiterio adoita situarse a cripta, un espazo circular,abovedado, que permite entrar por un lado e saír polo outro.Este recinto acollía os sepulcros ou as reliquias e era tan importanteque chegou a condicionar a reordenación da igrexa. As reliquias eran moi veneradas; procedían de Roma e os mosteiros adoitaban posuílas tras pagar altos prezos por elas. Era tal o fervor que, ás veces, para velas, os fieis debían agardar días enteiros
A CRIPTA
![Page 21: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/21.jpg)
ALZADO DO TEMPLO ROMÁNICO
O emprego de cubertas de pedra abovedada, máis resistentes ao lume cás de madeira, supuña importantes desafíos técnicos que tiñan que resolverAs bóvedas de pedra exercen dous tipos de presión: vertical e lateral O peso vertical é absorbido polos muros interiores e o lateral polos grosos muros exteriores e os contrafortes que os reforzan, todos eles con profundos cimentos
![Page 22: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/22.jpg)
Vans(permiten a entradade luz)
Tribuna(segundo andar sobreas naves laterales)
Arcadas
Os muros interiores que se abren á nave central teñen dous niveis (arcadas e tribuna) ou tres niveis (arcadas, tribuna e xanelas). No primeiro nivel as arcadas descenden en piares cruciformes ou columnas queimprimen un ritmo característico ao espazo interiorA tribuna, galería situada sobre a nave lateral, ábrese tanto á nave central como ao exterior e proporciona luz Indirecta á nave central, polo xeral en semipenumbra
![Page 23: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/23.jpg)
OS SISTEMAS DE CUBERTA: XERALIDADES
A nave central adoita se cubrir con BÓVEDA DE CANÓN
As naves laterais con BÓVEDA DE ARESTA
A xirola con BÓVEDA DE ARESTA
As ábsidas cúbrense con BÓVEDAS DE CUARTO DE ESFERA
O cruceiro adoita cubrirse con CÚPULA sobre trompas ou pechinas
![Page 24: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/24.jpg)
OS SISTEMAS DE CUBERTA E SOPORTES NO TEMPLO ROMÁNICO: A BÓVEDA DE CANÓN
Grosos muros de carga
Contrafortesexteriores
Arcos feixóns
Bóveda de pedra
Vans estreitose abucinados
O desenvolvemento das bóvedas de pedra é un dos grandes logrosdo Románico. As bóvedas de canón sobre arcos feixóns, de reforzo,Convértense na alternativa ás cubertas de madeira, húmidas e inflamables
Arcos formeiros
![Page 25: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/25.jpg)
A BÓVEDA DE ARESTA
(o cruzamento de dúas bóvedas de
canón xenera este tipo de bóveda)
A nave central adoita estar cuberta con bóveda de canón, mentres que as laterais están con bóveda de aresta
![Page 26: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/26.jpg)
OS SISTEMAS DE SOPORTES INTERNOS
As pesadas bóvedas de pedra sostéñense por medio de grosos muros, reforzados exteriormente por contrafortes, grosos piares e columnasO típico pilar románico ten a sección cadrada ou rectangular, en cuxas frontes atopamos adosadas semicolumnas que recollen o peso dos arcos feixóns que sosteñen a bóveda e dos arcos formeiros. Os primeiros aparecen volteados en sentido transversal ao eixe da nave, e os segundo en sentido lonxitudinal Exteriormente os pilares correspóndense cos contrafortesA evolución do piar tendeu á complexidade a medida que se lle ían adosando pilastras e columnas, dando lugar a piare de sección cruciforme ou poligonal. Os capiteis utilízanse coma soporte para, por medio de relevos, narrar pasaxes bíblicas
![Page 27: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/27.jpg)
Van abucinado
A necesidade de construír grosos muros para soster a pesada cubertade pedra, impedía abrir grandes vans; por isto, o abucinamento dos vans foi unha solución orixinal e práctica para iluminar os escurosinteriores do templo románico
![Page 28: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/28.jpg)
O ARCO DE MEDIO PUNTO: ELEMENTOS QUE O CONSTITÚEN
![Page 29: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/29.jpg)
A ANIMACIÓN EXTERIOR DO MURO
NA IGREXA ROMÁNICA, un exemplo
A austeridade ornamental era a norma no exterior do
edificio; porén, algúns elementos arquitectónicos e, sobre todo, a decoración escultórica das fachadas, contribúen a animar tanta
sobriedade
Igrexa de San Tirso, en Sahagún (León). S. XII
![Page 30: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/30.jpg)
A ANIMACIÓN DEL MURO
PILASTRAS ADOSADAS
ARCOS CEGOS
GALERÍAS de arcadasde medio punto
Faixa de pequenos arcos cegos ou lombardos
![Page 31: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/31.jpg)
O PÓRTICO ROMÁNICO
![Page 32: Características xerais da arquitectura románica](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022013118/55611aa0d8b42a0e198b5889/html5/thumbnails/32.jpg)
A FACHADA OU PORTADA DO TEMPLO ROMÁNICO
pórtico abucinado
arquivoltasColumnas adosadas
tímpano
parteluz