características da arquitectura grega
TRANSCRIPT
CARACTERÍSTICAS DA ARQUITECTURA GREGA
- Búsqueda da harmonía entre as partes do edificio e os seus elementos.
- A súa función principal é o seu carácter público, relixioso e para conmemorar acontecementos como as competicións atléticas.
- O material empregado é a pedra sobre todo a mármore branca
- A arquitectura é arquitrabada – non hai arcos nin bóvedas aínda que os coñecen-
- Interese póla planificación urbana nas cidades onde se implanta o plano hipodámico ou ortogonal
- Interese pola xeometría, a aritmética e as proporcións- Uso do módulo ou canon que ven determinado pola relación
entre ancho e alto no fuste das columnas- Búscase a harmonia tamén visual o que obliga ao arquitecto
a facer correccións ópticas para paliar as deformacións feitas pola vista humana
- O templo é o monumento capital ( máis importante):o Deriva do megaron ou casa micénicao A planta é rectangular (excepto os tolos que son
circulares)o Está formado por tres partes ou estancias:
Pronaos: vestíbulo antesda sala principal Naos: sala principal que alberga a imaxe do Deus Opistodomos: sala traseira independiente do resto
do templo que servía ás veces de almacén o Rodeados por columnas na parte dianteira, na parte
traseira e ás veces aos lados. Dependendo do número de columnas podemos clasificalos en:
Áptero: templo sen ningunha columna In antis: dúas columnas só na fachada principal Próstilo: con columnas en toda a portada principal Anfipróstilo: columnas na parte dianteira e na parte
traseira Períptero: o templo rodeado de columnas – o
pórtico de columnas que rodea a un templo chámase Perístilo-. Os templos perípteros a súa vez subdivídense dependendo do número de columnas que teñan na partedianteira ( fachada) en:
• Tetrástilo: catro columnas• Hexástilo: seis columnas• Octástilo: oito columnas• Eneástilo : nove columnas
o Todo o templo se asenta sobre unha base composta por:
Estilóbata: plataforma sobre as que se colocan as columnas
Estereóbata: chanzos para subir ao temploo As columnas teñen tres partes:
Basa: pé do que arranca a columna Fuste: o corpo principal da columna Capitel: parte superior da columna sobre a que se
asenta o sistema arquitrabado que suxeita a teitume
o Sobre as columnas vai o entaboamento que é un sistema arquitrabado formado por:
Arquitrabe, que é a parte lisa que se apoia directamente sobre as columnas
Friso, parte que vai sobre a arquitrabe( pode levar escultura en relevos)
Cornisa, parte superior do entaboamento.o A cuberta dos templos é a dúas augas o que orixina un
corpo triangular denominado frontón, que ten un espacio interior denominado tímpano que soe levar escenas escultóricas.
o A ornamentación alterna superfícies lisas e decoradas: columnas acanaladas, capiteis decorados, friso decorado,etc..
o A policromía era plana e normalmente aplicábase unha capa de estuco sobre a mármare
- Uso de tres ordes diferentes:o Dórica: orde sobria de proporcións robustas e austera
na súa decoración. O fuste é astriado con arestas; o capitel está formado pólo equino (elemento curvo) e polo ábaco ( bloque rectangular). A arquitrabe é lisa e o friso leva triglifos (elemento rectangular sobresaínte con tres franxas verticais) e métopas (elemento rectangular entre cada triglifo con decoración escultórica)
o Xónica: De proporcións esveltas e delicadas. Columnas altas e delgadas. O capitel leva volutas aos lados. A arquitrabe aparece dividida en tres franxas horizontais e o friso pode levar ou non decoración . Ás veces sustitúense os fustes das columnas por figuras humanas que se chaman cariátides se son mulleres e atlantes se son homes.
o Corintia: A columna corintia seméllase á xónica porque tamén leva volutas no capitel pero aquí parecen recubertas por follas de acanto.
- A arquitectura grega é funcional pólo que abundan os edifícios de carácter público. Destacan: teatros, estadios, hipódromos, stoas, odeóns, etc
- Obras destacadas da arquitectura gregas son:- O Partenón- O Erecteion- Templo de Atenea Niké- Altar de Zeus em Pérgamo