cantos e mÚsicas de onte sede afundación ferrol para o … · 2019. 5. 6. · coral de ruada e...

2
CANTO, MÚSICA, BAILE E TEATRO DOS COROS. TOXOS E FROLES, CÁNTIGAS DA TERRA, CORAL DE RUADA E CANTIGAS E AGARIMOS Colaboran Sede Afundación Ferrol SALA DE EXPOSICIÓNS 2º ANDAR Ferrol, do 9 ao 30 de maio de 2019 HORARIO Luns a sábados: 11:00 a 14:00h e 17:00 a 21:00h ITINERANCIAS A Coruña: 11 de decembro de 2018 ao 26 de xaneiro de 2019 • Ferrol: 9 ao 30 de maio Ourense: 6 de xuño ao 7 de xullo Pontevedra: 21 de agosto ao 7 de setembro Vigo: 10 ao 29 de setembro Santiago de Compostela: 10 de outubro ao 30 de novembro CANTOS E MÚSICAS DE ONTE PARA O MAÑÁ O pobo galego creou unha rica cultura popular que se ma- nifestaba en diferentes tempos e espazos. Algunhas desas manifestacións eran os cantos, a música que os podía acompañar e o baile coas súas vistosas roupaxes; unhas cre- acións que eran transmitidas e arrequecidas de xeración en xeración. En 1853 iníciase o labor de recompilación desas tradicións, pero serán os coros galegos aparecidos a partir de 1883 os que as recollan e as divulguen por todo o mundo. Co nacemento das Irmandades da Fala (1916) intensificouse esa angueira colectiva, ese afán de potenciar o noso patri- monio común. Nesa tarefa continúan hoxe os seguidores dos catro coros históricos: Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada e Cantigas e Agarimos. organiza Consello da Cultura Galega colabora Afundación Toxos e Froles Cántigas da Terra Coral De Ruada Cantigas e Agarimos comisario Miguel Anxo Seixas Seoane deseño Imago Mundi Fotografía e tratamento de son Teresa Navarro Quinteira Beatriz Pérez Mosquera Montaxe audiovisual José María Rodríguez Armada Produción JEGA Revisión lingüística Laura Piñeiro Pais Begoña Tajes Marcote agradecementos Biblioteca de Galicia Centro Galego de Artes da Imaxe Diario de Ferrol Museo de Pontevedra Daniel Buján Luís Costa Vázquez Guillermo Escrigas Antón Fernández Arturo Lamas Braña Vicente López-Veiga Lojo Inma López Silva Jorge Meis Ramón Rodríguez Palleiro, Moncho do Orzán Emilio Rodríguez Portabales Son de Galicia

Upload: others

Post on 01-Mar-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CANTOS E MÚSICAS DE ONTE Sede Afundación Ferrol PARA O … · 2019. 5. 6. · Coral De Ruada e Cantigas e Agarimos. ... A ntó F er á d z Arturo Lamas Braña V ic ent Lóp z- ga

CANTO, MÚSICA, BAILE E TEATRO DOS COROS.TOXOS E FROLES, CÁNTIGAS DA TERRA,

CORAL DE RUADA E CANTIGAS E AGARIMOS

Colaboran

Sede Afundación FerrolSALA DE EXPOSICIÓNS 2º ANDAR

Ferrol, do 9 ao 30 de maio de 2019

HORARIO

Luns a sábados: 11:00 a 14:00h e 17:00 a 21:00h

ITINERANCIAS

• A Coruña: 11 de decembro de 2018 ao 26 dexaneiro de 2019

• Ferrol: 9 ao 30 de maio

• Ourense: 6 de xuño ao 7 de xullo

• Pontevedra: 21 de agosto ao 7 de setembro

• Vigo: 10 ao 29 de setembro

• Santiago de Compostela: 10 de outubro ao 30de novembro

CANTOS E MÚSICAS DE ONTEPARA O MAÑÁ

O pobo galego creou unha rica cultura popular que se ma-nifestaba en diferentes tempos e espazos. Algunhas desasmanifestacións eran os cantos, a música que os podíaacompañar e o baile coas súas vistosas roupaxes; unhas cre-acións que eran transmitidas e arrequecidas de xeración enxeración. En 1853 iníciase o labor de recompilación desastradicións, pero serán os coros galegos aparecidos a partirde 1883 os que as recollan e as divulguen por todo o mundo.Co nacemento das Irmandades da Fala (1916) intensificouseesa angueira colectiva, ese afán de potenciar o noso patri-monio común. Nesa tarefa continúan hoxe os seguidoresdos catro coros históricos: Toxos e Froles, Cántigas da Terra,Coral De Ruada e Cantigas e Agarimos.

organiza

Consello da Cultura Galega

colabora

AfundaciónToxos e FrolesCántigas da TerraCoral De RuadaCantigas e Agarimos

comisario

Miguel Anxo Seixas Seoane

deseño

Imago Mundi

Fotografía e tratamento de son

Teresa Navarro QuinteiraBeatriz Pérez Mosquera

Montaxe audiovisual

José María Rodríguez Armada

Produción

JEGA

Revisión lingüística

Laura Piñeiro PaisBegoña Tajes Marcote

agradecementos

Biblioteca de GaliciaCentro Galego de Artes da ImaxeDiario de Ferrol

Museo de PontevedraDaniel BujánLuís Costa VázquezGuillermo EscrigasAntón FernándezArturo Lamas BrañaVicente López-Veiga LojoInma López SilvaJorge MeisRamón Rodríguez Palleiro,

Moncho do Orzán

Emilio Rodríguez Portabales

Son de Galicia

Page 2: CANTOS E MÚSICAS DE ONTE Sede Afundación Ferrol PARA O … · 2019. 5. 6. · Coral De Ruada e Cantigas e Agarimos. ... A ntó F er á d z Arturo Lamas Braña V ic ent Lóp z- ga

Integrantes do primeiro coro de Cántigas da Terra o 8 de marzo de 1920.Foto de Avrillon

Fotografía do coro Cantigas e Agarimos en 1923A Coral De Ruada no Centro de Galicia en Madrid (1924). A fotografía estádedicada polo presidente do Centro, Basilio Álvarez, ao gaiteiro VirxilioFernández

Mulleres que actuaron no debut do coro Toxos e Froles: Loreta Zabonda,Mercedes Dobarro, Avelina Charlón e Josefina Veiga

O coro fundouse o 28 de decembro de 1916 e fixo a súa pre-sentación na Coruña o 12 de xullo de 1917, na que, amais daactuación dirixida por Mauricio Farto Parra, se estreou a obrade teatro Ruín materia de Leandro Carré Alvarellos, encargadoda dirección artística. O seu presidente foi o poeta Eladio Ro-dríguez González; o seu director, Mauricio Farto, e o seu gai-teiro, Manuel Fernández Amor. Destacou pola recollida decantos e de música tradicional, que foi divulgando, e axudoua impulsar o teatro en galego (F. Gastañaduy, Lugrís, Carré,Galo Salinas, Xacobe Casal, Antón Villar Ponte...) na cidade dafundación das Irmandades da Fala. En 1918 prodúcese a súasaída fóra de Galicia, a Barcelona, onde lle concederon a ban-deira. O recoñecemento aos persoeiros galegos evidénciasena placa a Curros Enríquez na súa casa en Celanova en maiode 1919. De xaneiro de 1921 é a impresión dun disco para gra-mófono. En 1922 incorporou mulleres á sección de canto.Dende 1923 tivo parella de baile. Participou e interpretou oHimno galego no enterro de M. Martínez Murguía. En setem-bro de 1928 gravou novo disco, que contiña vinte e unha can-cións dirixidas por Fernández Amor.

O coro formouse en decembro de 1914 con empregados doArsenal, agás o tenor Xosé Areas. O seu regulamento é dexaneiro de 1915 e preséntase ao público no teatro Jofre o29 de maio de 1915, baixo a dirección do gaiteiro M. LorenzoBarja. Alí foi onde o seu cadro de declamación representouO zoqueiro de Vilaboa de Nan de Allariz e estreou unha obrade E. Charlón e M. Sánchez Hermida, Mal de moitos. O seucadro de declamación axudaría a consolidar o teatro galegocon novas estreas e representacións en diferentes lugares deGalicia. Ao seu interesante labor de rescate de cantos, músi-cas e roupas e de divulgación da arte, hai que lle engadir o seuentusiasmo filantrópico. Coa súa bandeira (1917) actuaron enMadrid en maio de 1918. Cantaron por primeira vez o Himnogalego na praza de touros da Coruña en agosto de 1916 antedez mil oíntes. Dende 1918 son numerosas as distincións quelle concederon e pola súa vez este coro distinguiu dende 1919relevantes persoeiros e autoridades.

Constituíuse o 5 de outubro de 1918 por iniciativa de XavierPrado «Lameiro», Virxilio Fernández González, Xulio PrietoNespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.Recompilaron cantigas Daniel González e mais V. Fernández.A súa presentación aconteceu o 24 de xuño de 1919 en Ou-rense. O coro xa era mixto: doce homes e seis mulleres. Esedía puxéronse en escena dúas obras de teatro de Prado «La-meiro». As obras deste fundador serían representadas poloseu cadro escénico tamén en 1920. Nese ano cantou e actuouen Madrid. Á capital regresou en 1925 co gallo da homenaxeaos reis e volveu percorrer ese ano Asturias e León. De 1927data a súa viaxe a Sevilla e a Cádiz. En abril de 1929 fíxolleunha homenaxe a Prado «Lameiro», gravou discos e en de-cembro executou o proxecto das escenas galegas da man dodeseñador Camilo Díaz Baliño e a nova música de Daniel Gon-zález e outros. Habería novas estreas de obras de X. Prado«Lameiro». No mes de marzo de 1931 iniciaron a súa viaxetransatlántica, que os levou ata Montevideo, Bos Aires e San-tos (Brasil). Xa de volta, foron a Madrid en 1932. Nove com-poñentes do grupo viaxaron co coro Anaquiños da Terra aNova York e á exposición de Chicago en xullo de 1934.

Xurdiu por iniciativa de Bernardo del Río, Salvador Cabeza deLeón, Enrique S. Guerra e mais Camilo Díaz Baliño e presen-touse o 29 de xullo de 1921 en Santiago. Ese mes representa-ron obras de teatro de X. San Luís e de F. Porto Rey.Participaron na rodaxe de La casa de la Troya en 1924 e estre-aron a zarzuela A lenda de Montelongo, con música de B. delRío. En 1927 crearon as visións musicais con escenarios deDíaz Baliño.

Tras a desfeita da Guerra, rexurdiu en 1940 co nome MasaCoral Gallega e integrouse na «Obra Sindical de Educación yDescanso». Volveu, en 1941, interpretar A lenda de Monte-

longo. En 1943 actuou en Madrid e en Cuenca e en 1945 en As-turias. Outorgáronlle en 1949 o 1º premio no Certame deCoros en Lugo. Mudou a súa denominación en 1951 para cha-marse Coral Rosalía de Castro. Viaxou a Madrid en 1952 e gra-vou o disco que recolle «A rianxeira». Recuperou o primeironome en 1954. Sacou un novo disco en 1959: A virxe de Gua-

dalupe.

En 1960 achegouse ata Meadela (Portugal) e participou napelícula Alma de Galicia. O grupo de teatro xurdiu en 1960 di-rixido por Rodolfo López-Veiga e estreou Os vellos non deben

de namorarse en 1961.

TOXOS E FROLES, Ferrol, 1914 CÁNTIGAS DA TERRA, A Coruña, 1916 CORAL DE RUADA, Ourense, 1918 CANTIGAS E AGARIMOS, Santiago, 1921