canto de nadal

8
Achégase o Nadal. Máis alá de todo o “natalicio” de tempada, volve o Teu canto. Os pastores de entón, os crentes de hoxe, nenos e adultos de sempre, recibimos, un ano máis, a promesa. Ese grito que desencadea milagres. Esa raiola que racha muros de néboa con unha luz infinita.

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

146 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Canto de nadal

Achégase o Nadal. Máis alá de todo o “natalicio” de tempada, volve o Teu canto.Os pastores de entón, os crentes de hoxe, nenos e adultos de sempre, recibimos, un ano máis, a promesa. Ese grito que desencadea milagres. Esa raiola que racha muros de néboa con unha luz infinita.

Page 2: Canto de nadal

Ese pranto de neno con voz de Deus. A túa palabra, Señor, ti mesmo, encarnado no noso barro. Esa panxoliña alegre e definitiva, que segue cruzando os séculos, para facernos espertar. “Gloria a Deus no ceo, e na terra paz aos que ama o Señor”.

Page 3: Canto de nadal

A túa gloria, Señor, é que a miña vida te reflicta. Que o meu sorriso fale dun Deus sorridente, e a miña inquedanza dun Deus achegado, preocupado polos seus. A túa gloria é a man que tendo, e a que acepto, a palabra que me regala aprecio e esperanza, a ollada que adiviña posibilidades.

Decátome de que dalgunha maneira a miña vida pode ser “Gloria” de Deus?

Page 4: Canto de nadal

A túa gloria é que se estremezan as miñas entrañas porque descubro que o outro é meu irmán.

Que sande a ferida inxusta. E que o verdugo garde a arma para sempre.

A túa gloria, Señor, somos nós, capaces de incendiar o mundo co teu Evanxeo.

Page 5: Canto de nadal

Canto paz polos que enmudecenporque senten a súa ausencia e a su tardanza,os que sofren, perdida a paciencia,os que calan, cativa a esperanza.

Pido paz, que moitos non a alcanzanse falta das súas mesas o sustento,se esqueceron os seus corpos as apertas,se poboan os seus fogares os silencios.

Digo paz, e anunciala xa é cantode neno, Verbo, carne e Deus eterno,que incendia con tenruras o apagado,que da lume e abrigo a tanto inverno.

Falo paz, panxoliñas e misterio,que converte unha noite en Noiteboa Santa.Rezo paz, miro o mundo e prometocantar a paz para quen non a canta.

O Evanxeo pode ser para min fonte de paz?Como podo construír a paz no meu mundo, contorno, familia, amigos, etc?

Page 6: Canto de nadal

Quero amor. Como todos.Quero unha aperta, un alomiño, un sorriso, unha broma, unha conversa profunda, un paseo en silencio ou unha parola intrascendente. Rirme moito con quen me aprecia. Chorar por todo o que me desborda, sabendo que o ombreiro en que me apoio é refuxio seguro.

E ti, Señor, ámasme así.Quizais non é tan fácil sentirte. Non é físico nin inmediato. É a túa unha presenza diferente. Pero quéresme con loucura, sen condicións, na fraqueza e na fortaleza. E a cada home e muller, neno, mozo e ancián… Non hai desamados para ti. Non estamos sós.

Creo iso de que Deus me ama?

Page 7: Canto de nadal

Botáronme un bico esta mañá,enviáronmo os labios dun neno,e ti sabes canta sede hai na alma,dunha sinxela mostra de agarimo.

Botáronme un bico esta mañá,e mira como inflúen estas cousas,que o meu aburrido día de semana,de súpeto... encheuse de bolboretas.

Creo iso de que Deus me ama?

Page 8: Canto de nadal

Que o nacemento de Xesús sexa unha oportunidade para crer e

soñar.