cantigas das pandereteiras - galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25...

6
22 CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS Paxariño gorrión Onde vas facer o niño Á horta do señor cura Naquel alto ramalliño. Mociñas da outra banda Vinde lavar ó meu río; Inda que auga non é miña Nace no meu labradío. Mociños de alá de abaixo Vinde vindo para arriba; Si vos parece montaña Tamén a min mo parecía. Vós de alá e nós de acá, Somos tantos coma vós. Nós comemos o carneiro, Os cornos son para vós. Toca pandeira toca Se non heite de rachar, Que me costaches os cartos, Axúdamos a gañar. O carballo da revolta Ten a folla revirada, Que lla revirou o aire Unha mañá de xiada. María, miña María, Miña revolteadora, Fixeches a cama no río; ¿Onde vas durmir agora? Miña nai miña naiciña, Coma miña nai ningunha; Quentoume a miña cariña Coa caloriña da súa. Cada vez que paso e miro E na ventá non estás, Vou acortando os pasos Por ver se te asomarás.

Upload: others

Post on 24-Apr-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

��������������������������������������� �����������

��������������

22

CANTIGAS DAS PANDERETEIRASPaxariño gorrión

Onde vas facer o niño

Á horta do señor cura

Naquel alto ramalliño.

Mociñas da outra banda

Vinde lavar ó meu río;

Inda que auga non é miña

Nace no meu labradío.

Mociños de alá de abaixo

Vinde vindo para arriba;

Si vos parece montaña

Tamén a min mo parecía.

Vós de alá e nós de acá,

Somos tantos coma vós.

Nós comemos o carneiro,

Os cornos son para vós.

Toca pandeira toca

Se non heite de rachar,

Que me costaches os cartos,

Axúdamos a gañar.

O carballo darevolta

Ten a folla revirada,

Que lla revirou o aire

Unha mañá de xiada.

María, miña María,

Miña revolteadora,

Fixeches a cama no río;

¿Onde vas durmir agora?

Miña nai miña naiciña,

Coma miña nai ningunha;

Quentoume a miña cariña

Coa caloriña da súa.

Cada vez que paso e miro

E na ventá non estás,

Vou acortando os pasos

Por ver se te asomarás.

Page 2: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

� ������������������������������������������������

��������������

23

XOSÉ MOURELOS RODRíGUEZ

Foi un dos moitos gaiteiros que había enGalicia, coñecido en moitas aldeas nas que se facíanmoitas festas e celebrábanse moitas romaríastradicionais.

Comezou no mundo da música case pornecesidade, estaba casado e tiña unha familia moinumerosa, nove fillos e había que darlles de comer.

Percorreu cada recuncho de Galicia tocandoa súa gaita. Sempre estivo arroupado de bos amigosque con el compartiran a boa música dos seustempos.

Sabía tocar todo o que lle caia nas mans, ensinoulle a moita xente o que el sabía.

Eran coñecidos co nome de Brisas do río Carrais.

Morreu no ano 1981 pero para a xente que o coñeceu sempre seguira vivo “Mourelos ogaiteiro”

Daniel Maroñas

��������

Este rito celebrábase o 30 de Abril decada ano.Xuntábanse os mozos da aldea efacían os colmeiros. Facíanos con palla decenteo do ano anterior, xa que a deste anoaínda estaba por vir. Este medía 1.70 m dealto e tiña a anchura suficiente para poderagarralo coas mans. Cando xa os tiñan todosfeitos dirixianse ás leiras e polo camiño íancontando historias.

Unha vez que estaban nas leirasalgúns introducíanse no medio do centeo, eos demais quedaban fora subidos ós valos.

Os que estaban dentro gritaban:“lume lumepán”, e os de fóra respondían:“cada espiga seu toldán”.

Coma estes existian varios refránsentre moitos outros:

“lume lume biotrigo” ; “cada espiga seupantrigo”

“lume trigo, lume avea”; “cada espiga súaucha chea”

Cando acababan de alumearlle atódalas leiras xuntábanse nun camiño equeimaban os restos dos colmeiros.

Ó día seguinte os camiños máissignificativos das aldeas estaban cheos deborralla.

Paula

Page 3: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

��������������������������������������� �����������

��������������

24

O TRAXE TRADICIONALO traxe tradicional galego é unha peza moi valiosa e apreciada na actualidade. Tivemos aoportunidade de falar cunha persoa que posúe varias prendas do traxe antigo; UxíaCampos, de Silvarredonda.

Paula: ¿Cantos anos teñen aspezas?

Uxía: Algúns eran de miña sograe da súa nai, mentres que outrasmercáronse despois, polo quedeben ter máis de cen anos

Paula: ¿Para que se utilizabanxeralmente?

Uxía: Poñíanos para ir ás festasgrandes, ás romarías, á misa doSantísimo ou do Corazón deXesús.

Paula: Esta roupa poñíana nasgrandes ocasións, pero...¿Que vestían paratraballar no campo?

Uxía: Para ir á herba tiñamos mantos quenos cubrían todo o corpo, por debaixo deleslevabamos enaguas. Os mantos eran moiquentes, polo que non era preciso poñer nadamáis.

Paula: Vostede fálanos das mulleres, ¿E oshomes?, ¿Que levaban?

Uxía: Para andar tódolos días un pantalón detea, e por enriba unha camisa con colo mao,ou con fita.

Paula: ¿E para as festas?

Uxía: Poñían un pantalón e unha camisanova con chaleco, que estaba moi de moda

Paula:¿Que calzado poñían?

Uxía: Para traballar o campo utilizaban oszocos porque os camiños non eran moi bos,pero para ir ás festas levaban calzado de

gala, os ricos; mentres que ospobres levaban os zocos máisnovos.

Paula:¿Como soportaban asmulleres todo o peso do traxe?

Uxía: Xa estaban acostumadasporque tiñan que vestilo enmoitas ocasións

Paula: ¿Para que utilizaban ospanos?

Uxía: Xeralmente poñíanos nacabeza, porque á misa tiñan queir coa cabeza cuberta.

Paula: ¿Como lavaban a roupa, xa que eranpezas moi delicadas?

Uxía: As saias e os mantelos non os labavan,pero as blusas e os panos lavabanos noslavadoiros con auga e xabón

Paula: ¿Que son os mantelos?

Uxía: son unha especie de panos que seutilizan para cubrir os ombros, como se foseunha chaqueta.

Paula: ¿Ían todas as pezas do traxe a xogo?

Uxía: Non, as blusas e os panos servían paracalquera tarxe

Paula:¿Que son os panos de oito puntas?

Uxía: Son panos normais, pero chámanse deoito puntas pola forma en que se dobran.

Vale, pois foi todo por agora, moitas graciaspola súa colaboración.

Paula

Page 4: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

� ������������������������������������������������

��������������

25

Camisa de seda para as festas

O mantelo é de cor negra e cobretotalmente a saia

Detalle do pano e o mantón

ZocosA saia é de pano negro adornado cunhafranxa vermella nos bordes.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA

A señora Uxía permitiunos fotografa-lo seu traxe, vestido pola súa neta, Sandra González.Sandra foi vestindo as pezas unha a unha, facendo diferentes combinacións amosándono-lasposibilidades do traxe, e os distintos modelos que se podían vestir, dependendo da combinandoas pezas.

Page 5: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

��������������������������������������� �����������

��������������

26

Detalle do mantón vermello e do mandilnegro

Mantón decorado

O mandil, máis pequecho có mantelo,pónse por riba deste

Mantón de seda de cor vermella

Mantón de oito puntasDengue

Page 6: CANTIGAS DAS PANDERETEIRAS - Galiciacentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef...25 Camisa de seda para as festas O mantelo é de cor negra e cobre totalmente a saia Detalle

� ������������������������������������������������

��������������

27

Manteleta

A modelo nun dos muíños de Silvarredonda

Traxe completo

Paula, a autora da entrevista, coa modelo Sandra

Detalle do debuxo do mantónOutra vista do traxe