campo de refuxiados sofía

9
Campo de refuxiados en Nepal 9 de Maio de 2015 Sofía Pena Freire (4º ESO). Ética CPI Virxe da Cela. Monfero.

Upload: satelite1

Post on 25-Jul-2015

414 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Campo de refuxiados

en Nepal

9 de Maio de 2015

Sofía Pena Freire (4º ESO). Ética CPI Virxe da Cela. Monfero.

1.- NOME DA ORGANIZACIÓN: Luz verde

2.- COORDINADOR/A DO PROXECTO: Sofía Pena Freire

3.- INTEGRANTES: Sofía Pena Freire, voluntarios e demais

especialistas.

4.- LOCALIZACIÓN DO PROXECTO: Thoksila (Nepal).

5.- XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO: O pasado 25 de abril, o Nepal

sufriu un terremoto de 7.8 puntos na escala sismolóxica de

magnitude do momento. Posteriormente sufriu réplicas como é

habitual, pero o pequeno país (147 181 km²) quedou devastado

(cidades sepultadas na terra, pobos arruinados, etc…). Por iso,

quero construír un campo de refuxiados alí, para axudar a toda

esa xente que quedou sen casa, sen bens ou sen familia

directamente. O campo terá unha capacidade máxima de 300

persoas.

6.- RECURSOS HUMANOS: Contarei cun equipo contratado que

constará dos seguintes grupos: persoal médico (enfermeiros,

médicos e cirurxiáns), persoal de atención psicolóxica,

educadores e persoal con experiencia no campo da

reconstrución de vivendas ou na fabricación de casas

provisionais. Doutra banda, tamén aceptaremos persoal

voluntario con distintas capacidades ou titulacións que poidan

aportar calquera tipo de recurso ao campamento.

7.- RECURSOS MATERIAIS: Na situación xeográfica escollida,

dispoñemos de auga corrente do río Koshi, só necesitariamos

potabilizala. Ademais, o terreo non está moi alto e non é moi

escarpado. Doutra banda, teremos que construír unha

depuradora, as instalacións e conseguir todos os materiais

necesarios.

8.- TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO: O proxecto está pensado

para realizarse entre 2 meses e 3 meses (4 de maio - 4 de xullo).

Dividiríase nas seguintes fases: adecuación do terreo,

construción das instalacións principais (médico, escola,

depuradora,...) e das fronteiras de proteción, e construción das

vivendas e alugueres para os refuxiados.

9.- DOTACIÓN ECONÓMICA NECESARIA:

Previsión de gastos iniciais:

Planta potabilizadora: 50 000 euros

Depuradora: 25 000 euros

Hospital: 75 000 euros

Escola: 45 000 euros

Vivendas (200): 30 000 euros

Cierre: 1 000 euros

Total: 226 000

Previsión de gastos mensuais:

Salarios: 10 000 euros

Alimentación: 10 000 euros

Abastecementos médicos: 20 000 euros

Mantas/roupa: 500 euros

Hixiene/aseo: 1 000 euros

Material escolar: 100 euros

Outros (avarías, imprevistos, horta,...): 1 000 euros

Total: 42 600 euros

Nota: contariamos con doazóns, voluntarios, prestacións, ...

10.- VÍAS PARA O FINANCIAMENTO DO PROXECTO:

Para o financiamento tiraremos dos cartos recibidos de ONGs,

institucións públicas e aportacións voluntarias dos civís. Por

exemplo, subvencións, aportacións anónimas, rastros

solidarios,...

Para conseguilo, realizaremos campañas publicitarias e

expoñeremos o noso proxecto a diversas autoridades e

entidades, como por exemplo un anuncio nunha canle de

televisión ou na radio.

11.- DESEÑO DO CAMPO DE REFUXIADOS:

ESPAZO (Axúntase mapa)

TIPO DE ALOXAMENTO, MATERIAIS, DIMENSIÓNS,

DISTRIBUCIÓN NO ESPAZO. O aloxamento será completo

(escola, médico, comida,...) Os materiais utilizados para as

vivendas será chapa e/ou madeira. Para a depuradora e

demais instalacións utilizarase bloque, ladrillo, formigón,...

As dimensións serán de 11 250 m² en total. (Axúntase

plano da distribución)

ELECTRICIDADE. A electricidade está dispoñible alí, co cal,

so hai que realizar as instalacións.

ESQUIPO DE COMUNICACIÓNS. Dentro do campo haberá 3

persoas encargadas das comunicacións por radio, etc...

AUGA POTABLE. Para conseguir auga potable,

construiremos unha planta potabilizadora que aproveitará

a auga do río lindante.

HIXIENE E ASEO. Todas as vivendas contarán con un aseo.

As duchas serán comúns.

ALIMENTACIÓN. As vivendas contarán cunha cociña común

para todos os habitantes da mesma. Proporcionaránselles

alimentos básicos (sacados dunhos campos de cultivos

comúns ou mercados).

EDUCACIÓN. No campo contaremos con escola aberta 5

días á semana. No edificio escolar situarase tamén o

persoal de axuda psicolóxica tanto para adultos como para

nenos.

SANIDADE, ABASTECEMENTOS MÉDICOS. No campo de

refuxiados contaremos con un hospital. Os abastecementos

médicos traerémolos tanto de poboacións veciñas, da

capital ou mesmo de outros países.

ACTIVIDADES. Entre todos os habitantes do campo

realizarase un horto en común do que sacaremos

alimentos. Tamén contaremos con gando.

PROTECCIÓNS (barreiras, postos de control, tropas de

mantemento da paz). Cerraremos o campo de refuxiados

para evitar que se escape o gando, evitar “ataques”

exteriores, etc. Doutra banda, tamén contaremos con

autoridades para garantir a orde e con postos de vixiancia e

control.

SUPERVISIÓN E CONTROL. Todas as obras e xestións

estarán supervisadas e baixo as normas do goberno nepalí.

Por outro lado, tamén contaremos con inspeccións

regulares da ONU para garantir a eficacia do campo de

refuxiados e velar pola seguridade dos integrantes.

Sofía Pena Freire. 9 maio 2015