camiños naturais do complexo dunar de corrubedo e lagoas de carregal e vixán

64

Upload: jose-manuel-meira

Post on 05-Jul-2015

119 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Uploaded from Google Docs

TRANSCRIPT

Page 1: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Page 2: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Page 3: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

XUNTA DE GALICIA

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

camiñosnaturais

Page 4: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

EEddiittaa:: Xunta de GaliciaConsellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento SostenibleDirección Xeral de Conservación da Natureza

TTeexxttoo:: cem, s.coop.galega

IIlluussttrraacciióónnss:: Suso Cubeiro, Rafa Salvadores e Tokyo

IImmpprreessiióónn ee xxeessttiióónn ggrrááffiiccaa::Alva gráfica, sl

DDeeppóóssiittoo lleeggaall:: C 0000-2007

© desta edición: Xunta de Galicia

Page 5: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Camiño da praia ........................................................................... 10

Camiño da Gandarela ................................................................ 25

Camiño da auga ........................................................................... 34

Camiño do vento .......................................................................... 47

Camiño do río do mar ............................................................... 52

Índice

5

Page 6: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

6

Esta guía pretende achegar aos visitantes, a través de cinco itine-rarios, os valores naturais, culturais e etnográficos deste espazonatural, que forma parte importante do patrimonio natural deGalicia.

Esta é unha área fundamental para a conservación da biodiversi-dade en Galicia, e tanto é así que numerosas figuras de protec-ción o amparan, pois está declarado Parque Natural, Zona deEspecial Protección para as Aves (ZEPA), Zona Húmida Protexida,sitio Ramsar, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona deEspecial Protección dos Valores Naturais.

En cada itinerario descríbese brevemente o percorrido e asdireccións que debemos tomar a medida que nos imos despra-zando; ademais vanse intercalando pequenas explicacións sobrealgúns dos aspectos máis salientables.

Ao inicio de cada camiño recóllese información acerca da súa lon-xitude e do grao de dificultade, así como unha aproximación dotempo que leva facer o percorrido.

Este guía de itinerarios compleméntase coa sinalización específi-ca do parque natural, apoiada nos paneis de inicio e as balizascorrespondentes a cada itinerario.

Como usar esta guía?

Page 7: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

7

- Non camiñes fóra dos sendeiros e pasarelas. Se os abandonascausarás un dano innecesario.

- Os vehículos só poden circular polas zonas sinalizadas.

- Os cans non están permitidos na praia, nas dunas, no arenal,nas lagoas e nos camiños e pasarelas que os atravesan.

- Camiña en silencio, os ruídos alteran a tranquilidade do ParqueNatural.

- Respecta as plantas e animais, son parte inseparable da natureza.

- O lume pode destruír a vida. Non acendas fogueiras nin tirescabichas.

- Non liberes animais exóticos ou mascotas, causan un dano irre-parable no equilibrio ecolóxico da natureza.

- Leva o teu lixo ou deposítao nos colectores de recollida selectiva.

- Respecta as indicacións recollidas na sinalización do ParqueNatural.

- Aproveita estes momentos para gozar do contacto coa nature-za e presta atención ás pequenas cousas.

Consellos de comportamentono Parque Natural

A túa colaboración é fundamental para conservar o Parque Natural!

Page 8: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Aparcadoiro

Centro de recepción de visitantes Casa da Costa

Camiño do río do mar

Camiño do vento

Camiño da Gandarela

Camiño da praia

Camiño de accesibilidade

Camiño da auga

AparcadoiroAparcadoiro

8

Aparcadoiro

Centro de recepción de visitantes Casa da Costa

Camiño do río do mar

Camiño do vento

Camiño da Gandarela

Camiño da praia

Camiño de accesibilidade

Camiño da auga

AparcadoiroAparcadoiro

Page 9: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

9

Aparcadoiro

Centro de recepción de visitantes Casa da Costa

Camiño do río do mar

Camiño do vento

Camiño da Gandarela

Camiño da praia

Camiño de accesibilidade

Camiño da auga

AparcadoiroAparcadoiro

Page 10: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Inicio Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa

Percorrido 1,5 km

Duración 1 hora

Dificultade Baixa

Praia doVilar

Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa

INICIO

0 500 m100 200 300 400

FIN

a Ribeira

a Corrubedo

Centro de interpretación

Aparcadoiro do Vilar

OuteirosRubios

10

Este percorrido que discorre polo contorno do centro de visitan-tes e as pasarelas que o bordean permítenos coñecer algúns dosvalores naturais e patrimoniais do parque natural, moitos delesmoi vinculados ao mundo do mar.

Praza aparcadoirodiscapacitados

praiacamiñopraiada

Itinerario accesible

Pipín

Page 11: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O piñeiral é o hábitat demoitas aves forestais

Neste piñeiral viven varias especies deaves que o empregan para alimentarseou para facer os seus niños, entre elasun dos paxaros máis pequenos da nosafauna, a estreliña riscada. Tamén avesmigratorias, como a rula común ou ocuco, ocupan estes piñeirais durante aépoca estival.

O cuco, que co seu canto nos anuncia a chegada da primavera, vénao parque no mes de marzo. Poñerá os ovos nos niños doutrospaxaros, que ademais alimentarán os pequenos cucos, e xa entreagosto e setembro emprenderán o camiño de volta á África subsa-hariana.

11

Partindo do Centro de Recepción de Visitantes Casa daCosta, a través da pasarela, collemos o camiño que nos levacara á cafetaría por medio dun piñeiral, constituído funda-mentalmente por ppiiññeeiirroo mmaarrííttiimmoo.

i

praiacamiñopraiada

Page 12: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

12

Tanto bate auga mol en pedra dura...

Desde esta zona, ademais de poder ter unha boa panorámicasobre o parque natural, podemos observar unhas curiosas forma-

cións sobre estaslaxes, as pías, que aerosión vai creandolentamente ao longode moitos anos.

Continuamos o noso percorrido cara á praia e accede-mos á pasarela a carón dunha formación de salgueiros eameneiros. Aquí a paisaxe está dominada, fundamentalmente, pordunas vexetadas (dunas grises) sobre as que destacangrandes laxes de granito que ficaron ao descuberto nomomento da formación do complexo dunar hai alá máis de15.000 anos.

Estas pedras son o hábitat para algúns dos réptiles do parque,entre eles o lagarto arnal, o máis grande dos réptiles terrestreseuropeos, que busca refuxio baixo as pedras. Trátase dun lagartoque pode ser moi lonxevo, podendo vivir na natureza até máis de11 anos. Aliméntase de escaravellos, avespas, saltóns, caracois eincluso amoras.

i

Page 13: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

13

O túmulo do Pipín, a mostra máis antigada presenza humana no parque natural

O túmulo de Pipín é unha mmáámmooaa, chamadas así porque sobre-saen do terreo a xeito de mama.

Baixo unha mámoa encóntrase soterrado un antigo monumento fune-rario, que se denomina aarrccaa ou ddoollmmeenn cando está desenterrado.

En toda Galicia son frecuentes este tipo de vestixios; un dos máiscoñecidos é o ddoollmmeenn ddee AAxxeeiittooss, próximo ao parque natural.

Estímase que estas construcións teñen entre tres e oito mil anosde antigüidade.

Moitas mámoas, comoa do Pipín, están espo-liadas, pois desde sem-pre críase que baixodelas estaban as ccaassaassddaa mmoouurraa ou ppeeddrraass ddaammoouurraa (a arca), que,segundo contaban moi-tas lendas, gardabantesouros marabillosos.

Continuamos pola pasarela despois de deixar outras dúasque saen á nosa esquerda. A medida que camiñamos, pasamos a carón dunha pequenazona húmida asociada ao manancial coñecido como Fonte doPipín. Nesta fonte era onde antigamente bebían os labradoresdo contorno cando traían as súas vacas a pacer nesta zona. Se nos desviamos pola pasarela da esquerda, podemos verunha pequena elevación do terreo: o túmulo do Pipín.

i

praiacamiñopraiada

Page 14: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Durante os fortes temporais en mar aberto, moitas aves mariñasque pasan nel gran parte da súa vida achéganse á abra de

Corrubedo para refuxiarse dos seus efectos. Así, na épocainvernal, se miramos con detemento o mar, podemos

descubrir algunhas aves, como a mobella grande ou oarao voaquento, que veñen desde o norte de Europa apasar os invernos ás nosas costas. Ambas pasan gran parteda súa vida no océano e só se achegan á costa cando haigrandes temporais e na época de reprodución.

Máis comúns son os corvos mariños, tanto ogrande como o cristado, que descansan sobre as

pedras coas alas abertas á espera de que llessequen despois de pasaren unha xornada

de pesca no mar.

Habitualmente, distintas especies de gaivotas descansan formandograndes bandadas sobre a praia. A máis común é a gaivota patia-marela, unha oportunista mariña que se adaptou perfectamente áconvivencia co home e hoxe en día até cría nas nosas cidades.Acompáñaa outra gaivota semellante, a gaivota escura, que émoito menos abondosa e que ten nas illas galegas as maiores pobo-acións reprodutoras da Península. Ás veces, con elas atópase unhagaivota máis pequena, que na época nupcial ten a cabeza dunhacaracterística cor chocolate que no inverno é substituída por dúaspequenas manchas negras, a gaivota chorona. O seu peculiar recla-mo dálle ese nome en galego e o apelativo de reidora en castelán.

14

Ao abrigo dos temporais

Se continuamos pola pasarela, chegamos á parte alta dapraia do Vilar, un bo lugar para observar durante o outonoe o inverno diversas aves mariñas na abra de Corrubedo.

i

Page 15: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

15

As dunas grises teñen unha grande importancia ecolóxica

Estas dunas formadas por areas de cores agrisadas, pois estánvexetadas desde hai tempo por liques, herbas e matos dispersos,son un dos hábitats naturais de maior interese da nosa costaincluídos na Rede Natura 2000.

Entre elas encontran acubillo varias especies de insectos, anfibiose réptiles e alimento un nutrido grupo de pequenos paxaros.

Destacan especialmente dous sapos, o corredor e o de esporas,que escavan na area para se enterrar durante as épocas desfavo-rables. Concretamente o sapo de esporas pasa o día enterradonas galerías que el mesmo escava co seu esporón, e incluso podeenterrarse fondamente durante o verán até que cheguen épocasmáis húmidas.

Este curioso sapo, un endemismo ibérico, é moi escaso enGalicia, e as súas poboacións están moi localizadas. Moitaspoboacións galegas desapareceron e o parque natural é un dospoucos lugares onde está presente, sendo relativamente abon-doso nalgúns puntos.

Volvemos sobre os nosos pasos e continuamos pola pasare-la principal deixando á dereita unha pasarela que, se quixé-semos acurtar o percorrido, nos devolvería ao Centro deRecepción de Visitantes Casa da Costa. O camiño discorreagora observando un conxunto de dunas vexetadas.

i

praiacamiñopraiada

Page 16: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

16

Pouco antes de descen-der polas escaleiras dapasarela, pasamos acarón dun amoreamentode pedras, procedentesdo intento infrutuoso deexplotar unha mina devolframio a mediados doséculo pasado, un mine-ral moi prezado polaindustria militar, espe-cialmente durante a 2ªGuerra Mundial.

A febre do volframio deixou a súa pegadano parque natural

Seguimos camiñando pola pasarela deixando á nosadereita os dous desvíos que nos acercan ao centro deinterpretación. Baixamos en dirección á praia, mentrescontemplamos unha bonita vista sobre a extensa praia doVilar, que continúa pola Ladeira até rematar no pequenoporto de Corrubedo. Máis ao fondo, o faro, que durantemoitos anos guiou os barcos coa súa luz vermella (actual-mente volve ter a súa cor branca orixinal) para evitar aconfusión co faro de Sálvora, o que lle deu o sobrenomede “faro comunista”.

i

Desde a pasarela chegamos á impresionante praia do Vilare no mar veremos numerosos barcos pescando nas inmedia-cións. Son maioritariamente os mariñeiros dos portos deAguiño, Ribeira e Corrubedo os que largan nesta zona assúas artes de pesca, na procura de peixe e marisco.

i

Page 17: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

17

O mar fornece de valiosos recursos

As Rías Baixas son áreas de grande importancia pesqueira;de feito, o de Ribeira considérase como un dos primeiros por-tos de baixura de España en pesca desembarcada.As artes pesqueiras que se empregan son variadas, dependen-do da especie que se pretenda capturar. Así, coas nasas captú-ranse nécoras, camaróns, bois... Os tramallos pescan mara-gotas, pintos, corbelos, robalizas... Os barcos do cerco dedí-canse á pesca da sardiña, xurelo, xarda, bocarte...Pero este mar que nos proporciona tantos recursos e que dáriqueza a tantas familias tamén se apropia de vidas entre ostraballadores do mar. Cómpre lembrar que a Costa da Mortechega até moi cerca de aquí, e Cabo Corrubedo é unha refe-rencia para todos os navegantes pola súa perigosidade.

“...e cando o mar de Corrubedo roncachoran as nais dos mozos mariñeiroscheos de medo, escóndense os rapaces e rezan os vellos”

Fermín Bouza-Brey

Volvemos sobre os nosos pasos e continuamos pola pasare-la principal deixando á dereita unha pasarela que, se quixé-semos acurtar o percorrido, nos devolvería ao Centro deRecepción de Visitantes Casa da Costa. O camiño discorreagora observando un conxunto de dunas vexetadas.

i

Neste punto temos unha primeira e impresionante visión do con-torno marítimo do parque. O océano Atlántico, que baña os máisde 4 km de praia que se estenden desde a Anguieira atéCorrubedo, é o máximo responsable da formación e do mante-mento deste complexo sistema ecolóxico.

praiacamiñopraiada

Page 18: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

18

Durante a marea baixa, preto das Pedras das Pozas, é frecuen-te a presenza de pequenas aves que andan cerca da liña damarea, na procura de alimento; destaca a gavita eurasiática, derechamantes bico e patas vermellas que contrastan fortementecoa plumaxe branca e negra. Trátase dun experto gourmet capazde abrir un mexillón cun áxil movemento do seu peteiro.

Entre as pedras é probable que algún virapedras, durante oinverno e no seu paso migratorio despois da época de reprodu-ción, busque alimento, nun constante pero incansable ir e vir,levantando co seu bicopedras e cunchas naprocura de peque-nos crustáceos emoluscos.

O mar arrastra pequenos tesouros á praia

O mar arrastra cara á costa anacos de embarcacións, obxectosvariados, restos de diferentes animais, algas... Destaca o grannúmero de cunchas de moluscos: navallas, mexillóns, berbere-chos, cadeluchas, ameixas bicudas, bruxas...

Abundan as xibas, as cunchas internas dos chocos, as petacas daraia e do gaxapo, pequenas “bolsas”, as primeiras de cor negrae as outras case transparentes, onde poñen os ovos e das quenacerán as súas crías.

Page 19: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

19

Despois dos temporais aparecen animais mortos, como gaivotas,mascatos, corvos mariños ou araos,, tartarugas mariñas comoa tartaruga de coiro e tamén mamíferos mariños: golfiños,arroaces, toniñas...

Entre os restos de algas mor-tas que chegan á praia vive unpequeno crustáceo, a pulgade praia, que se alimenta demateria vexetal morta, cum-prindo deste xeito unhaimportante función ecolóxica.

Antigamente existía un curioso aproveitamento dos restosque traía o mar, ““aannddaarr aaooss qquueebbrraazzooss”” (ou ás crebas), un“oficio” frecuente nas zonas costeiras de Galicia e que consis-tía fundamentalmente na recollida de leña e madeira, aíndaque en ocasións encontraban restos de maior valor, proceden-tes dos naufraxios dos barcos ou da mercadoría que perdíancos temporais.

Hoxe debemos lembrar que as cunchas, os restos de algas eoutros restos naturais cumpren unha función básica para oequilibrio ecolóxico das praias, e para evitar que non se rompanon debemos levalos.

praiacamiñopraiada

Page 20: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

20

“Bichicomas” e raqueiros

Conta a tradición que antigamente, nas costas máis perigo-sas, como as desta zona, existían persoas que se dedicabaná pirataría desde a costa.A técnica que empregaban consistía en mover os fachos quealumeaban a costa (que tiñan a función dos faros actuais)unhas millas mar a fóra. Como consecuencia diso, os barcosachegábanse máis á costa e batían nos baixos, co fatal des-enlace do naufraxio.Entón, os raqueiros (nome con que se coñece a estes piratas)ían roubar as mercadorías dos barcos naufragados.Pero esta historia non só existe na tradición galega. Tamén épropia das costas británicas, onde a estes piratas lles chama-ban bbeeaacchhccoommbbeerrss, e, curiosamente, na zona das Rías Baixas,a unha persoa que é ruín e aproveitada dise que é un “bichi-coma”.

A vida nas dunas non é fácil, pois a auga é escasa, xa que se infil-tra rapidamente, e ademais o vento constante vén cargado deareas que erosionan a planta ou de salitre que aumenta a perdada xa escasa auga.

Unha das características de moitas destas plantas é que sonanuais, é dicir, que nas épocas máis duras do ano só permanecenas súas raíces baixo a area até que cheguen mellores tempos.

- O feo de praia é unha planta que vive na parte alta das dunas.Posúe longas e profundas raíces que lle permiten aferrarse á

As plantas adáptanse ás condicións devida das dunas

Unha vez que deixamos a praia, continuamos o noso perco-rrido pola pasarela e desde ela veremos varias especies deplantas que viven sobre a duna activa.

i

Page 21: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

duna. As súas follas, que soncomo fíos, impiden que sexatombada polo vento. Estaplanta cumpre unha funciónmoi importante na fixacióndas dunas.

- A cebola das gaivotas posúeun bulbo onde almacena grancantidade de auga. As súasfollas, crasas, son delgadas,longas e dunha cor verdemate, reducindo, así, a perdade auga.

- O cardo de ribeira presentaas follas dotadas con espiñaspara evitar a perda de auga.A súa cor é verde mate e asúa dureza protéxeas da ero-sión producida polas areasarrastradas polo vento.

- A leiteiriña ten follas peque-niñas para evitar a excesivaperda de auga. Ademais,teñen no seu interior unlátex branco moi rico ensales que axuda a reducir aque seacumule máis auga nointerior, e que soltan candoson cortadas, de aí o seunome popular.

21

Outras plantas que podemos ver nesta duna son a lucerna daspraias, de cor verde agrisada e recuberta dunha abondosa pelu-xe algodonosa; o alelí da area, ou a eiruga mariña, que desta-ca polas súas follas crasas.

praiacamiñopraiada

Page 22: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

22

Seguimos camiñando pola pasarela até o seu final.i

No primeiro tramo da pasarela viven algunhas aves asociadas ásdunas, como a laverca, pequena ave que xa o escritor Valle-Inclán definiu como aavvee ddoo mmaarr ee ddaa mmoonnttaaññaa, por seren estes oslugares onde vive maiormente.

Aliméntase de sementes de plantas silves-tres, grans de trigo ou centeo, aíndaque non despreza algún que outroescaravello ou algunha araña...

Ten un curioso e sorprenden-te comportamento: de repen-te despega do chan e come-zan a subir cara ao ceosen deixar de cantar,e sobe e sobe atéque non é máisque un pequenopunto. Nesemomento parade cantar e déi-xase caer, comose dun kamikaze se tratase, a toda velocidade cara ao chan,freando xusto no momento antes de aterrar.

Na época estival podemos ver algunha bubela, que destaca polasúa curiosa crista que pecha e abre voluntariamente e o seulongo pico curvado co que busca insectos dos que alimentarse. Épopularmente coñecido o seu costume de construír niños nosvalados que desprenden un penetrante cheiro, pero sempre foirespectada polas persoas do campo polo seu papel beneficiosopara o agro.

As aves do mar e da montaña

Page 23: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

23

Nos bosques de piñeiros haiunha manchea de recursosque son aproveitados pormoitos animais que vivenno parque, tecendo entretodos eles unha complexarede de alimentación.

Os insectos que se alimen-tan da madeira das árbo-res, os escaravellos, as for-migas... son o alimento pre-ferido de pequenos paxaroscomo o gabeador común, opeto verdeal ou o ferreiriño común.

Os piñóns das piñas son a comida preferida de pequenos roedo-res como o rato de campo ou tamén do esquío común, queaproveita os piñeiros para construír os seus niños.

E moitos destes pequenos animais son, polasúa vez, o alimento de aves de rapinacomo o azor, o gabián ou a avelaionacomún, ou doutros predadores como axeneta.

Ao rematar a pasarela, tomamos á dereita no camiño e,despois de atravesar o piñeiral, chegamos ao centro deinterpretación.

i

No piñeiral hai recursos para unhafauna variada

praiacamiñopraiada

Page 24: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

24

Desde aquí volvemos ao punto de inicio do noso itinera-rio, ao Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa.i

Parte do percorrido destecamiño é accesible para perso-as con discapacidade, pois dis-corre polas pasarelas.

Partindo desde o Centro deRecepción de Visitantes Casada Costa (con prazas de apar-cadoiro habilitado para perso-as con discapacidade), accé-dese ás pasarelas que nosachegan á praia do Vilar; secontinuamos polas pasarelas,chegamos ao aparcadoiro doVilar, onde tamén hai habilita-das prazas de discapacitados.

Variante accesibilidade

Page 25: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Inicio Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa

Percorrido 6 km

Duración 4 horas

Dificultade Baixa

Praia doVilar

Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa

INICIO

0 500 m100 200 300 400

25

gandarelacamiñogandarelada

A través do Camiño da Gandarela podemos descubrir o impor-tante papel do mar na orixe e evolución deste espazo natural, asúa influencia na vida da marisma. Tamén podemos camiñarentre uns pequenos retallos do bosque e coñecer algunhas dasárbores autóctonas do parque natural.

FIN

a Ribeira

a Corrubedo

Centro de interpretación

Casalnovo

Aparcadoiro do Vilar

OuteirosRubios

Page 26: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

26

Partindo do Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa,internámonos neste itinerario que nos levará pola Gandarela, atéas proximidades da lagoa de Carregal. Desde aquí volvemos sobreos nosos pasos e collemos un desvío que nos leva polo mediodunha zona de cultivos e bosque até o camiño peonil que volveao punto de partida.

Partindo do Centro de Recepción de Visitantes Casa daCosta, a través da pasarela, tomamos o camiño que des-cende á dereita a carón do piñeiral.

i

O piñeiro, unha árbore con moitos recursos

O piñeiro bravo ou do país é unha árbore ben adaptada aGalicia, e que, desde hai séculos, é unha das especies máis fre-cuentes nas repoboacións forestais.

É unha árbore bastante frugal e pode vivir en solos permeablese con poucos nutrientes, como aqueles non moi profundos ouareosos.

A madeira emprégase fundamentalmente en serrarías, para facertaboleiros, caixas, mobles, na carpintaría de ribeira..., e a súacasca utilízase para curtir.

Antigamente os aparellos de pesca (nasas, tramallos...) “encascá-banse” para que durasen máis tempo, bañándoos en auga fervi-da coa casca de piñeiro.

Os picos (as follas) usábanse como cama para o gando e as piñasson excelentes para acender lume.

Page 27: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

27

No outono, entre asfollas do piñeiro caí-das no chan, agáchan-se os cogomelos demoitos fungos, quecumpren unha impor-tante función ecolóxi-ca, pois son funda-mentais na descompo-sición da materia: oníscaro, a cantareli-ña, a lingua de gatoou algún boleto.

Continuamos descendendo até que entramos na zona deconfluencia das dunas vexetadas coa zona de cultivos e,un pouco máis adiante, no final da marisma.

i

A Gandarela, como o seu nome indica, é unha pequena gándaraanterior á lagoa de Carregal, e que a separa da zona de dunas.

A vexetación desta zona está composta por plantas adaptadas avivir en solos encharcados e de alta salinidade.

No extremo final da lagoa de Carregal e a Gandarela, encontra-mos leiras de cultivo tradicional (basicamente millo). Os valadosque as separan están choídos con pequenas pedras máis oumenos irregulares, o que non é un impedimento na perfección dasúa construción.

A Gandarela, antesala dun ecosistema de alto valor ecolóxico

gandarelacamiñogandarelada

Page 28: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

28

Continuamos sen abandonar o camiño, que por tramos apareceendurecido e cun ton agrisado, debido á existencia de caolínentre a area.

Segundo avanzamos polo camiño, temos a oportunidade de des-cubrir unha gran diversidade de plantas dunares, como o carras-

co bravo ou o carras-pique, endemismo dascostas atlánticas dapenínsula Ibérica, eplantas de marisma,como os xuncos e aacelga salgada.

Á nosa esquerda, entre a lagoa de Carregal e o mar, hai unhaduna vexetada por árbores, cuberta de piñeiros bravos.

A este lugar chámanlle nos arredores o “forno da tella”, debido aque baixo os piñeiros se atopa un forno deste tipo, moi común nazona. Despois do seu abandono foi cuberto pola area e a vexeta-ción, e hoxe en día pasa desapercibido.

Os fornos da tella foron unhas construciónspopulares de grande interese no contorno doparque natural

Os fornos da tella eran os lugares onde antigamente se elabora-ban e cocían as tellas e ladrillos, antes da chegada das primeirasfábricas de cerámica.

Os fornos da tella fóronse abandonando pouco a pouco, a partirda implantación na comarca de varias telleiras, que tamén des-apareceron na actualidade.

Pero, que eran e para que servían os fornos da tella?

Page 29: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

29

Desde este punto continuamos avanzando polo camiño que dis-corre máis próximo á lagoa.

As lagoas e marismas litorais son ecosistemas novos, se fala-mos en termos xeolóxicos, e consideramos a idade que ten aTerra, que é de aproximadamente 4.500 millóns de anos, men-tres que estes sistemas se formaron hai só, aproximadamente,15.000 anos.

A tendencia natural destes sistemas é a que se vaian enchendopouco a pouco dos sedimentos que traen os ríos ou o propio mar.A súa orixe débese a que unha frecha de sedimentos areosos (cor-dón dunar actual) pechou unha enseada na cal desembocabanvarios ríos. No seu interior acumulouse a auga formando unhalagoa. No caso da lagoa de Carregal, permanece en comunicaciónconstante co mar a través dunha canle, polo que o seu nivel vaivariar en función da marea.

A lagoa e a marisma de Carregal alberganunha gran riqueza natural

gandarelacamiñogandarelada

Page 30: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

30

A marisma, coñecida tamén como “Carregal”, ocupa na actualida-de unha grande extensión, constituíndo un dos ecosistemas máissenlleiros do parque natural.

As achegas fluviais que reciben a marisma e lagoa de Carregalproveñen de catro pequenos ríos: o río da Cidade, o río Sanchanás(ou de Artes), o río de Sirves e o río Longo. O río Sanchanás é ode maior caudal, que vemos ao fondo da marisma, flanqueadopor un pequeno bosque en galería, con ameneiros e salgueirose que rompe a paisaxe chaira da marisma formando un fermosocorredor verde de árbores.

A lagoa de Carregal é unha importante despensapara un gran número de aves

Varias aves de peteiro e patas longas aliméntanse de pequenosinvertebrados que atopan entre a lama e o limo, de aí o seu nomede limícolas, entre as que destacan os pilros, os mazaricos, osbiluricos e as píllaras. Tamén se ven con facilidade as grandesgarzas. Todas elas están en incesante movemento á procura doseu alimento mentres non sobe a marea.

Page 31: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

31

As plantas da marisma están adaptadas a distintos graos de salinidade

Neste pequeno treito do noso camiño, máis próximo á lagoa,existen distintas plantas adaptadas ás augas da marisma. A sali-nidade destas augas varía dependendo de se a marea está baixaou alta. No primeiro caso, as augas serán case tan doces como asdo río, e no segundo, salgadas como as do mar.

A verdoaga mariña é unha pequena planta que nesta zonachega a formar comunidades case que puras.

A herba salgada posúe uns talos carnosos articulados de corverde que, co tempo, se volven avermellados.

Unha vez chegados a este punto, e dada a fraxilidade des-tes hábitats, é moi importante que non nos introduzamos nosistema dunar, polo que volvemos sobre os nosos pasos atéo cruzamento que encontramos ao final dos valados depedra da esquerda do camiño. Agora tomamos o camiñoque parte á esquerda e que bordea a zona de cultivos.

i

gandarelacamiñogandarelada

Page 32: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

32

Os valos que delimitan as leiras, onde hoxe en día se planta prin-cipalmente millo, están acompañados de varias árbores e arbus-tos que forman pequenas sebes.

Loureiros, espiños e abruñeiros forman unha parede vexetal que tenunha grande importancia ecolóxica, pois dálle alimento e refuxio aunha importante fauna e, ademais, actúa como controladora de posi-bles pragas dos cultivos serve de pantalla protexéndoos dos ventos.

Son especialmente abondo-sos na zona de cultivos doparque dúas especies dearbustos: o espiños brancoe o abruñeiro. Tanto uncomo o outro dan unspequenos froitos que forne-cen de alimento unha mul-titude de pequenas aves.

As sebes son pequenos oasis para a pequena fauna

Continuamos polo camiño e chegamos a un punto ondedescubrimos un bosquete de árbores autóctonas entrepiñeiros.

i

As árbores autóctonas do parque naturalconcéntranse no seu extremo nordeste,fundamentalmente na agrícola de Artes,en forma de bosquetes illados.

O cerquiño ou rebolo é, sen ningunha dúbida, a árbore dominanteno bosque autóctono do parque natural, aínda que acompañado docarballo e dalgún castiñeiro. Tamén é relativamente abondosa unhaárbore máis propia do ambiente mediterráneo, a sobreira, facilmen-

As árbores autóctonas consérvanse en bosquetes illados

Page 33: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

33

te recoñecible por estar o seu tronco rodeado de cortiza, que se extra-ía de forma manual en certas zonas de Galicia e da Península para asúa explotación comercial.

As suaves temperaturas invernais e a certa seca da época estivalson elementos favorecedores para especies de influencia máismediterránea, como é o caso do cerquiño, a sobreira e o lourei-ro, entre as árbores, e da xilbarbeira entre os arbustos.

Este pequeno bosque é un espazo de gran valor para multitude defauna que atopa alimento e refuxio entre as súas polas. Insectos,arañas, anfibios, réptiles, aves... aproveitan os distintos nichos queofrece o bosque.

Estes bosquetes son tamén lugares ideaisonde o teixugo escava as galerías dasúa tobeira, coñecidas como teixoei-ras, onde pasará o día escondido atéo anoitecer, que será cando saia naprocura do seu alimento: millo, froi-tos, raíces, abrótegas e tamén miñocas,grandes escaravellos e caracois.

Desde aquí continuamos e tomamos un pequeno carreiroque marcha á dereita entre unha zona de mato e piñeiros, e,despois de pasarmos unhas laxes, chegamos á estrada.Continuamos pola beiravía uns 150 m e xa nos incorpora-mos ao camiño peonil que nos levará de volta á Casa daCosta, onde remata este itinerario.

i

gandarelacamiñogandarelada

Page 34: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Inicio Aparcadoiro do Vilar

Percorrido 2,5 km

Duración 2 horas

Dificultade Baixa

Campos deAmendo

INICIO

Aparcadoirodo Vilar

Rego

de

Vila

r

Lagoa de Vix’an

0 500 m100 200 300 400

34

augacamiñoaugada

Este itinerario descóbrenos a vida que se encontra na importantemasa de auga da lagoa de Vixán, os problemas que a súa escase-za lles causa aos seres vivos e tamén o aproveitamento tradicio-nal que o home fixo deste valioso recurso.

Partindo do aparcadoiro do Vilar, achegámonos até a lagoa de Vixána través dos Campos de Amendo, e desde este punto regresamos aolugar de inicio pasando polo conxunto dos mmuuííññooss ddee AAmmeennddoo.

FIN

Vixán

Vilar

Vilariño

Muíños deCochas e Inasia

a Corrubedo

a Carreira

a Ribeira

Page 35: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

35

A orixe desta cubeta produciuse despois de que algúns sedimen-tos areosos quedasen ao descuberto no mar. A acción das ondase o vento fixo avanzar os sedimentos, creando unha frecha litoral.Esta acabou por pecharse e só se abre nas épocas de grandestemporais. No interior desta frecha ficou a masa de auga achega-da polo río dos Muíños e pola infiltración. Co paso do tempo, estazona foise colmando polos sedimentos arrastrados polo río. Daantiga masa de auga hoxe só permanece a actual lagoa.

O vento e o mar son os responsables da formación da lagoa

Partimos do aparcadoiro e collemos a pista onde se sitúa ocartel de inicio da ruta, e bordeamos un pequeno outeiro,deixando á nosa dereita os camiños que se dirixen á zona dedunas. Desde este punto temos unha completa vista sobre alagoa de Vixán, o cordón dunar e os prados que a rodean.

i

augacamiñoaugada

Page 36: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

36

Este cordón litoral que se sitúa entre a praia e a lagoa está cons-tituído, fundamentalmente, por dunas vexetadas.

A ausencia de auga é unha característica dos cordóns de dunas,e este é un factor determinante para os seres vivos.

Ademais da falta de auga, existen outros factores que condicio-nan a vida nas dunas: o vento cargado de pequenos sedimentoserosionan a superficie externa das plantas e o substrato areoso émóbil, o que dificulta que as plantas enraícen.

O cordón dunar aseméllase a un pequenodeserto

Continuamos polo camiño e, a medida que avanzamos, imostendo unha vista sobre os distintos tipos de formacións dedunas que hai nesta parte do parque natural e que formano cordón dunar que separa a lagoa da praia.

i

Se observamos con atención, comprobamos por que falta a auga

- O substrato areoso filtra a auga con moita rapidez, poloque apenas se retén na superficie.

- O nivel de insolación é moi elevado e a area quéntaserapidamente, favorecendo a evaporación da auga.

- O vento, procedente do mar, vén cargado de sales que fanaumentar a perda de auga nos seres vivos.

As plantas que viven nas dunas adaptáronse ao longo do tempoás propias condicións destes medios, onde cada unha ocupa unlugar en función das súas necesidades ecolóxicas.

A vexetación das dunas disponse en faixas

Page 37: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

37

Case a onde chega a marea alta, na primeira liña da duna,medran a arenaria mariña e a eiruga mariña, onde o embatedo salitre e o vento son maiores e se acumula a materia orgánicaque traen as mareas. Nunha segunda faixa, máis pobre en restosorgánicos, viven a correola das praias e a leiteiriña.

Na parte máis alta das dunas, onde o vento e o salitre aínda inflú-en con intensidade e a capa de area é aínda maior, existe unhaterceira banda na cal habitan especies como o feo de praia, acarrasca de San Xoán ou a cebola das gaivotas.

Tras esta zona, sitúase a duna gris, máis abrigada dos ventos e dosalitre, que ao longo de moitos anos se enriqueceu con abondo-sos restos vexetais. Nesta cuarta faixa medran especies como ocarraspique, as falsas árnicas ou os paxariños.

Unha das características da fauna deste medio é o seu altonivel de mimetismo, o que dificulta moito que poida ser vistacon facilidade.

Os animais máis fáciles de observar son as aves, sendo as máispropias do contorno a laverca e a lavandeira amarela.

No inverno abundan outras aves que buscan refuxio do maltempo, como os mazaricos, os pilros...

Os animais das dunas camúflanse moi ben

augacamiñoaugada

Page 38: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

38

A lagoa de Vixán é unha lagoa de auga doce, fornecida basi-camente polo río do Vilar ou de Amendo e pola infiltración.Existe unha importante oscilación no seu nivel de augasegundo a época do ano (máis elevado no inverno e máisbaixo no verán).

A lagoa de Vixán é un valioso hábitat paraa vida acuática

Continuamos baixando polo camiño até que encontramosvalados e campos de cultivo, que descenden suavementeaté os campos de Amendo, dedicados ao cultivo do millo eás pradarías. Desde aquí achegámonos até onde o camiño se cruza co ríode Amendo ou do Vilar e que é un dos tributarios da lagoade Vixán.

i

Neste ambiente vivenoutros animais demenor tamaño, comoa eiruga da esfinxe daleiteiriña, que se alimen-ta nas plantas que lledan nome, ou o caracoli-ño das dunas, do queaparecen moitos restos dasúa cuncha entre a area.

Page 39: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

39

Por que son importantes as lagoas litorais?

As lagoas litorais posúen unha elevada riqueza biolóxica.Os sedimentos procedentes dos ríos veñen cargados de nutrien-tes, o que permite que se desenvolva unha rica vexetación.Esta vexetación serve de fonte de alimento e de refuxio paraunha gran cantidade e diversidade de fauna.

A lagoa amosa dúas comunidades de vexetación claramentediferenciadas.

- A metade interior está ocupada por un extenso carrizal. Acanaveira ou carrizo é unha planta que lles serve de acubi-llo a moitos animais que habitan na lagoa. Asociado ás canasencontramos o xunco da lagoa ou boedo, con talos cilíndri-cos e solitarios que poden superar os dous metros de altura.

- Na parte noroeste da lagoa a vexetación está constituída fun-damentalmente por comunidades de xuncos, acompañadosde diversas gramíneas. Na beira da lagoa existen especies deplantas adaptadas a vivir semimergulladas na auga.

A vexetación da lagoa distribúese segundoas súas condicións de vida

augacamiñoaugada

Page 40: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

40

As aves acuáticas: os habitantes máis coñecidos da lagoa de Vixán

As aves acuáticas son a fauna máis característica da lagoa, aíndaque na época estival o número de especies se reduce e só perma-necen aves sedentarias como a galiñola negra; o lavanco real;o mergullón pequeno, que veremos constantemente mergullán-dose, e a galiñola de río, andando polas beiras da lagoa.

Outras aves que permanecen todo o ano na lagoa son a becaci-na común, de camuflaxe case perfecta, o pequeno pero activomartiño peixeiro, e a carriza dos xuncos, que voa activamenteentre as canas.

A lagoa de Vixán é un espazo natural de grande importancia na épocade invernada como zona de descanso e alimentación dun gran núme-ro de aves acuáticas. O diferente lugar que ocupan na lagoa débese ádistinta forma de alimentarse. Hai patos, como o parrulo chupón,que se mergullan para buscar o seu alimento, polo que acostumansituarse na zona central da lagoa. Outros, os nadadores, ocupan aszonas máis próximas á beira, pois só introducen a metade do seu

corpo na auga para buscar comida.Ademais do lavanco, que na invernada

incrementa o seu número, outrospatos achéganse á lagoa de Vixánpara buscaren acubillo e alimento: opato cullerete, a cerceta común, o

pato cincento, e os menos frecuentes:o pato asubiador e o pato rabilongo.

Page 41: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

41

Outra ave que ocupa a parte central dalagoa é o corvo mariño grande, que sealimenta dos peixes que captura mergu-llándose. En ocasións, póusase coas alasestendidas agardando a que lle sequen. Aszonas menos profundas están ocupadas polasgarzas reais, que se manteñen inmóbilesdurante moito tempo á espera de que pasealgún peixe ou algunha ra. Nese momento, lanzao seu peteiro como se dun arpón se tratase paraatrapar o seu alimento.

Excepcionalmente, especies menos frecuentes comoos cullereiros ou os cisnes reais achéganse álagoa en épocas de frío máis intenso.

Desde este punto volvemos sobre os nosos pasos até un des-vío á dereita sinalizado como “Muíños de Amendo”, que toma-mos á dereita e que, despois de discorrer entre zonas de culti-vo pechadas por valados, nos leva a Vilariño. Aquí collemos apista que ao final do lugar parte á dereita e que nos vai levarnun suave descenso até o río de Amendo ou do Vilar, onde seencontra o conxunto etnográfico dos muíños do río deAmendo, aínda que hai varios muíños máis que se conservan.

i

Neste lugar podemos ver dous muíños completamente rehabilita-dos, o mmuuííññoo ddee CCoocchhaass e o mmuuííññoo ddaa IInnaassiiaa.

Ambos moían o gran, millofundamentalmente, pero ade-mais o muíño de Cochas tenno seu interior un forno deleña, onde se cocía o pan.

Os muíños de río: un aproveitamento tradicional da forza da auga

augacamiñoaugada

Page 42: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

A auga chega ao muíño por unha canle desde unha presa na cal sedesvía do río. Cae a través do valde ou buraco do inferno no rodicio.

Coa forza da caída, o rodicio comeza a xirar, e o seu xiro fai moverunha das pedras: a moa. Deste xeito, o gran (de trigo, millo oucenteo) que cae entre a moa (que é a móbil) e o pé (que é a pedrafixa) transfórmase en fariña.

O gran deposítase na moega e, a medida que rola a moa, caemáis gran entre as pedras a través dun pequeno furado: o ollo.Convertido xa en fariña, cae finalmente no tremiñado.

Anualmente neste con-xunto etnográfico organí-zase unha “muiñada”, unencontro onde se lem-bran os vellos tempos decando o son do muíñoresoaba en todo o río.

Como funciona un muíño?

Ollo

42

Page 43: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

43

As distintas formas de propiedade dos muíños

Os muíños podían ter varias formas de propiedade e explota-ción. Dunha banda, estaban aqueles muíños que pertencíana un muiñeiro e que cobraba unha parte (a maquía) por cadasaco que se moía. Tratábase dos muíños de maquía.Doutro lado estaban os muíños de parceiros, que pertencí-an a varios veciños do lugar. Neste caso repartían entre elesos días da semana en que ía moer cada un e mesmo se íanna quenda de noite ou de día. Herdábase de pais a fillos aquenda que lle tocaba a cada un.

Despois de visitar estes muíños, regresamos sobre os nosospasos até a aldea de Vilariño, pasando á beira dun pequenobosque de ribeira que protexe as augas deste río.

i

Na beira do río hai un bosque de ribeira ou en galería. Estes bos-ques cumpren unha importante función ecolóxica como acubillopara a fauna, como reguladores de temperaturas ou fixando asmarxes do río.

Algunhas das árbores máis características son o salgueiro, que vivemáis próximo á beira do río, e o ameneiro, unha árbore que preci-sa unha alta humidade no chan e que aquí acada grandes portes.

Un bosque de galería a carón do río

augacamiñoaugada

Page 44: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

44

Unha vez na aldea de Vilariño, podemos dar unha volta porela para coñecer algunhas mostras da arquitectura tradicio-nal que aínda se conservan.

i

Nas aldeas do contorno do parquenatural consérvanse distintas cons-trucións populares, como hórreos,fontes, valados, etc.

Os hórreos, construcións típicas donoroeste ibérico, serven para gardaro gran das colleitas, o millo funda-mentalmente.

Trátase de enxeñosas construciónsdeseñadas para almacenar o gran asalvo dos ratos e da humidade. Por

iso están separados do chan e teñen na cima dos pés unha pedra,oo ttoorrnnaarrrraattooss, que impide que os ratos entren no hórreo. Co fin defacilitar o secado do gran, teñen moitos furados nas paredes paraque corra o aire, e están orientados de leste a oeste para que o sollle dea a maior parte do día.

O encanto das construcións populares

Na aldea tamén podemos ver unha grande oliveira, árbore típicada rexión mediterránea que nas Rías Baixas é frecuente encon-trar, sobre todo asociada ás igrexas parroquiais, xa que está con-siderada como unha árbore máxica e relixiosa. É unha árbore decrecemento lento e dunha gran lonxevidade, xa que pode supe-rar os 1.000 anos.

Page 45: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

45

Continuamos o noso camiño pola pista asfaltada que sae ánosa esquerda. Nunha curva pechada imos ver un pozo tradicional de augapara o gando, que é un hábitat excepcional para numerososanfibios, como ras e tritóns e as súas larvas, os cágados. Pasando o pozo, internámonos nun camiño tradicional delimi-tado por valados de pedra que separan os distintos campos decultivo.

i

O traballo realizado para a súa construción é unha resposta perfectadas necesidades do home e adaptada aos recursos que o medio lleofrecía. Están construídos con pequenas pedras e asentadas poroutras de maiores dimensións que se sitúan en posicións intermedias.

Son tamén hábitats de grande interese para numerosa fauna,como réptiles e paxaros que entre as súas pedras encontran ali-mento, refuxio ou un lugar de reprodución.

augacamiñoaugada

Curiosamente, estes cultivos teñen a súa orixe en América, e nonse introduciron até os séculos XVII e XVIII, respectivamente. Tantoun como outro, supuxeron unha mellora nas condicións de vidadaqueles tempos, pois viñeron paliar as deficiencias alimentariasnunha época de escaseza.

O millo e a pataca son os principais cultivos no contorno do parque natural

Page 46: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

A medida que seguimos cami-ñando, os cultivos deixan pasopaulatinamente ás zonas fores-tais, de piñeiro marítimo, prin-cipalmente. Entre os piñeirosaparece algún exemplar de cer-quiño. Trátase dunha especie decarballo que pode chegar a viviren áreas de baixas precipitaciónse que soporta ben a seca estival.Ten as súas follas recubertasdunha tomentosidade brancaque lle dá unha cor verde cinsen-ta moi característica.

46

A pataca foi un cultivo que veu substituír á castaña na alimenta-ción, e de feito, nalgúns lugares de Galicia, aínda se lles chama“castañas da terra”.

O millo, porén, substituíu a uncereal: o millo miúdo. Velaí arazón de que esta gramíneaadoptase este nome en galego,aínda que en moitos lugares oseu nome é o orixinal (maínzo).

O camiño lévanos de volta ao aparcadoiro do Vilar, onderemata o noso itinerario. i

Page 47: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

47

0 500 m100 200 300 400

O Camiño do Vento amósanos unha das zonas máis significati-vas deste espazo natural, os Campos de Olveira e a impresionan-te duna móbil, que destacan polo seu valor xeomorfolóxico, pai-saxístico, botánico e faunístico.

Inicio Punto de información de Olveira

Percorrido 1,5 km

Duración 1 hora

Dificultade Baixa

ventoventocamiñocamiño dodo

Duna móbilMonte de Ferreira

Campos deOlveira

Pedras da Lagoa

Marisma de Carregal

Punto de información de OlveiraINICIO

FIN Aparcadoirode Olveira

Río

Long

o

Río do Mar

0 500 m100 200 300 400

Page 48: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

48

Comezamos o noso percorrido no inicio da pasarela que haino punto de información de Olveira, desde onde temos unhavisión xeral do contorno polo que discorrerá este itinerario.Ao fondo vemos a gran duna móbil, que preside a paisaxedesta parte do parque natural. En primeiro termo temosunha extensa pradaría de dunas fixas, que recibe o nomepopular de CCaammppooss ddee OOllvveeiirraa.

i

Os Campos de Olveira, unha chaira de gran valor ecolóxico

Estamos situados sobre a pradaría posdunar, unha das áreas máisricas de toda Galicia desde o punto de vista botánico.

É importante que non abandonemos a pasarela, xa que porefecto das pisadas podemos causar alteracións sobre a fauna e aflora dunar, que é moi sensible a estes impactos.

A chaira alberga unhaelevada diversidade botá-nica. Moitas destas espe-cies teñen grande intere-se por tratarse de ende-mismos ou por estarencatalogadas como espe-cies protexidas.

Plantas como as orquídeas tinxen estes campos coas súas coresa partir do mes de maio e unha gran diversidade delas permí-tennos gozar no noso paseo, mentres o carrasco bravo, ao serunha das plantas máis abundantes, dálle ese aspecto douradoá pradaría dunar.

Page 49: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

49

Acolle plantas de grande interese eco-lóxico como o carraspique, un plantaendémica das costas atlánticas dapenínsula Ibérica, que florece de maioa xullo, ou a moi escasa é OOmmpphhaallooddeesslliittttoorraalliiss, especie endémica e en peri-go de extinción, que só se encontranas costas da provincia da Coruña.

Continuamos camiñando pola pasarela e, unha vez quepasamos o pequeno regato, se nos fixamos, podemos vernumerosas aves en constante movemento.

i

Un dos valores ecolóxicos máis salientables do parque natural éunha ave, case esteparia, que ten nos Campos de Olveira un dosseus lugares de cría, aínda que no inverno aumenta a súa pobo-ación con exemplares hibernantes.

Trátase do pernileiro común,unha ave de longas patas gro-sas, cuns característicos ollosgrandes e amarelos e depeteiro curto e forte. As súascores pardas e brancas permí-tenlle mimetizarse neste con-torno, pasando practicamentedesapercibido para os seusdepredadores.

É difícil de observar, pero poderemos detectar a súa presenza gra-zas aos acusadores gritos que emite ao anoitecer.

O parque natural é de grande importancia para a conservacióndesta especie, xa que está en regresión en Europa, e en Galicia -onde está catalogada como en perigo de extinción- contacunha poboación escasa e con moi poucos lugares de cría, princi-

As curiosas aves que viven aquí

ventoventocamiñocamiño dodo

Page 50: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

50

Desde aquí continuamos até a base da duna móbil, taméncoñecida co nome de mmoonntteess ddaa FFeerrrreeiirraa.i

A duna móbil é a de maior dimensión do norte da penínsulaIbérica. Alcanza unha altura de 16 m no seu punto máis alto. Tenunha lonxitude de máis de 1 km e uns 250 m de ancho.

Ao se tratar dunha duna non vexetada, os ventos predominan-tes da zona -do sudoeste no inverno e do nordeste no verán-fan que esta avance progresivamente cara ao interior dosCampos de Olveira.

Un xigante con pés de area en movemento

palmente nas provincias de Lugo e Ourense, sendo esta do par-que natural a única poboación reprodutora da costa galega.

No inverno, procedente do norte de Europa, aparece outra avenesta área en grandes bandadas de até 200 individuos: a píldo-ra dourada. A súa plumaxe é parda salpicada de tons dourados,o que lle dá o nome popular.

Tanto o pernileiro como a píldora dourada, aliméntanse demiñocas, insectos, lesmas, caracois e outros invertebrados,aínda que o primeiro pode comer algún que outro lagarto oupequeno mamífero.

Page 51: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

51

A duna presenta un perfil asimétrico. O lado de barlovento, deonde proceden os ventos do sudoeste e que mira ao mar, tenmenor pendente e é máis longa, mentres que o lado de sotaven-to ten a maior pendente, superando os 30°.

As zonas de dunas, e especialmente as que non están vexetadas,son áreas de grande inestabilidade e calquera pequeno impactopode causar importantes alteracións, polo que non está permiti-do subir por ela.

O vento é o motor que move a duna

Na duna, o vento arrastra os grans de area desde a partemáis próxima ao mar e sóbeos polo lado de barlovento atéacadar o punto máis alto. Caen polo lado de sotavento, pro-vocando así que a duna avance paseniño cara ao interior dosCampos de Olveira.

Agora volvemos ao punto de inicio pola mesma pasarela erematamos no aparcadoiro, desde onde podemos realizar occaammiiññoo ddoo RRííoo ddoo mmaarr, que tamén parte desde alí.

i

ventoventocamiñocamiño dodo

Page 52: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

0 500 m100 200 300 400

Inicio Punto de información de Olveira

Percorrido 3,5 km

Duración 2 horas

Dificultade Baixa

Duna móbilMonte de Ferreira

Campos deOlveira

Pedras da Lagoa

Marisma de Carregal

Punto de información

de OlveiraINICIO/FIN

Aparcadoirode Olveira

Río

Long

o

Río do Mar

0 500 m100 200 300 400

río do marcamiñocamiño dodo

52

Este itinerario discorre polo camiño que parte do punto de infor-mación de Olveira e permítenos descubrir varias das pegadas dohome, que, desde tempos inmemoriais, utilizou os recursos que seencontraban nesta zona, e tamén importantes hábitats do par-que natural, como a marisma e a chaira intermareal.

Page 53: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

53

Trátase dunha pequena charca de onde hai tempo se extraía obarro para fabricar as tellas e ladrillos que se cocerían nos catrofornos da tella que había nos arredores, nomeadamente o deCortiza e de Canosa.

Os fornos da tella foron unhaindustria local importante. Aquífacíanse tellas e ladrillos queviñan buscar os galeóns e despoislevaban a vilas como a de Noia.

As árbores que rodean a charcason as máis típicas dos bosques deribeira: os ameneiros e os sal-gueiros, acompañadas doutrasespecies vexetais como espada-nas, xuncos, etc.

É un espazo de grande interesepara numerosos anfibios queencontran aquí un pequeno oasisde auga onde viven ou depositanas súas postas, tales como a relacomún, que podemos ver gabean-do sobre algún xunco ou cana.

A man do home crea pequenos ecosistemas

Saíndo do punto de información de Olveira e ao pouco decomezar o noso percorrido descubrimos á nosa dereitaunha pequena lagoa colonizada por unha vizosa vexeta-ción acuática.

i

río do marcamiñocamiño dodo

Page 54: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

54

As especies exóticas ameazan o equilibrio ecolóxico

Unha das ameazas máis importantes procede da introduciónde especies exóticas, como o sapoconcho de Florida ou ascarpas vermellas. Moitos particulares cómpranos de críaspero, cando medran e son molestos na casa, abandónanossen seren conscientes do dano que provocan, pois son vora-ces depredadores e rompen a cadea alimentaria, poñendo enperigo a fauna autóctona. No caso de que queira desfacerse dun destes sapoconchosou de calquera outro animal exótico, debe chamar ao Centrode Recuperación de Fauna Salvaxe máis próximo para que llorecollan e así evitará crear un dano na natureza, ás veces moidifícil de solucionar.

Continuamos camiñando e deixamos á nosa esquerda oscamiños que parten cara ás leiras próximas.i

Seguimos camiñando e, á nosa esquerda, ao lonxe, podemos obser-var os distintos aproveitamentos agrícolas. O máis importante, encanto á superficie ocupada, é o millo, seguido das patacas.

No século XVIII, os principais cultivos no contorno eran o trigo, oliño, o centeo e o millo miúdo, que foron substituídos pouco apouco polos actuais.

A agricultura tradicional ten un grande aliado nas sebes

Tamén vive un curiosoréptil acuático, o sapo-concho común, declara-do eenn ppeerriiggoo ddee eexxttiinn--cciióónn no Catálogo Galegode Especies Ameazadas,que é o réptil máis ame-azado de Galicia.

Page 55: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

55

As sebes que os rodean teñen como funciónprincipal a separación entre as pro-piedades ou entre os usos quese fan a un lado e outrodelas, e son unha excelenteprotección fronte ao ventopara os cultivos, xa que fanque diminúa a súa intensida-de cando as atravesa. Ademais,constitúen importantes reservasxenéticas ao albergaren grandiversidade de especies queencontran aquí sitio paracriar, alimentarse e des-cansar. Moitas avesinsectívoras, como osferreiriños, teñen nestaspequenas illas un espléndidorefuxio.

Uns metros máis adiante o camiño bifúrcase e seguimos poloda dereita. Á altura da bifurcación temos unha boa vista sobrea marisma e a pequena illa de pedras que hai no medio.

i

No medio da marisma de Carregal hai unhas curiosas pedras,denominadas popularmente como as ppeeddrraass ddaa LLaaggooaa, sobre asque xira unha lenda arredor da pegada de Santiago Apóstolo e afigura do cabalo.

Conta a lenda que “...Santiago Apóstolo, co seu cabalo, atravesaa enseada de Corrubedo nun espectacular salto que vai desde oMonte da Cidá ás Pedras de Lavandeira e ás Pedras do Canal edesde aí a Corrubedo, quedando as pegadas reflectidas naspedras...”.

As pedras da lagoa encóntranse rodeadas dunha lenda

río do marcamiñocamiño dodo

Page 56: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

56

A marisma de Carregal foi utilizada desde sempre. Unha teste-muña dese uso son as canles que se dispoñen perpendicular-mente, formando unha especie de mosaico reticular. A razóndisto parece estar en que as canles foron navegables e até ofondo delas chegaban barcas a buscar as tellas e ladrillos dosfornos da tella.

Os animais e vexetais da marisma viven nunhas condicións moiparticulares, xa que se trata dun medio que está dominado polaauga salobre, resultante da mestura entre a auga doce que ache-gan os ríos (Longo, de Sirves e Sanchanás) e a auga mariña traí-da polas mareas e os temporais.

Ademais, a salinidade da marisma varía: diariamente, coa subidae baixada das mareas e tamén coas estacións, coas épocas demaiores chuvias e as máis secas.

Outro factor que se debe engadir a estas duras condicións é ofeito de que amplas extensións quedan ao descuberto longosperíodos de tempo durante o día.

Unhas condicións moi cambiantes para avida na marisma

Page 57: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

57

A marisma ten moito ambiente

A marisma é un medio onde se atopan tres ambientes bendistintos: as augas doces traídas polos ríos, as augas salga-das procedentes do mar e a terra firme sobre a que se desen-volve a marisma.A vexetación da marisma de Carregal está adaptada ás cons-tantes variacións de salinidade das súas augas. Os xuncos,xuncas, canas, herbas salgadas... danlle ese aspecto tancaracterístico á paisaxe da marisma: unha ampla chaira decor cinsenta e apagada, só atravesada por pequenos e lumi-nosos fíos azuis que discorren, inexorablemente, cara ao mar.Entre as canles rebole unha gran cantidade de vida animal:aves, mamíferos, peixes, anfibios, réptiles, invertebrados...Todos eles buscan alimento neste ecosistema.A riqueza biolóxica da marisma é moi elevada, sendo un dosecosistemas da Terra máis ricos desde o punto de vista dasúa produtividade ecolóxica.Moitos organismos utilizan a marisma como área en que ali-mentarse: distintos peixes como a robaliza ou a solla; as lar-vas de moitos peixes e crustáceos pasan esta fase na maris-ma; as aves migratorias atopan aquí o lugar en que alimen-tarse para despois continuaren a súa viaxe, e moitos insectosacoden tamén a ela no encontro de sustento.A súa elevada produ-tividade biolóxica, asúa importancia paraa supervivencia denumerosas especies ea diversidade dehábitats que se danconverten as maris-mas en áreas degrande importanciaecolóxica que temosque conservar.

río do marcamiñocamiño dodo

Page 58: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

58

Ao final do camiño observamos un grande salgueiro que nossorprende non só polo seu tamaño, senón polo sitio onde está.Curiosamente, no século XVI existía neste lugar un pequenobosque de salgueiros que desapareceu ante o avance da duna.Á nosa esquerda encóntranse restos da capa de turba quechega até a duna móbil e a gran chaira intermareal, ondeconflúen as augasdoces da lagoa coassalgadas do mar,nunha constantebatalla que cada ungaña e perde cadaseis horas.

i

A capa de turba é o testemuño da antiga extensión da lagoa e damarisma e do avance inexorable da duna móbil cara ao interiordo complexo.

A turba é un carbón vexetal formado pola compresión de mate-ria vexetal que se descompón en ausencia de oxíxeno.

A turba fálanos da evolución do parque natural

Page 59: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

59

Esta capa de turba data de hai varios centos de anos e é o teste-muño mudo das elevacións do nivel do mar, que fixeron migrar osistema dunar cara ao interior. A medida que se desprazaban asdunas cara ao interior, ían enterrando antigas marismas. As plan-tas destas marismas foron a materia vexetal que forma a capa deturba actual.

Non debemos pisar a capa de turba para non causar efectosnegativos sobre a súa conservación.

A chaira intermareal é o espazo da lagoa onde conflúen o mediodoce e o salgado, e que se encontra máis influenciado por ambos. Esta gran superficie de lama que queda ao descuberto na mareabaixa ten unha elevada riqueza biolóxica. A ela chegan gran can-tidade de sedimentos procedentes dos ríos e do mar, que traennutrientes que permiten manter unha importante fauna.

Abondosas aves limícolas aliméntanse de invertebrados como ocazulo, que vive enterrado formando unha estrutura subterráneaen forma de U. Este verme deposita na superficie pequenas acu-mulacións circulares de area e lama despois de pasaren polo seuaparello dixestivo e tomar a materia orgánica que estes materiaisarrastran e que é a súa fonte de alimento.

O carrán cristado é un típico visitante desta área, especialmentena época de paso nas súas migracións, que adoita tirarse desdeunha altura de tres ou catro metros para capturar pequenos peixes.

Unha chaira cunha gran riqueza biolóxica

río do marcamiñocamiño dodo

Page 60: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

60

Durante a baixada da marea,o mazarico curlí, o mazari-co rabipinto, o mazaricorabinegro e o pilro alimén-tanse nesta chaira, buscandoentre a lama pequenos inver-tebrados co seu bico.

Tamén as gaivotas encontran aquí un lugar de descanso. A gai-vota patiamarela é a máis abundante, pero tamén son frecuen-tes a gaivota escura e a gaivota chorona, sobre todo na épocainvernal, igual que o corvo mariño grande, que se mergulla nes-tas augas na procura de peixes.

Page 61: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

61

O parque natural é un bo lugar para a píllara das dunas

A píllara das dunas é unha limícola que conta cunha pequenapoboación reprodutora en Galicia que non supera as 70 pare-llas, sendo a do parque natural, con 12 parellas, unha das máisimportantes. Cría na parte superior da praia e deposita os ovosen pequenas depresións da area. O mimetismo desta ave e osseus ovos coa cor da area fan moi difícil distinguilos, polo quese ve moi afectada pola presión dos visitantes. A súa época decría coincide coa época de maior afluencia á praia, polo quenon só poden abandonar os niños ante a nosa presenza ou ade cans ceibos, senón que mesmo podemos pisar os niños, osovos e os pequenos polos sen darnos conta.

PPoorr iissttoo nnoonn ddeebbeemmooss ssoobbrreeppaassaarr aa áárreeaa ddee ccrrííaa mmaarrccaaddaa ee rreess--ppeeccttaarreemmooss ooss ccaarrtteeiiss iinnddiiccaattiivvooss ppaarraa qquuee ppooiiddaann ccrriiaarr ttrraannqquuii--llaa ee pprroossppeerraammeennttee.. DDee ttooddooss nnóóss ee ddoo nnoossoo aaddeeccuuaaddoo ccoommppoorr--ttaammeennttoo ddeeppeennddee oo ffuuttuurroo ddeessttaa eessppeecciiee nnoo ppaarrqquuee nnaattuurraall..

Desde aquí contemplamos en toda a súa magnitude a illa daFerreira e o conxunto de pequenas pedras que a rodean.Desde este punto regresamos sobre os nosos pasos gozandodunha nova vista do camiño, co impresionante macizo daserra da Barbanza no horizonte máis afastado.

i

río do marcamiñocamiño dodo

Page 62: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

62

As pedras e pozas que a marea baixa deixa ao descuberto aga-chan unha rica e diversa vida mariña. As pedras e pozas que amarea baixa deixa ao descuberto agachan unha rica e diversavida mariña. As pedras e pozas que a marea baixa deixa ao des-cuberto agachan unha rica e diversa vida mariña. As pedras epozas que a marea baixa deixa ao descuberto agachan unha ricae diversa vida mariña. As pedras e pozas que a marea baixa deixaao descuberto agachan unha rica e diversa vida mariña. Aspedras e pozas que a marea baixa deixa ao descuberto agachanunha rica e diversa vida mariña.

As pedras e pozas que a marea baixa deixa ao descuberto aga-chan unha rica e diversa vida mariña. As pedras e pozas que amarea baixa deixa ao descuberto agachan unha rica e diversavida mariña. As pedras e pozas que a marea baixa deixa ao des-cuberto agachan unha rica e diversa vida mariña. As pedras epozas que a marea baixa deixa ao descuberto agachan unha ricae diversa vida mariña.

A illa da Ferreira condiciona a dinámica dorío, do mar e do Carregal

Page 63: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

63

••PPaarrqquuee NNaattuurraall ddoo ccoommpplleexxoo dduunnaarr ddee CCoorrrruubbeeddoo ee llaaggooaass ddee CCaarrrreeggaall ee VViixxáánnCentro de recepción de visitantes «Casa da costa»15967 O Vilar - Carreira - Ribeira (A Coruña)Teléfono 981 878 532 - Fax 981 878 527

••SSeerrvviizzoo ddee CCoonnsseerrvvaacciióónn ddaa NNaattuurreezzaaEdificio Administrativo MonelosPraza Luís Seoane, s/n - 5ª planta15008 A CoruñaTeléfono 981 184 585 - Fax 981 184 654

••IInncceennddiiooss ffoorreessttaaiiss (Xunta de Galicia):: 085

••SSeepprroonnaa:: 062

••UUrrxxeenncciiaass:: 112

Teléfonos e enderezos de interese

Page 64: Camiños naturais do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán