c2201 r58610 012 113823.bk › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 ·...

21

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha
Page 2: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

Unidade1

12

» CONTIDOS

LECTURA E COMPRENSIÓN Bea para os amigos

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN A descrición

LÉXICO O corpo humano

LINGUA E SOCIEDADE As linguas do mundo

ORTOGRAFÍA A sílaba. Ditongos e hiatos

GRAMÁTICA A comunicación humana. A palabra

GRAMÁTICA TEXTUAL O texto. Propiedades textuais

LITERATURA Textos literaios e non literarios

Page 3: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

13

Formade grupos de cinco persoas e fixá-devos nesta imaxe.— Que vedes nela?— Que contido pensades que ilustra?— Que ideas vos suxire? Que preguntas

vos veñen á mente?— Realizade unha posta en común.

Rutina de pensamentoVEXO, PENSO, PREGÚNTOME

COMUNICACIÓN TÁCTILA comunicación táctil é espe-cialmente importante nos ani-mais sociais, sobre todo, entre os primates. Estes abrázanse, acaríñanse, empúrranse, mór-dense, bícanse, lávanse e lím-panse uns a outros… É unha forma de comunicarse que con-tribúe a establecer un domi-nio social e a fortalecer os lazos afectivos.

Sabías que a comunicación tác-til tamén inclúe os insectos?

As formigas lámbense e tócan-se continuamente para reforza-ren os seus vínculos sociais e a comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha fon-te de alimento volve ao enxa-me para avisar as compañeiras. Realiza unha danza en forma de oitos que as outras abellas se-guen; ademais, tocan a bailari-na e así esta transmítelles a dis-tancia e a localización exacta do alimento. Esta información pó-dese transmitir mesmo nunha escuridade total ou nun silencio completo.

Visión 360º

Page 4: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

14

LE

CT

UR

A E

CO

MP

RE

NSI

ÓN

Pepe Carballude

Pepe Carballude é profesor de Latín. Desde hai anos procura pasalo ben argallando historias que ás veces gus-tan e acaban sendo libros. Na súa obra, recoñecida con varios premios de sona, os lectores poden apreciar o seu senti-do do humor, a variada galería de perso-naxes e unha sensibilidade especial por temas sociais.

Antes de lerNesta lectura, Bea, a protagonis-ta, fala de tres ou catro detalles do seu aspecto físico, que non lle acaban de gustar, e mais da súa forma de ser.— Cales son os detalles do teu as-

pecto físico que destacarías? Como dirías que son? Por que destacarías eses e non outros?

— Como é a túa forma de ser?

Unidade 1 | Lectura e comprensión

Bea para os amigosChámome Beatriz, Bea para os amigos. E para todos, por suposto. Disque me puxeron ese nome porque resulta lírico e ademais porque se chamaba así a musa idealizada do poeta Dante, a que lle inspirou os máis fermosos versos. ¡Que pasada ter uns pais cultos! E os meus menos mal, que teño un compañeiro chamado Breogán en honor do mítico rei galaico, e dixéronme dunha Ximena, coma a muller do Cid Campeador. Así e todo ningún é comparable a Vespasiano, como se chama o fillo do profesor de latín do meu instituto. A

min póñenme ese nome e suicídome.

Mido un cincuenta e tres e peso sesenta e cinco quilos. É dicir, son pequena e gordiña. A mamá di que non, que a mellor fermosura é a que non se ve. Pero eu ben sei que fala

así para consolarme e que non me traumatice. Tampouco quero ser a típica modeliño de pasarela, talle trinta e seis. Non é iso. Pero o meu é demasiado. Se vou de pantalón, parezo o boneco de Michelín, coas graxas saíndo por fóra, arredor da barriga, coma un

flotador. Pola contra, cando poño saia, vénseme unhas enormes pernas gordas coma dúas columnas de Hércules. Por riba, musculosas e duras igual cás dun futbolista. E ademais son

peluda. Niso tiro a meu pai. A dicir verdade, teño pelos por todo o corpo. Pero os que máis me amolan son os das axilas e mais os das pernas. A mamá quíxome facer a depilación eléctrica porque disque os pelos non volven saír ou tardan moitísimo. Pero dixéronlle que aínda son moi nova e que debo agardar. Así que non me queda máis remedio que achantar. Canto máis me depilo, máis pelos me saen. Por usar un principio matemático que clarifique as cousas: os pelos das miñas pernas son directamente proporcionais ás depilacións realizadas.

Así é que no verán case me depilo cada semana. Do contrario non podo ir á praia ou teño que estar sempre na auga, sen saír. Imos a sitios lonxe da casa para non bater con xente coñecida e, aínda así, sempre aparece alguén. Un día atopei varios colegas do instituto que, ó verme, quedaron abraiados. Miña nai dixo que non era por min, pero eu ben vin como rían polo baixo, tentando disimular. Non pisei ningunha praia polo menos durante un mes.

O que mellor lle senta ó meu tipo de foca nova é o chándal. Non un chándal normal, senón catro talles máis grande. Teño varias mudas e así vou tirando. Pero tampouco me gusta abusar do chándal porque parezo a profesora de ximnasia, que non usa

outra roupa. Iso era o de menos. O malo é que ela ten un corpo perfecto e ademais baila nun grupo de danza, e eu…

Page 5: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

15Lectura

O meu físico aínda resulta máis horrible cando vou con Isa, a miña mellor amiga. Ela si que é guapa: alta, delgada, ollos verde mar… ¡Unha modeliño, vaia! As dúas xuntas parecemos a Bela e a Besta. A min dáme apuro, pero a Isa non lle importa andar comigo. Dime que non barrene, que me deixe de tolerías obsesivas, que son unha persoa normal e que teño moitos valores. Pero eu non son parva e esoutro día souben que para moitos xa non son Bea, nin sequera Beatriz, senón a gordiña de 2.º B.Ademais diso, amais de ser gordiña e peluda, tamén teño lunares na cara con pelos, talmente coma unha bruxa. A mamá, para quen son a rapaza perfecta, non para de dicir: «Persoa aluarada, ou moi afortunada ou moi desgraciada». E conclúe que os meus lunares son a proba manifesta dun futuro prometedor, algo así coma o anuncio dunha fulgurante estrela de cine ou un meteórico astro da canción.Cando eu lle contesto que tamén pode querer dicir o contrario, é dicir, que son unha desafortunada, sen sorte, ela ponse carraxenta e chámame desagradecida. Coa mesma, ceiba unha lista de cousas polas que me debo sentir orgullosa: unha familia que me axuda e me quere, unha chea de amigos que me buscan, unha irmá marabillosa, unhas fabulosas calidades para a interpretación… Todo iso é certo, pero de que me vale se dou noxo. Aínda non sei como teño tantos amigos, porque tampouco son simpática. Cáiolle ben á xente, iso si, pero máis nada. E agora que o penso, o motivo de caer ben débese a que tento ser boa compañeira, déixolle os apuntes a quen mos pide, non ando a acusar das falcatruadas dos demais nin tampouco me dou a lucir de que sei moito. Nada diso. Estou no meu sitio e punto. Por iso sempre me escollen para delegada de curso. Eu digo que non quero ser, pero, no fondo, gústame porque é un honor. Polo menos a min parécemo. Xa me diredes se non é un fito histórico que saia elixida como representante de curso unha rapaza gorda e fea coma min, peluda e con lunares na cara. O normal sería que liscasen da miña beira, que se mosqueasen, pero non. Vótanme case todos e para min é un exitazo.Menos mal que non teño grans. Nin grandes nin pequenos. Polo menos iso é un consolo. Un consolo cativo, pero un consolo despois de todo. Coido que a falta de grans e mais o compañeirismo son as únicas dúas cousas positivas que teño. ¡A ver se vai ser certo o que se di de que non hai nada malo que non teña algo bo! * * *A avoa Carme abrazou contra si a neta e rosmoulle ao oído: «Non fagas caso, que es preciosa. Eu era coma ti e tiña todos os mozos da parroquia detrás miña». Coa mesma deulle unha choscadela de complicidade.—Grazas, avoíña. Ti si que es un ceo —díxolle Beatriz, feliz de atopar na avoa a compañeira de sempre, a confidente das súas teimas de adolescente.Os ollos morriñentos da avoa Carme cobraron vida. As historias estarrecedoras de lobos adoecidos, de ánimas en pena, as aventuras de Bertoldo, Bertoldino e Cacaseno, as fábulas de animais e outros contos narrados por ela á hora de durmir deron o seu resultado. Sentíase satisfeita.—É un relato moi bonito, Beatriz —díxolle.—De veras? Gústache?—Claro. Escribes moi ben. Ademais interésame moito todo iso que dis. Os trece anos son os máis bonitos. ¡Quen me dera a min volver aos trece anos!Beatriz deulle un bico e, de camiño, despediuse coa promesa de volver ao día seguinte onda ela para acompañala e para rememoraren xuntas un pasado do que agora se sentía debedora.

Pepe Carballude, Miña avoa ten 13 anos, Ed. Tambre

Page 6: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

Elementos descritos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Técnicas descritivas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Valoración positiva ou negativa: . . . . . . . . .

Elementos descritos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Técnicas descritivas: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Valoración positiva ou negativa: . . . . . . . . .

LE

CT

UR

A E

CO

MP

RE

NSI

ÓN

16

#Técnicasdeaprendizaxe

Técnica literaria: a descrición

Facer unha descrición é ex-plicar como é unha persoa, un obxecto, un lugar...

En toda descrición hai sem-pre uns elementos descritos (son substantivos) e unhas técnicas descritivas (poden ser adxectivos, compara-cións, personificacións, me-táforas...).

unidade 1 | Despois de ler

Comprensión

1. Relaciona estas palabras da lectura co seu significado.

lírico - musa - mítico - traumatizar - aluarada - meteórico - fulgurante

• Moi rápido: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Producir unha impresión intensa e duradeira no subconsciente dunha per-soa: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Inspiración: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Que destaca pola súa rapidez ou a súa calidade: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Que ten relación cun mito: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Poético: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Con lunares: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Responde estas preguntas:

• Por que á protagonista lle puxeron o nome de Beatriz?

• Que opina ela do seu nome?

• Que pensa doutros nomes como Breogán, Ximena ou Vespasiano?

3. Completa un cadro coma este sobre a descrición que fai Bea de si mesma.

— Fai unha listaxe das calidades positivas e negativas que ten Bea.

4. O texto pode dividirse en catro partes. Indica o contido de cada unha e as liñas que abrangue.

Despois de ler

Partes Contido Liñas

Primeira O nome de Bea… . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Aspecto físico Forma de ser

Reflexión

5. Por grupos, respondede estas preguntas:

— Que opinión ten Bea do seu aspecto físico? E da súa forma de ser?

— Credes que Bea ten unha boa autoestima? Por que? Para responder, tede en conta o que anotastes cada un na listaxe de calidades positivas e negativas da actividade 3 e a información desta web

— Bea basea a súa autoestima no seu aspecto físico. Credes que fai ben pensando así? Por que?

— Pensades que o aspecto físico é o único importante para ter unha boa autoestima? Que outros aspectos importan máis que o físico?

6. Tendo en conta a análise que fixestes da autoestima de Bea, pensade e expoñede oralmente se credes que tedes unha boa autoestima ou non. Achegade razóns que xustifiquen a vosa exposición.

Investigación

7. Por grupos, entrade en www.google.es e indagade quen foron Dante, Breogán, Ximena, o Cid Campeador, Vespasiano e Hércules.

— Elaborade unha ficha de cada un onde incluíades a época na que viviu, feitos polos que pasou á historia, unha anécdota relacionada con cada un.

http://www.slideee.com/slide/a-autoestima

Page 7: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

17

OB

RA

DO

IRO

DE

EX

PR

ES

IÓN

Obradoiro de expresión

A descriciónComo xa sabes, describir consiste en dicir como é unha persoa, un animal, un obxecto, un lugar...

As descricións pódense clasificar segundo varios criterios:

Para facer unha descrición cómpre seguir estes pasos:

1. Observar atentamente o que se vai describir.

2. Escoller os elementos máis relevantes do que se vai describir.

3. Anotar como é cada un deles.

4. Elaborar a descrición colocando os elementos por orde.

1. A lectura Bea para os amigos é unha descrición. Di de que tipo é segundo os catro criterios anteriores.

— Sería unha prosopografía, unha etopea, un retrato ou unha caricatura?. Razoa a tua resposta.

2. Imaxina esta situación:

Vas ir pasar uns días á casa duns tíos teus que viven lonxe e aos que non ves desde que eras moi pequeniño. Os teus pais tiveron ansia de mandarlles fotos túas, pero xa hai como dous anos que non lles enviaron ningunha e, desde aquela, cambiaches moitísimo. Recoñecerante cando te vexan?

— Elabora unha prosopografía túa para que eles te poidan recoñecer cando te vaian buscar ao tren.

3. Entras por primeira vez nun foro en Internet e de-bes presentarte. Escribe a presentación que farías incluíndo a túa etopea.

4. Bótalle sentido do humor e fai a túa propia caricatura nun debuxo e, debaixo del, por escrito.

— Facede unha exposición de todas as caricaturas e comentádeas.

5. Elabora unha descrición obxectiva e outra subxecti-va do teu animal preferido.

6. Adiviñamos obxectos: elixir un obxecto, anotar como é e para que serve, e redactar a súa descrición.

— Lerlle a descrición ao resto da aula para que adi-viñen de que obxecto se trata.

7. Imaxina que ves pasar un automóbil antigo que che encanta. Elabora a súa descrición dinámica.

8. Realiza dúas descricións da paisaxe de arriba que cumpran estas condicións:

•Unhadebeserdotodoáparteeobxectiva.

•Aoutradebeserdaparteaotodoesubxectiva.

Act

ivid

ades

REPARA! Adoitamos distinguir varios ti-pos de descrición de persoa:

• Prosopografía: descríbese o aspecto físico da persoa.

• Etopea: a descrición céntra-se na forma de ser da persoa (psicoloxía, trazos morais, ca-rácter, costumes...).

• Retrato: a descrición atende ao aspecto físico e mais á for-ma de ser da persoa.

• Caricatura: descríbese o aspecto físico e/ou a forma de ser dunha persoa de forma moi esaxerada.

Segundo o elemento descrito Segundo o punto do vista do autor

As descricións poden ser:

• De persoa.

• De animal

• De obxecto.

• De lugar, tamén chamada topografía.

A descrición pode ser:

• Obxectiva: o autor informa do que ve, sen dar opinións persoais.

• Subxectiva: o autor céntrase nos aspectos que lle interesen e dá a súa opinión.

Segundo a orde espacial elixida Segundo a técnica adoptada

Hai dúas posibilidades:

• Do todo á parte: comézase cunha visión global e despois céntrase en aspectos concretos.

• Da parte ao todo: empézase por algún detalle e amplíase ata dar unha visión global.

A descrición pode ser:

• Estática: o autor elabora a descrición obser-vando o elemento descrito.

• Dinámica: o autor vai describindo o elemen-to segundo o vai descubrindo.

Page 8: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

XIC

O E

SE

NT

ICA

18 unidade 1 | Léxico e semántica

As partes do corpoNa lectura, Bea fálanos das súas partes do corpo que máis destacan, positiva ou negativamente. Deseguido, tes unha serie de actividades coas que afondaremos no campo semántico das partes do corpo.

1. Busca na lectura o nome das partes do corpo que cita Bea e cópiaos.

— Sinala, deseguido, se están na cabeza, no tronco ou nas extremidades.

2. Relaciona as partes sinaladas.

fronte beizos

meixela cara

pestana fazula

tempa testa

labios sen

rostro perfeba

4. Completa a palabra correspondente a cada defini-ción.

•Partedocorpoqueuneacabezacotronco.

_ e _ _ _ z _

•Partedocorpoqueuneotroncoeobrazo.

o _ b _ e _ _ o

•Partequeuneobrazocoantebrazo.

c__ad_

•Cadaunhadaspartescarnosaseredondeadassi-tuadasnapartemáisbaixadolombo.

n_d_g_

•Partedapernaquevaidesdeacadeiraataoxeon-llo.

c _ x _

•Dedosdospés.

_ e _ as

5. Busca na sopa de letras o nome das partes sinaladas.

6. Explica as coincidencias e as diferenzas de signifi-cado entre as series de palabras. Bota man do di-cionario.

•barriga,abdome,ventre.

•seo,teta,peito,mama.

7. Indica con que parte do corpo está relacionado cada substantivo. Axúdate do dicionario.

sorriso-aperta-chiscadela-salto-choro

— Agora di con que parte do corpo está relacionado cada verbo.

asoar - bocexar - trabar - rañar - asir

Act

ivid

ades

fronteacvfgtrz

ccostassxcxila

dacghjiaiamoce

embigonxedrtri

nturntsiqrstax

swqasuoltincvo

cinturaaesswqa

sdaxawqvsdojku

il

mocsxaxisvfg

1

6

7

8

9

1 0

2

3

4

5

1 62 3 4 5

Page 9: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

19Léxico e semántica

XIC

O E

SE

NT

ICA

A formación de palabrasXa sabes que as palabras coa estrutura máis sinxela están compostas unicamente por un lexe-ma e morfemas de xénero, número… Por exemplo: alta = alt- + -a. Estas palabras reciben o nome de palabras simples.

A partir do lexema dunha palabra simple podemos crear palabras novas mediante tres procede-mentos: a derivación, a composición e a parasíntese.

— Observa o esquema sobre os procedementos de formación de palabras.

A palabra alta está formada por un lexema, portador de signifi-cación léxica, e morfemas de xénero e número que marcan o significado gramatical.

Formación de palabras

Derivación

Consiste en engadirlle morfemas derivativos (pre-fixos ou sufixos) a unha palabra simple.Palabra derivada Prefixo Lexema Sufixo

libreiro libr- -eirodesfacer des- facer

Consiste en unir dous ou máis lexemas.

Palabra composta Lexema Lexema

pasamáns pasa manssacarrollas saca rollas

Consiste en combinar derivación e composición, é dicir, en unir dous lexemas e un morfema derivati-vo (un sufixo).

Palabra parasintética Lexema Lexema Sufixo

paraugueiro para augu- -eironorteamericano norte americ -ano

Composición

Parasíntese

1. Identifica a palabra simple que hai en cada serie. Xus-tifica a túa resposta.

A: desfacer - desastre - desconfiar - descoser

B: cariña - casiña - mesiña - cociña

C: homazo - golpazo - balonazo - cabazo

D: prezar - predispoñer - previr - predicir

E: armamento - pemento - casamento - pasamento

F: inútil - inabordable - inabarcable - inar

2. Sinala os constituíntes destas palabras e indica o procedemento de formación empregado.

ombreiro - pasamáns - centrocampista - desvantaxe surafricano - vacaloura - vagalume - inmortal

fermosura - humidade - xordomudez

Ombreiro: ombr- (lexema) + -eiro (sufixo). Procedemento: derivación.

3. Escribe dúas palabras derivadas a partir destas sim-ples.

pan - flor - mesa - pé - campo - terra - árbore - cor

4. Escribe todas as palabras compostas que poidas unindo estes dous grupos de lexemas.

raios augas montes rollas

meta moas costas brisas

garda saca para

Act

ivid

ades

Page 10: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

20

LIN

GU

A E

SO

CIE

DA

DE

Unidade 1 | Lingua e sociedade

As linguas do mundoSe che pedisen que anotases todas as linguas que coñeces, cantas darías anota-do? Dez? Quince? Pois quedarías ben lonxe da cifra real de linguas censadas no mundo ata o de agora: case 7 000!

Si, a humanidade dispón de arredor de 6 800 maneiras diferentes de se comuni-car, un tesouro do que non somos conscientes, xa que o 95 % da poboación fala só un 5 % delas. Xa te decatarías de que esta torta non che está moi ben reparti-da! E esta desproporción aumenta porque os lingüistas constataron que máis da metade están ameazadas de desaparición inminente. De feito, a UNESCO asinou un documento en 1996 no que se promoven e defenden os dereitos das linguas ameazadas.

Debemos recordar que unha lingua é máis ca unha ferramenta de comunicación; é tamén o sinal de identidade dun pobo, que alberga a súa cultura, a súa memo-ria, a súa maneira de vivir e de relacionarse co seu medio.

As linguas presentan trazos comúns que nos permiten agrupalas en familias. Neste mapa podes ver as linguas que se falan no mundo e as familias lingüísticas.

1. Di onde se falan estas linguas. Podes botar man do mapa anterior ou buscar en Internet:

Hindi: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Lapón: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Usbeco: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Arameo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Suahili: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Frisón: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Yiddish: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Bretón: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

— Indica en que familia lingüística se inclúe cada unha.

2. Xa te decatarías de que algunhas das linguas da acti-vidade 1 se falan en máis dun estado. Anota cales.

3. Indaga e di como se di ola! nestas linguas.

árabe - francés - xaponés - turco - español - chinés éuscaro - portugués - grego - hindú - inglés

4. Xogando cos faraóns! Velaquí un cadro coas corres-pondencias entre o noso alfabeto e os xeroglíficos exipcios.

— En grupos de catro, elaborade mensaxes para que descifren os outros grupos.

REPARA! Que estraño é habitar un lu-gar monolingüe! As frontei-ras políticas pouco teñen que ver coas falas dos pobos que se esparexen sen teren en conta linde ningunha. Non hai máis que fixarse no gale-go: sabías que moitos luga-res de Asturias e de Castela, mesmo algún de Estremadu-ra son galegofalantes?

Canto aos Estados, has de saber que só Islandia, Dina-marca ou Liechtenstein son monolingües; mentres, Ni-xeria ou Papúa Nova Guinea contan con arredor de 500 e 800 linguas cada un.

Act

ivid

ades

N

0 6 000 km3 000

XermánicasRománicasEslavasOutras

AltaicaUraliana

AfroasiáticaAfricana

Sino-tibetanaCoreano-xaponesaMalaio-polinesia

AmerindiaAustralianaOutras

Linguas indoeuropeas

A B C D E F G

H I L M N Ñ O

P Q R S T U V

X Z

Page 11: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

21Gramática

A sílabaUnha sílaba é cada un dos golpes de voz que damos ao pronunciar unha palabra.

— Observa as sílabas que forman estas palabras:

man xa - ba - ril có - ba - do te - lé - fo - no

Nas palabras con máis dunha sílaba, sempre hai unha que se pronuncia con maior intensidade. Esta sílaba chámase sílaba tónica e as demais, sílabas átonas.

— Pronuncia as catro palabras anteriores e di cal é a sílaba tónica de cada unha.

As palabras clasifícanse segundo o número de sílabas en monosílabas (unha sílaba), bisílabas (dúas sílabas), trisílabas (tres sílabas) e polisílabas (catro ou máis sílabas).

— Clasifica as catro palabras anteriores segundo o número de sílabas.

Ditongos e hiatosUn ditongo é a unión de dúas vogais que pertencen á mesma sílaba.

cien - cia cou - sa frau - ta mo - rei - ra

Na nosa lingua temos os seguintes ditongos: ai, au, ei, eu, oi, ou, ia, ie, io, iu, ua, ue, uo, ui.

Un hiato está formado por dúas vogais seguidas que pertencen a distinta sílaba. O hiato prodúcese en tres casos:

— Cando aparecen seguidas dúas vogais abertas: to - a - lla, xe - on - llo.

— Cando aparecen seguidas unha vogal aberta e unha pechada e esta última é tónica, por iso leva acento gráfico: ca - í - da; Ma - rí - a.

— Cando aparecen seguidas dúas vogais pechadas e a segunda é tónica, por iso leva acento gráfico: mi - ú - do, mu - í - ño.

1. Separa en sílabas as palabras deste fragmento da lec-tura inicial.

Chámome Beatriz, Bea para os amigos. E para to-dos, por suposto. Disque me puxeron ese nome porque resulta lírico e ademais porque se chama-ba así a musa idealizada do poeta Dante, a que lle inspirou os máis fermosos versos. ¡Que pasada ter uns pais cultos!

— Clasifica as palabras anteriores en monosílabas, bi-sílabas, trisílabas ou polisílabas.

— Deseguido, clasifica as que teñan ditongo ou hiato.

• Ditongo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Hiato: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Sustitúe a vogal destacada de cada palabra por un ditongo ou un hiato e crea unha palabra nova.

vivo (h) mudo (h) bo (d) moto (d) suco (d) fato (d)

3. Escribe dúas palabras con cada ditongo e con cada hiato.

Ditongo: ai, eu, ou, ia, ue

Hiato: ae, oa, eo, ía, aú, uí

— Deseguido, inventa un texto no que inclúas a me-tade das palabras escritas. Extensión mínima: dez liñas.

3. Ditado.

Conto tráxico

Arrincárona da súa terra con armas afiadas e pola forza. Le-várona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.

Despois, collérona á parte, esfolárona, cortárona en cachiños parellos e guindárona en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.

—Queres ketchup nas patacas?

Uxío Broullón

A palabra xabaril ten tres sílabas.

REPARA! • Vogais abertas: a, e, o

• Vogais pechadas: i, u

Act

ivid

ades

OR

TO

GR

AF

ÍA

Page 12: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

22

GR

AM

ÁT

ICA

Unidade 1 | Gramática

A comunicaciónComunicar consiste na transmisión de información (ideas, opinións, sentimen-tos…) entre un emisor e un receptor mediante a fala, a escritura e os signos.

A comunicación é a máis básica e vital das necesidades do ser humano. Mesmo para se alimentar, desde tempos prehistóricos, o ser humano tivo que entenderse e cooperar con outros.

Cando a comunicación se realiza por medio da linguaxe falada ou escrita, fala-mos de comunicación verbal. Esta é exclusiva dos seres humanos e a forma de comunicación máis importante nas súas sociedades. Cando a comunicación se realiza por medio de xestos, imaxes, sons… estamos a falar de comunicación non-verbal.

Na comunicación interveñen distintos elementos:

Observa o seguinte exemplo:

Código: o sistema lingüístico que se emprega para establecer a comunicación (lingua galega, lingua escrita, sistema de signos…).

Canle: o medio a través do cal se establece esa comunicación (ondas do aire, carta…)

Mensaxe: a información que se transmite.

Contexto: todo o que rodea o acto comunicativo.

Emisor: persoa que emite a información. Receptor: persoa que recibe e interpreta a información.

O emisor é un rapaz que se dirixe a unha pícara (o receptor) facén-dolle unha pregunta en castelán. El está de pé, coas mans nos petos e a nena, tamén de pé, escoita e contéstalle ao mozo. Non dispoñe-mos de máis datos para establecer con máis precisión este contexto. A canle que empregan para comuni-carse son as ondas do aire e o có-digo é a lingua galega oral e mais a lingua castelá oral. A conversa que se establece é a mensaxe.

REPARA! O que unha persoa pensa é importante, pero éo máis a capacidade de transmitir os nosos pensamentos e senti-mentos.

REPARA! Entre o sesenta e o sententa por cento do que comunica-mos facémolo mediante a linguaxe non-verbal, é dicir, xestos, aparencia, postura, mirada e expresión.

Page 13: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

23Gramática

A palabraA palabra é unha unidade lingüística con significado completo e independente. Unidade básica, pode illarse e pronunciarse independentemente e constituír, en si mesma nun enunciado; por exemplo: chove, can, cama, ven…

Estrutura

Como xa sabes, as palabras están compostas por lexemas e por morfemas.

Lembra que os lexemas son as partes da palabra, invariables, que conteñen o seu significado básico. Constitúen o núcleo ou raíz da palabra. Por exemplo: pan, paxaros, cantamos, mulleres, formalidade.

Os morfemas son elementos que se pegan ao lexema, variables, que proporcio-nan o seu significado gramatical (paxaros, meniña, bailamos) ou que o transfor-man (valoroso, hipermercado). É dicir, existen dous tipos de morfemas:

Morfemas Flexivos: Non cambian o significado básico da palabra.

Morfemas de xénero: indican se a palabra é masculina ou feminina (nena).

Morfemas de número: indican se a palabra é singular ou plural (ne-nas).

Desinencias verbais: indican o tempo, a persoa e o modo en que está o verbo (falamos).

Derivativos: Mudan o significado básico das palabras e crean outras.

Prefixos: van antes do lexema (pre-mamá).

Sufixos: van despois do lexema (xardin-ería).

Clases de palabras ou categorías gramaticais

Se temos en conta as posibilidades ou non de variación das palabras, distingui-mos dous grupos:

— Palabras flexivas ou variables:

Substantivos: home, man, pé, coello, xirafa, felicidade...

Adxectivos: alto, marabillosa, cálida, agradable, útil, difícil...

Artigos: o, a, os, as, un, unha, uns, unhas.

Pronomes: este, aquela, meus, vosos, catro, primeiro, algún, todos, nada...

Verbos: cantar, durmir, doer, enredar, fuxir, meter...

— Palabras non-flexivas ou invariables:

Adverbios: cedo, onte, aquí, lonxe, ben, non, abofé...

Preposicións: canda, onda, por, en, de, a, desde, ata...

Conxuncións: que, e, pero, aínda, malia, porque, pois...

— Escribe dous exemplos máis para cada tipo de clase de palabras ou categorías gramaticais que acabas de ver.

Gr

AM

át

iCA

rEPArA! As clases de palabras ou categorías non sempre coin-ciden co seu significado. É dicir, non todas as palabras que expresan cantidade son adverbios nin todas as que expresan unha calidade son adxectivos.

Page 14: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

24

GR

AM

ÁT

ICA

Unidade 1 | Gramática

A COMUNICACIÓN 1. Sinala en cales destes exemplos existe comunicación:

• Xan rega as plantas.

• María escríbelle unha carta ao seu mozo.

• Os fillos poñen a mesa para a cea.

• Pedro recibiu un sms de seu curmán.

• Envíolle unha fotografía por wahtsapp a meu tío.

• A profe pregúntame algo pero eu estou mirando pola ventá e non contesto.

2. Clasifica na columna correspondente os seguintes actos de comunicación.

• Saudar coa man un coñecido.

• Recibir unha tarxeta de felicitación polo aniversario.

• Contarlle o argumento dunha película a teu pai.

• Pedir unha cita médica por teléfono.

• Enviarlle un correo electrónico a alguén.

• Recibir un bico.

• Berrarlle a un árbitro.

3. No texto «Bea para os amigos» que encabeza a unidade, Bea é a emisora. Intenta completar o resto de elementos que interveñen na comunicación.

Receptor: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Mensaxe: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Canle: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

4. Indica cales son os elementos da comunicación na seguin-te viñeta:

5. Fíxate nas imaxes seguintes e explica, por escrito e des-pois verbalmente, o problema de comunicación que reflic-ten.

A PALABRA 1. Clasifica as seguintes palabras en variables e invariables.

senón . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . chándal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

perna . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . perfecto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

máis . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . porque . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

min . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . treboada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

auga . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . catro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

todo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . depilar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Separa os morfemas que atopes nas seguintes palabras e indica o significado que achegan:

Bico: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Significado: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Lareira: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Homes: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Soñabamos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Xornalístico: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Apalabrar: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Anticorrupción: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Parrulo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Morriña: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3. Busca na lectura tres exemplos de cada clase de palabra.

Act

ivid

ades

Comunicaciónverbal

Comunicaciónnon-verbal

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

+

Page 15: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

25Gramática textual

GR

AM

ÁT

ICA

TE

XT

UA

L

O texto. Propiedades textuaisO texto é unha unidade lingüística que ten sentido completo e que cumpre unha función comunicativa como pode ser a de informar, a de persuadir, a de solicitar…

Pode ser oral ou escrito e estar constituído por unha soa oración, por exemplo, onde vai actuar Pedro Brandariz?, ou por varias. Neste caso, organízanse en pa-rágrafos que van separados por puntos e á parte.

Os requisitos imprescindibles para que poidamos falar de texto, tamén denomi-nados propiedades textuais, son a cohesión, a coherencia e a adecuación.

A cohesión refírese ao conxunto de recursos que permiten vincular unhas oracións con outras para conseguirmos unidades máis grandes como os parágrafos. Entre estes recursos encóntranse a puntuación, os conectores (entón, así que, pero, aínda que…), os sinónimos etc.

A coherencia refírese á organización da información no texto de maneira que teña sentido e que se perciba como unha unidade temática. É dicir, debe estar organizada de xeito lóxico, non resultar contraditoria, ser clara…

A adecuación refírese ao feito de que o texto debe ser axeitado á situación comunicativa na que se produce. Quere isto dicir que cómpre ter en conta o tema, os destinatarios aos que vai dirixido e tamén o contexto que rodea o acto comunicativo.

1. Le as liñas seguintes:

Teño que facerlle un papel presentándome para o director do Mar de laranxas o programa de te-levisión ao quero ir. Empezo: «Meca! Non sei non sei non sei que vou dicir. Eu que sei, eu que sei. Son un traballador autóctono, son o meu xefe. Son amante das laranxas. Quero ir de viaxe vacacional, non teño cartos nazín no ano 2000. En Ourense, chámome Xoán e nunca fun a Londres. Esquezo dicir que non me gusta a froita. Estou solteiro e teño moitas ganas de ir en abión. Mecago no mun-do! non me gusta nada falar de eu mesmo».

— Cres que constitúen un texto? Por que?

— Que erros atopas nelas?

— Mellórao!

2. Separa en parágrafos o seguinte texto.

O tempo foi pasando. As follas do carballo seca-ron e comezaron a caer a un e outro lado do muro, alleas a calquera prohibición. Chegou o inverno, e con el a chuvia e o frío. Diana e Miguel seguían acudindo cada tarde á gran árbore, aínda que o único que facían era corricar polo campo para non quedar aterecidos. Como goarda permane-cía acochado na súa garita, ás veces atrevíanse a arrimarse ao muro e apoiaban nel as palmas das mans. «Seguro que, agora mesmo, Clara está a fa-

cer o mesmo ca nós», afirmaba Diana. E pechaban os ollos para, aínda que só fosen uns momentos, esquecer a barreira que os afastaba e sentir que os tres continuaban xuntos. O muro.Agustín Fernández Paz, «O muro» en Educación para a paz III. Ed. Xerais.

3. Ordena este conto popular.

Entonces dille o cura:—Mire, señor cura, o outro día ao pasar por diante da cancela da eira dun veciño vin un cabrito moi bo e quíxeno coller, pero como a cancela da eira estaba pechada, non o puiden coller.—Está ben, logo. Xa lle traerei o pesiño.—Ai, fillo, a intención xa abonda para pecar!Canto valería o cabrito?O paisano foi á casa buscar o peso pero, en vez de darllo pola porta, dáballo pola reixa das mulleres.—Señor, andaría polo peso.—E, en vista de que non cabía por ela, dille o pai-sano ao cura:—Ai señor cura, a intención abonda; tampouco o cabrito coubo pola cancela.Unha vez había un paisano que se foi confesar e díxolle ao crego:—Pois tes logo que traerme un peso para descargar unha misa polas benditas ánimas do Purgatorio. De non ser así, non che podo botar a absolución.

Act

ivid

ades

Pedro Brandariz.

propiedades do texto

coherencia cohesiónadecuación

Page 16: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

26 Unidade 1 | Literatura

O texto literarioA literatura é a arte que utiliza como instrumento a palabra, tanto para comunicar como para obter pracer a través da súa beleza.

— Le estes dous textos co mesmo contido: a néboa.

— Marca cun X as características correspondentes a cada texto.

LIT

ER

AT

UR

A

Texto non-literarioNéboa: fenómeno meteorolóxico consistente en nubes moi baixas, a nivel do chan e formadas por partículas de auga moi pequenas en suspensión. A maior parte das néboas prodúcense ao se evaporar a humidade do chan, o que pro-voca o ascenso de aire húmido que ao arrefriar condensa dando lugar á forma-ción destas nubes baixas.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Néboa

Texto literarioPanos brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valina outa que os acolla i os faga acougar!

Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!

Uxío Novoneyra

A néboa cobre o humidal de Cecebre.

REPARA! • Denotación: é o significa-

do básico dunha palabra, común para todos os falan-tes dunha lingua por care-cer de subxectividade.

• Connotación: sentido ou valor secundario que unha palabra adopta por asocia-ción con outras ideas.

CaracterísticasTexto

non-literarioTexto

literario

Ten unha finalidade práctica, pretende informar ou ensinar.

A linguaxe é connotativa, é dicir, pode suxerir-lles aos lectores diferentes ideas, sensacións...

Presenta a mensaxe de forma subxectiva, xa que vemos a realidade a través do punto de vis-ta do autor/a.

A linguaxe é denotativa, isto é, clara, precisa e sen ambigüidades.

Presenta a mensaxe de forma obxectiva, sen in-troducir valores afectivos ou persoais.

A súa finalidade é estética, busca crear beleza e conmover o lector/a.

Page 17: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

27Literatura

Podemos concluír que o texto literario é un acto de comunicación cunha finalida-de estética. Os textos literarios caracterízanse ademais por presentar un mundo subxectivo, de ficción, onde todo é posible e por utilizar a linguaxe dunha ma-neira especial, na que predominan a connotación e o uso de diferentes recursos estilísticos.

Elementos da comunicación literariaAo lermos calquera texto literario, estamos a facer efectivo un acto de comuni-cación literaria, que presenta os mesmos elementos ca calquera outro acto de comunicación humana: un emisor, un receptor, unha mensaxe...

Os xéneros literariosDistínguense estes tres xéneros literarios principais:

LIT

ER

AT

UR

A

EmisorO autor ou autora da obra, que transmite unha mensaxe median-te a lingua literaria.

ContextoAs circunstancias persoais, so-ciais, históricas… que rodean e condicionan o acto de comunica-ción literaria.

Mensaxe

O contido do texto, o que o emisor/a quere transmitir.

CanleO medio material a través do que se transmite a obra. Pode ser un libro ou outras canles (o aire, se é un recital, Internet…).

CódigoA lingua literaria que usou o emisor/a. Esta dispón dunha serie de xéneros e recursos que facili-tan a expresión do autor/a.

ReceptorA persoa que le a obra, que a oe se esta é recitada ou que a ve e a oe se é representada.

Xénero Características

NarrativoInclúe os textos nos que un narrador conta unha historia que lles sucede a uns personaxes nun lugar e nun tempo determinados.

LíricoContén textos, escritos en verso, onde destaca a expre-sión dos sentimentos, o ritmo e o valor connotativo da lingua.

DramáticoAcolle textos que contan unha historia mediante o diá-logo entre os personaxes. O seu fin adoita ser a repre-sentación nun escenario.

Page 18: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

28 Unidade 1 | Literatura

1. Le a definición de coello e inventa un texto (conto, poema...) que teña como protagonista este animal.

Coello. s. m. Mamífero da fami-lia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas ca as de diante que vive en estado salva-xe e tamén se cría como animal doméstico para aproveitar tanto a súa carne como a súa pel e do que existen varias especies.

www.realacademiagalega.org

— Lelle o teu texto ao resto dos compañeiros.

— Comentade as semellanzas e as diferenzas entre os distintos textos.

2. Le este poema e identifica os elementos da comuni-cación nel.

A Terra Chá somentes éun pobo aquí, outro acolámil arbres, monte raso,un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voar.O resto é soedá.

Manuel María

ELEMENTOS

A. Emisor D. Canle

B. Receptor E. Contexto

C. Mensaxe F. Código

NO POEMA ANTERIOR

• Segunda parte do século xx e a época actual.

• Manuel María

• A lingua galega

• O libro

• Descrición poética da comarca da Terra Chá.

3. Le estes tres textos e di a que xénero pertence cada un. Razoa a resposta cos trazos de cada xénero.

A

Unha vella ben parecida está sentada nun banco. Mira atentamente cara á súa dereita, con intriga... Soan bu-cinas de automóbeis, pitos dun semáforo, ruídos de ace-leración...Carmiña.- Píllana... non a pillan... píllana... non a pi-

llan... píllana... non a pillan... pi-pi-pi-pi... Non a pilla-ron... ¡Ai, meu deus, polos pelos...! (Santíguase)Aparece na escena outra vella, apurada. Vén do lugar cara a onde miraba a primeira, respira fatigada; válese para camiñar dun bastón. É unha vella malencarada, barbuda, mal parecida...Gaudencia.- ¡Ai, Carmiña, cada vez é máis difícil cruzar a rúa...!Carmiña.- ¡Que pouco respecto teñen polas vellas...!Gaudencia.- Menos aínda polas vellas barbudas... Arrancan antes de que remate o pito dos cegos... Non aturan ás vellas modernas...Carmiña.- ¿Moderna, Gaudencia? Se as barbas non se levan...Gaudencia.- Algunha tiña que ser a primeira... Ben... ¿Hai moito que empezou?Carmiña.- Xa vai polo terceiro...As dúas miran cara ó fronte, algún lugar no alto... Gau-dencia non semella ver moi ben...Gaudencia.- ¿Que aspecto ten?Carmiña.- (Soñadora, contenta) É alto, forte e guapo.Gaudencia.- (Aguza a vista) ¡Carafio, que vista tes!Carmiña.- (Segura de si mesma) Este non vai caer...Gaudencia.- Vai vento, un día perfecto...Carmiña.- Gaudencia, dígoche que este non vai caer...

Gustavo Pernas, Sucesos

B

O inspector Couto e mais o subinspector Núñez encami-ñáronse en dirección ao Trece arredor das doce e media da noite. Non había dúbida de que a esas horas todos, desde o encargado da baiúca ata a última das camareiras e boa parte dos seareiros, saberían da morte de Lurdes ou Lulu, segundo a chamaba seu home. A cidade é pe-quena, as noticias voan e un suceso coma este non pasa desapercibido.

Marilar Aleixandre, Unha presa de terra

C

E non ter¡E non ter outro abeiro verdadeiroque o corazón que —nosos— de alugueironos ten a onda soleiracoma pobres das portas!¡E non ter máis arrimo nesta vidaque esta sombra de fume dolorida,esta fonte de bágoase estas ermas palabras!¡E non ter máis porqué que esta ansia escuraque nos abate e nos aburacoma a unha aberta un vento tolo,un vento tolo!

Aquilino Iglesia Alvariño

Act

ivid

ades

LIT

ER

AT

UR

A

Page 19: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

29Competencias

Responde:

– Que ves nas imaxes anteriores? Cal che gusta máis?

– Cal che parece máis realista? Por que?

– Algunha delas recórdache a alguén que coñeces? Cal? A quen?

Reflexiona e extrae conclusións

– Segundo o teu punto de vista, son descricións? Entre todos, trocade as vosas opinións e ra-zoade as respostas.

– Que nome reciben este tipo de retratos? Intercambiade as respostas e chegade a unha conclu-sión. Nomeade exemplos coñecidos.

Investiga

Cando se fala de descricións hai moitas clases como a prosopografía ou a etopea.

– En parellas, pescudade en que consisten e buscade un exemplo de cada caso para lerlle ao res-to da clase.

– Procurade outros tipos de descricións e, entre todos, comentádeos.

Crea:

– Elixe unha das imaxes anteriores e fai unha descrición escrita.

– Contrasta a túa descrición coa doutro compañeiro que elixise o mesmo personaxe e comenta-de as semellanzas e as diferenzas.

Pon a proba as túas competencias

• Repara con atención nestas imaxes.

Page 20: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

30 Unidade 1 | Avaliación

1. Le con moita atención o texto.

Unha bandeira é unha peza de tea que se suxeita por un dos seus lados por unha hasta. Presenta diferentes cores e formas. A bandeira galega é rectangular e só ten dúas cores: branca e azul. O fondo é branco e desde o ángu-lo superior da esquerda ata o ángulo inferior da dereita, atravesando o centro, conta cunha franxa azul. Claro está que no centro, como todos sabemos, aparece o escudo de Galicia.

— Indica de que elemento se fala. É unha descrición obxectiva ou subxectiva? Por que?

— Cal cres que é a orde espacial que se elixiu? E a técnica empregada? Razoa as respostas.

2. Repara nestas expresións referidas ás partes do corpo.• Este rapaz ha chegar alto porque ten moita cabeza.

• Desde pequenos, Elisa e Carlos falan polos cóbados.

• Tivo sempre moi boa man para a cociña.

• Non move un dedo para axudar na casa.

— En parellas, explicade que queren dicir.

— Anotade outras que se vos ocorran e comentádeas co resto de compañeiros.

3. Seguindo o exemplo, completa o cadro cos consti-tuíntes que forman estas palabras.

4. Repara no texto e indica os recursos de recorrencia que se usan.

Coma un río quixera eu ser: cantarcon estrelas no lombo cara ó mar,deixando unha chorima en cada pedra,e unha bágoa de Deus en cada herba.

— Indica o número de sílabas que ten en total.

— Entre todos, comentade o resultado para ver se acertaches.

— Indica a que clase de palabras pertencen os termos destacados.

5. Anota os ditongos e os hiatos que aparecen no poe-ma do exercicio anterior e subliña a sílaba tónica de cada un.

6. Pescuda cales son as cinco linguas máis faladas do mundo.

7. A partir das situacións que se presentan, completa o esquema.

— Un rapaz perdeuse e pregúntalle a unha señora polo nome dunha rúa.

— Un celador entra no cuarto dun paciente e failles ás persoas que están alí un aceno para que non falen porque molestan os demais enfermos.

8. Identifica os elementos da comunicación que apare-cen nesta imaxe.

9. Identifica os elementos da comunicación que apare-cen nesta imaxe.

— Laia, que é moi ordenada, deixa sempre todo ti-rado.

— Ás portas da miña casa gústalles comer con viño tinto.

— O can de teu tío miaña sempre que quere saír para fóra.

— Sube para baixo e espérala alí sentado.

10. Indica o xénero literario ao que pertencen estas afir-macións.

— Son textos escritos en verso nos que destaca a expresión dos sentimentos.

— Contan unha historia mediante o diálogo entre os personaxes.

— O narrador conta unha historia que lles sucede a uns personaxes.

Avaliación

cabodano iate monfortino afialapis abotoarlobishome ilegal descampado

Palabra Prefixo Lexema Lexema SufixoProcedemento de formación

Setemesiño – sete- -mes- -iño Parasíntese

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Emisor: .... Receptor: ... Mensaxe: ... Código: ... Canle: ... Contexto: ...

Emisor: .... Receptor: ... Mensaxe: ... Código: ... Canle: ... Contexto: ...

DIARIO DE APRENDIZAXE— Que coñecementos novos sobre a descrición adquiriches nesta unidade?— Que erros cometiches? Como podes aprender dos teus erros?

Reflexiona

Page 21: C2201 R58610 012 113823.BK › educacion › documentos › 119988-0-529... · 2015-06-04 · comunicación entre as abellas é enormemente complexa. Cando unha abella descobre unha

31Síntese e Obradoiro creativo

Expresión escritaDescribir é explicar como é unha persoa, un animal, un obxecto, un lugar... En todas as descricións sempre aparecen elementos descritos e técnicas descritivas.

LéxicoHai tres procedementos para formar palabras novas a partir dunha simple: derivación (engadindo morfe-mas derivativos), composición (xúntanse dous ou máis lexemas) e parasíntese (únense dous lexemas e un morfema derivativo).

OrtografíaA sílaba é cada un dos golpes de voz que damos ao pronunciar unha palabra, a que se pronuncia con maior intensidade chámase tónica e as demais, átonas.

Un ditongo é a unión de dúas vogais que pertencen á mesma sílaba. Un hiato está formado por dúas vogais seguidas que pertencen a distinta sílaba.

LiteraturaOs textos literarios son actos comunicativos nos que aparece un emisor, un receptor, unha mensaxe, un código, unha canle e un contexto.

Os principais xéneros literarios son o narrativo (textos nos que un narrador conta unha historia que lles sucede a uns personaxes nun lugar e nun tempo determinados), o lírico (textos en verso onde destaca a expresión dos sentimentos e o ritmo) e o dramático (historia contada mediante o diálogo entre personaxes).

A pola mellor maqueta!

En Radio Lourenzá queren facer unha sección dedicada aos pratos de comida preferidos po-los galegos. Hoxe comeza un concurso para ver quen presenta a proposta máis atractiva para animar os oíntes a participar. A mellor idea leva un suculento agasallo: presentar o programa en directo!

1. Debater e chegar a un acordo.

— Dividide a clase en tres grupos e escribide todas as ideas que se vos ocorran.

— Comentade co resto da clase as anotacións. É importante traballar en equipo.

— Só quedarán tres ideas, así que chegaredes a un consenso. Gaña a proposta máis votada.

2. Desenvolver e describir a idea.

— Facede grupos e distribuíde o traballo. Poñéde-vos de acordo para seguir as mesmas pautas e utilizade follas de reciclar para facer os primei-ros borradores.

— Consultade todas as dúbidas que vos xurdan.

— Xuntade o traballo realizado e analizádeo polo miúdo. Desbotade todo o que non vos sirva e mellorade o que vos guste.

3. Presentar o resultado.

— Queda gravar! Repartide as tarefas porque cada un terá unha función: presentadores, comenta-ristas, realizadores, persoal de son…

— Practicade as veces que sexa necesario para que vos quede un programa radiofónico profesional.

Síntese

OBRADOIROCREATIVO