c u l t u r a g a l e g a. o portal da cultura en galicia | consello...
TRANSCRIPT
En xeral, os camiños posíbeis van dende primar opurismo da cor e a reafirmación dos valores pic-tóricos até o estabelecemento de ligazóns conoutros medios de expresión: música, poesía, foto-grafía...
Algúns destes presupostos teñen como espole-ta reflexiva a obra da pintora Virginia Prego (Vigo,1973), que nos ofrece na viguesa Galería María
Prego (Rúa Luís Taboada, 21, 2ºesq.) unha coherente e elabora-da exposición baixo o título deSu mirada es sonora, que afon-da dende unha ollada extrema-damente persoal e rigorosasobre algúns dos problemas datradición pictórica.
O punto de partida da mos-tra é plenamente argumental,xa que a artista se achega aotraballo pictórico cunha vonta-de sinestésica, dialogando coapalabra e co son. A palabraxoga un papel central noscadros, mais non dunha manei-ra que se conforme como purareferencia icónica, senón nunsentido máis fondo, ao inserirno plano pictórico unha realida-de máis profunda, que é asonora e da que o grafismo éun elemento transmisor. Neste
contexto, os títulos teñen tamén un papel moirelevante, porque son outro condutor no procesoque leva dende o fluír das ideas dos debuxos atéa obra acabada. Funcionan, xa que logo, unpouco como a corrente de conciencia literaria:clarifican o que se quere realizar e, en certo sen-tido, tamén crean a obra.
Virginia Prego converte así unhas obras quepoderían situarse nun proceso puramente forma-lista nun mundo completamente diferente e car-gado de suxestións simbólicas, xa que o punto departida son sempre os conceptos —como demos-tran os seus debuxos—, seleccionados para trans-
vviirrggiinniiaa pprreeggoo
pintar o tronoA procura dun lugar para a
expresión, dun ámbito propio, éun dos retos da pintura actual
—acosada pola hexemonía dosnovos medios de expresión—,un camiño no que os pintores
teñen que afrontar a eternarelación co plano pictórico, eprecisan facelo empregando
diversas estratexias quereformulen a relación co
soporte, co espazo ou coa cor.Carlos Bernárdez
mitiren o ruído, o son, para procuraren no espec-tador reflexión e emoción, estabelecendo unharelación entre a pintura e a linguaxe que se fun-damenta na sinestesia. Neste senso, a pintoraproponse un afondamento nun aspecto especial-mente relevante da tradición da relación entre asartes plásticas e a música e a palabra, tema queprocede do mundo clásico e que a propia artistarefire no texto que acompaña a mostra e no que,citando a Plinio o Vello, manifesta a arela de «pin-tar o trono», nunha vontade de superación dasfronteiras entre as artes que ten moito de espíri-to romántico, de poética do sublime, outro atre-vemento nun mundo como o artístico actualonde algúns destes conceptos poderían serentendidos nun sentido puramente historicista ousuperado, pero que a nosa artista utiliza conplena consciencia para dar sentido á obra.
Pero a obra de Virginia Prego é moito máis queun traballo conceptual, é sobre todo pintura,unha pintura que parte dende o negro, que é acapa profunda da súa obra, o substrato, a ausen-cia de visión —e de son—, vacuidade de silenciosobre o que calquera imaxe abre un mundo desuxestións e diálogos, e crea unha realidade decomunicación na que o son dá a pauta de rela-ción co outro. A pintora, sobre este fondo, forzaa mancha, intensifica a cor e amosa o seu intere-se pola plasticidade dos diversos materiais, paraconstruír así un magma creativo no que agroma-ría o ruído como o describe Milton, por exemplo,no seu Paraíso perdido cando di que «Un clamoruniversal de ruídos / tan salvaxes como enxorde-cedores / e voces que en tremenda confusión /saían da oca escuridade».
O soporte como obxecto artístico Outroaspecto salientábel da obra de Virginia Prego é oque se refire ao soporte. A armazón do cadro,como teñen resaltado un variado conxunto deartistas e críticos actuais, non é un tema intrans-cendente; ben pola contra, constitúe tamén paramoitos artistas un xeito de encontrar outradimensión para o obxecto, e, polo tanto, un ele-
Delicacy your love. Delicadeza en tu amor.
Técnica mixta sobre papel. 72 x 64 cm.
2007
mento fundamental na crea-ción plástica. Virginia Pregoafronta este reto dende unhaclara vontade de construción,para dende a armazón abrirunha nova maneira de enten-der o traballo artístico. A súa éunha actitude plenamente arte-sanal, que fai que o soporte e olenzo sexan un todo —un tabo-leiro enteado— que se confor-ma como un obxecto autóno-mo, como un artefacto decomunicación que lle permite áartista unha relación máis ache-gada, máis obxectual; feito que se transmitetamén ao espectador, que percibe o aspecto tác-til e pleno da obra. Este aspecto constitúe unhanova mostra —e non a menor— da rica dialécti-ca que a autora pretende —proceso artesanal,ideas conceptuais—, aparente paradoxo que seresolve no lenzo na rica plasticidade e na rotundi-dade argumental á que nos referiamos ao come-zo deste texto, mostra da madureza e solidezdunha pintora en plena e rica evolución. ❚ Faro da
Cultura, Faro de Vigo. 15 de xuño de 2006
A obra A morte de Marat, de1793, e recordar no momentoactual a importancia de Davidna historia da arte, é porque através dela apreciamos como amorte terríbel dun ser queridoescurece o noso ser; aquela quelle fai realizar o cadro enmemoria do seu amigo. Éépoca do Neoclasicismo fran-cés, Século das Luces que alumou a Ilustración,onde se suxire a necesidade de proclamar osDereitos do Home e do Cidadán e os movemen-tos urbanos.
A escuridade propia do cadro fai que a nosaemoción aumente ante a representación dun asa-sinado, da morte dun amigo nun dos momentosquizais máis íntimos ou privados, un dos momen-tos nos que a debilidade do seu ser se manifesta,ao elixir a escena na que el atende aos coidadosda súa saúde para ser asasinado.
Ante tanta escuridade, tan só a escritura doseu nome nos fai ver a presenza do asasinado. Asíé como descubrimos quen é. Cando lemos adedicatoria que fai David, o son que conteñenpor si as palabras indúcenos a súa presenza, unhapresenza que podería dicirse de orde emocional,que nos transmite algo máis ca un home morto,dadas as palabras que o propio David escribe pararecordar o seu amigo e así mostrar o vínculo queos unía: «á Marat, David».
Como di Truman Capote: «Como esquecer oteu propio nome?», son os nomes —os destesdous amigos que aparecen no cadro— aquilo quefai a presenza do ser de cada suxeito, unha dedi-
a súa mirada é sonoraA escuridade revélanos que a mirada está suxeita á luz.Como descubrir a mirada na escuridade?Virginia Prego Carrera
catoria. Certamente debemos ter máis en contacando lemos un libro ou escoitamos unha can-ción nun concerto a quen llo ofrece o artista? É apresenza do outro a que debemos ter en contapor un valor que pode ser até determinante áhora de producir unha obra.
Ante unha representación como é a da mortedun ser querido, amigo (e dunha forma tan trau-mática), tan só esas palabras que inclúe David naobra nos ofrecen un pouco de luz. Quizá é o sen-timento máxico do pasado.
Como di Ángel González, é o ano 1 da Histo-ria da Arte, comézase a utilizar a arte como revo-lución para que a verdadeira revolución (a revolu-ción política) sexa innecesaria. Isto fixo que a artealcanzase unha inesperada apoteose que, segun-do Ángel González, non implicou unha mellorana calidade das obras se non o aumento da súapresenza e influencia na sociedade.
David manifesta coa súa dedicatoria a súa pro-pia voz.
Talvez poderiamos dicir que un pouco de luzante tanta escuridade.
Polo tanto, o son axúdanos a crear unha imaxedaquilo que percibimos.
Trátase dunha pequena historia que envolveunha antiga relación entre imaxe e son: «pintar otrono», «pintar cousas que non poden pintarse»é o máis sublime que un artista podería lograr:representar o sonoro. É a particularidade sonoraque envolve a pintura como concepto en si. Decomo unha imaxe se forma dun son.
Non era muda a pintura?Trátase de que o pintado fale ou soe. Aplicar o
concepto da pintura que expresa o que a mentepensa, tal como se reflicte nos seus movementos.O son como movemento, fricción, ruído, enten-dendo que se move polo espazo con toda a súa
Páxina seguinte:
You me you. Tú
yo tú.
Técnica mixta
sobre papel.
48 x 64 cm. 2007
See and listen.
Ver y escuchar.
Técnica mixta
sobre papel.
72 x 64 cm. 2007
Green and blue. Verde y azul.
Técnica mixta sobre papel. 24 x 96 cm. 2007
liberdade sen importarlle as coordenadas.O res/verba de Leonardo da Vinci lévanos até a
posibilidade da pintura falante.A voz que toca o corpo seica nos fai ver?Durante a emisión sonora, a realidade táctil
—pel— esa fricción cos materiais, penetra nopensamento do suxeito. A envoltura sonora éunha parte na formación do eu que se introduceno pensamento do suxeito convertido nun eco; oobxecto contén así unha realidade escoitada polamirada.
Tony Oursler, para o Jeu de Paume, na serieCorrespondances elixe a obra de Courbet L’Ate-lier (1854-55), na que mostra a envoltura sonorado seu estudo, é dicir, todas aquelas cousas dasque se rodea para facer a súa arte, e reinterpré-taa. Así, o estudo de Tony Oursler é como unhaescena de teatro. Titulada Seven Months of myAesthetic Education (2004), nace como respostana que vemos e oímos grazas ao que as tecnolo-xías permitiron incorporar co son real, e pasamosdun cadro realizado con pintura ao modo tradi-cional a unha instalación de proxeccións de vídeono que Tony Oursler mostra tamén aquilo do quese rodea para facer a súa arte. Podemos ver e oírcomo un home toca o violín; até podemos falarde se é ou non un violinista clásico ou trata defacer outro tipo de son co violín. Textos de JohnBaldessari, Tony Conrad, Constance de Jong, etc.configuran o mundo de Tony Oursler.
Desta forma, 150 anos despois somos teste-muñas do cambio que ofrece o s. XX coa tecno-loxía, pasando, como xa dixen, dunha pintura tra-dicional a un dos inventos do s. XX, o vídeo, quenos ofrece a unión de son e imaxe e o seu move-mento. Con todo, o concepto de pintura prevale-ce; en ambos podemos apreciar como mostran o
que as súas mentes pensan tal e como se reflictenos seus movementos.
Quizá se escoita a pintura?A través da unión da poesía e a pintura elabó-
rase o valor sonoro para o que considero a escri-tura, porque inclúe a sonoridade das letras quegardan calidades tanto gráficas como fonéticas,calidades intrínsecas a elas que ao aplicalas xoganun papel activo no espazo. Letra a letra fórmaseunha rede que cada unha pode desempeñar enrelación a todo o demais no papel de contido.Sobre as palabras recaeu a tarefa de representaro pensamento; é o diálogo que se estabeleceentre o visíbel —grafía da letra— e invisíbel —sonda letra—; o xurdimento do mundo interior.
A obra destes dous artistas fixo que me pre-gunte sobre o que envolve a pintura; que valoreo importante que é aquilo que rodea o suxeito eque é o que transmite sutilmente na súa obra.
A través do título deste relatorio, A súa miradaé sonora (que tamén é o título da exposición),trato de facer unha homenaxe ao outro. Con «asúa», adxectivo posesivo, reflexo a mirada dooutro, aquela que nun principio descoñecemos,pero á que sempre buscamos coñecer (quizais através da palabra?).
Nos meus cadros obxecto represéntase a escu-ridade e o son como conceptos unidos. Neleslogramos ver imaxes, ver sons, que só ante unhamirada cega poderiamos albiscar. O suxeito perci-be así esa realidade da mirada, da presenza da luzno seu corpo e por suposto na súa mente.
Na obra tamén me pregunto sobre os mate-riais, expoño aqueles que xa os antigos emprega-ban, como o taboleiro enteado e materiais depintura dos últimos anos (acrílicos, barras graxas,grafito…), unindo nun mesmo obxecto o tradi-
cional e o actual. Coas imaxes dos cadros obxec-to realicei un vídeo no que estas representaciónsaparecen en secuencia; é a aplicación da tecnolo-xía que tamén emprego.
Co uso da escritura expoño conceptos, ideasque conteñen e significan a representación doson. Talvez cada suxeito entenda algo do son.
Seica a verdadeira pregunta sexa: que resonan-cia interna adquiren estas palabras?
Trátase dun interior da linguaxe ou das pala-bras mesmas e non do seu presunto interior quese aloxaría dentro de nós envolvido polo nosocorpo. O devir real da linguaxe está en que aspalabras son ditas; polo que a intimidade da lin-gua non depende de quen as di, pero só existe
porque as palabras son pronun-ciadas por aqueles que as din.
Quizais o sentido das pala-bras pon outro reflexo nossons, así a grandeza do home éa palabra.
Seica o son se pode interpre-tar?
Talvez facéndoo visíbel (édicir, desocultándoo do oculto)interpretámolo, e así non sedesvanece en canto soou.
Con todos estes elementos,trato de amosar o que a plasti-cidade da mente nos axuda acrear.
…Un neno: «Tía, fálame;teño medo porque está escuro»e a tía que responde brusca-mente: «Que ganas con iso? Detodos os xeitos non podesverme». Ao cal respondeu oneno: «Non importa, hai máisluz cando alguén fala».
Xa que logo, non tiña medoá escuridade senón que botabade menos unha persoa querida,e puido prometer que se tran-quilizaría axiña que recibiseunha proba da súa presenza. ❚
Virginia Prego (Vigo, 1973)
Licenciada en Belas Artes, especialidade
de Pintura. Universidade Complutense de
Madrid. Bolsas e premios: Axuda á for-
mación dos profesionais da cultura, Minis-
terio de Educación; IX Bolsa Valdearte, O
Barco de Valdeorras; Bolsa Sócrates,
Facultade de Belas Artes de Lisboa; Bolsa
de Pintura en Ayllón, Segovia; Premio Teo-
doro Nieto; Membro do equipo de Agustín
Ibarrola para o proxecto escultórico-pictó-
rico do eco-espazo do Rexo, Allariz. Expo-
sicións individuais: 2006: Su Mirada es
Sonora, Galería María Prego, Vigo; 2000:
Densidades en Verde, Galería Sargadelos,
Santiago de Compostela. Exposicións
colectivas: 2007: Su Mirada es Sonora
(ponencia), Museo MARCO, Vigo; Su
Mirada es Sonora (vídeo). 2006: II Congre-
so Internacional Sinestesia, Ciencia y Arte,
Granada; MuVi, exposición internacional
de vídeo e animación sobre sinestesia e
música visual. 2006: III Premio Conxemar,
Vigo. 2005: VII Edición del Premio Joven
Artes Plásticas 2004, Madrid. 2001: XVIII
Certame de Cambre, A Coruña; I Premio
Auditorio de Galicia, Compostela; VII Mos-
tra de Unión Fenosa, A Coruña; V Bienal de
Lalín, Museo Ramón Mª Aller, Lalín. 2000:
Da Visibilidade para ler o Mundo, Casa da
Parra, Santiago de Compostela; Colección
Valdearte, Casa Viloira, O Barco de Valde-
orras, Ourense. 1999: Fundação de Oeiras,
Lisboa; III Arte e Solidariedade (itinerante
por Galiza). 1998: Sala de exposicións,
Facultade de Belas Artes, Madrid; Círculo
de Bellas Artes, Madrid; XII Certame Gale-
go Xuventude´98, Casa da Xuventude de
Carballo, A Coruña. 1997: Palacio del
Vellosillo, Ayllón, Segovia; XI Certame
Galego Xuventude ´97, Casa da Xuventude
de Carballo, A Coruña.
Sound. Técnica mixta.
2006
Voices. Técnica mixta. 2006
Voices voices. Técnica mixta. 2006
We are mind. Nosotros somos mente.
Técnica mixta sobre papel.
48 x 32 cm. 2007