boton - elementos arquitectonicosconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$...

10
1. MAPA DA PENÍNSULA IBÉRICA Ano 1929 Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández En 1929 aprobouse a adquisición á casa Hepzos dun mapa cartográfico da península Ibérica en relevo con iluminación nas capitais de provincias e Lisboa, así como de catorce faros. O proxecto xurdiu dunha visita ao parque o ano anterior por parte do presidente do directorio militar xeneral, Miguel Primo de Rivera, marqués de Estella, que no seu percorrido destacou o interese de instalar no parque un mapa de España en relevo. Para protexelo aprobouse a construción dun alpendre. Fíxose en formigón armado a base de columnas, con ménsulas dobres sobre elas, cuberta de lousa coa armadura de piñeiro vermello e cangos de castiñeiro. O corpo superior foi destinado a pombal, o canlón era de zinc, facendo de bebedoiro para as pombas, con subministración de auga. Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Upload: others

Post on 14-Aug-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

1. MAPA DA PENÍNSULA IBÉRICA Ano 1929

Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández En 1929 aprobouse a adquisición á casa Hepzos dun mapa cartográfico da península Ibérica en relevo con iluminación nas capitais de provincias e Lisboa, así como de catorce faros. O proxecto xurdiu dunha visita ao parque o ano anterior por parte do presidente do directorio militar xeneral, Miguel Primo de Rivera, marqués de Estella, que no seu percorrido destacou o interese de instalar no parque un mapa de España en relevo.

Para protexelo aprobouse a construción dun alpendre. Fíxose en formigón armado a base de columnas, con ménsulas dobres sobre elas, cuberta de lousa coa armadura de piñeiro vermello e cangos de castiñeiro. O corpo superior foi destinado a pombal, o canlón era de zinc, facendo de bebedoiro para as pombas, con subministración de auga.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 2: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

2. MONUMENTO AO ALCALDE ÁNGEL LÓPEZ PÉREZ Ano 1958

Escultor Proxecto e escultura: Francisco Asorey Pedestal: Manuel Mallo Mallo Técnica: Labra en pedra. Material: granito

A determinación de ubicar un monumento dedicado a Ángel López Pérez, o alcalde co que se impulsou a creación do parque, data de 1952.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 3: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

3. FONTE Ano 1949

Arquitecto: Ruperto Sánchez / Escultor: Manuel Mallo Mallo Técnica: Labra en pedra

Material: Granito Data de 1950. Consta dun pedestal ou árbore cun prato. A auga sae pola zona superior. Completa o conxunto un pilón circular. A primeira fonte era de azulexería sevillana, semellante á dos Toureiros do Parque de María Luisa de Sevilla, substituíuse por un chafariz formado por un neno montado sobre un caracol, que hoxe está no estanque. O pilón destinábase a peixes de cores.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 4: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

4. CONXUNTO DO ESTANQUE Anos 1924, 1926, 1930

Arquitectos: Ramiro Sainz Martínez, Ricardo García e Puig e Eloi Maquieira Fernández.

Creado para albergar unha zona de auga para aves acuáticas e pasatempo dos nenos. O conxunto está formado por un estanque, unha ponte e unha casiña pequena para refuxio dos parrulos. Foi acondicionado no ano 1993, cando se revestiu con plaqueta e se dotou de pavimento hidráulico a beirarrúa que o rodeaba.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 5: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

5. QUIOSCO DA MÚSICA Ano 1928

Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández Os quioscos eran elementos arquitectónicos que se consideraban imprescindibles en todo parque público. As obras fixéronse en setembro de 1928. Nun principio destinouse como mirador, antes de facerse a Pérgola, para dar concertos a Banda Municipal e albergar, na metade da planta baixa, os servizos de mulleres e de homes. Situouse na praza circular disposta nas proximidades da pérgola. A armadura metálica da cuberta foi encargada aos Fillos de J. Barreras de Vigo.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 6: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

6. PÉRGOLA Ano 1927

Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández Aprobouse a construción o 23 de xullo de 1927, e foi restaurado no 2007. É unha das primeiras obras de orientación racionalista que se fixeron en España, con formigón armado e elementos de estilo Art Déco. Aproveitouse o ángulo da terraza que limitaba coa prolongación da avenida de Ángel López Pérez (actual avenida do Doutor García Portela), transformando aquela parte nun espléndido mirador, desde o que gozar, a cuberto do sol, a admirable paisaxe que ofrece o río Miño.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 7: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

7. BALAUSTRADA Ano 1931 Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández Construíuse para servir de protección sobre o muro de contención de terras da parte alta do Parque, como miradoiro e de comunicación da parte alta coa baixa mediante a escalinata que está na parte media do muro. Estaba decorada con elementos art decó.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 8: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

8. AGUIA DO BIMILENARIO Ano 1975-1993

Autor: Santiago de Santiago Hernández Técnica: Modelado fundido en bronce En 1975, con motivo do bimilenario da fundación da cidade levantouse un monumento na Praza de Santo Domingo formado por unha columna clásica da orde corintia cunha aguia imperial. O bosquexo orixinal tiña as ás despregadas pero por temor a que os vendavais a derrubasen, fíxose con elas pregadas. As críticas xurdidas fixeron que se substituíse por outra de acordo coa idea orixinal.

En 1993, a escultura da aguia instalouse nas Costas do Parque, aproveitando a súa ampliación. Son dez bloques de granito da leira de Fraguas, de Parga, no seu estado natural. Na parte superior dunha delas ancorouse a aguia, creando un escenario salvaxe, acorde co hábitat desta ave.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 9: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

9. CASA ALMACÉN Ano 1923 Arquitecto: Ramiro Sainz Martínez

Foi o primeiro edificio que se construíu no parque. Tiña por finalidade resgardar plantas delicadas dos rigores das temperaturas do invernal e estival, así como para gardar as ferramentas e outros utensilios necesarios para a conservación de macizos e paseos. En 1992, modificouse a construción, demoléronse os inmobles anexos ao corpo principal da paxareira e acondicionouse e rehabilitouse o resto do edificio.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

Page 10: BOTON - ELEMENTOS ARQUITECTONICOSconcellodelugo.gal/sites/default/files/boton_elementosar...0$3$ '$ 3(1Ë168/$ ,%e5,&$ $QR $UTXLWHFWR (ORL 0DTXLHLUD )HUQiQGH] (Q DSURERXVH D DGTXLVLFLyQ

10. ESCULTURA DE ROSALÍA DE CASTRO Ano 1971

Escultor: Manuel Mallo Mallo Técnica: Labra en pedra Material: Granito Inaugurouse no ano 1971 co obxectivo de honrar a memoria da poetisa Rosalía de Castro, que lle dá nome ao parque. Consta dun busto sobre un pedestal de granito, de 2,80 metros de altura. Optouse por unha obra modesta co fin de que a súa presenza no parque tivese un sentido didáctico e poético, pero sen buscar espectacularidade.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro