boletÍn oficial do parlamento de galicia · remate da novena lexislatura, da segunda fase do plan...
TRANSCRIPT
Número 121 IX lexislatura 14 de xuño de 2013
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei de prestacións
sanitarias (8060, 09/PL-000009)
–.Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 8820) 29227
–.Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 8835) 29230
–.Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 8840) 29234
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei de inclusión
social de Galicia (8061, 09/PL-000010)
–.Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 8819) 29237
–.Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 8834) 29241
–.Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 8839) 29245
–.Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de 2013,
pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas ao articu-
lado ao Proxecto de lei de garantías de prestacións sanitarias 29223
–.Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de 2013,
pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas ao arti-
culado ao Proxecto de lei de inclusión social de Galicia 29224
–.Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de 2013,
pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas ao arti-
culado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular Valentín
Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e víncu-
los coa lusofonía 29224
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei
(Versión electrónica en www.parlamentodegalicia.es)
1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión
1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas
COMISIÓN 5ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
Aprobación con modificacións
- 7143 (09/PNC-000588)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Dorado Soto, Javier
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en
relación co desenvolvemento en Galicia do programa denominado
Carné Xove Europeo 29225
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 1312 (09/PNC-000083)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre a posta en marcha, con financiamento público e antes do
remate da novena lexislatura, da segunda fase do Plan funcional de
ampliación do Hospital do Salnés 29225
Rexeitamento da iniciativa
- 3958 (09/PNC-000278)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para
a construción dun novo centro de saúde no concello de Moaña
29225
- 6086 (09/PNC-000491)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda, e Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións oportunas
para a creación en Galicia dun centro de referencia no tratamento
das enfermidades derivadas da exposición ao amianto 29225
- 6999 (09/PNC-000574)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-
ción coa execución das obras de ampliación do Hospital do Salnés
29226
- 7167 (09/PNC-000590)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa sinistralidade laboral en Galicia 29226
- 8100 (09/PNC-000682)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa construción, financiamento e xestión dos centros de
saúde das Galeras e de Conxo, en Santiago de Compostela 29226
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei de presta-
cións sanitarias
A Mesa da Comisión Comisión 5ª, Sanidade, Política Sociale Emprego, na reunión do 13 de xuño de 2013, adoptou oseguinte acordo:
Cualificación das emendas á totalidade ao Proxecto de lei deprestacións sanitarias (8060, 09/PL-000009)
Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:
Emendas á totalidade de devolución
–.Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 8820)–.Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 8835)–.Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 8840)
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013Pilar Rojo Noguera
Presidenta
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei de inclu-
sión social de Galicia
A Mesa da Comisión Comisión 5ª, Sanidade, Política Sociale Emprego, na reunión do 13 de xuño de 2013, adoptou oseguinte acordo:
Cualificación das emendas á totalidade ao Proxecto de lei deinclusión social de Galicia (8061, 09/PL-000010)
Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:
Emendas á totalidade de devolución
–.Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 8819)–.Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 8834)–.Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 8839)
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013Pilar Rojo Noguera
Presidenta
Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de
2013, pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas
ao articulado ao Proxecto de lei de garantías de prestacións
sanitarias
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 9002, escrito do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, polo que se solicita a prórroga do prazo para apresentación de emendas ao articulado ao Proxecto de lei degarantías de prestacións sanitarias.
A Presidencia, tendo en conta a inmediatez da conclusión doprazo –o día 18 de xuño de 2013– antes das próximas reuniónsda Mesa e da Xunta de Portavoces previstas para o día 18 demarzo de 2013, en uso da delegación temporal de competen-cias de xestión ordinaria da Mesa do Parlamento na Presidenciada Cámara (Acordo da Mesa do Parlamento do 24 de novem-bro de 2012, publicado no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia núm. 16, do 14 de decembro de 2012), resolve:
1º. Admitir a trámite o documento número de rexistro de entrada9002, presentado polo G.P. da Alternativa Galega de Esquerda.
2º. Prorrogar, por segunda vez, o prazo de presentación deemendas ao articulado ao Proxecto de lei de garantías de pres-tacións sanitarias, ata o día 22 de xuño de 2013, ás 13.00 horas.
3º. Dar conta deste acordo á Mesa e á Xunta de Portavocesna vindeira reunión destas que teñan lugar.
4º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios.
5º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013Pilar Rojo Noguera
Presidenta
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
29223
Número 12114 de maio de 2013
Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de
2013, pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas
ao articulado ao Proxecto de lei de inclusión social de Galicia
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 9003, escrito do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, polo que se solicita a prórroga do prazo para apresentación de emendas ao articulado ao Proxecto de lei deinclusión social de Galicia.
A Presidencia, tendo en conta a inmediatez da conclusión doprazo –o día 18 de xuño de 2013– antes das próximas reu-nións da Mesa e da Xunta de Portavoces previstas para o día18 de marzo de 2013, en uso da delegación temporal decompetencias de xestión ordinaria da Mesa do Parlamentona Presidencia da Cámara (Acordo da Mesa do Parlamentodo 24 de novembro de 2012, publicado no Boletín Oficial doParlamento de Galicia núm. 16, do 14 de decembro de2012), resolve:
1º. Admitir a trámite o documento número de rexistro deentrada 9003, presentado polo G.P. da Alternativa Galega deEsquerda.
2º. Prorrogar, por segunda vez, o prazo de presentación deemendas ao articulado ao Proxecto de lei de inclusiónsocial de Galicia, ata o día 22 de xuño de 2013, ás 13.00horas.
3º. Dar conta deste acordo á Mesa e á Xunta de Portavocesna vindeira reunión destas que teñan lugar.
4º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios.
5º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013Pilar Rojo Noguera
Presidenta
Resolución da Presidencia do Parlamento, do 13 de xuño de
2013, pola que se prorroga o prazo de presentación de emendas
ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popu-
lar Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua por-
tuguesa e vínculos coa lusofonía
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada,co número 9001, escrito do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, polo que se solicita a prórroga do prazo para apresentación de emendas ao articulado Proposición de leide iniciativa lexislativa popular Valentín Paz Andrade parao aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa luso-fonía.
A Presidencia, tendo en conta a inmediatez da conclusión doprazo –o día 18 de xuño de 2013– antes das próximas reu-nións da Mesa e da Xunta de Portavoces previstas para o día18 de marzo de 2013, en uso da delegación temporal decompetencias de xestión ordinaria da Mesa do Parlamentona Presidencia da Cámara (Acordo da Mesa do Parlamentodo 24 de novembro de 2012, publicado no Boletín Oficial doParlamento de Galicia núm. 16, do 14 de decembro de2012), resolve:
1º. Admitir a trámite o documento número de rexistro deentrada 9001, presentado polo G.P. da Alternativa Galega deEsquerda.
2º. Prorrogar, por segunda vez, o prazo de presentación deemendas ao Proposición de lei de iniciativa lexislativa popu-lar Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da linguaportuguesa e vínculos coa lusofonía, ata o día 22 de xuño de2013, ás 13.00 horas.
3º. Dar conta deste acordo á Mesa e á Xunta de Portavocesna vindeira reunión destas que teñan lugar.
4º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios.
5º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013Pilar Rojo Noguera
Presidenta
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei
1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión
1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas
COMISIÓN 5ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
29224
Número 12114 de xuño de 2013
A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, nasúa sesión do 13 de xuño de 2013, adoptou os seguintesacordos:
Aprobación con modificacións
- 7143 (09/PNC-000588)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaDorado Soto, JavierSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación co desenvolvemento en Galicia do programadenominado Carné Xove EuropeoBOPG nº 99, do 08.05.2013
Sométese a votación e resulta aprobada con modificaciónsrespecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos encontra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Desenvolver accións para aumentar o valor engadido doCarné Xove, tratando de facilitar o acceso da mocidade abens e servizos de carácter educativo, comercial, cultural,recreativo, deportivo e outros do seu interese.
2. Traballar na busca de novas liñas de traballo conxunta-mente coa Fegamp, coa sinatura dun convenio-marco decolaboración para o fomento nas entidades locais de Galicia,asumindo os concellos asinantes o compromiso de aplicardescontos nas tarifas dos servizos municipais dos que amocidade é potencial usuaria.
3. Promover acordos de colaboración con entidades signifi-cativas, empresas ou organismos que provoquen interese namocidade e poidan ofrecer liñas de desconto ou beneficiospara o colectivo.
4. Estender a redución do 20 % de desconto do Carné Xoveen Renfe, para mozos e mozas de ata 30 anos.
5. Desenvolver aplicacións informáticas que faciliten o usoe tramitación do Carné Xove.
6. Incluír no acordo entre a Fegamp e a Xunta de Galicia undesconto para mozos e mozas de ata 30 anos no transportemetropolitano».
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 1312 (09/PNC-000083)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 2 máisSobre a posta en marcha, con financiamento público e antesdo remate da novena lexislatura, da segunda fase do Planfuncional de ampliación do Hospital do SalnésBOPG nº 18, do 19.12.2012
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a pór en mar-cha a segunda fase do Plan funcional de ampliación do Hos-pital do Salnés, con financiamento público, antes do finaldesta lexislatura».
Rexeitamento da iniciativa
- 3958 (09/PNC-000278)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia para a construción dun novo centro de saúde no concellode MoañaBOPG nº 60, do 28.02.2013
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
- 6086 (09/PNC-000491)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda, e Fajardo Recouso, Juan ManuelSobre a realización polo Goberno galego das xestións opor-tunas para a creación en Galicia dun centro de referencia notratamento das enfermidades derivadas da exposición aoamiantoBOPG nº 89, do 18.04.2013
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 12114 de xuño de 2013
29225
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
29226
Número 12114 de xuño de 2013
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
- 6999 (09/PNC-000574)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa execución das obras de ampliación do Hos-pital do SalnésBOPG nº 95, do 02.05.2013
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
- 7167 (09/PNC-000590)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa sinistralidade laboral en GaliciaBOPG nº 99, do 08.05.2013
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
- 8100 (09/PNC-000682)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Prado Cores, María MontserratSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa construción, financiamento e xestión doscentros de saúde das Galeras e de Conxo, en Santiago deCompostelaBOPG nº 109, do 28.05.2013
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013
María Soledad Soneira TajesVicepresidenta 2ª
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a
iniciativa da súa deputada Eva Solla Fernández e a través do portavoz, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á
totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de Garantías de prestacións
sanitarias (num. rexistro 8060) polos seguintes motivos:
Este Grupo Parlamentar é sensible aos múltiples recortes e ataques que ven
de sufrir a nosa sanidade pública en Galicia nos últimos anos: peche de camas
hospitalarias, peche de consultorios de atención primaria, repagos en
diferentes prestacións, saída de centenas de medicacións do catálogo de
prestacións, amortización de prazas de sanitarias e sanitarios, privatizacións de
servizos auxiliares, introducción do modelo PFI, e un logo etcétera.
Este proxecto de lei lévanos a afondar máis nesta merma de dereitos e da
calidade da nosa atención sanitaria pública. Primeiro, porque por primeira vez
nun texto legal queda reflectida a fin da universalidade da atención ao supeditar
o dereito ao acceso ao cumplimento do RD 16/2012. Este feito, ao noso xuízo
gravísimo, danaría irremediablemente á nosa sanidade, pero ademáis á nosa
sociedade na que xa admitiriamos de maneira legal que seres humáns poidan
quedar fóra do dereito á atención só por non cumplir unha serie de requisitos
administrativos.
Por outra banda, os tempos máximos de espera que fixa a Lei son claramente
incompatibles coas políticas de austeridae practicadas por este Goberno e os
seus recortes. Nun momento no que se perden o 90% das prazas vacantes de
persoal cada ano, que non se está a dispor orzamento para facer as melloras
necesarias nos centros do SERGAS nin para construir os centros de saúde e
de alta resolución comprometidos, entre outros, e que as listas de espera non
cesan no seu aumento, resulta bastante evidente que os prazos fixados non
van ser cumpridos na sanidade pública. Este feito traducirase xa que logo e
29227
según o disposto no proxecto de lei, en aumento do trasvase de pacientes á
sanidade privada que continuará a absorber cada vez máis orzamento sanitario
en detrimento da sanidade pública.
En Alternativa Glaega de Esquerda cremos que o camiño é o contrario, o das
políticas anticíclicas que melloren os servizos sanitarios públicos para ir
abandoando pouco a pouco os concertos sanitarios.
Ademáis, este proxecto de lei introduce na nosa sanidade o concepto de libre
mercado e de competitividade entre hospitais, conceptos moi lonxe do que
signfican os servizos públicos e os dereitos sociais e máis propios das
empresas privadas e do seu modelo neoliberal. Isto é así porque ao establecer
a libre elección de hospital en todo o territorio galego socávanse os
fundamentos do actual sistema e a súa planificación, así coma o traballo
multidisciplinario e a coordinación entre o nivel de atención primaria e a
especializada e ábrese a porta á competencia entre centros para facerse con
"clientes".
A todo isto hai que sumarlle a falla de memoria económica que pon en entredito
o cumprimento de medidas contidas no proxecto de lei.
Por todos estes motivos, Alternativa Galega de Esquerda considera que este é
un proxecto de lei privatizador e que atenta contra as bases do actual sistema
sanitario: a equidade, universalidade, racionalidade, integralidade e calidade da
atención. Ademáis de constituir un engano para as e os pacientes, aos que se
lles ofrece unha serie de dereitos imposibles de cumprir na sanidade pública
cos recortes e os orzamentos actuais.
Xa que logo, solicítase a devolución do Proxecto de lei de garantías de
prestacións sanitarias.
Compostela, 07 de xuño de 2013.
29228
Asdo: Eva Solla Fernández
Deputada do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 07/06/2013 12:32:46
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 07/06/2013 12:32:52
29229
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego(BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á
totalidade, de devolución, ao Proxecto de Lei de garantías de prestacións
sanitarias (doc. núm. 8060) polos seguintes motivos:
Este Proxecto de Lei consolida a perda do carácter universal do sistema
sanitario público. Coa promesa de facilitar ás persoas usuarias do sistema
sanitario público unha maior calidade na prestación e unha maior
democratización, o que realmente agocha é unha aposta pola sanidade privada,
dando maior participación a esta. Baixo a aparencia de defensa de dereitos a unha
asistencia temperá e adecuada nos tempos ás necesidades dos pacientes, así como
na defensa da liberdade de elección, agacha graves ameazas para o futuro da
asistencia sanitaria da poboación galega, fundamentalmente polos seguintes
motivos:
1º) Este Proxecto de Lei outorga rango de lei a unha parte dos dereitos xa
recoñecidos na lexislación en vigor e non introduce ningunha ampliación ou
mellora na calidade dos mesmos.
2º) Ofrece libre elección do que xa hai, médico de familia e pediatra, promete
libre elección de enfermaría en atención primaria, pero iso será difícil poñelo
en marcha xa que precisa cambios lexislativos e organizativos importantes
29230
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
que no marco de recortes que está a aplicar na sanidade pública a Xunta de
Galiza a súa posta en práctica verifícase imposíbel. Anuncia a libre elección
de centro hospitalario, cando en todo caso a demanda é de elección de
facultativo.
3º) Os prazos máximos de espera que establece o Proxecto non é posibel
cumprilos. Se a Xunta sigue a manter a taxa de reposición do 10%, vaise
producir un desmantelamento do servizo público. Con menos recursos
humanos e materiais a consecución dos obxectivos, de 60 días para
intervencións cirúrxicas e de 45 días para consultas, non é posíbel acadalos.
4º) O financiamento actual, con graves recortes e redución orzamentaria, da
sanidade pública vaise trasladar, por lei, nunha cantidade descoñecida, á
sanidade privada, impedindo a actualización tecnolóxica e de persoal da rede
pública.
5º) Acentúa a desigualdade da organización sanitaria actual, xa que aquelas
persoas con capacidade para pagar a sanidade privada, e poder esperar a que
o Sergas lles faga o reembolso nun tempo indeterminado, poderán facelo se
na rede pública non lles ofrecen alternativa ao rematar os tempos máximos
de espera. Deste modo quen menos recursos ten será quen máis vai ter que
esperar. Unha sanidade de primeira para quen a poida pagar e para @s que
non poidan seguirán na lista de espera.
6º) Acentúa o afogamento dos hospitais comarcais, da rede sanitaria rural, xa
que o Sergas, no lugar de potencialos con persoal ou tecnoloxía, terá que
29231
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
aforrar custos e concentrar a asistencia nos centros hospitalarios máis
grandes e de carácter provincial.
7º) O obxectivo de maior accesibilidade nos tempos transfórmase de novo en
inaccesibilidade por desigualdade económica. Traslada máis gastos ás
familias xa que ao ofertar intervencións ou probas fóra do hospital próximo
obriga aos pacientes a escoller entre seguir esperando, e perder así as
“garantías” que ofrece esta lei, ou facerse cargo dos gastos de transporte e
aloxamento para pacientes e familia.
8º) Proxecto de Lei preséntase como economicamente neutro, ao prever uns
gastos orzamentarios equivalentes aos gastos previstos de autoconcertación
pública e concertación privada, mais iso é imposible. O Proxecto non
incorpora unha memoria económica, o que é irresponsable e ameazante para
a sustentabilidade da sanidade pública. Sen saber as situacións clínicas e
procedementos para os que se van garantir os tempos de espera, a súa
demanda actual, os tempos de espera actuais e a previsión de gastos é
imposible coñecer o impacto económico da lei.
9º) Practicamente non presenta novidades no referente á segunda opinión,
incluso elimina os problemas hereditarios graves como motivo de segunda
opinión, que si estaba presente no decreto anterior. Ademais presenta como
renovadora unha proposta de instrucións previas que ven sendo un calco do
decreto anterior.
29232
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
10º) Non contempla a creación dun novo sistema para garantir información
rigorosa aos pacientes, de modo que poidan tomar as súas decisións de
elección con coñecemento.
Por todas estas razóns, solicítase a devolución ao Goberno o Proxecto de lei
de prestacións de garantías sanitarias.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 07/06/2013 13:22:29
29233
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á totalidade ao Proxecto de lei
de garantías de prestacións sanitarias (PL-00009, doc. núm. 8060), con
expresa petición de devolución, en virtude das seguintes consideracións:
Resulta inútil e decepcionante, xa que, ademais de non aportar
ningunha novidade salientable en relación á lexislación existente, o
texto por fin presentado – transcorridos varios anos dende o seu
anuncio - non posibilita alternativas aceptables ou que veñan a
mellorar certamente as garantías sanitarias en Galicia.
Atenta contra a mesma base fundamental do sistema público de
saúde, ao obviar o principio da universalidade da prestación
sanitaria.
É indeterminado en moitas das cuestións que recolle, non definindo
cuestións esenciais e básicas; tal e como sucede, por exemplo, na
falla de concreción en relación as “prioridades” na aplicación das
supostas garantías na espera sanitaria.
Resultará imposible de levar a práctica cos recursos humanos e
materiais cos que conta actualmente o noso sistema publico de saúde,
sen que o texto propoña ningún tipo de medida para posibilitar un
incremento orzamentario, cuestión esencial sen a cal a lei resultará
inviable. Máis cando o seu desenvolvemento real queda supeditado á
evolución socioeconómica futura.
29234
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Sitúa á sanidade privada ao mesmo nivel ante a administración
autonómica que á sanidade pública, ignorando a
complementariedade de aquela.
É discriminatoria, pois establece a libre elección médico pediatra e
enfermería, cando en moitas zonas de Galicia, principalmente
rurais, se dispón tan só dun único profesional desas categorías.
Cuestiona a equidade e a accesibilidade para o conxunto do sistema,
fomentando determinados centros hospitalarios que posibilitará o
aumento das desigualdades.
Reflicte un retroceso no dereito á obter unha segunda opinión
médica, recollendo unha formulación mais restritiva incluso que a
actualmente en vigor.
Non implica ningún avance no dereito das persoas a estar informadas
e acompañadas axeitadamente para poder decidir correctamente
sobre o tratamento a seguir, posto que no referente ás instrucións
previas, recolle soamente cambios estético - administrativos.
Ademais o proxecto remitido requiriría que fora precedido dun informe real
sobre a situación de partida da espera sanitaria no sistema publico de saúde
de Galicia, cuestión da que carece. Igualmente utilízase o texto para variar
a representatividade sindical na Mesa sectorial.
29235
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, solicitamos que sexa devolto ao Goberno o Proxecto de
lei de garantías de prestacións sanitarias e se proceda a súa reformulación.
Pazo do Parlamento, 7 de xuño de 2013
Asdo.: Abel Losada Alvarez
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: Abel Fermín Losada Álvarez na data 07/06/2013 13:22:53
29236
Á Mesa do Parlamento:
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, a iniciativa do seu deputado Juan
Manuel Fajardo Recouso e a través do seu portavoz Xosé M. Beiras Torrado,
presenta a seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de
inclusión social de Galicia, polos seguintes motivos:
No Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda consideramos que:
O proxecto de lei que presenta o Goberno galego afástase do concepto sobre as
Rendas de Inclusión que ten este Grupo Parlamentar. E faino porque non contempla
ningún dos aspectos fundamentais que debe recoller o modelo que se necesita,
baseado en mecanismos como a Renda Básica das Iguais ou as Rendas Básicas
Universais. A proposta da Xunta de Galicia esquece para a renda de inclusión os
seguintes aspectos que o noso grupo parlamentar considera fundamentais:
* A renda debe ter carácter Individual e non, como recolle o proxecto do Goberno
galego, de renda “familiar”.
* Universal. Defendemos a necesidade da universalidade de unha renda que
garanta a todos os cidadáns galegos uns ingresos mínimos que dignifiquen a súa
condición.
* Incondicional. Debe garantirse o acceso á cantidade de renda que se considere
mínima para a dignidade das persoas e a mencionada cantidade debe ser
independente de condicionantes externos coma o mercado laboral.
* A contía determinada non pode estar un 40% (4792€/ano fronte a 7800€/ano) por
debaixo do limiar da pobreza, como inclúe este proxecto.
29237
Ademais, deben corrixirse os aspectos formais que deseguido relatamos:
1) O proxecto de Lei de Inclusión de Galicia non é, en si mesmo, un proxecto íntegro
de inclusión, senón un proxecto que se limita a lexislar sobre a renda de inserción
social e mais sobre as axudas de inclusión. Un proxecto de Lei de Inclusión debera
incluír moitos outros aspectos sobre dereitos básicos que este non inclúe: dereito á
vivenda, dereito ao traballo, dereito á actividade política, etc...
2) O proxecto de lei distingue, de xeito absolutamente contrario á razón e á
dignidade humana, entre cidadáns legais e “alegais”, excluíndo do seu ámbito de
aplicación a todos aqueles que non posúan residencia legal no noso país. É, polo
tanto, un proxecto xenófobo e excluínte.
3) Malia incluír expresamente a denominación “dereito subxectivo”, a presente lei
deixa o recoñecemento deste dereito sometido ás valoracións sobre a situación de
risco de exclusión social en base a futuros regulamentos que, neste momento,
descoñecemos. Tampouco inclúe criterios obxectivos.
4) O proxecto de lei presentado carece de seguridade xurídica en determinados
aspectos. Un primeiro xa foi comentado: a imposibilidade de coñecer os
requirimentos obxectivos que permiten a un peticionario dalgunha das rendas da
norma ser ou non beneficiario. Un segundo refírese á inadecuada ou inexistente
explicación de cales son as entidades de iniciativa social mencionadas no proxecto.
Ademais, non inclúe o, para nós, imprescindible anexo de entidades sen ánimo de
lucro.
5) O proxecto é incapaz de atender ás necesidades socias dos demandantes deste
tipo de axudas e provoca, polo tanto, procesos burocráticos que poden contribuír a
facer insuperable a situación de exclusión social. Ademais, desatende ás
29238
necesidades inmediatas de subsistencia mais básicas, como o acceso aos
alimentos, á vivenda ou á sanidade. O proxecto déixaas en mans das entidades de
iniciativa social, cando esas necesidades deberan garantirse mediante a
intervención da administración pública.
6) Tamén consideramos que non é apropiada a limitación de idade que se
estabelece (25 anos) para o acceso á mesma.
7) Tal e como recolle o propio informe do CES, a Xunta deixa á iniciativa individual a
solicitude das axudas e rendas recollidas no proxecto e delimita, polo tanto, o ámbito
de actuación das mesmas. En moitos casos, este tipo de reclamación individual
imposibilita o acceso aos dereitos recoñecidos na presente proposta a colectivos e a
persoas en situación de exclusión extrema. As dificultades destas persoas para
reclamar os seus propios dereitos precisaría un capítulo propio.
Polo tanto, solicítase a devolución do Proxecto de lei de Inclusión de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de Xuño de 2013.
Asdo.:Juan M. Fajardo Recouso
Deputado do G.P. da AGE
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Juán Manuel Fajardo Recouso na data 07/06/2013 12:50:09
29239
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 07/06/2013 12:50:21
29240
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través
da súa portavoz María do Carme Adán Villamarín e ao abeiro do artigo 112 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte EMENDA Á TOTALIDADE, con
petición de devolución, ao Proxecto de lei de Inclusión Social de Galiza (doc.
núm. 8061).
O Proxecto de Lei de Inclusión Social de Galiza remítese ao Parlamento
galego nun contexto de fonda crise económica. Os datos en Galiza son
absolutamente alarmantes. Segundo a “Rede europea contra a pobreza” no 2011
un total de 662.515 persoas, isto é, o 23,7% da poboación, atopábanse en Galiza
en situación de pobreza ou exclusión social. 47.031 persoas máis que no 2010, o
que supón un incremento do 7,6 por cento nun só ano. Asemade, a “Enquisa de
condicións de vida dos fogares” amósanos como as “persoas con moita
dificultade para chegar a fin de mes” incrementouse do 2011 ao 2012 en 2 puntos
porcentuais, pasando do 10.9% ao 12,%, o que supón un incremento do 18,3%.
Na mesma enquisa podemos comprobar como en Galiza as persoas que non
teñen capacidade para afrontar gastos imprevistos incrementouse do 28,3% ao
33% no mesmo período.
Os datos poñen de manifesto con maior intensidade que nunca a necesidade
de reformular un sistema público de inclusión para que se garanta realmente unha
renda mínima que permita gozar de condicións de vida dignas e integración
social plena a toda a cidadanía galega, sen exclusións de ningún tipo. O grupo
parlamentar do BNG considera que a lexislación de Inclusión Social debe
asentarse nos seguintes puntos:
29241
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
a. Universalidade: de forma que ningunha persoa entre en risco de
exclusión, seca a través dunha Renda Social ou facilitando o acceso a un
emprego.
b. Normalización. Os servizos sociais deben ser visíbeis e unha Renda
Social Básica non pode identificarse en ningún caso coa marxinalidade.
c. Prevención: desenvolver o conxunto de medidas necesaria para evitar
situacións que comportan vulnerabilidade ou exclusión social.
d. Inclusión: deben asegurarse cos medios humanos e financeiros
necesarios, os procesos de acompañamento individualizado que aseguren a
plena integración social das persoas que sofren procesos de exclusión ou de risco
da mesma.
O Proxecto de Lei que presenta o goberno non contempla estes principios,
nin o como nos últimos anos mudou o perfil de demandante de RISGA, pasando
a ser da orde dun 70% dos novos demandantes parados de longa duración. Polo
tanto, aínda recoñecendo que o texto remitido polo Goberno constitúe un tímido
avance no deseño dun sistema de inclusión que estableza como meta a formación
e o emprego, consideramos que:
1. Os recursos que acompañan o proxecto revélanse moi insuficientes tanto
para facer fronte ás necesidades reais de inserción no noso país así como para
garantir unha Renda Social Básica á cidadanía galega en situación de risco de
pobreza e exclusión social. A memoria económica que acompaña o Proxecto de
Lei non se fai eco desta situación. As previsións orzamentarias elabóranse como
29242
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
si se tratase dunha situación estacionaria na que os únicos incrementos son os que
derivan dos cambios introducidos na configuración e contía das axudas.
2. Tal e como poñen de manifesto as consideracións xerais vertidas no
ditame do Consello Económico e Social de Galiza, reiterase en numerosas
ocasións ao longo do Proxecto de Lei referencias a entidades de iniciativa social,
para atribuírlle funcións que deberían corresponder ás Administracións Públicas,
amosando o sesgo desta norma e da práctica política do goberno cara a
privatización ou externalización dos servizos sociais.
3. O Proxecto de Lei impón ás Administracións locais unha parte moi
significativa do custe dos servizos sociais comunitarios, nun momento no que
estas Administracións carecen de recursos suficientes para financiar eses
servizos.
4. O Proxecto de Lei adoece da necesaria coordinación coas políticas de
vivenda e cos servizos dependentes da Consellería competente nesa materia, para
levar adiante as necesarias políticas de erradicación da infravivenda e do
chabolismo, e para garantir ás persoas en risco de exclusión unha vivenda digna,
condición indispensábel para acadar unha verdadeira integración.
5. O Proxecto de Lei regula o Plan de Inclusión social e a rede de equipos
de inclusión sociolaboral sen ter presente a existencia destes equipos no seo da
administración neste momento e o bo facer de todos os seus traballadores e
traballadoras.
29243
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
6. Por último, para acadar unha verdadeira coordinación entre os servizos
de inclusión social e os servizos de emprego é necesario que se contemplen
tamén as dotacións orzamentarias dos programas de promoción de emprego
vinculados ás políticas de inclusión, en claro retroceso nos últimos anos.
Por isto formulamos a presente emenda de totalidade ao Proxecto de Lei de
Inclusión Social de Galiza, con petición de devolución ao Goberno.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Portavoz S. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 07/06/2013 13:00:20
29244
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á totalidade ao Proxecto de lei
de inclusión social de Galicia (PL-000010, doc. núm. 8061), con expresa
petición de devolución, en virtude das seguintes consideracións:
O Proxecto de lei de inclusión social de Galicia, aprobado polo Consello da
Xunta de Galicia na xuntanza do 25 de abril deste ano e remitido ao
Parlamento de Galicia o 20 de maio, chega á súa tramitación parlamentaria
máis de 4 anos despois de ser acordada a súa elaboración no marco do
Diálogo Social, así:
1. Idéntico proxecto de lei, foi xa sometido ao debate de totalidade no
Parlamento de Galicia no pasado ano 2012 e quedou suspendido na
súa tramitación polo adianto electoral decidido polo presidente
Feijoo.
2. Xa daquela o retraso era considerable, tendo en conta que o primeiro
compromiso acadado no marco do Diálogo Social para revisar a
lexislación vixente da Renda de Integración Social, produciuse na
elaboración da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de
Galicia, rexeitada daquela polo Partido Popular, e o segundo foi en
xaneiro de 2010 cando se asinou o acordo polo que se comprometía
este proxecto de lei co seu correspondente cadro económico.
3. A pesares disto, de novo nesta lexislatura se produce outro
incomprensible retraso na súa tramitación, posto que dende que o
Parlamento de Galicia se constituíu, pasadas as eleccións do 20 de
novembro de 2012, levamos xa medio ano de lexislatura, tempo
dabondo para ter tramitada e aprobada esta lei, si de verdade o
Goberno de Galicia considérase de interese prioritario a política de
loita contra a pobreza e a exclusión social.
29245
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A lei basicamente actualiza os contidos da lexislación vixente en
materia de inclusión social emanados da Lei 9/1991, da Lei 1/1999 e
da Lei 16/2004 e estrutura a nova renda de inclusión social arredor
do disposto na Lei 13/2008 para os servizos sociais comunitarios.
Os socialistas consideramos pouco ambicioso o plantexamento desta
lei e incoherente coa práctica política do Goberno de Galicia,
recoñecendo que incorpora melloras con respecto á lexislación
vixente pero poñendo de manifesto que non afronta con valentía a
actual situación.
Estanse regulando dereitos subxectivos á vez que se condiciona o
cumprimento do establecido na propia lei á existencia de
dispoñibilidade orzamentaria, tal e como recolle o propio informe da
Consellería de Facenda que acompaña ao proxecto de lei.
O incumprimento do cadro económico pactado no Diálogo Social
para esta lei é posto tamén de manifesto polo informe do Consello
Galego de Relacións Laborais.
Algunhas das cuestións que formularon as centrais sindicais no
marco do Diálogo Social no contido da lei tampouco son respectadas
no actual proxecto de lei que se trae a trámite ao Parlamento de
Galicia.
Os gobernos locais, non foron tidos en conta na elaboración do
proxecto de lei a pesares de que deberían ser os principais aliados do
Goberno de Galicia para a loita contra a pobreza e a exclusión social.
O informe negativo da Federación Galega de Municipios e
Provincias tamén consta nos documentos que acompañan ao
proxecto de lei.
A pesares do que se diga na exposición de motivos, as entidades do
terceiro sector que presentaron alegacións a este proxecto de lei,
tampouco viron recollidas as súas demandas no mesmo.
29246
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A práctica política do Goberno Feijoo non se compadece co obxecto da lei,
así:
1. Unha das primeiras medidas do Goberno Feijóo foi suprimir os
equipos de inclusión das grandes cidades e do Consorcio das
Mariñas.
2. O vixente II Plan galego de inclusión social 2007-2013 vixente na
actualidade está incumprido, presupostado cando menos nun
20 % por debaixo do previsto cando as necesidades aumentaron
dende que foi posto en marcha.
3. Pacto Galego contra a Pobreza, do que forma parte o Partido
Popular que sustenta ao Goberno de Galicia, tamén fica
abandonado e incumprido por parte da Xunta de Galicia.
4. Proxecto de lei de racionalización e sustentabilidade da
Administración local promovido polo Goberno central , derroga
de facto a Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, sobre a que
se sustenta esta lei, suprime as competencias dos servizos sociais
dos concellos de máis de 20.000 habitantes, promove na súa
exposición de motivos e de xeito claro a iniciativa privada e
supedita a prestación dos servizos sociais á situación económica.
5. As decisións adoptadas en materia de política económica e social
tanto polo Goberno de Galicia como polo Goberno de España
contribúen a empobrecer á poboación: eliminan axudas estatais a
teleasistencia, reducen o orzamento estatal para o Plan
Concertado nun 65 %, as persoas con dependencia moderada non
poden acceder ao sistema implantado na Lei de autonomía
persoal, maior copago para as persoas usuarias dos servizos
sociais, ralentización das avaliacións de dependencia e das
prestacións, excesiva burocratización da RISGA, non se
actualizan nin se revalorizan as pensións, copago nas menciñas,
supresión de fármacos do financiamento público, supresión da
gratuidade dos libros de texto, pago de próteses, etc.
29247
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
6. orzamento dedicado a políticas activas de emprego descendeu só
neste ano 2013 nun 40,37 %, desmantelando os servizos de
orientación e intermediación laboral que dependen do servizo
público de emprego, co despido de 223 persoas no 2012.
7. A marxe de manobra que ten a CCAA en materia de fiscalidade e
de cumprimento do déficit non é aproveitado polo Goberno
Feijoo para incrementar os ingresos da CCAA e facer que
contribúan máis quen máis ten e dedicar máis recursos a blindar
as políticas públicas que garantan os dereitos das persoas.
Pazo do Parlamento, 7 de xuño de 2013
Asdo.: Abel Losada Alvarez
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: Abel Fermín Losada Álvarez na data 07/06/2013 13:22:33
29248
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUCTURA
1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS
1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA
1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS
1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL
1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA
1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO
1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO
1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN
1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS
1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS
1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO
1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN
2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO
3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS
4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25
Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727