boletÍn informativo nº 8...boletÍn informativo nº 8 instituto de educaciÓn secundaria lama das...
TRANSCRIPT
BOLETÍN INFORMATIVO Nº 8
INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA
LAMA DAS QUENDAS DE CHANTADA
R.\ Uxío Novoneyra s/n 27500 - Chantada (Lugo)
Telf.: 982 870 223– Fax: 982 870 233 e-mail: [email protected]
http://www.edu.xunta.es/centros/ieslamaquendas
Maio- 2016
17 de maio - Día das Letras Galegas
PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - CURSO 2015/2016
Desafío robótico no I.E.S. Lama das Quendas
O 30 de maio de 2016, desde o departamento de Tecnoloxía levouse a cabo unha actividade para dar a coñecer as plataformas robóticas construídas polo alumnado de Robótica de 1º de Bacharelato. Mediante esta materia, o alumnado:
• Involúcranse activamente no seu propio proceso de aprendizaxe.
• Desenvolven a intuición científica e de enxeñaría.
• Potencia as súas habilidades de investigación e resolución de problemas mediante estratexias centrándose no razoamento lóxico e analítico.
• Potencia as habilidades de presentación e creatividade.
• Permite que sexa un hábito conseguir certas metas.
• Converterse nun autodidacta activo.
• Aumenta a súa competencia nas ciencias tecnolóxicas, as de maior demanda na actualidade e no futuro. Durante esta actividade, este alumnado de Robótica explicou a outros compañeiros do centro o funcionamento dos seus robots, existindo varios modos de funcionamento. Algún destes modos eran: