boletín informativo bbs
DESCRIPTION
Boletín informativo das propostas da Biblioteca Brea Segade para o mes de decembro 2012.TRANSCRIPT
BOLETÍN INFORMATIVO DA
BIBLIOTECA BREA SEGADE DECEMBRO 2012
O bibliotecario. Giuseppe Arcimboldo. 1565
UN LIBRO PARA AGASALLAR
Un ano máis no mes de decembro o CEP Brea Segade
énchese de libros para todas as idades e todos os gustos. Son
novidades editoriais que durante dez días poderemos ver, tocar
e gozar, grazas á colaboración de diferentes editoriais que nos
ceden durante un tempo unha escolma dos seus fondos. O
obxectivo da campaña “Un libro para agasallar” e fomentar
que se regalen libros neste tempo de Nadal. Coa nosa exposición
pretendemos que os nosos nenos e nenas inclúan polo menos un
libro entre as súas peticións de agasallos para estas festas.
Como todos os anos, convidámosvos a que visitedes a
exposición cos vosos fill@s e que descubrades con eles libros de
distintas temáticas, en distintos formatos, de xéneros diferentes,
pero todos eles escollidos desde o criterio da calidade tanto dos
contidos como da forma de presentalos.
Este ano fixemos un esforzo por incluír unha selección de
libros de banda deseñada, o tema da campaña da biblioteca
deste curso.
A exposición estará aberta para as familias todas as
tardes desde o día 10 ao 21 de decembro.
Luns, xoves e venres de 15:30 a 17:30
Martes e mércores de 17:30 a 18:30
Agardamos a vosa visita!
www.blogoteca.com/bbs
O vindeiro luns 10 de decembro, no salón de actos da
Biblioteca Nacional, en Madrid, farase entrega ao noso
centro dun dos Premios do Concurso Nacional de boas
prácticas para a dinamización e innovación das
bibliotecas escolares da convocatoria do ano 2011.
Alí estarán tres profesoras representando á escola e
recollendo un premio que é de toda a comunidade educativa do
CEP Xosé Mª Brea Segade, como a nosa biblioteca.
ENTREGA DO PREMIO DE
BOAS PRÁCTICAS A BBS CLUB DE LECTURA PARA ADULT@S
TRÍPTICO DE RECOMENDACIÓNS
DE LECTURAS
Botou a andar un Club de lectura para adulto@s na BBS!
As xuntanzas terán lugar os luns, cada tres semanas, de
tres e media a catro e media da tarde. No club compartiranse
boas lecturas e boas conversas e de cando en cando tamén se
proxectarán películas dalgúns dos libros lidos.
A vindeira xuntanza será o luns 17 de decembro. Visitade
o blogue da biblioteca para máis información.
Animádevos a participar!
Tal e como fixemos nos últimos cursos, as bibliotecas
escolares de todos os centros de Rianxo e a Biblioteca Pública
Municipal Castelao elaboramos unha guía de recomendacións de
lecturas que repartiremos xunto cos boletíns das notas e que
tamén colgaremos no noso blogue . Na guía incluímos suxestións
de lecturas para todas as idades, desde prelectores a adultos. Os
libros recomendados poden ser agasallos para estas festas, pero
tamén estarán á vosa disposición para préstamo na BBS ou na
Biblioteca Municipal á volta das vacacións. www.blogoteca.com/bbs