boletin 1
DESCRIPTION
Boletin nº1 de la bibliotecaTRANSCRIPT
BIBLIOPALACIOS Boletín da Biblioteca Escolar
CEIP Plirilingue Antonio Palacios
A NOSA BIBLIOTECA A nosa biblioteca é un centro
de recursos onde podedes
atopar ademáis de libros de
ficción colocados por nivel
lector, un montón de libros
informativos organizados por
temas, cds e DVDs así como un
ordenador onde podedes facer
consultas a través de
Internet.
A biblioteca da escola
permanece aberta durante
todo o horario lectivo.
Cada grupo ten unha hora
asignada na biblioteca co
seu titor ou titora.
Os préstamos realízanse
no recreo, cada nivel debe
baixar o día asignadao que
podedes ver no panel da
entrada.
Na biblioteca estará algún
mestre e un grupo de nenos
e nenas de 5º, que poden
axudarvos a escoller libros,
indicaros onde atopalos,
etc.
Polas tardes a biblioteca
permanece aberta de 16:00
a 17:30 de luns a venres
agás os martes, se tedes
algún trabalo de
investigación que facer
podedes acudir a buscar
información.
Tamén, polas tardes,
organizaranse actividades
para familias e pequennos
relacionadas cos libros e a
lectura, estade atentos.
AS NOSAS MASCOTAS
nha familia de polos
acaba de mudarse á na
nosa biblioteca, son a
familia Leo e traen un
montón de sorpresas para
todos vos:, concursos,
xogos e sobre todo moitas
lecturas para todos e
todas.
U
O MAGOSTO Recibe este nome a festa que
se organiza no mes de
novembro, especialmente o día
Todos os Santos ou de San
Martín para asar e
posteriormente comer as
castañas.
Antigamente era frecuente
acompañar os magostos con
viño novo. Normalmente as
mozas achegaban as castañas
e os mozos o viño. Tamén se
comía pan de trigo e outros
alimentos da época.
Terminaba o magosto con
xogos e bailes. O xogo máis
común era o de tiznarse a cara
uns a outros.
Os magostos están vinculados
ao día de defuntos porque
existía a crenza de que por
cada castaña comida
liberábase unha alma do
purgatorio.
Os zonchos eran colares ou
rosarios de castañas cocidas
coa monda e atravesadas cun
fío, esta é un costume que
hoxe en día aínda se mantén.
SOPA DE LETRAS Busca as seguintes palabras
relacinadas co magosto na
sopa de letras, logo
empararella cada palabra coa
súa definición
ZONCHO
CANDEA
DEFUNTOS
OURIZO
BULLO
REGAÑAR
SOUTO
A B C D E F G H I K R
L U K E V R O E G B E
M N Ñ F O H T S B L G
A O X U C Q N E U W A
V C A N D E A S L O Ñ
I U O T P M Z L L A A
X Z I O U R I Z O P R
Z W M S Q S U T A D F
G C W A R R U A V C U
H A V Z B O U Ñ P E T
I S U L S U M A G O S
1.-Un dos días que se acostuma
cebra-lo magosto 2.-Castaña cocida con casca 3.-Abrir o ourizo 4.-Terreo poboado de castiñeiros 5.-Casca espiñenta da cataña. 6.-Flor do castiñeiro 7.-Castaña pelada e case seca.
A CASTAÑA QUE
ESTOUPOU COA RISA
Un día, xa fai anos, ían de camiño
unha brasa de carbón, unha palla e
unha castaña. Chegaron á beira dun
río e non sabían como facer para
atravesalo.
A castaña que era moi lista propuso
o seguinte: como a palla pode
flotar na agua, eu montareime
enriba dela e nadando levarame á
outra orilla. Despois voltará a
levarte a ti, dixo falando cara a
brasa.
Como a idea lles pareceu ben as
duas, así se fixo. Promeiro a palla
levou a castaña e despois voltou
pola brasa. Pero cando estaban no
medio do río, a palla sentíu que se
estaba queimando coa calor da
brasa e, de súpeto fixo un
movemento brusco e dunha
sacudida botóuna a auga.
Cando a castaña veu esto, deulle un
ataque de risa, ríase tanto de ve-la
brasa mollada, ríase con tanta
forza que estoupou. A palla quedou
na beira de río toda chamuscada. A
brasa chegou máis tarde, tan
molladiña que se apagou.
Estaban as duas incomodadas coa
castaña porque se estaba a rir
mentres elas o pasaban mal, pero
cando se decataron que coa risa lle
reventara a tona e que estaba
destrozada, sentiron lástima dela e
foron buscar un xastre para que a
remendase e lle recosese o burato.
O xastre só tiña un anaco de tea
máis claro que o da tona da castaña
e tivo que amañala poñéndolle un
anaco de esa cor. Por iso agora
andan tódalas castañas cun
pedaciño de tona que parece un
pouco máis claro.
RECOMENDAMOS
O vento de Antón
O señor mago e a folla
Manualidades para facer con
elementos do outono. Podes atopalo
na sección de Arte e Música
RECUNCHO DA LINGUA
Polo San Martiño proba o
teu viño.
En outono vota as patacas
e garda cedo as vaca.
Outono cegar, porco cebar.
Planta en outono e terás
para o ano todo.
VISITA O NOSO BLOG bibliopalacios.blogspot.com