bicicleta

11
A BICICLETA

Upload: maritacasaltato

Post on 31-Jul-2015

482 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bicicleta

A BICICLETA

Page 2: Bicicleta

QUE É…?É un vehículo de transporte persoal impulsado

exclusivamente pola forza muscular do ser humano.

Os seus compoñentes básicos son: dúas rodas, un sistema de transmisión aos pedais, un cadro metálico, un guiador e unha sela.

É un transporte económico e non contamina. Pódese empregar tanto na cidade como no medio rural.

Page 3: Bicicleta

CURIOSIDADESHai arredor de 800 millóns de bicicletas no mundo, a maior

parte delas en China.

As primeiras bicicletas non tiñan pedais.

O ciclismo queima 600 calorías por hora.

A bicicleta é máis rápida co coche en distancias curtas, en

cidade.

A bici máis cara do mundo é a Aurumania Gold Bike Crystal

Edition. Está bañada en ouro e cuberta con máis de 600

elementos de Swarovski cristalizados. Existen só 10

unidades e o valor de cada unha é 80.000 €.

Page 4: Bicicleta

INVENTORO alemán Karl Drais foi o inventor da bicicleta. Naceu no ano 1785 e faleceu no ano 1851. O seu rudimentario artefacto, creado arredor de 1817, impulsábase apoiando os pés alternativamente sobre o chan.

Page 5: Bicicleta

HISTORIA DA BICICLETADende que Karl Drais inventou a primeira bicicleta (velocípede), a bicicleta seguiu evolucionando ata o día de hoxe. A seguinte bicicleta foi outro velocípede moi similar que o de Karl Drais, realizado por Thomas McCall. A continuación Pierre Michaux creou a primeira bicicleta con pedais. James Starley seguiu mellorando as bicicletas anteriores, polo que construíu un modelo de bicicleta de roda alta con pedais. Máis adiante no ano 1885 Jonh Kemp Starley creou unha máquina segura. En 1960 creouse un modelo de bicicleta para poder ir por pistas. A de hoxe en día fíxose coñecer en 1970, a chamada bicicleta de montaña.

Page 6: Bicicleta

CICLISMO DE COMPETICIÓN

O ciclismo de competición é un deporte olímpico no que se utilizan diferentes tipos de bicicletas. Hai varias modalidades deste deporte como: o ciclismo en carretera, o de pista, o de montaña, trial de ciclismo, cyclo-cross e BMX e dentro delas varias especialidades.

Page 7: Bicicleta

CICLISMO DE RECREACIÓN

O ciclismo de recreación consiste en usar a bicicleta como medio de exercicio físico, diversión, transporte ou turismo. Nesta modalidade de ciclismo as persoas fan rutas curtas durante o día, aínda que algúns a usan para viaxes máis longos, nos que empregan varios días.

Page 8: Bicicleta

CICLISMO URBANOO ciclismo urbano consiste no emprego da bicicleta como medio de transporte na cidade ou nos seus arredores. As persoas utilízana para ir a traballar, para facer as comprar, para dar paseos… As cidades do mundo que facilitan o uso da bicicleta e o promoven son Ámsterdam (Holanda), Copenhague (Dinamarca) e Bogotá (Colombia).

Page 9: Bicicleta

CICLISMO OLÍMPICOO ciclismo olímpico é parte do programa olímpico

dende a primeira edición moderna dos Xogos Olímpicos de Atenas, en 1896.

Nos Xogos Olímpicos de Estocolmo só se realizaron probas na disciplina en ruta, a única vez que sucedeu.

Ata chegar os Xogos dos Ánxeles a participación só era masculina. Desta vez as mulleres empezaron a participar nas probas de ruta.

Nas Olimpíadas de Atlanta participaron por primeira vez os ciclistas profesionais e tamén se introduciu a modalidade de campo a través de ciclismo de montaña ou mountain bike.

Nos Xogos Olímpicos de Pekín engadiuse a disciplina BMX SX.

Page 10: Bicicleta

CICLISMO PARALÍMPICO

No ciclismo paralímpico poden participar os seguintes colectivos: os cegos, deficientes visuais, amputados, paralíticos cerebrais e parapléxicos.

Page 11: Bicicleta

Presentación realizada por:Lucía Fernández López-6ºA

Fidel Gómez Quintela-6ºAPaula Labandeira Cea-6ºA

Javier Penas Veiga-6ºA