biblioxornal 6
DESCRIPTION
Boletín trimestral da bibliotecaTRANSCRIPT
Número 6Número 6Número 6Número 6 Decembro 2007 Decembro 2007 Decembro 2007 Decembro 2007
Chega o Nadal. É tempo de vacacións. Chegan datas para compartir bos senti-mentos, para vivir en familia e cos ami-gos, para intercambiar agasallos, para viaxar, para ler. E as lecturas son tamén viaxes. Cando viaxamos, cando lemos buscamos saír da vida cotiá, romper as rutinas, coñecer outros lugares, compar-tir novas experiencias, facernos outros. O regreso dunha viaxe, o peche dun libro é volver á rutina, reintegrarnos a nosa habitual circunstancia mais cunha reno-vada bagaxe de emocións, coñecemen-tos, verbas, sons, imaxes, vivencias…
Quizais un dos mellores agasallos para este Nadal sexan os libros pois con histo-rias para ler nunca nos atoparemos sós e sempre poderemos viaxar e visitar novos mundos aínda permanecendo a carón do lume dos nosos fogares. Por iso o equipo da biblioteca do instituto recoméndavos esta ducia de libros, ogallá algún ou al-gúns deles sexan os vosos compañeiros para despedir o ano que remata e para darlle a benvida ao 2008. Bo Nadal! Bo Aninovo! Felices lecturas!
Riveiro Coello, Antón, , , , Casas BaratasCasas BaratasCasas BaratasCasas Baratas
Un libro de contos onde o autor
se debruza sobre o tempo no
que se forma a personalidade e
sobre o que se constrúe a me-
moria individual. Literatura au-
téntica escrita desde as emo-
cións que perduran.
Grandes, Almudena, Estaciones de pasoEstaciones de pasoEstaciones de pasoEstaciones de paso
Cinco historias de adolescen-
tes que van vivir circunstancias
que os desbordan pero que
axudarán a facelos adultos.
Historias de determinación e
coraxe, de conflito co entorno
pero tamén de amor, de educa-
ción sentimental e de forma-
ción da conciencia. Unha galería de mozos aturdi-
dos e desnortados pero que queren saír adiante.
Boyne, John, El niño con el pijama de rayasEl niño con el pijama de rayasEl niño con el pijama de rayasEl niño con el pijama de rayas
Historia dun neno de nove anos, fillo dun comanda-
nate nazi do campo de concentración
de Auschwitz na segunda guerra
mundial. Lembra “La vida es bella”
pero desde a óptica inocente dun
neno alemán ao que se lle quere
ocultar a terrible realidade exterior.
OUTRAS SUXESTIÓNSOUTRAS SUXESTIÓNSOUTRAS SUXESTIÓNSOUTRAS SUXESTIÓNS
UÉ atwtÄ4
YxÄ|é ECCK4
Conan Doyle, Arthur, O can dos BaskervilleO can dos BaskervilleO can dos BaskervilleO can dos Baskerville
Engánchate as aventuras do máis famo-
so detective de todos os tempos. Hol-
mes coa axuda do Dr. Watson, resolve
os casos máis insólitos grazas á súa
capacidade dedutiva. Nesta ocasión
investiga a morte inesperada de sir
Charles. Unha vez máis a maldición, anunciada por un
espectro e polos ladridos dun can, cébase nos Baskervi-
lle.
Wiesner, Müller, Mattei, ¿Tienen los ¿Tienen los ¿Tienen los ¿Tienen los
animales que lavarse los dientes?animales que lavarse los dientes?animales que lavarse los dientes?animales que lavarse los dientes?
Fúndenselle os plomos ós vagalu-
mes?, son os porcos tan porcos?, rin
as galiñas?, teñen as vacas dentes de
leite?, é crente a mantis relixiosa?,
sabe inglés un pastor alemán? , fuman os camelos?, é
pacifista un peixe espada?, cantos pés ten un milper-
nas?... Atopa resposta, de forma divertida, a estas e ou-
tras cuestións sobre o marabilloso mundo dos animais
lendo este libro.
Jennings, Paul, Vaiche boa!Vaiche boa!Vaiche boa!Vaiche boa!
Uns calzóns proporcionan cualidades
prodixiosas a quen os leva postos. Unha
barra de labios volve tolas ás rapazas.
Un esqueleto no retrete e ósos que ca-
miñan pola praia… goza destas e outras
alucinantes historias a modiño porque
ollo! Poden provocar adicción á lectura.
Neira Cruz, Xosé A., As cousas clarasAs cousas clarasAs cousas clarasAs cousas claras
Ficción ambientada nun instituto de
ensino secundario, reconstrúe a in-
vestigación que fan unha moza e un
mozo sobre o conflito no que se ve
metido o seu profesor de literatura,
vítima dunha inxusta campaña na súa
contra pola maneira en que trata, nas
clases cos seus alumnos, a educación afectiva e
sexual .
Twain, Mark, El diario de Adán y EvaEl diario de Adán y EvaEl diario de Adán y EvaEl diario de Adán y Eva
Humor e observacións sobre a nature-
za humana. Adán é un home cheo de
curiosidade e desexoso de non facer
nada. Eva é unha muller inqueda que
quere comprender todo o que lle ro-
dea e ten necesidade de compartilo
con calquera que a escoite.
Reigosa, Antonio, Memorias dun raposoMemorias dun raposoMemorias dun raposoMemorias dun raposo
Afonso, un raposo inconformista,
tamén chamado Pedro, Perico ou O
das zapatillas, cóntalles aos da súa
mesma especie quen foran, quen
eran e en que parte do mundo es-
taban. Ao final, o propio Reigosa
narra parte da súa vida e a relación
que mantén co raposo protagonista desta historia.
Reigosa, Carlos, NarcosNarcosNarcosNarcos
Unha ficción baseada nunha triste realida-
de. A novela, de trepidante acción, de rit-
mo forte e rápido comeza cando o detecti-
ve Nivardo Castro e o xornalista Carlos
Conde pretendendo furar no mundo do narcotráfico, enté-
ranse do próximo desembarco na costa galega dun im-
portante cargamento de drogas. O lector queda engan-
chado nunha intriga na que non falta unha boa dose de
humor porque como di o autor “un escritor galego que
non utilice o humor non é un bo escritor galego”
Pascual, Emilio, Dias de Reyes MagosDias de Reyes MagosDias de Reyes MagosDias de Reyes Magos
O protagonista é un adolescente frustra-
do e desacougado polo que ve na casa.
A realidade non vai cambiar por arte de
maxia, os Magos non existen, só queda
fuxir: da casa, do instituto, dos amigos.
Pero, antes da fuxida, un cego no metro
busca un guía que lle lea os libros que el non pode ver. O
noso protagonista acepta ser ese guía e entón comeza a
maxia, da man de Cali, do cego e da literatura.
Rivas, Manuel, Os comedores de patacas Os comedores de patacas Os comedores de patacas Os comedores de patacas
Sam está enganchado na droga e vive a
cabalo entre o mundo urbano e rural. O
paro, o walkman, o rap, os colegas, o
contacto co sexo, o ruído dos tractores,
a incomunicación… son algúns dos refe-
rentes vitais dun protagonista que vive
empuxado polo optimismo.
1º e 2º da ESO1º e 2º da ESO1º e 2º da ESO1º e 2º da ESO 3º e 4º da ESO3º e 4º da ESO3º e 4º da ESO3º e 4º da ESO BACHARELATOBACHARELATOBACHARELATOBACHARELATO