biblioteca móbiles

6

Click here to load reader

Upload: biblioteca-escolar-leirado

Post on 11-Jul-2015

414 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Biblioteca móbiles

Que é un bibliobús?

O bibliobús é unha biblioteca móbil, que

presta os mesmos servizos que unha

biblioteca municipal. A súa misión é

facilitar o acceso a información, cultura e

ocio.

Viaxan as zonas con menos poboación e

tamén a puntos alonxados das zonas

urbanas.

Organización dos Bibliobuses:

Segundo datos do 2010, en España funcionan 30 servizos de Bibliobús

repartidos en 11 comunidades, que xestionan

un total de 85 Bibliobuses.

A comunidade con maior número de efectivos

é Castela León, que conta con 31 vehículos, o

37% do total nacional. O 79% dos Bibliobuses

Españois concéntranse en 4 comunidades

autónomas, mentres que existen rexións sen

este tipo de servizos: Galiza, Cantabria, País Vasco, La Rioja, Navarra e Illas

Baleares.

Page 2: Biblioteca móbiles

Os bibliobuses en Cataluña:

En marzo de 1957, a rede de bibliotecas populares da deputación de

Barcelona inaugurou a Biblioteca móbil numero 1.

O segundo Bilbliobús foi inaugurado en 1960 co nome de biblioteca móbil

numero 2.

Entre 1995 e 2012 a

Deputación de Barcelona

puxo en funcionamento 8

bibliobuses máis dentro

do coñecido como Plan de Bibliobuses da deputación de Barcelona.

Actualmente hai 11 Bibliobuses en funcionamento en toda Cataluña, 9 da

rede de Bibliotecas Municipais da Deputación de Barcelona y 2 do servizo

de Bibliotecas da Generalidad de Cataluña.

Difusión e pautas sobre bibliobuses:

Das condicións que require un servizo de Bibliobús, é necesario resaltar a

importancia no cumprimento dos seus obxectivos. A planificación e

cumprimento das visitas.Valórase e difundese un calendario anual no que

se reflicten os días nos que se parará nunha determinada localidade,

precisando a hora e tempo de permanencia.

Page 3: Biblioteca móbiles

O bibliobús da mancomunidade do

Condado:

A Mancomunidade de Municipios da comarca do Condado, foi unha

entidade local constituída nos anos 70, por diversos concellos desta

comarca do Sur da provincia de Pontevedra , que agrupaba os seguintes

municipios : Mondariz , Salvaterra de Miño , Salceda de Caselas e

Ponteareas .

O bibliobús foi unha das principais ferramentas da extensión bibliotecaria ,

este automóbil tamén foi un servizo

cultural e educativo.

Comeza a percorrer os camiños da

comarca no ano 1979 , abarcando os

municipios que entón estaban

integrados na Mancomunidade , un

total de sete e continua a súa actividade durante varios anos. Co paso do

tempo , en torno a 1983/4, o bibliobús deixa de prestar servizo debido ,

basicamente , o deficiente funcionamento mecánico do vehículo e a

dificultade no desenvolvemento interno da Mancomunidade .

En 1989 ao comezar a actividade da biblioteca municipal de Ponteareas se

encontraron co bibliobús alí custodiado e coa decisión política de reiniciar

o seu funcionamento .

Para aposta en marcha de este servizo realizaron unha avaliación dos

seguintes aspectos :

Page 4: Biblioteca móbiles

1.-Determinación dos itinerarios.

2.-Fixación de horarios.

3.-Establecemento dos puntos de servizo.

4.-Campañas de divulgación.

Foron sete anos de funcionamento

deste servizo bibliotecario móbil ,

único existente en Galiza xunto a

outro bibliobús dependente da

consellería de Cultura , comunicación

social e turismo da Xunta de Galiza, da zona urbana da cidade de

Ourense.O bibliobús da Mancomunidade do Condado foi un pequeno

´´bonsai``.

Pese a todo , recorreu diariamente as estradas do Condado para chegar

fiel a súa cita cos seus lectores .

Durante este período o bibliobús ofreceu os seus servizos en 17 núcleos

rurais dos municipios de Ponteareas , Salceda de Caselas , Salvaterra de

Miño e Mondariz , en once centros educativos da comarca.

O biblioburro:

O Biblioburro é unha biblioteca literalmente que distribúe libros as costas

de burros.

Page 5: Biblioteca móbiles

Soriano (o dono do burro) se sentía fascinado pola lectura desde pequeno

e graduouse na literatura española cun profesor que visitaba a aldea un

par de veces ao ano.

Exercendo como profesor da escola

de Primaria , ocorréuselle a idea,

despois de observar o poder que

tiña a lectura para transformar aos

seus estudantes , que viviron un

conflito máis intenso do que el mesmo vivira de neno. Empezando a finais

dos anos 90, Soriano viaxou polas comunidades interiores da Colombia

caribeña cunha libraría portátil que empezou con 70 libros. Os libros de

aventuras infantís se manteñen coma os libros máis populares entre os

distribuídos por Biblioburros, tamén distribúen enciclopedias, novelas,

textos médicos e relatos como a fábula de Anaconda de Horacio Quiroga e

tamén o dicionario de español da real academia española (RAE).

O bubisher:

O Bubisher é un bibliobús que leva as escolas dos campamentos

refuxiados do Sáhara. Non é

unha ONG,é unha asociación

respaldada por un colectivo

de persoas con intereses

afíns, que se financia en

gran parte con aportacións

individuais ou colectivas. O

Page 6: Biblioteca móbiles

bubisher é un paxaro símbolo da liberdade e, precisamente , e esa

liberdade a que define este proxecto. Son basicamente catro grupos

“Bubisher” ben definidos: voluntarios, mestres saharauís, coordinadores-

bibliotecarios saharauís, poboación dos campamentos.

Biblioteca Alemana-nicaragüense:

O bibliobús “Bertolt Brecht” viaxa por Nicaragua. Cada vez que o bus

estaciona enfrente dos centros de

detención en Matagalpa,

Chinandega, Granada o A

Esperanza, o estado de ánimo dos

internos mellora, xa que o

Bibliobús trae un pouco de cor a

vida diaria do gran número de

persoas, que están en celdas moi

pequenas.

Os internos son moi ansiosos por aprender e prefiren libros de texto

para a súa capacitación.

Gústanlle os libros sobre como superarse na vida e sobre a autoestima.

Os internos prefiren ler poesía de autores nacionais e as internas

literatura especial para axudarlles a adaptarse á nova vida cando sexan

liberadas. Finalmente gran parte das persoas aprenderon a ler e escribir.

Alumnas e alumnos de 6º

Fontes:

“El bibliobús de la mancomunidad del condado ¿un espejismo agotado?” Rafael Sánchez Bargiela 2002

http://biblioburro.blogspot.com www.bubisher.com www.wikipedia.org

http://banspanisch.wordpress.com/