biblioteca animaciÓn Á lectura ciencia ficciÓn

10
ALFAYA, AN A lenda da lúa de Montealto. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo. RESUMO: Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa. A lenda da lúa de Montealto é unha novela ateigada de referencias aos sentidos: a calor, os olores, o tacto e o sabor das cousas. A sensualidade agroma en cada palabra, buscando describir cada unha das reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas dos protagonistas. A novela é tamén unha reflexión entre o mundo da lóxica e o mundo sobrenatural. Ambientada nunha Galicia rural a comezos do século XX, asistimos á natureza dun individuo que se altera para se converter nun ser máis próximo ao mundo animal porque ninguén é o que quere ser, senón tan só un monicreque con milleiros de fíos cruzados, se se mete polo medio a caprichosa lúa de Montealto.

Upload: emiliano-gomez-vazquez

Post on 19-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

TRANSCRIPT

Page 1: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

ALFAYA, AN A lenda da lúa de Montealto. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO:

Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado

ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a

escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que

Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De

quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha

alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a

falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da

voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do

pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca

min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa.

A lenda da lúa de Montealto é unha novela ateigada de referencias aos sentidos: a calor,

os olores, o tacto e o sabor das cousas. A sensualidade agroma en cada palabra, buscando

describir cada unha das reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas dos protagonistas. A novela é tamén unha reflexión entre o mundo da lóxica e o mundo sobrenatural.

Ambientada nunha Galicia rural a comezos do século XX, asistimos á natureza dun individuo

que se altera para se converter nun ser máis próximo ao mundo animal porque ninguén é o que

quere ser, senón tan só un monicreque con milleiros de fíos cruzados, se se mete polo medio a

caprichosa lúa de Montealto.

Page 2: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

Suso de TORO, A Sombra cazadora. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades». Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller». A sombra cazadora será levada ao cine. Traducida ao castelán e ao portugués, así como a outras linguas europeas.

Page 3: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

MIRANDA, Xosé Ariadna. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO:

Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o

Vello Planeta nunha viaxe de pracer. Alí atópanse cunha banda

de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas e cun científi-

co coroado por un nimbo de luz. Hai unha rapaza robot, Pre-

ciosa, que se cre humana e que pregunta constantemente pola

súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares estraños. No

seu primeiro día de estancia no planeta saen á caza de unicor-

nios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese

labirinto constituído por un planeta enteiro.

Page 4: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín As flores radioactivas. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante. O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista. Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación

Page 5: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

BERNÁRDEZ VILAR, Xoán Big-bang. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: En Big-Bang un grupo de astronautas chega ao Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres, ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais e ecolóxicos que case conseguen a amputa- ción traumática da vida no planeta. Os protagonistas convérten- se, así, en testemuñas duns feitos que contestan a boa parte dos interrogantes científicos que se viñeran formulando ao longo do relato. Big-Bang é unha novela clásica de ciencia-ficción, onde se mesturan moi acertadamente o de senvolvemento dunha aventu- ra interplanetaria e as relacións interpersoais dun re ducido gru- po humano sometido a unha situación límite de supervivencia, coa re flexión sobre interrogantes científi cos claves no momento actual, como a orixe do universo e de tódolos seres vivos. A nove- la foi merecedora do Premio de Narrativa convocado polo con- cello de Vilalba no ano 1993.

Page 6: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

CASALDERREY, Fina Mutacións Xenéticas. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO:

Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as pri-

meiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis abu-

rridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ao que nin

sequera coñece. Estes resultarán ser trinta días de abraiantes des-

cubrimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonis-

ta na solución dun terrible problema, que está a piques de rema-

tar coa liberdade humana que un louco pretendía controlar.

Page 7: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín No centro do labirinto. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.

Page 8: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

CASTRO, Francisco O Ceo dos afogados. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xun- tarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña pere- grinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os gol- fiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mor- tos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emiti- das polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, pri- meiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de gol- fiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando. O ceo dos afogados, primeira novela de Francis- co Castro na colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fun- dación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aborda –baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga– a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.

Page 9: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

CASAL, Uxía O faro de Arealonga. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO:

Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un

carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a

vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos

amigos e descansar coa familia. Pero o que agarda a Rosalía é

unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor,

fareiro, antigo científico e, sobre todo, preciado amigo, volve ao

presente cunha forza que sacode o que ata ese momento seme-

llaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os extra-

ños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do

Mouro e a presencia na vila mariñeira de catro traxeados xapo-

neses desencadearán as pesquisas da xornalista que a dirixirá a

coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación

dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un

transportador de materia.

Page 10: BIBLIOTECA ANIMACIÓN Á LECTURA CIENCIA FICCIÓN

MACEIRAS, Andrea Proxecto Bolboreta. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

RESUMO: Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar

unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de com-

probar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como

«Efecto Bolboreta», acuñadas por científicos como James

Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: «o bater

das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mun-

do». Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións

desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que

conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas

penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e

mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do

amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta

é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.