bases para a provisiÓn de 5 prazas de socorristas … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para...

5
Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27 CIF: P2701900I 982 14 02 21 Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 00 27780 FOZ (Lugo) BASES PARA A PROVISIÓN DE 15 PRAZAS DE SOCORRISTAS PERSOAL LABORAL TEMPORAL PROGRAMA DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE 2016 Convócase proceso selectivo para cubrir como persoal laboral temporal mediante concurso-oposición 15 prazas de socorrista, conforme a Resolución do 24 de maio de 2016 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercizo 2016 co número Exp nº:TR351A 2016/63-2. O número de traballadores a contratar será de 15 de conformidade co disposto anteriormente. 1º.- OBXECTO. Estas bases teñen como finalidade o establecemento do sistema, procedemento e baremos das probas que se aplicarán na selección de 15 prazas de socorrista. 2º.- CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO DE TRABALLO. O contrato de traballo será laboral temporal, na modalidade de contrato de obra ou servizo de interese social. A duración deste contrato será de dous meses , a xornada completa. O CUSTE por cada traballador será o seguinte: - Salario bruto mesual 1.113,56 € - Seguridade social mensual 386,41 € - Indemnización 63,64 € As persoas que resulten seleccionadas estarán sometidas ó réxime de incompatibilidades que determina a lexislación do empregado público de Galicia. O horario de traballo establecerase polo Concello. Ademais das funcións de salvamento e socorrismo propias do posto de traballo, os socorristas deberán: - Cumprimentar o parte diario segundo ficha modelo incluída dentro do Sistema de Xestión Ambiental en praias, para: * Seguimento da xestión e segregación correcta de residuos do areal. * Avaliación do estado do material e equipos postos a disposición do servizo. * Revisión da dotación dos botiquíns de primeiros auxilios e necesidades de reposición ou sustitución nos mesmos. - En caso de existir extintores nas casetas, cumprimentar a revisión de extintores establecida no Sistema de Xestión Ambiental nas praias do Concello. Remisión das fichas de forma semanal ao Concello para a súa valoración global. - Manter en boas condicións o posto de primeiros auxilios e o material sanitario. - Controlar e vixiar as condicións hixiénico-sanitarias das praias. - Comunicar calquera incidencia que poda ocorrer respecto ao estado dos materiais e instalacións que puideran presentar risco para os usuarios das praias con especial atención ao balizamento (avaría, roturas, suxerencias...). Página 1 de 5

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BASES PARA A PROVISIÓN DE 5 PRAZAS DE SOCORRISTAS … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas

Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27CIF: P2701900I 982 14 02 21

Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 0027780 FOZ (Lugo)

BASES PARA A PROVISIÓN DE 15 PRAZAS DE SOCORRISTAS PERSOAL LABORAL

TEMPORAL PROGRAMA DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE 2016

Convócase proceso selectivo para cubrir como persoal laboral temporal mediante concurso-oposición 15 prazas de socorrista, conforme a Resolución do 24 de maio de 2016 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercizo 2016 co número Exp nº:TR351A 2016/63-2.O número de traballadores a contratar será de 15 de conformidade co disposto anteriormente.

1º.- OBXECTO.

Estas bases teñen como finalidade o establecemento do sistema, procedemento e baremos das probas que se aplicarán na selección de 15 prazas de socorrista.

2º.- CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO DE TRABALLO.

O contrato de traballo será laboral temporal, na modalidade de contrato de obra ou servizo de interese social.

A duración deste contrato será de dous meses, a xornada completa.

O CUSTE por cada traballador será o seguinte:

- Salario bruto mesual 1.113,56 €- Seguridade social mensual 386,41 €- Indemnización 63,64 €

As persoas que resulten seleccionadas estarán sometidas ó réxime de incompatibilidades que determina a lexislación do empregado público de Galicia.

O horario de traballo establecerase polo Concello.

Ademais das funcións de salvamento e socorrismo propias do posto de traballo, os socorristas deberán:

- Cumprimentar o parte diario segundo ficha modelo incluída dentro do Sistema de Xestión Ambiental en praias, para:

* Seguimento da xestión e segregación correcta de residuos do areal.

* Avaliación do estado do material e equipos postos a disposición do servizo.

* Revisión da dotación dos botiquíns de primeiros auxilios e necesidades de reposición ou sustitución nos mesmos.

- En caso de existir extintores nas casetas, cumprimentar a revisión de extintores establecida no Sistema de Xestión Ambiental nas praias do Concello. Remisión das fichas de forma semanal ao Concello para a súa valoración global.

- Manter en boas condicións o posto de primeiros auxilios e o material sanitario.- Controlar e vixiar as condicións hixiénico-sanitarias das praias.- Comunicar calquera incidencia que poda ocorrer respecto ao estado dos

materiais e instalacións que puideran presentar risco para os usuarios das praias con especial atención ao balizamento (avaría, roturas, suxerencias...).

Página 1 de 5

Page 2: BASES PARA A PROVISIÓN DE 5 PRAZAS DE SOCORRISTAS … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas

Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27CIF: P2701900I 982 14 02 21

Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 0027780 FOZ (Lugo)

3º.- REQUISITOS E CONDICIÓNS ESIXIDOS ÓS/ÁS CANDIDATOS/AS.

a) Idade: ter cumplidos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

b) Titulación: inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

c) Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebradas pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es.Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas de nacionalidade española ou dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es, sempre que non estean separadas de dereito, así como ás/aos descendentes de ámbolos cónxuxes, de menos de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

d) Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública. Presentar certificado de antecedentes penales.

f) Estar incluídos na lista de candidatos propostos pola oficina de emprego como demandantes de emprego aptos por dar cumplimento aos requisitos establecidos na Resolución do

Orde do 29 de decembro de 2015 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

g) Documentos a presentar:

- Certificado de inscripción no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

- Certificado médico facendo constar que o aspirante está apto para traballar como socorrista acuático.

- A efectos da acreditación dos méritos, documentación acreditativa dos mesmos (diplomas, certificados de empresa, contratos de traballo, etc).

4º.- FORMA DE SELECCIÓN.

Concurso-oposición

Garantizarase a publicidade da convocatoria así como o cumplimento dos principios de libre concurrencia, mérito e capacidade.

5º.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.

O Tribunal cualificador estará constituído polo persoal que estableza ao efecto a resolución de alcaldía que se dite.

Página 2 de 5

Page 3: BASES PARA A PROVISIÓN DE 5 PRAZAS DE SOCORRISTAS … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas

Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27CIF: P2701900I 982 14 02 21

Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 0027780 FOZ (Lugo)

Os Tribunais, que contarán cun Presidente, un Secretario e os vocais que determine a convocatoria. A súa composición será predominantemente técnica e os Vocais deberán poseer titulación ou especialización iguais ou superiores as esixidas para o acceso as prazas convocadas. O número de membros de ditos Tribunais, que en ningún caso será inferior a cinco.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concurran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92. Así mesmo, os interesados poderán promover a recusación de acordo co sinalado no artigo 29 do mesmo texto legal.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus cinco membros.

O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para a aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan subscitar durante a valoración dos méritos, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde do concurso en todo o que non estea previsto nas Bases. Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, xa citada.

O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas cando as circunstancias ou a valoración dos méritos así o aconselle.

A Resolución que conteña a composición do tribunal e a data, hora e lugar da valoración dos méritos, publicarase no tablón de edictos do concello e na paxina web.

6º.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

O proceso selectivo consistirá de dúas fases.

FASE I: OPOSICIÓN. A fase de oposición constará da realización das seguintes probas físicas:

PROBAS FÍSICAS

A) 100 m DE NATACIÓN E 25 m DE ARRASTRE. Esta proba consta 100 m aprox estilo libre, recollida dun maniquí e volta ao lugar de saída facendo outros 25 m aprox de arrastre, en 2 minutos e 40 segundos. Esta proba será cronometrada, podendo o tribunal determinar que sexa APTO / NON APTO. COA SEGUINTE PUNTUACIÓN APTO: 5 PUNTOS E NO APTO O PUNTOS B) BUCEO Consistirá en mergullarse e recoller un obxeto do fondo da piscina, na zona que determine o tribunal. Esta proba cualificarase como APTO / NON APTO. COA SEGUINTE PUNTUACIÓN APTO: 5 PUNTOS E NO APTO O PUNTOS C) CARREIRA NA PRAIA Esta proba realizarase na Praia de A Rapadoira. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en correr unha distancia aprox. de 300 metros pola area descalzos. Esta proba será cronometrada, e para superala haberá que realizala coma máximo en 1 minuto e 50 segundos e cualificarase como APTO / NON APTO. COA SEGUINTE PUNTUACIÓN APTO: 5 PUNTOS E NO APTO O PUNTOS

FASE II. CONCURSO

1. CURSOS RELACIONADOS COAS FUNCIÓNS A DESEMPEÑAR:

Página 3 de 5

Page 4: BASES PARA A PROVISIÓN DE 5 PRAZAS DE SOCORRISTAS … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas

Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27CIF: P2701900I 982 14 02 21

Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 0027780 FOZ (Lugo)

- Pola participación ou asistencia a cursos (non se valorarán xornadas, seminarios ou simposios), relacionados co posto a desempeñar, organizados por universidades, escolas de administración pública, organismos de titularidade pública, ou demáis entes de similar condición á anterior, ata un máximo de 1,50 puntos, de acordo coa seguinte valoración en proporción ó número de horas acreditadas:

De 10 a 20 horas, a razón de 0,15 puntos/curso. De máis de 20 horas e menos de 40, a razón de 0,25 puntos/curso. De 40 horas ou máis, a razón de 0,50 punto/curso.

Se non se acreditase o número de horas valoraranse a razón de 0,15 puntos/curso.

Acreditarase a formación coa copia compulsada dos diplomas dos cursos realizados.

Puntuación máxima neste apartado: 5 puntos.

2. EXPERIENCIA PROFESIONAL:

Por haber traballado como socorrista acuático, 1 punto por cada mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO:

Por cursos oficiais de lingua galega ou validación correspondente:

Curso de iniciación ou Celga 1: 0,25 puntos. Curso de perfeccionamento ou Celga 4: 0,50 punto.

No caso de posuír os dous cursos, valorarase solamente o de maior puntuación.

Acredarase este apartado coa copia compulsada dos cursos ou da validación correspondente.

De non acreditarse farase unha proba de nivel aos aspirantes, puntuándose coa cualificación de apto ou non apto, debendo acadarse para aprobar a cualificación de apto.

No caso de que a suma das fases de concurso e oposición dean lugar a un empate, terase en conta o mellor tempo cronometrado e sucesivos por orde decrecente obtidos na proba de natación, entre os candidatos que resulten empatados.

7º RELACIÓN DOS TRABALLADORES SELECCIONADOS.

Finalizado o procedemento selectivo e establecida polo Tribunal a orde de preferencia publicarase as persoas seleccionadas no Taboleiro de Anuncios do Concello, non podendo declarar que foron seleccionados un número maior de aspirantes ao de postos de traballo convocados, e o mesmo elevará a devandita relación á Alcaldía-Presidencia que ditará resolución de contratación.

8º.- LEXISLACIÓN.

En todo o non previsto nestas bases serán de aplicación as seguintes disposicións: Orde do 29

de decembro de 2015 da Consellería de Traballo e benestar, pola que se establecen as bases

Página 4 de 5

Page 5: BASES PARA A PROVISIÓN DE 5 PRAZAS DE SOCORRISTAS … · 2016-06-14 · as bases reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas

Concello de Foz (Lugo) Teléfonos: 982 14 00 27CIF: P2701900I 982 14 02 21

Avda. Álvaro Cunqueiro, 24 Fax: 982 14 16 0027780 FOZ (Lugo)

reguladoras para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de

colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercizo 2016; Lei

7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local; Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de

abril; Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público; Decreto Lexislativo

1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei de función pública de

Galicia; Lei 5/1997, de 22 de xuño, da Administración Local de Galicia; Real Decreto Legislativo

1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos

traballadores, a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións

Públicas e do procedemento administrativo común. Real Decreto 2720/1998, de 18 de

decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de

contratos de duración determinada. Real Decreto 896/91, de 7 e xuño, polo que se establecen

as regras básicas e programas mínimos a que dede de axustarse o procedemento de selección

dos funcionarios de administración local. Real Decreto Legislativo 781/1986, de 18 de Abril,

polo que se aproba o Texto refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime

Local. Real Decreto 364/1995, de 10 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de

Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de

Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

Decreto 95/1991, do 20 de marzo polo que se aproba o regulamento de selección de persoal

da Comunidade Autónoma de Galicia. Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da

Función Pública.

Foz a, 3 de xuño de 2016.

Don Javier Jorge Castiñeira,Alcalde-Presidente.

Página 5 de 5