autÓctonas galegas nº 0

16

Upload: federapes-federapes

Post on 29-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA

TRANSCRIPT

Page 1: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

PORTADA.indd 1 8/11/07 19:06:25

Page 2: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0
Page 3: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

ESTAMOS ONLINE

www.boaga.com

Razas Autóctonas Número 0

SUMARIO

Edita: FEDERACIÓN DE RAZAS AU

Fontefiz. 32152. Coles (Ourense).Teléfono: 988.20.54.86Fax: 988.20.54.89Email: [email protected]: www.boaga.com

Presidente: José Manuel González LamelasVicepresidente: José Blanco Blanco

María Josefa Fernández PadínVogais: Pablo Pérez Barroso, Manuel Devesa Fernández, Lisardo López Blanco, Francisco José Monasterio Solveira

TRANSMEDIA Comunicación & PrensaPazo de Feiras e Congresos, s/n27004. Lugo.Teléfonos: 982.22.12.78/ 636.95.28.93, 610.21.53.66Email: [email protected]: www.transmedia.es

Director editorial: Manuel DarribaDirector comercial: José Manuel Gegúndez

Rodrigo Díaz

Imprime: El Progreso Artes Gráficas, S.L.Tirada: 1000 exemplares

EDITORIALESTIMADO LECTOR:

En primeiro lugar, graciñas por ler estas liñas, que son o punto de partida doutra iniciativa das ASOCIACIÓNS DE CRIADORES DAS RAZAS CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, GALIÑA DE MOS, LIMIÁ, OVELLA GALEGA e VIANESA,

quere manter informados a todos os seus criadores, promocionar as nosas razas, e fidelizar os que as queren como propias.

A aposta por este medio de comunicación parte da Xunta Directiva de BOAGA en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Esta revista será unha ferramenta máis para dar a coñecer as nosas razas, tamén cunha vertente de formación para os nosos criadores na dura tarefa de cría e mantemento dos nosos animais.

Os medios persoais non son moitos para esta tarefa periodística, pero a ilusión por ter este novo medio de comunicación é grande, e confiamos que co paso dos números a revista sexa mellor e máis esperada por todos vós.

Partimos con este número 0, coa intención de estar con vós cada tres meses, para que teñades información detallada de actividades desenvolvidas polas asociacións a prol dos criadores e das razas. Toda axuda e suxerencias para mellorar esta revista de AUTÓCTONAS GALEGAS serán moi ben acollidas.

Esperamos contar con reportaxes e entrevistas cos criadores, os novos e os máis veteranos, pero incidindo nestes últimos para que nos deixen a súa memoria de coidadores da gandería e da natureza, xa que, como di un bo coñecedor do campo de agora e de antes: “El agricultor y ganadero sigue siendo antropocéntrico, maneja el ecosistema, pero lo hace de forma perdurable en el tiempo, obteniendo “los intereses” de la naturaleza sin comerse “el capital”, conservándolo. Lo que llaman desarrollo sostenible”.

Esta publicación de AUTÓCTONAS GALEGAS tamén estará dispoñible nas nosas páxinas web, en formato pdf para podela descargar.

Desexamos que este número cero sexa do voso agrado e convidámosvos no 2008 para o seguinte número de AUTÓCTONAS GALEGAS.

Una aperta

ESPECIAL EXPOLUGO

4

6

9

Ampla presenza das

razas autóctonas

Primeira mostra

monográfica da

Galiña de Mos

Concurso de

debuxo

NOVAS

Toma de mostras de ADN en femias

Primeiras doses de seme de

ovella galega

Maratón de fotos antigas de

gandería

Federapes e o MAPA asinan un

convenio de colaboración

12

13

14

15

EDITORIAL.indd 3 08/11/2007 18:53:48

Page 4: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

Razas Autóctonas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 4

AS RAZAS AUTÓCTONAS, REPRESENTADAS Desde o pasado ano véñense recuperando en Lugo as tradi-cionais feiras de gando que se celebraban en tempos remotos con motivo das festas do San Froilán. Este ano, englobada

dentro da mostra Expolugo, tivo lugar a segunda Mostra Agro-gandeira, na que as razas au-tóctonas, como non podía ser menos, xogaron un papel impor-tante.

Celebrada do 4 ao 7 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo, coa organización da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e da Delegación de Lugo da

Consellería do Medio Rural, a Mostra Agrogandeira contou con 107 exemplares de gando maior, aos que se lles sumaron os máis de 200 galos, galiñas e poliños da exposición da galiña de Mos.

Entre as vacas destacaron pola súa calidade os dez exemplares das cinco razas autóctonas,Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa , formados en lotes dunha vaca coa súa cría. Os animais son propiedade do Centro de Recursos Zooxenéticos da Conse- llería do Medio Rural da Xunta de Galicia, organismo que está a colaborar coas asociacións de criadores na divulgación das razas autóctonas galegas. Tamén se presentou unha excelente parella da raza Ovella Galega.

expolugio.indd 4 08/11/2007 18:22:16

Page 5: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

Razas Autóctonas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 5

NA II MOSTRA GANDEIRA DE EXPOLUGORepartíronse máis de 4.000 folletos informativos

O stand das razas autóctonas en Expolugo contou con paneis informativos das cinco razas bovinas, da ovella galega, da galiña

folletos informativos sobre as razas autóctonas e sobre as activi-

expolugio.indd 5 08/11/2007 18:23:52

Page 6: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

Desde tempos antigos destácase a im-portancia que teñen os concursos de gando como canles de exhibición dos

produtos e razas de Galicia. Na súa edición do 6 de outubro de 1908, o xornal lugués El Progreso sinala que “...allí donde la iner-cia, la despreocupación y la rutina cimen-taron sólida barrera, los concursos abren nuevos horizontes de progreso y ponen el jalón más avanzado del adelanto pro-ductivo, por esto son dignos de la mayor alabanza todos los propósitos que tienden al desarrollo y estímulo de las actividades de un país, adormecidas en el insondable abismo de los tiempos de nuestra ignoran-cia agrícola”.

En relación aos concursos de gando das festas de San Froilán, El Progreso facía

concursos y exposiciones de ganado es

en el fomento de la producción pecuaria.

adquieren los sujetos premiados sirven de estímulo entre los ganaderos, quienes, ansiosos de gloria, procuran dispensar ma-

yores atenciones a sus ganados, mejorando por consecuencia las razas”.

A principios do século XX, aínda os concur-sos de aves non estaban moi extendidos, pero a partir da década dos 40 os concur-sos de avicultura, en especial de galiñas, desenvolvéronse polas razóns antes expos-tas e ante a concienciación por parte dos criadores da importancia que tiña a ave selecta.

A Galiña de Mos xa participaba en ex-posicións avícolas nos anos 40 e 50, como aquelas que se organizaban na Praza de María Pita da Coruña ou en Madrid.

Na actualidade, desde a Asociación de Avi-cultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), voltamos á organización deste tipo de con-cursos para que os criadores e o público en xeral poidan louvar a unha das razas e a un dos produtos de máis prestixio da nosa terra.

A organización do I Concurso-Exposición da Galiña de Mos, no marco de Expolugo 2007, correu a cargo de Avimós, da Fun-

-dio Rural da Xunta de Galicia.

Os exemplares presentados polos criadores ao concurso foron de gran calidade, o que contribuíu á maior vistosidade da exposi-ción. Participaron no concurso 135 exem-plares de 32 criadores de toda Galicia.

O PRIMEIRO CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS REUNIU 135 EXEMPLARES

Máis de 24.000 persoas visitaron a mostra Participaron 32 criadores galegos

A Galiña de Mos xa participaba en

exposicións avícolas nos anos 40 e 50,

como aquelas que se organizaban na Praza

de María Pita da Coruña ou en

Madrid

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 6

1.indd 6 08/11/2007 18:28:39

Page 7: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana (no centro), atende ás explicacións do Presidente de Avimós (dereita), Francisco Monasterio. Á es-querda, o conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco.

O presidente de Avimós (no centro), xunto ao conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco (esquerda) e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro (dereita).

O conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Alfredo Suárez Canal (es-querda) e o delegado en Lugo da Con-sellería do Medio Rural, Emilio López (centro), na exposición xunto ao presi-dente de Avimós.

PREMIOS123

GALOS PROPIEDADE DE:

GALIÑAS PROPIEDADE DE:

1º Carlos Durán (Ferrol)

2º Ricardo Allegue (Fene)

3º Francisco Manuel Penabad (Ortigueira)

1º Edmundo Novoa (Lugo)

2º Luis Fernández(Riotorto)

3º Mario Rico (Ferrol)

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 7

1.indd 7 08/11/2007 18:29:03

Page 8: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

I CONCURSO - EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS. PARTICIPANTES

NOME CONCELLO PROVINCIA TELÉFONO

ALBERTO VÁZQUEZ CADAHIA BETANZOS A CORUÑA 981770132

ÁLVARO LÓPEZ ARIAS NARÓN A CORUÑA 981380416

ÁLVARO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ MOS PONTEVEDRA 690645048ANSELMO RODRÍGUEZ REGUEIRO CASTRO DE REI LUGO 620641704

CARLOS DURÁN VÁZQUEZ FERROL A CORUÑA 649536522CARMEN GRANDAL SANTALLA FERROL A CORUÑA 687240665EDMUNDO NOVOA GONZÁLEZ LUGO LUGO 627972585

FCO JAVIER ARRIBAS FANEGO VILALBA LUGO 619500244FIDEL LÓPEZ TEMBRAS FERROL A CORUÑA 669287358

FILOMENA VARELA FERRO OUTEIRO DE REI LUGO 982393215FRANCISCO JOSÉ MONASTERIO

SOLVEIRA VILALBA LUGO 615553545

FRANCISCO MANUEL PENABAD PITA ORTIGUEIRA A CORUÑA 609887351

FULGENCIO CASAS LOMBAO OUTEIRO DE REI LUGO 629124009GERMÁN FRAGA CORTES FERROL A CORUÑA 664563635

JOSÉ ANTONIO LIÑARES REY VAL DO DUBRA A CORUÑA 699444424JOSÉ LUIS MARTÍNEZ TORRES AS SOMOZAS A CORUÑA 699810792

JOSÉ Mª TURNES ALEGRE A BAÑA A CORUÑA 981889099JOSÉ PARDO MILLOR VILALBA LUGO 650932562

JUAN CARLOS PUENTE HERMIDA NARÓN A CORUÑA 617786008JUAN FRANCISCO MONTENEGRO

ESPINA VILALBA LUGO 630157276

JUAN PERNAS PRIETO XERMADE LUGO 982501652LUIS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ RIOTORTO LUGO 676437614

LUIS GARNELO PRADA NEDA A CORUÑA 699724295Mª ISABEL REY CASTRO MURAS LUGO 982179711

Mª ROCÍO CALVELO PENSADO VAL DO DUBRA A CORUÑA 677787320

MANUEL RODRÍGUEZ ALONSO MOS PONTEVEDRA 616625883

MARIÑA GRILLE NEGREIRA VAL DO DUBRA A CORUÑA 659154643

MARIO RICO ORJALES FERROL A CORUÑA 981329293

RAMÓN ABELLA CUENDIA VALDOVIÑO A CORUÑA 646661585RICARDO ALLEGUE RODRÍGUEZ FENE A CORUÑA 647988143

ROMÁN OLVEIRA VIDAL POBRA DO CARAMIÑAL A CORUÑA 646624776

SERGIO DAVID NOYA ROMERO VAL DO DUBRA A CORUÑA 639461286

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 8

1.indd 8 08/11/2007 18:30:05

Page 9: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

Tendo en conta que un dos

piares máis importantes na re

cuperación e conservación das

nosas razas é o traballo que

fan os criadores, as asociacións

de criadores Cachega (Aso

ciación de criadores da Raza

Cachena), Caldega (Asociación

de criadores da Raza Caldelá),

Frieirega (Asociación de cria

dores da Raza Frieiresa),

Limiaga (Asociación de cria

dores da Raza Limiá), Vianega

(Asociación de criadores da

Raza Vianesa), Asovega (Aso

ciación de criadores da Raza

Ovella Galega) e Avimós

(Asociación de avicultores da

Raza Galiña de Mos), coa co

laboración da Consellería do

Medio Rural e o Fondo Europeo

de Garantía Agraria (Feoga),

levan catro anos organizando

o concurso de debuxo infan

til sobre as razas autóctonas

galegas. O marco desta cuarta

convocatoria e da posterior en

trega de premios foi o certame

Expolugo.

54 NENOS MENORES DE 14 ANOSPARTICIPARON NA IV EDICIÓN DOCONCURSO INFANTIL DE DEBUXO DAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 9

1.indd 9 08/11/2007 18:30:22

Page 10: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

O obxectivo deste concurso de debuxo é que os máis cativos se impli-quen coas nosas razas e se sintan

orgullosos do traballo dos seus pais, tíos ou avós.

especial coa exposición dos debuxos par-ticipantes e a entrega dos premios na feira

Expolugo.

Neste concurso puideron participar todos aqueles nenos que tiñan menos de 14 anos

-tos dos criadores das asociacións das razas que forman a Federación de Autóctonas Galegas. O xurado valorou que os partici-

que participaran coas súas características propias.

Cada participante asinou o seu debuxo cun

Establecéronse tres categorías por cada especie, Bovina, Ovina e Galiña, con tres tramos de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 10 e de 11 a 14.

Outorgáronse premios aos tres primeiros

en tarxetas de agasallo de 200, 150 e 100 euros, respectivamente, para consumir en Carrefour.

Houbo 54 debuxos presentados e cada con-cursante recibiu pola súa participación un diploma e unha bolsa de agasallos donada por Carrefour Lugo.

Os premiados recibiron os seus galardóns o domingo 7 de outubro no Pazo de Con-gresos e Exposicións de Lugo. A entrega de premios correu a cargo do delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural, Emilio López, o xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, o presidente de Vianega, José Blanco, o vocal de Asovega Francisco Manuel Penabad e o presidente de Avimós, Francisco Monasterio.

O neno de Lugo Víctor González Porto, de 4 anos, recibe o tercei-ro premio de Bovino para nenos de 3 a 6 anos de mans de Rubén López, xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.

José Blanco, presidente da Asociación de Criadores da raza Vianesa, entrégalle o seu premio á nena Ariana Martínez Ramos, de Alfoz (Lugo). Ariana quedou segunda en Ovella Galega e en Galiña de Mos na categoría 7-10 anos.

Primeiro premio de Bovino na categoría 7-10 anos, Alba Rodríguez de Zugasti, de A Veiga (Ourense)

Francisco Manuel Penabad, directivo de Asovega, entrégalle ao neno Antón FerreiroTeijeiro, de Lugo o primeiro premio de ovella galega na categoría 3-6 anos.

Nerea Salgueiro Hermida, de 6 anos e natural do Carballiño (Ourense), recibe o primeiro premio de Bovino para nenos de entre 3 e 6 anos. Entrégallo o delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural, Emilio López Pérez

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 10

1.indd 10 08/11/2007 18:33:24

Page 11: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

RAZA CATEGORÍA PREMIADOS

BOVINO 3-6 anosNerea Salgueiro Hermida (1º)

María Calvo García (2º)Víctor González Porto (3º)

OVELLA GALEGA 3-6 anos Antón Ferreiro Teijeiro (1º)Nerea Moreira García (2º)

BOVINO 7-10 anosAlba Rodríguez de Zugasti (1º)Diana Reboredo Vázquez (2º)

Coral Pazos López (3º)

OVELLA GALEGA 7-10 anosSonia Expósito Goás (1º)

Ariana Martínez Ramos (2º)Irene Valledor García (3º)

GALIÑA DE MOS 7-10 anosMartín Gago Chorén (1º)

Ariana Martínez Ramos (2º)Álvaro Blanco González (3º)

BOVINO 11-14 anosJuan Núñez González (1º)

Catarina María González Porto (2º)Salvador González Mir (3º)

OVELLA GALEGA 11-14 anos Pablo Valledor García (1º)Mar Núñez González (2º)

GALIÑA DE MOS 11-14 anosSofía Puente Saavedra (1º)Andrea Rielo Grueira (2º)

Alba Prieto Rey (3º)

Deste debuxo, o xurado destacou a súa orixinalidade. É de Sofía Puente Saavedra, de Narón (A Coruña) e gañou o primeiro premio de Galiña de Mos para nenos de 11 a 14 anos.

Primeiro premio de Bovino na categoría de 11 a 14 anos, Juan Núñez González, de Rábade (Lugo)

Primeiro premio de Ovella Galega na ca-tegoría 3-6 anos, Antón Ferreiro Teijeiro, de Lugo

Primeiro premio de Galiña de Mos nacategoría 7-10 anos, Martín Gago Chorén, de Santiago

Primeiro premio de Bovino na categoría 3-6 anos, Nerea Salgueiro Hermida, do Carballiño (Ourense)

Primeiro premio de Ovella Galega na categoría 11-14 anos, Pablo Valledor García, de Ames (A Coruña)

PALMARÉS

Autóctonas galegas Número 0

ESPECIAL EXPOLUGO 11

1.indd 11 08/11/2007 18:33:52

Page 12: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

UN NOVO SISTEMA DE TOMA DE MOSTRAS DE ADN

A fi nal de ano implantarase a toma de mostras de ADNás femias nacidas nas explotacións de razas autóctonas

A finais do ano 2007 procederase á implantación do sistema de toma de mostras de ADN a todas as femias nacidas nas nosas explotacións, tal e como se aprobou na última asemblea xeral.

O sistema, tal e como foi explicado aos criadores nas reunións efectuadas por toda Galicia, consta dun crotal que posúe un tubo para a recollida dunha porción de cartílago da orella do animal.

ESTAMOS ONLINEAs asociacións de razas autóctonas estamos presentes en: www.boaga.comwww.asovega.com www.avimos.org.

www

Falta moito por facer, o labor de ter unha páxina web que estea ao día é complicada, collemos anacos de tempo para poder completala pouco a pouco. Tamén temos un blog dentro da páxinas [email protected], que nos fai máis fácil actualizar informacións e contidos.

Proximamente teremos correo corporativo para cada un dos criadores das razas bovinas e de ovella galega que así o desexen.

www.boaga.com

www.asovega.com

www.avimos.org

Este tubo, de pequeno tamaño, terá que ser enviado á asociación de criadores, xunto coa declaración de nacemento, para o seu procesamento e envío ao laboratorio oficial de análise de mostras (FONTAO).

No momento en que chegue ás vosas mans esta revista xa estará rematada a nova xeira de reunións cos criadores por toda Galicia, para proceder á entrega de crotaleiras e crotais en man. Este sistema vai supoñer un aforro de custos e traballo para os criadores.

Autóctonas Galegas Número 0

NOVAS12

2.indd 12 08/11/2007 18:35:34

Page 13: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

PRIMEIRAS DOSES SEMINAIS DE OVELLA GALEGA

O carneiro Outeiro fai de doante no laboratorio de Fontefiz

O pasado 31 de outubro obtivéronse as primeiras doses seminais de carneiros da raza Ovella Galega no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

A creación dun banco de xermoplasma era unha tarefa pendente no Programa de Con-servación e Recuperación da Ovella Galega. No ano 2006 iniciouse o proxecto para poñer a punto as instalacións do laboratorio do

seminais de carneiros da raza Ovella Galega.Despois dun período de entrenamento dos sementais para exercer como doantes de seme, que durou varias semanas, o día 31 de outubro recolleuse con éxito por primeira vez o esperma dos carneiros. As mostras foron avaliadas, procesadas, envasadas e conxeladas.

O primeiro carneiro donante de seme foi Outeiro, nacido o 26 de marzo do 2003 e con código de rexistro xenealóxico 03 AS 032.

Mostras ao microscopio do seme obtido do carneiro Outeiro

Momento da toma de mostras no

Autóctonas Galegas Número 0

NOVAS 13

2.indd 13 08/11/2007 18:36:01

Page 14: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

BOAGA INICIA UNHA MARATÓN DE FOTOS

ANTIGAS DE GANDERÍA

Poderán enviarse por correo electrónico ou ordinario

Seguramente moitos criadores de razas autóctonas, ou ben veciños e amigos deles, teñen na casa fotos antigas que reflicten algunhas das nosas razas ou ben algo relacionado coa gandería do país.

Boaga, en colaboración coas asociacions federadas, quere recuperar esas fotos antigas con vistas á súa divulgación. Os propietarios poden envialas escaneadas por correo electrónico ao enderezo [email protected]. O tema do correo debe ser: Fotos antigas razas autóctonas.

As fotos tamén poden enviarse en papel por correo ordinario ás oficinas de Boaga. Alí serán dixitalizadas e posteriormente devoltas aos seus propietarios.

Os datos que deben figurar para que as fotos poidan publicarse en páxinas web, noutras publicacións ou en exposicións son os seguintes:

1. Nome do autor.

2. Lugar e data da foto.

3. Texto que describa a foto.

Como preámbulo a esta maratón de fotos, o pasado 12 de agosto a comunidade de veciños de Santigoso (A Mezquita, Ourense), coa colaboración do Concello da Mezquita e a Asociación de Criadores da Raza Frieiresa (Frieirega), celebrou o I Concurso de Fotos Antigas da Raza Frieiresa. Mais de 50 fotos presentáronse ao certame, entre elas as que reproducimos nesta páxina. As imaxes pertencen á Asociación de Veciños de Santigoso.

A Maratón de Fotos Antigas da Gandería non é un concurso. O envío da foto implica a autorización a Boaga para a súa publicación.En ningún caso se comercializarán e cederán as fotos por parte de Boaga sen autorización expresa do seu propietario.Non se modificarán nin retocarán as imaxes. Boaga resérvase o dereito a non publicar aquelas que atenten contra a dignidade de persoas e institucións.Boaga tamén se reserva o dereito a cancelar esta sección de fotos en calquera momento, sen que haxa lugar á reclamación de prexuízos por parte dos participantes.Todos aqueles que acheguen fotos deben aceptar estas condicions de uso no momento de enviar as súas imaxes.

CONDICIÓNS DE USO

Doante:

Josefa Fernández Del Río. Anos 70

Doante:

Lita Santigoso. 1964

Doante:

Francisca Guerra Santigoso. Anos 70

1

2

3

Autóctonas Galegas Número 0

NOVAS 14

fotos antigas.indd 14 08/11/2007 18:40:50

Page 15: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

A FEDERACIÓN NACIONAL DE RAZAS AUTÓCTONAS DE PROTECCIÓN ESPECIAL (FEDERAPES) ASINA UN CONVENIO CO MAPA

Federapes agrupa na actualidade máis de corenta asociacións de distintas comunidades autónomas

A Federación Nacional de Razas Autóctonas de Protección Especial (Federapes) asinou o pasado 11 de setembro un convenio de colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) para impulsar e promocionar a conservación, recuperación e promoción das razas autóctonas en perigo de extinción.

A Federación Nacional de Razas Autóctonas de Protección Especial (Federapes) constituíuse o 18 de maio do 2006 en Madrid co obxectivo de preservar e mellorar todas as razas federadas. Botou a andar con 26 asociacións e na actualidade conta con máis de 40.

Federapes está dirixida e gobernada por un consello federal, unha xunta de goberno e unha xunta executiva. Ademais conta cun comité científico de razas cuxo cometido é asesorar no ámbito da produción animal, zootecnia e xenética aplicada na recuperación de razas autóctonas.

A Federación celebrou o 20 de abril deste ano en Almonte (Huelva) un Consello Federal extraordinario onde se elixiu por unanimidade a primeira xunta de goberno. José Manuel González Lamelas, presidente de CALDEGA, foi elixido presidente de Federapes e Lisardo López Blanco, presidente de ASOVEGA, vocal de razas ovinas.

Sinatura do convenio de colaboración entre o secretario de Agricultura e Alimentación, Josep Puxeu (esquerda), e o secretario xeral de Federapes, José Ramón Justo

Xunta de goberno de Federapes

O OENACH ATLÁNTICO DE NARÓN ACOLLEU UNHA MOSTRA

DE RAZAS AUTÓCTONAS

A GALIÑA DE MOS,

SICIÓN DE GALIÑAS

AUTÓCTONAS DO

CANTÁBRICO

Autóctonas Galegas Número 0

NOVAS 15

A parroquia de Sedes, no concello coruñés de Narón, celebrou o pasado 29 de xullo a festa Oenach Atlántico. O evento incluíu unha mostra agrogandeira na que estiveron presentes dez exemplares de razas bovinas e unha parella de ovella galega enviadas polo Centro de Recursos Zooxenéticos do Pazo de Fontefiz.

Por outra banda, os criadores de galiña de Mos da zona organizaron unha exposición comarcal na que se amosaron 13 lotes de exemplares.

Os criadores que espuxeron foron: Álvaro López Arias, do concello de Narón; Luis Garnelo Prada, de Neda; Juan Carlos Puente Hermida, de Pedroso (Narón);

Carmen Grandal Santalla, de Serantes (Ferrol); Fidel López Tembrás, de Cobas (Ferrol); Germán Fraga Cortés, de Cobas (Ferrol); José Manuel Fernández Lagoa, de Sedes (Narón) e Ricardo Allegue Rodríguez, de Fene.

UN CRIADOR DE OVELLA

GALEGA E GALIÑA DE MOS

ESTREA WEB

O gandeiro Luis Fernández Fernández, criador de Ovella Galega e de Galiña de Mos, vén de pór en marcha unha páxina persoal con información das súas razas. O enderezo da páxina é

www.fleire.com.

Boaga felicita a Luis Fernández pola súa iniciativa e anima a calquera criador de razas autóctonas a que comunique todas as novidades referidas á súa actividade.

A I Mostra Exposición de Galiña de Razas Autóctonas do Cantábrico celebrouse en Xixón entre os días 28 e 30 de setembro. A raza Galiña de Mos estivo representada por 18 exemplares enviados polos criadores Germán Fraga, Fidel López, Carlos Durán, Ramón Abella e Luis Fernández.O exemplar gañador da categoría da raza foi unha galiña deGermán Fraga Cortés.

fotos antigas.indd 15 08/11/2007 18:41:19

Page 16: AUTÓCTONAS GALEGAS Nº 0

PORTADA.indd 16 08/11/2007 20:15:27