aula de natureza mellor para a natureza, mellor para tod · na serra da cova da serpe e desemboca...

2
Presentámosche dous itinerarios que discorren polas beiras do Mandeo e nos que poderás descubrir un espazo dun incalculable valor ecolóxico e paisaxístico. O río Mandeo nace no Marco das Pías na serra da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos tras un percorrido duns 56 km. A ría de Betanzos, o curso baixo e parte do curso medio do río Mandeo, xunto con parte do seu afluente o río Zarzo, o tramo baixo do río Mendo e a desembocadura do río Lambre conforman un espazo natural protexido que forma parte da Rede Natura 2000, unha rede europea para a conservación da biodiversidade. Este Lugar de Importancia Comunitaria ocupa un total de 1.020 ha nas que se su- ceden diferentes tipos de ecosistemas a medida que nos separamos do mar e imos ascendendo polos ríos Mandeo e Mendo. Algúns dos hábitats naturais deste espazo son de interese prioritario para a súa conservación, entre eles os bosques de ribeira de ameneiro e freixo que están ben presentes no percorrido. Unha ollada bastará para darnos conta da elevada biodiversi- dade que acolle o seu contorno: dende a máis alta das árbores ata o insecto máis pequeniño. Todos eles cumpren unha fun- ción na natureza e precisan que se manteña un equilibrio no que nós temos un papel fundamental. Aquí viven varias especies incluídas no catálogo galego de especies ameazadas, algunhas delas en perigo de extinción. Entre os vexetais medran plantas con flor tan bonitas como o picamarte- los (Narcissus cyclamineus) que aparece na ribeira no mes de marzo e fentos como a Woodwardia radicans que está ameazado principalmente pola corta dos bosques de ribeira onde vive. Entre a fauna destacan o mexillón de río e o ca- racol de Quimper, dous peque- nos moluscos en perigo de extinción. O mexillón de río é un animal moi lonxevo pero que está tendo dificultades para sobrevivir xa que precisa de augas limpas, fondos areosos e a pre- senza de salmónidos. No Mandeo consérvase unha boa poboación deste mexillón grazas á boa ca- lidade das súas augas e á súa poboación de salmón, peixe en perigo de extinción en España. Entre os anfibios destaca a píntega rabilonga, un endemismo do noroeste peninsular incluído como vulnerable no catálogo galego de espe- cies ameazadas. Esta pequena xoia vive agochada nos bosques saturados de humidade. Mentres polo día a lavandeira real tingue as ribeiras coa súa re- chamante cor amarela, pola noite canta a avelaiona mentres os morcegos, algúns deles ameazados como o de ferradura grande e o de ferra- dura pequeno, procuran o seu alimento. Outros mamíferos protexidos viven no Man- deo como o furapresas ou a lontra que é fácil de descubrir polos seus excrementos cargados de espiñas e escamas de peixe. En resumo, este percorrido lévanos a través dun bosque de ribeira ben conservado que alberga especies raras ou cunha área de dis- tribución restrinxida que teñen aquí un espazo no que vivir, por iso é moi importante que respectemos o medio e pro- curemos causar o menor impacto posible coa nosa visita. A carón do aparcamento de Chelo está a aula de natureza que está equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Aquí poderás aprender sobre as especies de flora e fauna do lugar, os usos da auga, o funcionamento dun muíño ou como se depura a auga. Ademais os educadores ambientais do centro poderanche dar toda a información que precises sobre o itinerario e os arredores e resolver calquera dúbida que poidas ter sobre os contidos que na aula se tratan. Anímate a subir e descubrir os segredos do río Mandeo, a entrada é de balde. A carón do aparcamento de Chelo está a aula de natureza que está equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Aquí poderás aprender sobre as especies de flora e fauna do lugar, os usos da auga, o funcionamento dun muíño ou como se depura a auga. Ademais os educadores ambientais do centro poderanche dar toda a información que precises sobre o itinerario e os arredores e resolver calquera dúbida que poidas ter sobre os contidos que na aula se tratan. Anímate a subir e descubrir os segredos do río Mandeo, a entrada é de balde. Chelo Deseño e realización: Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado Aula de natureza Mellor para a natureza, mellor para tod@s Lembra que cada especie ten un papel no medio onde habita e que para conservar este espazo ti tes que cumprir o teu. Para que todos poidamos seguir gozando deste espazo debes ter en conta estas recomendacións: 1. Evita andar fora dos camiños e causar danos no contorno. 2. Deixa o vehículo no aparcamento, non te metas con el polas pistas sen asfaltar. 3. Separa o lixo que produzas durante a visita e deposítao nos contedores axeitados. 4. Lembra que a auga é fonte de vida, procura non ensuciala para que poida servir para o uso doutros animais ou plantas. 5. Ten coidado co lume, préndeo só nos lugares habilitados e non o deixes nunca sen vixilancia pois un incendio podería destruír o contorno e afectar a miles de seres vivos. Recorda apagar as cabichas e gardalas co resto do lixo, non as tires no chan. 6. Deixa todo tal e como o atopaches, non molestes aos animais nin arrinques plantas xa que todos cumpren un importante papel na natureza. 7. Lembra que os animais domésticos soltos poden molestar a outras persoas e tamén a outros animais que teñen aquí o seu refuxio. 8. Aproveita estes momentos para gozar do contacto coa natureza. Esquece as presas, utiliza os cinco sentidos, presta atención ás pequenas cousas e vén visitar este espazo en distintas épocas do ano. Betanzos-Mandeo: un espazo natural cheo de vida Betanzos-Mandeo: un espazo natural cheo de vida FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”

Upload: others

Post on 16-Jun-2020

22 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Aula de natureza Mellor para a natureza, mellor para tod · na serra da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos tras un percorrido duns 56 km. A ría de Betanzos, o curso baixo

Presentámosche dous itinerarios que discorren polas beiras do Mandeo

e nos que poderás descubrir un espazodun incalculable valor ecolóxico

e paisaxístico.O río Mandeo nace no Marco das Pías

na serra da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos

tras un percorrido duns 56 km. A ría de Betanzos, o curso baixo e parte

do curso medio do río Mandeo,xunto con parte do seu afluente o río

Zarzo, o tramo baixo do río Mendo e a desembocadura do río Lambre

conforman un espazo natural protexidoque forma parte da Rede Natura 2000,

unha rede europea para a conservaciónda biodiversidade.

Este Lugar de Importancia Comunitariaocupa un total de 1.020 ha nas que se su-ceden diferentes tipos de ecosistemas amedida que nos separamos do mar eimos ascendendo polos ríos Mandeo eMendo. Algúns dos hábitats naturais

deste espazo son de interese prioritariopara a súa conservación, entre eles os

bosques de ribeira de ameneiro efreixoque están ben presentes no percorrido.

Unha ollada bastará para darnos conta da elevada biodiversi-dade que acolle o seu contorno: dende a máis alta das árboresata o insecto máis pequeniño. Todos eles cumpren unha fun-ción na natureza e precisan que se manteña un equilibrio noque nós temos un papel fundamental.

Aquí viven varias especies incluídas no catálogo galego de especiesameazadas, algunhas delas en perigo de extinción. Entre os vexetaismedran plantas con flor tan bonitas como o picamarte-los(Narcissus cyclamineus)que aparece na ribeirano mes de marzo e fentos como a Woodwardiaradicansque está ameazado principalmentepola corta dos bosques de ribeira onde vive.

Entre a fauna destacan o mexillón de ríoe o ca-racol de Quimper, dous peque-

nos moluscos en perigo deextinción. Omexillón de río éun animal moi lonxevo pero

que está tendo dificultades parasobrevivir xa que precisa de augaslimpas, fondos areosos e a pre-senza de salmónidos. No Mandeo

consérvase unha boa poboación deste mexillón grazas á boa ca-lidade das súas augas e á súa poboación de salmón, peixe

en perigo de extinción en España.

Entre os anfibios destaca a píntega rabilonga, unendemismo do noroeste peninsular incluídocomo vulnerable no catálogo galego de espe-

cies ameazadas. Esta pequena xoia vive agochadanos bosques saturados de humidade.

Mentres polo día a lavandeira realtingue as ribeiras coa súa re-chamante cor amarela, pola noite canta a avelaionamentres osmorcegos, algúns deles ameazados comoo de ferradura grandee o de ferra-dura pequeno, procuran o seu alimento.Outros mamíferos protexidos viven no Man-deo como o furapresasou a lontraque éfácil de descubrir polos seus excrementoscargados de espiñas e escamas de peixe.

En resumo, este percorrido lévanos a través dun bosque de ribeiraben conservado que alberga especies raras ou cunha área de dis-

tribución restrinxida que teñen aquí un espazo no que vivir,por iso é moi importante que respectemos o medio e pro-

curemos causar o menor impacto posible coa nosa visita.

A carón do aparcamento de Chelo está a aula denatureza que está equipada cunha interesanteexposición permanente sobre o río e a auga. Aquípoderás aprender sobre as especies de flora e faunado lugar, os usos da auga, o funcionamento dunmuíño ou como se depura a auga. Ademais oseducadores ambientais do centro poderanche dartoda a información que precises sobre o itinerario eos arredores e resolver calquera dúbida que poidaster sobre os contidos que na aula se tratan.Anímate a subir e descubrir os segredos do ríoMandeo, a entrada é de balde.

A carón do aparcamento de Chelo está a aula denatureza que está equipada cunha interesanteexposición permanente sobre o río e a auga. Aquípoderás aprender sobre as especies de flora e faunado lugar, os usos da auga, o funcionamento dunmuíño ou como se depura a auga. Ademais oseducadores ambientais do centro poderanche dartoda a información que precises sobre o itinerario eos arredores e resolver calquera dúbida que poidaster sobre os contidos que na aula se tratan.Anímate a subir e descubrir os segredos do ríoMandeo, a entrada é de balde.

Chelo

Des

eño

e

real

izac

ión:

Im

pre

so e

n p

apel

100

% r

ecic

lad

o, l

ibre

de

clo

ro e

cer

tific

ado

Aula de naturezaMellor para a natureza, mellor para tod@s

Lembra que cada especie ten un papel no medio onde habita e quepara conservar este espazo ti tes que cumprir o teu. Para que todospoidamos seguir gozando deste espazo debes ter en conta estas recomendacións:

1. Evita andar fora dos camiños e causar danos no contorno.

2. Deixa o vehículo no aparcamento, non te metas con el polas pistas sen asfaltar.

3. Separa o lixo que produzas durante a visita e deposítao nos contedores axeitados.

4. Lembra que a auga é fonte de vida, procura non ensuciala para que poida servir para o uso doutros animais ou plantas.

5. Ten coidado co lume, préndeo só nos lugares habilitados e non o deixes nunca sen vixilancia pois un incendio poderíadestruír o contorno e afectar a miles de seres vivos. Recorda apagar as cabichas e gardalas co resto do lixo, non as tires no chan.

6. Deixa todo tal e como o atopaches, non molestes aos animaisnin arrinques plantas xa que todos cumpren un importantepapel na natureza.

7. Lembra que os animais domésticos soltos poden molestar a outras persoas e tamén a outros animais que teñen aquí o seu refuxio.

8. Aproveita estes momentos para gozar do contacto coa natureza.Esquece as presas, utiliza os cinco sentidos, presta atención ás pequenas cousas e vén visitar este espazo en distintas épocas do ano.

Betanzos-Mandeo: un espazo natural cheo de vida Betanzos-Mandeo: un espazo natural cheo de vida

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL“Unha maneira de facer Europa”

cheloA3-6_4CORRX_Maquetación 1 05/07/12 18:59 Página 1

Page 2: Aula de natureza Mellor para a natureza, mellor para tod · na serra da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos tras un percorrido duns 56 km. A ría de Betanzos, o curso baixo

Itinerarios polo río MandeoA ribeira do Mandeo é un lugar de gran riqueza biolóxica e preciosas paisaxes que poderás descubrir camiñando. Se tomamos como saída a aula denatureza de Chelo poderemos realizar dúas pequenas rutas que nos levarán a través da historia cultural e natural do Mandeo.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

12

3

4

Itinerario 1

O primeiro itinerario condúcenos dende Chelo, río arriba, ata a mini-

central do Zarzo para volver de novo ao punto de inicio pola outra beira.

Remontaremos o río rodeados dun bosque de ribeira en bo estado de

conservación que alberga unha gran variedade de plantas e animais, al-

gúns deles incluídos no catálogo galego de especies ameazadas.

Distancia 6,3 km (ida e volta)

Dificultade Baixa pero non é accesible en todo o seu

percorrido a persoas con mobilidade reducida

Duración 3 horas

Punto de inicio/fin Aula de natureza de Chelo

5. A vida cotiá dos nosos antepasados estaba moi ligada ao río

Despois de deixar atrás a pasarela do Pedregal encontramos os restos

de varias edificacións de pedra e, polo menos, un vello muíño.

Quizais nos encontremos co corzo, a lontra ou algún outro

mamífero pero se non temos esa sorte poderemos advertir

a súa presenza fixándonos nos rastros e sinais que deixan

ao seu paso.

6. Chegamos ao Zarzo!No punto máis alto do noso percorrido está a minicentral hidroeléctrica do Zarzo que aproveita as augas do Mandeo e do seu afluente o Zarzo.Será aquí onde crucemos o río e volveremos pola outra beira. Nos primeirosmetros deste descenso cruzaremos unha zona de eucaliptos que rompen a harmoníada paisaxe natural pero logo nos introducimos de novo na espesura do bosque ondenos recibirán os acivros, os rascacús e as arandeiras cos seus deliciosos froitos.

4. A man do home tamén transformou esta paisaxeNeste punto o camiño ascende ata a impresionante Pena da Cabra que se mergulla no leito do Mandeo. No punto máis alto pasaremos sobre un pequenoafloramento de seixo e dende aquíseguimos polo camiño máis doado que sae de fronte.Un pouco máis adiante vemos a presa da Cabra unha vella presa construída polos pescadores paraproporcionarlle a salmóns e reos máis lugares ondedescansar.

3. O salmón atrae a moitos pescadores

O río Mandeo acolle unha boa poboación de reo

e salmón que cada ano o remontan para completar

o seu ciclo e reproducirse nestas frías augas.

O noso percorrido discorre por un couto de pesca

que está salpicado de fondos pozos, como este da Moura,

onde estes peixes descansan da súa longa viaxe.

A lavandeira real, o merlo rieiro ou o martiño peixeiro son algunhas

das aves que sobrevoan as augas xunto cos cabaliños do demo e as libélulas

que andan incansablemente na procura de pequenos insectos para alimentarse.

2. Xigantes que vixían o Mandeo

Durante milleiros de anos o río foi escavando ao seu paso un sinuoso

pasadizo entre as grandes rochas graníticas. Mentres deixamos atrás

un río ancho e maino, introducímonos agora nun tramo rápido cheo

de penas que o Mandeo non foi quen de erosionar.

Baixo as árbores numerosas plantas adornan o bosque coas súas

flores e diferentes fentos e musgos tapizan o solo, as pedras

e os troncos das árbores.

1. Imos aló!Comezamos a camiñar a carón da antiga presa do muíño deChelo. Para axudar aos peixes a sortear este pequeno obstáculoe coñecer o estado das súas poboacións construíuse a escadaque podemos ver na outra beira.

Acompáñannos algunhas árbores que forman o bosque deribeira, como os ameneiros, abeleiras e freixos que abrazan o ríoproporcionándolle sombra, abrigo e alimento a moitos animais

7. A auga tamén ten usos medicinais

Chegamos ás ruínas do que foi un importante

balneario ao que acudía xente con problemas

de fígado ou da pel para tratar esas

doenzas coas augas sulfurosas que manan

da súa fonte. Construído na década dos 30

do pasado século e arrasado por un

incendio nos 40, aínda conserva os restos

de dúas edificacións e entre elas a fonte

de augas sulfurosas á que aínda acoden

os que coñecen as súas propiedades.

8. Unha preciosa vista sobre o MandeoA carón da ponte do Pedregal destacan uns exemplares de olmo, moi fáciles de identificar polas súas follas moiásperas e de base asimétrica.As pozas a carón do río son o lugarpreferido de moitos anfibios comoos pintafontes, as ras ou os sapos e nestesbosques autóctonos cunha elevada humidadevive un anfibio endémico do noroeste peninsular, a píntega rabilonga.

9. Un pequeno miradoiro natural

O camiño ascende sorteando uns penedos dende

onde temos unha boa panorámica da Espenuca,

na cima da cal está a Igrexa de Santa Eulalia

e un miradoiro natural dende onde se divisa

o Mandeo e a zona das Mariñas.

Neste pequeno claro viven plantas pouco comúns no

resto do camiño xa que prefiren a caricia do sol á sombra e á

humidade proporcionada polo bosque, entre elas o toxo ou o breixo.

10. O camiño chega ao seu finRemata aquí a nosa andadura polos bosques de ribeira, pola cultura e a historia de un lugar cheo de encanto e de segredos. Atrás quedan as penas, as plantas e os animais, os sons do río... que nos acompañaron no noso percorrido. Agardamos que esta visita te achegase un pouco máis á natureza e que puideras gozar cos cinco sentidosdunha inesquecible experiencia por unha paraxe única.

Itinerario 2

Este é un pequeno itinerario que nos levará dende o aparcamento deChelo ata a Ponte Teixeiro sempre a carón do río e atravesando unprecioso bosque no que predominan as abeleiras. Poderemos obser-var dende aquí o edificio do antigo muíño de Chelo, un gran muíño demaquía de enorme importancia ata hai uns anos.

Distancia 2,5 km. (ida e volta)Dificultade Baixa. Unha vez superada a ponte de Chelo é

accesible en todo o seu percorrido a persoas conmobilidade reducida, aínda que con dificultade.

Duración 45 minutosPunto de inicio/fin Aula de natureza de Chelo

1. Poñámonos en camiño!Comezamos a camiñar no aparcamento de Chelo cruzandoa ponte ata a beira de en fronte. Dende a ponte podemosgozar dunha preciosa vista sobre o río e, quizais, do saltodalgunha troita. Seguimos río abaixo para atopar unhapequena praia que o río foi formando ao depositar aquí os sedimentos que arrastra dende zonas máis altas.

2. Camiñando á sombra das abeleirasA nosa ruta enseguida atravesa unfrondoso bosque no que predominanas abeleiras, árbores xeralmentebaixas co tronco moi dividido dende abase e que producen un nutritivo froito—as abelás— do que toman boa contaratos, esquíos e tamén nós.

3. Un muíño cunha gran sona

O muíño de Chelo foi un dos máis importantes da comarca. Era

un muíño de maquía, propiedade dun muiñeiro (a diferenza dos

muíños de herdeiros que

eran de varios veciños)

que por moer cobraba unha

parte do moído: a maquía.

Ata este muíño viñan

veciños de ambas marxes

do río e incluso en barca

remontando o Mandeo

dende Betanzos.

4. Unha ponte testemuña da romaría dos Caneiros

A Ponte Teixeiro é o punto máis baixo do noso percorrido. Esta ponte

está preto do campo onde se celebra cada 18 e 25 de agosto a festa

dos Caneiros, romaría fluvial na que

os veciños de Betanzos engalanan

as súas barcas e remontan

o río para pasar un día de festa

nunha paraxe natural de gran beleza.

Dende aquí volvemos polo mesmo

camiño ata a aula de natureza

de Chelo.

As FervenzasN

Ponte do Zarzo

Caresma

Minicentral doZarzo

Balneario do Bocelo

Longarela

Cal da Fraga

Ponte do Pedregal

A Espenuca

Presa daCabra

Pazo Vello

Muíño de Chelo

Ponte TeixeiroTeixeiro Colantres

Queirís

Chelo

Aula de natureza de Chelo

A Calzada

Monte do Bocelo

Rego da Roila

Picouto Pequeno

Río Mandeo

cheloA3-6_4CORRX_Maquetación 1 05/07/12 19:00 Página 2