aspectos da lingua e da fala - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ......

29
ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA na Educación Primaria Mª Josefa Iglesias Cortizas 71 Revista Galega do Ensino - nº 12 - Maio 1996 1. INTRODUCCIÓN Desde o comezo de tódolos tempos sempre houbo seres diferentes que pre- sentaban un maior ou menor desenvol- vemento intelectual, psicomotriz ou lin- güístico tanto conxénito coma adquiri- do. Xa que logo, non é de agora que des- cubramos que hai individuos superdota- dos ou menos dotados, o que si que é de hai pouco, historicamente falando, é a atención que se lles deu. Por iso dedica- mos este artigo a salientar que sempre houbo suxeitos con dificultades lingüís- ticas; que non recibiron sempre atención especializada; que os trastornos da lin- guaxe e da fala son relativamente fre- cuentes nas nosas aulas (ata un 5% da poboación segundo Crystal (1987), sobre todo no tramo de 6-12 anos ou Educa- ción Primaria); que son suxeitos que necesitan unha educación diferenciada, que en terminoloxía da Loxse chámase- lle necesidades educativas especiais (n.e.e.) utilizando como instrumento de flexibilización e individualización do en- sino as denominadas Adaptacións Curri- culares Individualizadas (ACI). Podemos sinala-los primeiros fi- tos históricos de axuda ós suxeitos con diferentes handicaps, físicos, psíquicos ou sensoriais, no século XVI. Para iso temos que nos retrotraer ata o empezo da Educación Especial, porque a Logo- pedia é unha das súas ramas, conside- rándoa xenericamente e tendo en con- ta as experiencias realizadas e maila súa evolución lexislativa. Ponce de León, máis tarde Bru- net, Hervás y Panduro, realizaron ex- periencias de educación con xordo- mudos, Havy e Braille cos cegos. Pero hai que agardar ata o século XIX para que a Pedagoxía se interese especifica- mente pola Educación Especial. Hai que indicar que na primeira metade do século XIX empezan a crear material didáctico e a elabora-los principios da Educación Especial. E dentro deste marco mencionamos a Pinel (1745- 1826), que comezou o tratamento médico das alienacións mentais e escribiu os primeiros tratados da espe- cialidade. Esquirol (1772-1840) esta- bleceu a diferenciación entre idiocia e

Upload: lelien

Post on 29-Nov-2018

224 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

ASPECTOS DA LINGUA E DA FALAna Educación Primaria

Mª Josefa Iglesias Cortizas

71

Revista Galega do Ensino - nº 12 - Maio 1996

1. INTRODUCCIÓN

Desde o comezo de tódolos tempossempre houbo seres diferentes que pre-sentaban un maior ou menor desenvol-vemento intelectual, psicomotriz ou lin-güístico tanto conxénito coma adquiri-do. Xa que logo, non é de agora que des-cubramos que hai individuos superdota-dos ou menos dotados, o que si que é dehai pouco, historicamente falando, é aatención que se lles deu. Por iso dedica-mos este artigo a salientar que semprehoubo suxeitos con dificultades lingüís-ticas; que non recibiron sempre atenciónespecializada; que os trastornos da lin-guaxe e da fala son relativamente fre-cuentes nas nosas aulas (ata un 5% dapoboación segundo Crystal (1987), sobretodo no tramo de 6-12 anos ou Educa-ción Primaria); que son suxeitos quenecesitan unha educación diferenciada,que en terminoloxía da Loxse chámase-lle necesidades educativas especiais(n.e.e.) utilizando como instrumento deflexibilización e individualización do en-sino as denominadas Adaptacións Curri-culares Individualizadas (ACI).

Podemos sinala-los primeiros fi-tos históricos de axuda ós suxeitos condiferentes handicaps, físicos, psíquicosou sensoriais, no século XVI. Para isotemos que nos retrotraer ata o empezoda Educación Especial, porque a Logo-pedia é unha das súas ramas, conside-rándoa xenericamente e tendo en con-ta as experiencias realizadas e mailasúa evolución lexislativa.

Ponce de León, máis tarde Bru-net, Hervás y Panduro, realizaron ex-periencias de educación con xordo-mudos, Havy e Braille cos cegos. Perohai que agardar ata o século XIX paraque a Pedagoxía se interese especifica-mente pola Educación Especial. Haique indicar que na primeira metade doséculo XIX empezan a crear materialdidáctico e a elabora-los principios daEducación Especial. E dentro destemarco mencionamos a Pinel (1745-1826), que comezou o tratamentomédico das alienacións mentais eescribiu os primeiros tratados da espe-cialidade. Esquirol (1772-1840) esta-bleceu a diferenciación entre idiocia e

Page 2: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

72

demencia, é a este autor a quen se lleoutorga o mérito de aporta-la primeiradefinición da deficiencia mental. Itard(1774-1836) empezou a educación dorapaz salvaxe de l'Äveyron, Victor,tentándolle esperta-los sentidos.

Na segunda metade do séculoXIX aparecen dúas liñas paralelassobre o tratamento de deficientes men-tais: a primeira é continuísta e asisten-cial, ou sexa, que propugnaba a inutili-dade de educa-los deficientes mentais,e por iso só tiña sentido dota-las insti-tucións con servicios asistenciais paraque atendesen as necesidades prima-rias. A segunda defende as posibilida-des de educación destes suxeitos edesenvolve métodos adecuados. Destetempo sobrancean figuras coma Seguin(1812-1880), que elaborou un métodode educación para os nenos idiotas,que se lle chama “método fisiolóxico”.Estableceu os principios de contraste,da progresión da dificultade e os trestempos implicados en toda aprendiza-xe non espontánea (asociación, recoñe-cemento e evocación). Binet, querepresenta a tradición psicométrica eque coa colaboración de ThéophileSimon realizou unha primeira serie detests de intelixencia para medi-la capa-cidade de xuízo, porque eles pensabanque era o centro da intelixencia, ousexa, sentido práctico, iniciativa, fa-cultade de adaptación. (Iglesias Corti-zas, 1993). Terman, que trasladou estasideas ós EUA e conxuntamente conMand Merrill formulou as escalas de

intelixencia Stanfort-Binet e así obtivoa clave para determina-lo cocienteintelectual CI (idade mental divididapola idade cronolóxica e multiplicadopor 100). Galton (1869) defendía a teo-ría de que a intelixencia era un factorherdable igual cás características físi-cas. (Iglesias Cortizas, 1993).

No século XX, a obrigatoriedade ea expansión da escolarización básicatrouxeron a masificación das aulas, efíxose máis patente a existencia dunhaminoría de suxeitos que presentabandificultades, carencias ou deficienciasó segui-lo ritmo normal dos seus com-pañeiros, e isto levábaos inexorable-mente ó fracaso e áseparación ou mar-xinación na escola. Foi así como apare-ceu a necesidade dunha educaciónespecial que atenda os aspectos dife-renciais destes individuos.

A “era das escolas especiais”xorde na década dos 60. Con mentesen evita-lo fracaso escolar créanse cen-tros moi especializados, segregadosdos centros ordinarios, cos seus pro-pios programas, técnicas e especialis-tas, e configúrase un sistema diferen-ciado da educación xeral. Deuse estamesma situación no caso dos nenossuperdotados ou ben dotados: tanto ósque sobranceaban o grupo normalcoma ós que non acadaban este nivelescolarizábanos en centros específicos.

No ano 1969, Nirje en Estocolmoe Bank-Mikelsen en Dinamarca xa

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 3: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

73Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

estableceran os principios da normali-zación. E apareceu o que se ten deno-minado a “era da integración escolar”,que significa unha corrente educativana que se propugna a escolarizaciónconxunta, integrada, de alumnos nor-mais e deficientes.

En España, a atención ós defi-cientes mentais estivo inserida dentrodun marco puramente caritativo e/ouasistencial ata ben entrado o séculoXX. Malia a Lei Moyano (9-9-1857)preve-la creación de escolas para indi-viduos xordos, esta lei non se aplicourigorosamente. Houbo que esperar ataa Lei do 17 de Xullo do ano 1945 naque se contemplaban os instrumentosoficiais para o ensino elemental dosdeficientes mentais. No ano 1956 cre-aron o Padroado Nacional de Educa-ción Especial, e a súa iniciativa priva-da deulle pulo á atención especializadae normalizada destes suxeitos.

A Lei Xeral de Educación do ano1970 é o paso definitivo cara á integra-ción, porque decretou que os centrosordinarios acollesen, en unidades espe-ciais, maioritariamente os nenos defi-cientes. E se estas fosen moi graves pode-ríanos acoller en centros especiais.Aparece a primeira “adaptación curricu-lar” dos programas ordinarios(Programas Renovados) para nenos conminusvalías (López Sepúlveda, 1977).Describía o currículo en termos de“que” ensinar e avaliar (áreas, contidos eobxectivos), “como” (enfoques metodo-

lóxicos, periodicidade e duración dos ser-vicios de aula e específicos) e “cando”(distribución da proposta de ensino).

No Plan Nacional de EducaciónEspecial (1978) aparecen por primeiravez as palabras “normalización” e“integración”" que recolle o marco le-gal do Informe Warnock (1978). E quemenciona explicitamente a LOXSE nocapítulo 5 no artigo 36.3. (1990).

Por último, e continuando coaLOXSE, Lei Orgánica 1/1990 do 3 deOutubro, nela deséñase un sistemaúnico de ensino no que aparece o con-cepto de adaptación curricular, partici-pación dos pais, ensino diversificado ediferenciado. Dedica o capítulo V aregula-lo ensino das n.e.e. (necesidadeseducativas especiais) nos artigos 36-37.Pero a LOXSE supón algo máis, uncambio do concepto de deficientes,minusválidos, discapacitados... Reco-llendo a denominación de n.e.e. pro-pugnada polo informe Warnock (1978)xa mencionado máis atrás, que supónun cambio importante na concepcióndo que se denomina Educación Espe-cial. Nas terminoloxías anteriores sa-lientaban o déficit do neno nun enfo-que predominantemente clínico. Oconcepto de n.e.e. agora abrangue todoo proceso educativo en tanto que tódo-los alumnos participan dos grandesfins da educación, por exemplo a auto-nomía persoal, participación e integra-ción, etc. Supón un continuum entreos que van necesitar moita axuda e os

Page 4: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

74

que necesitarán menos para acada-losfins educativos. En definitiva, é unhaprovisión de recursos para acomoda-laresposta ás necesidades (non ó déficit)educativas especiais que presenta unalumno concreto.

Despois dun percorrido históricoque nos clarifica a problemática daeducación especial ata arestora, podé-monos pór a analiza-los que considera-mos trastornos da linguaxe e da fala naEducación Primaria.

2. TRASTORNOS DA LINGUAXE

O eido dos trastornos da linguaxecomplícase por culpa das dificultadesterminolóxicas. Ata as nocións máisxerais levan diversos nomes. O encabe-zamento deste apartado podía ser tras-tornos, incapacidades, defectos, disfun-cións ou dificultades. O nome dos profe-sionais que se dedican a diagnosticar,avaliar e resolve-los trastornos da lin-guaxes varía tamén dun país a outro, eata dentro do mesmo país. Nos EstadosUnidos chámanlles habitualmente “pa-tólogos da fala”, pero tamén está moiespallada a denominación “patólogos dalinguaxe”. Na Gran Bretaña usan o títu-lo xeral “terapeuta da fala”. En Francia“ortofonistas”; en Alemaña “logope-das”; en Eslovaquia “foniatras”"; enEspaña chámaselles especialistas enAudición e Linguaxe ou logopedas.

O conxunto de habelencias e cua-lificacións profesionais incluídas nestas

categorías difire tamén, un reflexo dadistinta duración dos cursos de estudio,desde uns poucos meses ata máis decatro anos. Algúns países establecenunha distinción clara entre os profesio-nais que se especializan en problemasda linguaxe e mailos que se dedican aclases máis xerais dos trastornos daaprendizaxe. Outros distinguen entre osproblemas da fala e mailos auditivos outeñen distintos tipos de especialistaspara tratar adultos e nenos. No que sique coinciden tódolos países é na faltade recursos financeiros para o estudio, ainvestigación e o tratamento dos queprobablemente son os trastornos huma-nos máis esquecidos de todos.

A expresión “trastornos da lin-guaxe” refírese a calquera deficienciasistemática na maneira como as perso-as falan, escoitan, len, escriben ou asi-nan, que interfira a súa capacidadepara se comunicar con outras persoas.O problema pode ser moi pequeno econsistir nunha dificultade menor depronuncia, ou, pola contra, pode haberunha perturbación case total de tódo-los medios de comunicación, coma nasformas graves de dano cerebral (Cry-stal, D., 1987). En cada caso, notamosque a linguaxe deixa de funcionardunha maneira natural, espontánea,dirixe a atención cara si mesmo e con-vértese nunha barreira, en vez de cons-tituír un medio de comunicación.

É moi difícil obter estimaciónsprecisas da prevalecencia (o número de

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 5: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

75Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

Page 6: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

76

casos nunha poboación nun momentode tempo calquera) ou da incidencia (onúmero de casos novos nun períodoparticular) deses trastornos, porque sedistribúen ó longo dun continuo quevai desde os trastornos leves ata os gra-ves. Crystal, 1978, páx. 264, cita o estu-dio realizado polo goberno británico nadécada de 1970 no que se indicaba quearredor dun 0'5% da poboación tiñaproblemas serios dabondo para requiri-ren os servicios dun terapeuta da fala,pero tamén se recoñecía que esa cifraera vaga e probablemente baixa demáis. Incluíndo outras categorías dapoboación, por exemplo as persoas coninconvenientes menos serios ou os queteñen un grao anormal de dificultade nalectura, a escrita ou a ortografía, é pro-bable que a porcentaxe quede cerca dun2-3%. O total aumenta notablemente epode que chegue a un 5% da poboaciónse se emprega unha noción funcional detrastorno, que inclúa os problemas cosque se enfrontan os emigrantes e outrosgrupos minoritarios. Un feito claro éque varios millóns de individuos nomundo padecen unha incapacidade parase comunicaren que limita o seu desen-volvemento persoal, as súas relaciónssociais e a súa contribución efectiva ásociedade, independentemente de co-mo se denomine o problema.

2.1. Causas dos trastornos da linguaxe

Os trastornos da linguaxe póden-se relacionar cunha causa física nun

40% dos casos máis ou menos. Porexemplo, moitos nenos nacen cundano cerebral que orixina un certo graode incapacidade mental ou física que amiúdo dana as súas habelencias lin-güísticas. A xordeira pode ter un efec-to incapacitador no desenvolvementonormal da lingua falada. Algunhas par-tes do cerebro poden quedar afectadasou destruídas por enfermidades, ata-ques, accidentes ou actos de violencia,e isto produce as numerosas formas deafasia. Varias clases de crecementoanormal poden crear dificultades nofuncionamento das cordas vocais oulevar á extirpación cirúrxica da larin-xe. Nestes casos mencionados, non haidúbida sobre que a causa do trastornolingüístico radica nunha condiciónfísica anormal do individuo.

Pero na maioría dos casos non sedá encontrado un causa orgánica clara,por causa do estado actual dos coñece-mentos en medicina. Milleiros denenos sofren atrasos no desenvolve-mento da linguaxe e non hai nada nosantecedentes médicos que o podaexplicar. Tamén hai moitos milleirosde tatexos que o seu trastorno non sepode adscribir a unha causa física sim-ple, e moitas persoas desenvolven pro-blemas no uso da súa voz que non éposible explicalos fisicamente. Entales situacións, cómpre buscar causas“funcionais” no contorno psicolóxico,social ou lingüístico do suxeito. Unestilo de vida particular pode se-lacausa última dunha calidade deficien-

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 7: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

77Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

te da voz; a pouca memoria dun nenopode explica-lo seu atraso na linguaxe.

A avaliación de trastorno de lin-guaxe debe ter en conta tamén quemoitas condicións teñen múltiplescausas. Non é posible explica-lo nivellingüístico que alcanza un neno xordofacendo referencia unicamente ó seugrao de perda auditiva, poden contri-buír moitos factores máis, a súa perso-nalidade, o contorno familiar, a clase ea cantidade de exposición á linguaxefalada ou de signos. Un trastorno davoz pode empezar nun adulto por unrouquén que vén dunha enfermidadecomún, unha larinxite. Combinaciónsde factores causais orgánicos e funcio-nais están por baixo da maioría dostrastornos da linguaxe, se non detodos.

2.2. Clasificación dos trastornos da linguaxe

O termo “linguaxe” agrupa tóda-las formas de comunicación lingüística:a fala, a audición, a lectura, a escrita oua linguaxe de signos. Pero utilízase conmáis restricción no estudio tradicionaldos seus trastornos. Hai establecidaunha distinción entre trastornos da“linguaxe” e da “fala”. Os primeirosrefírense só ós aspectos "simbólicos" dacomunicación, ou sexa, ós referidos áformulación e a estructuración do sig-nificado, que, en termos modernos, sóafectan fundamentalmente á gramáticae mais ásemántica. Os segundos

refírense ós aspectos “non simbólicos”,ou sexa que se limitan ó uso de sons,considerados como un conxunto deentidades fonéticas sen significado,como ocorre nos problemas de voz, defluidez e de articulación.

Esta distinción empezou a susci-tar críticas nestes últimos anos, peroaínda se utiliza moito. Neste traballoímola manter como división metodo-lóxica dos trastornos, seguindo a liñaexpositiva de Crystal (1987).

2.2.1. Atraso da linguaxe

A maioría dos nenos atendidosnas clínicas de terapia da fala presen-tan algún tipo de atraso no desenvol-vemento da linguaxe falada (Crystal,D. 1987, páx. 279). Nas escolas, quecon carácter habitual aparece un atra-so concorrente e a miúdo máis dramá-tico na adquisición da linguaxe escrita,as estimacións de prevalecencia varíandesde un 2% ata un 15%. As manifes-tacións do mesmo abranguen desde osatrasos a penas perceptibles duns me-ses ata os que chegan a varios anos.

As razóns para o atraso no desen-volvemento da linguaxe coñécensenunha terceira parte dos casos máis oumenos. Non hai unha razón físicaclara para o atraso da linguaxe que oxustifique. A maior parte dos suxeitosnon teñen antecedentes médicos rela-cionados, a súa intelixencia é normal enon sofren de privación social nin per-

Page 8: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

78

turbacións emocionais. Pero a súa lin-guaxe está por baixo do nivel dos seuscompañeiros de clase. En varios casos,hai dificultades concomitantes de tipocognitivo ou social, por exemplo faltade percepción auditiva xeral, poucamemoria ou deficiente concentración,ou unha resistencia a cooperar conoutros.

Considérase que hai atraso da lin-guaxe cando o neno non ten asentadosos procesos ou dimensións da linguaxe(tanto fonolóxico, semántico, pragmá-tico ou morfolóxico) adecuados ós su-xeitos da súa idade cronolóxica. E podehaber atrasos da linguaxe desde unatraso simple ata unha disfasia impor-tante como a audiomudez.

As características do atraso dalinguaxe distínguense porque: danseen suxeitos que falan pouco; a com-prensión expresiva é inferior á da súaidade cronolóxica; presentan un voca-bulario pobre, empezan a falar despoisdos dous anos, exprésanse en terceirapersoa cando se refiren a si mesmos,non presentan causas patolóxicas.

Pódense diferenciar tres tipos deatraso da linguaxe; ímolas mencionar aseguir:

O atraso simple, que presenta osaspectos diferenciais seguintes: ausen-cia do fonema múltiple /R/ e inestableo son /r/; substitución fonética /r/ por/d/, confundindo “cara” con “cada”; o

/s/ por /t/, dicindo “mesa” por “meta”.Tendencia a reduci-lo sistema conso-nántico. Os contidos cognitivos sonalgo inferiores ós dos individuos da súaidade cronolóxica. Pero a comprensiónésimilar. O desenvolvemento morfo-sintáctico e pragmático pódese consi-derar normal.

A inmadurez motriz é factor con-comitante. Na emisión da linguaxedebe haber unha axilidade nos órganosfonoarticulatorios, porque na idadeadulta emítense máis ou menos seissílabas por segundo.

Os factores esóxenos (Montfort,1982), que son complexos de estudiarporque se interrelacionan uns cosoutros, son ademais moi variados, porexemplo: medio familiar pouco esti-mulante; niveis socioculturais esca-sos; bilingüismo, celos, actitude sobre-protectora parental.

O atraso moderado da linguaxeaínda presenta máis carencias, pode-mos mencionar algunhas: ausenciacase total de fonemas fricativos e subs-titucións polos xordos; fala de nenopequeno; omisións das consoantes óempezo de palabra; dificultade na emi-sión das sílabas inversas e os sinfóns eata na memoria a curto prazo, a codifi-cación lingüística dun determinadoaspecto da realidade que está dispoñi-ble durante 30'' máis ou menos; é inca-paz de escolma-los aspectos máis im-portantes da realidade, e presenta unha

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 9: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

79Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

alteración da memoria (G. Aguado,1990). Emprega pouco os interrogativos(persoais e adverbios), válese de acenos.Case non utiliza as funcións semánti-cas de xénero, número; presenta reduc-ción de tempos verbais; escasez denexos coordinantes e subordinantes.Utiliza “xestos verbais” para chama-laatención, imperativos, interrompe naescoita, conversa farfallando.

O atraso grave da linguaxe é unprognóstico serio, porque os seuspatróns fonolóxicos poden chegar caseó consonantismo total. A estructura-ción de frases é moi primitiva (holo-frásticas ou de dous elementos).

2.2.2. A afasia e disfasia infantil

Segundo Crystal (1987) chámase-lle afasia ou disfasia ótrastorno da lin-guaxe que se xorde cando resulta dana-da unha áreado cerebro que participano procesamento da linguaxe. Estadiferenciación terminolóxica véndunha interpretación literal dos dousprefixos: a-fasia indica carencia “total”da linguaxe, e dis-fasia implica unha“carencia” parcial. Pero esta distin-ción non ten significación clínica:tódalas persoas afásicas teñen algunhacapacidade residual de linguaxe, aíndaque non sexa máis ca un nivel mínimode comprensión. Xa que logo, nonimporta moito o prefixo usado, é uncontinuo de incapacidade que vaidesde cadros moi suaves ata moi seve-ros. Agora o prefixo a- está máis difun-

dido, sobre todo nos Estados Unidos, eutilizárono no nome do eido de inves-tigación: afasioloxía.

Habitualmente dise que a afasia éun trastorno da comprensión ou daproducción da linguaxe causado por undano cerebral específico. Así exclúesea xordeira, a demencia senil, etc. Onúcleo do trastorno afásico está sendúbida nos problemas de expresión,comprensión en gramática e semánti-ca, ben na fala, na escoita, a escrita ouos signos.

A etioloxía da afasia non é unívo-ca, pero podemos mencionar algunhascausas concorrentes: os accidentesvasculares, que son os máis frecuentes.Cando hai interrupcións de fluxo san-guíneo duradeiras dabondo nas arteriascerebrais, as zonas afectadas xa non sedan recuperado, o dano é irreversible.Tumores cerebrais xeran lesións per-manentes; trastornos craneo-encefáli-cos e os de menor frecuencia, porexemplo as enfermidades de tipo infla-matorio. Outros factores que interac-túan son: a idade (maior recuperaciónna xente nova), o grao de lateralizaciónda función verbal, o C.I. previo á enfer-midade, sexo, os anos de escolariza-ción, fase na que está a alteración (re-cente, secuela ou de remisión), e porúltimo, o estado emocional e mailo ni-vel de motivación para a recuperación.

Os accidentes cerebro-vascularesexplican arredor dun 85% de tódolos

Page 10: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

80

casos de afasia. O cerebro dependenpor completo do osíxeno que aporta otorrente sanguíneo; as células cere-brais morren se as privan de osíxenodurante uns minutos. Outra posibili-dade é que as arterias queden bloquea-das por unha materia estraña que en-trase na corrente sanguínea ou taménpode aparecer unha hemorraxia pordiversas razóns. Outras causas de afa-sia, ademais dalgúns tipos de tumorescerebrais, enfermidades do cerebro (xamencionadas), son as dalgún tipo dedano traumático (feridas na cabeza poraccidentes de tráfico, caídas, actos deviolencia, etc.). Unha cuarta parte detódalas feridas fondas na cabeza provo-can unha afasia. En total, a incidenciaanual do trastorno anda cerca dun0'6% da poboación (unha de cada 200persoas), e os homes teñen máis risco.

Case unha cuarta parte dos pa-cientes recupéranse nun prazo de tresmeses despois de sufri-lo accidente.Outra cuarta aínda segue fondamenteafectada un ano despois. As distintasmodalidades de comunicación recupé-ranse en xeral a distinto ritmo; a com-prensión mellora habitualmente máisrápido cá producción. Pénsase que ouas células de cerca da área danada reco-bran unha parte da súa función despoisdalgún tempo, ou utilízanse outraspartes do cerebro (por exemplo, o he-misferio dereito).

As afasias desde un enfoque psi-colingüístico son trastornos graves de

elaboración da linguaxe, ou sexa, alte-racións considerables na capacidade deusa-la codificación ou descodificaciónde elementos significativos da fala(monemas e sintagmas)ou os seuscompoñentes de función simplementedistintiva (fonemas).

As características da afasia sonhabitualmente afeccións neuro-patoló-xicas que por elas presentan trastornosda expresión e da comprensión oral ouescrita. Se a lesión cerebral é no he-misferio esquerdo pode producir tras-tornos de codificación ou de descodifi-cación.

Dúas das síndromes afásicas máisrepresentativas tendo en conta a recep-ción e maila expresión son: A afasia deWernicke ou afasia sensorial (taméndenominada afasia acústica, sintácti-ca, receptiva, etc.). Nela a compresióne a repetición resultan moi alteradascon todo e que a linguaxe pode ser hi-perfluída, ata logorreica. A afasia deBroca denomínase tamén afasia verbal,motora, non fluída ou expresiva. Istomotiva unha producción verbal lenta,con frases curtas e “telegráficas”, agra-matismo, estereotipias verbais, difi-cultade de compresión de mensaxescomplexas. Ás veces, incapacidade derealizar movementos voluntarios coalingua, os beizos e a farinxe; isto deno-mínase apraxia buco-facial.

Outro tipo de trastorno dentro doeido das afasias é a xergafasia, que vén

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 11: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

81Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

pola introducción de neoloxismos eparafrasias no discurso, facendo queeste perda significado e valor comuni-cativo. A xergafasia pode ser fonemáti-ca, se altera ou confunde os fonemas,ou semántica se se refire á relación daspalabras.

As características da disfasia sona mencionada ausencia de etioloxíacoñecida, que presenta déficits deexpresión; fala en xerga; agramantis-mo; alteración semánticas, articulato-rias, febleza ou perda da asociaciónverbal, en definitiva, baixo rendemen-to escolar, labilidade emotiva, vocabu-lario pobre e uso de retrousos.

2.3.3. A dislexia

O termo “dislexia” vén da pato-loxía médica que serve para designa-las perturbacións dalgún suxeitos paraa lectura. E etimoloxicamente signifi-ca calquera trastorno na adquisiciónda lectura. Convén diferenciala da“alexia” ou incapacidade total para alectura.

Chámaselle dislexia (adquirida) ótrastorno de lectura, e disgrafia (adqui-rida) ó de escritura, de consecuenciadun traumatismo cerebral en suxeitosque antes tiñan esas habelencias. Aetiqueta “adquirida” distíngueas dasclases “evolutivas” de dislexia e dis-grafia, máis coñecidas, que se dan ennenos pequenos que non hai proba deque teñan dano cerebral.

A dislexia evolutiva é a que nospreocupa máis, porque desde os pri-meiros anos deste século recoñéceseamplamente que hai nenos que, levan-do algúns anos na escola, non rendenben nos labores de lectura, escrita edeletreo, malia a súa intelixencia, ainstrucción e as oportunidades deaprendizaxe seren normais. Non hainingunha razón médica, cultural ninemocional que explique o desaxusteentre as súas capacidades intelectuaisxerais, lingüísticas e o seu nivel utili-zando a linguaxe escrita. A miúdo haino seu historial un atraso inicial dalinguaxe, pero a capacidade para a lin-guaxe falada aparentemente é normalós nove anos máis ou menos; pola con-tra, nas habelencias da linguaxe escri-ta poden quedar no nivel das dun nenode 5 anos ou 6.

É enormemente difícil conseguirunha estimación precisa da incidenciado trastorno, porque non hai tests delectura nin criterios aceptados interna-cionalmente. Crystal (1987) indica unestudio de 16 países, a porcentaxemedia de nenos non atrasados con difi-cultades para ler era un 8%, peroincluía casos que ían desde un 1% naChina ata un 33% en Venezuela. (EnEspaña era arredor dun 8% constatan-do como significativo un atraso de 15meses). Algunhas estimacións indicanque o número de nenos disléxicos ésuperior óde nenas nunha razón de 3 a1 a outras de 10 a 1.

Page 12: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

82

Entendemos que a dislexia carac-terízase por unha dificultade que expe-rimenta un neno con intelixencia nor-mal ou superior sen déficits sensoriais,no acto de ler ou no de escribir.(Iglesias Cortizas, M.J., 1995).

A cuestión da etioloxía da disle-xia trouxo grandes controversias. Atahai pouco, tiña unha gran difusión osuposto de que tódolos disléxicos eranbasicamente similares, e que se podíaencontrar unha única causa para otrastorno. E propuxéronse un grannúmero de posibles “causas” que pos-tulaban algún dos diversos factoresmédicos ou psicolóxico, tal a percep-ción visual, a integración intersenso-rial, a memoria, a atención, os move-mentos oculares, o procesamento ver-bal e dominancia hemisférica. Cadaunha delas admitía varios enfoquesposibles. Revisión recentes de moitostraballos experimentais publicadosindican que a existencia dunha expli-cación unitaria é unha ilusión.

Así que ata de agora é difícilencontrar unha causa unívoca que sepoda aplicar de regra xeral. En realida-de aínda nin se deu determinado se sonverdadeiras causas ou alteracións con-comitantes, que serían síntomas dasíndrome da dislexia, e dependentesdunha causa común máis xeral.

Con todo e o que queda dito,podemos enumera-los trastornos máisfrecuentes:

a) Lateralización inmatura. Osnenos que presentan algunha alteraciónna evolución da súa lateralidade habi-tualmente levan asociados trastornosperceptivos, viso-espaciais e da linguaxeque definen a problemática do disléxico.Son habitualmente nenos torpes pararealizar traballos manuais, os seus trazosgráficos son incoordinados e en forma deespello (escritos ó revés). Ás veces isto éo resultado dun zurdo contrariado, ousexa, un suxeito quer é zurdo pero edu-cárono para utiliza-la man dereita, senconsiderar que a dominancia do hemis-ferios dereito cerebral capacítao para uti-lizar mellor a man esquerda.

b) Alteracións da psicomotricida-de. Coñécese pola inmadurez psico-motriz, pouco gracioso, torpeza xeralde movementos e falta de ton muscu-lar. Presentan deficiencias no ritmo, asmáis das veces disociado e asimétrico;na linguaxe as pausas son mal utiliza-das e a respiración sincrónica. Falta deequilibrio, tanto estático coma diná-mico. Cústalles terse nun pé, saltar,montar na bici, patinar, etc.

c) Coñecemento deficiente doesquema corporal. Este factor está moiunido ós dous anteriores, ou sexa, late-ralización e psicomotricidade, e sobretodo, a distinción das referencias es-querda-dereita do seu propio corpo eque delimitan o universo do neno.

d) Desorientación espacio-tempo-ral. A orientación espacio-tempo que

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 13: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

83Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

Page 14: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

84

presenta o neno ten os alicerces naestructura fundamental do coñece-mento do seu corpo, e deben estar har-monizadas para que funcione a simbo-lización. O neno simboliza ó ler e óescribir, ou sexa, clasifica os símbolosindividualizados ou agrupados me-diante unha estructura temporal decontinuidade e duración; tamén orde-na os mesmo símbolos dentro dun es-pacio establecido (García Mediavilla,1990). A evolución da linguaxe, enrelación coa organización espacio-tempo, reúne os tres elementos esen-ciais, palabra, ritmo e tempo, coa orga-nización espacial. Cando aparece al-gún defecto de percepción visual, apa-recen necesariamente as disortografí-as. E nese caso podemos sospeitar quehai implicación disléxicas.

Diciamos que o neno sitúa os ob-xectos adoptando de referencia a posi-ción do seu corpo, e así a posición doespacio é relativa. Desta maneira, apli-cado á lectura, o neno que non distin-gue ben entre arriba e abaixo ha con-fundi-lo u co n, o b co p, etc, e se nondiferencia dereita de esquerda non hadiscriminar d de b, p de q, etc. Taménse poden dar confusións mixtas, porexemplo b e q, d e p, que unen ambostipos de desorientación.

Referente ás coordenadas de dian-te e detrás, se non están ben asentadasa súa alteración hase manifestar nainversión das letras dentro das sílabas,por exemplo: le por el, se por es. Pódese

dici-lo mesmo da orientación tem-poral, na que se dan inversións de síla-bas coma cocholate por chocolate, etc.

e) Trastornos da percepción.Estas alteracións son máis de caráctercualitativo ca cuantitativo, porquenon son déficits da percepción auditivaou visual, é que non discrimina conprecisión suficiente e confúndeos. Istopode traer disortografías ou dislaliasevolutivas.

f) Parece que hai un factor de pre-disposición hereditaria desencadeanteda dislexia específica, e que se dá máisnos homes ca nas mulleres.

Dentro da dislexia podemos dis-tinguir entre:

- Dislexia con alteracións viso-espaciais e motrices, que se caracterizapor: escrita en espello, confusións einversións ó escribir, torpeza motriz edisgrafias.

- Dislexia con alteracións verbaise de ritmo, que se recoñecen polostrastornos da linguaxe, dislalias, inver-sións, pobreza de expresión, poucafluidez verbal, mala comprensión lec-tora, etc.

Outras dúas categorías ou gruposben diferenciados que se poden consi-derar son:

- O dos nenos ben dotados inte-lectualmente que conseguen supera-

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 15: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

85Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

las perturbacións da linguaxe oralmediante un esforzo de intelixencia,racha-las dificultades espacio-tempo-rais. Pódese dicir que son un grupo dedislexias compensadas, detectablespola ortografía.

- Outro grupo podía se-lo forma-do polas alteracións de tipo afectivotanto de choque coma de fracaso, quepoden se-la causa de inatención oudesinterese.

Os trazos diferenciais do nenodisléxico son os que seguen:

A miúdo son nenos que polo forteesforzo intelectual que fan para reali-za-las tarefas escolares, presentan unalto nivel de fatigabilidade, e isto pro-duce atención inestable e pouco conti-nuada.

A falta de atención desencadea odesinterese e ausencia de atractivo caraos labores escolares, e iso xera un baixorendemento escolar. Ás veces marxína-nos do grupo medio da clase por escasorendemento, ata os chegan a considerarnenos con deficiencia intelectual. É fre-cuente encontrar nos nenos disléxicosunha serie de trazos que denotan algúndesaxuste emocional.

A seguir damos unha síntese dossíntomas disléxicos:

A. Alteracións na lecto-escritura.

1. Lectura: letras: confusión,inversión, omisión.

sílabas: inversión e omisión.palabras: " " .xerais: falta de ritmo oral, saltos

ou repetición de liña, lectura mecáni-ca, non comprensiva.

2. Escrita: cansazo muscular,caligrafía irregular, ortografía moi defi-ciente, frases desordenadas e confu-sións coma na lectura.

B. Alteracións na linguaxe oral:inversión e confusión de fonemas, difi-cultades de expresión. Uso inadecuadodos tempos verbais, elaboración inco-rrecta da frase.

C. Alteracións do desenvolve-mento psicomotor: dificultade no mo-vemento, no coñecemento do esquemacorporal, torpeza en exercicios ma-nuais e de grafía, exercicios gráficosfeitos ó revés, mala interpretaciónauditiva ou visual.

D. Alteracións da conducta: inse-guridade, reaccións moi variadas,encerramento dentro de si, con marca-da resonancia e fixación.

Danse casos de carreira escolararruinada en suxeitos disléxicos seninguén recoñece o seu trastorno. Aincapacidade para ler, co fin de obterpracer ou información, e os repetidosintentos infructuosos cando tentanrealizar labores escritos teñen un efec-

Page 16: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

86

to devastador na capacidade e na moti-vación dos alumnos para aprender.Frecuentemente hai problemas asocia-dos á utilización dos símbolos numéri-cos (discaculalia) e en tarefas que re-quiren memoria a curto prazo, porexemplo obedecer instruccións. Tal re-ducción da capacidade lecto-escritoraconsidérase a miúdo indicio de sub-normalidade educativa ou de falta deintelixencia, se se sabe que é inteli-xente, conduce a unha acusación depreguiza ou de falta de esforzo, e istoleva ó neno ós conseguintes castigosna escola, ó aumento de tensión fami-liar na casa. Por iso, son moitas vecesdesacougados, introvertidos e ata agre-sivos.

De remate imos menciona-la hi-perlexia que se dá en nenos con atrasoen lectura pero que desenvolven ásveces unha capacidade sorprendentepara ler en voz alta; isto inclúe unhaproducción precisa dun vocabulariomoi avanzado, moito por riba da súacapacidade de comprensión.

3. TRASTORNOS DA FALA

O ser humano é social por natu-reza, ten de principal vehículo a lin-guaxe, esta impregna toda a súa vida.A interrelación, a interpretación darealidade e a transmisión cultural, contodo o que esta implica, son posiblestendo como medio fundamental a lin-guaxe.

O home non posúe a linguaxedesde que nace, adquíreo por mediodun proceso laborioso durante a infan-cia. O seu desenvolvemento está liga-do á maduración das actividades ner-viosas superiores.

Entendemos por trastornos defala as que se refiren a perturbaciónsque dificultan a expresión lingüísticaoral. Ou dito doutra maneira, as queafectan á expresión (articulación prin-cipalmente) pero non á comprensión.

Dentro de trastornos da falapodemos salientar tres sobre todo: adislalia (non é unha afección grave eson moi positivos os resultados da súareeducación) é a alteración dun ou devarios fonemas nun neno maior de 4anos que non presenta disfunciónscentrais. A disglosia, a deficiencia dunou de varios sons por dificultades ana-tómicas e/ou fisiolóxicas dos órganosarticulatorios. A disfemia ou defectosna linguaxe oral por repetición de síla-bas ou de palabras, ou por paros espas-módicos (tartamudez).

3.1. Dislalia

Chamámoslles dislalias (do gregodis, dificultade, e lalein, fala) ós pro-blemas da articulación da palabra, cau-sados por deformación, incoordinaciónou hipofunción dos órganos periféricosencargados de realizala, a lingua, osbeizos, o padal, nervios periféricos,etc. Este trastorno fonético ocorre na

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 17: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

87Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

maioría dos casos durante a infancia, ea miúdo é suplementario doutras cau-sas de orixe moi concreta (hipoacusias,paresias, inmadurez na lateralidade,etc.). Entre os 3 anos e os 5, cando oneno pasa dun pensamento concreto aun pensamento interior, comezan aasenta-la lateralidade e a aprendizaxeda lecto-escritura. (López Táppero V.;López Táppero, N. (1984), páx. 179.)

Segundo as causas podemos clasi-fica-las dislalias en: evolutiva, funcio-nal, audióxena e orgánica.

1. Chámaselle dislalia evolutiva áfase do desenvolvemento da linguaxeinfantil na que o neno non dá repetidopor imitación as palabras que escoita,non dá formado os estereotipos acústi-co-articulatorios correctos. Por culpadisto repite incorrectamente desde opunto de vista fonético. Desde unhaevolución normal do cativo, estas difi-cultades vanse superando, e só se per-sisten para alá dos 4 ou os 5 anos sepoden considerar patóxenas.

2. A dislalia é de tipo funcionalcando hai unha reproducción incorrec-ta dun son ou de varios, ou non secolocan adecuadamente os órganosactivos e pasivos para a emisión: ouben cando non se alcanza o resultadosonoro esperado. Tal alteración podeser de catro tipos: substitución (o cam-bio dun son por outro. Exemplo: cogopor corro; omisión (dun fonema.Exemplo: pato por prato), distorsión(emítese o son dunha maneira alterada

e resulta unha aproximación ó fonemacorrecto. Exemplo: schopa por sopa) einvención ou inseción. Exemplo: buru-xa por bruxa).

Ou sexa, que a dislalia funcionalé o defecto no desenvolvemento daarticulación da linguaxe. Non hai tras-tornos ou modificacións orgánicos nosuxeito, só unha incapacidade funcio-nal. Pódese dar en calquera fonema,pero o máis frecuente é a substitución,omisión ou deformación de /r/, /k/, /l/,/s/, /z/ e /ch/.

Para a denominación dos distin-tos erros que pode haber na dislaliautilízase unha terminoloxía derivadado nome grego do fonema afectado,coa terminación tismo ou cismo. Ehai: sigmatismo para o /s/, deltacismopara o /d/, etc. Cando a un son substi-túeo outro antepomos para, por exem-plo pararrotacismo.

A experiencia, e tamén os resul-tados estatísticos que hai, demostranque hai máis dislalias no sexo mascu-lino ca no feminino (Pascual García,P., 1985, páx. 29)

3. Hai dislalia audióxena cando asalteracións da articulación veñendunha audición defectuosa. O nenoque presenta este trastorno terá espe-cial dificultade para recoñecer e repro-ducir sons semellantes entre si, porquelle falta a capacidade de diferenciaciónauditiva.

Page 18: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

88

4. Chámaselles dislalia orgánicaós trastornos da articulación motiva-dos por deficiencias orgánicas. Estasalteracións pódense referir a lesións dosistema nervioso que afectan á lingua-xe, e nese caso denomínanse disastrí-as. Se a disfunción afecta ós órganos dafala por anomalías anatómicas ou mal-formacións deles, téndese a chamarllesdisglosias.

A Etioloxía ou causa da dislaliafuncional é moi variada, porque enmoitos casos non é unha única causadeterminante, senón que estas anor-malidades funcionais en xeral dansepor unha combinación de factores queestán todos incidindo no neno. É moiimportante estudiar cada caso e vercales son as causas posibles, para apli-ca-lo tratamento adecuado segundo ofactor que estea impedindo o desenvol-vemento e a normal evolución da lin-guaxe do neno.

Parece claro que a dislalia funcio-nal non a produce unha lesión do siste-ma nervioso central, senón unha inma-durez do suxeito que empece un fun-cionamento adecuado dos órganos queinterveñen na articulación da linguaxe.

Vexamos unha serie de causasseguindo a orde coa que aparecen máisa miúdo:

a) Inmadurez motriz. O desenvol-vemento da linguaxe está ligada estrei-tamente ó desenvolvemento das fun-cións do movemento, ou sexa, da

motricidade fina que entra en xogodirectamente na articulación da lin-guaxe. Podemos encontrar unha rela-ción directa entre o grao de atrasomotor e mailo grao de atraso da lin-guaxe nos defectos de pronuncia.

b) Dificultades na percepción doespacio-tempo. A linguaxe empeza axurdir no neno por imitación de move-mentos e sons. É moi difícil que sepodan da-las primeiros se o neno non équen de os percibir tal como son, senon ten interiorizadas as nocións doespacio e do tempo.

c) Dificultades respiratorias queempecen as adecuadas coordinación eemisión articulatorias.

d) Falta de compresión ou discri-minación auditiva dáse cando o nenopresenta problemas auditivos por capa-cidade insuficiente de diferenciaciónfonética. Ou sexa, que non pode imita-los sons diferentes porque non os dádiscriminado como tales.

e) Factores psicolóxicos quedesempeñan un papel moi importantecomo xeradores de trastornos da lin-guaxe, as máis das veces asociados acalquera outra causa das descritas.Unha falta de agarimo, inadaptaciónfamiliar, un problema de celos porquevén un irmán novo, a actitude ansiosados pais, que haxa un rechazo cara óneno, experiencias traumatizantes porambiente familiar desunido, poden

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 19: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

89Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

provocar un trastorno no desenvolve-mento da personalidade do rapaz quese reflicte na expresión da linguaxe.Toda perturbación psico-afectiva daprimeira infancia retarda e dificulta aevolución da linguaxe. Outro elemen-to básico para o desenvolvemento dafala do neno é a necesidade emocionalda comunicación.

f) Factores ambientais. Teñenmoita importancia no avance do neno,e cos elementos ou capacidades perso-ais irán determinando o seu desenvol-vemento e a madurez. Pódense citarcomo exemplo da carencia de ambien-te familiar os nenos que viven en ins-titucións de protección infantil nasque, con todo e tentar ser estimulado-ras do seu desenvolvemento, fáltanlle-lo abeiro dos pais e mailo ambienteafectivo normal. Outros aspectos so-branceiros son o nivel cultural do am-biente e o bilingüismo no que sedesenvolve o neno. A superprotecciónmaterna que empece a maduraciónnormal, e queda parado psicoloxica-mente en etapas que tería que ter supe-radas. O rexeitamento ou a inadapta-ción familiar, causas de desequilibrionos membros da familia, son a miúdofactores determinantes na incapacida-de funcional da reproducción sonora.

g) Factores hereditarios son osque predispoñen a algún trastorno arti-culatorio, pero son menos frecuentescós que quedan mencionados. Candoeste factor existe, resulta reforzado

pola imitación de erros que cometenos membros da familia ó falar.

h) Deficiencia intelectual. É unhamanifestación frecuente, pero xa nonse lle pode chamar dislalia funcional,son problemas máis complexos.

A sintomatoloxía neste tipo decativos consiste en que a miúdo presen-tan omisións, substitucións ou defor-macións fonemáticas coma as que que-dan expostas. A expresión é, en xeral,fluída, pero ás veces pódese facer inin-telixible se aparecen moitos afectados.

Os infantes dislálicos a miúdoson distraídos, desinteresados, tímidosou agresivos e con escaso rendementoacadémico. Moitos son individuos quecarecen do sentido musical, cháman-lles duros de oído. Ás veces presentanun atraso na bipedestación, falando eno control de esfínteres. Tocante álateralidade, viuse que sobre un 50%son zurdos. Moitas veces non se deca-tan dos seus erros fonéticos, os que sonconscientes deles, son incapaces desuperalos en por si, e por iso recomén-dase a rehabilitación por persoal espe-cializado en logopedia.

3.2. Disglosia

Consiste nunha dificultade daproducción oral por culpa de altera-cións anatómicas e/ou fisiolóxicas dosórganos articulatorios e de orixe peri-férica.

Page 20: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

90

As causas que motivan a disglo-sia son tódolos trastornos que afectanós órganos responsables da articula-ción dos sons.

Podemos indicar como causas asque seguen: malformacións conxénitascranio-faciais; trastornos de crecemen-to; anomalías adquiridas de conse-cuencia de lesións na estructura oro-facial ou de extirpacións cirúrxicas.

A disglosia clasifícase en labial,mandibular, lingual, palatina e nasal,segundo a zona afectada.

3.3. Disfemia

A expresión trastornos da fluidezrefírese a unha carencia importante nacapacidade para se comunicar dunhamaneira fácil, rápida e continua no con-texto da linguaxe. O problema é máisnotorio cando as persoas teñen dificul-tade para controla-lo ritmo e a distribu-ción temporal da súa fala, que é o queproduce o fenómeno da tartamudez.

A tartamudez consiste na repeti-ción compulsiva de sílabas ou palabras(tartamudez clónica ou stammering)ou en bloqueos que interrompen ofluxo normal da linguaxe (gaguexotónico ou stuttering; fala entrecortadaou espasmódica). A disfemia pódeseconsidera-la alteración da linguaxe entanto que supón unha perturbación doritmo lingüístico no discurso oral; ta-

mén pode ser unha disfunción da falaen tanto que supón unha deficienciada producción de sílabas ou palabras.

As características sobranceirasdeste fenómeno son: cantidade anor-mal de repeticións de sons, sílabas, pa-labras ou frases; a lonxitude dos sonspódese prolongar fóra do habitual; ofalante prepárase para articular un son,pero non o dá ceibado, ás veces presen-ta espasmos faciais e movementos cor-porais repentinos; introducen palabrasadicionais en puntos de dificultade; ospatróns de acentuación son desiguais ea entoación anormal; ás veces as frasesou as palabras quedan sen acabar; osuxeito escapa de palabras difícilespara el e substitúeas por circunloquios.

Os cativiños (particularmentearredor dos tres anos) presentan algúngrao de ausencia normal de fluidez, etodos podemos ter dúbidas, sobre todoen situacións nas que falamos someti-dos a unha presión. É un reflexo clarode ansiedade non controlada.

Por último, a taquifemia é unsíntoma menos coñecido có anterior.Dáse en persoas que parecen incapa-ces de controla-la súa taxa de fala, e xaque logo, introducen nela distorsiónsde ritmo e articulación. Os sons des-prázanse, pronúncianse mal ou omí-tense, as sílabas encáixanse nas se-guintes. A velocidade pode aumentaróavanza-la emisión, un fenómeno óque se lle chama apresuramento. A

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 21: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

91Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

miúdo o resultado é nunha gran parteinintelixible. O sorprendente é que es-tas persoas moitas veces non se de-catan dos problemas que causa a per-turbación na súa fluidez. O farfalleotamén se caracteriza pola rapidez daemisión das palabras, a articulacióndesordenada e ausencia de claridadena mensaxe verbal.

4. ASPECTOS DIFERENCIAIS NA COMUNICACIÓNE A LINGUAXE

Nun senso técnico comunicaciónequivale a transmisión de informaciónque se pode establecer entre diversosentes e situacións (entre unha máqui-na e un home; entre máquinas, demáquina a un home, de home a home,etc.). A comunicación entre seres hu-manos constitúe a linguaxe. O termolinguaxe non ten un senso unívoco.Fálase de linguaxe dos animais, dasbandeiras..., pero en última instanciapódese limitar (con connotacións ade-cuadas) ó esquema inicial dos sistemasde transmisión de información (PeñaCasanova, 1984).

Os aspectos diferenciais na con-secución óptima da linguaxe ou comu-nicación son:

a) Na linguaxe podemos conside-rar que sexa fluído ou non fluído. Oprimeiro é cando se entende que a emi-sión realizada por un neno con altera-ción da fala é a velocidade normal, ou

sexa, que non lle produce fatiga ouesforzo. No segundo, o alumno presen-ta un gran esforzo ó falar e gran reduc-ción de emisión verbal.

b) A perturbación articulatoriaaparece na dificultade na emisión ver-bal, xestual esaxerada, modificaciónsdo ritmo articulatorio, atrasos no ini-cio, arranque explosivo e emisiónsentrecortadas.

c) Co termo anomia descríbese acapacidade selectiva de evocar pala-bras concretas coma adxectivos, ver-bos, etc., pero as máis alteradas son ossubstantivos.

Hai anomias específicas, porexemplo as referidas a cores; saben quécor é pero non o dan expresado. A ano-mia é un síntoma xeral que presentantódolos afásicos tocante ó léxico.

d) Por agramatismo entendémo-lo déficit, sobre todo sintáctico, no quese omiten unha gran parte dos artigos,preposicións, verbos auxiliares, con-xuncións que constitúen as estructu-ras sintácticas da oración.

e) Outro aspecto é o dos paragra-matismos que se dan cando se substi-túen morfemas gramaticais ou seadmiten non sistematicamente, tantosubstantivos coma verbos e adxecti-vos. Caracterízanse por unha confu-sión na organización gramatical.

Page 22: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

92

f) Parafrasia é outro termo quedefine a producción non intencional desílabas, palabras ou frases durante odiscurso. Poden ser:

Parafrasia lineal ou fonemática.Nela modifícase a serie fonemáticaconstitutiva dun monema por omisión,engadido, desprazamento, etc., ou haiunha alteración da orde da palabra, porexemplo cando se di pallequiñas por ga-lletiñas, formando unha pseudo-palabra.

Parafrasia verbal. Refírese á subs-titución de palabras enteiras. Se o ter-mo incorrecto ten relación coa que ten-taba expresar, coma pé por man, é unhaparafrasia verbal semántica. Se non hairelación, dicimos que é unha parafrasiaverbal ó chou, de intercambios capri-chosos, por exemplo, café por mesa.

g) Os neoloxismos son palabrasinventadas que non existen no diccio-nario dunha lingua pero que están benarticuladas e acentuadas; créanse ter-mos coma fochirna para cociña.

h) Os circunloquios son produc-cións verbais realizadas aposta paraescapar das dificultades de tipo anómi-co; ou sexa, arrodear cando non seencontra a palabra adecuada.

5. AS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS DES-TES TRASTORNOS

No Real Decreto 1º344/1991, do6 de Setembro, quedou establecido o

currículo da Educación Primaria (tra-mo escolar comprendido desde os 6anos ós 12, dividido entres ciclos dedous anos). No seu preámbulo di quenesta etapa educativa haberá que lleadicar unha atención preferente, encolaboración coa familia, ós alumnoscon n.e.e., para que superen as dificul-tades que teñan e podan acada-los ob-xectivos educativos previstos.

As características xerais da lin-guaxe dos alumnos de Educación Pri-maria son: o desenvolvemento fonoló-xico; inicio na reflexión verbal; maioresixencia e compresibilidade da súalinguaxe por mor da diversificacióndos contextos; madurecemento neuro-lingüístico dos discentes; dominio decase tódolos sons da lingua e das súascombinacións; curiosidade e interesepola linguaxe; diferéncianse o xéneroe mailo número dos pronomes; maioruso dos tempos e dos modos verbais;aumenta a complexidade das oracións;gran diversidade estimular polos me-dios de comunicación; adquisiciónprogresiva das técnicas instrumentais;aumento paulatino do vocabulario;crecente complexidade da sintaxe;aparecen importantes logros nasconcordancias de artigos e pronomes;mellora a súa fluidez expositiva; per-fecciona o uso dos verbos e a conxuga-ción, con uso xa da voz pasiva, e sobretodo o seu pensamento vai regulandoa súa conducta sen necesidade de ver-balizar.

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 23: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

93Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

Despois desta introducción, daanálise das alteracións máis frecuentesda linguaxe e da fala, chegamos á con-clusión de que os suxeitos que presen-tan algún trastorno na linguaxe ou nafala teñen unhas necesidades específi-cas, ou, tanto ten, unhas necesidadeseducativas especiais.

Xenericamente podemos dicir queos alumnos que presentan trastornos dalinguaxe necesitan optimizar funda-mentalmente o desenvolvemento con-ceptual, instaurar conductas lingüísti-cas simbólicas, incrementa-la capacida-de imaxinativa, estructura-la percep-ción espacio-tempo e desenvolvementoda memoria a curto prazo. E os que dis-centes que presenten alteracións da falanecesitan centrarse na superación dasdificultades articulatorias, de fluidezverbal e de regulación da voz.

As n.e.e. dos nenos con atraso dalinguaxe serán asentar contidos cogni-tivos, incrementa-lo vocabulario ex-presivo, potencia-lo nivel morfosintác-tico, estimula-la conversación, a me-moria, a atención e sobre todo requiri-la colaboración da familia.

As n.e.e. dos afásicos son desdeunha perspectiva xeral: ir paulatina-mente ampliando frases, comunica-ción simple, se énecesario uso de SSAA C (sistemas alternativos de comu-nicación); estructuración morfosintác-tica. Tocante á expresión: maximiza-lamemoria a curto prazo, afirma-la psi-

comotricidade, elimina-la conductaecolálica e mellora-la articulación. Seconsiderámo-la recepción daquela,habemos desenvolve-la compresiónoral, a escrita, a audición, a coordina-ción motora e sobre todo a discrimina-ción fonética.

As n.e.e. dos nenos disfásicosson: reforza-las estructuras lingüísti-cas, a memoria conceptual, o ritmo, osparámetros de tempo-espacio, o auto-control, a lateralidade, lecto-escritura,a atención, o interese e imitación.

As n.e.e. dos nenos que presentandificultades articulatorias, dislálicas,de carácter funcional, necesitarán arti-cular correctamente os fonemas quesubstitúen, que omiten, que invertene/ou distorsionan. Se as alteraciónsson de carácter orgánico, disglósico,hai que exercita-la zona específica dealteración, ou sexa, beizos, maxilares,linguais, palatais ou dentais. Se adeficiencia é audióxena, han necesitarpróteses adecuadas.

Ós alumnos que presentandeficiencias de fluidez da fala, disfémi-cos, hai que lles axudar a facer relaxa-ción muscular segmentaria dos mús-culos articulatorios e os fonéticos paraadquiri-la fluidez; coordina-los múscu-los respiradores e inspiradores; reduc-ción da ansiedade social; facer máislenta a emisión de palabras e darlleénfase á articulación dos fonemas.

Page 24: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

94

6. ADAPTACIÓNS CURRICULARES INDIVIDUA-LIZADAS

Despois dun breve percorrido his-tórico para centra-lo noso traballo,analizámo-los trastornos referidos álinguaxe e á fala e estudiámo-las n.e.e.dos alumnos que presentan tales alte-racións; agora imos expo-lo instru-mento ou o soporte físico-documentalno que se reflicten tódolos esforzoseducativos para responder ás necesida-des educativas destes alumnos.

Chámaselles Adaptacións Curri-culares Individualizadas (ACI) ó con-xunto de modificacións que se realizannos obxectivos, os contidos, criterios,procedementos de avaliación, activida-des e metodoloxía para atende-las dife-rencias individuais dos alumnos.

As secuencias para elaborar unACI son as que seguen:

1. ¿Que é o que ten que apren-der?. Débese especificar cales son oscontidos das áreas, as habilidades, des-trezas, conductas... que debe aprendere nas que o alumno é deficitario.

2. ¿Como o debe aprender?. Encada unha das áreas concrétase o tipode actividades de recuperación educa-tiva, prestación de servicios de apoioque se deben realizar para traballa-loscontidos e adquiri-las habilidades pro-postas.

3. ¿Cando o debe aprender?. Indí-case a temporalización das actividadesde ensinanza/aprendizaxe do reforzoeducativo. Inclúe a programación dasáreas na unidade de tempo que sedetermine; un mes, un bimestre, untrimestre...

4. ¿Como hai que organiza-loensino?. Especifícanse as posibles mo-dalidades organizativas da clase que sedeberán adoptar para incrementa-lorendemento educativo. Por exemplo:traballo autónomo, tarefas para a casa,traballo monitorizado, integralo nunequipo, sesións de logopedia, axudaescolar por parte do profesor de apoio,plano de modificación de conducta,etc...

5. Persoas que deben intervir narealización da adaptación. Especifí-canse os profesionais do centro e osservicios de EPSA (equipos psicopeda-góxicos de apoio) á escola que debenintervir e maila función concreta quecada un deles ha ter no ACI.

6. Nivel de competencia curricu-lar actual. A avaliación inicial implicadetermina-lo que é quen de face-loalumno en relación cos obxectivos,contidos das diferentes áreas do currí-culo ordinario, o que se debe adoptarcurricularmente. Este tipo de avalia-ción é criterial e individualizada, con-tribúe a fixa-los contidos e os obxecti-vos do ACI.

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 25: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

95Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

Page 26: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

96

7. ¿Que estilo ten de aprendiza-xe?. Despois de saber cal é o seu nivelde competencia hai que determinarcomo o sabe, ou como o aprende. Tó-dolos compoñentes cognitivos e emo-cionais confírenlle óalumno a súa sin-gularidade propia para aprender. Oestilo vén determinado por: as pre-ferencias ante algúns agrupamentos; acapacidade imaxinativa; a súa aten-ción e a memoria; o seu ritmo de tra-ballo; a impulsividade ou reflexión noprocesamento da información; a estra-texia de aprendizaxe, imitación razoa-mento, repetición...; o grao de seguri-dade “emocional” nunhas tarefas ounoutras; reforzos máis eficaces.

8. ¿Que modalidade de ACI nece-sita?. 1. ACI de Acceso para encargarsedos recursos técnicos e a adaptación áaula para acceder ó currículo. 2. ACInon significativo que contempla aadaptación dos contidos, metodoloxía,avaliación, obxectivos. 3. ACI signifi-cativa que supón modificacións subs-tanciais do currículo xeral.

9. Na adaptación curricular nonsignificativa ¿onde se podería realizaralgunha modificación?. Nos contidos;metodoloxía; avaliación; obxectivos...

10. ¿Como temos que avalia-losseus logros?. Especificando as capaci-dades que se van avaliar, os instru-mentos que hai que empregar, a moda-lidade avaliativa: procesual-formativae de producto-terminal. Os criterios de

superación dos obxectivos propostos,quen ha de avaliar: o/a profesor/a, oequipo de ciclo, tódolos profesionais...

11. ¿Que aspectos curricularesterán relación coa familia?. A colabo-ración desta é fundamental. Débeseenunciar explicitamente cales son astarefas e as demandas a ela para odesenvolvemento do ACI.

12. Seguimento. As entrevistascoa familia; observación; controlesperiódicos; análises de tarefas, etc.

7. CONCLUSIÓNS

Xa vimos que sempre houbo tras-tornos da linguaxe e da fala, anque nonse lles deu un tratamento específicoata a metade deste século, na décadados 60 e a dos 70 nos países máis avan-zados.

O termo “trastornos” que utiliza-mos neste artigo é sinónimo de inca-pacidades, defectos, disfuncións oudificultades.

Anque a palabra “linguaxe” agru-pa tódalas formas de comunicaciónlingüística: a fala, a audición, a lectu-ra, a escrita ou a linguaxe de signos,adoptámo-la división de “trastornos dalinguaxe” e da “fala” por razóns de cla-ridade metodolóxica. A primeirarefírese ós aspectos simbólicos dacomunicación, por exemplo a gramáti-

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 27: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

97Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

ca e a semántica, e a segunda ós nonsimbólicos, ou sexa, os sons, a fluideze a articulación.

As alteracións que se producenna área da linguaxe (sobre todo a disle-xia) e maila dislalia (trastorno da fala)son, seguramente, as máis frecuentesna etapa da Educación Primaria.

Para a adquisición da linguaxenecesítanse unha serie de requisitostan elementais coma a adecuada audi-ción, desenvolvemento psicofísiconormal, un madurecemento e integri-dade anatómico-neurofisiolóxica eórganos periféricos correctos.

Considérase atraso da linguaxecando o neno non ten asentados osprocesos ou dimensións da linguaxe(fonolóxico, semántico, morfolóxico epragmático) adecuados para os suxei-tos da súa idade cronolóxica.

O enfoque clásico chámalle afa-sia ás alteracións que, en presenciadunha lesión cerebral (no hemisferiodominante) ocorrida despois de adqui-ri-la linguaxe, afecta á función verbal.

A disfasia caracterízase por pre-sentar déficits de expresión; fala enxerga; agramantismo; alteracións se-mánticas, articulatorias e febleza ouperda da asociación verbal, en definiti-va baixo rendemento escolar e labili-dade emotiva, vocabulario pobre e usode retrousos.

A dislexia caracterízase por unhadificultade que experimenta un nenocon intelixencia normal ou superiorsen déficits sensoriais no acto de ler ouno de escribir. Pola contra, a hiperlexiadáse en nenos con atraso en lecturapero que ás veces desenvolven unhasorprendente capacidade para ler envoz alta, incluíndo unha producciónprecisa dun vocabulario moi avanzado,moito por riba do seu nivel de com-prensión.

A dislalia funcional é o defecto nodesenvolvemento da articulación dalinguaxe. Non hai trastornos nin modi-ficacións orgánicas no suxeito, só unhaincapacidade funcional. Pódese dar encalquera fonema, pero o máis frecuenteé a substitución, omisión ou deforma-ción de /r/, /k/, /l/, /s/, /z/ e /ch/.

A disglosia é a dificultade de pro-ducción oral por culpa de alteraciónsanatómicas e/ou fisiolóxicas dos órga-nos articulatorios, con causa de orixeperiférica.

A expresión "trastornos da flui-dez" (disfemia) refírese a unha carenciaimportante na capacidade para secomunicar dunha maneira fácil, rápidae continua no contexto da linguaxe. Oproblema é máis notorio cando as per-soas teñen dificultade para controla-loritmo, a distribución temporal da súafala, que produce o fenómeno da tarta-mudez. A taquifemia é a velocidade naproducción de sons.

Page 28: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

98

Xenericamente podemos dicirque os alumnos que presentan trastor-nos da linguaxe necesitan optimizarfundamentalmente o desenvolvemen-to conceptual, instaurar conductas lin-güísticas simbólicas, incrementa-lacapacidade imaxinativa, estructura-lapercepción espacio-tempo e desenvol-vemento da memoria a curto prazo.

E os discentes que presenten alte-racións da fala deberanse centrar nasuperación das dificultades articulato-rias, de fluidez verbal e de regulaciónda voz.

Na Educación Primaria ou tramoeducativo desde os 6 anos ós 12 é ondehai máis incidencia dos trastornos dalinguaxe e da fala.

Chámaselles Adaptacións Curri-culares Individualizadas (ACI) ócon-xunto de modificacións que se realizannos obxectivos, contidos, criterios,procedementos de avaliación, activida-des e metodoloxía para atende-las dife-rencias individuais dos alumnos.

BIBLIOGRAFÍA

Aguado, M. (1990): "Retraso del lenguaje "en Manualde Logopedia. Peña Casanova. Barcelona, Mas-son,S.A.

Azcoaga, J. (1972): Criterios para diferenciar los tras-tornos del lenguaje, Argentina, Rosario.

Bustos Sánchez, I. (1988): Discriminación auditiva ylogopedia, Madrid, Cepe.

Calzada, T. E. e B. Gutiérrez (1989): Guía de la Edu-cación en la Comunidad Europea. MEC/CIDE.Univ. Autónoma de Barcelona.

Coll,C. (1988): "Una perspectiva psicopedagógicasobre el currículo escolar". En El marco curricularen una escuela renovada, Madrid, MEC-popular.

Corredera Sánchez, T. (1949): Defectos de la diccióninfantil, Buenos Aires, Kapelusz.

C.N.R.E.E. (1990): Las N.E.E. en la Reforma del Sis-tema Educativo, Madrid.

Crystal, D. (1983): Patología del lenguaje, Madrid,Cátedra.

Crystal, D. (1984): Análisis gramatical de los trastor-nos del lenguaje, Barcelona, Ed. Médica y técnica,S.A.

Crystal, D. (1987): Enciclopedia del lenguaje de laUniversidad de Cambridge, Madrid, Taurus.

Dueñas, M. (1987).: Tengo un hijo disléxico, Madrid,Temas de Hoy.

Fernández Baroja e outros (1980): La dislexia, origen,diagnóstico, recuperación, Madrid, Cepe.

García Mediavilla, L. (1990): Dislexia: diagnóstico,recuperación y prevención, Madrid, UNED.

Gimeno Sancristan, J.(1988): El currículum. Unareflexión sobre la práctica, Madrid, Morata.

Gisbert, J. e outros (1982): Educación Especial,Madrid, Cincel.

Iglesias Cortizas, M.J. (1995): "Rasgos diferencia-dores del bien dotado". En Boletín del IlustreColegio de Doctores y Licenciados en Filosofía yLetras y en Ciencias, Nº 62, Febrero.

Iglesias Cortizas, M.J. (1993): Evaluación y optimiza-ción del rendimiento en los niños bien dotados.Área de la expresión escrita, Tese doutoral,Universidade de Santiago.

María Josefa Iglesias Cortizas

Page 29: ASPECTOS DA LINGUA E DA FALA - dialnet.unirioja.es · dificultades, carencias ou deficiencias ... Aspectos da lingua e da fala na educación primaria 73 estableceran os principios

99Aspectos da lingua e da fala na educación primaria

Iglesias Cortizas, M. J.: Definición e identificación delos niños bien dotados: Diseño curricular, Xuntade Galicia.

Iglesias Cortizas, M.J.(1995): "Necesidades de losniños superdotados" En Rev. Crítica, Nº 824,Abril.

Iglesias Cortizas, M.J. (1995): "Problemas del habla:la dislalia." Rev. Crítica, nº 827. Julio-Agosto.

Iglesias Cortizas, M.J. (1995): "Problemas del lengua-je: la dislexia". Rev. Crítica, n. 827 Julio-agosto.

Iglesias Cortizas, M.J. (1995): "Características e necesi-dades dos nenos ben dotados", en Revista Galegado Ensino, Nº 9, Novembro.

Iglesias Cortizas, M.J. (1996): "Un problema espe-cífico de los niños bien dotados: Grupos margi-nales y de riesgo". Rev. Faísca, nº 3, primeirosemestre, Santiago, Xunta de Galicia.

Jakobson, R. (1974): Lenguaje infantil y afasia,Madrid, Ayuso.

LOGSE. Lei Orgánica 1/1990 do 3 de Outubro.

Martínez, M.J. e outros (1984): Problemas escolares:dislexia, discalculia, dislalia, Madrid, Cincel.

MEC (1992): "Adaptaciones Curriculares" en CajasRojas de Ed. Prim., Madrid.

Monfort, M. (1984): La intervención logopédica. IIsimposio de logopedia, Madrid, Cepe.

Monfort, M. (1990): "Dislexia infantil y afasia congéni-ta" en Manual de Logopedia. Peña Casanova.Barcelona, Masson, S.A.

Munchielli, R. e A. Bourcier (1979): La dislexia, cau-sas, diagnóstico y reeducación, Madrid, Cincel.

Nieto, M. (1967): Anomalías del lenguaje y su correc-ción, México, Librería de Medicina.

Pascual García, P. (1985): La dislalia: Naturaleza, diag-nóstico y rehabilitación, Madrid, Cepe.

Peña Casanova, J. e M. Pérez Pamies (1983): Reha-bilitación de la afasia y de trastornos asociados,Barcelona, Masson.

Peña Casanova, J. (1988): Manual de logopedia, Bar-celona, Masson.

Perellò, J. (1971): Perturbaciones del lenguaje,Barcelona, Científico-Médica.

Perellò, J. e outros (1970): Trastornos del habla,Barcelona, Científico-Médica.

Puig de Llivol (1986): Historia de la EducaciónEspecial. Enciclopedia temática de EducaciónEspecial, Tomo I, Madrid, CEPE.

Seron, J.M. e M. Aguilar (1992): Psicopedagogía de lacomunicación y el lenguaje, Madrid, EOS.