as castañas
DESCRIPTION
Chega o outonoTRANSCRIPT
1. HISTORIA
O nome de castiñeiro, procede
do termo grego ”castanón” que
deriva de “castana”; cidade
antiga de Pronta, en Turquía.
Esta árbore considérase
orixinaria do suroeste de
Europa e de Asia Menor, aínda
que tamén existe a teoría de
que se atopa dende tempos
antigos na Península Ibérica, o
que a confirmaría coma unha
árbore autóctona.
Moitos son os que creen que o castiñeiro esta presente en Galicia dende épocas xeolóxicas, xa
que existen restos fósiles de especies moi similares aos nosos castiñeiros, de uns 8,5 millóns de
anos e grans de pole nas tobeiras con 5000 anos de antigüidade. Estes indicios refutan a teoría
de que esta árbore é propia da nosa terra dende fai moitos séculos. Aínda así, nos traballos
arqueolóxicos feitos nos castros galegos non se atopou polo de agora, ningún sinal de que os seus
poboadores empregaron a castaña como alimento antes do século I.
O castiñeiro evolucionou sempre sobre terreos con climas húmidos e temperados. Cando os
períodos glaciais arrefriaron o castiñeiro buscou acougo en localizacións máis meridionais, no sur.
A súa recuperación sempre foi máis lenta ca o
seu retroceso, debido ao peso da súa semente.
Sempre se espalla mellor a lixeira semente dun
bidueiro, levada polo vento, que a pesada
castaña. Esa foi a razón pola que, tras cada
período glacial, a área de distribución do
castiñeiro diminuíu.
Ata hai pouco pensábase que esta árbore chegara a Galicia cos romanos, hai aproximadamente
2000 anos. Segundo isto, trataríase dunha especie foránea, como o eucalipto ou a camelia.
Hoxe, o que si sabemos é que os romanos distribuírono e fomentaron o seu cultivo en zonas
onde non habitaba ou a súa presenza era escasa. As agrupacións de soutos, obtivéronse
artificialmente para o cultivo produtivo da especie. O castiñeiro natural, non formaba soutos,
senón que se atopaba espallado nas grandes fragas mixtas frondosas.
O seu cultivo permitiu obter unha boa provisión dos seus
froitos. Os romanos aprenderon dos gregos e estes dos
seus veciños da Asia Menor. O Imperio Romano contribuíu
a recuperar parte da antiga área da distribución preglacial
desta especie, ao difundir o cultivo a través das lexións e
plantando en todo o imperio a súa semente.
Durante a romanización perfeccionáronse as
prácticas agrícolas, ademais de introducirse novos
cultivos lévanse tamén a cabo novas plantacións de
árbores útiles, como é o caso do castiñeiro.
Os romanos eran sabedores do valor alimenticio da castaña, e xa dispoñían de boas sementes,
que ían plantando nos lugares a medida que os ían conquistando. Trouxeron as técnicas de cultivo
empregadas nos Balcáns ou en Oriente Medio, onde esta especie tiña unha presenza máis
continua.
A caída do Imperio Romano trouxo novos tempos de inestabilidade e retroceso social, nas que o
cultivo do castiñeiro non prosperou ou se substituíu por outros. No século VIII, coa chegada dos
árabes, prodúcese o abandono das terras da meseta e das áreas de montaña.
Temos que esperar o desenvolvemento da Reconquista para a colonización das terras
abandonadas. Neste momento teñen un papel fundamental os mosteiros, que volveron a espallar o
cultivo do castiñeiro. Así, en Galicia existen noticias das colonizacións realizadas nos séculos X e
XI polos frades bieitos de Celanova, que introducen o cultivo do castiñeiro, con outros como o
do viño, en lugares onde aínda non se coñecían.
Na Alta Idade Media, o cultivo do castiñeiro
perdeu importancia en toda Europa debido aos
brotes de peste e aos grandes períodos de guerras.
Non se sementou de novo ata que chegou o fin
destes acontecementos.
O mesmo sucedeu coa aparición da enfermidade
da tinta que, ao redor do 1750 comezou a afectar a
esta especie e que minguou a extensión e o uso dos castiñeiros. Seica foi o
florecente comercio de produtos vexetais procedentes da China e Xapón
(Camelia xapónica, por exemplo) o que puido trasladar a Europa o fungo
causante da enfermidade.
A introdución do millo da América supuxo a fin do apoxeo do castiñeiro e
un grande alivio para os campesiños, devastados polas frecuentes épocas de
gran fame. O millo chegou por primeira vez a España, no S. XVII, pero non
empezou a cultivarse ata un século despois, debido a que a sociedade
medieval era moi supersticiosa e vía con récelo este estraño produto. Vencidas as iniciais
reticencias, no século XVIII, soutos enteiros pincháronse brutalmente para o cultivo do millo e
da pataca, especialmente nas boas terras forestais da provincia de Pontevedra.
Como estamos a ver, poucas árbores prestaron tanto servizo ó home coma o castiñeiro. Ademais
da súa madeira, o seu froito, en tempos pasados, salvou de morrer de fame a moita poboación e
segue consumíndose polo alto poder alimenticio que
encerra a súa semente. O castiñeiro foi básico na
alimentación galega e tamén para os carpinteiros.
A súa madeira é mala para o lume, pero de grande
utilidade para outros usos, debido á súa lonxevidade.
Empregase especialmente na fabricación de mobles,
aparellos de labranza, vigas de casas, portas, fiestras,
cancelas, cercados e tamén nas útiles e apreciadas cestas empregadas nas diversas tarefas
agrícolas da nosa cultura.
Sen dubidalo é a árbore de máis utilidade. Hai
castiñeiros de centos de anos, que superando os 2
m de diámetro no tronco e os 20 m de altura.
Ao longo do tempo fóronse seleccionando as
mellores variedades, é dicir, as que producían máis
e mellores froitos e madeira de maior calidade.
Hai máis de 500 anos os soutos estendéronse por
toda Galicia. Actualmente, a súa distribución é moi
limitada atopándose só nas bisbarras máis
orientais e de elevación media de Lugo e Ourense.
2. DESCRIPCIÓN
O castiñeiro é unha árbore moi
corpulenta de folla caduca, con
copa ampla e redonda pode
alcanzar ata 20 ou 35 cm. de
altura. Ten un tronco moi groso
e curto nos cultivados e, máis
esveltos e con menos rama nos
silvestres. A cortiza é cincenta
ou pardenta, profundamente
fendida, case lisa e algo verde
nas ramas e no tronco das
árbores xuvenís.
O sistema radical é robusto,
con raíz principal e secundarias
profundas. O castiñeiro ten
follas moi grandes, en
disposición alterna, de contorno
lanceolado e borde cerrado, con
dentes agudos. Miden 10-25 cm. de longo por uns 3-7 cm. de ancho;
ten un pecíolo relativamente curto de ata 2 cm. Teñen numerosos
nervios laterais case paralelos, prominentes pola cara inferior.
As flores distribúense monoícamente. As flores masculinas
aparecen en inflorescencias dispostas e nacen en amentes erguidos de 10-15 cm. de longo, que
brotan da axila das follas; son estreitas e amarelas. Case sempre na base dos amentes
masculinos dispóñense as flores femininas, agrupadas de 1-5 nun involucro común.
Os froitos son as castañas, pardas e lustrosas; conteñen normalmente unha soa semente, con
cuberta membranosa e de cor pardo ou amarelo . As castañas aparecen en grupos de 2-3 envoltas
nun ourizo que non madurece, só abre en catro
valvas. O froito é comestible.
Florece entre maio ou xuño. As castañas
maduran en outubro, e ás veces en novembro ou
setembro. As flores son moi olorosas, e a
diferenza doutras árbores da familia,
polinízanse mediante os insectos.
3. DISTRIBUCIÓN:
O castiñeiro aparece no contorno da rexión
mediterránea, Illas Canarias, etc. O castiñeiro está presente en case todas as provincias
españolas, sendo unha especie bastante abundante no noroeste da Península Ibérica. Escasea
cara o este e sueste, debido ao predominio de terreos calcarios e o clima máis seco. En Galicia
esténdese por toda a rexión aínda que a súa presenza descendeu moito debido á enfermidade da
tinta, abundando máis no norte, centro e montañas orientais.
4.INTERESE HUMANO
A madeira emprégase na fabricación de mobles e na construción. A produción da castaña ten
unha grande importancia na zona oriental galega e no occidente leonés. Ademais dun importante
produto alimenticio, a castaña está arraigada na cultura do noso país, concretamente na
gastronomía popular, xa que antes da chegada da pataca (Salarum Tuberosum) desempeñou o
papel desta.
Ademais, o castiñeiro é unha árbore cun importante valor estético, posto que caracteriza en boa
medida a paisaxe de Galicia na súa metade oriental. Tamén se emprega como árbore ornamental
en parques e xardíns.
BIBLIOGRAFÍA:
“Coñecendo Galicia”. Xosé María Manteiga
www.medioambiente.xunta.es
Vila Pernas, M. (1999) “Dicionario galego de gastronomía”. Santiago: Edicións Lea.
Grupo “Os castiñeiros” Carla, Diego, Mario e Adrián
5. O OURO VERDE DA MONTAÑA
A castaña é o froito do castiñeiro e pertence á
categoría de froitos secos. Preséntase dentro
dunha bolsa espiñosa que contén de dous a sete
castañas. A castaña recóllese dende mediados
de outubro ata finais de novembro.
O produto, amparado pola IXP (Indicación xeográfica protexida
“Castaña de Galiza”) defínese como os froitos obtidos a partires
do castiñeiro europeo (Castanea Sativa), destinados ao consumo
humano; en fresco, ou despois da súa transformación en
castañas conxeladas, castañas secas, castañas envasadas ao
natural e en fariña de castañas. Os froitos dos cultivadores
autóctonos existentes en Galiza destínanse na súa maior parte
ao mercado en fresco ou para a fabricación de crema e fariña.
A colleita deste ano considérase normal tirando a boa. Esperase que a
recolección en Galiza sexa de 15 millóns de quilos. Deles o 60% ven de
Ourense. Nesta colleita o prezo rolda entre setenta céntimos e un euro dez,
dependendo da súa calidade.
Existen dous fábricas: Castañas Rafael S.L , que se dedica a compra e venda de castañas sen
transformar e Castañas Barredo S.L dedica a compra e venta nacional e internacional é a
transformación (marrón glacé).
BIBLIOGRAFÍA:
Periódico “O Sil”.
Páx. web: www. I.G.P.es/castaña en Galicia
Compoñentes do grupo: Miguel, Pablo, Cecilia, Joel e Marta
6. O MAGOSTO
O magosto é o tempo que os galegos reservan para honrar as colleitas de castañas. Celébrase no
outono, coa chegada dos primeiros fríos. A tradición di, que esta faise o día un de novembro,
festividade de todos os santos, aínda que en moitas zonas de terras ourensás faise o día de San
Martiño, que é o once de
novembro.
O magosto é unha
xuntanza entre veciños e
familiares, aproveitando que
nesta época os traballos
agrícolas están feitos e as
colleitas recollidas. As
castañas é o lume, dous
elementos de simbolismo e
concentracións máxicas son
os protagonistas desta celebración.
Pódese dicir que o lume das fogueiras dos magostos recorda o máis alá e que a castaña
simboliza a inmortalidade, polo que consumir castañas nesta festa e unha especie de
manifestación pública da crenza na vida eterna. Tamén se di que cada castaña que estoupa no
lume e a liberación dunha alma do purgatorio.
A tradición di, que hai que facer o magosto nun monte ou nun escampado no que o lume non pida
facer mal. Búscase palla, frouma e acéndese o lume. Arde, é tóstase o loureiro para que de cheiro
e produza ruído. Reunidos, co lume acendido, pícanse as castañas para que non estoupen.
Espérase a que desapareza o lume e fiquen as brasas para espallar as castañas. Tamén se pode
colocar un cilindro metálico con buratos na súa base. Tixola ou cacho se lle chama nalgúns sitios.
Dentro del introdúcense as castañas, espérase a que estean asadas e pélanse e cómense, … iso
si, acompañadas de viño novo que traen os mozos e as mozas. Os nenos non faltarán a súa
divertida costume de coller a cinza coas mans para tisnarse ás caras uns a outros.
Entre carreiriños, berros, castañas, charlas, risas e grolos de viño vai transcorrendo un día
especial, na que o galego achegase os seus polo vencello da tradición. Isto é en Galicia
(fundamentalmente en Lugo e Ourense). Pero hai outras zonas onde tamén se celebran magosto.
En Asturias, Sanabria, o Bierzo, Castela León, comarcas de Cataluña, Portugal, ...
6.1 O Bierzo
O magosto e unha reunión típica desta zona
da provincia de León onde se comen os
“bullos” (castañas asadas sen pel). E unha
festa ancestral na que os días previos o 1 de
novembro, os veciños recollen as castañas e
leña seca para facer o lume e celebrar a
chegada do outono en compañía.
6.2 Asturias
Ten o nome de Mogeusto, e
celébrase o día de “todos os
santos”. As familias e veciños
xúntase para asar as castañas, o
mesmo que en Galicia, pero
acompáñanas con sidra. O rematar
as castañas que sobran tíranas ao
chan dicindo: “isto e para que coman
os defuntos”.
6.3 Cantabria.
Ten o nome de magosta, e unha festa moi ancestral que se celebra en moitos pobos da rexión,
acompañados da música tradicional baixo o son do “pita e tambor” e de cancións montañesas.
Sanabria. Nesta comarca da provincia de Zamora é unha das celebracións máis populares: tamén
se celebra o día de todos os santos, é cómense as castañas asadas con mel ou cocida con leite,
acompáñanse cos sons da gaita de fale, atandos e o pandeiro, bailando xotas acorridas.
6.4 País vasco.
Chamábanlle “Gastañarre”, fan o mesmo ca en Galicia, pero acompañados por caracois ou masoquil
que é unha masa feita por fariña de millo.
6.5 Extremadura.
Denomínase “Chaquetia” e realízana no campo, e a parte das
castañas comen figos pasos, conchas, granadas e doce de
marmelo, tortas típicas e pans especiais. En moitos pobos os
rapaces saen a pedir estes produtos de casa en casa e
cantando esta canción: “tía tía, dame la chiquitíns, que si no
no eres mi tía”.
6.6 Cataluña
En Cataluña a noite do 31 de outono, celébrase a noite de todos os santos coa “castañada”. Na
Idade Media, para recordar a todos os veciños a necesidade de rezar polos defuntos durante a
“noite de todos os santos”, tocábanse as campás de todas as parroquias e conventos. O
campaneiro necesitaba recuperarse do esforzo e facíao con castañas e viño branco.
Acompañábano os familiares e amigos, cun afán de compartir con el as súas penas e tamén os
seus gozos; finalmente todos acadaban comendo
castañas e bebendo viño.
Máis adiante, nos pobos, na tardiña, os homes
ían recoller castañas e leña mentres as mulleres
facían pasteliños e ao chegar a noite reuníanse
todos ao redor do lume comendo as castañas e
os pasteliños e, así ao final celebraban a
recolleita e rezaban polos defuntos.
Tamén existía a tradición de que os nenos tiñan que deixar as castañas escondidas nalgún lugar
da casa para que, pola noite, as almas dos que faltaban viñeran a recollelas e as cambiaban por
pasteliños ou marmelo.
Outro historia conta que, despois de cear, celebraban a “castañada”, comida familiar dedicada
os mortos e que era recordo das antigas comidas funerarias. Facíase a cea habitual e
seguidamente comíanse as castañas asadas, así coma os
“panollets”, ademais bebíase viño, que tiña que ser
branco ou doce. As castañas colocábanse enriba da
mesa e todo o mundo collía a discreción.
6.7 Portugal
En Portugal chámanlle magusto. Nesta festa os
portugueses fan bromas, ensúcianse coa cinza e cantan
cancións. Celébrana o día de “San Simón”, o día de
“todos os santos” e o día de “San Martiño”.
En Vinosa o “magosto da vella” é unha tradición local.
Leite de Vasconcelos consideraba o magusto coma un
vestixio dun sacrificio en honor aos mortos e conta que preparaban a media noite unha mesa cón
castañas para que os mortos da familia fosen a comelas. Ninguén máis as tocaba, porque dicían
que estaban “babadas dos defuntos”. A celebración do magusto en Portugal está asociada a unha
lenda que di que un soldado romano ao pasar a cabalo viu un mendigo case espido e como non tiña
nada para darlle cortou un papel pola metade coa súa espada; estaba un día de choiva e dise, que
en ese momento parou de chover, e de aí veu o dito de ”verán de San Martiño”.
BIBLIOGRAFÍA:
www. wikipedia. org/magosto
www. Uncajónrevuelto.arte.redes.com/?p105
Autores: Sergio, Anxo, David, Juan Luis, Damián.