arquitectura renacemento
TRANSCRIPT
![Page 1: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/1.jpg)
ARQUITECTURA DO RENACEMENTO
![Page 2: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/2.jpg)
ARQUITECTURA QUATTROCENTO
![Page 3: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/3.jpg)
Desenvolvemento da imprenta
![Page 4: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/4.jpg)
Prosperidade económica. Cidades-Estado italianas. Estas cidades eran independentes sen depender de ningún goberno central. A existencia destas cidades-estado, cun nivel de riqueza comercial moi elevado e a súa proximidade ao pasado antigo permítenos comprender as causas polas que o Renacemento xurdíu na Península italiana antes que no resto de Europa.
![Page 5: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/5.jpg)
Erasmo de Rotterdam Home vitruviano de Leonardo da Vinci. 1521Como movemento cultural, o Renacemento baséase nos valores do
home e supón un rexurdir, unha volta aos presupostos daquela cultura que ata o momento máis se preocupou do home: a cultura clásica. Os intelectuais do Renacemento, os humanistas, preocúpanse por voltar ás fontes do saber grecorromano a través dos seus textos, descubrindo de novo aos grandes pensadores clásicos e con eles a súa preocupación básica: o home. Segundo a crenza clásica, retomada polos renacentistas, o home é un modelo de beleza e proporción, porque encaixa nas formas xeométricas perfectas: o cadrado e o círculo
![Page 6: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/6.jpg)
Dada a saneada posición económica destas cidades, tanto os nobres como os burgueses adiñeirados e os gobernadores destas (sexan príncipes, duques ou papas), poden gastar grandes sumas de diñeiro en obras de arte, na compra e copia de manuscritos e na fundación de bibliotecas. Son homes que patrocinan a educación e as artes, son os mecenas, que gustan de rodearse dos mellores pensadores e artistas.En cidades como Milán, Mantua, Ferrara, Urbino ou Nápoles, os mecenas son os propios príncipes gobernantes. O duque da cidade de Urbino, Federico de Montefeltro, é un bo exemplo deste tipo de mecenas.
Nas cidades coa república como sistema de goberno, por exemplo Venecia ou Florencia, non hai un só mecenas, senón que aparecen varios ligados ás familias máis poderosas, competindo en influencia e riqueza. Os Médici, os Strozzi ou os Rucellai exercen o mecenado da República de Florencia.
OS MECENAS
![Page 7: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/7.jpg)
Roger van der Weyden. Piedade (Gótico flamenco)
Os donantes ou mecenas (é dicir as persoas que patrocinan e protexen ao artista) en moitas ocasións son incorporados á obra.
![Page 8: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/8.jpg)
Características xerais da arquitectura do Quattrocento:
Emprego dos elementos construtivos e decorativos clásicos pero agora, cunha total liberdade.Arquitectos: Brunelleschi: mestura todos os elementos clásicos, intenta conseguir unha obra fermosa a partir da relación harmónica das partes entre si e de cada unha delas co conxunto. Destaca o uso das proporcións. Crea o novo tipo de palacio renacentista. Alberti: teórico da arquitectura. Cría que a fonte da beleza era a proporción. Estableceu un novo modelo de palacio.
![Page 9: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/9.jpg)
![Page 10: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/10.jpg)
Brunelleschi. Catedral de Florencia
![Page 11: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/11.jpg)
Brunelleschi. Catedral de Florencia
![Page 12: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/12.jpg)
Brunelleschi. Catedral de Florencia
![Page 13: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/13.jpg)
Brunelleschi. Basílica de San Lourenzo
Igrexa de cruz latina con tres naves separadas por columnas con capiteis corintios. A planta, totalmente simétrica, articúlase en tres naves e transepto delimitados por unha escalinata de tres chanzos que lles dá acceso ás capelas que percorren o perímetro do edificio.
![Page 14: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/14.jpg)
Brunelleschi. Basílica de San Lourenzo
![Page 15: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/15.jpg)
Michelozzo Michelozzi, Palacio Medici-Ricardi
![Page 16: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/16.jpg)
Brunelleschi. Hospital dos Inocentes
O pórtico esténdese ao longo de nove arcos de medio punto, sustentados por columnas corintias.
![Page 17: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/17.jpg)
Alberti. Igrexa de Santa María Novella en Florencia.
Giovani Rucellai encargou a Alberti a finalización da fachada da igrexa. O arquitecto respetou a parte baixa e trazou o sector máis alto da planta baixa, así como o corpo superior, que oculta a nave central, ao que dotou dun frontón. Amplas volutas constitúen a transición entre a nave central e a cuberta dos espazos laterais.
![Page 18: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/18.jpg)
![Page 19: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/19.jpg)
San Andrés de Mantua. Planta e fachada proxectada por Alberti
Planta de cruz latina e unha soa nave
![Page 20: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/20.jpg)
Alberti. Templo de San Andrés de MantuaFachada dividida en tres corpos coa peculiaridade de que no central
adóptase a forma de arco de triunfo romano. Está rematada por un frontón, tamén de tipo clásico, e coronada por un arco.
![Page 21: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/21.jpg)
Alberti. San Andrés de Mantua, interior
Obsérvase a bóveda de canón. A cúpula e toda a decoración de grutescos non figuraba no proxecto inicial. Nos muros hai dous tipos de pilastras: as maiores sosteñen un entaboamento do que parte a bóveda principal, e nas menores apoianse os arcos e as bóvedas das capelas.
![Page 22: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/22.jpg)
Alberti. Palacio Rucellai en Florencia
O extraordinario ritmo da fachada conseguíuse grazas á superposición das ordes clásicas: pilastras dóricas na planta baixa, xónicas no primeiro piso e corintias no segundo.
![Page 23: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/23.jpg)
ARQUITECTURA CINQUECENTO
![Page 24: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/24.jpg)
BramanteBramante. Templo de San Pietro in Montorio. Roma. 1502
Quen realizou o encargo foron os Reis Católicos, o que indica que o Renacemento comenzaba a espallarse, aínda que de modo lento, por Europa. Con isto, querían conmemorar o martirio de San Pedro. Trátase dun edificio de pequenas dimensións, tan só 4,5 m. de diámetro.
![Page 25: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/25.jpg)
Bramante. Proxecto da basílica de San Pedro. Roma
O arquitecto non vai rematar o encargo papal, e á súa morte, Rafael, artista máis coñecido como pintor que como arquitecto, faise cargo da obra que acabará sendo modificada e rematada por Miguel Ángel.
![Page 26: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/26.jpg)
Miguel Ángel. Planta da basílica de San Pedro. Roma
12
3
A intervención de Miguel Ángel no proxecto de San Pedro consiste, principalmente, en simplificar a planta, isto é, a idea xeral de Bramante, quitando elementos accesorios que debilitaban a construción, pórticos e aberturas que reducían a resistencia dos muros. En cambio, levantou a cúpula a unha altura moito maior da que estaba proxectada.
![Page 27: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/27.jpg)
Miguel Ángel. Pilares. Basílica de San Pedro
Sobre un cinto da base da cúpula está inscrito o famoso mandato de Cristo con letras que miden dous metros de altura: “Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa, e dareiche as chaves do ceo”.
![Page 28: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/28.jpg)
Miguel Ángel. Pilares. Basílica de
San Pedro
![Page 29: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/29.jpg)
![Page 30: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/30.jpg)
Miguel ÁngelMiguel Ángel. Cúpula. Basílica de San Pedro
A cúpula atópase xusto sobre o altar maior e a tumba do apóstolo San Pedro
![Page 31: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/31.jpg)
Inmensa (42 m de diámetro e 131 de altura), elevada sobre pendentes e cun grandioso tambor, a cúpula sostense principalmente sobre 4 robustos pilares oitavados (1) que delimitan o espazo central. Tamén realizan a función de contrarresto a maciza estrutura do tambor, caracterizada polo trazado cóncavo-convexo dos ábsides (2) e, á maneira bizantina, catro cúpulas (3) adxacentes.
![Page 32: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/32.jpg)
![Page 33: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/33.jpg)
Andrea Palladio. Villa Capra
![Page 34: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/34.jpg)
![Page 35: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/35.jpg)
COMENTARIO ARQUITECTURA: LIÑAS BÁSICAS
1. ANÁLISE FORMAL
-Material utilizado e función do edificio (Relixiosa ou civil)
2. DESCRICIÓN
-Descrición detallada do que se ve na fotografía:-Soportes (muros, columnas ou piares, arcos, etc..)-Cubertas (alinteladas ou abovedadas)-Formas arquitéctonicas (Tamaño, distribución do
espazo, elementos decorativos)
3. ASPECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS
-Identificar a obra, o autor (se existe), época e contextualizar a obra dentro do estilo ao cal pertence (características xerais e algún exemplo similar)
![Page 36: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/36.jpg)
![Page 37: Arquitectura renacemento](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/58783e961a28ab707b8b6047/html5/thumbnails/37.jpg)
COMENTARIO DA IMAXE
Temos a imaxe dun edificio feito de diferentes materiais como a pedra, ladrilloe mármore cunha función claramente civil, pois é unha residencia privada.
No que observamos no exterior é que presenta un perfil idéntico nas catro fachadas, cada unha delas articúlase a partir dunhas profundas escalinatas que conducen a un pórtico de seis columnas de orde xónica e frontón triangular, rematado cunha estatua en cada un dos seus vértices.
No centro do edificio álzase unha cúpula que cobre a sala circular central da mansión.
Situada sobre un pequeno montículo no medio do campo, as súas catro fachadas oriéntanse aos catro puntos cardinais. Esta disposición permítelles aos seus propietarios que desde a planta nobre se poida aproveitar ao máximo a vista privilexiada do contorno natural que a rodea.
Esta obra é a Vila Capra, tamén coñecida popularmente co nome de a Rotonda, debido á espectacular sala circular central, cuberta por unha gran cúpula semiesférica que alterou o deseño orixinal do arquitecto que ideou este edificio, que era Andrea Palladio.
Seguindo os principios renacentistas, Palladio entre os anos 1551-53 deseña esta obra retomando o estilo arquitectónico dos templos romanos. A partires de este momento aplica estas ideas nas súas edificacións civís, iniciando a recuperación das antigas vilas romanas, luxosas residencias campestres afastadas da urbe.