arquiitectura dos ríos do noso concello

14
ARQUIITECTURA DOS RÍOS DO NOSO CONCELLO (ames)

Upload: xistina

Post on 22-Jul-2015

570 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

ARQUIITECTURA DOS RÍOS DO

NOSO CONCELLO (ames)

FONTE DO MARCO

Na nosa parroquia existen moitas e boas fontes de augas claras e saborosas. Unha destas fontes é a fonte do Marco no lugar de As Cortes, que diariamente, ó estar o lado da estrada, recibe a multitude de persoas que veñen recoller a súa refrescante auga Disque foi un veciño

quen resolveu traer e encañar a auga da fonte do Marco, que nacía á beira da corredoira que ía das Cortes a Sisalde, a altura do monte e do Agro dos Pachóns, onde hoxe está o novo colexio. Era o ano 1934.

LAVADOIROS Os lavadoiros públicos construíronse co aproveitamento da auga sobrante das fontes, que circula dun estremo ao outro. Teñen forma rectangular cunha plataforma de pedra inclinada cara a auga para refregar a roupa, que remata nunha canle para depositar o xabrón. Os máis antigos carecían de cuberta

Lavadoiro das Cortes Lavadoiro de Lapido

Lavadoiro de Punxeiras de Arriba

No lugar das Punxeiras de Arriba, o lado do lavadoiro restaurado da aldea, permanece dende antigo unha pedra con unha abertura semicircular a modo de porta de acceso a fonte ou rego de auga que nutre o lavadoiro. Esta pedra é moi semellante, salvando as distancias, as pedras formosas asociadas a cultura castrexa do noroeste peninsular, como as da citania de Briteiros en Portugal.

Estas pedras están asociadas a balnearios ou termas da época castrexa e incluso tamén durante a romanización. Esta outra que nos ocupa, a da Punxeira, ben podería ter sido unha peza de este tipo asociada a estas crenzas, e sen dubida asociada a poboación castrexa do Castro, a escasos 500 metros do lugar.

MUÍÑOS

CORTES LAPIDO

CASTRIGO

SISALDE PENAMARELA

PONTES

Situado na parroquia de San Tome no lugar de Augapesada. no Antigo Camiño Real de Santiago a Fisterra. Ponte romana de cantería con arco de medio punto rebaixado.

AUGAPESADA

PONTE DA CABRITA

FOTO ANTIGA DA

PONTE DA CABRITA

ESTADO ACTUAL DA

PONTE DA CABRITA

Situada sobre o Sar entre os lugares de Quistiláns e Costoia, entre as parroquias de Bugallido e Viduido. Aquí o Sar vai encaixado entre montes, debido a que esta zona esta formada por un afloramento de rocha granítica. O río durante miles de anos foi oradando a rocha formando un estreito paso flanqueado por paredes de rocha, caendo nunha cascada A ponte foi construída nunha posición estratéxica sobre o río Sar aproveitando un estreitamento deste. Os restos de esta ponte corresponden presumiblemente, a súa parte máis antiga, e que consiste nun arco de cuarto de punto, que emprazado na zona máis estreita do río, ‘salta’ (de ahí o nome da ponte) da rocha máis baixa ata a mais alta . As dovelas do arco, que agora se ven a vista teñen un grande desgaste, o que nos fai pensar que este pequeno arco sobre o Sar é moi antigo, quizais da alta idade media ou incluso do baixo imperio. Contaban os vellos que estaba encantada, e que dela saia ó amencer unha galiña con pitos de ouro, e o que soubese desencantala levaría un gran tesouro.

A ponte que cruza ó Sar pola estrada que une O Porto e Maguxe e que pasa por Lapido é unha obra relativamente nova e quere semellarse a outra que existía neste mesmo lugar moi semellante a de Viladoiso. A ponte antiga era de pilares sobre o leito do río e unidos no alto por lousas que formaban a calzada.

PONTE DE LAPIDO

Xusto un pouco despois de ter saído o río Sar da parroquia de Ortoño, topase con esta ponte, xa na parroquia maiense de San Xiao de Bastavales, entre os lugares de Vidaloiso ó oeste e Chave de Carballo ó leste. Tratase dunha ponte non de arcos senón de pilastras que despois se unían para facela transitable con grandes lousas. Hoxe non conserva as lousas, xa que se lle fixo hai anos unha placa de formigón e púxose unha varada por ambos lados.

PONTE DE VIDALOISO

Tratábase dunha ponte singular respecto as demais deste río, xa que non era de pilastras como as de Lapido ou de Vidaloiso. Había, disque un cantar, que a describía como ponte de

sete arcos. En realidade soamente tiña tres enriba da canle do río pero sumábanselle dous aliviadoiros por cada lado. No vrán o río discorrían paseniñamente entre os arcos da ponte e as areeiras que había no seu leito. De feito o seu carón era un lugar onde se extraia moita area para a construción. Era ponte vella, moi vella. Non no sentido material, que tamén, senón máis ben no seu

trazado, na súa arquitectura. Así chegou ata 1985 en que nunha mellora da estrada da deputación foi mudada pola que hoxe se emprega e tamén se chama do mesmo xeito

PONTE DA CONDOMIÑA

Ponte de pedra sobre o río Tambre que une os concellos de Ames e de Negreira. Tamén lle chaman A PONTE VELLA. O seu orixe é romano e sobre os antigos pilares foi construido outra ponte nos séculos XIII e XIV e séculos máis tarde foi novamente reformado. Ten cinco arcos de sillería e outros dous máis pequenos. A bóveda do arco central é oxival. Hai unha lenda que conta que cando os discípulos do Apostolo escapaban dos romanos para enterrar ao Apostolo este veuse abaixo no momento no que pasaban os romanos. É lugar de paso para os peregrinos que chegan a Santiago e deciden seguir ata Fisterra.

PONTE DA PONTEMACEIRA

Fotografías personales

Fotografías de Google imaxes

Blog Historia local de Ortoño e a Maía

(O noso agradecemento a Lino Vilas Barbeito autor do blog )

CRÉDITOS