argalladas 2013 2014

54

Upload: radiorasca

Post on 22-Jan-2018

285 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Argalladas 2013  2014
Page 2: Argalladas 2013  2014

ÍNDICE - A nosa palabra galega ............................................................................... páx. 1 - De todo un pouco .................................................................................... páx. 3 - Lemos, escribimos e III Maratón de cine ................................................. páx. 7 - Radio Ras ................................................................................................. páx. 14

- Entrevista a María Lado e Lucía Aldao .................................. páx. 15 - Entrevista a Santiago, profesor de bioloxía ............................ páx. 17

- Lembramos - Os nosos maiores ....................................................................páx. 19 - O entroido ............................................................................... páx. 20 - O mes do amor ........................................................................páx. 22 - O día da Paz....................................................... .....................páx. 24

- O día da muller traballadora ....................................................páx. 25 - O día do libro ...........................................................................páx. 27 - As árbores celtas ............................. .......................................páx. 29

- Viaxamos

- Salamanca ..............................................................................páx. 31 - Roma ..................................................................................... páx. 32 - Camiño de Santiago ( Palas de Rei- Melide) ..........................páx. 35 - Viveiro – Alfoz -. Mondoñedo...................................................páx. 36

- A nosa música e os nosos músicos ........................................................páx. 37 - Deportes ...................................................................................................páx.39 - Aprendemos xogando - Pasapalabra de Xosé María Díaz Castro ....................................páx. 41 - Pon a proba a túa pronuncia galega ...........................................páx. 43 - Palabras galegas..........................................................................páx. 44 - Pasa o tempo con nós e fortalece a memoria ..........................................páx. 45 - Horóscopo ................................................................................................páx. 51

Portada: Antía Durán Pita, 4ºESO

Page 3: Argalladas 2013  2014
Page 4: Argalladas 2013  2014
Page 5: Argalladas 2013  2014

OPINIÓNS “Debe emitir Telecinco la aparición de Iraila en las batallas de la Voz Kid?” Esta última semana houbo unha intensa polémica sobre se era correcta, a emisión do programa “La voz Kid” tras a morte dunha das súas concursantes. Na miña opinión, dita polémica foi innecesaria pois a canle contaba co permiso dos pais da nena, por tanto eu creo que non debería de haber ningún conflito, xa que son os titores legais os únicos que teñen que tomar a decisión sobre a emisión do programa. Se telecinco esa noite foi líder de audiencia, foi unicamente polo morbo dos espectadores, non da canle.

Lía, 1ºBAC

A polémica que suscitou estes días a emisión do programa gravado onde aparecía Iraila, a nena de 11 anos concursante de “La voz Kid”, que falecera a pasada semana de cancro, non a vexo oportuna nin coherente. Todos fixeron o que debían, pois o programa púxose en contacto cos pais e foron eles quen decidiron a súa emisión. Os responsables do programa non tiveron nada que ver, polo que vexo fóra de lugar que a xente pensara que fora por motivos de audiencia a súa emisión. Os pais de Iraila decidiron que toda a audiencia vira cumprido o soño da súa filla e o programa foi o que fixo.

Mireya Cabarcos, 1ºBAC A morte do expresidente Adolfo Suárez causou unha gran revolta ético-moral na sociedade española, pero non pola morte en si, senón polo feito de que o seu fillo anunciase dous días antes que ao seu pai soamente lle quedaban 48 horas de vida. Isto provocou que a xente se preguntase se esta acción fora correcta ou se supoñía unha falta de respecto. Na miña opinión, aínda que estou de acordo con que foi un feito moralmente cuestionable, tamén penso que debemos ter en conta a dor psicolóxica que causa a morte dun pai, e máis aínda se esta está anunciada, e, ao mellor, antes de soportar o afán de información continuo da prensa, que che recorda cada segundo que o teu pai está morrendo, pódeseche pasar pola cabeza acabar con isto de vez e sufrir a morte o máis tranquilamente posible.

Fátima García, 1ºBAC

A día de hoxe miles de persoas xóganse a vida para escapar da pobreza e da marxinalidade do seu país. Algunhas saltan valos con afiadas coitelas na cima; outros escóndense dentro dos coches para non ser vistos na fronteira, agochados no motor, no salpicadeiro xogándose a vida só para escapar dun país no que non hai esperanza de saír adiante. Rapaces que desde os 18 anos, xa teñen que deixar atrás a súa vida, familia, amigos, e comezar unha nova vida nun país máis esperanzador que o seu. Persoas que medran coa idea de ter a oportunidade de saír adiante nun país normalizado.

Alejandro Picallo, 1ºBAC

A morte e a súa interpretación A morte non é compatible co ser humano, cando a morte é, o home xa non é e cando o home é, a morte non é aínda. Cando a morte aparece, o home deixa de ser home para ser materia inservible. Que hai despois da vida? Onde se dirixe a nosa alma cando morremos? Existe a alma? Que é?

Page 6: Argalladas 2013  2014

Estas son algunhas das preguntas que a humanidade se pregunta todos os días, pero a miña pregunta é, para que vivimos? Para que traballar, pasar malos momentos, só para acabar convertidos en po?

Naim García, 1ºBAC

As redes sociais Na actualidade o ser humano – principalmente persoas de entre 14- 30 anos- fixo que internet e as redes sociais se convertesen nunha primeira necesidade. Moitos mozos de hoxe en día son marxinados polos seus amigos e compañeiros polo mero feito de non estar “ conectados” a internet. A evolución tecnolóxica e as novas tendencias entre os mozos fai que os rapaces para ter unha vida social boa teñan que rexistrarse en redes sociais e non poidan ter amigos á marxe de internet e das redes sociais.

Alejandro Picallo, 1º BAC

A poucos meses da celebración do mundial 2014 de fútbol, evento que acaparará a atención internacional durante –practicamente- un mes, queda reflectido na noticia a outra cara da moeda, aquela que é mellor ocultar ou ignorar en favor dos intereses de certos organismos. É sabido por todos a violencia que prima nas rúas dos países latinoamericanos, neste caso, nas rúas de Brasil, e as precarias condicións de vida nas que a parte máis desfavorecida da poboación vive, subsistindo, en gran parte, “grazas” a negocios ilícitos. A morte do bailarín brasileiro saca á luz esta situación de tremenda violencia e tensión na que viven, que, se ben é certo que para moitos de nós parece moi afastada, é o clima imperante en países das características de Brasil. Sabemos que a celebración do campionato futbolístico reportará grandes beneficios ao país carioca, pero penso que debería existir, por parte das entidades organizadoras, unha maior preocupación pola situación das persoas, en especial das máis desfavorecidas e polas condicións de vida que padecen moitos habitantes no país anfitrión. Campañas de apoio á cidadanía brasileira e a promoción de doazóns a nivel internacional serían unha boa forma de colaborar na causa por parte de organismos como a FIFA. Pero o máis importante é que nuns meses comezará a rodar o balón e o espectáculo dará comezo, que é o que verdadeiramente interesa neste mundo.

Mario Formoso, 1ºBAC Onte, en Bruselas, presentouse un novo tipo de combustible conseguido nun laboratorio: o queroseno solar. Este carburante fíxose utilizando auga, dióxido de carbono e luz solar simulada, polo que os creadores deste queroseno defenden que, ao empregar CO2 poderíase diminuír a súa concentración na atmosfera. Aínda que a contaminación que produce a combustión deste carburante é menor que a da gasolina ou gasóleo, tamén contamina, e, segundo a miña opinión, detrás de todos os combustibles fósiles hai agochados grandes intereses económicos e o caso deste queroseno non é diferente. Hai tempo que poderiamos ter reducido moitísimo as emisións de CO2 á atmosfera mediante coches eléctricos, pero en lugar disto fabrícanse novos combustibles que seguen contaminando. A triste realidade é que os poderosos prefiren seguir contaminando polo seus intereses e néganse a cambiar.

Sandra, 1º BAC

Page 7: Argalladas 2013  2014

O MELLOR DÍA DA NOSA VIDA O comezo no instituto Era un día de xuño de 2013, faltaba pouco para que rematase a miña etapa en primaria. Visitei por primeira vez o Instituto Castro da Uz cos meus compañeiros e coa mestra. Cheguei a un edificio grande, máis grande que unha árbore. Unha vez alí, os meus compañeiros de Santa María mais os alumnos da Magdalena ( Sara, Iago, Lois e Pablo) e os alumnos da Fraga esperamos nunha especie de alpendre pequeno, máis pequeno que unha casa e igual de grande que unha caseta. Chegaron o que pensabamos que era o director, un home grande e delgado mais outras dúas persoas. Primeiro ensináronnos o centro e os corredores, que parecían desfiladeiros longos que non acababan. Unha vez que nos ensinaron o centro leváronnos, supostamente, ao salón de actos, un amplo espazo que debía conter corenta cadeiras verdes, pequenas e universitarias, xa que tiñan unha especie de mesa incorporada. Cando soou o timbre do recreo, cun son rinchante e molesto, non moi molesto para os oídos, pero..., saímos ao recreo e falamos coa xente que coñeciamos. Cando terminou o recreo volvemos para o salón de actos, aquela sala tan grande e que impoñía tanto e remataron aquela charla tan aburrida e volvemos para os nosos respectivos colexios.

Fran Castro, 1ºESO O mellor día da miña vida foi cando a miña nai, despois dunha longa tempada ingresada, lle deron a alta. Era un domingo chuvioso e estaba na Coruña cos meus primos, porque quedara alí a durmir. Tiña moitas ganas de irme, aínda que parecera que non, pois eu estaba segura de que ese día, ¡por fin!, miña nai regresaría ao seu doce fogar. Así foi. Era pola tarde e soou o teléfono. O meu pai díxonos que lle deran a alta á mamá e que ía directa para casa. Eu púxenme a saltar e fómonos para a miña casiña a ver a miña nai. Foi un día moi especial.

Sarai Fernández, 1ºESO O momento máis feliz da miña vida foi cando fun ver o Obradoiro- Madrid. Chegamos por erro cincuenta minutos antes do partido e os xogadores estaban no tempo de quecemento. Meu pai levounos á pista para sacarnos unha foto con Juanma Iturriaga, que ía retransmitir o partido. Logo, aproveitando que estaban na pista, empecei a berrarlles aos xogadores para que viñeran. Jaycee Carroll, o meu xogador favorito, veu asinarme a camiseta. Logo viñeron Rudy Fernández e Nikola Mirotic sacarse unha foto comigo. E xusto nese partido, o Obradoiro fixo historia: clasificouse para o play off e gañou o premio a mellor afección de España.

Andrés Varela, 1ºESO Era o mes de marzo máis fermoso do mundo. Estabamos en Asturias e para celebrar o meu aniversario ocorréusenos facer unha festa máis orixinal do habitual. Para entrar tiñamos que ir vestidos de antigos romanos ou gregos. Aquela clara e soleada mañá pasámola decorando o patio, que quedou máis colorido que o arco da vella e preparando os vestidos máis simples do mundo, xa que estaban feitos con brancas sabas e os peiteados cuns elegantes moños. Foi o día máis feliz da miña vida.

Leticia Carballeira, 1ºESO O momento máis divertido da miña vida foi cando fun a Terra Mítica, un parque de atraccións, coa miña prima. Para min, Terra Mítica é menos divertido que outros parques, pero é moi entretido ir. É grande e ten moitos espazos diferentes.

Page 8: Argalladas 2013  2014

Nada máis chegar, a miña prima quería ir xa ás enormes atraccións, pero tivo que esperar. Cando xa montaramos nas máis divertidas do parque quixemos descansar e fomos a unha piscina grande, tan grande coma a miña casa, e nela había moitos nenos pequenos, e a maioría estranxeiros. Logo fomos a un miradoiro moi alto, máis alto ca un edificio de América e dende el vimos todo Benidorm, que é enorme, e ata vimos Altea, que é unha vila tan grande coma As Pontes, moi bonita e particular. Despois de baixar do miradoiro montamos nunhas barcas pequenas e brancas nun lago no medio do parque, que era moi bonito. No lago había patos pequeniños e fermosos cisnes. Cando nos demos conta xa era de noite e mandáronnos ir cear. Estabamos famentas e comemos moito. Por último vimos uns fogos artificiais grandes e fermosos e montamos no coche vermello dos meus pais para volver ao hotel grande e bonito.

Sara Cerezuela, 1ºESO Un día especial Fixen a miña primeira comuñón o día 20 de xuño de 2012, un día de verán moi soleado. Os meus pais mercáranme un vestido moi fermoso, que semellaba o que eu sempre soñara. Fíxena na igrexa de Santa María das Pontes xunto con moitos nenos e nenas, que durante moito tempo compartimos clases de catequese. Celebreina no restaurante Toñita, na Capela, e acompañáronme no xantar moitos primos, tíos, os meus avós e algúns amigos do cole. A celebración alongouse moito, aínda que para min o tempo corría máis do habitual. Déronme moitos regalos, algúns dos cales utilizo hoxe, outros foron moi especiais, como o dos meus avós, que sempre me quedarán no recordo. Teño conxeladas grandes imaxes, coas que fixen un álbum de fotos que recolle cada un dos intres que enmarcaron este día tan especial na miña vida.

Sara Criado, 1º ESO O día do cantar escuro Cando María José lle mandou cantar unha canción a Yago, todos soubemos que ía ser un momento inesquecible e divertido. Comezou a música, risas nerviosas, case murmurios, se escoitaban na clase, e comezou a cantar con voz grave “ je m´apelle Lo- lita” e a clase enteira botouse a rir, incluído Yago, que da risa non puido máis que farfallar o seguinte verso. As risas eran imparables e empezábanse a oír aplausos escandalosos que foron contaxiándose por toda a clase. Era ridículo ver desafinar de tal forma a Yago e el mesmo o sabía e deunos a razón, porque de toda a clase foi o que máis riu. Era moi gracioso e divertido e, sobre todo, porque era o noso compañeiro e amigo tan simpático Yago. Ese día foi o máis divertido da miña vida.

Álvaro Seoane, 1º ESO Un dos momentos que recordo con agarimo, morriña e alegría é cando nunhas vacacións, que fixen coa miña familia, fomos ver unha familia de delfíns. Eran máis graciosos cos pallasos e daban saltos moi grandes. O seu adestrador nadaba con eles e encima deles. Tamén podías achegarte xunto a eles e tocarlles. Tiñan un tacto tan suave como a seda. A súa pel era moi esvaradiza e facían un son moi divertido coa súa voz. Despois de saír de alí fomos a unha tenda moi bonita e tan grande como un bar. Alí había un montón de peluches de delfíns de todas as cores: azul, amarela, vermella... Eu elixín un moi bonito de cor azul que aínda teño na casa e gárdoo con moito cariño. Desde ese día os delfíns, tan grandes coma unha cama, encántanme e, de feito, son un dos animais que máis me gustan, tanto como os gatiños, que son tan monos coma eles.

Jorge Puentes, 1ºESO

Page 9: Argalladas 2013  2014

ANIMÁDEVOS A LER O lema dos “Argalleiros e argalleiras das letras” é : “Ler é un pracer. Ler o que escriben os outros, unha viaxe. Ler o que escribimos nós, un soño compartido”. Por iso queremos achegarvos algúns títulos das obras que nos deixaron pegada, porque sabemos que vos gustarán. E non esquezades que : ¡HAI QUE LER!!! NARRATIVA Os fillos do mar O neno can: historias que reflicten as dificultades que pasan algúns nenos e recórdanme a dificultade que pasan hoxe en día. O señor Ibrahim e as flores do Corán. Conta a historia dun neno que aprende a vivir soportando perdas importantes na súa vida. As luces de setembro A bolsa de canicas, Joseph Joffo. Unha boa clase de historia acompañada de anécdotas. Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz. Libro de intriga e suspense que me fixo ter algo de medo. Nun lugar chamado guerra, Jordi Sierra i Fabra. A amizade ante todo. A evolución de Calpurnia Tate ... Vin o mundo contado dende o meu punto de vista, moi curioso e científico (na medida en que pode ser contado por unha nena de 12 anos). O principiño, Antoine Saint-Exupèry Anxos en tempos de chuvia, Fina Casalderrey. Mozos, accidentes, malas compañías,tristura que deixa a morte dunha persoa nova. O sol de verán, Carlos Casares. Unha historia ben contada e interesante. O corazón de Xúpiter, ..... O perigo de namorarse pola rede. O diario de Ana Frank Palabras de caramelo, .... Sensibilidade, tristeza... unha historia para pensar. Tristes armas, Marina Mayoral. O soño das árbores celtas feito por nós de principio a fin. POESÍA Os teus dedos na miña braga con regra, Lupe Gómez. Sensibilidade e sensibilidade. Pornografía, Lupe Gómez Estes dous libros parécenme unha poesía dura de cara a vida da muller. Fixeron que me gustara a poesía e apreciar este xénero. A caricia da serpe, Lino Braxe Poetízate, Fran Alonso Makinaria, Carlos Negro CÓMIC, BANDA DESEÑADA, NOVELA GRÁFICA.... HISTORIETAS Maus, Art Spiegelman. Reflicte moi ben a época dos nazis e o terrible acoso que sufriron os xudeus por parte destes. Gustoume como o pai lle conta a historia ao seu fillo, a cal é moi conmovedora, e paréceme que ten un importante valor simbólico o feito de que os xudeus estean representados como ratos e os nazis como porcos. El héroe I, II, David Rubín. Gústame o contraste entre o real e o mitolóxico e os debuxos reflicten moi ben as historias. Enrrugas, Paco Roca Amosa o problema do Alzheimer de xeito que todos o poidamos comprender. Fume, Antón Fortes. As imaxes expresan mellor o contido do libro do que poderían facelo as palabras. Emigrantes, Sen palabras... Vento do norte El árbol rojo, .... amosoume que sempre que a busques, terás un pouquiño de esperanza ( a folla vermella). Cousas da vida, A. D. R. Castelao TEATRO Os vellos non deben de namorarse, A. D. R. Castelao. E moitas máis, pero para ir comezando xa vos chegan. Ata pronto, os argalleiros e argalleiras das letras.

Page 10: Argalladas 2013  2014

Los juegos del hambre, Suzanne Collins Neste artigo imos facer unha comparación entre o libro e a película. Para comezar escribiremos un pequeno resumo do libro e explicaremos a base da historia, que se desenvolve en Estados Unidos. Unha serie de catástrofes naturais asolagaron a maior parte da Terra e a poboación ordenouse en trece distritos, sendo o Capitolio o que controla todo. Como todos vivían en ditadura, os distritos rebeláronse, pero grazas á alta tecnoloxía que posuían no Capitolio derrotaron a doce distritos e aniquilaron ao décimo terceiro. A raíz disto instauráronse “Los juegos del hambre”, unha competición na que cada distrito debería enviar un home e unha muller, entre doce e dezaoito anos, para que loiten a morte ata que só quede un. A protagonista da historia chámase Katniss Everdeen, é orfa de pai, ten unha irmá pequena, chamada Primrose. Xunto con ela e a súa nai viven no Distrito 12. No comezo da película, Katniss aparece consolando a Prim porque tivo un pesadelo no que era o tributo do seu distrito. No libro, Katniss esperta e ve á súa nai e á súa irmá durmindo. A seguinte diferenza é que Katniss vai cazar ao bosque, xa alí –na película- intenta cazar un cervo e o seu amigo e compañeiro de caza, Gale Hawthorne espántao. No libro encóntranse nunhas rochas dun val. Outra é como consegue o pin, que é moi importante, tanto no libro como na película. No primeiro, dállo a filla do alcalde para que o leve como amuleto nos xogos ( a súa irmá sae escollida como tributo, pero ela preséntase como voluntaria). Na película regálallo unha señora no Quemador, que é o mercado ilegal. Despois, as grandes diferenzas son as partes eliminadas. A primeira parte que quitaron foi cando van Katniss e Gale a venderlle fresas ao alcalde. Eliminando a un personaxe, Madge, a filla deste. Outras partes eliminadas son nas que Haymitch se emborracha. El é o mentor de Katniss e Peeta, o outro tributo do Distrito 12. Haymitch é mentor porque gañou uns Xogos na súa época. Mais escenas son xa case ao final. O máis importante que sucede é que Peeta confesa nunha entrevista que está namorado de Katniss e os que controlan todo cambiaron unha norma de maneira que poden saír vivos os dous. Nun momento, Peeta, para salvar á protagonista dunha morte segura, enfróntase a Cato, outro tributo, que lle fai un corte na perna. Ben, logo de que cambien a regra, a parella escóndese preto dun pequeno río nunha cova que atopan. No tempo que están neste lugar moitas cousas que pasan neste lugar foron eliminadas, como os regalos que lles son enviados. O máis importante é un xarope que serve para durmir, que Katniss lle administra a Peeta para lograr ir ao “banquete”. O banquete serve para que os tributos se encontren e loiten, pero non lles dan comida, danlles un regalo, que no caso de Katniss e Peeta é a medicina para este último. Na película, ese xarope non aparece, e quítalle un pouco de sentido a esa parte. En conclusión, para nós a película non é nada fiel ao libro, xa que poderiamos seguir enumerando diferenzas. Así a todo gustáronnos moito ambos.

Celia e Andrea Gónzalez, 3ºESO

Page 11: Argalladas 2013  2014

OS INCRIBLES 3 O RAPTO DE MATILDA Ano 1999. Nunha vila de Galicia chamada `Marraxón City´, viven tres superheroes fantásticos. William Legrand ten a capacidade de mover obxectos de gran tamaño coa mente e na súa vida cotiá é un humilde pescador. O mestre, alcumado así pola súa intelixencia e porque o seu pasado aínda é un misterio, ten a capacidade de botar lume por todo o corpo, algo así coma unha “antorcha” humana. Matilda, a científica que prové os compañeiros de armas e robots de todo tipo. Este grupo vese na necesidade de combater contra o mal, xa que Marraxón City é moi corrupta. Para isto, dispoñen dunha base secreta no fondo do mar. Un día, cando estaban na base, soa a alarma que os avisa dun delito que acaba de cometerse. Xa reunidos, caen na conta de que Matilda non aparece. O mestre e William Legrand non paran de preguntarse a causa de que a rapaza non apareza e comezan a buscala por todas partes, pero sen sorte. No laboratorio de Matilda atopan sinais de violencia e tamén unha nota:

SECUESTRAMOS A MATILDA. SE NOS DADES OS VOSOS PODERES NON RESULTARÁ

FERIDA. Asdo: don Anxo e Fan - Quen é don Anxo? -pregunta William Legrand. E quen é Fan? - Don Anxo é o vilán máis coñecido de Marraxón City, e Fan é o seu axudante pantasma, que só pode ver el.

Page 12: Argalladas 2013  2014

- Pois eu non lle penso dar os meus poderes. Primeiro teremos que buscar a gorida de don Anxo e despois xa veremos como salvamos a Matilda. - Imos aló! William Legrand e o mestre saen á rúa en busca de don Anxo. Tras dúas horas de intensa busca atopan outra nota cunha adiviña na porta dunha pastelaría:

ESTOU NUN LUGAR DA NATUREZA QUE TEN FALDA E CABEZA. O SEU NOME É C_X_D_.

- Que poderá ser iso? -pregunta o mestre. - É moi fácil! É unha montaña! Ten cabeza, que é o cumio e mais a faldra. O nome desta montaña é o Monte Caxado, -informa William Legrand. - Idearemos un plan para atacar. Pero rápido! Que a Matilda non lle debe quedar moito tempo… Entrementres, na gorida de don Anxo, Matilda berraba: - Non tedes nada que facer! Viranme rescatar e non vos darán poder ningún! - Cala! Iso é mentira. Ímoste meter na máquina zugapoderes. Veña! Entra!, -manda don Anxo. O vilán, deseguido, mete a Matilda na máquina. - Levará vinte e catro minutos a operación. É o tempo que teñen os teus compañeiros para salvarte. - Alto!, -berra o mestre, á vez que entra pola porta da gorida de don Anxo e Fan. - Maldición! -di don Anxo. Fan! Atrápaos na gaiola! Unha sombra achégase aos intrusos e empúrraos ata a gaiola. - William! Mestre! Axuda! -grita a rapaza cada vez máis desesperada. -Tranquila Matilda, xa vamos!-susurra William. Entón, o mestre queima a gaiola utilizando o seu poder e, á súa vez, William Legrand ataca a don Anxo lanzándolle un coche dos que había na gorida. Don Anxo cae e rompe, por accidente, a máquina zugapoderes e Matilda queda libre. - Matilda! Corre e pulsa o botón de autodestrución! Matilda obedece e os tres foxen. - Temos trinta segundos. Os tres corren e, ao saír, observan ás súas costas como se produce a explosión. Ilusionados polo éxito, volven á base secreta situada no fondo do mar. Ninguén volveu saber de don Anxo e Fan. FIN Elixindo un personaxe das nosas lecturas ( Matilda ( Matilda); Avenida do parque, 17 (Fan); O escaravello de ouro e outros contos ( William Legrand); A coroa de Napoleón ( Don Anxo) e A sombra do mestre ( O mestre) escribimos este relato.

Bruno Silvén, Malena Mieres, Luis López, Mario Vérez, Judit Goti, 2ºESO

Page 13: Argalladas 2013  2014

COMPUXEMOS HAIKUS Ramas, paxaros, herbas, flores, sol grandes amigos. Andrea Montero Papel, goma, clip, estoxo, bolígrafo estudo, libro. Fran Castro

As Pontes, lago, árbores, río, parque, central térmica. Leticia Carballeira

Gol, falta, tiro, un partido gañado: bos xogadores. Manuel Alén

Xeados e sol, parasol, praia e luz árbores, verán. Sara Cerezuela

E de repente unha folla tardía cae ao chan. Sara Criado

Nai natureza nas abeleiras vellas es moi máxica. Silvia Balseiro

Flores e campos, persoíñas falando, rosas lucindo. Borja Pita

Árbore freixo: tronco, follas, raíces, noitebra, carbón. Antonio Fraguío

O meu tileiro con follas e raíces, tronco e copa. Lois Pita

A abeleira tronco, folla caduca, froito, semente. Daniel González

O meu pradairo: campeiros, follas, flores, mente aberta. Aroa Fernández

Salgueiro en flor luz, sol, ouro e vida. Melancolía. Yago Otero

Tileiros, flores, herbas, follas, madeira, árbores, vida. Jorge Puentes

A abeleira, froito, abelás, ramas, sol, auga, vida. Álvaro Seoane

A flor do xardín mira como florece, fermosa sen fin. Lidia Mirad

Flores fermosas, bolboretas voando, nenos xogando. Leticia Alonso

No río azul nenas bañándose nel, peixes bailando. Alexia Castro

O sol aluma, os cans ladran sen parar, estrelas brillan. Andrea Bellas

Persoas mortas, nenos feridísimos, homes chorando. Diego Sevilla

Os cans son bos, son amigos graciosos ladran sen parar. David Dopico

Flor rosa grande, flor rosa e fermosa. Flor rosa e gris. Brais Seoane

Page 14: Argalladas 2013  2014

III MARATÓN DE CINE DOS ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS

Un ano máis “os argalleiros e argalleiras” celebramos o 18 de decembro o maratón de cine, xa imos co III. Xa vedes como as lecturas seguen achegando pelis que reflicten temas que van saíndo nos “obradoiros”. Comezamos ás 18:30h da tarde, hora na que fomos chegando ao instituto e preparándonos para comezar. Empezamos vendo dúas películas Philadelphia e Cadena de favores. Ás 23 h. fixemos un pequeno descanso, porque chegaron as pizzas que encargaramos – que ben se portou Rubén con nós. Regalounos uns sacos de “palomitas” para acompañar as pelis-. Cando rematamos, recollemos e seguimos vendo películas: El atlas de las nubes, Proposición indecente, Todo é silencio, Death note. Acabaron as películas e todos tivemos que limpar para deixar todo como o atoparamos. Aseámonos, almorzamos e ás oito e media empezamos as clases como un día calquera. Foi unha noite divertida. Todos o pasamos ben. Rimos, falamos, vimos películas, botamos algunha “soneca” e as profes pouco reñeron. Se volvemos repetir, non dubidarei en ir.

Uns limparon máis que outros e outras.... Almorzando despois de asearnos Outros almorzaron aproveitando a cea... bo proveito coa pizza ás 8.00 !

Page 15: Argalladas 2013  2014

A noite que pasei cos meus compañeiros dos obradoiros literarios e coas mestras de lingua e lengua no instituto fixéronme ver este lugar de ensino como algo diferente. O que pola mañá é un lugar de traballo, convertémolo nunha sala de cine pola tarde – noite. Foi moi bonito compartir cunha noite de lecer cos meus amigos e gozar de películas interesantes. Aínda que ao día seguinte atopábame cansa, non dubidaría en repetir a experiencia de novo.

GRAZAS, CARME POR ATURARNOS.

O día de cine pareceume moi ben. A película que máis me gustou foi Cadena de favores porque me pareceu atractiva e interesante. Outras películas como Cloud Atlas, resultoume demasiado ensarillada, xa que tratan varias historias á vez. A que menos me gustou foi, Caderno morte. A historia é boa, pero o que é a película non está moi lograda. Para min foi unha experiencia interesante e educativa, na que as películas ensínannos cousas, e ademais, compartímolas cos compañeiros, pasámolo xenial, sinceramente, o ano que vén gustaríame repetir a experiencia. A película que máis nos gustou foi Cadena de favores e así vola conta Alberte Ledo, outro argalleiro. Esta historia trata dun neno chamado Trevor, que ten que facer un traballo no colexio: cambiar o mundo. Trevor pensou que era unha boa idea axudar a tres persoas no que necesiten. Estas tres persoas axudan a outras tres e así sucesivamente. Nese tempo, no que axudou a moitas persoas, pasaron cousas extraordinarias: a súa nai deixou de beber, saíu co profesor, volveu a súa avoa, un vagabundo viviu ben durante moito tempo... Ao final, no intento de salvar a un neno pequeno dunha tunda que lle estaban dando uns desgraciados, Trevor enfrontouse a eles e un deles apuñalouno. Despois de estar un tempo no hospital, morreu. A súa nai e seu profesor choraban a súa morte e decidiron estar xuntos e sen separarse nunca máis. A película gustoume porque Trevor tiña gañas de axudar, pero ao final desgustoume pola morte do neno. Agora deixámosvos coa información deste III maratón e lembrámosvos que para o curso que vén os “Argalleiros e argalleiras das letras” xa estamos pensando nas pelis que veremos baseándonos nas lecturas deste ano.

Leticia Carballeira, Silvia Gregorio, Sara Cerezuela, 1ºESO e “Argalleiras das letras”

Page 16: Argalladas 2013  2014

RADIO RAS, A RADIO ESCOLAR Este curso, Radio Ras, a radio escolar do Instituto Castro da Uz, foi unha radio divertida e traballadora, na que nos corenta minutos dos dous recreos dedicámonos a preparar e realizar entrevistas, poñer música, ler noticias... Ao comezo do curso, os alumnos e alumnas de 1ºESO estabamos moi nerviosos porque eramos os responsables de que continuase emitindo. Elaboramos un horario e, xa rematado, Bruno, o alumno de 3ºESO, ensinounos como tiñamos que acender o ordenador, os altofalantes e tamén nos lembrou que había que comezar e rematar poñendo a sintonía da radio. Ao principio, os luns no primeiro recreo tiñamos sección de deportes e no segundo de música. O martes había economía e música. Os mércores, música e cultura. O xoves música para o recordo e cociña. O venres tempo e humor, pero todos os días había un tempo reservado para entrevistas e para a lectura. Despois dun tempo, os compañeiros foron deixando Radio Ras ata quedar os actuais ( Sarai, Lidia, Aroa, Sara, Andrea, Leticia, Silvia, Sara, Andrea e eu), que tivemos que aumentar as seccións de música e encargarnos, un pouco, das outras. Pero Radio Ras, cando había algún acontecemento (o día contra a violencia de xénero, o día da Paz, o entroido, o mes do amor, o día da poesía, o día das Letras Galegas....), sempre estaba aí e faciamos algo relacionado co tema, como: ler poemas, contos..., concursos, noticias... A sección que máis nos gusta son as entrevistas e xa fixemos unhas poucas: Santi, profesor de bioloxía, Sandra unha exalumna do centro que veu falarnos e explicarnos un pouco a súa carreira, o tema da súa tese de doutoramento e lembrar vellos tempos; o representante da ONG “Jovenes y desarrollo”; os responsables de Cáritas nas Pontes, que acudiron para recoller os cartos que recadaramos cos nosos traballos e queriamos que foran destinados ao banco de alimentos da vila e axudar así as persoas máis necesitadas. Outras persoas que pasaron por Radio Ras foron: as poetisas María Lado e Lucía Aldao, o lector de inglés da EOI de Ferrol ( Daniel Herman), a persoa encargada de darnos uns obradoiros sobre primeiros auxilios e moitas outras.

Estamos contentos desta experiencia en Radio Ras e, sobre todo, das nosas entrevistas, xa que os entrevistados teñen unha parte na que se encontran cómodos falando do seu traballo, pero logo temos preparadas unhas preguntas que ideamos entre todos os compañeiros e compañeiras de 1ºESO e os sorprenden un pouquiño. Grazas a todos e todas os que pasaron pola radio escolar do centro e a todos e todas os que nos escoitades. Esperamos mellorar o seguinte curso.

Borja Pita, 1ºESO

Carlota e Brais foron os encargados de entregar o sobre cos nosos cartiños ao representate de Cáritas.

Noelia, Lucía, Álvaro e Ana entrevistaron ao lector da EOI

Leticia e Silvia entrevistando o representante da ONG “jovenes y desarollo”

Page 17: Argalladas 2013  2014

ESTIVERON E FALARON CON NÓS, MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO Ola, bos días a todos e a todas! Hoxe, en Radio Ras, estamos con María e Lucía, dúas poetisas que actuarán deseguido para todos e todas nós. Bos días, María e Lucía! Agradecémosvos que nos dediquedes un pouco do voso tempo para falar con nós. - Bos días! - Antes de nada, que tal a viaxe? Custouvos atopar o centro? Lucía: Intensa. Vimos da Coruña. Un madrugón interesante... María: O problema non foi o madrughar, o problema foi que nos perdemos e tivemos que usar o GPS. Demos varias voltas nas rotondas. Si, Ghustounos e custounos. Custounos porque nos despistamos un pelín. - Como queremos saber algo de vós, poderiades definirvos –cada unha- con tres adxectivos e explicarnos esa elección? Lucía: creo que son unha tipa alegre porque levo unha vida moi bonita e iso obrígame a estar contenta. Despistada, pero creo que iso é a vellez porque antes non era así, e supoño que son creativa, por iso me dedico a este traballo. María: En contraposición con Lucía son aleghre con reservas. Non son nada despistada, na nosa relación son a que atende as sinais e tamén son bastante creativa. - Por que vos decidistes a ser poetisas? María: porque nos ghustaba. Sempre me ghustou escribir e ler. Comesei a escribir relato cando estaba no instituto e logho batín cun ghrupo de poetas “O batallón da Costa da Morte” e comesei a escribir poesía con desaseis anos. Comesei na literatura lendo moito e escribindo relato. Lucía: Eu igual que María. Escribindo relato e logo apareceu o amor pola poesía. Ler poesía e escribir poesía. - Xa sabedes que aos mozos e ás mozas non nos gusta moito ler poesía, cal sería o voso consello para achegarnos a este xénero? Lucía: ir a moitos recitais de Aldao- Lado María: Escoitar os poetas recitando, non só a nós, porque a lectura da poesía en voz alta é máis cercana e máis fácil de entender. Os libros de poesía non fai falta lelos como unha novela de cabo a rabo. Podes ler un poema hoxe e mañá outro. - Se tiverades que dicirnos un libro de poemas que non deberiamos deixar de ler, cal sería? Lucía: Los versos del eunuco, de Luísa Castro . María: eu escollería calquera cousa de Raúl González Piñón, que é un poeta que me ghusta moito. - Ser poetisa está ben, pero é suficiente para poder vivir? Só vos dedicades a isto? Lucía: pois nós somos unhas afortunadas porque temos unha formuliña que está entre o recital de poesía e o espectáculo que nos permite facer un circuíto de institutos, recitais... Podemos ir tirando. María: depende do tipo de vida que esperes ter, sempre que teñamos un coche que non nos ghaste moita ghasolina... E tamén damos obradoiros e facemos moitas cousas relacionadas coa literatura.

Page 18: Argalladas 2013  2014

- Poderiades falarnos da poesía actual? Lucía: poderiamos si. Que poderiamos dicir? En Galicia hai moita riqueza e aquí nunca vai morrer a poesía. María: Hai moitos e moitas poetas novos, interesantes. Son moitas as actividades que se realizan. - Que temas tratades e que vos move a facelo? María: un pouco de todo. Non nos planteamos que temas tratamos.Empezas a escribir e vaite levando. Hai moitos anos que non fago poesía social, dende que deixei o “Batallón” porque non xurdiu. Pero en xeral non buscamos unha temática. Lucía: ao mellor temática amorosa, sobre o propio feito de escribir... o que vai aparecendo. Cambiamos de tema e imos coas preguntas “rápidas” de Radio Ras, estades dispostas a respondelas? Lucía: por suposto. María: si Se foses.......................... Cal serías? -Un libro? María: El señor de los anillos Lucía: Los versos del eunuco - Unha canción. Podedes tarareala? María: eu non podería tarareala. Eu sería unha horterada así como Stairway to heaven de Led Zepellin. Lucía: Suzanne de Leonard Cohen, que a ides escoitar no recital. - Un desexo? María: Se fose un desexo ou que digha un desexo? Se fose un desexo sería o dun neno pequeno. Lucía: os tres da lámpada. - Un animal? María: un ghato Lucía: un coala -Unha árbore? María: un carballo Lucía: eu tamén - Un lugar María: onde eu son Lucía: o barrio dos maios de Coruña Pois imos agradecervos a vosa presenza léndovos a árbore celta que rexe a vosa vida. María: o pradairo

que simboliza “mente aberta” e Lucía: o ciprés, a fidelidade. Esperemos que as plantedes moi preto de vós para coidalas e aloumiñalas como elas o fan. Moitas grazas por compartir este tempo con nós, en Radio Ras, María e Lucía.

Ariana, Celia e Carlota, 3ºESO

Page 19: Argalladas 2013  2014

ENTREVISTA A SANTIAGO, PROFESOR DE BIOLOXÍA Ola, bos días a todos e a todas! Hoxe en Radio Ras estamos con Santiago, profesor de bioloxía no IES Castro da Uz. Bos días, Santiago. Agradecémosche a túa presenza e que nos dediques un pouco do teu tempo para contestarnos a unhas preguntas que elaboramos os alumnos e alumnas de 1º ESO. - Con cantos anos empezaches a traballar? - Ben, eu tiña uns 28 anos. - Como foi o teu primeiro día neste centro? - A verdade é que xa non me acordo. Xa vai para catro anos, en setembro fai catro anos. Non me acordo, a verdade. - Dos anos que levas de profesor, de que curso gardas mellor recordo? - Penso que dos que levo aquí. - Por que escolliches esta profesión e esta especialidade? - Fun fillo da televisión. Cando tiña cinco, seis ou sete anos acórdome que na TV – daquela a única canle que había a 1ª- houbo un programa dun recordadísimo personaxe español, que vos non recordaredes, pero que a min me influíu moito: Don Félix Rodríguez de la Fuente. Este programa espertou en min o interese polos animais, pola natureza e pola conservación do medio. Penso que foi iso o que me estimulou para estudar a carreira que fixen, bioloxía. - Xa o querías ser de pequeno? - Pois mira, o que vos estou a dicir. Dende os cinco, seis ou sete anos empecei a ver estes programas e tamén xurdiron outros, como o comandante Cousteau, investigador francés que descubriu o escafandrismo autónomo, o buceo e o mar para moitas xeracións. Estes dous personaxes espertaron en min o interese pola natureza, polo medioambiente e por iso me fixen biólogo e tamén buceador. - Hai uns días era noticia nos xornais o xuízo sobre o Prestige. Que opinas do resultado? - O resultado foi decepcionante. O máis preocupante, a parte de ser a sentenza insuficiente á hora de cargar responsabilidades, o que me parece fatal é que sentou un precedente que pode abrir un futuro un pouco preocupante a novos accidentes, que sen dúbida, volverán suceder. - Cal é a túa opinión sobre a construción do Lago das Pontes? -Non estou moi metido no tema, pero creo que foi unha solución para mitigar un impacto que durante 30 anos ten sufrido esta zona pola mina de carbón e unha maneira de diminuír o impacto visual que teñen este tipo de explotacións a ceo aberto. Foi copiado doutros países como Alemania, que ten feito moitas recuperacións de minas deste xeito. Ás veces párome a pensar na absurda sociedade na que vivimos. Galicia tiña lagoas naturais que se desecaron porque se consideraban perigosas para a saúde polas augas estancadas, sen embargo desecamos lagoas naturais e facemos lagos artificiais. Non é moi lóxico. Como solución a unha mina de ceo aberto, que era unha escombreira perigosa e cun aspecto paisaxístico negativo, penso que foi unha solución razoablemente aceptable; a parte dos posibles problemas de contaminación do río Eume e de movementos tectónicos, que podan ser perigosos, pero supoño que as medidas de corrección e seguimento se cumprirán para evitar calquera tipo de problema. - Como profesor de Ciencias, a que cres que se debe que chova tanto? -Bueno, como din os vellos do lugar: isto foi sempre así. Aquí choveu sempre moito e, de feito, levamos uns anos, nos anos 90, que había invernos que non eran normais, no sentido de que non había temperaturas baixas e chovía pouco. Eu recordo cando cheguei a Santiago a estudar que todo o mundo dicía que en Santiago chovía moito, e nos primeiros anos, practicamente, non choveu. Entón, penso que se todo o clima é cíclico, aínda que son dos que sosteñen que hai unha pequena influencia do home e das súas actividades cun impacto evidente na atmosfera. O que pasa é que son tantos os parámetros para

Page 20: Argalladas 2013  2014

medir o clima e pódense interpretar dende tantos puntos de vista... Podemos defender tanto que non estamos a facer ningún efecto como que todo é debido ás nosas actividades. Pero penso que chova máis ou chova menos, que haxa máis xeadas ou máis alteracións do clima, como as borrascas que estamos vivindo estes días, pode ser unha mezcla de varios factores, ciclos naturais que se repiten e da nosa actividade que cada vez é máis impactante. - Cambiando un pouco de tema, que opinas sobre a idea que teñen dos galegos cando din que somos indecisos? - Son tópicos, como outros que hai. Penso que non é indeciso.Unha cousa é parecer indeciso e outra é pensar moito as cousas antes decidirse a opinar. Ás veces, parece que estás dubidando, pero estás pensando. É mellor que penses ben para cando fales o fagas ben. Creo que é un pouco unha lenda urbana. - Cales son as túas afeccións? - Bueno, gústame toda a parte relacionada coa bioloxía e a conservación. Basicamente as miñas afeccións son o deporte, a natureza, o buceo e tamén fago “ bird watching”, que é saír a ver paxaros ás lagoas de Valdomiño e Doniños e tamén me gusta o cine, o cine clásico, actual... - Que pensas facer cando te xubiles? - Bueno, aínda queda lonxe. Non sei, penso que dedicarme a estas afeccións. Supostamente tes máis tempo. Para rematar un cuestionario rápido: Se foses.......................... Cal serías? -Un libro Vinte mil leguas de viaxe subamarino -Un superheroe Iso é máis difícil. Non me vexo como Spiderman, pero por terlle picado unha araña, seríao. - Un alumno Un alumno?, un alumno exemplar?, un alumno chapón? Sería un alumno normal. - Un deporte Balonmán - Unha letra dunha canción. Podes tarareala? Podo cantar a liña da letra dunha canción de Dire Straits, un grupo que xa non existe, pero que foi moi famoso nos 70, 80. (Cantouna e traduciuna: di algo así como que retornará a sus praderas, - se supone que después de volver de la guerra. É unha canción antibélica, “Brothers in arms”.) - Unha película Teño moitas, pero sen dúbida Ben –Hur, Juda, Ben – Hur. - Un planeta A Terra - Unha obra de arte De calquera arte? Hai tantas que son marabillosas e dignas de mencionar..., pero, por exemplo, sempre me gustou un cadro que hai no museo do Prado que é “ Carlos V a cabalo” de Tiziano. - Un consello Penso que non son ninguén para dar consellos, nin ser consello para ninguén, pero bueno. Ser un consello... non o sei. Espero ser un consello na miña actividade docente e que o que faga sirva para aconsellar as mentes dos meus alumnos cara o que penso que é necesario, que é conservar o mundo no que vivimos. Moitas grazas por compartir este tempo con nós, en Radio Ras, Santiago. A vós ( Escribimos a entrevista despois de escoitar a gravación que fixemos en Radio Ras. Intentamos reproducir totalmente as palabras do entrevistado, e cremos que o conseguimos. )

Page 21: Argalladas 2013  2014

OS MOZOS APRENDENDO DOS MAIORES O día seis de marzo, os “Argalleiros e argalleiras das letras” do IES Castro da Uz, fixemos unha visita ao Centro da Terceira Idade da nosa vila. O noso obxectivo era entretelos, facerlles pasar un bo rato e vivir unha nova experiencia. Para realizar a actividade levamos uns libros para falarlles das árbores celtas e para que nos contaran historias que coñecían eles sobre este tema. Tiñan moito que dicir.. incluso nos botaron algúns cantes : “Amoriños collín na beiriña do mar”... e Catalina contounos a historia da burra Catalina e recitounos unha copla que comeza “Que te quero ben o sabes”. Cada un dos velliños tiña un poema ou unha copla que nós tíñamos preparada, cando eles nos dicían a fecha do seu aniversario. Suso, que cumpría o 6 de marzo, tiña esta:

“ Eu enamorar, enamorar, enamoreime enamoreime na beira do mar.

Eu namorar, enamorar, enamoreime e non me puden desenamorar”

E a Nicolasa, que cumpría o 14 de febreiro, lémoslle a súa.

“ A raia do sol meniña, na túa cama vai dar.

Que moito, pois que teu eu busque, cando ata o sol te vai buscar!”

Ao principio mostráronse pouco participativos, ata que foron collendo confianza con nós. A actividade era algo novo para eles, e tamén para nós. Pero, ao pouco, faláronnos das árbores e dos animais, das súas vidas coa nosa idade... Axudáronnos a ver como eran os tempos de antes, a dureza da guerra, a diferenza entre a súa infancia e a nosa: Manuela díxonos: “ Nós saiamos dunha guerra e non había nada de nada. A necesidade facíanos facer”. E contounos como retorcían as silvas e lle sacaban o de dentro (o mono) para facer cordóns e poder atar as cousas. Suso falounos de cómo ía polas noites xunto do cura, que ía a Espiñaredo, para que lle ensinara a ler e a escribir, porque daquela traballaba todo o día e non podía ir á escola aprender. Isto con 14 anos, explicaba. Contounos o dura que fora a súa infancia, como aos cinco anos tivera que apagar un lume valéndose dunha xesta mollada en auga, e moitas outras historias. Tivemos a sorte de presenciar unha conversa entre dúas señoras. Cada unha defendía como ela traballaba o liño de nova, e os usos que se lle daba a este.

Logo dunha hora despedímonos e agradecémoslle o tempo que pasamos xuntos e as historias que nos contaron. Patricia, Sandra, Carmen P., Carmen Y., Lía, Mireya, Brais e Carlos, argalleiros e argalleiras de 1ºBAC

Page 22: Argalladas 2013  2014
Page 23: Argalladas 2013  2014
Page 24: Argalladas 2013  2014

O MES DO AMOR No concurso realizado no mes de febreiro no noso centro e organizado polo equipo de radio Ras, o xurado, formado por Flora – profesora de inglés e responsable do EDLG, Montse – profesora do ciclo de Administración e Finanzas e Icía – profesora de matemáticas, acordou que estes eran os tres piropos premiados: 1º PREMIO Uxía Paz Álvarez, 4ºESO polo seu piropo: “ Guapo, contigo xuntaba as leiras e conquistabamos Miraz enteira!!! “ Entregou o premio: Flora “

2º PREMIO Candela Paz González, 3ºESO por: “Converteríame nunha bóla de demolición, para entrar no teu corazón.”

Entregou o premio: Montse 3º PREMIO Lucía Dapena Barba, 4ºESO por: “ Deséxote máis que Leonardo Dicaprio o Óscar”

Entregou o premio: Icía

Page 25: Argalladas 2013  2014

Como foron moitos os piropos que concursaron, queremos lembrar a todos e todas os/as que participaron e quixeron na nosa lingua: Se morro sen bicarte podería dicir que non morrín porque non tería vivido. Faríame poetisa para provocar a túa risa. Ti es un peixe nadando na miña cabeza. Elixir un POKÉMON inicial sería máis fácil se ti foras unha das opcións. Nin o chocolate nin a mellor canción consegue sacarme un sorriso como o logras ti. Mentres me afundo no azul dos teus ollos voume namorando de ti. Se fora un iceberg nadaría eternamente no mar da TÚA MIRADA. Os teus ollos son unha luz azul e os teus labios un mundo. Rapaza, amáñame os freos para poder pasar por esas curvas. POTORRA. Somos as únicas almas do noso mundo. A miña vida sen ti non ten rumbo. PERIGO!!! Nena guapa Non es nada se ese nada significa TODO. Gústame oírte porque falas como os deuses. O amor é coma o sangue que sae con forza do corazón. Es un agasallo tan grande que non son capaz de abrilo. Os teus ollos brillan máis ca o sol. Se gritan cando marcan un gol, eu grito polo teu amor. O teu amor lévame ao ceo. Ti fasme voar. Se me dis quérote non deixo de soñar. Ti es coma unha bengala en Riazor, única e rechamante. Es coma un arco da vella que sae no ceo todos os días. Todos os días levántome cun sorriso, pensando que nun futuro despertarei ao teu carón. Co aloumiño dos teus ollos fas que o meu corazón vaia a 100 por hora. Pode que non sexas perfecto, pero os teus defectos son encantadores. Ti es o meu planeta e eu o teu satélite. Busca unha neveira que os bombóns coma ti, derreten. Xa comezou a primavera e es a primeira flor que vexo. Eu por ti cruzaría MORDOR armado cunha culler. A única razón pola que sorrío cada día es TI. Cando estás contento alumas máis que a lúa chea. Ti tes unha pastelaría? porque es un pastel moi rico. Es o sol que aluma o meu corazón. Es tan bonita coma o ouro. Ti es como o mar: fermosa e solitaria. Enamoreime de ti como se foses miña nai. Es un mundo cheo de solidariedade cunha beleza permanente. O outro día mirando ao ceo, intentaba contar tantas estrelas como razóns teño para amarte, pero faltáronme estrelas. POTORRA. Non hai acelerador de partículas nin catro disparos no peito que poidan destruír o que sinto por ti. Os días sen verte, sen falar, son días grises, meu amor. Desexaría volver atrás no tempo. Non para cambiar algo, se non para repetir a experiencia de estar contigo. Eu por ti iría a Conxo cunha camiseta do Deportivo. Es máis guapa que un sacho con pegatinas. Se puidese ser unha parte do teu corpo, sería as túas bágoas porque nacen no teu corazón, crecen nos teus ollos e morren nos teus beizos. Unha vez vinte e vin un anxo. A túa alma é coma un bosque cheo de vida. Se estás así de moza... como estarás de madura. Tes unha boca tan bonita que me gustaría comercha enteira. A túa compañía é coma saborear un xeado de limón. Es como unha barbie que quero namorar. A película vese, a música escóitase, a ti, sénteseche. O teu corazón é máis prezado que un corazón no hospital. Non á guerra. Non á violencia, pero si a túa beleza. Os teus ollos azuis son o mar, o teu pelo o vento, e os teus labios un deserto. Es tan guapa que cría... que eras un soño. O teu cabelo é tan resplandecente que non faría falta o sol no universo. Es como unha lapa na auga, inalcanzable. A túa mirada é capaz de contarme historias.

VV. AA.

Page 26: Argalladas 2013  2014

DÍA DA PAZ Este ano, o grupo de contacontos do IES Castro do Uz - algúns alumnos e alumnas de 3º e 4ºESO- visitou o CEIP Santa María para lerlles e interpretarlles uns contos con temática sobre a PAZ aos nenos e nenas de infantil.

Despois duns duros días de ensaio, chegou a hora. Máis ou menos preparados collemos o autobús e lanzámonos á aventura (algunhas ían máis tranquilas que outras porque xa tiñan experiencia do ano pasado). Ao chegar, demos un paseo polo colexio rememorando antigos recordos do noso paso por alí. Estivemos falando cos profesores e profesoras, visitando as aulas... En resumo, pasando un pouquiño o tempo antes de comezar. Cando chegaron os nenos e nenas á biblioteca do centro comezaron os nervios, xa que tamén chegara a televisión local. Todos eses pequenos e pequenas ilusionados, e toda a responsabilidade de que se divertisen aprendendo era nosa. E empezamos. A medida que iamos contándolles os contos, os nervios desaparecían, e comezaban os “problemas”: a música escoitábase máis que a voz da persoa que contaba o conto e, polo tanto, os nenos e nenas non facían moito caso (María e Candela xa o solucionaron para sucesivas actuacións), pero eles e elas seguían gozando das nosas historias.

A nosa última actuación foi unha obra de teatro que trataba sobre unha fada que ía de lugar en lugar recollendo todas as maldades do mundo, pero había uns seres malvados que non a deixaban facer o seu traballo... supoñemos que sabedes como remata. Cando finalizamos, os nenos e as nenas foron cara ás súas respectivas clases moi felices, o que fixo que nós tamén o estiveramos. Pasamos un rato falando cos profesores de alí e nós, como antigas alumnas gozamos dese momento. Antes de marchar, invitáronnos a ver os nenos e nenas dos últimos cursos cantando unha canción “Imagine�, na linguaxe de signos e en inglés. Pero isto non acaba aquí, pois antes de marchar,

agasalláronnos cuns bolígrafos que agradecemos moito, aínda que o mellor regalo foron as risas dos nenos e nenas, que aínda agora recordamos, e crer que xuntos comprenderon moi ben o significado da PAZ. Grupo de contacontos: Candela, Juan V., María, Cristina, Carlota, Carmela, Ana, Uxía, Natalia, Carmen, Lucía e Noelia.

Carlota e Candela, 3ºESO

Uns momentos da actuación.

Page 27: Argalladas 2013  2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA O venres 7 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do IES Castro da Uz asistimos –xunto cos outros centros da vila- a unha actividade que o concello das Pontes realizou para recordar o día da muller traballadora no cine Alovi, porque o día 8 non tiñamos clase. Explicáronnos porque se celebra ese día, o importante que é para nós recordalo e que deberiamos darlles as grazas a esas mulleres neoiorquinas que morreron hai moito tempo nunha fábrica reivindicando os seus dereitos como traballadoras, porque grazas a elas a muller é tratada mellor nos postos de traballo. A esta actividade estaban invitadas mulleres que traballan na nosa vila en traballos normalmente desenvolvidos por homes, como policía, directora - xerente dunha empresa, traumatóloga, avogada e veterinaria. Elas contáronnos experiencias que viviron durante a súa formación e o seu traballo e que a xente prefire falar cun home sobre temas policiais ou de empresa. Como a nós non nos gusta esta situación que vive a muller lemos este manifesto que fixemos os de 1ºESO ao final da actividade. AQUÍ ESTAMOS a voz do IES Castro da Uz, nenos e nenas inconformistas coa situación que vive a muller, persoas valentes que non temos medo de dicir o que pensamos e xente sincera que quere que isto cambie. E ESTAMOS CANSAS E FARTAS: - de que a muller siga sendo considerada inferior ao home e que non poida traballar nas mesmas condicións. - que non cobre o mesmo, aínda que faga o mesmo esforzo có home. -de escoitar risos e comentarios cando ven a unha muller camioneira, albanel, electricista, bombeira, policía, garda civil, piloto, boxeadora, fontaneira, carpinteira, condutora, deportista... -de que a muller só poida desenvolver o traballo máis difícil de todos (ama de casa) porque aínda hai xente que pensa que as mulleres só temos dereito a traballar na casa. -que se substitúan nos postos de traballo desempeñados por mulleres, a estas por homes porque se segue pensando que estes o fan mellor. -de que por ser muller se cobre menos. - de que para poder traballar a muller teña que soportar condicións infrahumanas para conseguir un salario ridículo. E POR TODO ISTO PEDIMOS OU MELLOR, ESIXIMOS: -a igualdade de dereitos. -respecto para todas as persoas, en especial para as mulleres. -o mesmo salario polo mesmo traballo. -que o goberno non permita que a muller traballe máis por menos diñeiro. - unha xubilación e unha paga para as amas de casa. - que as mulleres poidan desempeñar todos os traballos sen ningún tipo de obstáculo. - se hai un traballo libre, que a muller teña as mesmas oportunidades que o home. - que o goberno poña máis vixilancia a empresas que enganan as mulleres para que exerzan traballos inxustos e ilegais. - que en países árabes e noutros, a muller consiga a igualdade e poida desempeñar todos os traballos que queira.

Page 28: Argalladas 2013  2014

PORQUE SOMOS galegos e galegas do IES Castro da Uz, persoas listas, valentes, solidarias, xustas, que confiamos en que a muller poida traballar libremente onde queira, e se isto non se consegue, conseguirémolo nós. Pero hai máis voces: Cada vez é maior o número de mulleres que traballan en España. Dende 1985 incorporáronse ao mercado laboral preto de 2.2 millóns de mulleres. En España o nivel educativo das mulleres mellorou claramente. A súa participación na educación supera o 50%. Hai tamén un volume elevado de mulleres en ocupacións temporais. O 80% do total de traballadores nesta situación na UE son mulleres ( 75% en España). Un informe de Nacións Unidas recoñece que en España as obreiras están pagadas ata un 34% menos ca os homes. As actividades económicas das mulleres céntranse fundamentalmente en formas de emprego precarias, caracterizadas pola escasa remuneración e baixa produtividade, mentres os homes ocupan os postos de maior retribución. O proletariado feminino abunda máis no conxunto de desempregados, e están máis tempo en paro. A súa taxa de desemprego é case o dobre que a dos homes. Todos estes puntos non me parecen xustos, xa que unha muller vale exactamente o mesmo ca un home, e non sempre son elas as que deben quedar facendo as tarefas domésticas. Os tipos de traballos e salarios deberían igualarse e ser os mesmos para homes e mulleres.

Alba Requeijo Cendán, 2ºESO Homes e mulleres, en pé de igualdade? Dende hai séculos, a poboación feminina – non queremos esquecer o fatal destino que tiveron as primeiras mulleres que falaron alto - vén reclamando a igualdade co home tanto no ámbito laboral, social como no persoal. Pero aínda queda moito camiño para conseguir unha sociedade igualitaria. Obxectivo que os partidos políticos intentan acadar, presuntamente, a través das súas campañas electorais e do seu traballo. “ El debate con una mujer es complicado. Si la acorralas, es machista”; “al regadío hai que tratarlo como a las mujeres, con mucho cuidado.” Estas son algunhas afirmacións recentes- podedes consultar os xornais- do candidato dun partido político español ás eleccións ao parlamento europeo, que foron celebradas o pasado 25 de maio. Este político deixa ver a “preocupación” que mostra pola desigualdade de xénero. Coma este son moitos os exemplos nos que os nosos políticos de agora fan referencia ás mulleres: “ las leyes son como las mujeres, están para violarlas”; “ lo único interesante que esa señora exhibió fue su escote.” Isto demostra que, a pesar de non conseguirmos a igualdade entre xéneros e sexos e de saber que aínda nos queda un longo camiño para chegar ata ela, estamos dando pasos cara a atrás. O esforzo, traballo e metas conseguidas rematarán por esvaecerse. Por iso pregunto: a loita contra a desigualdade entre sexos é un dos principais obxectivos da sociedade actual?

Carmen Polo, 1ºBAC Autora da ilustración: Sarai Fernández, 1ºESO

Page 29: Argalladas 2013  2014

DÍA DO LIBRO EN SALAMANCA A viaxe fíxose eterna, parecía que íamos chegar a Xúpiter, pero mereceu a pena. Nada máis chegar fomos ao hotel, e rapidamente dirixímonos á Praza Maior, porque tiveron a idea de ir ata alí a facer un xogo cunhas preguntas que case ninguén sabía. Antes de ir á praza, a un compañeiro, “fíxoselle de noite”, é dicir, un negro pegoulle unha labazada na cara, sen motivo. Ao chegar á praza, as profesoras repartíronos uns papeis con preguntas para facerlles aos salmantinos que estaban na Praza Maior. Había algúns estudantes ingleses facendo un cuestionario e preguntáronnos sobre o seu e nós a eles sobre o noso. Nunha pregunta que nos fixeron tiñamos que cantar dúas cancións: “A Rianxeira” e “Mi Carro”. Despois fomos visitar a cidade. Vimos moitas cousas: a Catedral, o Horto de Calisto e Melibea, a Casa das Cunchas, a Universidade, onde buscamos a famosa ra - que ninguén atopaba- na súa fachada para que a lenda se faga realidade e pasemos de curso aprobando todo. Logo fomos cear e ás 22:30 xuntámonos todos coas profes e fomos ver Salamanca pola noite. PRECIOSA! Despois de rematar o paseo dirixímonos á Praza Maior porque alí quedaran algunhas nenas que non quixeran ir pasear. Cando chegamos non estaban, así que as profes esperaron a que viñeran mentres os demais iamos para o hotel. Nada máis chegar, os nenos de 1º de ESO viñeron visitarnos á habitación, xa que a nosa era quíntupla (a única de todos os da excursión ) e ao subir armamos un pouco de barullo e un señor do lado botounos a “bronca do siglo”. Menos mal que as profesoras non estaban no hotel!!!! Despois desa bronca ninguén se atrevía a saír da habitación e todos “wasapeabamos” sobre o que acababa de pasar. Logo dun rato chegaron as profes ao hotel e xa tivemos máis coidado para que non nos caera outra bronca. Ao día seguinte erguémonos ás 8, xa que tiñamos que estar no comedor ás 8.30. As cinco estabamos todas ilusionadas por ducharnos, xa que tiñamos unha ducha de hidromasaxe, pero... abrimos a billa e... saíu auga fría! As outras catro compañeiras de habitación só me oían berrar! Ao final tivemos que ducharnos en auga fría porque era unha ducha “ cabezota” e ademais quedamos sen hidromasaxe!!! Baixamos a almorzar puntualmente –aínda que houbo algúns que quedaron durmidos, como non!- e o almorzo estaba moi bo. Ás 10:30 chegaba o traballo duro, pois iamos cara á biblioteca Torrente Ballester, onde estaba a esperarnos o garda de seguridade para abrirnos, porque ese día é festa en Salamanca e houbo que facer unha excepción con nós. (Agradecemos ao director da biblioteca – Francisco Alonso- esta atención). Dirixímonos ao salón de actos para ler e escribir o poema sobre o libro que este ano tocaba: Retallos do diario de Adan de Mark Twain ( en galego, castelán, francés e inglés).

Uns momentos do noso traballo na biblioteca Torrente Ballester. Ás 13:30 saímos da biblioteca. Despois de tres horas de lectura e de traballo conseguiramos facer un poema precioso. Nada máis saír da biblioteca dirixímonos cara a Praza Maior para comer. Despois, as profes deixáronnos dar una volta ata as 17h, pois na Praza había un mercado de libros en honra ao Día do Libro. Ás 17h saímos de Salamanca cara ás Pontes. A viaxe fíxose moi longa, pero para pasar o tempo os nosos compañeiros e compañeiras

Page 30: Argalladas 2013  2014

cantáronnos cancións para poder ir máis entretidos e ¡ por fin! ás 22:30 estabamos nas Pontes. Foi una viaxe FANTASTICA !!!! Repetiriamos sen dubidalo, aínda que o verdadeiro traballo comeza agora... Este é o fermoso poema que compuxemos coas palabras elixidas da lectura.

SOÑANDO

Escoitando cantos deume o capricho no meu refuxio. Reflexiono sobre a vida moi tranquilo, planificando o meu destino, imaxinando un lugar magnífico. Ela queríamo explicar. Intentábao cun ton sereno e frío e eu atopábame arrepiado polo perigo, sentindo envexa daquela besta inmunda. Estaba preocupada polo que eu sentía dende aquela lagoa na que vivía, rodeada de fina area, onde había unha serpe dunha especie moi selecta. Eu temíalle á morte, escoitaba risiñas nerviosas e, con sinceridade, eu quería voar, refuxiarme nalgún lugar,

ou converterme en peixe. Pero acabei rendido, e os meus ollos ían pechándose, soñando con canguros, peixes, serpes... Foi aquel un gran descubrimento, un fenómeno pouco común. Sentía que o meu corazón latexaba, moi rápido, como o dos animaliños pequenos, cos dentes rinchando. Grandes especies provocábanme sentimentos fatigosos. Foi un erro feo, interesante. Espírito escuro como a soidade. Só me sinto como un experimento sufrindo baixo a lúa e coas estrelas mirándome. Todo parece positivo neste lugar, pero non o é. Mais teño a esperanza de que sexamos felices. Nada é sinxelo. Todo queda nunha incerteza.

Argalleiros e argalleiras das letras do IES Castro da Uz e os seus convidados do IES Moncho Valcarce.

Todos os argalleiros continuamos traballando na aula: puxémoslle título ao poema; Carlota, Celia, Brais, Silvia, Leticia, Lía... dividiron o lenzo para que Carmen, ¡por fin! o escribise; logo de moitas charlas, decidimos a ilustración, que pintaron as argalleiras Ariana e Sandra coa axuda de Fátima e Noelia ( 1ºBAC), que sen participar nesta actividade, amosaron o gusto pola lectura, creación e o seu compañeirismo.

Xa vedes que cada ano imos mellorando. Seguro que despois de ler o poema entendedes mellor o que quixemos representar na ilustración. Ata o ano que vén.

Andrea Montero, Sara Cerezuela e Leticia Carballeira 1ºESO

Page 31: Argalladas 2013  2014

ÁRBORES CELTAS E PASEO LITERARIO Tal e como aparece recollido en O libro dos nomes e das árbores, escrito e publicado no 2002 polos nosos compañeiras e compañeiras, no contorno do centro deberiamos ter as 21 árbores celtas plantadas por eles e elas: abeleira, abeto, álamo, amieiro, bidueiro, carballo, castiñeiro, cedro, ciprés, faia, figueira, freixo, maceira, nogueira, oliveira, olmo, piñeiro, pradairo, salgueiro, sorbeira e tileiro, pero houbo cinco que non aguantaron as inclemencias do tempo e morreron. Así que este curso decidímonos a repoñelas e continuar co traballo iniciado hai anos. No mes de novembro compramos o álamo, o cedro, a faia, a nogueira e o tileiro e plantámolas, xa que era o tempo.

No traballo da plantación tivemos axuda dos alumnos e alumnas de 1ºESO, do profe de bioloxía, Santiago, de Feás, que nos axudou a facer os furados, de Chelo e, como non, de Soto, o noso guía en todo este proceso e de Dani de 3ºESO. Unha vez plantadas as árbores tocaba encargarse do seu coidado, pero este ano tivemos sorte porque co que choveu non tivemos que regalas nin un só día. O traballo non fixera máis que comezar, agora quedaba o máis duro, facer a identificación das 21 árbores celtas... Como había que aforrar en material e man de obra, non quedou outra que continuar e seguir suando. Pensamos como fariamos a identificación e decidímonos pola madeira. Alá veu Chelo cargada coas táboas e as estacas que lle pediramos. Nós (Víctor e Rubén) pasamos moito tempo na aula de tecnoloxía cortando as estacas e as táboas para logo con pirogravado poñer o nome das árbores.

Page 32: Argalladas 2013  2014

Se pensades que o pirogravado foi un traballo fácil, fixádevos como o conta Raúl Tojeiro, 4ºESO. “Mentres case toda a clase marchaba de viaxe a Roma, os poucos que quedabamos -en concreto eramos tres: Juan, Víctor e eu- dedicamos a gran maioría da semana a facer pirogravado... Na miña opinión foi un inferno ao principio, xa que ao ser só tres persoas non iamos dar acabado o traballo. Tiñamos que facer 21 táboas e gravar os nomes das árbores en galego e en latín. Eran poucos os materiais e de mala calidade, agás un, o de Juan. Non había moita esperanza de poder acabar os pirogravados na semana, pero nós, de todos os xeitos, intentámolo. Custounos moitos calos, moitas queimaduras, dores de cabeza.., pero ao final conseguímolo. Pedimos axuda a profesoras ( grazas Maika) e o traballo aumentou, porque houbo quen tivo a idea de facer unha táboa máis cos nomes das persoas que realizaran os pirogravados e así quedara no centro un recordo noso.

Raúl, Juan, Maika e Víctor en pleno traballo

Cando acabamos só quedaba facer outros 21 furados na terra para cravar a estaca e logo colocar a placa de identificación... Necesitabamos un ferro que nos axudara a facelos e conseguimos tres. Fixémolos moi rápido, aínda que custou. Xa estaba todo listo, só quedaba cravar a placa e Soto –coma sempre- brindouse a traer unha pistola para que todo quedara ben.

Todo listo? NON. Alguén tiña pensado outro traballo: colocar o cartel de todas as árbores celtas para comezar o “paseo literario”, e sen dubidalo convertemos a

aula de lingua galega nunha carpintería. Grazas Soto por axudarnos e ensinarnos.

Xa sabedes, cando queirades coñecer a vosa árbore celta e ver o noso traballo, achegádevos ao noso centro. Ah!, desde aquí queremos pedir uns bancos para colocar debaixo das árbores celtas e poder sentar a ler, falar e compartir bos momentos.

Víctor Leal e Rubén Uceira, 4ºESO

Page 33: Argalladas 2013  2014

COÑECENDO SALAMANCA COS SALMANTINOS Nada máis chegar a Salamanca tivemos que realizar este xogo, en 45 minutos, para ir coñecendo a cidade pola que nos iamos mover uns días. Organizámonos en sete grupos e comezamos a preguntar e preguntar. 1.- Cantos e que nome reciben os pavillóns que conforman a Praza Maior de Salamanca? - Consistorial, San Martín, Real e de Petrineros. 2.- No Pavillón Real todos os medallóns lembran reis agás un. A quen representa esta “excepción”? - A Franco 3.- Investigade o significado de Petrineros e indicade seis nomes dos medallóns que adornan este pavillón. - Pode que estea relacionado co traballo en coiro que se facía antes. - Santa Teresa de Jesús, Fray Luis de León, Unamuno, Cervantes... 4.- No pavillón Consistorial aparecen dúas “hornacinas” -dous ocos- na fachada principal, que albergaban anteriormente uns bustos. A quen representaban? Por que agora están baleiras? - Os de Alfonso XII e Isabel II. Porque as retiraron cando se proclamou a República. 5.- Achega cinco nomes dos persoeiros que aparecen nos medallóns do Pavillón de San Martín? - Gonzalo Fernández de Córdoba, Pizarro, Hernán Cortés, Rodrigo Díaz de Vivar, Juan Pacheco. 6.- Que deporte se practicaba nesta praza? - Xadrez e corridas de touros. 7.- Cal é o nome do café literario máis famoso da cidade? - Novelty 8.- Agora debes entrar no café, pedir -con educación- se podes facer unha foto ao lado da escultura que representa a un autor célebre e dicir o nome dese autor. - Gonzalo Torrente Ballester. 9.- A rúa La latina. Por que leva ese nome? - Porque é o alcume de Beatriz Galindo, a profesora de latín da raíña Isabel a Católica. 10.- Onde se atopa e como podo ver a RA que todas as persoas que acudimos a Salamanca queremos ver? - Na fachada da Universidade na columna da dereita encima dunha caveira. 11.- Que lenda encerra a RA de Salamanca? - A ra é un símbolo contra a luxuria ou a morte. Quen a encontre terá sorte nos estudos, acabará a carreira, volverá a Salamanca..., outros dixeron que era só unha invención para turistas. 12.- Poderíanos citar cinco autores ou obras literarias que inmortalizasen a cidade de Salamanca? - La Celestina, El lazarillo de Tormes, Fray Luis de León, Carmen Martín Gaite, Miguel de Unamuno... 13.- Que non podemos deixar de visitar na súa cidade? - A Praza Maior, o río Tormes, a Catedral e a Universidade. Todos os grupos rematarmos o xogo, aínda que uns tardaron máis do acordado. Os argalleiros e argalleiras das letras recomendámosvos que visitedes esta cidade.

Page 34: Argalladas 2013  2014

VIAXE A ROMA 2014 – 4º ESO Agora que todo pasou e tan só é un recordo que perdurará nas nosas mentes durante moito tempo, ou quizais toda a vida, botaremos a vista atrás para contarvos a nosa experiencia. Esta viaxe foi para nós unha fonte de coñecementos, anécdotas e diversión. Vinte persoas coas “maletiñas” cheas de cousas, pero sobre todo a rebosar de ilusión, partimos dirección Oporto. Despois de 4 horas e media nun bus un tanto especial, chegamos á cidade portuguesa para embarcar rumbo ao noso destino: Roma. Para moitos era a primeira viaxe en avión, pero en realidade pasárono peor algúns veteranos. A nosa chegada á capital non foi a esperada, xa que tivemos que agardar 45 minutos polo “Gran Emilio”, o condutor que nos levaría ao hotel. Cando chegamos acomodámonos e, co noso mellor italiano, saímos en busca dalgún restaurante que estivera aberto a esas horas. Ao día seguinte a algúns pegáronselles as sabas (véxase Álvaro e Brais, os cales se perderon o marabilloso almorzo).

A nosa primeira visita foi o Foro Romano; decepcionounos, xa que non levabamos guía nin ningún tipo de explicación, tan só viamos pedras. En cambio, o Coliseo gustounos moito, a pesar de perdernos nel. Visitamos tamén o Trastevere, típico barrio romano. Quizais foi a esencia italiana deste lugar o que incitou a Andrea a crear a “Unión Onion

(cebola)”. Pola contra, Carmen decidiu fundar a “Unión Lechuga”, quedando Iago excluído. O segundo foi para moitos o seu día favorito. Comezamos co Mercado di Fiori, aquí había unha gran variedade de froitas e pasta (algunhas con formas un tanto extravagantes), máis tarde visitamos a Piazza Navona, desgraciadamente non puidemos gozar dela como nos gustaría debido a aglomeración, polo que nós desprazamos ata o Panteón. Tras saír do maxestoso edificio, un grupo de adolescentes italianos achegáronse a nós para pedirnos unha foto.

Page 35: Argalladas 2013  2014

Por outra parte, algúns compañeiros da clase sentiron envexa pola nosa preferencia cara aos italianos. Despois de degustar o noso habitual xeado, chegamos á Fontana di Trevi onde tiramos as moedas para pedir os nosos desexos, con sesión de fotos incluída. Logo camiñamos ata a Piazza di Spagna, onde sufrimos as continuas impertinencias dos vendedores ambulantes, aos que lles ensinamos a nosa xerga. Tamén estivemos a piques de ser vítimas dun roubo, pero os máis avispados da clase decatáronse das intencións do carteirista e afortunadamente non pasou nada. Mentres que algúns quedaron descansando na escalinata, un pequeno grupo decidiu pasear pola Vía Condotti, rúa na que se atopan as tendas máis luxosas da cidade, e quedaron abraiados contemplando os escaparates e os inalcazables prezos dos diferentes artigos. Regresamos á Fontana di Trevi coa intención de vela iluminada. Alí recibimos unha clase maxistral de filosofía impartida por un vendedor de pulseiras xamaicanas. Pero non todo foi perfecto neste día. A cea foi un tanto desastrosa, xa que todos acabamos estafados: pizzas cheas de pelos, coca-colas por 6 euros…. O terceiro día visitamos a Cidade do Vaticano. Alugamos unhas audioguías que en lugar de facilitarnos a información sobre as obras fixeron todo o contrario. Despois dun longo camiño cara a Capilla Sixtina, por fin puidemos observar o gran traballo de Miguel Anxo, aínda que moitos non esperaban atoparse nunha misa. Unha vez fora do museo do Vaticano diriximonos ás rúas menos turísticas para evitar repetir a

mala experiencia da noite anterior. Despois desta suculenta comida encamiñámonos cara a Piazza di San Pietro, onde algúns decidiron facer cola para visitar a Basílica. Gustounos moito, aínda que nos pareceu demasiado ostentosa. Cansados de tanto camiñar pola rúas da cidade eterna, fomos contemplar o solpor dende o Castelo di San Angelo.

“Pedro, no te preocupes que tú también eres muy guapo.”

Page 36: Argalladas 2013  2014

A pesar de estar en Italia, na nosa última cea, en lugar de degustar os típicos pratos, decantámonos por cear no hotel as “fabulosas” delicias do McDonalds. Esperabámonos moito desta última noite aínda que foi totalmente caótica. A nosa euforia molestou ao resto dos clientes do hotel, especialmente a unha inglesa que non esqueceremos. Aínda así soubemos aproveitar a noite como só nos sabemos. Aínda que tiñamos que facer as maletas para marchar, gozamos do noso día máis esperado: o día das compras. Fundimos as nosas tarxetas de crédito en pouco tempo. Moi pouco tempo. Mercamos dende os típicos “souvenirs” ata cousas tan comúns como libros e CDs. O tempo pasou máis rápido do que esperabamos, e chegou o momento que intentabamos evitar: a despedida. Cando chegamos á nosa última parada de metro, Cornelia, fomos conscientes de que todo remataba alí. Na boca desta parada vivimos uns dos momentos máis sentimentais da viaxe: un músico ambulante comezou a tocar as cancións “No woman no cry” e “Let it be”. Para a maioría, o momento máis emotivo. Esta viaxe serviunos para unirnos máis como clase e darnos conta de que, por moi diferentes que sexamos, podemos chegar a formar unha pequena familia.

Autoras: Carmen, María, Andrea, Antía, Ana, Carmela, Natalia, Noelia, Lucía, Cris, Uxía,Laura, 4ºESO

Page 37: Argalladas 2013  2014

AS PONTES - PALAS DE REI - MELIDE – SANTIAGO O pasado luns, día doce de maio, tivemos unha excursión, grazas á cal perdemos un día de clase. Esta foi a primeira saída que tivemos fóra das Pontes ( agás os que participan nos obradoiros literarios). Á excursión fomos 1º e 2ºESO do IES Castro da Uz e acompañáronnos os de 3º e 4ºESO do CPI Monte Caxado. Saímos do noso centro ás nove menos vinte, aproximadamente. O camiño de ida foi moi longo, pero entretivémonos bastante ben escoitando música, falando ou cantando. Chegamos alí e baixamos diante da casa do Concello de Palas de Rei. Despois camiñamos por unha costa e comezou o camiño de verdade. Foi un camiño longo e intenso, cheo de subidas e baixadas, poceiras de auga estancada, prados verdes de herbas, árbores xigantescas á beira do camiño e respirando aire puro da natureza. Pero non fomos sós, porque á metade do camiño comezou a seguirnos un can, ao que chamamos “Chori” e que nos acompañou ata final de etapa. Despois de tres horas camiñando, chegamos a Melide e comemos nun prado que estaba ao final do tramo do camiño de Santiago. Cando acabamos de comer subimos ao autobús e marchamos dirección a Santiago. Parou o bus no Campus Sur, baixamos e fomos andando ata o “museo”, é dicir, cara ao Instituto agrobiolóxico. Alí déronnos unha charla sobre o que iamos facer e ver. Despois dividíronnos en grupos e vimos como se trataban as bacterias, cales eran as beneficiosas para o solo, como había que miralo e as capas que o forman. Explicáronnos que hai bacterias e plantas que poden extraer substancias daniñas do solo. A reprodución dunha planta in vitro e finalmente déronnos unha charla sobre as consecuencias negativas que ten o lume para o solo. Fonte para lavar os ollos ducha nos corredores para calquera emerxencia No invernadoiro facían o seguimento das plantas que crecían en terra contaminada. Despois volvemos a onde nos deixara o autobús e regresamos á casa.

Borja López Picallo, 1ºESO

Page 38: Argalladas 2013  2014

AS PONTES - VIVEIRO – ALFOZ - MONDOÑEDO Os alumnos e alumnas de 4º e 3ºESO, grazas a Soto, realizamos unha excursión cultural a Viveiro, Alfoz e Mondoñedo. A nosa primeira parada foi o mosteiro de Valdeflores. Ao chegar tivemos que esperar un pouco a que rematara a misa para poder entrar e falar coa monxa que nos esperaba para explicarnos o día a día das irmás que viven alí, as cales pertencen á orde dominica. Fixémoslle poucas preguntas porque non nos atreviamos, pero ela contounos moitas cousas interesantes. Logo ensináronnos unha parte do mosteiro – a outras non podiamos entrar- e explicáronnos todo coa máxima perfección. O segundo lugar que visitamos foi Alfoz, onde vimos a torre de Pardo de Cela. Dende o alto puidemos contemplar a paisaxe rural de Alfoz. Máis tarde, fomos ata a Finca Galea, onde para entrar atravesamos o tronco dunha árbore que facía de porta. Alí explicáronnos que isto fora antes unha canteira e nós quedamos abraiados. Vimos as múltiples utilizacións da auga: axuda nos traballos da vida cotiá, decorativos...; árbores, flores e unha camelia que tiña séculos de vida. Tivemos tempo para percorrer a finca, ver o auditorio, a fonte que manaba dun tronco dunha árbore –explicáronnos o mecanismo- e comer, por fin.

A terceira parada foi Mondoñedo. Dirixímonos ao cemiterio vello para ver a tumba de Álvaro Cunqueiro e de Leiras Pulpeiro, pero ao lado había un parque cunha especie de bambáns nos que estivemos xogando e pasándoo moi ben.

Tumba de Leiras Pulpeiro Parque ao lado do cemiterio

Para rematar a nosa excursión fomos andando ata a “Ponte das adiviñas” –para algunhas- , coñecida como a “Ponte do Pasatempo”, onde recordamos algo de historia e literatura. Despois disto fomos ata o Seminario e paseamos polas aulas onde estudaran moitos escritores, entre eles Díaz Castro. Ao saír tivemos tempo libre ata que abrise a Catedral de Mondoñedo e poder ver o seu órgano, entre outras cousas.

Jennifer, Andrea, Sara, 3ºESO

Page 39: Argalladas 2013  2014

SOMOS MÚSICOS E GÚSTANOS A MÚSICA RANDOM O noso grupo, RANDOM, naceu principalmente para dar unha actuación no entroido do 2014 no centro. Tras esa actuación, un dos nosos guitarristas deixou de tocar con nós. Actualmente o grupo está formado por cinco compoñentes: As voces: Brais e Malena O baixista: Álvaro O batería: Víctor O guitarrista: Adrián Foi un pouco antes do noso primeiro concerto cando decidimos o noso nome. Como formar o grupo fora unha idea totalmente inesperada do profesor de música, Rubén, alguén dixo que era algo moi “random”, en galego �” ao chou”, e quedamos con ese nome. Fai pouco tempo, a nai de Brais conseguiunos unha actuación nun lugar bastante máis amplo có salón de actos do noso instituto. O venres 23 de maio actuamos na sala de festas “La Concha”, xunto cun montón de artistas diferentes, e un grupo parecido ao noso, pero que, obviamente, non se pode comparar con nós. A entrada custa 3 euros para maiores de 14 anos e 1 euro para menores. O diñeiro recadado será destinado á investigación do cancro e a unha viaxe do club de fútbol A fervenza. Tras este concerto buscaremos actuar nas festas, daremos un concerto máis longo no fin de curso, e despois xa buscaremos que facer. Pero, por agora estamos moi contentos con esta idea de grupo.

Adrián Ramos, 1ºBAC

RESURRECTION FEST Unha fin de semana ao ano, Viveiro organiza un festival de hardcore, grindcore, deathcore e estilos similares.

O “Resurrection fest” trae grupos musicais moi famosos de todo o mundo, pero tamén algunhas bandas pequenas que están empezando para darlles unha oportunidade e poder triunfar no mundo da música. O ambiente que se respira entre concerto e concerto é incrible, pero nos concertos é difícil non saír “sangrando”, sexa teu ou non o sangue. A un quilómetro do lugar onde se toca hai un cámping no que se acampa neses días e un bus que pasa cada cinco minutos e te leva dun sitio a outro por un prezo moi económico. O único malo do “Resu” é o prezo da entrada, que, no mes de maio, anda polos setenta euros. Pero vale a pena pagalos para gozar de tres días de boa música e tempo cos amigos. A parte, tamén coñeces

a un montón de xente con gustos similares aos teus.

Juan Vérez, 4ºESO

Page 40: Argalladas 2013  2014

"Barcelona, are you ready? Yeah! You are ready!" Beyoncé mostrou o seu espectáculo "The Mrs. Carter Show World Tour 2014" o pasado 24 de marzo na capital catalá. A expectación ante o único concerto da diva afroamericana en España era máxima, unha boa proba diso foi que as 18.000 entradas esgotáronse en menos de un día, das cales 16.500 voaron nas 4 primeiras horas. No Palau San Jordi, o día 24, respirábase no aire unha mestura de euforia, nervios e ata loucura por parte dos seus fans nas horas previas do show. As colas eran interminables, de feito, algunha xente aseguraba que levaba acampando no exterior do recinto dende facía días co motivo de conseguir posicionarse nas primeiras filas da pista. Despois duns interminables 20 minutos de retraso, Beyoncé saíu ao escenario acompañada pola súa habitual banda feminina, un grupo de seis bailarinas, e numerosas diapositivas e efectos especiais, que acompañaban a súa posta en escena. Interpretou durante case dúas horas as cancións máis memorables dos seus álbums, facendo entre elas, nada máis e nada menos que, 8 cambios de vestiario! O público entregouse plenamente coreando cancións como "Single ladies" ou "Crazy in love"; vivíronse momentos moi sentimentais como cando a artista, deixando claro que ademais de ser considerada unha das mulleres máis atractivas do planeta posúe unha voz envexable, fixo un tributo a Whitney Houston coa canción "I will always love you", ou ao final do concerto, no momento que cantou por sorpresa a un dos seus fans das primeiras filas o “Aniversario feliz”. O espectáculo viviuse plenamente e de diferentes formas: unha boa parte dos espectadores optaron por filmar ou sacar fotos co seu teléfono, practicamente a totalidade do concerto, supoño que coa intención de colgalo en redes sociais como instagram ou twitter; mentres que outros preferiron mirar e gozar coa súa diva en directo esquecéndose dos móbiles ou cámaras. De todas maneiras Beyoncé conseguiu non deixar indiferentes os presentes no Palau, facendo desta noite unha noite máxica.

Page 41: Argalladas 2013  2014

DEPORTES C.D. As Pontes O equipo de terceira división da nosa vila, despois de permanecer durante un longo tempo no primeiro posto da clasificación, acaban de quintos quedándose así ás portas de xogar o “play-off”. Con 73 puntos, o noso equipo empata co Pontevedra, que ocupa o 4º lugar, pero debido á diferenza de goles nos seus enfrontamentos, o Pontevedra xoga a fase de ascenso xunto ao inesperado 1º clasificado UD Somozas, o CCD Cerceda e o Boiro. O club de fútbol As Pontes enfrontouse na última xornada ao Bertamiráns, gañando 2-3, pero ademais de necesitar esta vitoria, dependía dos resultados dos 4 primeiros equipos, os cales non nos axudaron xa que todos sacaron puntos nestes enfrontamentos.

Equipo:

O ESTEO O equipo pontés de fútbol sala conseguiu a permanencia na penúltima xornada da 2ª división B. Terminou con 27 puntos. Tras o seu ascenso o ano pasado a esta división realizou unha boa temporada e soubo superar os contratempos, como as lesións de Bolli, Gerardo, Héctor e Rubio. Agora imos falar das categorías base: Os xuvenís obtiveron uns resultados pésimos e, como consecuencia, terminaron penúltimos. Pola contra, os cadetes finalizaron cuartos, pero tiveron algo de mala sorte porque empataron partidos contra os equipos de abaixo, mentres que gañaron aos mellor situados na táboa. Agora están disputando a copa e empataron o primeiro partido contra o Vilalba, e perderon o segundo. Están en semifinais e esperemos que cheguen á final.

Page 42: Argalladas 2013  2014

Equipo:

Laura, Uxía, Natalia e Pedro, 4ºESO

MARATÓN DE FÚTBOL SALA ABRENTE O maratón de fútbol escolar foi disputado o pasado 26 e 27 de abril. Participaron alumnos e alumnas de todos os centros das Pontes, entre eles, cinco equipos do noso centro. O equipo infantil de 1º da ESO quedou no 3º lugar, os pobres non tiveron moita sorte na súa primeira experiencia representando as cores do noso instituto. Os cadetes gañaron o maratón, con resultados moi positivos que ninguén esperaba. Os xuvenís enfrontáronse a equipos con moito nivel, aos que lles deron máis traballo do previsto, e situáronse no 3º posto. Por último, os nosos equipos femininos conseguiron o 1º e o 2º lugar despois de chegar ás semifinais e enfrontarse na final. A parte dos cinco trofeos que recibiu o noso instituto, Abrente agasallounos cuns vales de desconto en tendas deportivas da vila e unhas toallas.

Os dous equipos femininos no seu enfrontamento O equipo feminino vencedor.

Carla Barro,Natalia Fraga, Carmela Da Silva e Uxía Paz 4º ESO

Page 43: Argalladas 2013  2014

PASAPALABRA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Como todos e todas sabemos, o Día das Letras Galegas do 2014 dedicóuselle a este poeta. O alumnado de 1ºBAC realizamos varios “`Pasapalabra” sobre a súa figura e obra. Achegámosvos un para que amosedes os vosos coñecementos sobre o poeta. Comezade e, xa sabedes, se non coñecedes a resposta... achegámosvolas nós. Comeza polo A: Título dun poema de Nimbos que fai referencia a dúas letras do alfabeto grego. Comeza por B: Apelido dun dos moitos pintores cuxas obras se viron motivadas polos poemas de Díaz Castro. Comeza por C: Oficio do padriño de Xosé María Díaz Castro. Contén o D: Localidade galega na que o autor leva a cabo a súa formación eclesiástica. Comeza por E: Título da cuarta sección dos poemas de Nimbos Comeza por F: Título dun dos poemas que o autor publicou no xornal La noche. Comeza por G: Editorial que publica en 1961 o poemario Nimbos Comeza por H: Elemento da natureza a quen Díaz Castro lle dedica o poema “Esmeralda” Contén o I: Título do poema que comeza “ Polos día do Carmio A festa chega ó río”. Comeza por L: Palabra que o autor usa para facer referencia ao resplandor intenso e momentáneo producido polo raio. Comeza por M: Nome da única irmá do poeta Comeza por N: Texto poético co que gañou os Xogos Florais de Betanzos en 1946. Contén o Ñ: Nome dun dos fillos varóns do autor. Contén o O: Nome do autor de Señardá e compañeiro no Seminario que influíu en Díaz Castro. Comeza por P: Título dun dos poemas máis coñecidos do autor que reflicte a situación de Galicia. Comeza por Q: Palabra que usa o autor para facer referencia á crin do cabalo. Contén o R: Mes no que morre o autor. Comeza por S: Número de seccións nas que se divide Nimbos. Comeza por T: Sempre estivo presente nos seus poemas e marcou a súa poesía. Esta palabra comeza o seguinte verso: “ .... sucada, poema”

Page 44: Argalladas 2013  2014

“ESMERALDA” Herba perquerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿ por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sen ti?.

Contén o U: Nome que autor usa para denominar unha árbore de casca prateada, folla caduca e pequena, de madeira branca e branda usada para facer as zocas antigamente. Comeza polo V: Aldea berce do autor. Contén o X: Adxectivo que o autor usa para facer referencia a un estado de susto, asombro. Contén o Z: Primeiro apelido da muller do autor.

Carmen Polo, 1ºBAC E para rematar deixámosvos con tres poemas que formarán parte do recital poético- musical que o alumnado está preparando. “NIMBOS” Se é que o poema é só un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles ás cousas soñadas, ou amadas nas teebras, das cousas que xa foron e se foron pro siguen sendo e non se van xa máis, das sombras que, xogando cos meus ollos, na miña vida en lume se enxeriron, eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo, morto xove, dalgún soño. “PENÉLOPE” Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

SOLUCIÓNS: A: “Alfa e Omega”B: Baamonde, Eduardo.C: Canteiro D: Mondoñedo E: Espranza F: “Fermento”G: Galaxia H: herba I: “Vísperas” L: Lóstrobo M: María N: “Nascida d´un sono”Ñ: ÍñigoO: Aquilino Iglesia Alvariño P: PenélopeQ: quina R: outubro S: sete T: Terra U: búdio V: Vilariño dos Cregos X: AxotadoZ: Zubizarreta

Page 45: Argalladas 2013  2014

PON A PROBA A TÚA PRONUNCIA GALEGA Se consideras que dominas a túa lingua, pronuncia os exemplos que ideamos os alumnos e alumnas de 1ºESO e identifica os erros que cometemos á mantenta. - A pola non está na póla. - O meu pé ten a letra pe. - Cómpre que compre unha bola para volverme unha bóla - No caixón hai nó que terás que desfacer. - A palabra té contén a letra te. - As vacas non teñen ás. - Esa persoa que vive na Terra Chá, non cha deixa. - A caixa que estaba fóra, fora do teu pai. - Isto e de Manuela é dos seus alumnos. - A á do paxaro está desplumada . - Manolo dá moitos caramelos aos nenos da igrexa. - Xoán ten dó do neno aquel. - El é simpático e moi presumido. - Coa présa que tiña deixei presa a luz da miña habitación. - Cómpre que compre unha bóla para xogar e unha bola para comer, é urxente. - É mester que compre roupa e comida. - Nós nos facemos pulseiras. - Vós non vos facedes pulseiras. - Os ósos teñen osos. - Hai un nó no cordón. - El fora fóra. - Ti non ves o que vén por aí. - El toca o do con dó. - El comprou máis, mais non facía falta. - Ela fora fóra por pór o niño. - O veciño da casa de enfronte dá a lata todo o día. - Ás profesoras teñen paxaros con as. - O libro está só, so a mesa. - A bola ten unha bóla dentro. - O paxaro estendeu as ás. - Nós compramos unha bola nos supermercados. - Fun mercar unhas bolas de pan e aproveitei para ir xogar cos meus amigos un pouco ás bólas - Fun á casa do meu avó a Ortigueira. - O arrandeadoiro ten un no nó cordón. - Cando fora ao zoo había moitos animais nas gaiolas e fóra tamén. - Este ano había moitos máis nenos, mais creo que non chegaron para facer un equipo. - Fun por aí e tiven que pór o abrigo porque ía frío. - Vimos un oso pardo no monte, tan grande que podería arrincarnos un óso. - Se non chegas ata a sé non poderás falar con el. - Ela vén cos que ven ben. - Ela era má por iso non ma deu. - Non vos deixo ir se vós non estudades. Se atopaches catro erros, os segredos do acento diacrítico galego coñécelos. Se non os atopaches, volve comezar.

Manuel Alén, Fran Castro e Borja Pita

Page 46: Argalladas 2013  2014

APRENDE XOGANDO CON NÓS 1.- Atopa 6 palabras preceltas e celtas. 2.- Atopa 10 palabras preindoeuropeas.

3.- Busca 8 palabras xermanas. 4.- Busca 7 palabras árabes

Andrea, Sara, Aroa, Sarai, Andrea B., Lidia, Lois, Felipe, Jorge, Álvaro, Silvia e Leticia ( 1º ESO) dámosvos as solucións.

Page 47: Argalladas 2013  2014

PASA O TEMPO CON NÓS E DIVÍRTETE UN POUCO - Quen chama? - Están facendo unha recolección para facer unha piscina. ¿Que lles dou? - Dálles un caldeiro con auga. ............... - Ti cres que dá mala sorte casar en martes e trece? - Non, eu creo que é peor casar en xoves quince. - Por que? - Porque foi cando casei eu. ..................... - Sabes? Tes os dentes coma perlas. - Brancos e brillantes? - Non, escasos ............................... - Teño 80 anos e non consigo deixar o vicio de morder as uñas. - A min esa manía quitouma fai catro meses a miña muller. ¡¡ Escondeume a dentadura!!! ..................................... Na súa viaxe a Nova York, Manolo comprou unha televisión para levar a súa familia.

- Non hai televisión no seu país? - Si, pero os programas de aquí gústanme moito máis.

.............................. Un amigo fala con outro: -Comprei un reloj. O outro pregunta: - ¿Que marca? - A hora. Laura, Miriam e Daniel, 3ºESO Frases de Yago Otero: Yago non pide muletas no hospital, Iago pide mulatas. Yago sabe quen escribiu o Lazarillo de Tormes. Yago encontrou o carro do Manolo Escobar. Yago terminou La historia interminable. Yago pintou de negro a Casa Branca Yago provoca as eclipses Yago alisoulle o pelo á Duquesa de Alba Yago perdeu un imperdible. Yago non se esconde na noite, a noite escóndese en Yago Yago, Andrés e colaboradores de 1ºESOB Cousas que pasan en 1ºESO Isto ocorreu un luns. Estabamos en clase de sociais e o profesor empezounos a explicar un novo tema, que trataba dos gregos. Preguntounos se coñeciamos a algún deus. Un compañeiro da clase respondeu que el coñecía a Zeus. O profesor preguntou de que o coñecía e el respondeu que o coñecía de vista. Toda a clase comezou a rir, incluso o profesor. Isto comezou na primeira avaliación cando a profesora de galego comezou a dar as notas do exame. Empezou a nomearnos, e todos os da clase estabamos moi nerviosos,pois había bastantes suspensos. Cando dixo a nota dun compañeiro, como estaba tan inquieto, a profesora díxolle: CINCO. E a súa reacción foi: GRACIÑAS, HOOOOOOOOOOOOOO! Sara Criado, 1ºESO

(Autora da ilustración, Aroa Fernández, 1ºESO)

Page 48: Argalladas 2013  2014

RESPONDE AS ADIVIÑAS DE: 1.- Andrea Montero Estou no campo son verde e alta e, ás veces, lévanme ás casas para adornarme e estar ben bonita nas festas de Nadal. ¿Que árbore son? 2.- Fran Castro Podo caducar, aínda que son un vexetal tamén son unha cidade, en concreto, unha localidade. Os deuses coñécenme e eu ámoos sen igual. ¿Quen son? 3.- Leticia Carballeira De que árbore estamos a falar se del saen as infusións; o seu nome é parecido ao dun rei, as súas flores son amarelas e as súas follas teñen forma de corazón? ¿Adiviña quen é? 4.- Manuel Alén Adiviña adiviñanza. O meu froito cómese no magosto e eu son grande e fermoso. 5.- Sara Cerezuela Esta árbore ten moitos froitos verdes ou marróns, e nas ramas moitas follas. É unha árbore moi grande e con follas de pequeno talle. As chapas das guitarras desta árbore saen. Ela di que son fiel ou iso é o que di o papel. ¿Quen é? 6.- Hernán Álvarez Non paso desapercibido e orgulloso estou, porque adorno parques e xardíns. Douche a última pista. Abrigo podo dar á cebra e ao dromedario. Se as primeiras sílabas colles o meu nome terás.

7- Silvia Balseiro Cerca dos ríos medro, o meu froito cae en forma de pinga, recóllelo no outono e consérvase moito tempo grazas á súa casca amarela. ¿Dime quen son? 8.- Antonio Fraguío Son unha árbore de folla caduca. teño unha coda redondeada e son moi alta. O meu nome rima con queixo e adoito estar en España ou África. ¿Que son? 9.- Lois Pita É unha árbore verde e bonita, que te axuda a tranquilizar. O seu nome rima con limoeiro. Pensa un pouquiño e acertarás. 10.- Daniel González Teño folla caduca e son un arbusto. O meu nome rima con matogueira, se comezas por AB- pronto me descubrirás. 11.- Aroa Fernández Son unha árbore grande con follas verdes, amarelas, que van cambiando de cor. Visto pantalón marrón e vivo nunha pradaría á que lle poño cor. Xa case cho dixen, ¿que árbore son? 12.- Yago Otero Son unha árbore moi salgada e fácil de adiviñar, pois dentro do meu nome teño as cinco vogais. 13.- Jorge Puentes Follas verdes, follas brancas... Se me tomas en infusión Virache a calma.

Page 49: Argalladas 2013  2014

14.- Álvaro Seoane O tronco curto teño, un pobre arbusto son. Non son grande, pero asusto e abella non son. Se queres saber o meu nome

vémonos na eira logo de que xuntes dúas palabras enteiras.

Agora descobre o que se agocha detrás destes textos 1.- É unha arma de matar fascinante que se leva fabricando dende a antiga idade dos metais. Esta arma ten varias formas singulares e nomes estraños debido ao lugar e a época antiga onde se fabricaran. Por exemplo as armas finas dos aristócratas franceses ou as singulares e mortíferas xaponesas.

Borja López 2- É un invento xenial e estupendo que serve para amplificar a sonora música pegadiza. Este invento fantástico supuxo un gran avance para os concertos e outros espectáculos musicais e non musicais. Ten varias formas e cores coma o negro, marrón, vermello...

Borja López 3.- É un obxecto pequeno, bonito, brillante, rechamante e valioso que non se dá atopado, pois é moi escaso e tarda millóns de anos en formarse. Atópase nalgunhas minas dalgúns países orientais debido a que o material co que se forma é máis abundante nesas zonas. Debido a todos estes factores é un material moi caro e fermoso.

Lois Pita 4.- Son grandes, están nas habitacións e teñen mantas, sabas, edredóns e almofadas. Méteste nela pola noite e podes ler e escoitar música nelas. Estás quentiño e cando espertas é como se sentises un abrazo que che impide saír dela. É algo máis grande ca ti e o seu nome só cambia un fonema de casa.

Daniel González 5.- Sen esta substancia nós, a raza humana, xunto coa maioría dos outros seres vivos morreriamos, xa que nin sequera habería auga. É o segundo gas máis abundante da atmosfera. Grazas a el prodúcese a oxidación. Expúlsano as plantas ao absorber CO2. Sen el tampouco habería lume. Está no aire e non se pode ver.

Felipe Navó 6.- É un obxecto rectangular e gordo. Contén información interesante sobre distintos conceptos. É moi útil para buscar palabras descoñecidas para ti. Tamén ten apartados para os verbos difíciles e fáciles. A súa letra é pequena.

Jorge Puentes 7.- Aberta ou pechada, dura e resistente, infinita, alta ou baixa, grande ou pequena lévache a calquera lugar e detrás dela está todo.

Álvaro Seoane 8.- Ruidoso e pequeno, complexo ou simple, caro ou barato, tecnolóxico ou caseiro. Con moitas posibilidades: vocais, musicais, antigas ou actuais. Pode coller ondas e retransmitilas. Parece que ten persoas dentro e serve para moitas cousas: escoitar música, partidos, noticias interesantes e outras cousas útiles.

Álvaro Seoane

SOLUCIÓNS: Adiviñas: 1- Abeto. 2- álamo. 3- tileiro.4- castiñeiro. 5-ciprés. 6- cedro. 7- bidueira. 8- freixo. 9- salgueiro. 10- abeleira. 11- pradairo. 12- salgueiro. 13- tileiro. 14- abeleira. Textos: a espada. Altofalante. Diamante. Cama. Osíxeno. Dicionário. Porta. Radio.

Page 50: Argalladas 2013  2014

RESOLVE O SUDOKU DE BRAIS SOBRIDO e ANDREA MONTERO

Traslada todas as pezas do cadro inferior ao superior para formar un único tubo que teña só unha entrada e unha saída.

SOLUCIÓNS

Page 51: Argalladas 2013  2014

O 2013 FORTALECE A MEMORIA E ASÍ O RECORDAMOS LETICIA, BORJA e YADAI, 1ºESO Estes foron os recordos do 2013, mes a mes, para Borja XANEIRO: pasei todos os días, ata empezar as clases, co meu pai. FEBREIRO: dinlle unha sorpresa moi grande ao meu padriño no seu cumpre “14”. MARZO: chegoume unha carta da miña tía dende Francia dicindo que a operación do seu marido fora perfecta. ABRIL: presenteime a un “ casting” un venres para unha rodaxe dunha peli. MAIO: no festival vocacional caeume a cámara de fotos polo váter. XUÑO: fun de vacacións a Miño coas miñas irmás Delmar, Araceli, Noelia, e cos meus sobriños Xaluki e Soleil. AGOSTO: recibín unha mensaxe polo facebook de meu pai. ¡ ía vir vivir a Galicia! SETEMBRO: empecei o instituto e coñecín a moitos profes. OUTUBRO: ocorréuseme facer un traballo sobre a historia das Pontes. NOVEMBRO: recibín a mala noticia de que unha amiga miña, chamada Sara, ía vivir a Cedeira. DECEMBRO: convertinme oficialmente no patrocinador da miña madriña; e, como di o meu compañeiro Jorge, “pasaron moitas cousas”. Estes para Leticia XANEIRO: o día 3 felicitei a Andrea polo seu aniversario. Viñeron os Reis Magos e trouxéronme unha consola nova, porque a que tiña xa ía vella, tería uns cinco anos. O día 30 celebrei o aniversario da miña irmá e regaleille uns pendentes que lle encantaron. FEBREIRO: no colexio disfrazámonos de pintores e a vestimenta estaba feita por nós. Ao ser o último ano, encargámonos de facer o boneco de entroido, no que metemos moitos petardos e chamámolo, Paleto. Nas comparsas do entroido, a miña nai disfrazouse de torta e levou o segundo premio en adultos, e miña irmá tamén se vestiu de galletiña de “jengibre” coas súas amigas e levaron o segundo premio en grupos. MARZO: o 19 celebrei o meu aniversario, e o día do meu pai. Este mes tiven moitos aniversarios, como o de Silvia, miña nai, o meu padriño e outros amigos. Fomos de excursión co colexio a Manzaneda, onde o pasei moi ben coa neve, indo á discoteca e realizando outras actividades. ABRIL: un fin de semana viaxei a Asturias para visitar a miña familia e pasear a unha cadeliña, chamada, Xana. Fun a unha festa,na que hai moitos pinchos e bébese moita sidra debaixo dun hórreo, chámanlle espicha. Antes de marchar, xoguei cun amigo que tiña na vila e divertímonos moito. MAIO: fun ao aniversario de Fran e Alexia. Paseino moi ben, xa que xogamos ás escondidas, á parede e ao fútbol. No colexio celebramos o día das letras galegas na nova biblioteca reinaugurada había pouco. XUÑO: na aldea celebramos o aniversario da filla pequena da miña madriña, ao que asistiron os seus compañeiros e a súa primiña de dous anos, da que coidei case todo o tempo. Acabouse o colexio, deixando a etapa de primaria. Empezaron as vacacións de verán e o bo tempo. XULLO: volvín a Asturias coas fillas da miña madriña para que a coñecesen. Eu puiden ver a miña amiga de Inglaterra, que viña pasar o verán coa súa avoa. Cos pais da nena fomos ao

Page 52: Argalladas 2013  2014

acuario de Gijón, onde pasamos unha tarde moi divertida coñecendo novas especies de animais acuáticos. AGOSTO: foron as festas da aldea, nas que gocei moito, xa que na sesión vermú vin a uns primos do meu pai que viñan de Francia, tomei algo de beber coa miña irmá e xoguei cos meus amigos. A orquestra rematara e chegara a hora de volver para a casa comer, xa que pola noite seguía a troula e ao día seguinte tamén. SETEMBRO: Remataron as vacacións de verán e tocaba volver ao traballo, xa que comezaba 1ºESO e estaba un pouco nerviosa por saber como ía ser. Empezou o instituto e adapteime bastante ben, tocaba coñecer os profesores e a súa forma de traballar. Coñecín novos amigos e o curso lévoo ben. OUTUBRO: Non foi un bo mes para min, xa que miña nai foi a Asturias buscar unhas probas e non tivo autobús ata o día seguinte pola tarde. Era domingo, estabamos durmindo e meu pai espertou a miña irmá dicíndolle que lle doía moito o peito, entón, foron rapidamente para o ambulatorio e de alí xa o mandaron a Ferrol, onde lle dixeron que lle dera un infarto e tivo que quedar alí na residencia. NOVEMBRO: meu pai volveu a casa, despois de pasar quince días na residencia. Vin como era o magosto no instituto e comín algunha castaña. Silvia e eu fixemos a nosa primeira entrevista en Radio Ras. DECEMBRO: a penúltima semana do colexio tiven a varicela, pero nuns días xa estaba ben e puiden apuntarme ao maratón de cine, que foi bastante divertido. Na aldea mataron os cochos, partimos a carne e fixemos chourizos, salchichóns e roxóns. Pasei a Noiteboa na aldea e veu Papa Noel, que me trouxo roupa e un xogo da Wii. En fin de ano axudei a miña irmá a facer a cea, porque mina nai traballaba e ás once, cando chegou, puxémonos a cear e a media noite comemos as uvas e a miña irmá saíu de troula. E estes para Yadai XANEIRO: participei na cabalgata de Reis disfrazado de paxe. FEBREIRO: fun disfrazado de home lobo á comparsa de entroido e gañei xunto coa miña familia un premio. MARZO: foi o aniversario da miña irmá, Vena. Cumpriu catro anos. ABRIL: a mina nai encontrou traballo. MAIO: a miña alergóloga díxome que xa non me tiña que vacinar máis da alerxia, porque xa estaba inmunizado. XUÑO: acabei de cursar 6º de primaria no colexio A Fraga e aprobei todo. XULLO: chegou a miña prima de Asturias e pasou na miña casa un mes. AGOSTO: visitei a casa nova do meu avó por primeira vez en San Cristóbal do Couzadoiro. SETEMBRO: empecei a ir a clase no IES Castro da Uz. OUTUBRO: celebrei o meu aniversario cunha festa de Halloween, porque cadra o mesmo día. NOVEMBRO:comecei a adestrar no club de fútbol, O Esteo. DECEMBRO: Papa Noel tróuxome a consola PS Vita que pedira. Por se nunca fixestes este exercicio de memoria, nós recomendámosvolo. Non pensedes que é moi doado lembrarse do que pasou en cada mes do ano, pero se vos esforzades seguro que o conseguides e teredes recordos bos ou malos, pero o importante é recordalos.

Page 53: Argalladas 2013  2014
Page 54: Argalladas 2013  2014