aos pés das letras · ocorreu na vida.pero isto é algo que nos pasa a todos. somos o que nos...

8
A obra dos escritores non pode afastarse do tempo e o espazo nos que foi creada. Se somos capaces de ver que non hai ningunha diferenza entre o que o escritor imaxina e o que lle acontece fisicamente no mundo, comprenderemos que aquilo que expresou sobre o pa- pel non é máis que unha tradución literaria do que lle ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce- de, non existe diferenza entre a nosa concien- cia e o que nos ocorre, aínda que o pensamen- to nos faga crer que son cousas separadas. En Dublín festexan dende hai décadas o Blooms- day,que é o día marca- do na novela Ulises de James Joyce, durante o cal os participantes completan na capital ir- landesa o mesmo itine- rario que ao longo dun día realiza Leopold Bloom, o protagonista da novela. Din que entre Irlanda e Galicia hai moitas semellanzas e debe ser certo, por- que ao igual que Ulises de Joyce, A esmorga de Eduar- do Blanco Amor está entre as grandes novelas do sécu- lo XX, e tamén na nosa terra somos moitos os que nos temos achegado ata a cidade de Ourense para cubrir o mesmo percorrido que os tres protagonistas de A es- morga fan ao longo das 24 horas nas que transcorre a historia. Coa mesma perspectiva de unir a vida e a obra dos nosos escritores, o Consello da Cultura Galega iniciou hai uns anos o seu proxecto de Roteiros Culturais.O úl- timo dos percorridos presentouse o ano pasado,coinci- dindo coa celebración dos 200º aniversario do nace- mento de Xoán Manuel Pintos no barrio do Burgo,en Pontevedra.Ademais de abordar a vida do autor de A gaita galega, este roteiro recupera personaxes históri- cos de Pontevedra mencionados por Pintos na súa obra e pretende amosar os decisivos acontecementos políticos e sociais que tiveron lugar na cidade durante o século XIX. Con este xa son dez os roteiros que pode- mos percorrer: Cunqueiro é o noso guía por Vigo e as Terras de Miranda;con Otero Pedraio visitamos o rural ourensán,con Castelao o Barbanza e a cidade de Pon- tevedra; Uxío Novoneira ilumina as corredoiras na no- sa visita ao Courel e Rosalía de Castro condúcenos po- lo roteiro entre Padrón e Santiago. Son moitas as vilas e cidades galegas que na actuali- dade nos invitan a percorrer os seus roteiros culturais, case sempre relacionados co patrimonio artístico. Pero ata que as pedras teñan a facultade de falar, a mellor forma de achegarse ás rúas das no- sas vilas é da man dos escritores que vivi- ron nelas. Lembro ben que a primeira vez que visitei Lisboa tiña moi presentes os versos de Fernando Pessoa,así co- mo as páxinas malditas do seu Livro do desassosego. A miña relación con París tería sido diferente se non lese previamente a Marcel Proust. E acaso fo- mos a Tréveris para facerlle fotos á famo- sa Porta Nigra? Non,estabamos alí para vi- sitar a casa natal de Karl Marx. Certamente, non existe mellor guía para percorrer Compostela que Rosalía de Castro,pero para ir cos tempos, un tamén pode meter na mochila algunha no- vela de Suso de Toro.Gústame verVigo a través dos len- tes de Álvaro Cunqueiro,pero tamén me perdo con gusto no Vigo d´ Unha historia que non vou contar,obra de Cid Cabido, quen por certo escribiu hai uns anos una novela titulada Blúmsdei . Un pode pasear polas rúas e espazos de A esmorga, pero logo tamén pode deixarse guiar a través do Ourense que Diego Ameixei- ras retrata en Dime algo sucio.Faise amena a compaña de Curros Enriquez por A Coruña, pero calquera sabe que o cicerone que mellor coñece a cidade é Manuel Rivas.Así é como descubrimos a importancia de visitar as vilas e cidades dos nosos escritores, pero non esque- zamos que o máis importante é seguir lendo as súas obras. Coordina: Xosé Ramón Pena Nº 403 XOVES, 22 DE MARZO DE 2012 ARTE: “TRAXECTORIAS PARELELASEN NOVACAIXA / PÁX. III ENTREVISTA CO ESCRITOR XERARDO QUINTÁ / PÁX.V MÚSICA:LEONARD COHEN, “OLD IDEAS/ PÁX. VIII Aos pés das letras Polos roteiros culturais CARLOS FREIRE

Upload: others

Post on 16-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

A obra dos escritores non pode afastarse do tempo eo espazo nos que foi creada. Se somos capaces de verque non hai ningunha diferenza entre o que o escritorimaxina e o que lle acontece fisicamente no mundo,comprenderemos que aquilo que expresou sobre o pa-pel non é máis que unha tradución literaria do que lleocorreu na vida. Pero isto é algo que nos pasa a todos.Somos o que nos suce-de, non existe diferenzaentre a nosa concien-cia e o que nos ocorre,aínda que o pensamen-to nos faga crer que soncousas separadas. EnDublín festexan dendehai décadas o Blooms-day, que é o día marca-do na novela Ulises deJames Joyce, durante ocal os participantescompletan na capital ir-landesa o mesmo itine-rario que ao longo dundía realiza LeopoldBloom, o protagonista da novela. Din que entre Irlandae Galicia hai moitas semellanzas e debe ser certo, por-que ao igual que Ulises de Joyce, A esmorga de Eduar-do Blanco Amor está entre as grandes novelas do sécu-lo XX, e tamén na nosa terra somos moitos os que nostemos achegado ata a cidade de Ourense para cubrir omesmo percorrido que os tres protagonistas de A es-morga fan ao longo das 24 horas nas que transcorre ahistoria.

Coa mesma perspectiva de unir a vida e a obra dosnosos escritores, o Consello da Cultura Galega iniciouhai uns anos o seu proxecto de Roteiros Culturais.O úl-timo dos percorridos presentouse o ano pasado,coinci-dindo coa celebración dos 200º aniversario do nace-mento de Xoán Manuel Pintos no barrio do Burgo, enPontevedra. Ademais de abordar a vida do autor de Agaita galega, este roteiro recupera personaxes históri-cos de Pontevedra mencionados por Pintos na súaobra e pretende amosar os decisivos acontecementospolíticos e sociais que tiveron lugar na cidade duranteo século XIX. Con este xa son dez os roteiros que pode-mos percorrer: Cunqueiro é o noso guía por Vigo e asTerras de Miranda; con Otero Pedraio visitamos o ruralourensán, con Castelao o Barbanza e a cidade de Pon-tevedra; Uxío Novoneira ilumina as corredoiras na no-sa visita ao Courel e Rosalía de Castro condúcenos po-lo roteiro entre Padrón e Santiago.

Son moitas as vilas e cidades galegas que na actuali-dade nos invitan a percorrer os seus roteiros culturais,case sempre relacionados co patrimonio artístico.Pero ata que as pedras teñan a facultade de falar,a mellor forma de achegarse ás rúas das no-sas vilas é da man dos escritores que vivi-ron nelas. Lembro ben que a primeiravez que visitei Lisboa tiña moi presentesos versos de Fernando Pessoa, así co-mo as páxinas malditas do seu Livrodo desassosego. A miña relación conParís tería sido diferente se non lesepreviamente a Marcel Proust. E acaso fo-mos a Tréveris para facerlle fotos á famo-sa Porta Nigra? Non, estabamos alí para vi-sitar a casa natal de Karl Marx.

Certamente, non existe mellor guía para percorrerCompostela que Rosalía de Castro, pero para ir costempos, un tamén pode meter na mochila algunha no-

vela de Suso de Toro.Gústame ver Vigo a través dos len-tes de Álvaro Cunqueiro, pero tamén me perdo congusto no Vigo d´ Unha historia que non vou contar,obrade Cid Cabido, quen por certo escribiu hai uns anosuna novela titulada Blúmsdei. Un pode pasear polasrúas e espazos de A esmorga, pero logo tamén podedeixarse guiar a través do Ourense que Diego Ameixei-

ras retrata en Dime algo sucio. Faise amena a compañade Curros Enriquez por A Coruña, pero calquera sabeque o cicerone que mellor coñece a cidade é ManuelRivas.Así é como descubrimos a importancia de visitaras vilas e cidades dos nosos escritores,pero non esque-zamos que o máis importante é seguir lendo as súasobras.

Coordina: Xosé Ramón PenaNº 403 n XOVES, 22 DE MARZO DE 2012

ARTE: “TRAXECTORIASPARELELAS” EN NOVACAIXA /PÁX. III

ENTREVISTA CO ESCRITORXERARDO QUINTÁ /PÁX. V

MÚSICA: LEONARD COHEN,“OLD IDEAS” /PÁX. VIII

Aos pésdas letras

Polos roteiros culturaisCARLOS FREIRE

Page 2: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

Ata a chegada da Rede,execeptuando aqueloutrasformas de tradición oral, aexpresión literaria adoitabaestar vinculada á impre-sión en papel.Un texto exis-te a partir de estar plasma-do en letra impresa e can-do non foi así,cando tiña acondición de inédito (é di-cir, non editado), apenasposuía valía de tratarse daobra dun autor coñecido.

A xa coñecida imaxe doescritor na procura duneditor que arriscase unscartos para publicar unhaobra quedou –e, por sorte,aínda queda– compensadapola posibilidade de con-cursar nun premio literario.Pero, malia as advertenciasde non gastar papel, se-guen a esixir aí a presenta-ción das obras en dobre es-pazo e por cuatri,quintu ousextuplicado, como se osautores tivesen que pagarunha peaxe previa nestestempos nosos de ediciónen disco compacto e noinalterable formato porta-ble (pdf).

Hoxe, porén, calquerapode escribir e ser lido. Epode escribir literaturae de literatura. Osblogs literarios son fei-tos por autores consa-grados, por autoresque comezan, por lecto-res teimosos ou, simple-mente, curiosos. Os primei-ros –xa que logo,os que pa-decen de grafomanía– ne-cesitan tirar de si canto selles ocorre ao fío da histo-ria cotiá, sexa literaria, cul-tural, social, deportiva oupolítica. Cando un escritorescribe nun blog, xa está afacer literatura, en tanto encanto se lle supón o oficio.Unha prevención non de-saconsellable –que podevaler para todo blog– é nonesquecer a dose de vaida-de ou narcisismo que po-den ter.

Os novos poden empre-gar,xustamente,o blog parademostrar a súa capacida-de para acadar ese oficio enon hai mellor escola deescritura que escribir deco-te, co engadido da interac-ción cos lectores e inter-nautas seareiros dos blogs.Pequenos relatos, poesías,reflexións, observacións,vínculos, lecturas feitas, po-den ser obxecto de literatu-rización se o emprego doidioma é correcto e rico.

Onde quizais o internau-ta deberá ter desperto oseu espírito crítico iso écando accedemos aosblogs dos lectores, teimo-sos ou curiosos. As opi-nións expresadas verbodas lecturas feitas arrastrano risco de frecuentar luga-res comúns; de amosar un-has opinións superficiaissobre libros superficiais; is-

to vale igual para os blogsdoutras disciplinas:música,cine, plástica), a to é, á ma-neira de descubrimentosdas sopas de allo encadea-das. Ninguén naceu apren-dido,pero descubrir a estasalturas Cien años de sole-dad ou o Canon de Pachel-bel é facer de Colón cincoséculos despois, mais nonpor iso imos negarlle esedereito a ninguén.

Pero, como en todo, osque sobreviven son os inte-lixentes.Aqueles que sabentrascender a epiderme daestrita letra impresa e rela-

cionala con feitos,actitudes, senti-

mentos ou ou-tras obras de

c r e a c i ó n ,non nece-

s a r i a -mente

literarias; aque-les autores

c a p a -ces,des-de o

a p a -r e n t e

a n o n i -mato, de

dar boasorientacións

ou reflexións ao fío do co-tián, que ás veces os críti-cos non dan se permane-cen nos seus esquemas tra-dicionais.

A grande virtude dosblogs é a interacción cosseus lectores e a Rede caraa diversos obxectivos quepropoñen –e se falamos deblogs literarios, cara a li-bros,críticas e recensións.

Quen teña a ousadía deaparecer na Rede, ten queaceptar as regras do xogo,entre as cales pode estar adiscrepancia por parte doslectores cara ás opiniónsverquidas polo autor /mantedor blogueiro. Peroesta convención quedaplenamente xustificadacoa relación cos lectores e,por parte destes, co accesoá actualidade vista e anali-sada por un autor –consa-grado ou non– polo quesenten admiración ou afec-to.Os blogs son,dalgún xei-to, as luceciñas que cadaquen pon nunha ruta paraque outros poidan seguila.

A existencia de Internet é unha ferramenta para as linguas minorita-rias e minorizadas. Por cinguir o co-mentario a Galiza, a presenza de blogs literarios está consolidada, ata o punto que a AELG xa es-tableceu un premio para re-compensar o esforzo de escri-bir de/ou desde a literatura na Rede. Segundo publica o web desta asociación, os finalistas de 2011 son Miro Villar (As crebas), Ramón Nicolás (Caderno da críti-ca) e Armando Requeixo (Critica-lia). Os tres na plataforma Blogaliza.

Naturalmente, hai máis blogs, al-gúns xa con moita veteranía, como o Cabaret Voltaire, que mantén Jau-reguizar desde outubro de 2005. Textos breves, normalmente inteli-

xentes, e fotos ben procuradas. O blog de Jaureguizar é un blog lim-po, ben artellado, que gostará ou non, pero que non abafa.

Suso de Toro tiña o seu ata xuño

de 2010, cando pechou (ou, como dicía el, non o actualizou máis). Blog (aloxado en Blogaliza) que combinaba reflexións en castelán con aportacións nos medios en ga-

lego. De xeito semellante o aínda vixente de Manuel Ri-vas, no seu sitio web, redacta-do en castelán. Supoño que os deberes cara aos seareiros

teñen estas servidumes.E, finalmen-te, o de Xavier Alcalá, exemplo de blog narcisista, artellado con fotos de seu e coas colaboracións que publica polo país adiante.

De noso

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012 INTERNET/LITERATURAIIBlogaliza, plataforma blogueira na

nosa lingua. // FOTO: ELI REGUEIRA

Rede e literaturaOs blogs, fiestras ao mundo

JOAQUIM VENTURA

Page 3: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

A colaboración entre No-vacaixagalicia e a Fun-dação Arpad Szenes–Vieirada Silva de Lisboa permiteao público galegoachegarse á obrada pintora portu-guesa Maria HelenaVieira da Silva(1908–1928) e doseu marido,o artistahúngaro Arpad Sze-nes (1897–1985).Atraxectoria vital eartística de ambosten como punto departida o París deentreguerras, ondese coñecen a finaisdos vinte e ondemorarán a maiorparte da súa vida.

O París dos anostrinta, como en xe-ral a arte desta dé-cada, debátese en-tre unha arte figura-tiva e realista, queteima en combateras ameazas totalita-rias,e a abstracciónconcibida como un espazode liberdade individual.En-tre estas,o surrealismo tentaconciliar ambos os polos.Neste contexto Arpad Sze-nes, once anos máis velloque Vieira da Silva, realizanos anos trinta,como se po-de observar na mostra, un-ha obra que interpreta orixi-nalmente o irracionalismosurrealista, de maneira quea súa obra o sitúa nun ámbi-to achegado a artistas comoMiró,Masson,Matta ou mes-mo a pintores norteameri-canos influídos nos trintapor estes como o primeiroPollock ou Gorky.

Szenes delata a débedaco automatismo e o biorfis-mo surrealistas,e aínda queas obras semellan moi es-pontáneas e xestuais, sonpinturas cheas de sentidodramático e de profundida-de psicolóxica e ben repre-sentativas do momento.

Nesta altura o traballo deVieira da Silva está aíndanun proceso de definicióne buscas, que ira confor-mando un estilo persoal

desde mediados dos trinta,cando crea estruturas a par-tir dun espazo cerrado eben delimitado, como de

cámara, onde se desenvol-ven formas lineais e abstrac-tas.O exemplo de Paul Kleenon é alleo a estas buscas,

como acontece nestes anosna obra de artistas comoMarkTobey ou Julius Bissier.

O exilio no Brasil

(1940–1947) supón paraSzenes e Vieira da Silva un-ha experiencia vital e estéti-ca complexa,que en ambos

se manifesta pictoricamen-te nunha primacía da figu-ración, e no vital nunha in-comodidade, moito maior

para a artista portu-guesa.

A partir de finaisdos corenta,a sorteartística de ambosserá moi diferente,consolidándoseMaria Helena Viei-ra da Silva comounha figura maiorda pintura interna-cional,ficando nunsegundo plano Ar-pad Szenes. Porén,esta realidade nondebe agachar as in-dubidábeis calida-des da obra madu-ra de Szenes, quetras a Guerra Mun-dial e logo do re-greso a París, tomaunha nova orienta-ción.

Cómpre lem-brarmos que esta-mos nun período

de canonización da vangar-da histórica, que se integradefinitivamente no museo,como un novo clasicismoen figuras como Picasso,Braque,Matisse ou Léger.Aotempo,a americana é cultu-ra dominante e é o momen-to de auxe do expresionis-mo abstracto realizado enparalelo á pintura matéricaeuropea de forte carga exis-tencial (Fautrier, Dubuffet,Tàpies...) ou á figuración,ta-mén de intenso calado re-flexivo e angustiado querealizan artistas como Ba-con ou Giacometti. Nesteambiente a obra de Szenesconsegue un lugar e é froitodunha aposta reflexiva decarácter modernizadordentro dunha abstracciónmáis lírica.Título:Vieira da Silva eArpad Szenes.TraxectoriasparalelasComisarias: Marina BairrãoRuivo,Sandra Ramos eMarisa OropesaLugar: Centro CulturalNovacaixagalicia,VigoMeses de marzo e maio

A súa pintura é sobre todo unha to-nalidade expansiva,con evocación darealidade máis cromática que figurati-va.O lenzo convértese nun ambiente eprocura mergullar o espectador no seumundo, abrindo o espazo para a súaimaxinación. Este espazo enexpansión consegue que nasúa obra case desapareza todotrazo de figuración ou de ima-xe. O signo queda absorbidopola tranquila calma da cor,defino empaste. Nos melloresexemplos, como Esquisse(1963), son espazos abstractos, comomoradas do espírito, soamente altera-dos por mudanzas de tonalidade.Varia-cións a partir de formas simples e pu-ras que parecen querer expresar emo-

cións humanas básicas.A obra de Vieira da Silva segue un

camiño marcado pola espacialidade,afragmentación e o ollar caleidóscopi-co.A singularidade creativa da pintoraestá na súa percepción do conflito en-

tre espazo e imaxe,na súa representa-ción da escisión, tan característica dopensamento filosófico da modernida-de.Neste territorio de conflito,a espe-ranza está máis que nunca na obra da

artista,na súa apropiación deste novoespazo e na marcada vontade referen-cial que a súa pintura defende. Unhaobra que consegue unha“porosidade”,por empregarmos un concepto utiliza-do por Walter Benjamin e Asja Lacis,

creando un ámbito permanen-temente des–colocado mais noque se fusiona espazo e imaxe.“Porosidade”,esta vez na acep-ción de fusión do construído coplano pictórico, semella ser opropósito explícito da obra dapintora, cunha acentuada liga-

zón coa tradición da representaciónque non pode sorprender nunha artis-ta que tiña no estudo dos referentes ar-quitectónicos e espaciais un sólido ali-cerce para a elaboración plástica.

Cromatismo efragmentación

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012ARTE:EXPOSICIÓNS III

Varios aspectos da exposición no Centro Cultural Novacaixagalicia. // FOTOS: ELI REGUEIRA

VieiraDaSilva/ArpadSzenesTraxectorias parelelas en Novacaixagalicia

CARLOS L. BERNÁRDEZ

Page 4: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

Vikingland de XurxoChirro e Tralas luces deSandra Sánchez son dúasdas creacións máis intere-santes do panorama au-diovisual galego do 2011.Eambas poderanse ver noPlay–Doc. Xa o ano pasa-do se exhibira no festivalde Tui Todos vós sodes ca-pitáns,de Oliver Laxe,a pri-meira película galega quechegou a Cannes. E agoraé a quenda de Vikingland,recoñecida en Marsella,Jihlava, Mar delPlata e Xixón.Xunto a Tralasluces, que com-petiu en SanSebastián enos Goya, foinominada ta-mén para osMestre Mateo.

Vinte horasde gravacióncaseira confor-man o xermolode Vikingland.O mariñeiro daGuarda LuísLomba, “OHaia”, compa-ñeiro de viaxedo pai de Chi-rro, tomou es-tas imaxes cun-ha videocáma-ra na travesíaentre a cidadedanesa deRømø e a illaalemá de Syltentre outubrode 1993 e fe-breiro de 1994.Sen dúbida, untestemuño ex-cepcional so-bre a vida labo-ral cotiá dungrupo de emigrantes gale-gos.

Xurxo Chirro recuperouesta filmación e tratou dereinterpretala a partir da li-teratura: Josehp Conrad, B.Traven, Kensi Kobayashi,Manuel Antonio e, sobretodo, Moby Dick, de Her-man Melville.Respectandosempre a inocencia doollar de Luís,coa súa intui-ción propia dun operariodos Lumière no tempo dadescuberta da linguaxe ci-nematográfica.Entre o dia-rio filmado, o documentalcontemplativo ou a van-garda de raigame políti-co–social de Godard, oproxecto vén amosar, aléndiso,o que o cinema expe-rimental galego pode darde si.

Proba de tal son taménEcos del bosque, Na vibra-ción da terra e Na vibra-ción da auga, os últimostraballos de Lois Patiño,que tamén se proxectaránno Play–Doc. O cineastacontinúa a exploraciónque comezara con Paisaxe

interior, Paisaxe–duraciónou Paisaxe–distancia: a re-lación entre o observadore o observado. Ou a figurahumana, insignificante nomedio da natureza. E atemporalidade e a espa-cialidade transformadas,como en Puílha 17 Janeiro2010 ou Eclipse de AlbertePagán, outro dos directo-res do país que máis de-senvolveron o xénero ex-perimental.

Na vibración da terra

exhibiuse na última edi-ción de Cineuropa e na ex-posición do último premioAuditorio de Galicia paranovos artistas. É un perco-rrido por unha paisaxe ori-xinaria: volcáns, fervenzas,xéiseres... previos á huma-nidade e animados porunha vida propia que aspersoas, superadas polacontorna e observadas ásúa vez desde a distancia,só poden contemplar. Coamesma espectacularidade

do medio natu-ral que abraiaao Luís de Vi-kingland, Ecosdel bosque asis-te, pola súabanda, á trans-formación dapaisaxe polaacción huma-na.

As lecturassociais e políti-cas intúensena obra de Pati-ño. E son máisevidentes nade Chirro, queo ano pasadolevou a Cineu-ropa o seu tra-ballo A Guardana Memoria,arredor dasconsecuenciasdo golpe do1936. A memo-ria é taménprotagonis tadoutras dúascintas presentsno festival: Amuller do Eter-nauta, de AdánAliaga, que vol-ve á ditaduramilitar arxenti-

na a través dos recordosdunha das súas represalia-das,Elsa Sánchez,viúva deHéctor Germán Oes-terheld, creador da bandadeseñada El Eternauta. Eoutra é a serie Pantasmasde Ángel Santos, sobre amemoria da infancia e asúa construción a travésda imaxe: as fotos...Play–Doc,que se celebraráentre o 21 e o 25 de marzo,leva tamén a Tui o work inprogress de Pela del Ála-mo e Víctor Hugo Seoanecon N–VI e Lugares notempo, respectivamente.

Na mesma senda socialde Vikingland sitúase Tra-las luces,película na que aunha das poucas directo-ras galegas de longametra-xe, Sandra Sánchez, acom-paña a Lourdes e súa fami-lia no seu percorrido nó-made polas feiras do no-roeste do Estado, coa súapista de coches de cho-que. O filme é tamén unhahistoria de amor, de soñosincumpridos e de esperan-zas que quedan atrás.

Memoria/ExperimentaciónPaisaxes e diarios filmados no Play–Doc

MONTSE GONZÁLEZ

Fotograma de “Tralas luces” (2011), de Sandra Sánchez.

Vikingland com-pite na sección ofi-cial cos outros catrofilmes selecciona-dos no seo dos douseixos temáticosprincipais desteano: a indagación na paisaxe e odiario filmado. No primeiro des-tes criterios encaixa o director ru-soVictor Kossakovsky,que presen-tará en Tui Vivan as Antípodas!,interpretación da Terra a partirdas Antípodas (Arxentina e Chi-na,España e Nova Zelandia,Chilee Rusia, Botswana e Hawai). Ta-mén Two Years At Sea, do británi-co Ben Rivers, filmación do día adía dun ermitán que vive nun

bosque –con conexións con Esli-va de Patiño–; Mirage, do serbioSrdan Keca, metáfora das desi-gualdades no capitalismo globalcon Dubai como centro; e Yatas-to,de Hermes Paralluelo,sobre ungrupo de rapaces arxentinos querecollen cartóns na rúa para ven-delos.

Play–Doc dedicaralle aíndaunha retrospectiva ao directornorteamericano Ross McElwee,

que presentará a súaúltima película, Pho-tographic Memory,reflexión sobre as re-lacións paterno–fi-liais, o tempo e amemoria; e outra ao

armenio Artavazd Pelechian,creador da técnica da “MontaxeDistancia”, que consiste na cons-trución do filme desde unha te-mática principal con variacións,podendo incorporarse a repeti-ción ou contrapuntos concep-tuais, sen continuidade entre pla-nos. Como novidade deste ano,Play–Doc levará parte da súa pro-gramación ao Centro Galego deArtes da Imaxe (CGAI).

McElwee eArtavazd Pelechian

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012 CINEMAIV

Vinte horas de

gravación caseira

conforman o

xermolo de

“Vikingland”, de

Xurxo Chirro

O director nortemaericano Ross McElwee.

Page 5: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012ENTREVISTA V-Hotel Cidade Sur consta de oito con-

tos que reflicten outras oito vidas. Que teñen en común entre eles os diferentes personaxes protagonistas?

-O común é o territorio no cal se mo-ven; a precariedade, tanto emocional co-mo psicolóxica, das súas personalidadestruncadas por situacións adversas. Sonpersonaxes desnortadas, insatisfeitas,que, dalgunha maneira, buscan com-prender a causa da súa insatisfacción.Úneos o xeito que teñen de percibir arealidade e de asumir o conflito existen-te entre os seus soños, as súas ansias emais a situación real na que se atopan eda cal,o máis das veces,non acadan saír.Non son heroes, nin tampouco antihe-roes; só xente normal que se enfronta aunha existencia anónima, na cal todo oque viven e padecen soamente se liberado esquecemento grazas ao poder sal-vífico da palabra .

-Os libros de relatos adoitan nacer de dúas maneiras: ou xorden narración tras narración, ata reunir un número que se considera axeitado, ou ben den-de o principio hai unha idea central so-bre a que xiran todos os contos. Cal é o caso de Hotel Cidade Sur?

-Para Hotel Cidade Sur -como paracalquera dos meus outros libros- nonexistiu ningunha planificación nin tam-pouco ningunha idea máis ou menosestruturada, simplemente escribín. Osmeus procesos de creación son anár-quicos,confusos e dolorosos.Non tomonotas nin tampouco distribúo o argu-mento. Non fago previsións canto á ex-tensión do texto nin tampouco adoitoter a historia clara na súa totalidade.Vou un pouco a salto de mata, improvi-sando e deixándome guiar pola necesi-dade de seren creados que os persona-xes me transmiten sobre eles mesmos.Gústame sentir como adquiren volumee profundidade a medida que escriboou, en moitos casos, a medida que de-sescribo. Curiosamente, o que máis mefascina é que, malia desa anarquía, aofinal todo conflúe nunha idea que lledá sentido ao conxunto. Entón aconte-ce que todo se volve luminoso; un sén-tese en paz consigo mesmo e con todoo que fixo. E xa pode amosarse predis-posto a comezar outra vez,a meterse decheo nun novo principio, nunha novaconfusión.

-Malia o que poida parecer, non é maioritaria a literatura que fala do pre-sente. Vostede cre que a literatura tamén ten moito que dicir acerca del ou, como pensan outros, para describir (e escribir) sobre o presente xa está (ou xa debería estar) o xornalismo?

-O xornalismo está para informar.Ese éo seu cometido.A literatura –neste caso anarración– debe deixar constancia domundo a través da ficción. Creo que haiautores que si reflicten o presente, aíndaque o fagan dun xeito moi determinadoou esvaecido.Hoxe en día estamos a vivirunha realidade demasiado concreta enmoitos sentidos, política, social e econo-micamente. Quizais os autores debamosretomar unha especie de realismo socialao xeito de Steinbeck, por poñer unexemplo, e intentar deixar constancia detodo este desmantelamento tan brutal aoque se está sometendo a dignidade máiselemental dos individuos e das socieda-des. Hai cousas que non deberían pasaren balde. Situacións críticas que debe-rían ser contadas dende un punto de vis-ta artístico.É certo que con facelo non searranxaría nada; pero polo menos teríanunha voz,un rostro.

-As historias e os personaxes deste li-

bro non son precisamente felices. Tan mal anda o mundo ou é máis doado fa-cer literatura do “lado escuro” que do “la-do alegre”?

-Non creo que sexa máis doado escri-bir dende o “lado escuro”; pero si máisinteresante.Aí –nesa suposta escuridade–reside o conflito e, no conflito está o ver-dadeiro xermolo de calquera acción ar-tística.Sen conflito,a arte convértese nun-ha simple trivialidade,en algo totalmenteprescindible e innecesario. A ledicia de-be ser un estado transitorio,unha especiede método paliativo contra o absurdo deexistir que habemos de usar comedida-mente;xa que un exceso no seu empregopode levarnos,iso penso,á compracenciae da compracencia á estupidez só hai unpaso.

-Coinciden no seu caso os autores que

máis lle gustan cos que máis inflúen en vostede á hora de escribir?

-Cando era novo, lía todo canto atopa-ba e cada lectura era un shock que me al-

teraba e me cambiaba a maneira de pen-sar,de sentir,e de enfocar a miña opiniónsobre a literatura. Quero dicir que mesentía impresionado facilmente e que ca-da lectura nova resultaba máis estimulan-te que a anterior. Por exemplo, saía deTolstoi e metíame en Delibes, e por moidiferentes que fosen os autores entre si,sempre desexaba ser como aquel que es-taba a ler. Era como se non tivese memo-ria do anterior ou como se o novo fosetan poderoso que resplandecía sobre to-do o demais. Cando lía a Tolstoi, desexa-ba ser Tolstoi. Cando lía a Delibes, queríaser Delibes. E así sucesivamente.Ao final,o paso do tempo dáche unha perspectivapropia e,para mal ou para ben,xa só que-res ser ti mesmo. Hoxe en día, quizis co-mo defecto profesional, unicamente soncapaz de disfrutar daquelas lecturas que

me aportan algo máis como escritor quecomo lector. Non podo evitar, todo o queleo enfócoo cara ao que escribo e o restointerésame pouco ou moi pouco.

-Ademais da narrativa, cultiva vostede a poesía. É o autor o que chama polo xé-nero ou é aquilo que quere contar/trans-mitir o que o leva unhas veces a escribir poesía e outras prosa?

-Para min, poesía e narrativa comple-méntase dun xeito natural, conviven enharmonía e non existen grandes diferen-zas entre un rexistro e mais o outro. Real-mente,coido que ata certo punto se fago-citan entre si,alimentándose unha da ou-tra. O meu derradeiro poemario (Forne-los & Fornelos. Primeira Fundación), pu-blicado hai escasos meses, nutriuse damesma paisaxe, das mesmas emocións edo mesmo mundo no que me inspirei pa-ra redactar a miña primeira novela,publi-cada hai case quince anos.Dúas obrascon moita diferenza de tempo entre elase diferentes tamén en rexistro; non obs-

tante, ambas saíron do mesmo fermento.Isto exemplifica que as diferenzas entreun rexistro e mais o outro son basicamen-te formais e que o fondo ( a vida,a morte,as emocións, o paso do tempo…) é omesmo nos dous casos.

-Tamén escribe literatura infantil. Pa-sar dun rexistro a outro; é dicir, de escri-bir para nenos a escribir para adultos ou viceversa resúltalle un esforzo engadido ou forma parte do seu xeito de entender a literatura?

-A literatura para o público infantil per-míteme crear mundos estraños, escaga-llados, naïf.A mente dos pícaros é moitomáis ceibe que a dos maiores e a súa es-trutura é moito máis aberta e receptiva.Nese sentido,si teño que facer un peque-no esforzo, mais que nada para intentarpoñerme á altura deles e conseguir crearhistorias suficientemente divertidas. Gús-tame deformar a realidade, transformalaen algo onde pode acontecer absoluta-mente de todo.A posteriori, unha das ex-periencias máis gratificantes é cando voua algún colexio a falarlles aos rapaces so-bre algún dos libros que leron previa-mente.É incrible como participan da his-toria,como se relacionan cos personaxese como manifestan o entusiasmo que llesaportou a lectura. Con eles non hai tram-pa nin cartón.

“Escribir sobre olado escuro non é

máis doado, pero simáis interesante”Tras gañaro premio FizVergaraVilariño co poemario Fornelos & Fornelos,

Xerardo Quintiá (Friol, 1970) regresa á narrativa coa publicación do libro de relatos

Hotel Cidade Sur (EditorialGalaxia).

Xerardo Quintiá - ESCRITOR

LOURDES VARELA

O escritor lugués

Xerardo Quintiá.

autor de “Hotel

Cidade Sur”.

Page 6: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

Nos tempos escuros dalonga noite de pedra unhapequena presada de ho-mes fixo posible a apertu-ra dun espazo no que, co-mo sinalou Méndez Ferrín,tiveron cabida diversas “in-telixencias e sensibilida-des que aspiraban a unharenovación total de Gali-cia, política, literaria e ar-tística”. Sobre ese espazovangardista, do que tantose ten escrito e que,por de-reito propio, está presenteen todos os manuais de li-teratura galega e nas nosasenciclopedias, vén de es-cribir unha necesaria obramemorialística Xosé Fer-nández Ferreiro, un dosseus promotores.

Precisamente por causa doabundante coñecemento quetemos do grupo Brais Pinto se-mellaba que xa non había máisque dicir; porén, o autor é quende relatar nun feixe de páxinas–escritas a partir dunha confe-rencia pronunciada nun acto dehomenaxe que lle tributou oPen Club en 2009–, numerosascircunstancias de interese: a ra-zón do nome do Grupo; as activi-dades realizadas polos sete fun-dadores –Xosé Luís Méndez Fe-rrín, Reimundo Patiño, BernardinoGraña, Ramón Lorenzo, Bautista Ál-varez, César Arias e o propio autor,Xosé Fernández Ferreiro–: os luga-res de xuntanza, os debates, as con-versas… e, tamén, por que non nun

rela-to me-

morialís-tico, a trou-

la; a incorporación de HerminioBarreiro e Alexandre Cribeiro ás ac-tividades do Grupo; as relaciónscon outros confrades, como XavierCosta Clavell ou ‘Foz’; a relacióncon xentes como Ben–Cho–Sey,No-

voneyra ou Piñeiro; as cir-cunstancias que rodearoná publicación de cada undos libros que editou oGrupo…

Neste sentido, o libroque nos presenta Xosé Fer-nández Ferreiro, De XenteNova a Brais Pinto: memo-rias dun afiador rebeldeconstitúe un interesanteexercicio de memoria querealiza un acaído retratosociolóxico dun grupo xe-racional que loitou por fa-cer agromar, dende o fon-do da infamia franquista, avangarda cultural e políti-ca do noso país.

Un relato no que o autor incor-pora, ademais, outros episodios dasúa traxectoria vital tamén de gran-de interese histórico,como a andai-na do grupo ourensán Xente Nova,a segunda etapa do grupo BraisPinto da man de César Arias e Rei-mundo Patiño e numerosas lem-branzas que profundan na, ás ve-ces, descoñecida intrahistoria dun-ha historia coñecida.FERNÁNDEZ FERREIRO,X.,DeXente Nova a Brais Pinto,Ed.Xerais,Vigo,2012,PVP.16,15 €

A colección “Contemporánea” de Rinocerontevén de publicar Sangué Sabur, novela de Atiq Rahi-mi, escritor e cineasta afgán (Kabul, 1962) arraizadoen París

A obra gañou o premio Goncourt no ano 2008, eestá dedicada a Nadia Anjuman,“poetisa afgá salva-xemente asasinada polo seu home”,dedicatoria quenos introduce de cheo na temática sobre a queafonda a novela: os horrores da opresión da muller,do fanatismo e da guerra.

Na mitoloxía persa, san-gué sabur (“a pedra da pa-ciencia”),é a pedra máxica áque se lle contan as desgra-zas, miserias, padecementose intimidades que non se llecontan a ninguén. A pedraescoita e absórbeo todo, ataque rebenta, liberándoo aun. Aquí fai de pedra o seuhome, en estado vexetativo,deitado nun colchón nochan, a cuxo coidado viveconsagrada, rezándolle e fa-lándolle no medio da guerra queo deixou nese estado.Nunha linguaxe di-recta e crúa, ás veces poética, e construída so-bre a estrutura sinxela do monólogo,conta o insufri-ble sometemento padecido,que paga a pena ler.RAYMI,Atiq,Sangué Sabur (trad. Isabel GarcíaFdez.),Ed.Rinoceronte,Cangas,2012,PVP.14 €

A pedra dapacienciaCon linguaxe directa

XOSÉ FEIXÓ

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012 LIBROSVI

De certo, estamos

diante dunha necesaria

obra memorialística

É gozoso comentar a nova entrega,corresponden-te ao ano 2011,da Revista de lenguas y literaturas ca-talana,gallega y vasca publicada pola UNED.A pesarde que a portada reza Anuario de filología catalana,gallega y vasca, algúns dos artigos e ensaios quecontén achegan unha valiosísima información querno ámbito lingüístico,quer no referente ás literaturasdo estado español, non estritamente dirixidas a unpúblico especialista.

A segunda característica que podemos destacardesta encomiábel publicación, éo significativo espazo dedica-do á literatura galega.Aquí ato-pamos un artigo de Xavier Fríassobre o uso do pronome decortesía no diasistema gale-go–portugués, unha análise deMaría Carmen Suárez Rey daFarsa das zocas de Ricardo Car-valho Calero, un estudo de Sil-via Vázquez Fernández sobre atradución como apropiación e,finalmente, unha aproximacióná ideoloxía e á estética dunha fi-gura que merece unha máis fer-vorosa atención pola nosa parte, XohánCasal, elaborada por Mª Teresa Bermúdez Mon-tes.VV.AA.,Revista de lenguas y literatura catalana,gallega y vasca,Ed.Uned,Madrid,2011,PVP. €

Encomiábelpublicación

Unha plural Revista

ROMÁN RAÑA

Un afiadorrebelde

Acaído retrato xeracionalALFREDO IGLESIAS DIÉGUEZ

A Editorial Toxosoutos vén de presentar No meu mar,na miña lingua. Subtitulado “Léxico de embarcacións edeportes náuticos”, o volume vén ser o resultado duntraballo de investigación terminolóxica levado a cabopolo ENDL do IES Félix Muriel ao longo de tres cursosacadémicos –2007–2010– no transcorrer dun proxectomáis amplo denominado, precisamente, como o títulodo propio libro.

Certamente,un esforzo que nos achega unha magnífi-ca información acerca non só de apartados léxicos, se-nón tamén etnográficos de vital relevo na nosa cultura.Alén diso, o texto non des-cuida a información ac-tual, polo que estamosdiante dunha ferramentade grande utilidade e non,como adoita acontecer enocasións, diante dunhasimple recolla –por máisque importante– da me-moria. A vitalidade, a pre-senza do mar do noso pa-ís, das súas xentes, tradi-cións e do devir cotiánpercorre as páxinas destaentrega onde aprender-mos que é un “estrobo”,que cousa significa “barra-ganete” pero onde –median-te unha adecuada presentación gráfi-ca– comprobamos tamén a conformacióndun arco de batea.ParabénsVV.AA,No meu mar,na miña lingua,Ed.Toxosoutos,Noia,2011,PVP.14 €

Navegar GaliciaInvestigación terminolóxica

LUCÍA SEOANE

Alá por maio do 2011,a editorial Toxosoutos sacado prelo este fresco poemario breve asinado por Ya-go RodríguezYáñez (Lugo,1980).Este mozo lucense,autor de diversos ensaios sobre lingua e literatura envarios idiomas,adica parte do seu tempo á escriturapoética,que xa lle proporcionou algún que outro re-coñecemento, como o V Certame Lucus Augusti, nopasado ano 2007.

Carlos Gegúndez Ló-pez, escritor e xornalistanado en Becerreá, e o en-cargado do limiar que an-tecede a Déixame anco-rar.Nel, destácase a basecreativa do autor, funda-mentada no Romanticis-mo europeo con Keats co-mo referente principal,e asgrandes cualidades destaobra, perfectamente artella-da,humilde e fermosa.Todoxira en torno ao poema “Natravesía”, que é preciso perco-rrer para así poder ancorar.A ener-xía neutralízase coa mesura dos versos,que estalan con contundencia e intensidade.RodríguezYáñez non se esquece de citar os grandespoetas da terra para falar de ausencias e despedi-das,de beleza e de morte.RODRÍGUEZYÁÑEZ,Y,Déixame ancorar,Ed.Toxosoutos,Noia,2011,PVP.12 €

Contundenciae intensidade

Falando das ausenciasLAURA BLANCO CASÁS

Page 7: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

Penso que, logo demáis de corenta anos deoficio, sería unha ousa-día pola miña parte pre-tender presentar a nin-guén quen é XoséVázquez Pintor. Por tan-to, limitareime aquí acongratularme pola re-cente aparición de Sea-ra, volume compilatoriono que se reúne to-da a produción doautor dende que en1971 publicara Gán-daras ata hoxe mes-mo.

Neste sentido, é desalientar que o presen-te título engade comonovidade a inserción dedous poemarios do es-critor que permanecíaninéditos ata o de agora:Anuncian aves e maisOs versos do zapateiro.O primeiro é un catálo-

go ecfrástico, noque Vázquez Pintorpuxo por xunto osversos que escribiulogo de, noite estivalde 1991,velar as crea-cións pictóricas e es-cultóricas dunha trin-tena de artistas gale-gos. As poesías queagromaron daquelacontemplación son amateria que alimenta es-te libro, inzado de ima-xes reveladoras e tre-

mendamente plásticas.Pola súa banda, Os

versos do zapateiro re-sulta unha colectáneade poemas en homena-xe, moitos deles elexía-cos, que lembran ami-gos idos ou escritoresadmirados, textos quelle foron solicitados aode Melide con motivode diversas conmemo-racións.

Máis que oportuna,pois,esta recompilaciónpor parte de EspiralMaior da obra lírica deXosé Vázquez Pintor,un-ha voz clave no concer-to poético das últimasdécadas que ten nestevolume o seu mellor vi-tral.VÁZQUEZ PINTOR,X.,Seara,Ed.Espiral Maior,A Coruña,2011,PVP. 23 €

Seara deversos

Oportuna recompilaciónARMANDO REQUEIXO

ANDEL DE NOVIDADES

M. BLANCO RIVAS

Tras da cordaCarlos G. ReigosaEdicións Xerais. 20 €

Estes relatos de CarlosG. Reigosa son una reali-dade auténtica e constan-te.Neles hai tensión narra-tiva, paixón levada aos lí-mites, humanascobizas e fraxili-dades, temple deheroe ás veces...Adivíñase o es-forzo introspecti-vo do narrador,mentres vai vuri-lando os perso-naxes e urdindo

situacións,sen que a liber-dade na inventiva estra-gue a coherencia ou a ve-rosimilitude. O narradorforxa unha proxa fluída

de alta transpa-rencia semánti-ca, de autentici-dade inobxecta-ble, a través dacal nos transmi-te a vida e mila-gres das xentesda súa Corda na-tal.

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012LIBROS VII

Miguel A.Pérez Artea-ga parte dunha concep-ción xeral do espazo pa-ra introducir os peque-nos na súa selva particu-lar.De entre todos os se-res,escolle,entón,comoprotagonista o lobo,polasúa astucia e os seus mo-vementos sixilosos,e co-mo apoio elixe a árboretan pouco árbore.

Paraxes natu-rais, paisaxes conabundante vexeta-ción, despraza-mentos continuose golpes inespera-dos son aproveita-dos polos persona-xes de A árbore tanpouco árbore paracompletar o ciclonatural da vida e queprovocará nos cativosque se acheguen ao vo-lume algún tipo de reac-

ción na que sentimen-tos e sensacións sealían para interiori-zar accións que apriori nos poden pa-recer alleas aos hu-manos,pero que benmiradas son lóxicas enada teñen que vercoa nosa percepcióndo mundo,ás veces,dis-locada ou distorsiona-da polas circunstanciasque nos rodean.

Para procurarse o sus-

tento o lobo persegue al-ces e caribús pola selvae emprega para darllescaza trampas nas que elmesmo acaba caendo.Retrátase así a figura doburlador burlado queten aparecido en nume-rosas ocasións na litera-tura e que unha vez máisé aproveitada con fins di-dácticos.

Pola súa parte, os de-corados que se empre-gan resultan novidosos econvidan os cativos aimaxinar figuras, imaxesou esceas que toman co-mo base materiais de re-fugallo útiles para xogarcoa imaxinación e a fan-tasía.PÉREZ ARTEAGA,MiguelA.,A árbore tan poucoárbore,OQO Ed.,Pontevedra,2012,PVP.13,50 €

O ciclo naturalda vidaBurlador burlado

MARÍA NAVARRO

A pomba dona Paz éun libro pensado paracontribuír coa educa-ción para a paz, paraaxudar nun contidotrasversal cada vez máistratado e favorecidonos currículos escola-res e para transmitirlleao alumnado máis no-vo unha mensaxe que ocoloca como a esperan-za para acadarun mundo sendesigualdades esen inxustizas.

Dona Paz, apomba branca, osímbolo da paz,sae voar e olla to-do o malo queacontece no mun-do:a fame dalgúns,dos que nada te-ñen e dos que xogana vida emigrando a ou-tros países, enfrontada

ao consumismo fe-roz dos máis ricos;aagresión constanteao medio produtode poderosos inte-

reses económicos; omaltrato á muller e a

explotación infantil.Situacións estas quelevan a dona Paz a fa-lar cos homes, mais an-te a súa falta de aten-ción decide levar a súamensaxe de solidarie-dade á infancia,sabedo-

ra de que a inocenciadas súas mentes seráaunica que sexa quende frear a barbarie.

Nos catro versos ri-mados de todas as es-trofas do libro destacana denuncia e o ton so-lemne e grave adaptadopara os primeiros lecto-res, pero, sen dúbida, omáis importante e sa-lientable desta apoloxíada paz é a demanda, areclamación desespera-da, da necesidade dun-ha educación sólida envalores que encha oplaneta de individuosxustos que acaben contodo o que ten de inxus-to o mundo.CARIDE,Ramón,Apomba dona Paz (Ilustr.Pepe Carreiro),Ed.Xerais,Vigo,2012,PVP.10,50 €

As tortillas do xeneralXosé Lois RipaldaEdicións Ir Indo. 14 €

Esta é unha historiaque abrangue un períodode tempo que vai dendeas derradeiras décadas doséculo XIX ata mediadosdo século XX,concretamente oano 1939. Ao irdestes anos oco-rreron moitosavatares en Espa-ña: perda das de-rradeiras colo-nias de ultramar,distintas formas

de goberno, cambios nasestruturas sociais, agríco-las, educativas e laborais,todo isto influiu dunhamaneira determinante na

vida de moitaspersoas, e natu-ralmante nosp r o t a go n i s t a sdeste libro, sobretodo de Adrián,dotado dunha al-ma poética, ro-mántica e miste-riosa.

2044Eduardo Santiago

Editorial Galaxia. 14 €

Ano 2044. Achégase oaniversario de Lena. Calserá a sorpresa preparadapara os seus amigos e ami-gas polo seu pai?cada ano sor-préndeos dunxeito diferente.Pero o que vaipasar este anoninguén podeimaxinalo... Defeito, incluso po-de ser que todos

perdan a vida.“2044” é un-ha novela futurista quenos mergulla nun univer-so de realidade virtual no

que, para sobre-vivir, os protago-nistas van terque descifrar oestraño significa-do dunha pistase enigmas basea-dos en númerosrealmente miste-riosos.

Valentín Paz AndradeCharo Portela Yáñez

Edicións Xerais. 9 €

Este libro relata de for-ma amena e detallada avida de Valentín Paz An-drade.As súas actividadescomo avogado,empresario, espe-cialista en temaspesqueiros, polí-tico, poeta ouxornalista sonpresentadas pormedio de docu-mentos, fotogra-fías e unha com-

pleta cronoloxía. Unhaaventura biográficaapaixonante dun homeclave na historia do sécu-

lo XX, que conci-biu Galicia co-mo a súa tarefa.Completa o volu-me unha antolo-xía de poemas eartigos do autorhomenaxeadono Día das LetrasGalegas 2012.

Educandopara a paz

Contra as inxustizas do mundoPAULA FERNÁNDEZ

Page 8: Aos pés das letras · ocorreu na vida.Pero isto é algo que nos pasa a todos. Somos o que nos suce-de,non existe diferenza entre a nosa concien-cia e o que nos ocorre, aínda que

Como se dun“padriño”se tratase –ataviado contraxe negro, sombreiro elentes escuras– respira, se-reo e calmo, LeonardCohen na enigmática por-tada do seu novo traballo,Old Ideas, que chega aopúblico logo da triunfantexira que ofreceu por e pa-ra todo o mundo.

Estamos diante dun ál-bum no cal o artista cana-dense vén examinar assúas eternas inquietudes:o sexo, o amor, Deus e aín-da tamén o xeito no queos tres apartados anterio-res poden ser intercam-biados canto á orde nece-saria para aliviar a dor daexistencia. Como noutro-ra, a voz de Cohen soaprofunda, delicada e sóli-da por igual: diremos–desde o máis sincero res-pecto– que rouca a man-tenta. Peneira máis quenunca entre cantar e falardurante toda a pasaxe, epodemos sentir a súa pre-senza inmediata, para di-cirnos das relacións rotas,do sufrimento e mais damorte,da compaixón e dabeleza.A voz vén ser a doprofeta, mais tamén a dolibertino amante, a dotolo…; noutros moi-tos momentos, secabe máis inten-sos, será aíndaa palabra dosacerdoteintentan-do unir ofísico e oe s p i r i -tual.

Cohenpresénta-se a si mes-mo comoun lazy bas-tard livingin a suit(“un fillo denai pregui-ceiro vivindonun traxe”) eprogresa sobera-namente para exa-minar a posibilidadede crear un manual pa-ra convivir coa derrota.Isoé o que vén ser“Going Ho-me”, tema co que abre oálbum. O poeta manténunha conversa co mesmoDeus, quen lle asigna a ta-refa de volver a casa, nu esen carga ningunha cara aun lugar mellor. Pero o no-so artista semella máispreocupado por escribircancións de amor que porrepartir a palabra do Todo-poderoso.“Crazy To LoveYou” parece reflectir unharelación de amor máisgrande que a vida, pero

que resultará dolorosa aofinal. E é que Cohen abra-za a catástrofe na vidamesma, sempre desde amáis pura sensualidade.Asúa arte baséase no exa-me cuidadoso de observa-ción da interacción entreo corpo e a alma para re-coller esas “vellas ideas”.Son letras que procuran opoder dos rezos, os him-nos e as letanias, ao tem-po que falan do desexo,do arrepentimento, do su-frimento ou da esperanza.

Ao longo de todo OldIdeas soprende un sonmáis puro que nunca, queé quen de deixar atrás sin-tetizadores e arranxos do-minantes en labores ante-

riores, dando paso á ex-ploración dunha nova ga-ma onde xorden elemen-tos country,blues,gospel erock; estamos, de certo,diante do son máis varia-do e estiloso dos últimostempos. Un teclado ouunha guitarra rompen aprolongada calma–“Anyhow”– ou in-

cluso chega a facelo igual-mente unha exquisita einagardada trompeta:“Amen”. Como completodo barítono principal, asi-nan participación na se-

lección te-mática

a s

voces excepcionais de Da-na Glover, Sharon Robin-son, The Webb Sisters eJennifer Warnes. Ese vénser o caso,por exemplo,dapreciosa “Come Healing”,onde Cohen rosma enharmonía con anxelicaiscoristas, suplicando re-dención: tal e como sedun himno penitente setratase.

Para nós, conforma“TheDarkness” o mellorda colección: trátase dacanción máis rítmica, conarranxos cercanos aoblues tradicional, marca-da por un consistente riffe un espectacular órgano:I´ve got no future, I knowmy days are few (“Non te-

ño ningún futuro, sei queos meus días son pou-cos”),murmura Cohen.Dasúa parte,“Lullaby” guía-nos a través dunha longanoite, dando paso a “Diffe-rent Sides”, último corte,no cal o artista discute aposibilidade de ficar nunmundo decote difícil asícomo tamén acerca dosefectos do sexo nunha re-lación.

En fin, dez temas queminan o corazón, que axi-tan o corpo e que rompenas fronteiras como so-amente Leonard Cohen écapaz de atinxir. Canciónse ideas que todo o mundoquererá atesourar no seumaxín.

Logo da inesperada morte dose íntimo amigo,Vic Chesnutt, ocantante e autor intelectual deLamchop, Kur Wagner retiráraseá súa outra paixón: a pintura.Oh(Ohio),lanzado en 2008,era asu-mido por moitos como a derra-deira entrega do compositor na-cido en Nashville.

Porén,Wagner volve activar amaquinaria de Lambchop paranos regalar Mr.M, undécimo dis-co da banda, onde se ocupa daperda, da morte e da indignida-

de diante un envellecementoprecoz. Iso si, faino sen desmo-ronarse ante a melancolía pre-sente; mesmo cando cae nalgúnclise, We Were Born To Lose, asúa lúgrube voz fainos aprezarun forte sentimento de esperan-za e de felicidade que se atopadetrás de cada expresión co-mún.

Mr.M loce optimismo, pois,baixo a tradicional simbiosedos estilos máis exquisitos, po-los cales vén apostando arreo abanda: country, jazz e rock ame-ricano. O talento de Wagner es-pállase sobre as exhuberantescordas de guitarra e pareceemular a Sinatra en pezas da ta-lla de “Gone Tomorrow”,“If Not

I´ll Just Die”o“Mr Met”.Estamos diante de once ca-

cións de ensoño, entre as calesteñen cabida aínda pezas conrecendo soul –“2B2”– ou formainstrumental: “Gar”, “Betty´sOverture”. Como o seu autor si-nala:“este é un álbum sobre oamor e a curación,as forzas quenos unen. É no que se converte,cada vez máis, a única cousaque paga a pena vivir mentrescontinuemos xuntos a travésdos anos,son sós.”

Lambchop: Mr.M

Old Ideas,novo Cohen

Para atesouramos no maxínMIGUEL PENA ALONSO

FARO DE VIGO

XOVES, 22 DE MARZO DE 2012 MÚSICAVIII