anovii.nº16. decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. lino velea en canta regata ou...

12
OAPUPO Ano VII. Nº16. Decembro 2008. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL Depósito Legal: PO 634-2008 www.culturamaritima.org Foto: Diana Costas

Upload: others

Post on 16-Oct-2019

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

OAPUPOAno VII. Nº16. Decembro 2008. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL Depósito Legal: PO 634-2008

www.culturamaritima.orgFoto: Diana Costas

Page 2: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

Estando ao último...O 19 de setembro tivemos coñece-mento de unha boa nova paratodos os que estamos sensibiliza-dos na tarefa de protexer e fomen-tar aquilo que está relacionado coacultura e o patrimonio marítimo. O Director Xeral de Patrimonio Cul-tural da Xunta de Galicia, FelipeArias, anunciou na apertura da xor-nada técnica sobre a protección dopatrimonio marítimo e as embarca-cións tradicionais que reuniu enVigo a algúns dos maiores especia-listas europeos na materia que tivolugar no Museo do Mar, que a Con-sellería de Cultura vai proceder ainventariar as embarcacións tradi-cionais e históricas de carácter sin-

gular, para incorporalas no Inventa-rio Xeral do Patrimonio Cultural deGalicia.Este primeiro paso na proteccióndo noso patrimonio é unha exce-lente noticia, que esperemos sexaseguida por actuacións das diferen-tes administracións públicas nestemesmo sentido. O proceso de catalogación das em-barcacións responderá a un traba-llo continuado que se acometerápor fases, proceso iniciado a finaisde 2007 cun estudo que analizou oestado dos bens flotantes e outrosbens mobles e inmobles ligados aomar e aos bens de carácter inma-terial.

Chega o inventario das embarcacións tradicionais e históricas

A mediados de verán comezou a andaina de unhanova páxina na internet, ao tempo que no AstilleroHijos de J. Garrido Vidal, no Grove, situábase a quillapara dar comezo a esta nova embarcación. Na pá-xina http:// www.dornasara.com temos a oportuni-dade de seguir detalladamente os pasos seguidospolos carpinteiros de ribeira na súa construción.A Dorna Sara é unha dorna de tope, pero ten moitasfacetas que a fan única, construirase cabinada, noseu tambucho albergará un par de camarotes, un

aseo e unha pequena cociña.Ademais da habitabilidade este barco tamén innovanos materiais e a técnica construtiva. As madeirasempregadas son a teka e o iroko; en canto ao xeitode construíla a técnica elexía cambia os bances tra-dicionais polos topes alistonados. Unha técnica quenon é nova, pero que polo de agora non se tiña em-pregado na construcción de unha dorna, pero si enoutro tipo de embarcacións de vela desde mediadosdo pasado século XX.

2

O blog da Dorna Sara sigue paso a paso a súa construcción

Page 3: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

3

O ANO QUE REMATA...Puxémonos a revisar os arquivos anuais doApupo e démonos conta de que temos unmundo de fotos que por unhas circunstanciasou outras nunca verán a luz, e pensamos: isto

non pode ser!! polo que decidimos facer unhapequena escolma de aquelas que non poderíanpasar sen saír nestas páxinas. Ata o ano queven! Fotografías: Lino Prieto

Page 4: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

4

MOITA COSTA, POUCO MAR...

O poeta grego Konstandinos Kavafis, noseu famoso poema Ítaca que hai anos sepopularizara en España na versión en ca-talán que cantaba Lluis Llach, dinos quena vida o realmente importante é a viaxe;que se teña sempre na mente Ítaca, por-que arribar a esa illa é a meta, pero quea travesía se faga sen présas, que sexalonga e que dure moitos anos; que un sedeteña en mercados fenicios e cidadesde Exipto para gozar e aprender; e des-pois desa fermosa travesía, cando un xavelliño atraque na illa, convertido nunhapersoa sabia e con moita experienciaacumulada, comprenderá o significadodas Ítaca.A comezos dos pasados anos 90, candoa cultura marítima tradicional esmorecíae case ninguén a valorizaba, xente doGrove, Cambados, Ribeira, a Illa daArousa, Bueu… comezaron a recuperarbarcos tradicionais e a navegar con eles,a dar conferencias e a expoñer unha cul-tura marítima aínda viva. A paixón queeses pioneiros tiñan polo mar e a nave-gación fóronnola contaxiando á moitaxente que nos últimos anos nos embar-camos na travesía de socializar e poñeren valor todo o patrimonio material e in-material dos mares e ríos de Galicia enorte de Portugal, que é a Ítaca da Fede-ración Galega pola Cultura Marítima eFluvial (FGCMF). Na travesía cara a esa particular Ítaca es-tivemos o pasado xullo na Festa MarítimaInternacional de Brest, o maior reto daFGCMF a nivel organizativo en toda asúa historia, porque nunca tantos barcosnin tanta xente se deslocaran. Algunhasdas embarcacións que estes días se ex-poñen na mariña seca de San Vicente e aexposición “Patrimonio do vento e do sal”feita pola Federación e patrocinada polaConsellería de Cultura e Deportes daXunta de Galicia, que estes días se pode

visitar no Grove, no Centro de Interpreta-ción da Pesca e da Salga de Punta Mo-reiras, nos dous últimos veráns barcos eexposición atracaron en prazas de vilas ecidades galegas da beiramar e do interiorpara que a xente puidese coñecer e tocaro patrimonio dos nosos ríos e mares.Hai uns anos embarqueime nesta fer-mosa travesía co Grupo Etnográfico Mas-cato de Cambados e do Grove e coaAsociación Dorna da Illa da Arousa, o queme permitiu (e me permite) gozar conxente de profesións e idades moi diver-sas, de moitos lugares de Galicia e donorte de Portugal, que quere mares e ríosvivos, cunha cultura viva (e non demuseo). É xente que inviste moito do seutempo libre –e moitas veces o seu propiodiñeiro–, en traballar para dignificar esacultura, e que leva anos facéndoo haxaou non subvención.Nesa travesía coñecín a Luís Rei, que naguía de embarcacións que hoxe se pre-senta, despois do limiar de Fernando Pi-ñeiro e de Avelino Ochoa, fai divagaciónssobre a cultura marítima nun breve perozugoso ensaio titulado cun verso de Ma-nuel Antonio “O mar, o barco e mais nós”.Luís é a alma de Ardentía, a e sobre re-vista coa que a Federación difunde o pa-trimonio marítimo e fluvial; e foi unha dasalmas da exposición sobre a estreitísimarelación de Galicia co mar e sobre embar-cacións tradicionais galegas que milleirosde persoas puideron ver en Brest o pa-sado xullo.Nesa travesía tamén coñecín a LinoPrieto, autor da guía e presidente dosAmigos da Dorna Meca, asociación fun-dadora da FGCMF e de sempre un dosesteos fundamentais. Lino reúne en certomodo as dúas facetas que se poden ob-servar na xente da Federación, que sondúas caras da mesma moeda: a maiori-taria, centrada fundamentalmente na re-

cuperación de barcos e na navegación; ea minoritaria, que cada vez xa non o étanto, que se ocupa sobre todo de foto-grafar, catalogar, estudar e difundir o pa-trimonio marítimo e fluvial. Lino velea encanta regata ou Encontro organiza a Fe-deración e cos Amigos da Dorna Mecaanda a recuperar algún barco; pero á vezLino compón o boletín O Apupo, ondetamén escribe, colabora en Ardentía e faifermosas fotos de barcos navegando ouatracados, que se poden ver na citada ex-posición “Patrimonio do vento e do sal”,na Axenda do mar 2008 do EtnográficoMascato e, por suposto, no seu libroOnde se vive o mar. Pequena guía deembarcacións.A guía contén 21 fotos de barcos tradicio-nais con cadansúa ficha. Xunto cunhabreve descrición e definición de cada em-barcación, Lino vainos dando indicaciónssobre o tipo de vela do barco e a tripula-ción que necesita; a manobrabilidade nomar e, ás veces, a varada na praia; asartes coas que se traballaba ou coas quese traballa, de o barco seguir en activo; eademais, notas de interese como a pai-xón dos de Carril pola regata co seu típicobote e a existencia dun regulamente paraesta competición, pese a seren regatasde afeccionados. A maioría dos barcos da guía son parapescar no mar. Fálase dos diversos tiposde dornas, ghamelas e botes, entre esteso bote de media construción do sur da ríade Ferrol, unha das embarcacións tradi-cionais máis descoñecidas fóra do seuentorno; e fálase da lancha xeiteira, dabuceta e da catraia da costa miñota por-tuguesa. Algunha das fichas refírese abarcos de cabotaxe, como o galeón, queata os pasados anos setenta tivo unhapresenza masiva nas Rías Baixas, e par-ticularmente na Ría da Arousa, do que éboa proba que en Vilalonga amarrasen

Texto lido polo autor desta sección na presen-tación do libro de Lino Prieto Onde se vive omar. Pequena guía de embarcacións. O acto ce-lebrouse o 5 de outubro do 2008 no Salón doClub Náutico de San Vicente do Mar. Tamén in-

terviren X. Avelino Ochoa, presidente do ClubNáutico; Fernando Piñeiro, presidente daFGCMF; Lino Prieto, autor do libro; José Anto-nio Cacabelos, alcalde do Grove e Carme Ga-llego, conselleira de Pesca.

Unha sección de Francisco Fernández Rei

Navegando cara a ÍtacaFotografías: Miguel Muñiz

Page 5: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

5

medio cento deles polo traballo das tellei-ras.Na guía tamén hai presenza das embar-cacións de río, particularmente do Miño,tan descoñecidas na beiramar. Está osinxeliño batuxo da Terra Chá; a impac-tante barca de dornas, esa especie decatamarán para pesca e pasaxe que haianos aínda navegaba nas proximidadesde Ourense; e o fermoso carocho dotramo final do Miño, o único barco tradi-cional, xunto coa dorna, construído a ca-lime.Desexo que esta pequena guía teñaaxiña unha 2ª edición ampliada e revi-

sada, onde os barcos aparezan agrupa-dos por tipoloxías e onde se corrixa algúndetalliño, como ocorre na ficha da lanchaxeiteira, onde se atribúe a Fisterra (e nona Caldebarcos, concello de Carnota), alocalización en 1965 da única xeiteiraexistente, varada en bastante mal es-tado, que serviu para estudar a súa tipo-loxía e construír, entre outras, a NovaMarina, buque insignia da Escola de Na-vegación Tradicional da Illa da Arousa.Os meus parabéns para Lino Prieto epara todos os que fixeron posible a com-pleta exposición de barcos que están namariña seca deste Club Náutico de San

Vicente, dos que o libro de Lino é a guía.Con obras como esta a FGCMF querecontribuír á divulgación dun patrimonioque é parte fundamental da nosa identi-dade; un patrimonio que é de todos osgalegos, sexan da beiramar ou do inte-rior, e que a xente da Federación querecompartir con todos os que veñan a em-barcarse na longa, fermosa e enriquece-dora travesía cara á soñada Ítaca.Que os ventos sexan portantes, como dinos mariñeiros do cambadés barrio deSan Tomé, porque a arribada á soñadaÍtaca, a pesar do moito feito en todosestes anos, aínda queda moi lonxe.

Momento da intervención de Francisco Fernández Rei na presentación de “Onde se vive o mar”

O público ateigou o Salón de Actos

Page 6: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

OBRADOIRO “PARA SER GRUMETE”

Coa navegación a vela en embarcaciónstradicionais da Asociación de Amigos dasEmbarcacións Tradicionais “Os Galos”de Bueu rematou, por terceiro ano con-secutivo, o obradoiro titulado “Para sergrumete”, organizado polo Gabinete Di-dáctico do Museo de Pontevedra. Tratouse dun curso activo ou obradoiroao que se dedicaron, ao longo de tresmeses, doce sesións de dúas horas, arazón dunha sesión por semana. Os asis-tentes destas tres convocatorias foronpersoas adultas de diferentes idades,profesións e niveis de estudos.Diariamente tratamos capítulos destina-dos ás grandes viaxes e descubertas demariños, tanto españois (Colón, Magalla-nes-Elcano, Loaísa, Saavedra, Grijalva,Villalobos, Legazpi, Urdaneta, Mendaña,Sarmiento, Bartolomé e Gonzalo Garcíade Nodal, Bonechea, Mourelle...), como

estranxeiros (Drake, Cavendish, Schou-ten, Anson, Byron, Walis, Cataret, Bou-gainville, Cook, La Pérouse...), que entrefins do s. XV e o s. XVIII foron desve-lando os secretos dun mundo non coñe-cido para os europeos. Combinados conestes capítulos, propiamente históricos,ocupámonos doutros aspectos referentesaos tipos e características das embarca-cións de cada momento (carabelas,naos, galeóns, navíos, fragatas, bergan-tíns...), a familiarizarnos coa terminoloxíanáutica (partes dun barco, tipos de velas,paus, vergas, enxarcia...), a realizar osprincipais nós utilizados a bordo, a mani-pular e coñecer o manexo de instrumen-tos empregados para calcular avelocidade (corredeira de barquiña), con-tar o paso do tempo (“ampolletas”) oumedir a altura do sol ou a estrela Polarsobre o horizonte para calcular a latitude

mediante o uso dos instrumentos propiosde cada época (cuadrante, astrolabio,balestiña, octante, sextante, quintante).A cotío, lemos relacións ou relatos deixa-dos polos protagonistas das célebres sin-graduras, unhas veces nos propiosdiarios de navegación, outras en librospublicados no seu tempo ou anos des-pois, tamén en documentos rescatadospor historiadores que os deron a coñecer.Estes relatos, entre outras cousas, per-mitíronnos coñecer a vida a bordo e asprivacións e penalidades dos percorridos,o contacto cos nativos dos lugares aosque arribaron, os intentos de motín, adescrición da costa por onde navegabane as denominacións que cada mariño llepoñía.Prestamos especial atención á Relaciónna que os irmáns pontevedreses Barto-lomé e Gonzalo de Nodal describen aviaxe na que partindo de Lisboa en 1618circunnavegan a Tierra del Fuego. O ob-xectivo desta singradura tan importantetiña como misión comprobar se era ver-dade a existencia dun novo paso para oPacífico, recén descuberto polos holan-deses Schouten e Le Maire, ao que llepuxeran de nome Cabo de Hoor. Detivé-monos, máis polo miúdo, sobre todo, naspasaxes referentes a navegación poloestreito de Le Maire e á chegada á badíado Buen Suceso, onde toman contactocos nativos aos que o capitán Cook des-cribirá como as xentes máis pobres e mi-serentas de todas as que achou nas súasviaxes. O célebre mariño británico arriboua aquel lugar 150 anos despois que osmariños pontevedreses.

6

O Responsable do Gabinete Didáctico doMuseo de Pontevedra, profesor e deseñadordo obradoiro, José Manuel Castaño García, re-látanos neste interesante artigo todo o rela-tivo á xestación e posta en marcha do

obradoiro “Para ser grumete”, levado a cabopolo Museo de Pontevedra en colaboración coaAsociación de Amigos das Embarcacións Tradi-cionais “Os Galos” de Bueu, por terceiro anoconsecutivo.

Apuntamentos facilitados aos participantes na actividade

Fotografías: J.M. Castaño

Page 7: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

O manexo do programa Google Earthdeunos moito xogo ao permitir realizar unseguimento visual da lectura destas pa-saxes seguindo os rumbos e indicaciónsque nos daban. Así mesmo permitiunossituar con precisión e coñecer illas encra-vadas no Pacífico descubertas por nave-gantes españois e outras ás quechegaron os mariños estranxeiros moitotempo despois.Ademais, servímonos de varias aplica-cións multimedia creadas por nós mes-mos para proporcionar unha informaciónaudiovisual sobre algunha das viaxesoceánicas máis destacadas, ao tempoque posibilitar a realización duns exerci-cios ou xogos interactivos que tratabande facer máis comprensibles e atractivasas materias tratadas.Xunto aos relatos de feitos verdadeirosdeixados polos protagonistas, creamosoutros nos que se mesturaba a realidadee a ficción. Nun deles, por exemplo, tra-ballabamos sobre a latitude e a lonxitude,situando nunha carta náutica inventada asingradura seguida por unha embarca-

ción que naufraga en medio dunha fortetreboada. O caderno de bitácora, que in-explicablemente se achara flotando xuntoa outras obxectos, permitíalles aos asis-tentes ao obradoiro ir situando a posicióndeste barco cada xornada ao mediodía,pois indicaba a altura do sol sobre o hori-zonte e a diferenza horaria con respectoao punto de partida. Deste xeito eles re-alizaban os cálculos correspondentespara achar as súas coordenadas.Tamén fixemos actividades con cartasnáuticas actuais para aplicar conceptosxa adquiridos (norte magnético e xeográ-fico, declinación magnética, rumbos coaterminoloxía da rosa dos ventos do s.XVI...) e explicar outros como norte deagulla, rumbos circulares e cuadrantais,enfilacións, demoras, marcacións.... Aestes exercicios tratamos sempre de dar-lle un compoñente histórico ao propoñer,poñamos por caso, buscar os restos dunbarco afundido no s. XVIII a partir dunhainscrición inventada achada nun exvotomariñeiro inexistente.Ocupámonos, así mesmo, de contemplarcomo a literatura e o cine trataron asgrandes viaxes oceánicas, paro o que osasistentes tiveron que ver nos seus domi-cilios algunhas películas e de forma moiparticular a historia do motín da Bounty,a través de tres célebres películas (1935,1962, 1984) nas que se narra o mesmoacontecemento. A partir dun feito real, ocine transformou a realidade ao converteraos amotinados en protagonistas.Os coñecementos adquiridos permitironaos inscritos no obradoiro gozar destesfilmes dunha forma máis completa, poisentendían a terminoloxía náutica empre-gada. Por exemplo, se se ordenaba lar-gar ou aferrar unha vela, cobrar un cabo,ou se indicaba unha parte do barco ou daarboradura, sabían a que parte se refe-rían, a vela da que se trataba ou o nomee a función do cabo mencionado. Ade-mais eran quen de relacionar as películas

que estaban a ver coas viaxes e descu-bertas levadas a cabo con anterioridadepor mariños españois, portugueses, bri-tánicos, holandeses ou franceses, etamén detectar algunha información inco-rrecta.Os participantes recibiron a diario un ma-terial didáctico no que se recollían as na-rracións do protagonistas, seproporcionaba información sobre as sin-graduras explicadas, a terminoloxía ou osinstrumentos náuticos. Tamén se entre-garon moitos esquemas e follas de activi-dades onde deberían ir colocando osnomes das velas, a arboradura, os tiposde barcos, a súa evolución, as súas par-tes... reunindo, deste modo, un amplomaterial de recordo e consulta.Como complemento das doce sesiónscelebradas no Museo, fixemos ao final decada curso unha xornada de navegacióna vela en embarcacións tradicionais. Conesta actividade pretendeuse que os par-ticipantes tomasen contacto con estesbarcos semellantes ás embarcacións me-nores das épocas abarcadas no obra-doiro, e tamén contribuír a que valoren opatrimonio marítimo de Galicia e a súanecesaria conservación e recuperación.

Debido ao interese que apreciamos nosasistentes a calquera destas tres convo-catorias, en anos sucesivos seguiremosrepetindo de forma gratuíta esta expe-riencia divulgativa na que sempre traba-llamos con grupos reducidos para poderfacela o máis activa posible. Aquelas persoas que estean interesadasen inscribirse poden contactar co Gabi-nete Didáctico para que as avisemoscando comece unha nova quenda na quese pode ter en conta a dispoñibilidade ho-raria da maioría dos interesados, podenescribir ao correo electrónico:

[email protected]

7

Parte dunha das Salas Navais do Museo de Pontevedra A traiñeira desde o bote polbeiro

Participantes do obradoiro navegando nasembarcacións d’Os Galos de Bueu

Page 8: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

8

NON SÓ ESTIVEMOS EN BRESTFernando Piñeiro Oubiña, desde o seu lugar depresidente da Federación Galega pola CulturaMarítima e Fluvial, fai mediante estas liñas, unpercorrido polo que foi para a federación e os

colectivos este ano 2008 que remata, encanto ao que a eventos e movementos se re-fire. E sempre mirando ao que está aínda porvir.

Se algo ten de bo a cultura marítima e flu-vial de Galicia é a capacidade das aso-ciacións que a dinamizan. Despois doesfolamento (percepción dalghúns) quesupuxo o desprazamento a Brest, queda-ron folgos, e moitos, para seguir co pannoso de cada día. Ou o que é o mesmo anosa festa particular e plural, onde as gai-tas son as de sempre e os tambores nonson de plástico (dito sexa con tódolos res-pectos).

O que é dicir: queredes regatas? Poisveña adiante. Que o ano pasado namo-riscaches dunha moza no Encontro deMoaña, pois miraremos se está polaFesta do Río, quen sabe?... . Se nonsempre quedará a Parrocheira.

O ano comezaba con problemas, si, pro-

blemas, como non. Antes ninguén se pre-ocupaba de saber como era aquilo dasleis, hoxe mesmo as sardiñas se areancon leis… por se non lles chegaba o sal.

Así foi, no Grove suspendían unha regatapor “falta de cobertura legal”, con bo crite-rio, non están os tempos para que o “be-nevol” de turno (din en Fransia de aquelque presta o seu traballo sen percibir unpeso e só oe aquilo de que “iso faise dou-tro xeito”, e mais de un sospeita que lletira partido) acade premio, por unha maldada.

Tamén pensaron o mesmo por Ribeira;deste xeito o calendario dorneiro que-daba tocado, pero nisto xa sabemos quenunca está dito todo. E alí apareceron osAmigos da Dorna de Portonovo para di-

cirnos e instruírnos que o Sepelo existe,que non é unha ficción e que a máis deun ou de unha a dita pedra lle trae recor-dos de verán e “ai! quítame ou ponmeaquí”. Tamén houbo algún que pensounoutra cousa, pero é cuestión de pensa-mentos, que a todo hai quen gañe.

Así, benvida foi a Regata do Sepelo, quelogo da Fasquía, foi a segunda despoisdas Letras da Illa, que rompen o calenda-rio xeral e con arrecendo de pinturafresca e triscados de velas por estrear dinque xa chegou o verán, -non sei cal foi opoeta das “escuras golondrinas”- nestecaso das cada vez menos escuras e máismulticoores dornas polbeiras.

Démoslle o saúdo á Ria de Aldán e com-probamos que o traballo feito en Bouzas

Fotografías: Lino Prieto

Page 9: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

99

termina por acadar unha importante xun-tanza que todo o mundo comeza a ter dereferencia. Un premio para eses que llededicaron horas e … a ter un pantalándedicado ás embarcacións tradicionaisde Galicia. Bo traballo.

Tamén foi bonito que cada fin de semanaviamos un amigo diferente dando unhalección maxistral na televisión, moitosforon os que nos viron e moitas foron asembarcacións que por alí pasaron. Os deRedes, os de Bueu os de …. De proa apopa, de babor a estribor e de norte a sur.

Vivimos unha Volta á Illa da Arousa dedornas a vela impresionante, onde o“duelo” Nécora-Cariñosa, Cariñosa-Né-cora rematou en Cariñosa, Checo e Vic-tor non só se impuxeron na Volta áIllasenón que deixaron a Nécora de Braulioe Jarri de segundos tamén no “IV TrofeoGalicia de Dornas a Vela”, terceira a Xa-randeira de Santi e Juan.

Foi é un ano marcado polas boas noti-cias, unha potente flota está a medrar,

por Cambados o “Avelino Manuel” en-traba no estaleiro, o “Eliseo”, agardaaínda para dar o cambio de ría e partircara a Moaña onde a xente de Sueste porfin deixará de vir a Cambados a traballarnel. A Lanvanqueira espera para ser bo-tada, o Comaira polas xunqueiras doUmia agarda para ver que pode ser,Sara, que dicir? pode ser o futuro, otempo o dirá. Hoxe é unha fonte de ilu-sión e unha aposta para un sector, a car-pintería de ribeira, que debate cara aonde ir ou por ver como será mañá.Tamén na Arousa espera xa outro barco oRei dos Mares, antiga motora entre por-tos, o barco que lle faltaba ós da Escola.Tamén por Vigo a Escola Obradoiro botaoutro galeón, por Ferrol o Tio Mini, fíxo-nos o bote de pau, e Manolo Mougán óescribir estas liñas recorta o carballo doque serán as cadernas do Illa de Corte-gada, semella que o sector de maior es-lora da nosa flota goza de un dos seusmellores momentos, que sexa por moitosanos!

Afrouxou o vento da Ardentía, ocupado

en facer exposicións internacionais exorde modesta a pequena guía das em-barcacións nosas de cada día, que traba-llou Lino Prieto e se presentou en SanVicente coa participación de FranciscoFernández Re e quen isto suscribe, entreoutros, onde tamén un novo xeito de co-municación tivo un oco “os bloguers”, esamaneira de comunicar libremente da quecada día participan mais persoas.

E como se dun baile se tratase a mozapide vez e anota:

-Regatas de bucetas-Regatas de barcos grandes ou

intertipoloxías.

Ala na liña do horizonte, dirixindo a nosamirada cara o norte e as súas rías xa al-biscamos Muros 09, cara alá navegare-mos, avante toda!

Que máis se pode pedir para esta épocado ano: viño con castañas, café e cañaque vai frío e xa pasou o San Martiño.

Page 10: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

10

RESUMO DE ACTIVIDADE DA APPM

Zé Mário em recuperação.

Foi no ano 1998 cando se deu un primeiropaso en favor da unión dos colectivos maríti-mos e sociais vinculados coas embarcaciónstradicionais, co paso dos anos a APPM foi to-mando forma. O noso compañeiro João Bap-

tista, Responsable do Conselho Fiscal damesma, relata neste texto os apontamentossobre a creación da Associação PortuguesaDo Património Marítimo (APPM), así como unrepaso sobre as súas principais actividades .

A APPM começou a ganhar forma noano de 1998 durante a Expo 98. Em1999 após o festival dos Oceanos, umgrupo de amigos das embarcações tradi-cionais reuniram-se em Lisboa na EscolaNáutica de Paço de Arcos para se come-çar a dar forma à Associação.

Estiveram presentes cerca de 20 pes-soas desde o norte ao sul de Portugal.Muitas mais reuniões se sucederam atéque finalmente em 2002 se registou a As-sociação . Seguiram-se mais alguns anos de reu-niões e de impasses, até que finalmenteem 2006 se elegeu uma direcção queestá em funções até hoje.

A APPM é uma associação de âmbito na-cional que acolhe, quer outras associa-ções quer membros particulares oumesmo instituições.

Das muitas actividades da associaçãoportuguesa do Património Marítimo des-tacamos algumas:

1. Acções de recuperação de património:Galeão Zé Mário, Embarcação do RioSadoBarca do Atum, embarcação da RiaFormosa, Olhão

2. Acções de Protecção do Ambiente eEducação AmbientalReciclagem de óleos alimentares usa-

dos. Utilização de biodiesel nos Galeõesdo sal que navegam no Estuário doSado.Projecto de remoção do lixo flutuante doRio Sado

3. Relações Públicas NacionaisReunião de Embarcações Tradicionaisno SeixalSeminário das Comunidades Ribeirinhasem SesimbraCelebração da Cultura Costeira Ílhavo1º Encontro mostra de embarcações in-ternacional de Aveiro1º Congresso Internacional da Náuticade Recreio SeixalColóquio Internacional Octávio Lixa Fil-gueiras em ÍlhavoRádio Azul. Presença Semanal desde

Dezembro de 2007

4. Relações Públicas InternacionaisReunião Anual do European MaritimeHeritage em Setúbal Novembro de 20066º Congresso do European Maritime He-ritage em Roterdão Abril de 2007Reunião Anual do European MaritimeHeritage em Helsínquia Outubro de 2007Reunião do CC do European MaritimeHeritage em Londres Janeiro de 2008Admissão da APPM como membro asso-ciado do European Maritime Heritage.

A APPM é em Portugal o equivalente ànossa Federação, estando lentamentepasso a passo, a criar as bases para quese juntem ao redor do mesmo espírito, asalvaguarda e a defesa das embarca-

Page 11: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

11

ções tradicionais os diversos actoresque em Portugal tem responsabilidadesno património marítimo. Contamos como apoio do European Maritime Heritagee a sua larga experiência, também o tra-balho desenvolvido ao longo dos anospor diversos sócios fundadores tem sidoimportante.

Fotografías facilitadas por:João Baptista

Page 12: AnoVII.Nº16. Decembro2008 ... · trimonio marítimo e fluvial. Lino velea en canta regata ou Encontro organiza a Fe - deración e cos Amigos da Dorna Meca anda a recuperar algún

FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURAMARÍTIMA E FLUVIAL

Ed. Multiusos, Campo da Mercede s/n.36630 CAMBADOS, Pontevedra

Telf. 986524845E-mail: [email protected]

CONSELLO DE REDACIÓN:Francisco Fdez. Rei, Lino Prieto,

Fernando Piñeiro

COLABORADORES:J.M. Castaño, João Baptista

FOTOGRAFIAS:Miguel Muñiz, Diana Costas

Lino Prieto

DESEÑO E MAQUETACIÓN:

Listado actualizado de asociacións membros da F.G.C.M.F.

Subvencionado pola Presidencia daXunta de Galicia.Secretaría Xeral de

Política Lingüística

1 CRAC CORUXO 619 519 431 [email protected] Real Cofradía da Dorna de Ribeira 606 061 363 [email protected] Amigos da Dorna Meca 986 732 805 [email protected] Asc. de Embarcacións Tradicionais «Os Galos» 986 321 799 [email protected] Club do Mar de Ferrol 981 353 499 [email protected] Asc. «As Joritas» 986 542 056 [email protected] Grupo Etnográfico Mascato 986 520 008 [email protected] Asc. Cultural e Deportiva DORNA 649 190 098 [email protected] Asc. De Gameleiros Asodiña 986 222 441 [email protected] Asc. Mariñeiros San Miguel de Bouzas 986 247 062 [email protected] Asc. SODINÁUTICA 986 222 441 [email protected] Asc. De Veciños «Boureante» 669 897 537 [email protected] Clube Mariño «A Reiboa» 669 897 537 [email protected] R.C.N. De Sangenjo 670 544 295 [email protected] Asc. «A Rabandeira» 636 643 137 [email protected] Amigos da Dorna de Portonovo 686 982 062 [email protected] Clube Mariño Salnés 986 526 927 [email protected] Asc. Barcas do Minho 982 465 218 [email protected] Asc. Canle de Lira 981 184 906 [email protected] Asc. Cultural «A Figueiriña-Lanchas do Sil» 988 682 146 [email protected] Asc. Mar da Pedra 986 307 044 [email protected] Club Náutico de Redes 647 368 795 [email protected] Asc. «A Rompetimóns» 659 834 701 rompetimó[email protected] Asc. Barcos do Norte. Viana do Castelo 938 014 101 [email protected] Asc. Amigos das Embarcacións Tradicionais 981 220 020 [email protected] Asc. Mar de Noia 981 821 681 [email protected] Asc. Mar de Muros 981 763 979 [email protected] Asc. Sueste 986 315 250 [email protected] Escola Obradoiro Mar de Vigo II 986 462 090 [email protected] Asc. Cultural «A Gamela». Cabo da Cruz 649 987 012 [email protected] 31 Esteirana de Remo 981 826 040 [email protected] Asc. Cultural «Gameleiros». Breadouro 986 490 592 [email protected] Asc. Marítima e Cultural Vilaxoan 653 350 045 [email protected] 34 Fundación Expomar 982 586 232 [email protected] Asc. Lajareu por Barlovento [email protected] Asc. Cultural, Deportiva Fasquía 986 551 282 [email protected] Asc. Calmoseira 649 376 570 [email protected] 38 Instituto de Estudos Miñoranos 680 644 490 [email protected] 39 Asc. Clube Marítimo Marismas da Ramallosa 626 777 547 [email protected]