ano xxxiv - nÚmero 231 xaneiro - marzo 2016regueira e manuel rivas. darío xohán cabana, que...

44
ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016

Upload: others

Post on 22-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016

Page 2: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA  (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento,  35

MONDOÑEDO  (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores

Page 3: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R editan:

REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»----------

Praza do Seminario, 1 Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

depósito legal: LU -1609-82

número 231xaneiro-marzo de 2016

taboleiro

. tapa: homenaxe a Manuel María

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. Manuel María, 3

. falamos con... Saleta Goi,

. colaboracións, 23*Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Pasado algún tempo

entendiamonos cos ollos, 23* Antonio Reigosa, Mondoñedo en Manuel María, 30* Xulio Xiz, Ti reinas na Terrá Chá, 33* Félix Villares Mouteira, Don Jaime Cabot e Manuel María, 35* Félix Villares Mouteira, Manuel María, o Seminario e

Amencer, 37. colaboraron, 39

   sumario

- 1 -

A M E N C E R

coordinadores:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

Page 4: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

A Real Academia Galega, na sesión plenaria celebrada o tres de xullodo pasado ano 2015, acordou por ampla maioría dedicar o Día das LetrasGalegas de 2016 ó poeta Manuel María polas súas continuas aportacións nonsó á literatura galega senón tamén á normalización ligüística.

A candidatura de Manuel María foi avalada por Darío Xohán Cabana,Margarita Ledo, Fina Casaderrey, Víctor Fernández Freixanes, Xosé LuisRegueira e Manuel Rivas.

Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real AcademiaGalega a cadeira que Manuel María deixou vacante á súa morte en setembrode 2004, manifestou: «A excelencia que consiguen algúns autores con poucospoemas atopámola en Manuel dentro da inmensidade da súa obra».

Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega, o profesorXesús Alonso Montero, dixo que Manuel María «é o perfecto candidato porser xunto con Rosalía, Curros Enriquez ou Celso Emilio Ferreiro un dospoetas máis cantados da literatura galega».

Persoalmente coido que a Manuel María estáselle a facer xustiza co Díadas Letras Galegas pola súa traxectoria literaria-conta cunha obra inmensa-, polo seu compromiso na defensa da nosa linguae por facer país. Opino que os académicos desta vez non se equivocaron naelección do autor a ser homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016.

O poeta cantor da Terra Chá -que dicía que ser chairego imprimecarácter- tivo moi boa relación co Seminario de Mondoñedo, sobre todo,cando o que isto escribe estivo de reitor. Ten colaborado varias veces narevista Amencer e tena valorado moi positivamente. Así nunha carta quemandou, desde a Coruña, o 19 de xuño de 1998 dicíame: «Noraboa poloextraordinario de AMENCER. Unha maravilla como xeralmente todos osnúmeros da revista. Moitas gracias por lembrarse de min pra mandarma».Tamén ten pronunciado varias conferencias no Seminario e asistido a diversosactos.

Vaia este número de Amencer coma unha pequena e humildehomenaxe, pero certamente sentida e chea de gratitude, a Manuel María, quetanto fixo pola lingua galega e por este país dos «dez mil ríos», entre os queestá o regato do Cepelo que el tan ben cantou.

Félix Villares Mouteira

Page 5: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 3 -

A M E N C E Rmanuel maría

Manuel María Fernández Teixeiro nace o 6 de outubro de 1929,preto do Río Miño en Outeiro de Rei, no seo dunha familia labregaacomodada, a Casa de Hortas, a típica da Terra Chá, a catro augas,hoxe convertida en Casa-Museo da Fundación Manuel María. Semprehoubo unha total simbiose entre o escritor e a Chaira, entre o home eos elementos primordiais que o compoñen: a terra da que está feito,a auga, o lume, o vento, no sentido que lle dá no primeiro poema doRitual pra unha tribu capital de concello:  «...e  un  idéntico  ventoconferiunos / o outo don da vida e o da palabra».., o corpo e o espírito.

De neno era amigo de xogar no Campo de Santa Isabel á billarda ede desatar os batuxos dos troiteiros para ir descubrindo as belezasdo río. Moi novo collía a bici para coñecer máis alá do seu «outeiro» aancha mar da Chaira. Sempre sentiu unha grande atracción polanatureza á que converteu en protagonista da súa escrita: os regatoscoma o do Cepelo, os grilos, un deles é O Kricói está no Cereixal(1973), as árbores (Carta a unha árbore, 1962)... Ía medrando nunambiente inspirado nas tradicións e na práctica relixiosa común amoitas familias, pero tamén o seu espírito creativo e vivo foino liberandode toda opresión para poder buscar novos horizontes de liberdade ede compromiso co pobo.

Cando morre o seu pai Antonio (1943), Manuel María vai vivir aLugo co tío Pepe, crego, profesor de Filosofía e creador da parroquiada Milagrosa. Estuda no Instituto e nos Maristas. Un dos seus primeirosamigos ía ser Uxío Novoneyra. Pero sería na tertulia do Méndez Núñezna que apousaría toda a fervenza do mozo poeta, alí coñecería a LuísPimentel,  a  Fernández  de  la  Vega,  ao  pintor  Ánxel  Johán,  aosprofesores  Carballo  Calero  e  Iglesia Alvariño.  Pero  o  grandescubremento ía ser Ánxel Fole. Tamén Cunqueiro era un asiduo doMéndez.

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 4 -

A M E N C E R manuel  maría

1949: Os primeiros versos

Aos  19  anos,  xa  está  a  facer  versos  con  moita  ilusión  eaventúrase  nunha  revista  de  poesía,  Xistral,  e  no  primeiro  libro:Muiñeiro de brétemas, no que abrolla toda a forza e inestabilidadepropias da primeira mocidade. Convertíase así no autor máis novoque publicaba no noso idioma na posguerra. Foi Iglesia Alvariño, oque o animou.

Soña con facer filosofía, pero o tío obrígao a cursar dereito, oque suporía unha frustración e o fracaso das súas teimas universitarias,o que ía confiando aos versos, e así foi compoñendo Morrendo a cadaintre (1952). Escribe relatos e contos con carga autobiográfica, como«A luzada» (1951) que é un raio de luz no medio daquela crise. Outrosuceso arrepiante veu a multiplicar aquela angustia: a morte poratropelo do irmán máis novo, Xesús María, aos 13 anos, e outro librosería a testemuña da súa dor: o Libro de pregos (1953), reservadoalgún tempo na alcoba segreda e íntima do poeta, ata que foi premiadoen Bos Aires (1955), que é unha resonancia dos salmos bíblicos.Escribe Advento premiado polo Centro Galego de Bos Aires (1954),que é un trasunto do existencialismo que está a vivir mesmo no terreorelixioso. Uns libros que son o síntoma das súas crises de crecementoen tódalas ordes da vida e do seu carácter contestario ante a vidaprosaica e a intolerancia, que desembocaría despois na serenidadee no gozo que abrollaría o seu temple e talante de comunicación coOutro a través das criaturas ao xeito do tamén poeta Francisco deAsís.

Cadra na mili en Parga con Novoneyra. Son destinados aCompostela, é no Café Español atopan o verdadeiro filón do queestaba a acontecer no mundo cultural. Naquela tertulia comparten mesae debate con Bouza Brey, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo..., e coñecenaos máis novos: Pura Vázquez, Pilar Vázquez Cuesta, Celso Emilio,Xosé M. Beiras... Tiña o costume de tomar café con Otero Pedrayo aoque despois  visitaría no  pazo de Trasalba.  Manuel María  xa eracoñecido e disfrutaban a eito da súa palabra fluída e ateigada decontidos e emoción. Diserta e mutiplicanse os seus recitáis. Colaborana Revista Alba con Bernardino Graña e Méndez Ferrín cos que

Page 7: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 5 -

A M E N C E Rmanuel maría

mantería amizade, sobre todo cando os dous exercen o ensino noFingoi de Lugo.

1954: O Terra Chá

Despois  de  ofrecernos  asrugosidades e fluctuacións dos seus relevosinteriores,  Manuel  María,  que  consideratódolos  temas  humanos  obxecto  da  artepoética,  encomeza  unha  nova  cala  emergúllase na paisaxe e paisanaxe da TerraChá que el tanto coñecía polo seu afán deviaxar. Na primeira edición do Terra Chá, undos seus libros máis mimado, encartou 55poemas que se convertirían en 110 na quinta(1989).

Gaña os Xogos Florais de Ourensee coñece alí a Cuevillas, Antón Tovar, Vicente Risco, anos nos queparticipa  nestes  certames: A  Coruña  (1960), A  Mariña  (1965),Vilagarcía,  Monforte,  Guimaraes...,  o  que  supoñía  un  ingresoeconómico xa que a profesión endexamais lle resultou moi rendible.No 1957 acadara o título de Procurador dos Tribunais, instalándoseen Monforte, da que foi nomeado «Fillo adoptivo» en 1987. Nosprimeiros  anos  alterna  este  oficio  co  de  dar  clases  en  variasacademias. No 1959 casa con Saleta Goi García, natural de Reigosada Pastoriza chairega, aínda que vivía en Lugo. A casa do Manuel eda Saleta estaba sempre aberta para todos. Sería unha longa historiade  amor  e  compromiso  coa  que  toda  Galicia  gañaría  cotas  deliberdade,  pero  que  á  vez  os  distanciaría  dos  que  acusaban  dedemasiado social a súa poesía nun tempo no que só os poetas podíandenunciar entre liñas o asoballamento do pobo e revindicar a súahistoria e identidade. Así só ve publicado en Galaxia Mar Maior (1963),que rexeita un dos seus contos máis  longos: O xornaleiro e setetestemuñas máis, que é a denuncia da opresión que impón a ditadura,a desigualdade social e a miseria... É a narrativa que describe a vida

Page 8: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 6 -

A M E N C E R manuel maría

indixente dos labregos, a corrupción do poder, o alleamento dos querenegan da súa orixe... Estes relatos verían a luz en Bos Aires no 1971.

Manuel María acode a concursos para ver publicados os librose así os seus lectores, cada volta máis numerosos, teñen que facer unesforzo para atopar a súa obra editada en Montevideo, Bos Aires,Xenebra, Portugal…, ou na Celta de Lugo onde publica Documentospersonaes (1958), un libro que nace cando o autor está a estrearsenunha profesión moi árida para a súa sensibilidade, o poemario épolo tanto outro berro de rebeldía fronte a unha vida que ás veces setórna moi estreita e prosaica e estoupa nuns versos críticos e satíricosonde xoga coa parodia e a linguaxe xurídica. É un novo filón da súainmensa escrita na que acredita os problemas reais da sociedade ezumega todo o alento do poeta por concienciar ao pobo ancorado namarxinación.  É  unha  liña  que  iría  «in  crescendo»  con  Probadocumental (1968) Versos pra un país de minifundios (1969), Remol(1970), Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969), Kricói. Fanói eDon Lobonís (1973), Poemas pra construir unha patria (1977) candoera imposible un discurso político digno. Pero a súa  poesía e narrativaforon capaces de canalizar as ansias de compromiso de moitas/ospara aguilloalo  pobo. Despois  desta escrita  que consideraba  detransición, Canciós do lusco ó fusco (1970) foi un dos máis traducidos(francés, holandés, bretón...) e a plenitude da literatura de denunciacon forte carga irónica.

Ded

icato

ria d

e P

roba d

ocum

en

tal

Page 9: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 7 -

A M E N C E Rmanuel maría

Esta coherencia levouno a que o marxinasen en sectores alleosá problemática real, polo que o poeta xunto con Ánxel Johán decidencrea-la Editorial Xistral no 1952. Máis tarde con Saleta, publicarían acolección Val de Lemos (1968). Na Xistral viron a luz «cadernos» deLuz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez, Cabanillas... Tamén en 1970Saleta e Manuel abren a Libraría Xistral que ía converterse nun centrocultural para toda a poboación. Máis ca unha tenda ía ser un punto deinformación e animación cultural do país e ata de tertulia para os quequerían toma-lo pulso da actualidade políticosocial, literaria, artística.

1964: Na vangarda nacionalista

Manuel e Saleta volcáronse desde os comezos, polo 1964, navangarda nacionalista, participando activamente na Fronte Culturalda ANPG, animando campañas para tomar conciencia da identidadede Galicia.  Foron anos de loita e persecución, con multas de ata300.000 pts., nunha manifestación anticelulosa en Quiroga e é detidosen ningunha explicación  real.   Nesta  fervenza presenta a NovaCanción Galega (1968), xa que acudiran a el para musicar as súasletras, e sae: Manuel María, poemas ditos coa súa voz. Converteríaseno máis cantado: Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, María Manuela,O Carro, A Quenlla e outros….

Publica literatura infantil, coma Os soños na gaiola,  en verso,e en prosa As ruas do vento ceibe (1979), así como a triloxía A triboten catro ríos (1991), Cando o mar foi polo río (1992) e Viaxes evagancias de M.P. (1994) na que Paderna, percorre Outeiro, a Chairae as cidades de Galicia ensinándonos os segredos e persoeiros máisimportantes, que remata sendo unha mostra do coñecemento que opoeta ten de tódalas comarcas e parroquias do país.

Viaxa varias veces a Portugal, Suíza, Catalunya, Euskadi,Bretaña..., A palabra sempre quente e cordial de Manuel María, seguea rebordar esperanza nos novos e nos máis vellos. Dá conferenciasen Holanda, Alemaña, Francia, Venezuela (1981)... A súa obra non sóelectriza  a  labregos,  obreiros  e  mariñeiros...,  tamén  atrae  aosemigrantes que o convidan aos centros galegos. Nas súas viaxes a

Page 10: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 8 -

manuel maría

Francia non fallan as frores na tumba de Francis Jammes, un xestoemotivo que Manuel e Saleta multiplican a cotío nos cemiterios onderepousan os seus amigos.

O Xornaleiro e sete testemuñas máis gaña  un  premio  noCentro Galego de Bos Aires en 1970, e no 1973 acada o Abrente deTeatro con A farsa de Bululú. Segue a publicar poesía coma Aldraxecontra a xistra  e  Laio e cramor pola Bretaña,  na  liña  de  seguirconcienciando e mobilizando á xente sobre as teimas de Galicia, igualca en Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976), O librodas baladas (1978), Cata-vento de neutrós domesticados e Poemaspra construir unha Patria. 1977 supón a ponte entre este libro, o máisdefinido na aposta nacionalista e Poemas ó Outono que marcan unhanova etapa pois dirixe unha ollada diferente sobre a súa vida..., quecontinúa  no  Libro de Baladas  (1978).  En  Poemas da labaradaestremecida  (1980)  olla  o  pasado  desde  un  novo  prisma:  acontemplación da vida desde a altura duns anos que axudan a collerperspectiva.  Neste  poemario  de  amor  descóbrese  a  meirandepreocupación pola forma dos versos que xa se viña insinuando nospoemarios dende 1977.

(Fotografía  cedida  por  Rubén Leirvas  Insua)

Page 11: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 9 -

manuel maría

Tódolos xéneros literarios son material para a súa arte estéticae así no 1976 gaña o I Concurso de guións cinematográficos de Nós.Cinematográfica Galega.

Arestora hai unha volta á infancia na Escolma de poetas deOuteiro de Rei que é un percorrido ficticio a través da historia dosdistintos tratamentos da poesía: trobadores, romanticismo, vangardasdo s.XX, etc. (1982). Sempre glosou os fitos históricos e os persoaxesimaxinarios da súa vila e un non sabe onde comeza a realidade eremata a ficción como acontece co criado da súa casa Manuel dePaderna..

Todo o país foi converténdose na súa propia terra ou parroquia,non hai escritor que a patease tanto irrigándoa coa súa creatividade,máis  de  mil  actos  culturais  en  todo  o  país  mostran  este  afáncomunicador, coma se tivese a teima de devolver ao seu pobo o moitoque del recibira. Un dos trazos da súa persoa era a xenerosidade,sempre disposto a acudir desinteresadamente, a cambio de comparti-la súa sabedoría. Era un obreiro da palabra pero sen soldada.

As súas viaxes foron converténdose en libros, así os Versosdo lume e do vaga-lume (1982) son as camiñatas por Galicia. En Aluz ressuscitada (1984) fai fincapé nos itinerarios artísticos, porque oautor era un dos mellores coñecedores da nosa arte, e en concretoda simboloxía románica e cristiá, non só das grandes catedrais taméndas ermidas, O camiño é unha nostalxa (1985) é a viaxe real e soñadaque fixo e lle gustaría facer ao poeta e Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986) transmiten toda a imaxinación contida das viaxes deManuel María e Saleta por Italia e Grecia.

As lúcidas lúas do outono  (1988)  reflicten  a  nostalxia  eagradecemento con que estaba a experimenta-lo poeta todo o mundoque lle deu a vida e os devanceiros, xa no outono ou madureza na queapousara con tanta melancolía. En 1991 publica o Compendio deorballos e incertezas que é un ramillete do seu universo poético e aoano seguinte Xermolos dá a coñece-las súas Panxoliñas.

En  1993  publica  A primavera de Venus,  outro  punto  noachegamento á cultura clásic, na que despunta a presencia amorosa

Page 12: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R manuel maría

e permanente da súa muller. Poemas a Compostela (1993), Poemaspara dicirlle a dúas lagoas (1994), O Miño canle de luz e néboa (1996)que é o «Grande Poema ó Miño» tan metido no seu corazón  Sonetosá Casa de Hortas (1997) son o eterno retorno ao seu mundo orixinalque deixara unha pegada de nostalxia na súa vida e por iso volve a elcos seus versos e coa súa presencia sempre puntual nas celebraciónsque seguen a encher a súa casa natal. Tamén deixa a súa pegada encomarcas: Versos frolecidos en louvanza de Foz (1967), Cantigueirode Orcellón (1984), Sonetos ao val de Quiroga (1988), Cantigas ecantos de Pantón (1994). Coñece varias antoloxías: Antología poética(Madrid 1969), a bilingüe editada en Porto (1972): 99 poemas deManuel María, a de Camilo Gómez Torres, o seu máximo estudioso,que aparece en 1979: Versos para 30 outonos, as de 1993 e 1997.

O poeta non refuga ningún xénero literario e escribe Barrigaverde  (1968), que recolle un personaxe  tradicional que estaba aperderse. O seu Abril delume e ferro  (1975)  érepresentado  tódolosanos  ó  aire  l ibre  enCarral facendo memoriados  Mártires  de  Carralde  1846,  nunharecreación  na  queparticipan  preto  de  70actores  e  actricesveciños  do  propioconcello.  Desde  1957publicara varios «autos»,algúns  en  Portugal:dramas históricos, perosería  As aven-turas edesventu-ras dunhaespiña de toxo cha-mada Berenguela   omáis  representa-do.  Éunha  sátira  contra  a

- 10 -

Page 13: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 11 -

A M E N C E Rmanuel maría

perda da  liberdade pola  represión e o Auto do maio esmaioladosalienta a dor dun pobo oprimido, que foron traducidos ao éuscaro en1985. En 1992 publicanlle en dúas escollas: A lúa vai encoberta, unachegamento a Galicia da guerra incivil ata hoxe e Auto do Castromilou a revolución dos baúles no que fai memoria da Compostela deonte.

O teatro é coa poesía un dos xéneros cos que máis gozaba,pero contamos tamén cunha importante narrativa: Contos en cuartocrecente e outras prosas (1952), que foi editada de novo en douslibros: Os ontes do silencio (1990) e O Xornaleiro que veu a luz en Asribeiras son escuras (1997). A prosa como a poesía ofrece variasfacianas e neste punto imos salienta-la súa Novena a Santa Isabelpor un devoto de Outeiro de Rei, que é un sinal máis da súa teimapola recuperación do patrimonio literario, artístico, etnográfico, nestecaso da relixiosidade popular.

Escribe  ensaios  sobre  Bouza  Brey,  Celso  Emilio  Ferreiro,Gabriel Aresti, Crecente Vega, etc. Foi o xornalismo o capítulo máisimportante en cantidade de toda a súa obra. Son centos de artigosespallados en revistas e xornais, así un artigo semanal en El CorreoGallego, ou a colaboración en tódolos números de A Nosa Terra baixoo epígrafe de «Andando a Terra». Dende revistas especializadas ataboletíns de colectivos culturais e sociais, todos saborearon algunhavez a súa pluma.

Nunha escolla dos seus poemas que publicou o Boletín Galegode Literatura en 1993: Os lonxes do solpor, Manuel María introdúceoscon esta «autopoética»: «cando servidor tiña vinte e poucos anos dicíaque non sabía o que é a Poesía. Tamén afirmaba que a misión dopoeta e da Poesía é agrandar o mundo, tódolos mundos. Cando tiñacincuenta e cinco anos intentou explicar o que é un poema. E saíronlleestes versos: «Un poema é un ser vivo que anda/ respira, soña, chora,salouca,/ ama, berra, centila e escurece,/cala, aborrece a mentira,/sente odio e ternura, desángrase,/ fala de intimidade a intimidade/coas cousas e coa xente, suxere/ mundos posibles e imposibles,//suda, cansa, sofre sede e fame, /adoece, agoniza. E nunca morre».

Page 14: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 12 -

A M E N C E R manuel maría

Anos de recoñecemento

En xuño de 1990 a Asociación Xermolos dedicalle os PrimeirosEncontros na Terra Chá no San Alberte. Foi recoñecido co Premio«Celanova Casa dos Poetas» (1990) e co «Pedrón de Ouro» (1994):«pola  súa  traxectoria  de  máis  de  corenta  anos  de  dedicación  efidelidade, incluso precursora, a todo canto teña relación con Galicia».No  1995  a Asociación  Socio-Pedagóxica  Galega  faille  unha«Homenaxe no Teatro Rosalía de Castro» da Coruña e no 1997 aAsociación de Escritores en Lingua Galega convoca «O escritor nasúa terra», coa plantación dun carballo e a inauguración dunha rúa coseu nome en Outeiro. Foron moitas as homenaxes tributadas. No 2000os  centros  de  ensino  da Terra Chá  dedícanlle  o»Día  das  LetrasChairegas». O mesmo ano no que Xermolos tira adiante coa IrmandadeManuel María da Terra Chá. Xa no 2003 entra na Real Academia Galega.

No 1998 volve A Coruña. Desde neno Manuel María sentiu unhaforte atracción por esta cidade, porén ao retornar e establecerse nela,houbo como unha volta a aqueles veráns da súa infancia cando ía aela coa súa nai Pastora. No seu corazón sempre soñou co sorrisodesta cidade: «A Cruña rí encristalada», escribiu en 1970. E alí quixoavellentar con dignidade, traballando no que lle gustaba e poucas vecestan identificado coa mocidade na primeira liña das súas arelas emanifestacións, por iso segue en pé aquel diagnóstico de ManuelVeiga. «moita mocidade ilusionada agarrouse a el como a unha pólagallarda e  firme  da que prenderse,  cando  tantas outras estabaninutilizadas» (A Nosa Terra, 14-IX-95).

No 2000, matinando pechar a súa obra, publica Bretemas domuiñeiro, pero aínda habería máis: Camiños de luz e sombra, Entrea arxila e a luz…, pero o que máis o engaiolou foron os dous volumesda súa Obra Poética Completa… Deixounos o 8 de setembro do 2004e é soterrado no cemiterio de Outeiro ao pé da súa igrexa nunhamanifestación de dó de todas as Galizas. Días antes, xa enfermo, naFesta de Santa Sabela, asisteu á presentación de as Elexías á miñavida pequeniña. E xa no Festival de Pardiñas do 2010, A Quenllaestrea Os Irmandiños, cumprindo unha manda do poeta nunha ediciónanterior do festival, que musicasen os seus poemas sobre este fitohistórico. A estrea alongouse por toda Galiza nunha iniciativa máis daIrmandade Manuel María da Terra Chá..

Page 15: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 13 -

A M E N C E Rfalamos con...

Saleta Goi,

viuva de Manuel MaríaS

IMO

NE

TTA

 DO

ND

I DA

LL

 OR

OL

OG

IO

«El era un home moiético á hora de achegar asúa parte no que podía»

«Eu estou  totalmente  identificada coaobra do meu home»

Page 16: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 14 -

A M E N C E R falamos con...

Estamos a falar con Saleta Goi, a viúva de Manuel María, quecompartiron a maior parte da súa vida, mellor dito, que seguencompartindo, porque nos seus anos en común labraron unhaunidade total que non esmorece. Aquelas e aqueles que fixemoscamiño con eles nalgún treito, acreditamos que a vida e a obrado poeta non acadarían esta plenitude que estamos a celebrarna Festa das Letras, se non fose pola compañía constante deSaleta, e isto non só por convivir xuntos, senón pola entregaxenerosa desta dona a Galiza, porén tamén lle debemos a ela adedicación total de Manuel María ao noso pobo. Ao tempo quecelebramos a Manuel María, temos que agradecer a Saleta estaxenerosidade co país en todos os eidos: cultura, política,asociacionismo de base... É unha débeda con ela porque a súatraxectoria non se reduciu a unha simple convivencia, senón quedeu alento e inspiración ao escritor...

- Manuel María escribiu a maioría dosseus libros na mesa-camiña que agora está nasúa Casa-Museo en Outeiro de Rei, á par queSaleta atendía aos clientes da Libraría Xistralen Monforte. Nas miñas estadías alí percibíncoma ela creara un ambiente, un espazo persoalpara que o poeta puidese crear con liberdade,sen interferencias... Adiviñamos neste xesto deSaleta o seu gran aprezo pola creación e omester de cadaquén...

- Primeiro, identifiqueime coa obra, e non foiningunha cousa que a min me custara, é dicir, eu estoutotalmente identificada coa obra do meu home... Esegundo, el tiña espazo... Ti irías cando non habíaxente, pero en agosto, como tiña a cerámica deSargadelos e un bo surtido de libros, entonces estabaaquelo a tope de xente. O libro  A Luz Resusscitada,escribiuno en agosto. Claro, eu non son creadorapero me parece que cando os versos agroman, hai

Eu estoutotalmente

identificada coaobra do meu

home.

Page 17: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 15 -

A M E N C E Rfalamos con...

que botalos fóra, eso é o que me parece a min, entóna cousa foi tan tensa para el que aquel ano tiña comopesadez de cabeza e mesmo se foi mirar, e o que tiñaera un agotamento, e como eu cando había tanta xentelle dicía que vixilase un pouco porque a libraría talcomo era, que ti a coñeces, alongada, cuns estantesasí, era moi fácil levar cousas, de feito algunhas vecesfaltaban, entonces había que vixiar... Eramos dúas,unha rapaza e mais eu despachando no mostradoratendendo á xente, e unha terceira persoa era moiimportante, só con que se levantase e andase por alí.El vendía ben a un bo cliente, é dicir, porque lleexplicaba  ben  a  literatura  e  a  cerámicaestupendamente, agora se o cliente non era un granreceptor de todo o que lle dicían, para eso non valía.Creo que queda explicado.

- Pero tamén necesitaba un tempo propiciopara a inspiración e o traballo que esta esixe...

- El tiña tal poder de abstración!, un poucopode deducirse... Pero a min tíñame asombrada,porque eu podo ler un xornal nun café, pero el tiñatal poder de concentración, que se esquecía de todoo que  había arredor,  e no  mostrador  estabamosfalando constantemente.

- Eu víao sempre emocionado polospequenos detalles, os pequenos xestos da vida,mesmo disfrutando da grandeza das cousas máispequenas e máis sinxelas, ¿acerto…?

-  Penso que si.

- Fostes para Monforte, pero quizais otraballo de Manuel coma procurador éralle unpouco rutinario...

Eu non soncreadora perome parece quecando os versosagroman, hai quebotalos fóra

El tiña tal poderde concentración,que se esquecíade todo o quehabía arredor

Page 18: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 16 -

A M E N C E R falamos con...

- Todo o mundo se ve nas obrigas. El era unhome moi ético á hora de achegar a súa parte no quepodía. A profesión de procurador foi un recurso. El,xa sabes, quería estudar filosofía... Pero o seu tíocura non o admitía porque era quen dirixía aquelavida.  Queríanse  moito,  pero  eran  personaxesencontrados. E quería que fixese dereito, pero a elnon lle gustaba nada. E queríao mandar á Estila..., eel dixo que nanai, que el non ía. Entón el vaise aoservizo  militar,  e  ao  vir  del  empezamos xa  conrelacións, quizais xa un pouquiño antes, e gañaba paraos seus gastos escribindo artigos en El Ideal Gallegoe noutras publicacións...Eu creo que o cura quería o sobriño alí porque tiñaunha criada só... Era un home moi austero, moiaustero, entonces era unha vida tamén sacrificada:levantarse cedo, ir ao confesonario -xa tiña alí a súaclientela- e despois andaba polas casas, era un homemoi caritativo... Pero tamén o educou desde os 12ou 13 anos. Cando finou o seu pai viviu sempre cocura  e  cando  lle  dixo  que  quería  facer  algo,contestoulle: faite mestre, pero iso non lle gustaba. Eentón falou con Celso Emilio Ferreiro, e Celso díxolle:faite procurador para ir a Vigo, ilusionáballe ir a Vigo,entón fíxose procurador e púxose a facer as prácticasen  Lugo  con  Luis Villar... Agora  necesítase  serlicenciado en dereito para facerse procurador, peronaquel momento non, a non ser que fose para unhapoboación con moitos habitantes..., entonces pensouen Betanzos. Pero houbo un premio en Lugo, quedebía ser polo Corpus, e veu un director da radio deMonforte, e na comida díxolle: « ven a Monforte queche  busco  unhas  clases  nunha  academia  e  unhacolaboración na radio e xa vas alí gañando algo», Efoi así como se foi a Monforte. Queriamos casar eacórdome que o cura ía para Roma xa que tódolos

El era un homemoi ético á hora

de achegar a súaparte no que

podía.

A profesión deprocurador foi

un recurso

Page 19: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

-1 7 -

falamos con...

anos facía unhas viaxes-,  entonces díxolle o Manuel:«eu voume para Monforte». - «¿Cómo que te vaspara Monforte?» - «Si, si voume para Monforte ematricúlome alí»...

- Preguntábache como valoraba el oentorno da vida doméstica, os obxectos, estaspinturas, estes cadros…

- El estaba moi a gusto cos  cadros, cos libros...O que máis coidaba eran os libros, eso dende logo.

- A libraría Xistral converteuse nun lugarde peregrinación de moitas e moitos coma minque iamos alí buscar alento ¿ Ti como recordasesa peregrinaxe de xente de toda Galicia álibraría: de xente de fóra, da emigración? Eupenso que iso foi importante mesmo para ahistoria de Galicia, para a política, a cultura, acreación..

-  E para  Monforte  a  Xistral  tamén  foi  unreferente. Porque aquí mesmo na Coruña vas vendoos escaparates, non é que non haxa libros galegosdentro,  pero  nos  escaparates  moi  poucos  econtados..., e o libro  galego dá o tanto por centoexactamente igual có libro castelán ou doutro libro.Entonces, ¿que pasa no noso país?.Cando puxemos a libraría en Monforte, dixeron:«estes vanse arruinar», cun cartel en galego, falandoen galego, todo o libro galego alí..., E a libraría foi aque máis vendeu de Monforte no seu  tempo. Éverdade que daquela nos institutos traballábase moitocos libros e mercaban moitos libros. Ter Sargadelostamén supoñía un tanto. E así que os nenos dosinstitutos, sen ter máis conciencia de ser galego ounon ser galego, dicían: imos á libraría dos galegos

El estaba moi agusto coscadros, coslibros... O quemáis coidabaeran os libros.

E para Monfortea Xistral taménfoi un referente

Page 20: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 18 -

falamos con...

porque  alí  sempre  hai.  Claro,  que  ata  valesingularizarse co nome,Coa inmigración pasaba o mesmo, é dicir, os queviñan de Barcelona, do País Vasco, sen ser nomescoñecidos, porque a nivel de señores que escriben,eso é normal-,  pasar por Monforte era ir á libraríado Manuel, pero para outra xente tamén era unreferente e para a emigración temos vendido moitoslibros así que non é nada negativo. O negativo estána cabeza dos libreiros, non de todos, por suposto,algún queda pero eu vexo un desleixo tremendo. Ooutro día díxenllo a un libreiro que me respondeu: «éo que demanda a xente», «pois si é o que demanda axente non ter libraría, porque hoxe xa non demandanler nos libros porque hai medios de comunicaciónque saturan a mente».

- Manuel María foi falar ao Seminario deMondoñedo sobre Díaz Castro e outrosescritores. Un centro ao que consideraba:«cátedra de boas e galegas letras, depositariodunha riquísima tradición literaria». Amigo deTrapero Pardo, Cunqueiro, Iglesia Alvariño…,tamén achegado a Crecente Vega do que fixoun fermoso epitafio que a diócese imprimiu candose trouxeron as súas cinzas ao berce, preto doMiño… Matino que este poeta da Ponte deOuteiro era da túa parentela… Como transmitíaManuel María o eco da Escola do Seminario?

- Dalgún xeito me estás levando ao que dixenque non ía facer. Falar en nome de Manuel

- Ben, pero do que lle tes escoitado...

- Bueno eu téñolle escoitado e eu podo opinarcomo persoa... O Seminario de Mondoñedo é un

O Seminario deMondoñedo é un

pozo de cultura

Nós estivemos nacasa en Segovia

onde viviuCrecente, e

cando viñeron osrestos, Manuel

tivo moitoscontactos co

Félix, paratraelo, e quedou

moi contentopola estima que

lle tiñan

Page 21: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 19 -

falamos con...

pozo de cultura. Crecente Vega era curmán de miñanai, miña nai era García Vega e el é Crecente Vega,son curmáns  carnais. Nós  estivemos na  casa enSegovia onde viviu Crecente, e cando viñeron osrestos, Manuel tivo moitos contactos co Félix, paratraelo, e quedou moi contento pola estima que lletiñan. Aquilino dicía: «miña amiga, miña paisaniña»,sempre me abrazaba, e dicía: «saco a fotografía aquícoa miña paisaniña».

- Érades uns viaxeiros agradecidos coaspaisaxes, a diversidade de culturas e linguas…¿Que vos achegaban?

- Para el seguro que máis rentables, para mineran preciosas porque aos dous nos gustaba moitoviaxar..., antes anunciabámolo na libraría.

- Seguimos a falar das viaxes ..., e ManuelMaría ten libros de viaxes.

Na Aula  «Crecente Vega» do Seminario  de Mondoñedo  nas Xornadas  Cunqueirianas en 2001(Fotografía  facilitada  por Rubén  Leivas)

Aos dous nosgustaba moitoviaxar...

Page 22: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 20 -

falamos con...

- Un poema moi bonito  «Arcadía».

- E ¿que significaban para el esas viaxes?

- Se viaxas, o mundo agrándaseche. Todaexperiencia é unha marabilla, ás veces ata as que nonson agradables fanche evolucionar como sexa. Nósfomos a moitos sitios pola emigración, e tamén aoutras viaxes, a Italia que andivemos de arriba abaixo,a Córcega, a Cerdeña, máis abaixo a Sicilia, a Grecia,a Israel tiña moitas ganas de ir...

- ¿E non chegou a ir a Israel?

- Si, tiña moitas ganas de ir, a Exipto ondevimos as pirámides. Xa era conflitivo e fomos nuntempo  que  estaba  máis  pacífico.  Era  bastantearriscado  ir  alí...  Despois  por  París,  á  Bretañafrancesa, Holanda, Suíza e a Venezuela. Nesas viaxes,longas normalmente Manuel quería a súa secretaria,e eu quería ir.

- Saleta foi protagonista de moitos versose ata de poemarios enteiros. ¿Como se sentenagora as emocións e as sensacións daquelesanos de mocidade partillados en común?. ¿Quélectura fas agora ti ?

- Fai  pouco estaba  aquí unha  periodista epreguntábame o mesmo. A min gústanme máis ospoemas de amor que os que non son estritamente deamor, é dicir, estar no medio da vida e deses haimoitos. A través da obra do Manuel, eu estou enmoitos sitios, e gústame moito un poema de candoentrei na Casa de Hortas por primeira vez, que estános Sonetos á Casa de Hortas. Tamén hai outro que

Se viaxas, o mundoagrándaseche

Nós fomos amoitos sitios pola

emigración

A min gústanmemáis os poemasde amor que os

que non sonestritamente de

amor

Page 23: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 21 -

falamos con...

canta Uxía: «a terra faise en ti», é un poema que megusta moito.

- ¿Siguén emocionándote coma a primeiravez?

- Agora estou relendo constantemente e esteano máis quizais.

- Como el puxo aí toda a súa paixón, osversos seguen aí zumegando sentimentos eemocións inmorrentes...

-  Verémolo  co  tempo,  hai  que  ser  algohumildes...  Teñen  que  pasar  moitos  anos,  demomento si, e a min paréceme unha obra que ten unpaís detrás. Iso sempre consolida algo e o país demomento aínda está aí. O mapa de Fontan aínda nono deron movido; veremos se o moven, porque podeser...,  calquera  día  trasládano,  nunca  se  sabe,Alfonso.

Manuel  María nun  acto en  Mondodñedo  (foto  cedida  por  Rubén Leivas  Insua)

A min parécemeunha obra queten un país detrás

Page 24: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 22 -

falamos con ...

- Como Presidenta da Fundación ManuelMaría, ¿que pensas que pode achegar a Casa-Museo neste ano para coñecer aínda máis emellor a Manuel?

- Eu creo que si, pero eso sempre é a travésdo ensino, son novas xeracións. Antes de dedicarlleo Día das Letras Galegas, a casa xa tivo moitasvisitas, pero este ano desbórdase, claro. E nisto osensinantes teñen moito que ver. E é  unha marabillase conciencian algo aos novos, aos rapaces e rapazas,de que temos un país...Este ano mesmo é o Centenario das Irmandades  daFala, e sería bonito que se entrelazase, que fosetransversal todo iso... A min sería o que me gustaríae a Manuel me parece que tamén, que non falo ennome del.... Onte mesmo me dicía un académico:«nós imos a celebralo despois das  Letras Galegas».A  min  paréceme  unha  marabilla  que  iso  sexatransversal, non ten porque haber algo único... Edespois de Manuel María terá que vir outro puntal  eoutro puntal.., a tráves de toda a literatura e de todoo que pasou neste país.

- Cando viñestes para A Coruña falaba dasIrmandades, escoiteillo moitas veces, polo quesignificaron para a nosa literatura.

- A  el  sempre  lle  gustou  a  Coruña...,  asIrmandades, os do XIX... Este país ten unha historia,ten uns científicos moi bos, ten moitísima xente, omalo é ter..., que eu non lle boto tanta culpa ao serhumano, que a ten, porque tampouco imos dicir queninguén ten a culpa, ‘porque senón facémonos unsirresponsables, agora ben, a culpa é da educaciónporque se a un meniño dende que vai á gardería non

Antes dededicarlle o Día

das LetrasGalegas, a casa

xa tivo moitasvisitas, pero esteano desbórdase

Page 25: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 23 -

A M E N C E Rfalamos con...

o educas, pois claro, sairá como sairá. Se o educasneste país, isto conta... Se Cataluña reacciona  adeterminadas cousas é pola educación que teñen.Nós temos a desgraza de ter riqueza, de ter moitascousas, científicos moi bos, escritores moi bos..., peroque se queda no camiño. E a ver se un día rexorde.

- Eu penso que si.

- Ti tes fe. Eu no país tamén a teño, pero..., eManuel tamén a tiña, está claro, eu falo pola obra, aobra o di, abonda con ler a súa obra...

- Ti es unha anfitriona acolledora e pensoque non só a Manuel, a ti tamén, Galiciadébevos moito.

- Eu creo que non, que cada un debe facer oben e iso de ser acolledor é unha condición humana,que unha persoa é máis aberta ca outra. Nós eramosabertos e faladores, pero creo que o que ten o deberé un cos demais e co país, entonces cumpres cosesforzos que tes para algunha cousa, e nós tamén enmomentos  bastante  complicados,  pero  a  minparéceme que fixemos o que tiñamos que facer.

-  Temos que agradecervos que vós asmantivésedes, alimentásedes e désedes vidanon só na literatura senón tamén en política, nadignidade, creando fidelidade ao pobo isocómpre agradecelo a el e a ti.

- Eu sacaría o de agradecemento parécemeque é unha obrigación de alguén  de conciencia  peroparéceme que ao que hai que correxir é ao que nono fai.

Cada un debefacer o ben e isode ser acolledor éunha condiciónhumana

Nós eramosabertos efaladores, perocreo que o queten o deber é uncos demais e copaís

Page 26: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R falamos con...

.

- 24 -

- Bueno, agora cóntanos algo ti...

- Eu creo que vai algo implícito, máis ou menos,que é cuestión de que os profesores eduquen aosrapaces porque...  Imos ver, eu non sei por que pensocomo penso, porque iso non o buscas. Eu, o quepodería ser é que non realizase o que penso e facermeunha hipócrita. Se te educan é  fácil que te conciencies,e  eu  creo que  hai  un  descoñecemento    total  daliteratura, dos científicos. Ti falas de Fontán  e nonsaben quen é. e foi o que nos configurou o mapa,con  esta  falla  de  conciencia,  unha persoa  comoManuel  María  ou  coma  outras,  teñen que  saírcontravento e marea. A casa de Manuel María eraunha casa galega, unha casa moi cristiá  que lle facíanalí rezar o rosario aos criados, ler  El Ideal Gallego etodo iso, vaia, pero sen embargo Manuel saiu doutroxeito. Tódolos pais e todo o mundo queren  que fagasalgo que che renda diñeiro  e a literatura xa se sabe oque é...,  todo depende  da educación. A xente  éresponsable  ata  un  punto,  porque  moitairresponsabilidade vén de atrás, pois na educacióntamén hai o señor antipaís... Eu bótolle moito a culpaá química, e cando vexo a alguén enfadado todo odía, digo: «este está mal do fígado ou da vesícula»,porque senón non se explica que estea enfadado todoo día.

Alfonso Blanco Torrado

Eu non sei por quepenso como penso,

porque iso non obuscas

Page 27: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E Rcolaboracións

- 25 -

Pediume  D.  Félix  Villares un

artigo pra «Amencer» sobre Manuel

María e non quixen nin puiden negarme

por tres razón: Primeira, porque D.

Félix nunca me negou a min cousa que

el puidese; segunda, porque Manuel

María  tenmo  de  sobra  merecido;  e

terceira, porque colaboro con moito

gusto en axudar a vestir a esta linda e

maduriña dama que, tutelada por Félix,

naceu como Amencer e xa chegou a

Mediodía radiante.

Imos, logo, aló. Como de moitos

xa é ben sabido, este ano 2016, será

homenaxeado  no  día  das  Letras

Galegas  Manuel  María  Fernández

Teixeiro, nado en Outeiro de Rei, hai

dous anos foino outro chairego, Xosé

María Díaz Castro e no 1986 xa o fora

Aquilino Iglesia Alvariño. A Ringleira

dos escritores chairegos que están á

espera  deste  recoñecemento  é  moi

longa. Por entrecoller só algúns: Xosé

«PASADO ALGÚN TEMPO ENTENDIAMONOS COS OLLOS».

Crecente Vega, seu primo o grandísimo

poeta Francisco Vega Ceide que, aínda

que tén moita obra en castelán, tén en

galego  máis  ca  varios  dos

homenaxeados, Avelino Díaz e un moi

longo et cetera, ou sexa: e os demais.

Confiemos  e  fagamos  o  posible

porque, no caso de Manuel María, non

pase como no de algúns outros prós

que  a dedicatoria  do  día das  letras

galegas  significou  o  derradeiro

cabodano  e  o  paso  ó  case  total

esquecemento.  Que  non  se  poida

aplicar aquí aquilo de: «Pasou o día.

Pasou  a  romaría».  Co  Manuel  non

pode acontecer o mesmo mentres haxa

quen conte ou escoite: «Non canta na

Chá ninguén», ou «Cun aradiño de

pau».

Con toda fachenda, e sen ningún

pudor proclamo que me honrou –e

honroume moito- coa súa amizade o

Manuel, o inventor (do latín invetere,

Xosé Manuel Carballo Ferreiro

Page 28: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

colaboraciónsA M E N C E R

- 26 -

descubrir algo que xa existía) da Terra

Chá, da  Chaira, ou  da Valuria,  e o

inmenso cantor da mesma e o patriarca

Chairego e, desde a Chaira, de toda

Galicia ou Galiza (como mellor queira

cada un, aínda que eu me quede con

Galicia,  por  non  identificarme

totalmente  con  ningunha  corrente

política en especial), e desde Galicia,

poeta e patriarca do mundo mundial.

Como Manuel era moito meirande ca

min  en  corpo  e  en  alma,  pra  falar

comigo tiña que dobregarse un chisco

máis do seu habitual dobregamento de

cada día, pra pedirme, en voz baixiña,

primeiro un Ducados e despois un BN

e fumalo ás agachadas saboreando de

paso o que el cría un engano, sen selo,

á súa sempre tan fermosa Saleta.

Non  tardou  en  chegar  o

momento no que xa non mo tiña que

pedir con palabras. Entendiámonos cos

ollos. Claro que o Manuel tiña uns ollos

elocuentísimo E se non, fixádevos ben

nesta foto.

El,  un  labrego  poeta,  ou  quizabes

mellor: o poeta dos labregos, foi e é

pra min un referente en moitos aspectos

que  nunca  cheguei  nin  chegarei  a

igualar. Citarei  só algún: No amor,

valoración e defensa do noso, que é

por onde empeza o amor ó próximo

pra ir do concreto ó máis universal.

Ninguén é cidadán do mundo se non é

primeiro de algures. No seu aplomo

convencido e contundente, pero non

desde  talibanescos  dogmatismos,

senón desde o raciocinio e a tolerancia.

No  seu  respecto  e  valoración  do

relixioso, posto de manifesto no seu

gusto, confesado a Emilio Sinde e a min,

por falar en igrexas, e en escritos como

a novena a Santa Isabel ou os poemas

de Nadal e o desexo manifestado a

Alfonso Blanco dun funeral na capeliña

da Santa Isabel. E, dende logo, no xeito

de escribir, capaz de poñer os máis

altos  conceptos ó  nivel  dos nenos,

porque escribía desde o corazón e non

coma Cela, que o facía desde o cabreo

e desde o pescozo pra riba aínda que

facía moi a miúdo referencias (Cela,

non Manuel) a atributos da cintura pra

baixo. Digo isto como exemplo do mal

repartidos  que  están  ás  veces  os

recoñecementos e premios literarios.

Page 29: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

colaboracións A M E N C E R

- 27 -

Tiven a satisfacción de estar no

Auditorio Carme Estévez de Vilalba o

día 15 de febreiro do 2003. Día no que

o xa Patriarca da tribo chairega foi

recibido na Rel Academia Galega, en

atención  «á  súa  extensa  obra,

expoñente do activismo político, e que

representa  a  conciencia  e  o

compromiso inquebrantable coa

la lingua galega».  Completo  con

palabras miñas: «e coa humanidade e

o humanismo».

O  comisionado  pra  darlle  a

entrada foi Xosé Luís Méndez Ferrín,

que máis ca aparentar que estábamos

nunha  festa,  levaríanos  a  crer  que

estivésemos nun velorio. El non tén

culpa de andar habitualmente cara de

poucos amigos, pero tamén me parece

que non fai moito por disimúlalo.

O discurso do Manuel: «A Terra

Chá. Poesía e paisaxe» foi memorable.

Puiden atopalo máis adiante en internet

e repásoo de vez en cando. Se tivese

vagar e  a cabeciña  me respondese,

pagaba a pena aprendelo de memoria,

pero nunca sería capaz de dicilo co

ritmo  acompasado  nin  coa

solemnidade  e  voz  repousada  e

profunda do seu autor. Tamén está en

internet  a  resposta  de  Ferrín,  que

tampouco é mala. Desta eu lembraba

que  dixera  algo  así  como  que  con

Manuel  María  entraban  na  Real

Academia  as  aldeas  de  antano,  as

zocas,  os  bidueiros  e  os  labregos.

Recorda  iso,  porque  sei  que  lle

comentei polo baixo a Xulio Xiz que

estaba ó meu carón, ou ó del: Esas

cousas xa entraron na Real Academia

Galega con Xaquín Lorenzo, Xocas.

E se a estas alturas non teñen entrado,

tarde piaron, porque xa se acabaron

as  zocas  e  estanse  acabando  os

labregos  e  labregas  que  puidesen

poñelas.

Tamén falou no acto outro bo

amigo e gran escritor chairego, Darío

Xoán Cabana. Elocuentísimo coma

sempre, pero neste caso, e con toda

confianza o digo,  foise quentando e o

seu discurso foi máis un mitin político

dado, entre outros, a moitos nenos dos

colexios de Vilalba alí presentes, ca

unha peza literaria como só Darío é

capaz de facela.

Foi un día memorable. E pra min,

foino ademais por outro motivo; porque

aquel día confabuláronse, Alfonso de

Guitiriz, Xulio Xiz, Emilio Sinde e Suso

de Foz, pra pediren que o Concello

de Castro de Rei me declarase Fillo

Predilecto.  Nunca  lle  lo  perdoo,

porque agora teño que sentirme irmán

Page 30: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

colaboraciónsA M E N C E R

- 28 -

de todos, aínda que algúns me torzan

a cara, e maldita graza me fai!

Quero dicir outra palabriña en

relación co Manuel, que me gañou de

por vida. Fomos velo á súa casa en

Monforte Paulino Novo e máis eu. A

Paulino, estudante de filosofía, facíanlle

fata  algúns  poemas  inéditos  de

Crecente Vega e a min, como dicir,

falta, falta non me facían, pero teríaos

de  mil  amores.  O  bo  do  Manuel

agasallounos cun feixe de fotocopias

deses poemas inéditos manuscritos do

seu puño e letra por el mesmo e con

unha separata dun traballo seu sobre

Crecente  feito  prá  universidade  de

Coímbra.  Pra  ter  Manuel  aqueles

papeis tivo que copialos, (non valía

fotocopialos), porque un irmán de Xosé

Crecente  Vega,  que  fora  mestre,

andaba día e noite cos orixinais no peto

de dentro da zamarra, convencido de

que levaba un tesouro. E levábao, pero

non  valorado  en  cartos  como  el

pretendía.

Curiosamente, foi Félix Villares

quen se deu feito con eles e Ricardo

Polín quen lles deu o tratamento de

tesouro inmaterial que merecen, no seu

grandioso libro de 484 páxinas, «Folla

Bricia.  Poesía  completa  de  Xosé

Crecente Vega» Editado pola Xunta de

Galicia e o Centro Ramón Piñeiro o

ano 2002.

Outro  agasallo  que  me  fixo

Manuel foi unha peciña de teatro pró

libro  «Máis  de  media  ducia  de

escritores  chairegos  e  o  antroido»

Aínda non se representou esta peza

pero,  se  non  me  dá  tempo  a  min,

deixarei dado orde de que se represente

algún día, anque eu xa non estea.

Nos seus últimos tempos quen

estivo moi a carón de Manuel María

foi san Alfonso de Guitiriz. E Cando

chegaron co cadaleito á capela da Santa

Isabel,  eu  agardaba  revestido  pra

Page 31: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

colaboracións

- 29 -

A M E N C E R

concelebar a misa e, algún curas máis,

desexaban  facer  o  mesmo;  pero

Alfonsiño  díxome:  Non  pades

concelebrar, porque me dixeron que

misase eu só e que o acto relixioso fose

o máis irrelevante posible. Eu pillei un

dos meus cabreos, o 50% teatral, e

respondinlle:

- Pedíucho Manuel?

- Non el non.

- Pois que veña quitarme a alba

o que cho dixo. A ti pídenche os do

Bloque que lles escribas os discursos

pró parlamento? Pois na Igrexa o que

sabe es ti. E quen dá ordes es ti. Non

hai quen me impida misar por un amigo

que quere un funeral católico. Se che

din algo, que mo veñan dicir a min.

Revístete ti tamén, Miguélez».

Daquela aínda non sabía eu quen

puidera dar esa orde. Parecíame que

Saleta non fora. Tempo adiante din en

sospeitar que foi o mesmo que lles

expropiou a Alfonso e a Xermoles o

xa consolidado título de «Fundación

Manuel María», obrigándoos, por non

entraren  en  litixios,  a  cambiar  por

«Irmandade Manuel María». E, como

tamén sospeito que ese mesmo home

aínda está detrás e diante e dentro e

polos  arredores da  casa  museo  de

Outeiro de Rei, e, como eu son medio

azunado, aínda, con non pouco pesar,

non me deixei caer por ali. Pero, Deus

mediante, irei un día que saiba que non

está ese home, porque a miña voz agora

xa non me responde como é debido

para dicirlle catro cousas.

Graciñas por canto nos deches,

Manuel  María,  amigo  de  cantos

tivemos a fortuna de achegarnos a ti.

Que  descanses  en  paz,  porque

pacificador  fuches  ti  desde  a

radicalidade da reivindicación xusta, e

que non deixemos «descansar en paz»

a túa obra nin antes nin despois do 17

de maio deste ano 2016. Se nalgún

momento te aburres por aí polo Alén,

escribe,  home,  e  conta  contos  da

Valuria, reinventada polo tamén poeta

da  Ponte  de  Outeiro,  Xosé  Otero

Canto; pero non fumes nin á vista nin

ás agachadas. Xa ves o que me pasou

a min por non parar a tempo. Eu voume

amañando; pero se ti te quedas sen voz,

non es nin medio Manuel, e fasnos

moita falta todo enteiro. Apertas.

Page 32: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R  colaboracións

- 30 -

Mondoñedo foi lugar moi queridopara  Manuel  María  e  deixouprobas  escritas  dese  amor,sempre agarimoso coas xentes ecoa historia mindoniense. Para elMondoñedo  era  un  misterio,  eafirmou  máis  dunha  vez  quedebería ser por dereito natural acapital  do  Reino  das  Mariñas,terra insólita. A Paula, de broncesonoro, sería o pregoeiro maiorda cabeza deste reino.

Das San Lucas, que Manuel Maríasó visitou cando mozote, dixo queeran  feiras  nas  que  se  podíamercar  de  todo  canto  hai  nomundo. Máis non se pode dicir, ninlle podemos pedir.

A  Manuel  María  FernándezTeixeiro,  chairego  de  cerna,gustábanlle  moito  as  rúaslabirínticas mindonienses, comode xardín de pazo dicía, e o valcomo unha man a medio abrir.

Mais abondaría cun poema e orelato que nos dedica en «Viaxese  vagancias  de  M.  P.»  paragardarlle eterna estima. O poemaco que inicia o capítulo titulado«Misterio e revelación da Fontevella ou de Álvaro Cunqueiro, naepiscopal, nobre e leal cidade de

Mondoñedo en Manuel MaríaAntonio Reigosa

Mondoñedo»,  di  que  a  urbe  é«leve como o voo da bolboreta /feita de luz, nostalxia, seda e soño».

Polo relato que segue ao poema,maxistral,  sabemos  que  o  seualter ego, Manuel de Paderna, tiñapor costume visitar Mondoñedodúas veces ao ano; por SemanaSanta e polas San Lucas.

Por  este  relato  deambulanmindonienses que foron de carnee  óso  como  Manuel  LedoBermúdez «O Pallarego», EduardoLence-Santar, Álvaro Cunqueiro,Xosé  Díaz  Jácome,  FranciscoMayán e tamén un curmán do seupai  chamado  Xosé  FernándezBlanco que  foi profesor do RealSeminario e cóengo maxistral dacatedral; «un home pequeno, groso,outimista,  moi  falador  ecomunicativo e  que  diariamentealmorzaba  e  merendabachiculate». E lugares de memoriaimborrable  como  a  taberna  dePóngalas, a Ponte do Pasatempoe a barbería do Pallarego.

Manuel de Paderna era barbeiro,como «O Pallarego», e  tiña deamigo  a  Pedriño  de  Palacio,chofer  dun  bispo  de  Lugochamado  Rafael Balanzá.  Este

Page 33: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

 A M E N C E R

- 31 -

bispo era moi groso, tanto que llecustaba un mundo camiñar desdeo pazo bispal ata a catedral deLugo  polo  que  cada  SemanaSanta  facíalle  ao  seu  chofer  aencomenda  de  viaxar  aMondoñedo  para  recoller  ossantos óleos consagrados polobispo mindoniense.

O  Sábado  Santo,  despois  dexantar, Pedriño collía o auto dobispo, grande e antigo, e pasabapor  Outeiro de  Rei onde  subíaManuel  de  Paderna.  Logoparaban en Vilalba, no Roca, atomar  café.  En  chegando  aMondoñedo,  a  primeira  visitasempre  era  á  barbería  doPallarego, onde era moi normalatopar, ademais de ao dono,  aLence-Santar, aínda que nunca se

barbease,  e  ás  veces  tamén  a

Cunqueiro e a Mayán.

Despois, antes cea, ían á taberna

do  Póngalas,  que   estaba  no

Barrio dos Muíños. Este Póngalas

chamábase  en  realidade  Xosé

García  Pernas.  Era  un  home

pe qu en o te   qu e   ga s tab a

sombre iro   e   fa laba  caste lán.

N ac e ra   en   C ad av ed o ,   fo ra

soldado  na  guerra  de  Cuba,  e

unha vez repatriado, puxo tenda

de  u ltramarinos  nos  Muíños.

Casou varias veces e da terceira

conta Cunqueiro a curiosidade de

que  mentres  se  celebraba  acuchipanda, morreu a sogra, coque, na mesma casa, aínda queen diferentes andares, celebrábasea  un  tempo  casorio  e  velorio.Morreu na primavera de 1966.

Tras a cea, Manuel de Paderna ePedriño de Palacio asistían aosoficios na catedral, onde ao finalrecol lían  os  santos  óleos.Pasaban  a  noite  na  casa  docóengo maxistral e pola mañá, xaalmorzados,  poñían  rumbo  aLugo,  facendo  sempre  unhaparadiña no santuario da Virxedos Remedios.

A  amizade  de  Manuel  dePaderna e de Manuel Ledo «OPallarego»  era  de  oficio  e  detalento.  Os  dous,  ademais  debarbeiros, eran artistas; un erapoeta e o outro músico.

Un  ano  polas  San  Lucas,  OPallarego quedou sen axudantespor  moi  diferentes  edesgraciados motivos. Non se víacapaz ade atender a clientela, asíque  lle  mandou  recado  ao seuamigo  Manuel. E este non  tivocousa de máis apuro ca subir aocoche  de  liña  en  dirección  aMondoñedo.

Eran tempos nos que aínda nonhabía en  Mondoñedo  fonte  nin

 colaboracións

Page 34: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

traída  de  augas.  O  río  Aresquedaba un pouco afastado dabarbería, e a muller que contratarao barbeiro para que lle carrexasea  auga  seica  ía  dacabalo  duncosco  e  regresaba  a  paso  decaracol, así que non facía máis caunha viaxe pola mañá e outra polatrade. Era de Romariz.

Co  negocio  a  rebentar,  oproblema presentaba moi difícilsolución.  Os  dous  barbeiros,sendo,  como  eran,  homes  depensar  e  discorrer,  non  dabanatopado o remedio.

Logo da verbena do día grande,o 18, foron os dous tomar un algopolos bares e na rolda atoparoncuns  amigos  entre  os  queestaban uns tratantes de gando edous  canteiros  que  andabanaqueles  días  precisamentereparando o chan do pazo bispal.Non é de contar aquí quen tivo aastucia, nin quen deu as ordes,

nin sequera quen fixo o traballo depicar  a  pedra  para  que  aoamencer estivese ergueita  e listapara usar, ou case, a Fonte Vella.O da auga foi obra musical. Porindicación de Manuel de Paderna,O Pallarego púxose a tocar o violíne, en seguidiña, as augas foronchegando ao cano da fonte.

Só cando a Paula  tocou a alba

ce so u   mo me n tan ea me n te   o

gurgullo das augas. Só sucedeu

n es e   in s tan te ,   en   s in a l   d e

respecto, pero ao acabar de dar

a Paula a hora, seguiu a auga o

seu cantaruxar. E ata hoxe.

O que opinaron uns e outros sobre

aque l  suceso   extrao rd ina r io

tedes que lelo no relato de Manuel

María, aquel mago das palabras

qu e   se mp re   fo i   a migo   d e

Mondoñedo.  Só  vos  podemos

ad ia n ta r   q ue   o   s os pe i tos o

principal,  quen  se  non,  éralles

Álvaro Cunqueiro.

- 32 -

Manuel María en Mondoñedo

colaboracións

Page 35: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

A M E N C E R

- 33 -

TI REINAS NA TERRA CHÁ...

Xulio Xiz

O Manuel tivo infinitos motivos para ser feliz nesta vida. Unha dasgrandes razóns da súa felicidade foi Saleta, compañeira e amigade tempos difíciles ou de bonanza, «alter ego», musa, paredemestra do fogar.

Razón esencial de vivir e de disfrutar foi a poesía, que lle permitíuexpresarse en liberdade, ser conciencia dunha terra, expresión dexentes sen voz, creador de mundos intanxibles que tiñan narealidade de cada día a súa base física e lle permitían elevarsehacia o sublime.

E unha tamén principal razón era a súa fe no futuro desta terra e dassúas xentes, fe política e relixiosa, nunha especial comunión quepoucos souberon harmonizar coma el.

Escribo estas líneas nunha noitepre-primaveral, á beira da igrexa daVirxen dos Milagros de Saavedra, áque el recoñeceu –como labrego daampla Chaira, que el recreou- comoRaíña da Terra Chá.

Foi ao comezo da miña estadíaneste especial anaco chairego, aprimeira parroquia da diocese deMondoñedo-Ferrol, cando se mepresentou a ocasión de propoñerpregoeiro para a festa dosMilagros, o 24 de maio, cousaquenunca se fixera. E propúxenlloao Manuel, que aceptouentusiasmado.

colaboracións

Santuario de  Saavedra

Page 36: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

E o Manuel, desde o altar da nosa Vrxe máis venerada, pronunciouun sentido pregón da festa da Virxe milagreira, seguido conexpectante atención polos asistentes á misa maior do maior día doano mariano das terras chairegas.  E puxeron contrapunto áspalabras de fe chairega do Manuel as sonoras voces docomponentes do Orfeón Lucense que daqueladirixía NemesioGutiérrez. E todos xuntos celebrámolo  posteriormente nun xantar nobegontino Restaurante San Martín.

Nunca antes fora ninguén Pregoeiro da Romaría da Virxen dosMilagros de Saavedra. Nunca deste entón ninguén volveu serpregoeiro desta multitudinaria festa. E está ben así. Posiblementesó Manuel María era merecedor desa honra. Vaia desde Saavedraa miña lembranza do amigo feliz, pregoeiro da súa Virxe amada,que cada vintecatro de maio – no ceo dos chairegos onde el tenque ter a máxima autoridade-  seguro sorrirá satisfeito, recitando opoema que remata proclamando «ti reinas na Terra Chá, i eu sonlabrego Señora».

Diante da igrexa dos Milagros, Saavedra (Begonte)

Madrugada do 13-3-2016.

Xulio Xiz.

- 34 -

colaboraciónsA M E N C E R

Virxe dos  Milagres de Saavedra

Page 37: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

DON JAIME CABOT E MANUEIL MARÍA

Félix Villares Mouteira

colaboracións A M E N C E R

Don  Jaime  Cabot  foi  un  sacerdote  mallorquín  afincado  enMondoñedo  desde  había  moitos  anos,  organista  da  Catedral.Coincidiu con Manuel María  na Coruña no Centro Oncolóxico Rexionalde Galicia. Alí fixéronse moi amigos. Tanto que mesmo Manuel Maríaagasallouno co volume, en catalán e galego, Un vol d’inefable poesíado que é autor Costa i Llovera. O libro leva a seguinte dedicatoriamanuscrita do poeta cantor da Terra Chá. Don Jaime, como sabíaque eu era amigo de Manuel María, deumo pouco antes do seupasamento a comezos de xullo de 2005.

- 35 -

Page 38: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 36

Dentro do libro viña un tarxetón de Manuel María para don Jai-me no que lle mostra o seu agarimo.

Tanto o tarxetón como a dedicatoria do libro foron escritos nomes de agosto de 2004, uns días antes do pasamento do noso poe-ta. Velaquí o que pon o tarxetón:

colaboraciónsA M E N C E R

Page 39: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 37 -

MANUEL MARÍA, O SEMINARIO E AMENCER

Félix Villares Mouteira

colaboracións A M E N C E R

Manuel María ten colaborado moitas veces na nosa revista. Sempre quese lle pedía unha colaboración, á volta do correo, xa a tiñamos en Mondoñedo.Nunca nos fallou. Neste pequeno e sinxelo traballo quero facer unha reseña dasdiversas colaboracións de Manuel María no Seminario e en Amencer. Para isovounas catalogar en catro apartados: 1) artigos, 2) entrevistas, 3) poemas, 4)varios e 5) conferencias. Imos, pois.

1.- ARTIGOS:

O primeiro artigo de Manuel María aparece na páxina noventa e tres donúmero cento dezanove de Amencer, publicado en o 25 de novembro de 1994.É un número especial dedicado ó poeta vilalbés Chao Ledo. O artigo leva portítulo «Outra volta Xosé María Chao Ledo.

O seu artigo, titulado «Unha amistade: Anxel Fole e Alvaro Cunqueiro»aparece no número 140 (abril 1997) na páxina vinte e unha.

No número 148, publicado en marzo de 1998, na páxina 39, Manuel María

publica o seu traballo que leva por título «Xosé Crecente Vega: un poeta esencial»

No  Especial  publicado  en  novembro  de  1998,  número  153,  como

Homenaxe a Crecente Vega polo traslado dos seus restos a Terra Chá nativa, na

páxina vinte e seis, aparece a intervención de M anuel M aría enriba da ponte

vella sobre o pai M iño en Ponte de Outeiro.

Por último, na páxina trinta e oito, do número 171 (abril-maio de 2001)

dedicado a Álvaro Cunqueiro aparece «Breve evocación de Álvaro VCunqueiro

e un poema de Uxío Novoneyra».

2.- ENTREVISTAS:

Manuel María foi entrevistado dúas veces na sección da nosa revista,titulada «Falamos con...». Así, na páxina 13 do número 28, publicado o 17 demaio de 1985, aparece a primeira das conversas co poeta cantor da Chaira.

Page 40: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 38 -

colaboraciónsA M E N C E R

No número 148  publicado no mes de marzo de 1998, na páxina 20,aparece a segunda conversa que dous alumnos mantiveron con Manuel María.

3.- POEMAS:

Son varias as colaboracións de Manuel María en Amencer en forma depoemas. A primeira delas é a «Nenia para Xosé María Díaz Castro» que apare-ce na páxina 26 do número 82 que viu a luz o 25 de novembro de 1990 e queestá dedicado ó poeta dos Vilares.

No  número  100,  publicado  o  25  de  novembro  de  1992,  hai  dúascolaboracións: unha  na páxina 47  titulada «Cancionciñas en  homenaxe elembranza de Noriega Varela». Trátase de tres poemas «A Virxe dos Remediose Noriega», «Poemiña das San Lucas» e «Poemiña das soedás de Noriega». Aoutra colaboración aparece na páxina 53, aparecen «Poemiñas pra unha señardadecon paisaxes ó fondo». É un conxunto de tres poemas: «Aquilino Iglesia Alvariñoen Mondoñedo», «A voz do poeta» e «O poeta en Abadín».

En xaneiro de de 1996 ve a luz o número 129, dedicado a Xosé TraperoPardo e nel aparece o soneto de Manuel María titulado «A Pelúdez».

No xa citado número 153, novembro de 1998, na Homenaxe a Crecentepolo traslado dos seus restos, aparece o soneto titulado «Epitafio pra XoséCrecente Vega», que tamén se publicara nun Lembradoiro que se repartiu cogallo do traslado dos seus restos desde o cemiterio Santo Anxo de Segovia áigrexa de Santa María de Outeiro.

O soneto «A Castelao» aparece na páxina 63 do número 167, maio doano 2000 dedicado a Castelao nos cincuenta anos do seu pasamento.

4.- VARIOS:

A primeira aportación de Manuel María a Amencer aparece na páxina 24do número 27 (abril de 1985), na sección «Así pensan de Rosalía».

No número 122 (febreiro 1995), na sección «Cunqueiro na lembranza», ManuelMaría contesta á pregunta ¿como lembra a Cunqueiro catorce anos despois?

Page 41: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

- 39 -

COLABORARON NESTE NÚMERO:

colaboracións A M E N C E R

5.- CONFERENCIAS:

Co gallo da festa de Santa Catarina de 1990, patrona do Seminarioorganizouse un ciclo de conferencias no que participou Manuel María quen omartes vinte de novembro falou na Aula «Losada Quiroga» sobre «A poesía deXosé María Díaz Castro».

No mes de maio de 1996, co gallo dos cen anos do nacemento de CrecenteVegao Seminario de Mondoñedo organiza un acto académico no que ManuelMaría falou da poesía do autor de Ponte de Outeiro. Estivo presente o sobriñode Crecente, don Antonio Crecente Ocampo, propietario dos orixinais inéditosda poesía inédita, e a súa dona dona Justa Pérez Fernández, que viron o interesedo Seminario pola figura de Crecente Vega. Este interese motivou que, enfebreiro do ano seguinte, dona Justa  lle fixese entrega ó daquela reitor do Semi-nario de Mondoñedo, Félix Villares Mouteira, dos orixinais da poesía de Crecenteinédita tanto en galego coma en castelán.

O 27 de marzo de 1998 o Seminario faille unha homenaxe a CrecenteVega ó cumprirense os cincuenta anos do seu pasamento en Segovia na queintervén, entre outros Manuel María. Con motivo desta homenaxe inaugurousea Aula «Crecente Vega» e formouse unha comisión para xestionar o traslado dosrestos do poeta de Ponte de Outeiro. No número 150 de Amencer (maio de1998) aparece unha ampla crónica desta homenaxe.

Félix Villares Mouteira

Alfonso Blanco Torrado

Xosé Manuel Carballo FerreiroSimonetta Dondi Dall OrologioAngel Marful CastañalRubén Leivas InsuaAntonio ReigosaÓscar Santiago SanmartínFélix Villares MouteiraXulio Xiz Ramil

Page 42: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores:

Page 43: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 44: ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016Regueira e Manuel Rivas. Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real Academia Galega a cadeira que Manuel María deixou vacante

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: