virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Post on 02-Jul-2015
820 Views
Preview:
TRANSCRIPT
DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL
Verónica Dopico e Yolanda Castro.
EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña)
CURSO DE GALEGO PARA PROFESORADO EN PRÁCTICA CEFORE FERROL. 11 DE NOVEMBRO DE 2013
Verónica Dopico Yolanda Castro
O NOSO CENTRO
• O CPI Virxe da Cela, de titularidade pública, oferta EI, EP, ESO e
PCPI.
• No presente curso 2013-2014 están matriculados no centro un total de 159 alumnos/as: 28 en Educación Infantil, 86 en Educación Primaria, 67 na ESO e 6 en PCPI.
• O claustro está formado por 25 profesores/as.
• 6 persoas constitúen o persoal de administración e servizo.
• No noso centro existe un comedor escolar.
O CENTRO E A SÚA CONTORNA
• O CPI Virxe da Cela está situado no Xestal, no Concello de Monfero,
entre as localidades de Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña).
• A superficie de Monfero é de 171,7 km², e a súa poboación 2978 habitantes.
• Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María).
O CP.I. Virxe da Cela está situado nun contorno rural e galego falante, aproximadamente un 80% dos/-as alumnos/-as son galegofalantes. O resto, podémolos catalogar como castelanfalantes ou ben na súa maioría, como castelanfalantes aparentes, xa que a súa lingua materna é o galego, e, en maior ou menor medida empregan estruturas sintácticas, morfolóxicas e mesmo fonolóxicas en galego, así como léxico propio do idioma galego.
O noso alumnado procede dos concellos de Monfero e Irixoa. É basicamente unha zona, agrícola e gandeira, onde a lingua de relación do alumnado e as súas familias é o galego e tamén a lingua oral empregada en calquera dos establecementos, lugares de ocio, etc.
Peculiaridades do noso centro e da súa contorna que van condicionar a liña de actuación do noso EDLG
CPI
Ámbito rural
Xornada partida
Matrícula reducida
Cadro de persoal con poucos profesores/as
Poboación dispersa
Transporte público case inexistente
O EDLG
Peculiaridades que van definir a nosa liña de actuación:
• Equipo pequeno: Nestes tres cursos o equipo estivo constituído por 4 profesores/as (1 de EI, 1 de EP e 2 de ESO).
• Non estamos vinculados coa area lingüística.
• Contexto 1: A comunidade educativa. Dinamizando a nosa escola.
• Contexto 2: A importancia da lingua e da cultura.
• Contexto 3: A sociedade do S. XXI: as novas tecnoloxías.
• Contexto 4: O cambio social: educación en valores.
OBXECTIVOS Establecemos 4 grandes bloques de obxectivos, correspondéndose con contextos ou situacións nas que trataremos de reforzar a dimensión comunicativa do galego.
ACTIVIDADES 1.- Recuperación do patrimonio natural, cultural e artístico 2.- Potenciación do galego oral 3.- Potenciación do galego escrito 4.-Realización de produtos audiovisuais 5.- Blogues 6.- Educación en valores
1.1.- Recuperación de festas de carácter popular: Magosto
1.2.- Recuperación de festas de carácter popular: Entroido
1.3.- Recuperación de festas de carácter popular: Maios
1.4.- Recuperación de xogos tradicionais
1.5.- Guía de tradición oral
1.6.- Guía de cultura popular
1.7.- Guía de arquitectura popular
1.8.- Guía da flora e fauna da zona: As Fragas do Eume
1.9.- Guía de microtoponimia
1.10.- Guía de verbas esquecidas
1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta)
1.12.- A Escola dos Nosos Avós
1.13.- Recuperación dos oficios tradicionais.
1.- RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E ARTÍSTICO
1.1.- Magosto Descrición: Celebración dun magosto, degustación de castañas e realización de actividades lúdicas. Campionato de buxainas e outros xogos tradicionais. Obxectivos: •Promover a interacción entre a escola e a súa contorna. •Recuperación de festas tradicionais. •Fomentar o respecto pola conservación da natureza e o medio.
1.2.- Entroido
Descrición: Festival de Entroido con disfraces, comparsas, actuacións musicais
e degustación de doces típicos.
Obxectivos:
• Recuperación de festas tradicionais .
• Creación de textos en galego (coplas das comparsas).
1.3.- Maios
Descrición: Recuperación da tradición dos Maios, xa perdida na zona dende
hai anos. Construción das estruturas dos Maios; composición e interpretación de cantigas e danzas.
Obxectivos:
• Recuperación de festas tradicionais .
• Creación de textos en galego.
1.4.- Recuperación de xogos tradicionais
Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca dos xogos tradicionais da zona.Celebración de xornadas de xogos tradicionais no centro escolar.
Obxectivos:
• Promover a interacción entre a escola e a súa contorna.
• Valorar o patrimonio cultural.
• Aproveitamento do tempo de lecer.
1.5.- Guía de tradición oral
Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da tradición oral da zona: cantigas, coplas, refráns, adiviñas, contos populares.
Obxectivos: • Recuperación e conservación do patrimonio inmaterial. • Potenciación da oralidade.
1.6.- Guía de cultura popular
Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca do saber popular e tradicións na zona: os oficios, os ciclos agrícolas, apeiros de labranza, gastronomía, festas, lugares, alcumes.
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Potenciación da oralidade. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de
recollida).
1.7.- Guía de arquitectura popular Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da
arquitectura popular da zona: tipos de poboamentos, tipos de edificacións, construcións auxiliares, toponimia, etc
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Potenciar o emprego das novas tecnoloxías.
1.8.- Guía de flora e fauna da zona: As Fragas do Eume
Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca da flora e fauna da zona, incidindo principalmente no espazo natural das Fragas do Eume
Obxectivos: • Valorar os patrimonio natural e axudar a preservalo. • Espertar a conciencia ecolóxica.
1.9.- Guía de microtoponimia
Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca dos topónimos da zona. Creación dun arquivo documental. Elaboración de mapas con datos sobre a microtoponimia da zona.
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial • Elaboración dun banco de datos coa microtoponimia da zona: nomes de
predios, leiras, camiños, outeiros, montes, etc. • Utilización de TICs (Sixpac e Google Maps).
1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta) Descrición: Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e
participación cidadá da asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Inspección ao río Lambre polo seu paso á altura do noso centro escolar (O Xestal, Monfero). Traballo interdisciplinar (departamentos de CCNN, CCSS, Francés, Música, Matemáticas, e outros)
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio natural • Fomentar a conciencia ecolóxica do noso alumnado cara á protección dos ríos,
tratando de conservar e mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.
1.12.- A Escola dos Nosos Avós
Descrición: Iniciativa da Fundación Barrié de la Maza, a través da convocatoria do “I Concurso de Historia da Escola en Galicia”. O EDLG solicita a colaboración de toda a comunidade educativa para a recuperación de material gráfico relacionado co noso centro ou cas antigas escolas que existían na zona do pasado (fotografía, escáner)
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial. • Utilización de TICs (programas de edición de audio e vídeo)
1.13.- Recuperación de oficios tradicionais
Descrición: Valoración e recuperación dos oficios tradicionais a
través do contacto directo con persoas da nosa contorna.Visita á Panadaría Os Reis (O Xestal), para coñecer todo o proceso da elaboración do pan.
Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial.
2.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ORAL
2.1.- Contacontos
2.2.- Contos musicados
2.3.- Aprendendo dos nosos maiores
2.4.- Lecturas dramatizadas: grupo de teatro escolar
2.5.- Grupo de cantareiras
2.6.- Ciencia divertida
2.7.- Proxecto Antártida
2.8.- O xestal nas Ondas
2.1.- Contacontos
Descrición: Actuación dun contacontos. Editorial Kalandraka. Alumnado de 1º ESO “Mahán e a Cadeira Vermella”.
Obxectivos: • Potenciar o uso oral do galego. • Dinamización da biblioteca escolar.
2.6.- Ciencia Divertida Descrición: • Realización de experimentos científicos preparados na materia de CCNN e
presentación co alumnado como público. • Celebrar o Día da Ciencia en Galego e participar nas videoconferencias
organizadas pola CGEDLG para conmemorar esta data. Obxectivos: • Achegar as ciencias a todo o alumnado dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.
2.7.- Proxecto Antártida
Descrición: Establecemento dunha comunicación oral coa Base Antártica Gabriel de Castilla a través de videoconferencia (Skype). Elaboración de materiais audiovisuais e dun dossier con toda a información recadada.
Obxectivos: • Achegar as ciencias, e o ecosistema da Antártida a todo o alumnado
dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.
2.8.- O Xestal nas Ondas
Descrición: Creación dunha radio escolar a través de Podcasts
pendurados no blogue. Elaboración de programas abordando diferentes temáticas.
Obxectivos:
• Fomentar as capacidades orais do alumnado.
• Difundir a lingua galega.
3.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ESCRITO
3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega
3.2.- Celebración das Letras Galegas 3.3.- Clásicos da literatura inglesa 3.4.- Concurso de cubertas de libros 3.5.- Internet 3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e
didácticos para traballar as diversas áreas curriculares e para o traballo por proxectos.
3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega
Descrición: Obradoiro impartido por persoal especializado. Introdución ás
técnicas de escritura creativa e lectura imaxinativa (Editorial Kalandraka), ilustración e banda deseñada (Antonio Seijas).
Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.
3.2.- Celebración das Letras Galegas
Descrición: Realización de diferentes actividades e actos para
divulgar a obra da figura homenaxeada, Roberto Vidal Bolaño Obxectivos: • Valorar as producións dos escritores e creadores galegos. • Divulgar a literatura en galego
3.4.- Concurso de cubertas de libros
Descrición: Concurso para deseñar a cuberta de libros, organizado polo Departamento de Plástica. Nas bases non está establecido o idioma, estando contempladas as cubertas en lingua galega, castelá, inglés e francés.
Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.
3.5.- Internet Descrición: Traballo de investigación en equipo arredor dun eixe temático: Internet.
Conceptos básicos relacionados con Internet: web, navegador, buscador, correo electrónico, web 2.0, foros, blogues, wikis, redes socias, etc .
Obxectivos: • Fomentar a lectura en galego e a utilización do galego en textos escritos. • Potenciar o emprego das TICs • Desenvolver habilidades de uso da información, consultando fontes documentais
diversas, en soportes e formatos diferentes.
3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e didácticos para a traballar as diversas áreas curriculares.
Descrición: Dotar ao profesorado e ao alumnado de Ed. Infantil e Primaria de
materiais didácticos contextualizados en lingua galega para a aprendizaxe da lecto-escritura (impresos e dixitais).
Obxectivos: • Ampliar o banco de recursos do profesorado de materiais específicos en
lingua galega. • Propiciar o uso das TICs como recurso de información e aprendizaxe,
empregando como lingua vehicular o idioma galego.
4.-REALIZACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS
4.1.- Documentais e curtametraxes 4.2.- Micromovies 4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do
centro
4.1.- Documentais e curtametraxes
Descrición: Elaboración de guións, gravación e edición de documentais e curtametraxes. Xesteira Films (produtora do EDLG): “Radio Monfero FM”, “Mahán e a cadeira vermella”, materiais audiovisuais para a despedida de 4º de ESO, “A Cápsula do tempo” ONCE.
Obxectivos: • Animar á lectura e á escritura en galego. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.
• Potenciar os capacidades creativas do alumnado.
4.2.- Micromovies
Descrición: Proxecto de elaboración de “Micromovies” a prol do voluntariado na Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta (Xunta de Galicia).
Obxectivos: • Promoción e difusión do galego oral. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.
• Potenciar os capacidades creativas do alumnado.
4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do centro
Actividade: • Creación dun arquivo fotográfico e audiovisual que recolla as actividades realizadas no
centro ao longo do curso (festivais, visitas culturais, obradoiros, etc.) Traballo de investigación recuperando fotografías e textos sobre o historia da nosa escola. Dixitalización de material existente. Entrevista a antigos mestres/as , alumnos/as , familias, etc.
Obxectivos: • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Rescatar a memoria dos maiores. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.
5.- Blogues
5.1.- Blogue Xesteira (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com) 5.2.- Blogue A buxaina (http://abuxaina.blogspot.com) 5.3.- Blogue de 3º ciclo de primaria
(http://www.oblogdoterceirociclo.blogspot.com) 5.4.- Blogue Monferosolidario (http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com) 5.5.- Blogue Pensa coa prensa (http://blogs.prensaescuela.es/altofalantes) 5.6.- Blogue Cantos Rodados (http://www.cantosroda2.blogspot.com) 5.7.- Colaboracións co blogue da Biblioteca Castelao
(http://obiblioblog.blogspot.com/)
5.1.- Blogue Xesteira
http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com
6.- EDUCACIÓN EN VALORES
6.1.- Construción dunha mocidade crítica e responsable 6.2.- Xornadas de convivencia 6.3.- De Escola a Escola (en colaboración ONG Fundación
Vicente Ferrer) 6.4.- A cadeira vermella (en colaboración ONG Entreculturas) 6.5.- Plan Proxecta: Rede Galega de Centros Solidarios
Blogue Monferosolidario
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com
Agradecementos
• Alumnado CPI Virxe da Cela. Eles e elas son os
auténticos/as protagonistas do noso proxecto.
• Profesorado CPI Virxe da Cela. Pola axuda na realización de moitas das actividades.
• Dirección do CPI Virxe da Cela. Por apoiar todas as nosas propostas e facilitar o noso traballo.
• CEFORE Ferrol. Por facilitar a difusión do noso proxecto.
• Asistentes.
top related