via crucis africano a

Post on 16-Apr-2017

588 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Facer click para avanzar

“Vía Crucis de África”

Enrique Ordiales. 2008

• O Via Crucis non é soamente a lembranza da Paixón de Cristo. Cada paso seu, cada xesto, cada bágoa, cada caída, é unha referencia á paixón do home, á paixón do pobre: “Vímolo como despreciable e refugallo de homes e, con todo, eran as nosas doenzas as que El levaba e as nosas dores as que El soportaba!”

Xesús condenado a morteI

Como Xesús, moitos homes e mulleres do Terceiro Mundo están condenados a unha morte prematura: violencia, fames negras, enfermidades, pobreza, acaban moitas veces en morte.

Xesús carga coa cruzII

Condenados a morte.

Cada un carga coa súa cruz e inicia un camiño cheo de cruces:

soidade, perigros, caídas, explotación, mortes, rexeitamento...

III Xesús cae por primeira vez

Primeiro obstáculo: o deserto.

O sol, a area, a falta de auga e alimentos... moitos caen, algúns atopan un cireneo e son axudados polos seus compañeiros ou polos tuaregs; outros, incontables, son abandonados, e a súa primeira caída será tamén a última.

Xesús encóntrase coa su NaiIV

Cántas nais dolorosas soñan con encontrarse cos seus fillos inmigrantes...

Cánta angustia esperando un sinal de vida, unha chamada telefónica...

Cánta dor por non ter podido darlles o que necesitaban: unha vida digna, en pobreza, pero digna...

O cireneo axuda a XesúsV

Unha man tendida no camiño, un camión que acepta a túa carga, un policía que fai a “vista gorda” cando che pide os papeis, un pequeno barco pesqueiro que rescata os náufragos do caiuco, unha asociación que te acolle, unha comunidade eclesial cos brazos abertos...

A Verónica limpa o rostro de XesúsVI

O vento do deserto borra axiña as pegadas dos “crucificados”... as augas do mar reflicten, por un instante, a expresión aterrada dos que caen ao mar...

... pero o corazón humano é capaz de ver a beleza dos fillos oprimidos de Deus e gardar para sempre a súa memoria.

Xesús cae por segunda vezVII

Segundo obstáculo: o mar.Todos os que superaron a primeira caída do deserto, deben enfrontarse a un mar descoñecido. Algúns volven a caer... e para moitos, 20.000 din as estatísticas, esta segunda caída será a definitiva.

Xesús consola as mulleres de Xerusalén

VIII

Se nós non somos capaces, con Xesús, de acoller os mozos que nos chegan doutros mundos, consolando así as súas nais... máis nos valese comezar a chorar por nós e polos nosos fillos!

Xesús cae por terceira vezIX

O deserto, o mar, os valados, as fronteiras... unha vez máis, persoas que quedan no camiño, que caen para non erguerse máis.

Xoán, o marido de Elena, unha moza africana que chegou embarazada e vive coa súa filla entre nós, caeu do alto do valado de Melilla e foi conducido maniatado á fronteira entre Marrocos e Alxeria. Non volvemos ter noticias súas...

Xesús é despoxado dos seus vestidos

X

Despoxados mil veces ao longo do camiño. En cada fronteira, en cada cruce, despóxanos dos seus vestidos e dos seus bens para repartilos. Pouco importa que sexan bandoleiros, funcionarios, policías ou militares...E as mulleres son despoxadas tamén da súa intimidade e da súa dignidade... é o custo do Calvario que leva á resurrección...

Xesús, cravado na cruzXI

Moitos africanos viven pendentes dun fío de auga potable, de medicinas que non poden pagar, cravados nunha cruz, agonizantes de por vida... incluso os inmigrantes que chegaron a Europa seguen cravados pola súa falta de traballo, vivenda e documentación.

Xesús morre na cruzXII

A morte de Xesús é a morte do Inocente. A súa figura crucificada anímanos a non permitir que morran impunemente máis inocentes...

Xesús, baixado da cruzXIII

Hasta os abismos do mar senten náuseas por tanta morte e vomitan de vez en cando o corpo dun emigrante... Turistas, sanitarios, policías, todos calamos, cubrindo a nosa vergoña e a nosa indignación cunha capa de silencio...

XIV Xesús é sepultadoPateira 15-01-2003

Inmigrante nº 8

Descoñecido.A Cruz do Fillo non exclúe a ninguén, con El están crucificados todos os inocentes, independientemente dos seus credos ou relixións...

O Espírito de Dios devolve os corpos destrozados a “imaxe e semellanza”...

O seo do Pai convértese nun sepulcro anónimo e neles acolle os seus fillos desherdados polos ricos e poderosos...

Xesús resucita de entre os mortosXV

A paixón e a morte de Xesús non tiñan como destino o sepulcro, senón a resurrección. A vida vence a morte, o amor o odio.A resurrección de Cristo é a nosa resurrección. A paixón e a morte de tantos e tantas homes e mulleres inmigrantes, verdadeiro vía crucis dunha vida indigna a outra máis humana, non pode ter máis meta que alcanzar a “semellanza” co Creador.

top related