vagalume 14
Post on 08-Apr-2016
251 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Nº 14 Xuño 2010
Coordinación
Equipo de
Normalización Lingüística
Colexio “Madre de Dios” Rúa Convento nº 8 Sobrado do Bispo 32890 Barbadás
Ourense Tfno/Fax 988 383 003
S U M A R I OS U M A R I OS U M A R I OS U M A R I O
Limiar .......................................................................................... 3
Que é ler ...................................................................................... 4
Diario do teatro ............................................................................. 4
A canción na aula de inglés............................................................ 5
Consellos para pais e profes........................................................... 5
Futuros artistas? ........................................................................... 6
As intelixencias múltiples ............................................................... 8
De magosto ................................................................................. 9
Facendo prácticas de maxisterio ..................................................... 10
Aprendendo a nadar ...................................................................... 10
Un galego na Lúa .......................................................................... 11
Novoneyra: Do Courel a Compostela ............................................... 12
Enredos ....................................................................................... 14
De todo un pouco ......................................................................... 15
Folclore en Galicia ......................................................................... 16
Para eles, para vós, para nós ......................................................... 18
Exposición Madre Trinidad .............................................................. 19
Obradoiro da Horta ........................................................................ 19
Obradoiro de Teatro....................................................................... 20
Importancia do teatro na escola ..................................................... 21
Semana da Ciencia ....................................................................... 21
Miscelánea................................................................................... 22
Terminamos un ano escolar cheo de novidades, de expectativas cumpridas e algunha que outra frustrada, pero coa mirada positiva, esperanzada. Sabendo que os límites e fracasos de “hoxe” son as oportunidades de “mañá” para os nosos alumnos e os vosos fillos, para nós, profesores e todos os que dalgún xeito nos sentimos implicados no proceso ensino - aprendizaxe das persoas que máis valorades e valoramos nesta vida.
Quero dirixirme de forma especial a vós, pais. E quero facelo coa axuda dunha canción moi de moda sobre todo para os vosos fillos, cal dos vosos fillos non tarareou a canción de Macaco “Moving”? E parafraseando á directora da revista “Hacer Familia”, Por que esta canción? Parece unha canción sinxela e que o que nos engancha e o seu ritmo, sen embargo, se nos paramos a “soletrear” podemos descubrir unha mensaxe simple, pero que si a leváramos á realidade da vida poderiamos ensinar ós nosos alumnos, ós vosos fillos, a descubrir o pequeno e esencial da vida, que é o que ó fin vai dar senso ó seu existir, ó seu facer, ó seu ser.
“Tiempos de pequeños movimientos… movimientos en reacción!. Tempos de pequenos movementos, esa é a nosa vida! Nada extraordinaria, pero ben feitos, un detrás doutro, provocando a reacción daqueles que nos rodean. Pequenas cousas diarias, imperceptibles para moitos, pero non para os nosos. Sinxelas manifestacións de cariño que fan do fogar unha familia e da familia unha sociedade digna. Que importante axudar a ver, valorar e esforzarse polo pequeno, polo que enche o corazón e non os caixóns!
“Una gota junto a otra hace oleajes, luego mares…océanos”. Esto é a herdanza das familias, elos fortes, unidos, que fan cadeas de persoas felices… grazas á educación que recibiron dos seus pais e estes dos seus, ata chegarmos á orixe, como segue a letra de “Moving”: “Si en lo pequeño está la fuerza, si hacia lo simple anda la destreza / Volver al origen no es retroceder, quizás sea andar hacia el
saber”. Que importante é ser constantes, repetir unha e mil veces as cousas, pousando esa semente nos corazóns dos nosos alumnos, dos vosos fillos, sen saber cando xermolará. Pero… no pequeno está a forza… e os fillos, aínda que ás veces parece que se afastan, chega un momento en que comprenderán que “volver al origen no es retroceder” e sacarán todo aquilo que lles inculcamos dende a súa tenra infancia.
E así, agradecerán este empeño que puxemos en explicarlles que existen outras formas de afrontar e vivir a vida, sentiranse orgullosos de tomar as súas propias decisións e
asumilas como tal, sentíndose responsables das súas consecuencias.
Porque como segue decindo este grupo de melodías “Nunca una ley fue tan simple y
clara: acción, reacción, repercusión. /
Murmullos se unen, forman gritos, juntos
somos evolución” A vosa tarefa familiar na educación dos vosos fillos é primordial. De vós reciben esa educación que con toda seguridade non a poderá borrar ninguén.
N o n b u s q u e m o s m o m e n t o s extraordinarios, vivamos o pequeno. Axudemos a encontrar o tesouro que cada
día Deus nos regala e poñamos todo o noso esforzo en que a felicidade dos nosos “nenos” estea no esencial, no que podemos ver
cos ollos do corazón como di Saint Exupery.
“Valorade o precioso tesoro que Deus puxo nos nenos” (M. Trinidad)
Sor Isabel López Ramos
LIMIARLIMIARLIMIARLIMIAR
3
4
QUE É LER? QUE É LER? QUE É LER? QUE É LER? A RESPOSTA ESTÁ NA POESÍA
É viaxar e non en avión,
coche, barco, tren nin moto,
a calquera lugar remoto
sen moverte do sillón.
E así foi, a través da lectura en
inglés, como os alumnos do
colexio Madre de Dios de segundo
e terceiro ciclo de primaria tiveron a
oportunidade de viaxar sen moverse
do colexio. A viaxe comezou en
Sobrado do Bispo, a nosa primeira
parada foi en Londres, onde
visitamos o río Támesis, o Big Ben,
o palacio de Buckingham…
Continuamos o noso longo camiño e
de súpeto chegamos a Escocia, onde
coñecemos o Castelo de
Edimburgo, os seus lagos e a
estatua de Willian Wallace.
Cando se achegaba o día de San
Valentín, viaxamos ata New York para ver como
os rapaces americanos
celebran ese día e
tivemos a oportunidade
de ver o Empire State
iluminado con luces
encarnadas. No mes
de marzo e con motivo
do St. Patrick’s day
v i s i tamos I r l an da
pintada de verde,
coñecemos a cidade de
Dublín, admiramos os
fantásticos acantilados
de Moher, o enorme
Phoenix Park , o Spire e
coñecemos a historia de
Molly Malon.
Cal será o seguinte
destino?
Laura Villar Domínguez PROFESORA DE INGLÉS
DIARIO DO TEATRODIARIO DO TEATRODIARIO DO TEATRODIARIO DO TEATRO Eu fixen este artigo para contar o que facemos na aula de teatro.
Pero vou empezar polo principio. Fágovos unha invitación para que veñades á aula de teatro, onde os servirá de moitas cousas como non ter medo escénico, tamén xesticular mellor e moito máis.
Faredes obras de teatro e entraredes no mes das 7 barbas.
O único que nos faltan son actores e actrices por eso vos invito a aula de teatro. ÁNIMO!
Daniela Ferreiro de Aguiar 5º PRIMARIA
5
A CANCIÓN NA AULA DE INGLÉSA CANCIÓN NA AULA DE INGLÉSA CANCIÓN NA AULA DE INGLÉSA CANCIÓN NA AULA DE INGLÉS A importancia de traballar na aula de inglés con
cancións é moi relevante xa que ofrece un gran
abano de posibilidades non só nos contidos tra-
ballados senón tamén na metodoloxía aplicada.
Un dos principais
problemas que xor-
den na aprendiza-
xe do inglés é a
falta de correspon-
dencia entre a grafía
e a pronuncia, así que
todas as tarefas que impli-
quen unha exposición á
lingua inglesa de for-
ma oral son bastante
significativas para asi-
milar a pronuncia in-
glesa. Así coas can-
cións pódense practicar
sons vocálicos e consonánti-
cos conflitivos para os alumnos, asimilar a acen-
tuación das palabras en inglés, aprender caracte-
rísticas do ritmo do idioma como contraer síla-
bas, pronuncialas rapidamente, unir palabras…
Outro aspecto fundamental que se traballa coas
cancións é que os alumnos se familiaricen con
estruturas gramaticais que en cursos posteriores
irán descubrindo e como non, a ampliación de
vocabulario.
Cando se traballa con cancións os alumnos relá-
xanse creando unha acti-
tude positiva. O traba-
llo con cancións nor-
malmente realízanse
en grupos ou parellas
o que resulta moi
motivador para os ra-
paces.
A importancia de usar
cancións na clase de in-
glés recóllese en dous
puntos fundamentais: motivar
e crear interés nos alumnos pola
asignatura e ensinar dun xeito
lúdico para os rapaces.
Con todo isto esperamos sorprendervos con algu-
nha canción do noso repertorio.
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
CONSELLOS PARA PAIS E PROFESORESCONSELLOS PARA PAIS E PROFESORESCONSELLOS PARA PAIS E PROFESORESCONSELLOS PARA PAIS E PROFESORES
O cansazo é a escusa que moitos nenos usan para estaren sobre os seus cadernos ou libros de traballo. Observade como escriben os vosos
cativos, aínda que vos pareza exaxerado, tamén a postura inflúe no seu desenvolvemento académico.
Modo correcto: O taboleiro usado para facer as tarefas debe ter unha altura axeitada. Para manter as costas er-
gueitas apoiada sobre o respaldo da cadeira, os pés do neno chegarán ao piso, mentres que a mesa debe aproxi-
marse aos cóbados cando sexan flexionados. Os cadernos e libros colocaranse do lado dereito se o neno é manicho, e
do contrario se é destro. O peso do corpo necesita situarse sobre o extremo oposto do que se escribe. Cando o neno
comece a escribir ten que apoiar o brazo xunto co pulso sobre a mesa, e collendo o lapis correctamente, na coloca-
ción e na presión que se fai cando se escribe. Unha correcta postura ao escribir favorece a atención, e
mellora o proceso de escritura e lectura; básicos na aprendizaxe infantil.
6
FUTURAS/OS ARTISTAS?FUTURAS/OS ARTISTAS?FUTURAS/OS ARTISTAS?FUTURAS/OS ARTISTAS?
7
8
AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLESAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLESAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLESAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
As habilidades cognitivas que
un neno posúe non sempre se
relacionan coas cuali-
ficacións mostradas
na escola. Hai algúns
anos Howard Gardner e Da-
niel Goleman presentaron
dúas teorías onde concep-
tos como: "intelixencias
múltiples" ou "intelixencia
emocional" revolucionaron o
pensamento sobre esta pala-
bra.
Cada neno ten un
talento especial. É
ideal manexar estes
conceptos para ser
cautelosos cos nosos
fillos e aceptar os seus
talentos en certas áre-
as e incentivar o seu
desenvolvemento na-
quelas menos favorecidas. Se
tés un pequeno de entre os 4
e os 8 anos aquí che van uns
consellos:
Para incentivar a intelixencia
lóxica - matemática ensínalle a
explorar o seu ámbito físico:
Ordenar os seus xoguetes e
clasificalos por tamaños
ou formas.
Se buscas potenciar a
súa linguaxe, esta pode ser
motivada con contos ou ilus-
tracións que en principio es-
perten a súa curio-
sidade pola lec-
tura. Traballa moito os si-
nónimos, lelles poesía e
practica con el trabalin-
guas.
Mentres medra anímao a
practicar exercicios: co-
rrer, saltar, practicar natación
e mesmo o baile axúdao a de-
senvolver a intelixencia cinética
- corporal.
Nesta segunda nota completa-
remos a lista de
"Intelixencias múltiples"
e mostrarémosche al-
gunhas ideas para in-
centivalas nos teus
fillos dende pequenos.
Habilidades diferentes:
Musical: Acostúmao a
oír música e diferenciar
melodías. Ide xuntos a un con-
certo e intenta descubrir se ten
interese nalgún instrumento
musical.
Naturista: Aléntao a
manter contacto cos ani-
mais e a natureza. Os docu-
mentais ou os libros con foto-
grafías adoitan chamar a súa
atención.
Interpersoal: Tamén coñecida
como intelixencia social, é qui-
zais unha das máis importan-
tes. Motiva no teu fillo o dese-
xo de interactuar cos
seus pares
a través dos
xogos grupais, ide-
ais para
aprender a tole-
rar e com-
prender os dife-
rentes carácteres.
Intrapersoal: Axúdanos a coñe-
cer os nosos sentimentos e
emocións, o cal é básico para
comprender ás outras per-
soas. Se incentivas no teu
neno esta calidade seralle
máis doado expresar como
se sente fronte a calquera
circunstancia, sexa boa ou
mala.
Empeza comentándolle
nunha linguaxe sinxela si-
tuacións na túa vida que te
motivaron, aínda aquelas difi-
cultosas encerrarán un ensino.
Ademais interésate en coñecer
como lle vai na escola, cos
seus amigos e mestres.
Jaime Montero Pampillón PROFESOR DE PT
9
DE MAGOSTODE MAGOSTODE MAGOSTODE MAGOSTO Todos os anos polo mes de
novembro festexamos unha
das nosas tradicións mais im-
portantes: o magosto.
Este ano,
debido ao
mal tempo,
non nos pui-
demos achegar ao campo de
fútbol do San Xoán, polo que
decidimos celebralo no colexio,
pois cremos de vital importan-
cia mergullar os nenos nas fes-
tas populares da nosa comuni-
dade, e esta gústalles moito
porque é das mais
larpeiras.
Fixemos unha pe-
quena fogueira no
patio do colexio
para asar as casta-
ñas que tódolos ne-
nos trouxeron du-
rante a semana,
xuntámolas e entre todos nos
axudamos a moxetalas para
que non estouparan nas bra-
sas. Dolores asou chourizos,
bebemos refrescos e de so-
bremesa comemos bica e ou-
tras larpeiradas. Trala comida
xogamos cos tizóns e mais
dun neno volveu á súa casa
coma un chamizo. Este ano
acompañounos algún pai na
celebración. Este mesmo día,
despois de gozar
do xantar e mais
dos xogos, prepa-
ramos unha pe-
quena representa-
ción adaptada do típico
conto de “a castañeira”.
Ambientamos a biblioteca
do cole para a ocasión e dúas
profes do centro caracterizá-
ronse para darlle un toque
mais real á historia que nos
narraban.
A representación a pesar de
curtiña e moi improvisada, tivo
unha acollida moi boa tanto
para os nenos e nenas do cen-
tro como para os papás que
viñeron compartir o dia con
nós.
ALUMNOS/AS DE 5º
10
FACENDO AS PRÁCTICAS DE MAXISTERIOFACENDO AS PRÁCTICAS DE MAXISTERIOFACENDO AS PRÁCTICAS DE MAXISTERIOFACENDO AS PRÁCTICAS DE MAXISTERIO Como futura mestra neste último ano de carreira, fixen as miñas prácticas no colexio”Madre de Dios”. Escollín este centro porque síntome moi unida a el, pois os meus primeiros pasos tiveron lugar nesas
aulas.
Do meu paso gardo un fantás-tico recordo. Fo-ron uns anos moi felices, coas clases de músi-ca nas que aprendín a tocar a guitarra. A ensinanza esta-ba moi persona-lizada. Recordo de xeito especial á miña primeira mestra, Ana González, que me ensinou o A- E- I- O- U con
moito cariño. E sobre todo, ás miñas amigas, coas que a pesar dos anos sigo mantendo relación.
A educación relixiosa deume un bo modelo de com-portamento ético. Un agradecemento a todas as reli-xiosas e profesores do colexio e de forma especial a Sor Isabel que me acompañou na miña adolescencia
e soubo transmitirme unha serie de valores que me serviron moito no meu desenvolvemento como per-soa.
E por último gustaríame agradecer a acollida e o cari-ño dos profesores actuais do centro, pois o meu perí-odo en prácticas, tratáronme como a unha compa-ñeira máis ofrecéndome a súa experiencia e axuda
en todo momento. Serviume para crecer nunha aven-tura marabillosa. Ser mestra. GRAZAS
Raquel Casas Vázquez PROFESORA EN PRÁCTICAS
“Dos recordos da nosa infancia
emerxe sempre unha clara
figura dun mestre ou mestra,
con quen temos pendente
unha débeda de gratitude. Soe
ocorrer que tardamos moito en
darnos conta da súa influenza
benefactora, e para entón
aquelas persoas que serviron
de ponte entre as familias e a
sociedade, que suavizaron o
desamparo dos primeiros días
de escola e leváronnos da mao
polos labirintos do abecedario
e da cultura desaparecerán xa
das nosas vidas”.
José Antonio Marina
APRENDENDO A NADARAPRENDENDO A NADARAPRENDENDO A NADARAPRENDENDO A NADAR
11
UN GALEGO NA LÚAUN GALEGO NA LÚAUN GALEGO NA LÚAUN GALEGO NA LÚA - Nai, nai! -No colexio hai un concurso e temos que facer algo con material de refu-gallo para participar. Esas foron as palabras da miña filla en canto o soubo, e eu, coma sempre, comecei a darlle voltas á cabeza pensando en que facer ou non facer. - Xa está! Imos facer unha homenaxe ó primeiro que pisou a Lúa. - Iso soa un pouco “rollo” nai. - Vouche contar unha historia que moi pouca xente sabe, pero que todo aquel a quen se lle conta está obrigado a gardar o segredo. E só se poderá contar cando a Lúa lle dedique un sorriso. - Un sorriso? Pero que dis nai? A min paréceme que a Lúa non sorrí nun-ca. - Pois a min onte sorriume e por iso che vou contar a historia. Verás, ti sabes quen é Neil Armstrong? - Pois non. - Pois segundo o mundo enteiro foi o primeiro que pisou a Lúa, pero iso non é certo porque o primeiro foi Xurxo Carballo, un ourensán que daquela contaba coa túa idade máis ou menos. - Coa miña idade, Ja! Ja! Ja! Paréceme nai que é pouco probable. - Escoita un pouco e verás como che interesa. - Unha noite Xurxo, despois de cear e lavalos dentes, deitouse na súa cama disposto a descansar, non sen antes escoitar o conto que con tanto amor lle contaba tódolos días a súa avoa. Aínda non comezara co conto e a Xurxo xa se lle empezaban a pechar os ollos. Xi-rouse na cama e cando volveu abrir os ollos deuse conta que aquela non era a súa habitación. Era un foguete espacial! Na pantalla do ordenador había unha mensaxe: XURXO, SON A TÚA NAI, ESTOU ALGO CANSA DE REPETIRCHE QUE TES QUE COIDAR O MEDIO AMBIENTE E TI NADA, NON FAS CASO, TIRAS OS PAPEIS Ó CHAN, DEIXAS AS LUCES PRENDIDAS POLO DÍA, NON PECHAS AS BILLAS DA AUGA… ASÍ QUE VOUTE MANDAR Ó FUTURO, PERO VOUNO FACER A UN SITIO ESPECIAL PARA QUE VE-XAS COMO NOS PODE PREXUDICAR A CONTAMINACIÓN. Cal non sería a sorpresa de Xurxo cando de repente se viu, nada máis e nada menos, que na Lúa. Xurxo non entendía nada pero cando mirou alá lonxe viu un planeta marrón, moi marrón. - Que será iso? -Preguntou Xurxo. - Pois iso é a Terra –contestoulle a Lúa– o que pasa é que xa non é como ti a recordabas: as augas azuis e os campos verdes. - Pero, que lle pasou? - Pois os humanos que pouco a pouco foron acabando con ela. Non tiñan coidado de nada, verquían lixo ós mares e bosques, cortaban árbores e destruían todo aquilo que mantiña a súa atmosfera. - Non pode ser! Xurxo choraba desconsolado por ver como ía quedar a Terra, pero entón a Lúa ofreceulle unha solución: - Verás Xurxo, voute mandar de volta á Terra pero cando chegues tés
que tratar de manter o teu planeta limpo e loitar contra a contaminación. Tés que llelo dicir a tódolos teus amigos, aos teus pais, a tódalas persoas que poidas e quizais entre todos poderedes evitar que algún día ese pla-neta que tanto amades de converta nun planeta marrón, triste e sen vida. Iso si, só me tés que facer un favor. - Cal é? - Non lle podes dicir a ninguén que estiveches aquí, porque senón todo o mundo querería vir e iso non é posible. Pero prométoche unha cousa, se ti cumpres coa túa palabra, eu, cada vez que te vexa, dedicareiche un sorri-so e poderás contarllo a alguén especial para ti. - Está ben, pola miña parte o trato está pechado. Volverei á Terra e inten-tarei que tódolos humanos loiten por manter o planeta tan fermoso coma sempre.
- Entón pecha os ollos e prepárate para partir, Xurxo. Xurxo pechou os ollos. De repente oíu un pito, cada vez máis forte, abriu os ollos e deuse conta de que ese son era o seu espertador e que xa non estaba na Lúa. Estaba na casa. Todo seguía igual, ou non, porque Xurxo, dende aquel día e á súa maneira, axuda a que a Terra sexa tan azul e verde coma sempre. Iso si, tódalas noites cando a avoa sae do seu cuarto, asómase á ventá para ver se a Lúa lle sorrí porque iso quere dicir que está contenta e de que todo vai ben. - Nai, nai! - Di filla. - Sabes que? Eu tamén quero ser coma Xurxo e vou intentar coidar o medio ambiente o mellor que poida. - Iso está moi ben, miña filla, pero, por que queres ser coma el? - Porque eu tamén quero que a Lúa me dedique un sorriso. E, a ti. Tamén che sorrí a Lúa?
Conchi Amorín NAI DE AINOA (2º) E PAULA (E.I.)
12
Novoneyra : do Courel a CompostelaO poeta Uxío Novoneyra nace o 19
de Xaneiro de 1930, na aldea de
Parada de Moreda, en plena serra
do Courel, nunha familia labrega
acomodada. O futuro escritor pasa
a nenez e mocidade
nun Courel que segue
conservando os seus
tradicionais modos de
vida e que conformará
as experiencias básicas
da creación poética do
autor, de inspiración esencialmente
telúrica. Da mesma maneira, o am-
biente histórico represivo da déca-
da dos trinta e comezos dos coren-
ta do pasado século, que coincide
cos anos de nenez e mocidade, dei-
xarase ver máis tarde na súa poesía
cívica.
En 1945 trasládase a Lugo para
estudar o bacharelato, que remata
en 1948. Neste último ano coñece
ao seu compañeiro de xeración, o
escritor da Terra Chá Manuel María.
Antes, en 1947, xa fora vivir a Para-
da a autora noiesa María Mariño
Carou, con quen o noso autor inicia-
rá unha profunda relación persoal
que durará ata a morte da poeta.
De 1949 a 1951 está en Madrid e
alí, tras superar o Exame de Estado,
matricúlase por ouvinte na carreira
de Filosofía e Letras. Esta xeira ma-
drileña é unha etapa de formación
cultural na que empezará a escribir
en castelán, chegando a publicar
dous poemas que formaban parte
do libro inédito “Desde las cosasDesde las cosasDesde las cosasDesde las cosas”. É
este tamén un momento de eclo-
sión política estudantil e nese am-
biente entra en crise o
pensamento do autor,
quen daquela comeza a
conformar a súa ideolo-
xía e dá o seu primeiro
recital poético nas aulas
universitarias, iniciando
así a que será a súa recoñecida
actividade como “decidor” de poe-
sía.
En 1952 volve a Galicia para facer
o servizo militar coincidindo outra
vez con Manuel María. As experien-
cias composteláns son fundamen-
tais pois espertan no escritor unha
nova conciencia galega
que se vai forxando en
contacto con figuras
como o pintor Carlos
Maside, Ramón Piñeiro
e Ramón Otero Pedrayo.
É precisamente este
contacto co galeguismo,
xunto coa volta ao Cou-
rel durante unhas vaca-
cións no ano 1952, o
que motiva o autor para escribir en
galego. De 1953 a 1962, permane-
ce no Courel repoñéndose dunha
enfermidade. Aquí nace o ciclo poé-
tico courelán, que se inicia co libro
“Os eidos”Os eidos”Os eidos”Os eidos”, escrito entre 1952 e
1954. As relacións galeguistas léva-
no a participar en actos como o re-
cital inaugural do ciclo “Homenaje a
la poesía gallega” organizado en
Compostela no 1957; nel pronuncia
unhas valentes palabras na nosa
lingua proscrita, xesto político que
causaría un forte impacto no am-
biente represivo e timorato dos ne-
gros anos cincuenta.
Entre 1962 a 1966 vive en Madrid.
Aquí na radio e na televisión en pro-
gramas relacionados coa poesía
galega, española ou universal e
asiste ás tertulias do Café Gijón. Ao
tempo, relaciónase cos membros
do grupo Brais Pinto: Patiño, Hermi-
nio Barreiro, Bautista Álvarez e os
escritores Ramón Lorenzo, Bernar-
dino Graña, Xosé F.
Ferreiro e Méndez
Ferrín. Neste am-
biente de vangarda
e preocupación so-
cio - política escribe
a serie poética
“Elegías de MadridElegías de MadridElegías de MadridElegías de Madrid”,
que xunto con ou-
tras dúas anteriores
conforman o libro,
editado na capital do Estado en
versión bilingüe galego - castelán
“Elegías del Caurel y outros poe-Elegías del Caurel y outros poe-Elegías del Caurel y outros poe-Elegías del Caurel y outros poe-
masmasmasmas”.
En 1966 retorna ao Courel, por en-
13
Novoneyra : do Courel a Compostela fermidade dos seus pais, quedando
definitivamente en Galicia. O seu
pai morrerá en 1971 e dous anos
despois a súa nai. En 1968 coñece
en Lugo a Elva Rei coa que casará
en 1973 e terá logo tres fillos, Bran-
ca - Petra, Uxío e Arturo, e residirá
ata 1983 entre Lugo e O Courel.
Daquela recolle os poemas do ciclo
courelán posteriores ao seu primei-
ro libro, que xunto con outros máis
recentes, forma a obra “Os eidos Os eidos Os eidos Os eidos
2222”. As dimensións políticas e gráfico
- visuais aparecen conxugadas no
seu seguinte libro, “Poemas caligrá-Poemas caligrá-Poemas caligrá-Poemas caligrá-
ficosficosficosficos”. Por outra parte, nestes anos
de marcada preocupación cívica,
traduce ao galego varios poemas do
escritor e político chinés Mao Ze-
dong (El Progreso, 19-9-1976).
A comezos da década dos oitenta
Novoneyra é considerado xa como
un clásico pois como tal o confir-
man o seu tratamento na Gran En-
ciclopedia Gallega e os estudos da
nova crítica, como o revelador “O
fonosimbolismo na poesía de Novo-
neyra” publicado en 1980;
ou os comentarios
literarios como “O
iceberg poético de
Novoneyra” que es-
cribe Anxo Tarrío. En
1984, Méndez Ferrín contribúe a
esta canonización ao escoller o
seu nome para o título do
libro “De Pondal a Novoneyra”. Nes-
ta mesma década Novoneyra inicia
a recompilación do seu ciclo coure-
lán, despois dunha rigorosa depura-
ción.
En 1983 afíncase defi-
nitivamente en Com-
postela, desde onde
exerceu a presidencia
da Asociación de Escri-
tores en Lingua Galega
ata a súa morte en
1999. Desde o punto
de vista creativo, na
segunda metade da
década dos oitenta
comeza unha reagru-
pación temática da súa obra com-
pleta.
Os anos noventa van amosar unha
nova contribución do escritor, dan-
do a coñecer dúas publicacións de
literatura infantil, “O cubil do xaba-O cubil do xaba-O cubil do xaba-O cubil do xaba-
rínrínrínrín” e “Gorgorín e CabezónGorgorín e CabezónGorgorín e CabezónGorgorín e Cabezón”, dous
contos ambientados na xeografía
do Courel. Despois dun
longo silencio, roto tan
só pola aparición dalgu-
nha composición
como “ViaxeViaxeViaxeViaxe”,
ou a saída da
segunda edi-
ción da obra
“Os EidosOs EidosOs EidosOs Eidos” da
Biblioteca das
Letras Galegas
(Xerais), publica unha entrega poéti-
ca individual, “Poemas da doada Poemas da doada Poemas da doada Poemas da doada
certeza i este brillo premido entre certeza i este brillo premido entre certeza i este brillo premido entre certeza i este brillo premido entre
as pálpebrasas pálpebrasas pálpebrasas pálpebras” (Espiral Maior 1994),
con caligrafías do propio autor. Esta
reaparición poética
complétase coa
publicación do poe-
mario “Camelio xa-Camelio xa-Camelio xa-Camelio xa-
ponésponésponésponés”.
Neste último perío-
do o poeta segue
sacando á luz diver-
sas mostras creati-
vas como as
“Lendas de a cava-Lendas de a cava-Lendas de a cava-Lendas de a cava-
lolololo” (O Correo Galego
13-VII-1997), pertencentes á obra
inédita á que o propio escritor se
ten referido en distintas ocasións
como “Libro de Rotas/ Ameto Míti-Libro de Rotas/ Ameto Míti-Libro de Rotas/ Ameto Míti-Libro de Rotas/ Ameto Míti-
co” co” co” co” ou simplemente “Ameto Míti-Ameto Míti-Ameto Míti-Ameto Míti-
cocococo”, e que sairía á rúa uns días des-
pois do seu pasamento, o 30 de
outubro de 1999, baixo o título
“Arrodeos e desvíos do Camiño de Arrodeos e desvíos do Camiño de Arrodeos e desvíos do Camiño de Arrodeos e desvíos do Camiño de
Santiago outras rotasSantiago outras rotasSantiago outras rotasSantiago outras rotas”.
ENDL
14
Fotocopia ampliado nunha cartolina, recorta e cons-trúe o teu Panda
Cal é o camiño a seguir dende a boca ata o pé do hipopótamo?
Atopa 15 diferenzas entre estes dous debuxos
Le e descifra o seguinte texto:
Sgeum etsduos raleziaods por uhna ui-venrsdiade ignlsea, non ipmotra a odre na que as ltears etsean ersciats, la uinca csoua ipormtnate é que a pmirirea e a utlima ltera setaen escirtas na psiocion cocrreta.
O retso pdoen etsar ttaolmntee mal e aniad porideas lleo sen pobrleams, pquore non leoms cdaa ltera en si mse-ma snoen cdaa paalbra nun contxetso.
VINDE ao OBRADOIRO de CIENCIAVINDE ao OBRADOIRO de CIENCIAVINDE ao OBRADOIRO de CIENCIAVINDE ao OBRADOIRO de CIENCIA
Ola, en ciencias hai dous grupos un dos martes e outro dos mér-
cores.
Empezarei coa clase dos martes, ao principio de curso estiveron
falando das pompas de xabón, tamén sobre os planetas e
despois aprendemos a facer unha fábrica de rosquillas.
Na clase dos mércores ao principio de curso fixe-
mos que un volcán estivese en erupción, tamén
aprendemos as formas das cores, esperade un mo-
mento haber se recordo un haber... ah si! un que se
chamaba os oito limóns que acendían unha luz, ese
foi o que máis me gustou.
O último día deunos un papel para valorar ciencias, pero nós
queriamos facer algúns experimentos por iso dígovos que necesi-
tamos máis científicos e científicas.
Adriana Ferreiro de Aguiar ALUMNA DE 5º
15
DE TODO UN POUCODE TODO UN POUCODE TODO UN POUCODE TODO UN POUCO
ENCONTRO DEPORTIVO EN BILBAOENCONTRO DEPORTIVO EN BILBAOENCONTRO DEPORTIVO EN BILBAOENCONTRO DEPORTIVO EN BILBAO
Un ano máis o noso centro participou no encontro deportivo que
organizan os colexios da nosa congregación en homenaxe á
nosa Nai fundadora Madre Trinidad. Este ano o evento tivo lugar
no colexio de Bilbao os días 7, 8 e 9 de Maio. O “Madre de
Dios”, de Ourense asistiu cunha amplísima representación de
máis de corenta persoas, quizais a máis grande que o noso cen-
tro ten enviado aos diferentes encontros deportivos.
A nosa participación nas diferentes competicións foi tamén des-
tacable xa que participamos en todas as disciplinas deportivas,
atletismo (cross e velocidade), baloncesto, fútbol e volei. Pero
neste evento, o deporte non é o
único importante, a convivencia e
as relacións de amizade que se
establecen durante estes tres días
entre alumnos, pais e profesores sen dúbida
que é o que garante o éxito destes encontros e fai
que o vindeiro ano en Madrid cumpramos o décimo quinto ano
consecutivo de este evento, e gustaríanos aproveitar este artigo
no “Vagalume” para agradecervos o voso esforzo e a vosa dis-
poñibilidade a pais, alumnos e ex-alumnos participantes, así
como animarvos xa dende este intre para que o ano que ven
poidamos superar a participación.
Alberto Domínguez PROFESOR DE E.F.
ENGLISH ENVIRONMENT:ENGLISH ENVIRONMENT:ENGLISH ENVIRONMENT:ENGLISH ENVIRONMENT:
Os nosos alumnos contan cun espazo en cada unha das aulas de infantil e primaria con ambiente inglés. Este espa-zo denomínase ENGLISH CORNER, é onde os nosos rapaces expoñen os seus traballos de inglés e onde atopamos pos-ters, almanaques, preguntas e expresións prácticas, flash-cards and wordcards.
É un recurso moi importante e útil na aprendizaxe dunha lingua estranxeira, os resultados son moi positivos en espe-cial cos alumnos máis pequenos xa que o uso da imaxe nos tempos que corren é unha constante que está presente en todos os ámbitos da nosa vida e que nos invade constante-mente. A imaxe é capaz de traer o mundo á nosa aula, co-municar, emocionar, chegar ó alumno.
Por todas estas razóns na clase de inglés non se pode dei-xar escapar esta ferramenta fundamental. A través da ima-xe podemos avanzar notablemente na aprendizaxe de voca-
bulario e os contidos de forma moi significativa ao mesmo tempo que dinamiza a clase.
Laura Villar Domínguez PROFESORA DE INGLÉS
16
FOLCLORE EN GALICIAFOLCLORE EN GALICIAFOLCLORE EN GALICIAFOLCLORE EN GALICIA CANCIÓNS
Galicia ten un rico patrimonio folclóri-
co de cancións e danzas populares,
sendo a muiñeira a máis representati-
va.
A muiñeira é un dos ritmos
máis coñecidos e utilizados en Gali-
cia. Fíxose tan popular que sufriu
múltiples variantes. Si
ben todas teñen a mes-
ma estrutura musical,
seu ritmo é máis rápido
e alegre.
O nome de muiñeira
pensase que procede
dos bailes que os labre-
gos facían nos muíños
mentres esperaban para
recoller a fariña.
Hai outras danzas e cantos populares
que destacan: pandeirada, xota gale-
ga, alborada, alalás… .
A pandeirada garda unha
gran similitude coas muiñeiras, inclu-
so algúns cren que é a antecesora
desta. Si ben soen executarse canta-
das con acompañamento do pandei-
ro, este e a melodía levan distinto
acento: o pandeiro, ternario, e a me-
lodía, binario.
A xota galega
está escrita en com-
pás ternario e se utili-
zaba moito en festexos
populares para bailar,
cantar e tocar.
A alborada
son doces melodías.
Crese que proceden
dos primitivos cantos
do amencer. Hoxe é basicamente
instrumental. A súa métrica é binaria.
Os alalás están considera-
dos como os cantos máis simples e
primitivos de Galicia. A súa pro-
cedencia podería ser celta, seu
tempo é
l e n t o ,
e s c r i t o
e n
c o m -
p á s
bina-
r i o ,
terna-
rio e
cuate r-
nario.
Dentro das modalidades da
nosa música popular xoga un papel
importante o aturuxo. O aturuxo é un
grito agudo. Bótase polo regular, o
final das cancións e de modo espe-
cial cando empezan as romarías e
diversións.
BAILE
Galicia tivo dende hai séculos nota-
bles coros e corpos de baile que re-
collían as melodías populares e as
danzas labregas, mariñeiras. Estas
danzas executábanse nas festas das
distintas comarcas galegas. Existen
diversas danzas que se soen conside-
rar galegas como son a xota, a pan-
deirada, o fandango, o maneo, pero
sen dúbida o baile típico de Galicia
enteira é a muiñeira. Nas distintas
comarcas adopta variantes, as veces
moi profundas ca fan de difícil exe-
cución. A muiñeira é sempre un
alarde de ritmo, rápida e vistosa.
A música soe estar represen-
tada por un corpo de gaitas que
consta de: a gaita galega, o bom-
bo, o tamboril, o máis típico como
instrumento é a pandeireta.
INSTRUMENTOS
A gaita é o instrumento máis re-
presentativo da música popular gale-
ga, entorno a gaita desenvólvense
todas as actividades musicais desta
terra.
17
A súa orixe é incerta, hai
algúns que supoñen que procede dos
pobos celtas. O primeiro documento
coñecido en Galicia no que aparece
un gaiteiro é no contrato de venta
dunha finca do ano 1.374. A primei-
ra representación iconográfica é a do
capitel de Melide (A Coruña) que
data dos séculos XII e XIII. Tamén
nas cantigas de Afonso X o Sabio
atopamos representacións de minia-
turas nas que aparecen gaitas.
Juan Corominas argumenta
que a gaita galega e asturiana foi
introducida polo Noroeste da Penín-
sula polos suevos que ocupaban esta
parte de España entre os séculos V e
VII.
Unha mostra de tradición
galega son as cancións, as danzas e
os instrumentos, instrumentos entre
os que destacan:
O tamboril é o máis fiel
acompañante do son grave.
O bombo é de maior diáme-
tro, e se bate cunha soa man.
O pandeiro está construído
con laterais de madeira que forman
un cadrado. Algúns levan cascabeis
no seu interior.
A pandeireta é un dos ins-
trumentos máis enraizados na percu-
sión tradicional galega. Consiste nun
aro de madeira revestido de pel; po-
los lados colgan as ferreñas.
O birimbao, tamén coñecido
como trompa, é o instrumento típico
da Fonsagrada e dos concellos dos
arredores. Consiste nunha lámina de
madeira ou de ferro que se fai vibrar,
suxeita a un marco do mesmo mate-
rial en forma de ferradura. Ta-
mén as hai con outras formas
diferentes, pero a de ferradura
é a máis común. O artesán
is famoso construtor de trom-
pas é o señor Herminio, da
Fonsagrada.
Para poñelo a funcio-
nar, cóllese o birimbao cunha
man e, situándoo entre os den-
tes, co dedo índice da outra
man puntéase o extremo libre
da lámina. Deste xeito, o instru-
mento vibra e produce o son
grazas ao uso da boca como
caixa de resonancia. Xogando
cos beizos, a lingua e as mandí-
bulas podemos obter diferentes
sons cos que poderemos executar a
peza desexada. O son da lingüeta
funciona como bordón e o resultado
recorda á zanfona.
A zanfona é un instrumento
con orixe incerta, aínda que se pode
relacionar co organistrum, que po-
demos atopar no Pórtico da Gloria da
Catedral de Compostela. No século
XII e XIII o organistrum é desprazado
das igrexas e conventos polos órga-
nos, e ve reducido o seu tamaño,
podendo ser tocados por tan só un
músico. Así nace a cinfonia, antece-
sor da zanfona.
A zanfona foi o instrumento
máis querido polos xograres da Esco-
la Lírica Galego-Portuguesa até o
século XV, onde foi perdendo terreo.
A zanfona desprestixiouse moito, pois
só os cegos e mendigos a tocaban.
Aínda por riba o esplendor da época
do violín fixo que estivese a piques
de caer na desaparición.
En Galicia no século XVII
aínda se daban clases de zanfona.
Os mestres aceptaban aos aprendi-
ces por medio de público contrato.
En Galicia, a zanfona foi re-
cuperada polo ourensán Faustino
Santalices, quen en 1952 e logo
dun gran traballo de investigación,
toca este instrumento no Pazo de
Xelmírez compostelán co motivo da
súa inauguración.
Hoxe en día hai artesáns que
as constrúen e moitos músicos que a
fan soar. Agárdalle un brillante futu-
ro.
Javier Domínguez PROFESOR DE MÚSICA
18
PARA ELES, PARA VÓS, PARA NÓS... PARA ELES, PARA VÓS, PARA NÓS... PARA ELES, PARA VÓS, PARA NÓS... PARA ELES, PARA VÓS, PARA NÓS... PROGRAMA DE PREVENCIÓN PARA TITORÍAS
Como mellora no camiño educativo
dos nosos nenos e nenas, xorde
neste ano un novo proxecto: o Pro-Pro-Pro-Pro-
grama de Prevención para Titoríasgrama de Prevención para Titoríasgrama de Prevención para Titoríasgrama de Prevención para Titorías
(PPT). Este programa, parte da tito-
ría, pero impacta en todo o centro.
A súa máxima eficacia alcánzase
cando todo o claustro o asume co-
mo piar do seu proxecto educativo e
implica ás familias nun mesmo pro-
xecto vital.
Para afrontar os riscos e os confli-
tos é necesario chegar ás “causas-
raíz”. Éstas atópanse nos esque-
mas persoais e sociais con que os
alumnos e alumnas manexan as
súas competencias emocionais,
comunicativas e a toma de deci-
sións. Esta é unha tarefa puramen-
te educativa polo que só a poden
realizar os educadores.
O PPT, que abarca tódalas etapas
educativas, é un programa de pre-
vención e de formación en compe-
tencias. Os nosos nenos e nenas
están inmersos na sociedade do
coñecemento. Máis que o académi-
co, no seu futuro necesitarán outro
tipo de intelixencias e habilidades
para ser competentes no seu traba-
llo, ser bos pais e nais de familia e
ser felices.
En resumo, o PPT ten tres obxecti-obxecti-obxecti-obxecti-
vosvosvosvos: actuar desde un proxecto edu-
cativo global, prever riscos sociais e
dotar de competencias persoais e
sociais. O método son unhas activi-
dades sistemáticas, prácticas, se-
dutoras e sinxelas, estruturadas en
tres eixos:
- Mellorar as competencias emocio-
nais (autonomía e autoestima)- -
Mellorar as competencias sociais
(asertividade e comunicación)
- Mellorar as competencias éticas
(creatividade e responsabilidade)
Os materiais cos que se traballa
son o libro do alumno e
o libro do profesor titor.
Para traballar as com-
petencias sinaladas, os
libros divídense en dife-
rentes actividades nas
que se comeza pola
lectura dun conto, pre-
guntas sobre el, xogos,
talleres, asembleas...
co fin de conseguir que os nenos e
nenas adquiran os valores corres-
pondentes a cada sesión de traba-
llo.
Neste traballo, a colaboración da
familia nas actividades é funda-
mental, para isto, os nenos levan o
seu libro para a casa e fan activida-
des cos pais, logo, as familias de
infantil e de 1º de primaria son con-
vocadas unha vez ó trimestre coa
finalidade de intercambiar impre-
sións, viven-
cias e su-
xestións.
Xun-
tos,
se-
guiremos cami-
ñando.
Naiara Fernández DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
19
EXPOSICIÓN MADRE TRINIDADEXPOSICIÓN MADRE TRINIDADEXPOSICIÓN MADRE TRINIDADEXPOSICIÓN MADRE TRINIDAD Co ánimo moi alto e coa convición de que se cumpriu co deber de sacarlle o maior rendemento posible ao curso do que nos achegamos ao seu ocaso tras nove meses satura-dos de traballo e bo facer, entregados á educación en va-lores e tratando de ofrecer os coñecementos propios nos diferentes cursos.
Neste mes de maio quixemos abrir una porta á orixe da nosa historia como educadores: “ESCLAVAS DE LA STMA. EUCARISTÍA Y DE LA MADRE DE DIOS”.
Que mellor para este cometido que sexa a mesma M. Trini-dad, Fundadora da nosa Congregación, muller fiel á súa vocación Eucarística, Mariana e dedicada á educación dos nenos.
A súa vida e obras dámolas a coñecer mediante una am-pla exposición de fotos con gran valor vivencial e histórico, dende a infancia, xuventude, vocación e vida relixiosa vivi-da santamente ata entregar a súa vida ao Pai.
A fundación é obra de moitos traballos, avatares e sufri-mentos, con as súas luces e sombras ata confeccionar unha gran Obra de Deus coas características de Adoración á Eucaristía, gran devoción e amor á Virxe María, unha sensibilidade extraordinaria cargada de tenrura cara os nenos, educándoos coma se do mesmo Xesús se tratara.
A exposición consta de 96 fotografías, incluídas testemu-ñas e favores que a xente devota recibiu dela.
Que a M. Trinidad nos axude a seguir os pasos de Xesús para que o noso labor sexa fecundo e redunde a favor de tantos nenos que se achegan aos nosos colexios. Quero
terminar cunha pequena reseña que a Nai, cando tiña seis ou sete anos dixo á súa mamá referíndose ás súas amigas de xogos:
“ Mamá, eu quería ser coma este verme na chave do Sa-grario, para que os nenos viñesen a buscarme, entralos dentro e dicirlles canto Xesús os ama”. O verme era un pequeno vagalume que colocándoo nas súas mans facía o xesto de iluminar o Sagrario.
Que a M. Trinidad ( A nosa Nai) nos axude e ilumine den- de o ceo para que poidamos levar a cabo esta misión en beneficio dos nenos e as súas familias. A Congregación está chamada a estender o Reino de Deus por todos os lugares que a Divina Providencia nos quei-ra levar.
Cunha gran confianza en to-das as persoas:
Profesorado, persoal non do-cente e amigos incondicionais agradecémoslle de corazón a súa colaboración.
Sor AngustiasSor AngustiasSor AngustiasSor Angustias
OBRADOIRO DA HORTAOBRADOIRO DA HORTAOBRADOIRO DA HORTAOBRADOIRO DA HORTA
Este curso incorporáronse tamén ao obradoiro todas as aulas de educación infantil. Ao aumen-tar o número de horteláns, ampliamos o espazo dos cultivos. No noso pequeno eido ou horta temos: leitugas, acelgas, cebolas, fabas... Tamén preparamos unha zona que será para plantas aromáticas.
A actividade ten moi boa acollida e os máis peque-nos toman conciencia da orixe de moitos dos ali-
mentos, nunha sociedade como a de hoxe, dema-siado afastada do mundo rural e a súa riqueza.
Belén Glez. LovelleBelén Glez. LovelleBelén Glez. LovelleBelén Glez. Lovelle EDUCACIÓN INFANTIL
Procesión en maio
20
OBRADOIRO DE TEATROOBRADOIRO DE TEATROOBRADOIRO DE TEATROOBRADOIRO DE TEATRO
“O tempo é a materia prima da que estamos feitos: segundos, minutos, horas, días, semanas, meses, anos... O tempo voa”
Isto é o que nos ocorre aos alumnos e profesores da Aula de Teatro, que o tempo vaise voando e semella que foi onte cando comezamos co proxecto de teatro na escola.
Este curso foi especial. Ademais das representacións habituais e progra-madas como unha representación polo Nadal e outra a finais de curso na Casa da Cultura da Valenzá, fixemos a nosa estrea nas Xornadas de Teatro que organizan as ANPAS dos colexios de Barbadás e que, baixo o nome de “7 BARBAS” xuntaron un gran núme-ro de nenas e nenos dos colexios participan-tes na actividade.
Na edición deste ano participaron compañías de teatro profesionais xunto cos grupos de teatro dos colexios: Tea-tro Trécola, Ce orques-tra pantasma, Marañao Teatro...
Entre as actividades tamén se impli-cou ao alumnado dos centros convo-cando un concurso de carteis que, por certo, gañou un alumno noso, Ricardo de 2º de primaria. Houbo tamén obra-doiros de maquillaxe, vestiario e un gran desfile inaugural baseado no mundo mariño.
Nós estreamos a nosa obra “Pingueiras e Tarteiras”, unha adapta-ción libre da obra de Teresa González Costa, premio Manuel María de Litera-tura Dramática Infantil 2008.
O 15 de xuño fixemos volvemos poñer en escena esta obra para os pais e todo aquel que se quixer achegar ata a Casa da Cultura da Valenzá. Foi un gran éxito o que nos anima a seguir para o vindeiro ano.
De seguido ofrecémosvos para aque-les que non puidestes vernos un ex-tracto da obra:
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas
súas brincadeira e xo-gos rematarán co sobe-rano aburrimento. Pou-co a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi
definida no ditame do xurado como unha "apoloxía da ledicia e da fanta-sía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arque-típicos”. Unha obra que recorre a xo-gos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo.
Reme Forneiro CruzReme Forneiro CruzReme Forneiro CruzReme Forneiro Cruz RESPONSABLE DA AULA DE TEATRO
21
IMPORTANCIA DO TEATRO NA ESCOLAIMPORTANCIA DO TEATRO NA ESCOLAIMPORTANCIA DO TEATRO NA ESCOLAIMPORTANCIA DO TEATRO NA ESCOLA
Dise que os nenos din a verdade, que viven nun
mundo de fantasía, que son a esperanza da humani-
dade, o futuro do país. Dinse moitas cousas deles;
tantas, que parecen ser xa un lugar común, un con-
xunto de frases feitas, e malas frases, ademais, por-
que dicir que os nenos son o futuro é case como ne-
garlles a súa existencia no presente, dicir que viven
noutro mundo, pretender que as súas escolas
están situadas na galaxia de Andrómena
e que os seus cuartos de xogos es-
tán conectados á Terra de Nun-
ca Xamais.
Os nenos son o agora e viven no
planeta Terra. O certo é que se
imos etiquetar, entón o “mundo
infantil” é un mundo que require de tan-
ta ou máis atención que o “mundo dos adultos”, xa
que se somos estatisticamente estritos, nenos e
adolescentes constitúen unha boa maioría da poboa-
ción.
Por que, entón, en tantos ámbitos da vida diaria o
mundo infantil é o que conta cos menores espazos,
os menores orzamentos e as menores enerxías? Se-
rá seica un asunto de poder? E cando se fala
de arte, que dicir?, válese escusar que os nenos son
incapaces de entender unha pintura ou unha novela?
En realidade os nenos non están preparados para
xulgar e apreciar unha obra de teatro ou un espectá-
culo de danza?
O teatro infantil debería ser unha das actividades ar-
tísticas máis atendidas por autores, actores e autori-
dades. Por iso no noso cole decidimos
darlle un espazo especial e así creamos
en nenos e preadolescentes o gusto e
hábito por asistir ao teatro, e o
is importante participar nese tea-
tro.
Así ano tras ano esperamos sor-
prendervos coas nosas “grandes
obras”. Se o neno é o futuro, en-
tón o teatro infantil é o futuro do
teatro, é dicir, é o niño de mellores públicos, produ-
tores, funcionarios de cultura e artistas dedicados á
escena. Por iso imos prestarlle toda o noso interese
e maior atención. Grazas profes por facer isto, grazas
mamis e papis pola vosa axuda, grazas ao concello
por cedernos os seus espazos, grazas, grazas
….ESPERAMOS SEGUIR SORPRENDÉNDOVOS.
Ana Escudero Sabuz
TITORA DE 1º PRIMARIA
SEMANA DA CIENCIASEMANA DA CIENCIASEMANA DA CIENCIASEMANA DA CIENCIA Este ano o Colexio plani�icou unha semana dedicada á exposición dos traballos que os
alumnos e alumnas fan ao longo do curso.
Durante toda esta semana o colexio fervía, as aula estaban a rebordar de todo tipo de
materiais e de persoas excitadas que querían rematar a súa maqueta, o seu mural ou
axudando a un compañeiro/a que aínda non completara o seu traballo…
Non había tempo para o ocio, estabamos na recta �inal e os ordenadores non daban feito,
faltan pilas, parafusos, acábase a tinta da impresora e hai
que repoñela…
Foron momentos intensos nos que se fundiron alumnos/
as e profesores/as nun constante intercambio de opi-
nións, suxestións, felicitacións, risas, tertulias…
Isabel de Aguiar RESPONSÁBEL DE PASTORAL
22
MISCELÁNEAMISCELÁNEAMISCELÁNEAMISCELÁNEA
top related