unidade didÁctica airenoar galego
Post on 21-Jul-2016
229 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
DIDÁCTICA AIREnoAR
CREACIÓN CONTEMPORÁNEA
O Espectáculo AIREnoAR xurde da búsqueda de novas linguaxes artísticas a partir da vontade de dous artistas de fusionar diferentes artes, Maria Move e Alvaro Reboredo: crear un espectáculo diferente.
Baixo a dirección da bailarina e coreógrafa Rut Balbís (Pisando Ovos), inician un proceso de investi-gación e comunicación na relación entre eles e cos elementos propios das súas disciplinas artísticas: acrobacia aérea (corda lisa) e música (técnica vocal).
O traballo de creación do espectáculo AIREnoAR énchese /enriquécese da multidisciplinaridade dos artistas mantendo como fío a linguaxe dos corpos en relación: a danza. Unha danza que pasa polos di-ferentes elementos (corda, chan, luz, corpo) coma un xogo a través do cal o espectador entra na escena que conta, evoca e debuxa na súa mente a historia destes dous personaxes.
Partindo do sinxelo das relación humanas, os corpos e o espazo, conectamos coa emocionalidade, coa imaxe pictórica da luz e as formas,e o son que xurde e resoa nos corpos.
AIREnoAR é unha historia de encontro e desencontro, de búsqueda do equilibrio entre as cordas. O que nos une, o que nos separa do outro, ritmo e xesto das linguaxes non verbais. A poesía nas dinámicas da fisicalidade.
Álvaro Reboredo Ortega / María Move: interpretaciónRut Balbís: coreografía e direcciónAfonso Castro: deseño iluminaciónMaría Move: música orixinal e deseño sonTeresa Gutiérre: vestiarioAIREnoAR / Santiago de Compostela50’
DIDÁCTICA
INTERESE DIDÁCTICO
Como espectáculo de fusión das artes e de tres artistas con traxectorias en campos aparentemente tan distintos, consideramos moi interesante unha proposta didáctica para compartir cos centros e especial-mente cos alumnos e alumnas de secundaria ofrecendo unha invitación ao desenvolvemento das súas ferramentas artísticas e a riqueza que éstas xeneran cando son compartidas no espazo da creación.
PROPOSTA DIDÁCTICA
Dende a compañía AIREnoAR propoñemos aos centros educativos a asistencia á representación do es-pectáculo homónimo dentro do horario escolar o xoves 21 de Maio de 2015 as 11.00 a.m., extendendo a función cunha charla-coloquio dos e das artistas e o alumnado, tras a representación do mesmo.Actividades Didácticas previas á representación:
1.Engadimos un texto contemporáneo sobre a danza, de Jaime Conde-Salazar, que ao noso interese ten relación directa co noso espectáculo e a forma na que comenza a entenderse o movemento dentro do desenvolvemento da danza como disciplina artística.
2.Unha proposta de ficha persoal ca fin de invitar á reflexión a cada alumno e alumna sobre: •O seu interese pola danza e as artes escénicas •As súas propias inquedanzas/inquietudes artísticas (tanto a nivel de creativos como dende a po-sición de público ou espectadores) •As formas de dar saída a esas inquedanzas ou de levalas a cabo ( xa sexa a través dunha acti-vidade creativa ou unha acción como asistir ou informarse das actividades culturais da cidade, ou ler e buscar información sobre as distintas disciplinas)
3.Como parte da didáctica propoñemos tamén que o alunado teña a posibilidade de valorar o espectá-culo dando un feedback dentro do coloquio. Consideramos que unha das inquedanzas da arte é a co-municación co espectador e tendo en conta que a adolescencia é o tempo no que a capadidade crítica esperta é importante darlle saída para a formación completa da persoa e a súa integridade na futura carreira vital.
Dende a Compañía e o noso compromiso coa educación artística e cultural ofrecemos aos centros a posibilidade de contactar connosco para engadir a estas actividades unha actividade práctica en relación co son e movemento, ou propiamente o movemento e a corda lisa.
Esta actividade tería lugar nos propios centros (I.E.S.) como parte do programa educativo dos mesmos, e ten como fin aportar á didáctica un desenvolvemento teórico- práctico engadido á asistencia ao espec-táculo. Ao ser un espectáculo multidisciplinar a proposta podería abordarse desde os departamentos de Educación Física, Artes Plásticas ou Música.
DIDÁCTICA
GUÍA PARA O/A PROFESOR/A _ FICHA PERSOAL PARA O/A ALUMNO/A
Nota: A actividade pode realizarse a modo de reflexión común tutorizada polo profesor.
1. Enumera as artes escénicas que coñezas.
2. Das anteriores: ¿Cal é a que mais te interesa?
3. ¿Practicaches algunha? ¿Cal?
4. ¿Poderías nomear algúns/as dos/as artistas que máis admires dentro das artes escénicas?
5. ¿Que profesionais pensas que participan na creación e desenvolvemento dun espectáculo escénico? (dentro do propio espectáculo: intérpretes, director/a, técnicos/as de son e iluminación, coreógrafo/a, escenógrafo/a, vestiarista, fotógrafo/a, artista audiovisual, produtor/a, distribuidor/a e fóra do espectácu-lo: Programadores/as, persoal do teatro/sala, xestores/as do espazo, público…)
6. Na creación dun espectáculo danse varias etapas ¿poderias ordenalas? (Nota2: A seguinte lista esta ordenada).
-Influencias (fontes de inspiración).-Idea orixinal e temática.-Obxectivos xerais (¿A quen vai dirixido?, ¿Que se quere comunicar ou transmitir?...-Valoración da viabilidade económica do proxecto.-Selección do equipo de traballo (dirección, coreografía, intérpretes, iluminación, vestiario, escenografía, fotografía, produción).-Investigación técnica das disciplinas artísticas.-Selección do material que xurde da investigación.-Cronograma da creación.-Fase de produción (escenografía, vestiario, iluminación…). -Distribución e publicidade.
7. Como público, ¿cales son os teus intereses á hora de asistir á representación dun espectáculo?
8. ¿Que é o que máis valoras dun espectáculo de teatro? ¿e dun espectáculo de danza? ¿dun espectá-culo de circo? ¿e de música?
9. ¿Sabes onde buscar a programación de espectáculos escénicos na túa cidade?
DIDÁCTICA
A DANZA DO FUTURO NON TEN UNHA FORMA por Jaime Conde-Salazar
A danza do futuro non ten unha forma concreta. Ou o que é o mesmo, pode ter calquer forma. Nese sen-tido, elude a clasificación clásica segundo estilos, movementos, metodoloxías, xéneros ou escolas que resulta a todas luces insuficiente para referirse á realidade multiforme da danza do futuro.
A forma é unha ferramenta. En cada ocasión, dependendo da natureza de cada proxecto recurrirase a unhas solucións ou outras. En calquer caso, non se lle concede á forma un valor esencial capaz de xus-tificar por si mesma unha proposta. O que se persegue non é a forma en si, se non o que a forma deixa ver, o que emerxe tras as realizacións concretas que adquire un traballo.
Por iso, hai que estar moi atentos e non confiar demasiado nas categorías formais clásicas. O afán cla-sificatorio propio desta subxectividade occidental na que vivimos, fíxonos crer que realmente é posible nomear e ordenar todo segundo a súa forma. Pero, por moitos nomes que inventemos, por moitos inten-tos de nomenclatura que fagamos, se só atendemos á forma, seremos incapaces de referirnos ao que, en realidade, sucede. A danza do futuro pode aparecer en contextos moi diversos e de maneiras moi variadas. Esixe que traspasemos o que xa sabemos que vaiamos máis alá, é moi posible que non nos deamos conta do que está mostrándose ante nós.
Ao liberar a forma de toda responsabilidade ontolóxica, ésta adquire unha importancia nova. A danza do futuro TRANSFORMA…incertidume acerca da realización concreta, o que está entre medias das reali-zacións concretas, o que permite ir dunha realización concreta, o común, o que une, non o que separa e ailla.
Jaime Conde-Salazar
DIDÁCTICA
DIDÁCTICA
María Move / Álvaro Reboredo645496375 / 699570188
airenoar@gmail.com
top related