unha experiencia coa filatelia
Post on 11-Jul-2015
2.089 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A FILATELIA ENTRA NO
COLE...
Este curso da mán do
profesor José Luis
Fernández (o profe
Carnicero como o
chaman os alumnos e
alumnas), ponse en
marcha unha iniciativa
pioneira no Centro:
Unha experiencia
interactiva coa
Filatelia
En que materia se inclúe?
Dentro das clases de ATENCIÓN
EDUCATIVA.
Durante os últimos cursos son cada vez máis
os nenos e nenas que optan por esta opción,
o que obriga ao Centro a ofertar unha
Programación que contribúa ao
desenvolvemento de valores e destrezas e
que inclúe ademáis numismática, cine
educativo, habilidades e destrezas,...
Que pretendemos?
Fomentar nos nenos e nenas a
curiosidade e o desexo de invertir o
seu tempo libre, en compartir e gozar
da historia dos pobos, nacións e linguas
de todo o mundo, nunha viaxe sen
termo definido e hacia unha
inmensidade cultural de idiosincrasias
tan descoñecidas como apaixonantes.
1ªEtapa: Contacto coa Sociedade
Filatélica Miño
Promotora e motor de iniciativas que
nos achegan á reflexión e análise de
infinidade de temas que nos circundan,
sempre ao abeiro e baixo o parasol do
selo postal, carta circulada ou folla-bloc.
E como no podía ser doutro modo, esta
sociedade está ben dirixida e orientada
a integrar persoas.
2ª Etapa: Un asesoramento
axeitado.
Para o cal contamos
cun monitor
Nacional: Don
Tomás, que de
xeito altruista veu
varias veces ao
Centro a darlles
charlas aos nenos e
nenas. Información
e motivación.
3ª Etapa: Unha ferramenta de
traballo.
Os selos, máis de
200 cunha temática
común: igrexas,
mosteiros, castelos
e construcións civís;
todos eles doados
pola Sociedade
Filatélica Miño.
5ª Etapa: Un obxectivo cumprido.
A colección
«Memorias en
Pedra», coa que
nenos e nenas
adquiriron numerosos
coñecementos de
monumentos de todo o
mundo.
A colección foi doada
á Sociedade Filatélica
Miño.
A exposición do traballo
A colección
«Monumentos de
Pedra» figurou entre
moitas outras na
Exposición
Filatélica
celebrada no Liceo
de Ourense a que
asistiron os nenos e
nenas en compaña
dos seus familiares.
Talleres de Filatelia
O seu traballo
acadou a posibilide
de achegar o mundo
da Filatelia a todo o
Cole, comezando
polos máis
pequenos e
rematando co seu
nivel.
Selos Persoalizados
Correos
obséquianos con
selos persoalizados
para o Centro.
Exactamente dous
selos que plasman os
diferentes edificios
con que conta o Ceip
Plurilingüe Calvo
Sotelo.
Pero por encima do
recoñecemento ao seu traballo…
Queda o entusiasmo e o interese que lles
espertou esta experiencia inolvidable e que
xa neste momento lle servíu de motivación
e base para continuar con esta afición.
Participación no Concurso
Ecofilatélico
No que a alumna
Lola Rodríguez
Campos acadou o
primeiro premio.
top related