tesouros dos rios
Post on 25-Mar-2016
242 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Neste traballo expoñemos algunhas aportacións dos ríos
e os materiais que se podían atopar neles, utensilios e o seu uso na
Prehistoria e ilustrámolo con algunhas imaxes. Tamén fixemos
unha reflexión sobre a forza da auga e os materiais que orixina,
dependendo da súa dureza.
Nos grupos de 4, buscamos as definicións en dicionarios e
as ilustracións en guías e libros de prehistoria. Recollemos algunhas
imaxes destes libros e debuxamos outras con lapis.
CANTOS RODADOS
OS CANTOS RODADOS
Un canto rodado é un fragmento de rocha pequena e redonda, susceptible de ser transportada e modelada por medios naturais, como as correntes de auga, os corrementos de terra…
UtilidadeOs seus cantos planos son de gran utilidade polo apilamento do
material. Aa súa adherencia ao formigón ou cemento fainos moi útiles.
OS GUIJARROSPedra lisa e redondeada pola erosión.
AS LANZAS DE PEDRA
A lanza é unha arma ofensiva composta dunha asta
ou pau longo de madeira ou metal que remata no extremo
cunha pedrade punta aguizada e cortante.
Foi unha das armas primixenias do home na
prehistoria, e durante todos os milenios da Historia
acompañou aos guerreiros de tódalas épocas e relixións.
PÉBIDAS DE OURO
Unha pébida é un anaco pequeño de certos minerais que adoitan
aparecer en terreos de aluvión. Poden ser de oouro ou de outros minerais
preciosos.
O ouro concéntrase en forma de pébidas, aínda que seguemos sen estar
seguros do que ocasiona co ouro se concentre en pébidas.
A idea máis extendida tradicional mente sostiña que as bacterias eran as
principais responsables de crear unha pébida de ouro, sobre todo as máis
diminutas e casi microscópicas que forman moitos xacementos actuais. O ouro,
como bo metal pesado, sería tóxico para elas. Filtralo do ambiente e concentralo
como un desfeito sería a resposta da natureza a este problema.
ANZÓS
Un anzó é un pequeño gancho de metal ou como usaban na prehistoria, un gancho de osos de animais acabado en ángulo agudo que se sostén por un fío ou lanza e no que se pon un engado para pescar.
A FAUNA DOS RÍOS
PEIXES E OUTROS ANIMAIS QUE VIVEN NAS AUGAS DOCES
Ademais dos utensilios e materiais que se atoparonnos ríos, non cabe dúbida que a fauna que vive no río é o tesouro máis grande que se pode atopar neles. Algúnhasdestas especies serían:
Lamprea, sollo rei, espiñento, salmón, troita común,carpín, carpa, perca, escalos, cabras do río,rás, culebra, anguías, langosta de río.
Tamén hai moluscos, caracolas, mexillóns de río e ameixas de río, aínda que estes últimos son moito menos abundantes en número que os das augas salgadas.
top related