tema x mesopotamia

Post on 30-Jun-2015

2.463 Views

Category:

Education

9 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

TEMA X

As Primeiras CivilizaciónsMesopotamia

As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto

5. A relixión exipcia

4. O Exipto dos faraóns

3. Exipto, o Nilo e o deserto

2. A arte mesopotámica

1. Mesopotamia, terra entre dous ríos

10

6. O templo, morada dos deuses

7. As tumbas exipcias

As Primeiras Civilizacións

Imos entrar nas primeiras grandes civilizacións da historia, un mundo de sabedoría, coñecementos matemáticos, astronómicos... E tamén un mundo de misterio: as grandes pirámides, as momias, o culto ao máis aló.

Á BEIRA DOS GRANDES RÍOS XURDEN IMPORTANTES CIVILIZACIÓNS

MESOPOTAMIA

EXIPTO INDIA

CHINA

AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

ExiptoMesopotamia

As Primeiras Civilizacións

Hai uns 6000 anos, no Crecente Fértil, as melloras agrícolas deron orixe a sociedades máis prósperas e complexas.

Moitas aldeas neolíticas transformáronse en cidades e apareceron as primeiras grandes civilizacións urbanas.

A agricultura estendeuse por Mesopotamia e Exipto.

Foi tamén nestas civilizacións onde se inventou a escritura. Con ela a humanidade entrou na Historia.

10

A entrada na Historia

Aproximadamente no 3000 a. C. prodúcese nalgúns lugares da Terra un feito que marcará definitivamente a evolución das civilizacións: a aparición da escritura

Este acontecemento marca o principio da historia, permitíndonos ler os documentos escritos e coñecer mellor o pasado. Xa non só dispomos de restos materiais senón de textos que nos falan da súa lingua, os seus costumes, as súas leis e as súas conquistas.

A historia non comezou ao mesmo tempo en todas as partes, mentres uns pobos xa escribían, outros continuaban na prehistoria.

A invención da escritura transformou o mundo e

supuxo o inicio da historia.

Mesopotamia significa terra entre dous ríos. Está situada entre os ríos Éufrates e Tigris.

MESOPOTAMIA

MESOPOTAMIA

Nesta zona fértil entre os ríos Tigris e Éufrates xurdeu a civilización mesopotámica:

1. Mesopotamia, terra entre dous ríos

As primeiras cidades-EstadoEn Sumer, cara ao IV milenio a.C., xurdiron as primeiras cidades-Estado: Ur, Uruk, Lagash e Eridu.

A prosperidade agrícola e gandeira destas cidades permitiu que unha parte da poboación se dedicase a outras tarefas: naceron os comerciantes e os artesáns.

Os sacerdotes, que controlaban as colleitas e o comercio, impoñían os tributos e garantían a orde.

O xefe dos sacerdotes detentaba o poder relixioso e político da cidade.

Deste sistema de organización das cidades, evolucionouse cara aos grandes imperios

Cando unha cidade chegaba a dominar ás demais ocupando un gran territorio, constituíase un estado moito máis poderoso: un imperio

10

Os primeiros imperiosEntre o III e o I milenio a.C., as terras de Mesopotamia foron sucesivamente dominadas por diversos pobos, que crearon grandes imperios.

Sumer (IV milenio a.C.).

Akad (III milenio a.C.).

Imperio babilónico (cara ao 1800 a.C.).

Imperio asirio (cara ao 1300 a.C.).

Imperio persa (século VI a.C.).

10

En Mesopotamia existiron diversas civilizacións:

IMPERIOS DE MESOPOTAMIA

SUMERIOS ACADIOS

BABILONIOS ASIRIOS PERSAS

SUMERIOS

•Vivían en cidades-estado e cada cidade tiña os seus deuses.

•Eran agricultores e fixeron canais de regadío.

•Inventaron a escritura cuneiforme: (forma de cuña).

Escribían en táboas de barro sen cocer cunha cana.

Principe de Lagash

Escultura deTell-Asmar

ACADIOS

•SARGÓN DE AKKAD (Gobernante acadio)

•Eran pobos nómades procedentes do

deserto de Siria.

•Imperio Acadio na época de Sargón de Akkad.

•Estela de Naram-Sin.

BABILONIOS

•Dominaron todo o territoriode Sumeria e Acadia.

•Hamurabi fixo o primeiroCódigo de Leis.

•Xardíns colgantes

•Eran bos comerciantes e astrólogos.

•Porta de Isthar

ASIRIOS

•Eran bos guerreiros e utilizaban carros de combate.

•Conquistaron aos pobos veciños.•Nínive e Assur foron capitais.

•Leoa ferida

•Touro alado•Pazo de Sargón II

PERSAS

•Friso dos arqueiros

•Pobo situado ao leste de Mesopotamia.

•Formaron un gran imperio.

•Ciro II e Darío I foron grandes gobernantes.

•Columna touriforme

•A capital foi Persépolis.

A orixe da escrituraA escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas cara ao 3500 a.C.

Os funcionarios e sacerdotes tiñan necesidade de controlar a propiedade das terras, as colleitas, os impostos, etc., e comezaron a facer anotacións para levar a contabilidade.

Os reis utilizaron sistemas de escritura para escribir ordes, fixar leis e redactar códigos.

Tamén se comezaron a escribir textos literarios e relixiosos.

10

Modelos de signos utilizados

A Arte: A arquitecturaO cigurat e o palacio foron as dúas grandes construcións das cidades mesopotámicas.

Construíanse con adobes e para a súa decoración utilizábanse revestimentos de cerámica vidrada de cores brillantes.

A grande contribución mesopotámica á arquitectura foron o arco e a bóveda cos que construíron impoñentes templos e palacios.

10

Arco e Bóveda

Reconstrución dun cigurat10

A Arte: A esculturaEn escultura salientan unhas pequenas estatuíñas de orantes e as representacións dos reis (Gudea de Lagash).

Para decorar os muros e as portas dos templos e palacios utilizábanse relevos que representaban as figuras de reis ou de animais monstruosos.

Tamén se realizaban unhas estelas nas que se esculpían escenas de vitorias militares ou cazarías.

10

ESTELA DE NARAM SIM

Estelas

ESTELA DE HANMURABI

CARCTERÍSTICAS XERAIS DOS POBOS MESOPOTÁMICOS

•Eran politeístas. Os templos eran zigurats.

•Foron grandes construtores, utilizaban o ladrillo e o adobe. Inventaron o arco e a bóveda.

•As cidades eran estados.

•Inventaron a ESCRITURA, a moeda, a roda...

•Idearon o sistema postal de correo, o rego artificial, o arado, o bote a vela, os arreos para os animais...

•Vivían da agricultura, da gandería e do comercio.

•As cidades enfrontáronse entre si.•Os asirios e persas formaron grandes imperios.

Web Mesopotamia

http://www.diomedes.com/hm.htm

top related