tema 6 : repercusións ambientais da acción humana: - contaminación. - cambio climático. -...

Post on 09-Aug-2015

139 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

TEMA 6: REPERCUSIÓNS AMBIENTAIS DA

ACTIVIDADE HUMANA

IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU)

  A CONTAMINACIÓN

Segundo os medios aos que afecta: Contaminación da auga Contaminación do solo Contaminación atmosférica

 

En función do método contaminante ambiental: Contaminación química Contaminación radiactiva Contaminación acústica Contaminación térmica Contaminación electromagnética Contaminación luminosa Contaminación visual

Contaminación atmosféricaCausas principais : Transportes, industrias, xeración de

enerxía eléctrica, calefacción doméstica, emisión de gases destrutores da capa de ozono

Contaminación da auga : verteduras industriais, augas residuais, mareas negras, contaminantes procedentes das actividades agrarias

Contaminación dos ríos

Contaminación dos mares

Contaminación das augas

subterráneas

Contaminación do solo: insecticidas, augas residuais,

lixo, produtos industriais (derivados do petróleo, disolventes, metais pesados).

Contaminación química

Introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga

Contaminación radiactiva

Aplicación da radioactividade

en medicina

Uso de uranio

Enerxía nuclear

Probas nucleares

Residuos radiactivos

Contaminación radiactivaConsecuencias do accidente nuclear de 1986 en Chernóbil,

Ucraína: malformacións, enfermidades raras...

Contaminación acústica Producida polo ruído das fábricas, medios de transporte

ou certas actividades de lecer; Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira parcial

Contaminación acústica

Contaminación térmica

Ten lugar no momento en que un proceso vén modificar a temperatura do medio de forma prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente nun río o incremento da temperatura diminúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran

mortaldade de peixes

Contaminación electromagnética

Producida As radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas: poden crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, e poden afectar a saúde humana

Contaminación luminosa

Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestruturas. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos.

Contaminación visual.

Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida.

O CAMBIO CLIMÁTICO Modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel

global. Na actualidade as accións humanas sobre o planeta son tantas que provocan notables transformacións das condicións climáticas

(cambio climático antropoxénico) e, o que é peor, a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias.

 

O cambio climático: O efecto invernadoiro e o quentamento global

Na actualidade prodúcese unha emisión excesiva de CO2, metano e

clorofluorcarbonatos ou CFC, o que acentúa o efecto invernadoiro.

O cambio climático: O quentamento global e os océanos

O aumento da temperatura media dos océanos provoca o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres

As predicións indican que, se non cambian as

condicións, antes do ano 2050 o volume de xeo dos

glaciares diminuiría en máis de 60%

O desxeo estimado de

Groenlandia é duns 240 km3

ao ano. 

Algúns científicos aseguran que o

incremento na forza de furacáns e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é

debido a estas alteracións térmicas.

O cambio climático: Consecuencias

•  Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provinciais detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade.

 

A PEGADA ECOLÓXICAResume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos

que utiliza e para asimilar os refugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.

A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha. Na actualidade cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir. A pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha. de territorio !

top related