tema 10.- o imperio dos austria. monarca anos de reinado ... eso tema... · señor, que non se...
Post on 07-Dec-2018
222 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Tema 10.- O imperio dos Austria.
Monarca Anos de reinado Caracteres
Carlos I 1516-1556 Instaurou a dinastía chamada de
Habsburgo ou de Austria Gobernaron sobre un inmenso Imperio,
formado polas posesións europeas e
polos territorios americanos ⟹ guerras
constantes Filipe II 1556-1598 Foi rei de España pero non
emperador de Alemaña
Filipe III 1598-1621 O Imperio iniciou a súa lenta decadencia.
A crise da economía, o descenso da poboación e as derrotas militares
puxéronlle fin á hexemonía hispánica en Europa
Filipe IV 1621-1665
Carlos II 1665-1700
Trazos básicos do Imperio español
Monarquía formada pola unión de diversos Estados que mantiñan as súas leis e institucións particulares
Carácter común: todos os territorios estaban gobernados polo mesmo rei, auxiliado por diversos consellos
Carecía de continuidade territorial: os dominios españois estaban dispersos. Isto dificultaba a cohesión e as
comunicacións, multiplicaba os problemas e os inimigos
Os reis afrontaron numerosas guerras para: manter a unidade do imperio, conservar a hexemonía política, e
defender e expandir o catolicismo
O centro do imperio era a Coroa de Castela
1.1.- A formación do imperio de Carlos I.
Herdanzas do seu pai Filipe I de
Habsburgo (o Fermoso)
Países Baixos [17 provincias, incluía os actuais Países Baixos,
Bélxica e Luxemburgo]
Franco Condado
Charolais
Herdanzas da súa nai Xoana I de Castela
(a Tola)
Coroa de Castela
illas Canarias
enclaves no Norte de África (Melilla, Orán…)
territorios conquistados en América
Herdanzas do seu avó Fernando II de
Aragón (o Católico)
Coroa de Aragón: territorios en España + posesións
mediterráneas
Reino de Sardeña
Reino de Sicilia
Reino de Nápoles
Herdanzas do seu avó Maximiliano I de
Habsburgo
Arquiducado de Austria
feudos dos Habsburgo (Sur de Alemaña)
dereitos ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico (SIRX)
Conquistas de Carlos I
Milán
territorios conquistados en América (imperio azteca, inca…)
prazas africanas
1.2.- Os problemas internos: a revolta das Comunidades (1520-1521).
2. Que, de conformidade coas leis e ordenanzas do reino e cos antigos costumes, a Súa Maxestade non lles conceda nin oficio nin beneficio nin mando nin pensión nin carga aos estranxeiros, senón unicamente aos casteláns nados e residentes no reino (...).
5. Que de ningún modo se lles pague aos estranxeiros tipo ningún de suma nos seus reinos (...); que a Súa Maxestade empece por lles atribuír as cargas e mais as pensións dos seus reinos aos casteláns antes de utilizalas con algún outro fin.
a
autor os “comuneiros”: fidalgos, artesáns e comerciantes de varias cidades da Coroa de
Castela sublevados contra a política do rei Carlos I
ano 1520
trata de peticións que os comuneiros dirixen ao rei
b
causas da revolta
das Comunidades
O rei Carlos I concedeu os principais cargos de goberno da Coroa de Castela aos
nobres estranxeiros que viñan con el
O rei Carlos I solicitou ás Cortes un imposto extraordinario para pagar os gastos da
súa elección como emperador alemán
O rei Carlos I gobernaba de forma autoritaria, sen respectar as leis de Castela
lugares as principais cidades da Coroa de Castela: Toledo, Segovia, Ávila, Burgos,
Valladolid, Salamanca…
c demandas dos
comuneiros
que o rei quite os cargos, dignidades e beneficios concedidos aos conselleiros
estranxeiros, e llos dea aos casteláns
impedir a saída de moeda ou metais preciosos da Coroa para outros reinos: os
recursos de Castela hanse de empregar en Castela
d resultado os comuneiros foron derrotados na batalla de Villalar (1521); os seus principais
dirixentes (Padilla, Bravo e Maldonado) morreron axustizados
1.3.-Os conflitos no exterior.
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1525 - 1544
loita pola hexemonía europea
disputas territoriais (Milán, Navarra…)
sucesivas guerras e treguas que non
cambiaron as posicións
Carlos I anexiona Milán
Turcos 1529 - 1541
impedir a expansión do Imperio turco,
que ameazaba a zona do Danubio e do
mar Mediterráneo
conquista de Tunes en 1535
fracaso da conquista de Alxer en 1541
Príncipes
alemáns 1540 - 1555
relixiosas: evitar a propagación da
Reforma protestante de Lutero
políticas: varios príncipes alemáns
apoiaban a Lutero e enfrontábanse á
autoridade do emperador
vitoria de Mühlberg (1547) sobre os
príncipes protestantes alemáns
pero tivo que firmar a Paz de
Augsburgo (1555), que recoñecía a
liberdade relixiosa dos Estados
alemáns ⟹ división de Europa entre
católicos e protestantes ⟹ guerras de
relixión
O imperio de Filipe II
territorios
herdados do
seu pai
Carlos I en
Europa
España + as posesións aragonesas no Mediterráneo (Sardeña, Sicilia e Nápoles)
dominios da casa de Borgoña:
Países Baixos
Franco Condado
Charolais
Milanesado
África enclaves na costa mediterránea (Melilla, Orán...)
América Vicerreinado de Nova España (México, Centroamérica e illas do Caribe)
Vicerreinado de Perú (colonias de América do Sur)
territorios
incorporados
durante o
seu reinado
Europa
En 1580 herdou Portugal co seu inmenso imperio ultramarino, que comprendía:
Brasil en América
illas do Atlántico (Azores, Madeira, Cabo Verde...) e colonias nas costas de
África (Angola, Mozambique, Zanzíbar...)
colonias nas costas de Asia (na India, en China...) e no océano Índico (Sri Lanka,
Xava...) e Pacífico (illas Molucas)
Asia as illas Filipinas e outros arquipélagos no Pacífico
América a península de A Florida
A expresión no imperio español nunca se puña o sol fai referencia á complexidade xeográfica do imperio:
posuía territorios estendidos por varios continentes, separados por enormes distancias e caracterizados pola
súa heteroxeneidade (leis e institucións diferentes).
2.2.- A defensa da ortodoxia católica.
Que de aquí en diante ningún dos nosos súbditos e naturais, eclesiásticos e segrares, frades e cregos nin outros algúns non poidan ir nin saír destes Reinos a estudar, ensinar, aprender, estar, residir en universidades ou colexios fóra destes Reinos. (...)
Pragmática de Filipe II. 1559.
Prohibía aos españois saír ao estranxeiro e obrigaba aos residentes no exterior a retornar a España.
Filipe II pretendía evitar a contaminación cultural e ideolóxica coas correntes reformistas, consideradas
heréticas, e impedir a penetración do protestantismo nos reinos hispánicos.
O obxectivo final consistía en defender a ortodoxia católica e manter a unidade relixiosa nos seus reinos.
O número de mouros que se alzaron en Granada multiplicouse e (...) queimaron igrexas, asasinaron sacerdotes e cristiáns vellos (...). A causa é que lles foron retiradas algunhas prebendas [beneficios, dereitos...] que ata hoxe en día lles eran concedidas, é dicir: a lingua e mais a indumentaria mourisca, lavarse en determinados baños, facer diversos tipos de danzas, festas e rituais propios á lei de Mahoma, cousas que a Súa Maxestade decidiu prohibirlles xa que, realmente se ben están bautizados, en canto á fe, son máis mouros aínda que os que viven en África.
Carta do Nuncio Apostólico sobre a insurrección mourisca das Alpuxarras. 1568.
a causas Filipe II prohibiu o uso da lingua, a indumentaria, os costumes, festas e ritos dos mouriscos
b obxectivo Filipe II quería forzar os mouriscos a integrarse realmente na sociedade cristiá
c conflito Comezou nas Alpuxarras (Granada) en 1568 e estendeuse polas zonas limítrofes. Tras 3 anos
de loita as tropas cristiáns derrotaron os mouriscos (1571) ⟹ deportacións masivas
d expulsión A expulsión dos mouriscos por Filipe III, (1609) ⟹ despoboamento de amplas zonas rurais de
Aragón, Valencia e Andalucía, o que repercutiu negativamente na produción agrícola
2.3.- Os conflitos no exterior.
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1556 - 1559 loita pola hexemonía europea vitoria española na batalla de San
Quintín (1557)
Turcos 1571
frear a expansión musulmá polo
Mediterráneo
vitoria da Liga Santa (Papa, Venecia e
España) na batalla naval de Lepanto
(Grecia) en 1571
Inglaterra 1585 - 1604
apoiaba os protestantes (sobre todo
de Flandres)
atacaba a flota española que
comerciaba con América
fracaso do proxecto de invasión de
Inglaterra: o desastre da Armada
Invencible (1588)
Protestantes
de Flandres 1566 - 1609
descontento dos flamengos polos
fortes impostos
conflito relixioso pola extensión do
calvinismo nos Países Baixos
división dos Países Baixos en 2 áreas
(7+10 provincias):
a N calvinista e independente
(Provincias Unidas, hoxe Países
Baixos)
a S católica e fiel ao rei (Países
Baixos do Sur, hoxe Bélxica e
Luxemburgo)
3.- Os “Austrias menores" (século XVII)
Reinado Política interior Política exterior
FILIPE III
1598-1621
goberno mediante validos ou privados (duque
de Lerma
expulsión dos mouriscos (1609)
crise: despoboación, esgotamento económico
política pacifista:
Tregua dos Doce Anos coas Provincias
Unidas (1609-1621)
paz con Francia e Inglaterra
FILIPE IV
1621-1665
a política centralizadora do valido Conde-
Duque de Olivares: o proxecto da Unión de
Armas (1625)
as reaccións: a crise de 1640, a escisión da
monarquía:
a insurrección de Cataluña (1640-1652)
a independencia de Portugal (1640-1665)
sublevacións en Andalucía, Aragón, Sicilia e
Nápoles
intervención na Guerra dos Trinta Anos
(1618-1648)
guerra paralela contra as Provincias Unidas
desde 1621
enfrontamento simultáneo con Francia
desde 1635
derrotas militares e fin da hexemonía
española en Europa
Paz de Westfalia (1648)
Paz dos Pireneos (1659)
CARLOS
II
1665-1700
inestabilidade política: sucesión de rexencias e
validos
decadencia económica e quebra financeira do
Estado
decadencia ante a expansión de Francia:
perda de varias cidades da Flandres
fronteirizas con Francia + o Franco Condado
(1678)
morte sen descendencia de Carlos II ⇒
cambio de dinastía: dos Austria aos Borbón
(1700) ⇒ Guerra de Sucesión
Teña a Vosa Maxestade polo negocio máis importante da súa Monarquía, o facerse Rei de España: quero dicir, Señor, que non se contente a Vosa Maxestade unicamente con ser Rei de Portugal, de Aragón, de Valencia, Conde de Barcelona, senón que traballe e pense con consello maduro e secreto, por reducir estes reinos de que se compón España, ao estilo e leis de Castela sen ningunha diferenza, que se a Vosa Maxestade o consegue, será o Príncipe máis poderoso do mundo.
a autor, ano e
destinatario Conde-duque de Olivares, valido do rei Filipe IV. Memorial redactado en 1624 e dirixido ao rei
b contido
trata sobre a Unión de Armas, proxecto deseñado por Olivares, que tiña dous obxectivos:
establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela
crear un exército permanente no que participasen todos os reinos da monarquía
este fragmento recolle o primeiro deses obxectivos: Olivares quería reforzar o poder da
monarquía; para iso propón a Filipe IV suprimir as leis particulares de cada Estado e impoñer
neles o modelo legal e administrativo da Coroa de Castela
c razóns
obxectivo xeral: manter a hexemonía española en Europa, no contexto da participación de España
na Guerra dos Trinta Anos(1618-1648)
obxectivo concreto: impoñer a chamada Unión de Armas: proxecto de reparto dos gastos de
mantemento do Imperio entre todos os reinos da monarquía, de acordo coas súas posibilidades
respectivas en canto a número de homes e riquezas
para poder implantar a Unión de Armas era necesario impoñer as leis de Castela nos distintos
territorios da monarquía
d consecuen-
cias
o proxecto centralizador foi rexeitado e provocou a chamada crise de 1640: sublevación
simultánea de varios dos Estados da monarquía: Andalucía, Cataluña e Portugal.
o levantamento de Andalucía foi rapidamente sufocado nese ano (1640)
en Cataluña, as autoridades pedíronlle axuda a Francia, e a insurrección prolongouse desde
1640 ata 1652
Portugal declarouse independente e nomeou un novo rei (Xoán IV). A independencia de
Portugal foi recoñecida por España no ano 1668, durante o reinado de Carlos II
Comunidades
de Castela
Revolta das principais cidades de Castela (Toledo, Segovia, Ávila, Burgos...) contra as
medidas económicas e a política centralizadora do rei Carlos I, desenvolvida entre 1520 e
1521. Rematou coa vitoria das tropas imperiais sobre os comuneiros en Villalar (Valladolid).
Xermanías
Revolta de artesáns e campesiños da Coroa de Aragón, contra os señores e o rei Carlos I,
desenvolvida entre 1521 e 1523. Os axermanados pedían ter acceso aos cargos municipais e
a mellora dos arrendamentos campesiños.
Corrixidor representante do rei nos municipios, que controlaba a xestión municipal.
Inquisición Tribunal eclesiástico encargado de perseguir e castigar os herexes.
Mouriscos
Musulmáns que permaneceron en España tras a conquista do reino de Granada,(1492) e que
foron obrigados a converterse ao cristianismo a partir de 1499. Pero seguían practicando de
forma clandestina a relixión islámica, e conservaban os hábitos, usos e costumes propios da
cultura hispanomusulmá. Foron perseguidos pola Inquisición e expulsados dos reinos
hispánicos entre 1609 e 1624, no reinado de Filipe III.
Validos Un valido ou privado era unha persoa que gozaba da máxima confianza do rei, o cal lle
encargaba o goberno e a administración do reino no seu nome.
top related