tede coidadiño! · o cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “lo shu” era...
Post on 02-Oct-2020
9 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O primeiro e coma sempre espero e desexo que todas e todos
sigades tendo o ánimo forte.
Agora que xa podemos saír un pouquiño e respirar aire fresco
é algo máis doado, pero por favor, non baixedes a garda!
Cumpride coa distancia de seguridade e usade as máscaras!
E non coma a de Shin Chan!!
Tede coidadiño!
Esta semana toca algo de Matemáticas, aínda que sei que
algún e algunha non é o que máis lle gusta. De todos xeitos, ao
mellor atopades algo que vos entretén un ratiño, así que probade!
Imos facer matemáticas cos cadrados máxicos, que son
basicamente, distribucións de números enteiros nunha táboa de
tal xeito que a suma dos mesmos en todas as columnas, filas e
diagonais principais é a mesma.
A cantidade que resulta da suma denomínase constante
máxica.
Os números soen ser consecutivos (ou formar unha progresión
aritmética, busca este término para saber máis se queres, aínda que non o precisas para
facer as actividades) e diferentes.
Os cadrados máxicos son moi antigos e hai miles de anos
atribuíanselle propiedades astrolóxicas e máxicas e empregábanse
como amuletos.
(Lenda do río “Lo Shu” e a tartaruga por se queredes saber
máis)
Diagonais principais
O seguinte gravado, “Melancolía I”, do pintor Alberto Durero
(1514) inclúe un dos cadrados máxicos de 4x4 máis famosos.
ACTIVIDADES:
- Cal é a constante máxica?
- Este cadrado é moi curioso porque ademais de poder calcular
a constante máxica ao sumar as casas en horizontal, vertical
ou diagonal, está tamén escondida en moitos grupos de catro
números. Es capaz de atopar eses grupos de números?
- Este gravado está cheo de simbolismo e rodeado de
elementos matemáticos referidos á xeometría, tempo,
aritmética… Debes encontrar como mínimo oito elementos.
Un xa o tes, o cadrado máxico!
- Hai máis cadrados máxicos famosos, algúns en monumentos
arquitectónicos, podes buscar algún se che apetece.
O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo
Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes
números:
4 9 2
3 5 7
8 1 6
A ACTIVIDADE consiste en buscar as outras 7 solucións
posibles e cando as atopes fixarte en aspectos como cal é o
número central ou relacións entre os números.
MÁIS ACTIVIDADES:
- Busca a relación e resolve:
4 14 12
2
8
20 60
50
40
- Calcula A, B, C, D y E:
15 A 35
50 B C
25 D E
- Descobre o número K, sabendo que o cadrado é máxico e está
composto por números do 4 ao 12.
K
- Nivel experto:
https://proyectodescartes.org/uudd/materiales_didactico
s/fmd-JS/4x4.htm
Por se queredes rompervos un pouco a cabeza!
- Seguimos en nivel experto!
https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_did
acticos/reajuegos-JS/cuadrados_mgicos.html
Déixovos a páxina principal para que exploredes, pero se
probades e non vos saen non vos angustiedes, xa vedes que é unha
páxina de Secundaria.
Espero que pasedes un bo rato coas Mates!
Ata a próxima semana!
Intentade manter a calma e gozar todo o que poidades!
¿Sabedes quen é esta futbolista?
top related