tecnoloxías da información e da comunicación · 2020. 11. 4. · conectividade das tic. o bloque...
Post on 13-Aug-2021
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
Tecnoloxías da Información e da Comunicación
4º ESO
CURSO 2020-2021
Profesor: Pablo Argüeso Alejandro
Ferrol, setembro de 2020
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
CURSO 2020-21 EDUCACIÓN SECUNDARIA
CURSO: 4 º E.S.O. MATERIA: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓNE DA COMUNICACIÓN
Índice 1. INTRODUCIÓN...........................................................................................................................2
2. OBXECTIVOS CURRICULARES DA EDUCACIÓN SECUNDARIA..........................................3
3. PROPOSTA CURRICULAR........................................................................................................6
4. CONTIDOS TEMPORALIZADOS.............................................................................................14
5. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE..........................................................15
6. COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICOS PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA....18
7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA....................................................................................................19
8. ELEMENTOS TRANSVERSAIS................................................................................................21
9. MATERIAIS E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS...............................................................21
10. MEDIDAS PARA A INCORPORACIÓN DAS TIC AO TRABALLO NA AULA........................21
12. PROGRAMA DE ACTIVIDADES E RECUPERACIÓN DE PENDENTES..............................24
13. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN.........................................24
14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.............................................25
15. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN...................................25
16. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO.............................................................27
1
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
1. INTRODUCIÓN
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desenvolven un papel
fundamental na sociedade actual porque proporcionan un conxunto de
coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e
colectivas. Neste sentido, as TIC achéganlle ao currículo a capacidade de analizar e
redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais, ámbito
no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta
materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas coas TIC
conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o
carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía
autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das novas tecnoloxías
proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a
necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con
respecto ao que acontece ao redor dela.
A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao
alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste
ámbito tecnolóxico. Deste xeito, na parte da materia correspondente a cuarto curso
de educación secundaria obrigatoria, os bloques de "Ética e estética da interacción
en rede", de "Seguridade informática", e de "Internet, redes sociais e hiperconexión"
tratan aspectos das redes moi relacionados entre si, que é necesario que o
alumnado domine para que poida desenvolverse con soltura e seguridade nos
ámbitos profesional e persoal. O bloque de "Computadores, sistemas operativos e
redes" abonda en aspectos de configuración dos computadores e de instalación de
aplicación cos que as persoas usuarias deben familiarizarse para utilizar
computadores e aplicacións xunto con outros dispositivos hoxe imprescindibles,
como teléfonos intelixentes e táboas, ou para utilizar as posibilidades de
conectividade das TIC. O bloque de "Organización, deseño e produción de
información dixital" e o de "Publicación e difusión de contidos" tratan os aspectos
que poden necesitarse para producir documentos e difundilos, ademais dalgúns
temas relacionados co soporte das publicacións, como son o tratamento de datos, a
2
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
xeración de informes e a incorporación de elementos gráficos e audiovisuais nos
documentos.
1.2. Marco legal
Á hora de realizar esta Programación Didáctica, tívose en conta a Lexislación
vixente para a Etapa de Educación Secundaria Obrigatoria:
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
1.3. Grupos
Curso GrupoTamaño do
grupoSesións ásemana
4º ESOA 10
3B 12
2. OBXECTIVOS CURRICULARES DA EDUCACIÓN SECUNDARIA
Os obxectivos da Educación Secundaria veñen definidos no Artigo 10 do Decreto
86/2105 de 25 de xuño e son os seguintes:
a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos
no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a
solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os
dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes,
como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da
cidadanía democrática.
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en
equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da
aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e
oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo
ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os
3
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera
manifestación de violencia contra a muller.
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e
nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos
de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os
conflitos.
e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para
adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica
no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en
materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en
diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o
sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,
planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega
e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na
lectura e no estudo da literatura.
i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira
apropiada.
l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e
das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e
homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a
outras culturas do mundo.
m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas,
respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e
incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o
desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da
sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais
4
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente,
contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.
n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións
artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.
ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico
e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a
diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas,
desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento
fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación
interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a
comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade
lusófona.
A estes obxectivos faise referencia na táboa do seguinte apartado.
5
3. PROPOSTA CURRICULAR
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxeCompetencias
clave
Bloque 1. Ética e estética na interacción en rede
a
b
f
g
h
i
o
B1.1. Políticas de seguridade para a protección do individuo na interacción coa rede. Contrasinais. Condutas e hábitos seguros.
B1.2. Intercambio e publicación de información dixital na rede. Seguridade e responsabilidade no uso dos servizos de publicación.
B1.1. Adoptar condutas e hábitos que permitan a protección do individuo na súa interacción na rede.
TIC B1.1.1. Interactúa con hábitos adecuados en contornos virtuais.
CD
CSC
TIC B1.1.2. Aplica políticas seguras de utilización de contrasinais para a protección de la información persoal.
CMCCT
CD
a
b
f
g
h
i
m
ñ
o
B1.3. Dereitos de propiedade intelectuale de explotación dos materiais aloxados na web. Tipos de licencias de distribución.
B1.2. Acceder a servizos de intercambioe publicación de información dixital con criterios de seguridade e uso responsable.
TIC B1.2.1. Realiza actividades con responsabilidade sobre conceptos como a propiedade e o intercambio de información.
CD
CAA
CSC
CCEC
a
g
h
i
m
ñ
B1.4. Propiedade e distribución do software e da información. Tipos de licencias de uso e distribución.
B1.5. Identidade dixital, privacidade e seguridade. Desenvolvemento de actitudes de protección activa ante os intentos de fraude.
B1.3. Recoñecer e comprender los dereitos dos materiais aloxados na web.
TICB 1.3.1. Consulta distintas fontes e navega coñecendo a importancia da identidade dixital e os tipos de fraude da web.
CD
CAA
CSC
TICB 1.3.2. Diferencia o concepto de materiais suxeitos a dereitos de autor e materiais de libre distribución.
CD
CSC
CEC
6
Bloque 2. Computadores, sistemas operativos e redes
f B2.1. Funcións de configuración dos equipos informáticos.
B2.1. Utilizar e configurar equipos informáticos identificando os elementos cos configuran e a súa función no conxunto.
TICB 2.1.1. Realiza operacións básicas de organización e almacenamento da información.
CD
CMCCT
CAA
TICB2.1.2. Configura elementos básicosdo sistema operativo e accesibilidade de equipo informático.
CD
CMCCT
f B2.2. Instalación e eliminación de software de propósito xeral.
B2.2. Xestionar a instalación e eliminación de software de propósito xeral.
TIC B2.2.1. Resolve problemas vinculados aos sistemas operativos e os programas e aplicacións vinculados aos mesmos.
CD
CMCCT
CAA
a
f
B2.3. Utilización de software de comunicación entre equipos e sistemas.
B2.3. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.
TIC B2.3.1. Administra o equipo con responsabilidade e coñece aplicacións de comunicación entre dispositivos.
CD
CMCCT
f B2.4. Arquitectura dun ordenador: compoñentes básicos e características.
B2.4. Coñecer a arquitectura dun ordenador, identificando as seus compoñentes básicos e describindo as súas características.
TICB 2.4.1. Analiza e coñece diversos compoñentes físicos dun ordenador, as súas características técnicas a a súa conexión.
CD
CMCCT
f B2.5. Elementos e sistemas para a comunicación con con fíos e sen eles.
B2.5. Analizar os elementos e sistemas que configuran a comunicación con fíos e sen eles.
TIC B2.5.1. Describe as diferentes formas de conexión na comunicación entredispositivos dixitais.
CD
CMCCT
CCL
Bloque 3. Organización, deseño e produción de información dixital
f
g
h
i
m
ñ
a
B3.1. Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetado. Importación de imaxes e gráficos.
B3.2. Formatos abertos e estándares deformato na produción de documentación.
B3.3. Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración
B3.1. Utilizar aplicacións informáticas deescritorio para a produción de documentos.
TIC B3.1.1. Elabora e maqueta documentos de texto con aplicacións informáticas que facilitan a inclusión de táboas, imaxes, fórmulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño e interactúa con outras características do programa.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
TIC B3.1.2. Produce informes que CD
7
o de informes sinxelos.
B3.4. Organización da información en bases de datos. Realización de consultas básicas e xeración de documentos.
requiren o emprego de follas de cálculo, que inclúan resultados textuais, numéricose gráficos.
CMCCT
CCL
CSIEE
TIC B3.1.3. Elabora bases de datos sinxelas e utiliza a súa funcionalidade paraconsultar datos, organizar a información e xerar documentos.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
c
f
g
h
i
m
ñ
o
B3.5. Tipos de presentacións e estrutura do contido. Deseño da estrutura e de elementos gráficos adecuados para opúblico obxectivo. Importación de elementos multimedia, de imaxes e de gráficos.
B3.6. Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de imaxe, de audio e de vídeo, e conversión a outros formatos.
B3.7. Tratamento básico da imaxe dixital. Exposición, saturación, luminosidade e contraste. Resolución e formatos.
B3.2. Elaborar contidos de imaxe, audioe vídeo e desenvolver capacidades para integralos en diversas producións.
TICB3.2.1. Integra elementos multimedia, imaxe e texto na elaboración de presentacións adecuando o deseño, maquetación ao mensaxe e ao público obxectivo ao que va dirixido.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSIEE
CCEC
CSC
TIC B3.2.2. Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e vídeo e mediante software específico edita a información e crea novos materiais en diversos formatos.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSIEE
Bloque 4. Seguridade informática
a
f
B4.1. Procedementos de intercambio deinformación entre dispositivos físicos de características técnicas diversas.
B4.2. Riscos de seguridade para sistemas, aplicacións e datos. Hábitos de protección.
B4.3. Medidas de seguridade activa e
B4.1. Adopta condutas de seguridade activa e pasiva na protección de datos e no intercambio de información.
TIC B4.1.1. Analiza e coñece diversos dispositivos físicos e as características técnicas, de conexión e intercambio de información entre eles.
CD
CMCCT
TIC B4.1.2. Coñece os riscos de seguridade e emprega hábitos de protección adecuados.
CD
CMCCT
8
pasiva. Actualización do software. Antivirus e devasas.
TIC B4.1.3. Describe a importancia da actualización do software, o emprego de antivirus e de devasas para garantir a seguridade.
CD
CMCCT
CCL
Bloque 5. Publicación e difusión de contidos
b
f
B5.1. Compartición de recursos en redes locais e en internet.
B5.1. Utilizar diversos dispositivos de intercambio de información coñecendo as características a comunicación ou conexión entre eles.
TICB 5.1.1. Realiza actividades que requiren compartir recursos en redes locais e virtuais.
CD
CMCCT
CAA
CSC
a
f
g
h
i
m
ñ
o
B5.3. Deseño de páxinas web sinxelas. B5.2. Elaborar e publicar contidos na web que integren información textual, numérica, sonora e gráfica.
TICB 5.2.1. Integra e organiza elementos textuais e gráficos en estruturashipertextuais.
CD
CMCCT
CCL
CAA
TICB 5.2.2. Deseña páxinas web e coñece os protocolos de publicación, baixoestándares adecuados e con respecto aosdereitos de propiedade.
CD
CMCCT
CCL
CSC
CSIEE
CCEC
a
b
c
g
h
i
m
ñ
o
B5.4. Creación e publicación na web. Estándares de publicación.
B5.5. Traballo colaborativo con servizosna nube e coas ferramentas das TIC de carácter social.
B5.3. Coñecer os estándares de publicación e empregalos na produción de páxinas web e ferramentas TIC de carácter social.
TICB 5.3.1. Participa colaborativamente en diversas ferramentas TIC de carácter social e xestiona os propios.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSIEE
CSC
9
Bloque 6. Internet, redes sociais e hiperconexión
a
b
f
g
h
i
m
ñ
o
B6.1. Creación e publicación na web de materiais multiplataforma accesibles.
B6.2. Recursos e plataformas de formación a distancia, emprego e saúde.
B6.3. Administración electrónica e comercio electrónico: intercambios económicos e seguridade.
B6.4. Sincronización entre dispositivos móbiles e ordenadores.
B6.1. Desenvolver hábitos no uso de ferramentas que permitan a accesibilidadeás producións dende diversos dispositivos móbiles.
TIC B6.1.1. Elabora materiais para a web que permiten a accesibilidade á información multiplataforma.
CD
CMCCT
CSIEE
TIC B6.1.2. Realiza intercambio de información en distintas plataformas nas que está rexistrado e que ofrecen servizosde formación, ocio, etc.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSC
TIC B6.1.3. Sincroniza a información entre un dispositivo móbil e outro dispositivo.
CD
CMCT
a
b
f
g
h
i
m
ñ
o
B6.5. Redes sociais. Privacidade e seguridade persoal na interacción en redes sociais.
B6.2. Empregar o sentido crítico e desenrolar hábitos adecuados no uso e intercambio de la información a través de
redes sociais e plataformas.
TIC B6.2.1. Participa activamente en redes sociais con criterios de seguridade.
CD
CMCT
CCL
CAA
CSC
SIEE
f
m
ñ
B6.6. Utilización de canles de distribución de contidos multimedia para distribución de materiais propios.
B6.3. Publicar e relacionar mediante hiperligazóns información en canles de contidos multimedia, presentacións, imaxe, audio e vídeo.
TIC B6.3.1. Emprega canles de distribución de contidos multimedia para aloxar materiais propios e enlazalos en outras producións.
CD
CMCT
CCL
CSC
10
As competencias clave veñen enumeradas no Artigo 3 do mesmo decreto e son:
Comunicación lingüística (CCL).
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
Competencia dixital (CD).
Aprender a aprender (CAA).
Competencias sociais e cívicas (CSC).
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
11
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
Obxectivos didácticos
Para esta materia, fixaranse ademais os seguintes obxectivos didácticos:
1.1. Identificar a arquitectura básica dun ordenador, incluídos os dispositivos de
almacenamento.
1.2. Distinguir os dispositivos periféricos básicos.
1.3. Identificar os problemas de hardware máis habituais e saber que facer para
solucionar cada un de eles.
1.4. Coñecer as linguaxes da comunicación entre ordenadores e sistemas
informáticos.
2.1. Xestionar a instalación e eliminación de software.
2.2. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.
2.3. Coñecer a arquitectura básica dun ordenador.
3.1. Utilizar e configurar equipos informáticos.
3.2. Analizar os elementos e sistemas que configuran a comunicación por cable e
sen fíos.
4.1. Definir o concepto de rede e os distintos tipos de redes.
4.2. Coñecer os compoñentes de interconexión e a creación de redes locais,
ademais dos conceptos elementais de administración de rede, e as tarefas básicas
dun administrador.
4.3. Enumerar e describir os elementos e sistemas que configuran a comunicación
con fíos e sen fíos.
5.1. Coñecer as aplicacións ofimáticas que forman un paquete ofimático.
5.2. Utilizar follas de cálculo.
5.3. Manexar as ferramentas do procesador de textos para xerar documentos.
6.1. Coñecer os tipos de imaxes, as súas características e formatos.
6.2. Recoñecer os dispositivos para transferir unha imaxe dixital dende un dispositivo
de captura ou de almacenamento.
12
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
6.3. Tratamento e edición de imaxes de mapa de bits.
6.4. Tratamento e edición de imaxes vectoriais.
7.1. Coñecer os pasos para capturar un vídeo o un audio e saber como importalo.
7.2. Recoñecer as etapas fundamentais do proceso de edición de vídeo.
7.3. Coñecer os diferentes tipos de obras e os dereitos que a lei recoñece aos seus
autores.
8.1. Crear e deseñar presentacións.
8.2. Integrar elementos multimedia nunha presentación.
9.1. Recoñecer os obxectivos da seguridade informática.
9.2. Identificar as ameazas que poden afectar á seguridade dos sistemas
informáticos.
9.3. Coñecer e aplicar medidas de seguridade para protexer os equipos informáticos.
10.1. Adquirir nocións básicas de linguaxe HTML e utilizar etiquetas básicas dese
linguaxe.
10.2. Crear e deseñar sitios web.
10.3. Integrar elementos multimedia e interactivos nunha páxina web.
10.4. Adquirir nocións básicas para xestionar un sitio web.
10.5. Avaliar a accesibilidade web.
11.1. Coñecer a historia de internet, así como o seu funcionamento e estrutura.
11.2. Identificar os servizos máis habituais e importantes de internet.
11.3. Coñecer como se identifican os ordenadores en internet e a limitación destes
números de identificación.
11.4. Recoñecer os operadores de telecomunicacións que ofrecen o servizo de
acceso a internet.
11.5. Coñecer as características da Web 2.0 e identificar as características principais
dos seus servizos.
13
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
11.6. Coñecer, utilizar correctamente as redes sociais e ser consciente dos riscos
asociados ao seu uso.
12.1. Coñecer os servizos e o funcionamento da administración electrónica e o
comercio electrónico.
12.2. Recoñecer e utilizar algúns dos servizos en liña máis coñecidos.
12.3. Coñecer os usos da criptografía e usar esta técnica para encriptar información.
12.4. Respectar a propiedade intelectual e coñecer os tipos de licencias.
12.5. Coñecer os usos e a importancia das redes P2P.
4. CONTIDOS TEMPORALIZADOS
Proponse a seguinte secuenciación de unidades didácticas:
UD Título Contidos
1ª Avaliación
1 Ordenadores B2.4
2 Software B1.4, B2.2
3 Configuración de equipos informáticos B2.1, B2.2, B2.3, B2.5
4 Redes de ordenadores B2.3, B2.5
5 Ofimática avanzada B3.1, B3.2, B3.3, B3.4.
2º Avaliación
6 Tratamento de imaxes dixitais B3.6, B3.7
7 Edición de son B3.5, B3.6,
8 Edición de vídeo e audio B3.5, B3.6, B6.6
3º Avaliación
9 Seguridade informática B4.1, B4.2, B4.3
10 Deseño de páxinas web B5.2, B5.4
11 Intercambio de información na rede. Uso de ferramentas da web.
B1.1, B1.2, B1.3, B1.4,B1.5, B5.1, B5.5
12 Uso de servizos en liña B6.1, B6.2, B6.3, B6.4,B6.5, B6.6
14
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
5. DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
A materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación xoga un papel relevante
para que os alumnos alcancen os obxectivos da etapa e adquiran as competencias
clave porque incide directamente na adquisición de cada unha de elas, a saber:
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
(CMCCT):
As TIC contribúen á adquisición da competencia matemática na medida en que o
manexo das aplicacións ofimáticas, a utilización de internet e dalgúns dos seus
servizos contribúen a desenvolver nos alumnos a habilidade para interpretar e
expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións, así como
identificar as situacións cotiás que precisan de elementos e razonamentos
matemáticos para a súa resolución, presentación ou exposición. As TIC contribúen
de xeito importante ao desenvolvemento da lóxica, o pensamento e a memoria do
alumno, por ser un medio de traballo moi interactivo que de xeito constante
demanda solucións a situacións concretas e novidosas á vez que é
fundamentalmente un proceso visual que non sempre require grandes
coñecementos no seu manexo, pero si unhas pautas reiterativas. A habilidade para
utilizar e manipular aplicacións e dispositivos electrónicos son elementos propios da
competencia científica e tecnolóxica, así como a valoración dos avances, as
limitacións e a influencia da tecnoloxía na sociedade.
Por outra parte, esta materia contribúe á adquisición das competencias básicas en
ciencia e tecnoloxía, indisolublemente unidas ás TIC. Tamén é destacable a
importancia do uso das TIC como ferramentas de simulación de procesos
tecnolóxicos e científicos.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):
A contribución á adquisición desta competencia céntrase no xeito particular que
proporciona esta materia para abordar problemas e será maior na medida en que se
fomenten métodos de enfrontarse a eles de xeito autónomo e creativo, incídese na
valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepárese para o análise previo das
consecuencias das decisións que se toman no proceso. A través desta vía ofrécense
15
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
moitas oportunidades para o desenrolo de calidades persoais como a iniciativa, o
espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a
autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza nun mesmo e á mellora da súa
autoestima.
A informática, a través do desenrolo das TIC, entra de cheo nesta varéxeno de
cambio e evolución tecnolóxica constante, o que contribúe a desenvolver unha
actitude positiva caro o cambio e a innovación, pero sempre a través dunha
adaptación crítica e construtiva que permita ver os cambios como oportunidades. As
TIC son un mundo cheo de creatividade e imaxinación. Con un sinxelo clic é capaz
de converter un proxecto nunha realidade, polo que contribúe a coñecer as fases de
desenrolo dun proxecto, tomar decisións, actuar e avaliar o feito e autoavaliarse,
extraer conclusións e valorar as posibilidades de mellora. O sistema económico
actual está marcado polo uso das TIC e de internet facilitando o uso destas a
aparición de oportunidades e desafíos que afronta todo emprendedor, sen esquecer
posturas éticas que impulsen o comercio xusto e as empresas sociais.
Competencia dixital (CD):
Esta materia contribúe de maneira plena á adquisición da competencia dixital,
imprescindible para desenvolverse nun mundo que cambia e cámbianos, empurrado
polo constante fluxo de información xerado e transmitido mediante as tecnoloxías da
información e pola aparición constante de novos dispositivos tecnolóxicos de uso
cotiá. Isto require que a educación dote ao alumno duna competencia na que os
coñecementos de índole máis tecnolóxica se poñan ao servizo dunhas destrezas
que lle sirvan para acceder á información alí onde se atope, utilizando unha
multiplicidade de dispositivos e sendo capaz de seleccionar os datos relevantes para
poñelos en relación cos seus coñecementos previos e xerar bloques de
coñecemento máis complexos. Esa actitude aberta, favorecida pola adquisición de
condutas tendentes a manter contornos seguros, permitirá proxectar cara o futuro os
coñecementos adquiridos na fase escolar. Dita proxección fomentará a adopción
crítica dos avances tecnolóxicos e as modificacións sociais que estes produzan.
16
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
Contribuirase ao desenrolo desta competencia na medida en que os aprendizaxes
asociados incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas destrezas básicas
asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitiva,
contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso están asociados
ao seu desenrolo os contidos que permiten localizar, procesar, elaborar, almacenar
e presentar información co uso das tecnoloxías.
Competencias sociais e cívicas (CSC):
A contribución á adquisición das competencias sociais e cívicas, no que se refire ás
habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e
funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo en que se aborden os
contidos, especialmente os asociados ao proceso de resolución de problemas
tecnolóxicos. O alumno ten múltiples ocasións para expresar e discutir
adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar aos demais, abordar dificultades,
xestionar conflitos e tomar decisións, practicando o diálogo e a negociación, e
adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara aos seus compañeiros. Ao
coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia
de TIC dende a análise do desenvolvemento tecnolóxico das mesmas e a súa
influencia nos cambios económicos e de organización social que han ter lugar ao
longo da historia da humanidade.
Competencia en comunicación lingüística (CCL):
A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da
adquisición de vocabulario específico, que ha de ser utilizado nos procesos de
procura, análise, selección, resumo e comunicación de información. A lectura,
interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao
coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e as súas
estruturas formais.
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC):
As diferentes tecnoloxías son en si mesmas manifestacións da cultura en tanto que
expresan o saber da humanidade en ámbitos moi diversos. O estudo da materia de
TIC contribúe entón ao desenvolvemento da competencia cultural e artística,
17
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
enriquece ao estudante con novos coñecementos e desenvolve a capacidade de
apreciar a beleza das estruturas e os procesos construídos polo ser humano a partir
da aplicación dos seus coñecementos tecnolóxicos, e na realización dos proxectos
tecnolóxicos no aula-taller saber levalos a cabo cun mínimo de estética artística.
Competencia en aprender a aprender (CAA):
Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo
desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos, en
particular mediante a obtención, análise e selección de información útil para abordar
un proxecto. Por outra banda, o estudo metódico de obxectos, sistemas ou
contornas proporciona habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e
valores necesarios para a aprendizaxe.
6. COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICOS PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA
Dos obxectivos didácticos formulados no apartado 3, considérase requisito mínimo
para superar a materia acadar os seguintes:
1.1. Identificar a arquitectura básica dun ordenador, incluídos os dispositivos de
almacenamento.
1.2. Distinguir os dispositivos periféricos básicos.
1.3. Identificar os problemas de hardware máis habituais e saber que facer para
solucionar cada un de eles.
2.1. Xestionar a instalación e eliminación de software.
2.2. Utilizar software de comunicación entre equipos e sistemas.
3.1. Utilizar e configurar equipos informáticos.
4.1. Definir o concepto de rede e os distintos tipos de redes.
4.3. Enumerar e describir os elementos e sistemas que configuran a comunicación
con fíos e sen fíos.
5.1. Coñecer as aplicacións ofimáticas que forman un paquete ofimático.
18
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
5.2. Utilizar follas de cálculo.
5.3. Manexar as ferramentas do procesador de textos para xerar documentos.
6.1. Coñecer os tipos de imaxes, as súas características e formatos.
6.2. Recoñecer os dispositivos para transferir unha imaxe dixital dende un dispositivo
de captura ou de almacenamento.
7.1. Coñecer os pasos para capturar un vídeo o un audio e saber como importalo.
7.3. Coñecer os diferentes tipos de obras e os dereitos que a lei recoñece aos seus
autores.
8.1. Crear e deseñar presentacións.
8.2. Integrar elementos multimedia nunha presentación.
9.1. Recoñecer os obxectivos da seguridade informática.
9.2. Identificar as ameazas que poden afectar á seguridade dos sistemas
informáticos.
9.3. Coñecer e aplicar medidas de seguridade para protexer os equipos informáticos.
11.1. Coñecer a historia de internet, así como o seu funcionamento e estrutura.
11.2. Identificar os servizos máis habituais e importantes de internet.
11.6. Coñecer, utilizar correctamente as redes sociais e ser consciente dos riscos
asociados ao seu uso.
12.1. Coñecer os servizos e o funcionamento da administración electrónica e o
comercio electrónico.
12.2. Recoñecer e utilizar algúns dos servizos en liña máis coñecidos.
7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
No desenvolvemento da materia de TIC destacan os seguintes aspectos dende o
punto de vista didáctico:
19
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
Facilitar a realización de aprendizaxes significativos en relación cos contidos da
materia e no contexto da aula de informática.
Favorecer a actividade mental dos alumnos na construción de novos
coñecementos relacionados cos contidos da materia.
A acción docente na aula de informática ofrece, de forma atractiva, unha utilidade
e finalidade clara aos aprendizaxes, así como oportunidades para aplicalos.
Ter en conta as diferencias nos ritmos de aprendizaxe e desenvolvemento dos
alumnos, o que se concreta nunha oferta educativa variada, capaz de axustarse
aos distintos ritmos de aprendizaxe na aula.
Potenciar o traballo cooperativo na clase entre os alumnos.
Favorecer e organizar a expresión e os intercambios de ideas na aula.
Partir das experiencias dos alumnos, favorecendo un aprendizaxe personalizado.
Facilitar o tratamento recorrente dos contidos.
Diversificar as fontes de información e comunicación.
Modalidades semipresencial e non presencial
Se a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada o require tomaranse
medidas para que se garanta o desenvolvemento do alumnado e as competencias
clave destes. Polo tanto, para seguir co temario utilizaranse principalmente os
seguintes recursos:
Plataforma Sallenet.
Vídeos titoriais realizados cunha tableta gráfica e o programa Xournal.
Clases virtuais realizadas coa aplicación Meet de Google.
O docente porá na sección da materia vídeos con explicacións teóricas xunto con
outros con exemplos prácticos para encauzar aos alumnos na resolución dos
exercicios. Ademais diso, poranse exercicios e fichas na planificación diaria da
materia. Todo o anterior complementarase con clases virtuais mediante
videoconferencia para explicar e aclarar dúbidas xurdidas.
20
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
8. ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Durante o transcurso do curso traballaranse os seguintes elementos transversais
mediante o propio desenvolvemento da materia a través das actividades propostas:
Comprensión lectora, expresión oral e escrita integrado as TIC; mediante a
realización de traballos ou actividades que requiran a busca de información, o
resumo e expresión escrita.
Educación Cívica e constitucional.
Inclusión de persoas con discapacidade, axudarlles a comprender que o diferente
e unha riqueza que fai medrar o grupo, deberán traballar en equipo con outro
alumnado con necesidades educativas especiais.
Igualdade entre homes e mulleres, para o cal os equipos de traballo serán mixtos.
Prevención de violencia de xénero.
Resolución de conflitos entre iguais para previr a violencia en todos os ámbitos.
Desenvolvemento sostible, medio ambiente; mediante o emprego de materiais de
refugallo ou reciclados. Concienciando en que o mellor aforro é aquel que non se
consume. Aproveitamento dos recursos do taller e coidado das máquinas e
ferramentas. Aforro enerxético
9. MATERIAIS E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS
Plataforma Sallenet.
Informacións en prensa que teñan algún contido informático.
Ordenadores e software apropiado.
Libros de apoio do Departamento de Informática.
Traballar con distintas páxinas web.
10. MEDIDAS PARA A INCORPORACIÓN DAS TIC AO TRABALLO NA AULA
Esta materia traballa de maneira explícita o uso das TIC tanto dentro da aula coma
na vida cotiá, polo que o propio desenvolvemento da mesma implica unha
incorporación activa das novas tecnoloxías.
21
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Descrición do grupo despois da avaliación inicial:
Á hora de establecer as medidas de atención á diversidade e inclusión
recompilarase, en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos
e alumnas; como mínimo, debe coñecerse:
O número de alumnos e alumnas.
O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).
As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de
contidos curriculares.
As necesidades que se puidesen identificar; cómpre pensar nesta fase en como se
poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,
estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).
As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.
Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta
materia.
Os tipos de recursos que se necesitan adaptar a nivel xeral para obter un logro
óptimo do grupo.
Necesidades individuais
A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,
senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos
individuais dos nosos estudantes. A partir dela poderemos:
Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou
personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en
conta aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con
necesidades non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar
en risco, pola súa historia familiar, etc.).
22
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
Saber as medidas organizativas a adoptar. (Planificación de reforzos, situación de
espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención individual).
Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre
os recursos que se van empregar.
Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.
Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes
estudantes.
Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna
co resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe;
especialmente, co titor.
Modalidades semipresencial e non presencial
En caso de que a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada obrigue a
unha educación semipresencial ou non presencial, o profesor da materia, tendo en
conta as necesidades do alumnado destas características, porá a disposición deste:
Material estandarizado, documentos, libros, etc. cun resumo e esquemas das
ideas máis importantes do tema a tratar.
O material será enviado en formatos accesibles por medio da plataforma Sallenet
ou por correo electrónico.
Explicar a accesibilidade e o funcionamento de Sallenet por medio de
videotitoriais.
A información aportada en enlaces, vídeos, documentos, …, será o máis visual e
práctica posible, con pouca cantidade de texto.
Secuenciación en pasos as actividades máis complexas.
Apoio visual sempre que sexa posible.
Seguir as pautas recollidas nos protocolos do PAD.
Nos casos nos que as circunstancias o aconsellen, o docente porá a disposición do
alumnado con necesidades especiais clases mediante videoconferencia, nun horario
23
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
acordado coas familias, para que os discentes teñan un contacto máis estreito e non
perda as rutinas gañadas durante a modalidade presencial da ensinanza.
12. PROGRAMA DE ACTIVIDADES E RECUPERACIÓN DE PENDENTES
A materia impártese por primeira vez en 4º de ESO, polo tanto, en ningún caso terá
a categoría de materia pendente de cursos anteriores.
13. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN
Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:
A observación de comportamentos.
Entrevistas.
Probas.
Cuestionarios orais e escritos.
Cuestionarios, tarefas de Sallenet.
Os datos recóllense en diversos instrumentos para a avaliación. Por unha banda
farase un seguimento do alumnos e anotaranse no caderno do profesor. Por outra
banda realizaranse 3 avaliacións ao longo do curso entregando unha notas oficiais
ao finalizar cada unha das avaliacións agás na última que se entregarán as notas
finais. Como resultados das mesmas realízanse os informes de avaliación
individualizados, o expediente académico do alumno, e as actas de avaliación.
Como procedemento estándar realizarase unha proba escrita de cada unha das
unidades que se puntuará sobre 10; no momento de realizar a proba o alumno
deberá ter entregados todos os traballos da unidade a través da plataforma Sallenet.
Ao finalizar a avaliación realizarase un exame final de avaliación para aqueles
alumnos que non tiveran superado os mínimos nos exames parciais de cada unha
das unidades; os alumnos que si os tivesen superados poderán optar a facer o
exame para subir a nota da avaliación.
24
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
A nota final virá dada por:
60% probas de unidade.
30% actividades de aula (proxectos, cuestionarios, tarefas Sallenet...)
10% actitude (interese na materia, participación...)
Nas semanas posteriores á entrega das notas de cada unha das avaliacións (agás
na 3ª avaliación) faranse exames de recuperación da avaliación. Tamén se realizará
un exame final por avaliación na última semana do curso para aqueles alumnos que
non teñan superado os mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.
Para superar a materia na convocatoria ordinaria haberá que ter superado os
mínimos esixibles en cada unha das avaliacións.
Para superar a materia na convocatoria extraordinaria haberá que ter superado os
mínimos esixibles do curso na proba extraordinaria de setembro.
Modalidades semipresencial e non presencial
En caso de que a situación sanitaria ou calquera outra causa xustificada obrigue a
unha educación semipresencial ou non presencial, o procedemento de avaliación
seguiría a ser o mesmo ca no caso presencial, xa que as actividades, tarefas e
probas obxectivas poden ser realizadas de maneira telemática a través da
plataforma Sallenet.
14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
En cada un dos trimestres levarase a cabo unha semana de proxectos.
15. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN
Instrumentos de recollida de datos
Ficha do alumno no caderno do profesor.
Axenda ou diario de aula.
Rúbricas de autoavaliación nos proxectos técnicos e prácticas propostas.
25
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
Enquisas ao alumnado (en Sallenet activase unha enquisa ao final de curso, para
que o alumnado avalíe a práctica docente).
Medidas de mellora
O cumprimento das programacións revisarase trimestralmente, mediante esta ficha,
que se pode empregar para así poder recoller as melloras no seguinte:
Aspectos a avaliar Para destacar Para mellorarPropostas de
mellora
Temporalización das unidades didácticas
Desenvolvemento dos obxectivos didácticos
Manexo dos contidos da unidade
Descritores e desempeños competenciais
Realización de tarefas
Estratexias metodolóxicas
Recursos
Claridade nos criterios de avaliación
Uso de diversas ferramentas de avaliación
Portfolio de evidencias dos estándares de aprendizaxe
Atención á diversidade
Interdisciplinariedade
Ao finalizar cada unidade didáctica ou tema, tratarase de identificar os aspectos que
supuxeron unha especial dificultade ao alumnado, observarase a necesidade ou non
de implementar actividades de reforzo ou ampliación. A programación polo tanto
será flexible e adaptada a evolución das competencias do alumnado. Mediante a
26
Programación didácticaTecnoloxías da Información e da Comunicación
4 º Educación Secundaria - Curso 2020 - 2021 C.P.R Colexio La Salle - Ferrol – (R/ Pardo Bazán, S/N)
observación dos resultados académicos do alumnado, adaptaranse os obxectivos ao
nivel de consecución destes.
16. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao inicio do curso, presentarase unha visión xeral das unidades didácticas que se
van traballar e como se van distribuír en cada avaliación. Esta estrutura xeral do
curso será recordada do mesmo xeito ao comezar cada trimestre, para analizar os
contidos xa vistos e os que quedarían por ver. Ademais, no comezo de cada
unidade, farase unha explicación sobre os puntos a tratar, podendo dar pé esta
explicación a un debate sobre os coñecementos previos e intereses que o alumnado
teña do tema en cuestión.
27
top related