recomendacións vacacións de verán
Post on 16-Apr-2017
385 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Temos máis de dous meses por diante para un ben merecido
lecer. Merecerán algúns libros que os leamos?
Desde a nosa Biblioteca coidamos que si.
É máis; coidamos que hai abondos libros que saúdan con
alegría a chegada do verán, pois así serán abertos e as súas
páxinas recibirán dous agasallos: o relax co que se pasan as súas
páxinas e a calor coa que os nosos ollos as percorren
Coas seguintes recomendacións desexámosvos un verán cheo de descanso e pracer (tamén pola
lectura)
Lembrade que podedes levar ATA 3 LIBROS
durante o verán, e que non teñen
por que estar incluídos nas
nosas recomendacións
E non esquezades que os debedes
coidar moi ben e que tedes que
TRAER DE VOLTA NOS
PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO
Amor y Psique, de Lucio Apuleyo
Una de las más bellas historias de la mitología griega, que bien puede encajar en la categoría
actual de relato romántico
O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira
A consumada narradora que é Paula Carballeira desenvolve aquí unha
historia baseada nun dos mitos do relato de terror: o
lobishome
A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly
Este libro narra a interesante historia da rapaza do título,
que vive con seis irmáns e ningunha irmá na súa casa
de Texas a finais do s. XIX. A natureza serviralle de alivio
da súa opresiva situación
El octavo bosque, de Els Pelgrom
Durante la II Guerra Mundial se refugian en la
granja Klaphek (Países Bajos) un grupo de
personajes muy dispares que solo tienen en común el querer escapar de la guerra
La conexión cósmica, de Carl Sagan
Las grandes preguntas (¿quiénes somos?, ¿de dónde
venimos?, etc.) también se pueden contestar con la mirada
puesta en las estrellas, tal y como propone el autor,
conocido divulgador científico
Do que estou a falar cando falo de correr, de Haruki Murakami
Murakami ten unha vida rica en experiencias. Unha delas foi a da
súa condición de corredor de maratón. Neste libro cóntanos o
que lle pasaba pola cabeza mentres corría (e é máis do que
poderiamos pensar)
A Caverna, de José Saramago
O Nobel portugués traza nesta novela un retrato, por
momentos desolador, da sociedade postindustrial na
que vivimos, e na que moitas persoas non acaban
de atopar o seu lugar
El proceso, de Franz Kafka
Desasosegante relato el de lo que le ocurre a Josef K. desde que le detienen y le
someten a un proceso. Disponemos de una edición
argentina de 1953 con portada de Luis Seoane
top related