pv agosto 2012

Post on 24-May-2015

159 Views

Category:

Documents

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Palabra de VidaPalabra de Vida

Agosto 2012

Agosto 2012

«Todo o que volva por min diante dos homes,tamen eu hei volver por el diante de meu Pai que está nos ceos. Pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el

diante de meu Pai que está nos ceos» (Mt 10, 32-33).

Esta é unha Palabra que nos dá un gran consolo e nos serve de estímulo a todos os

cristiáns.

Con ela, Xesúsexhórtanos a vivir

con coherenciaa nosa fe nel, xa

que o noso destino eterno depende da actitude que

teñamos con El durante a nosa

vida na terra.

Se o temos recoñecido - di – diante dos homes, darémoslle motivos para que nos recoñeza diante de

seu Pai;se, pola contra, o temos negado diante dos homes, El

tamén nos negará diante do Pai.

«Todo o que volva por min diante dos homes,tamen eu hei volver por el diante de meu Pai que está nos ceos. Pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el

diante de meu Pai que está nos ceos» (Mt 10,32-33).

Xesús fai referencia ao premio ou ao castigo,que nos esperan despois desta vida, porque nos ama.

El sabe, como di un Padre da Igrexa, que ás veceso temor a un castigo é máis eficaz que unha bonita

promesa.

Por isto alenta en nós a esperanza da felicidade sen fin e, ao mesmo tempo, suscita en nós o temor á condena, con

tal de salvarnos.

O que lle interesa é que cheguemos a vivir con Deus para sempre. Por outra parte, é o único que

conta;é o fin polo que se nos deu a existencia: en efecto,

só con El alcanzaremos a completa realización de nós mesmos e a satisfacción de todas as nosas aspiracións.

Por isto Xesús exhórtanos a “recoñecelo" xa desde aquí abaixo. Se en troques, durante esta vida non queremos ter nada que ver con El, se agora o

negamos, cando teñamos que pasar á outra vida atoparémonos separados del para sempre.

Xesús, ao final de noso camiño na terra,non fará outra cousa que confirmar, fronte ao Pai,

a elección que se realizou en cada un de nós sobre a terra, con todas as súas consecuencias. E, referente ao

último xuízo, El mostraranos toda a importancia e seriedade da decisión que tomemos aquí na terra: de

feito, é un xogo a nosa eternidade.

«Todo o que volva por min diante dos homes,tamen eu hei volver por el diante de meu Pai que está nos ceos. Pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el

diante de meu Pai que está nos ceos» (Mt 10,32-33).

Como sacar proveito desta advertencia feita por Xesús?

Como vivir esta Palabra súa?El mesmo di: «Todo o que volva por min...».

Decidámonos, entón, a recoñecelo ante os homes con sinxeleza e franqueza.

Venzamos o respecto humano. Saiamos da mediocridade e do compromiso que

quitan autenticidade á nosa vida tamén como cristiáns.

Recordemos que estamos chamados a dar testemuño de Cristo:

El quere chegar a todas as persoas coa súa mensaxe de paz,

de xustiza, de amor, a través de nós. Deamos testemuño del alí onde nos encontremos por

motivos de familia, de traballo, de amizade, de estudo ou por distintas circunstancias da vida.

Deamos este testemuño antes que nada co noso comportamento, coa honestidade de nosa vida, coa

pureza de costumes, co desapego do diñeiro, participando nas alegrías e nos sufrimentos dos

demais.

Deámolo de maneira especial co noso amor recíproco, coa nosa unidade, de forma que a paz e a ledicia pura,prometidas por Xesús a quen está unido a El, inunden a

nosa alma xa desde aquí e se desborden sobre os demais.

E ao que nos pregunte por que nos comportamos así,por que estamos tan serenos, incluso nun mundo tan

atormentado, respondámoslle sen medo, con humildade e serenidade, as palabras

que o Espírito Santo nos suxira, dando así testemuño de Cristo coa palabra, tamén no plano das ideas.

Daquela, quizais, moitos dos que o buscan poderán encontralo.

Pode ser que outras veces se nos entenda mal, se nos contradiga, poderemos ser obxecto de escarnio,

quizais de aversión ou persecución. Xesús tamén nos advertiu: «Como me perseguiron a mí, hanvos

perseguir a vós tamén». (Xn 15,20).

Aínda estamos en bo camiño. Por iso, continuemos dando testemuño del con valor;

incluso no medio de probas, incluso coa nosa vida.

A metaque nos esperaben o merece:é o Ceo, onde

Xesús,a quen amamos,nos recoñecerá

ante seu Paipor toda a

eternidade.

«Todo o que volva por min diante dos

homes,tamen eu hei volver por el diante de meu Pai que está nos ceos. Pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el diante de meu Pai que está nos

ceos».(Mt 10, 32-33)

““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,

Texto de: de Chiara Lubich, publicado en xuño de 1984 (movemento dos Focolares ).

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,

incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, televisión e internet.

““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,

Texto de: de Chiara Lubich, publicado en xuño de 1984 (movemento dos Focolares ).

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,

incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, televisión e internet.

Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é

“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:

“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxe porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.

Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!

E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.

“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evangelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).

Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es).

top related