proxecto de innovación. convocatoria 2015. memoria final. · fase 6: memoria final nesta última...

Post on 17-Aug-2020

8 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Páxina 1 de 24

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final.

Título do proxecto Simulador de adestramento nas técnicas de mantemento de aeroxe-radores. SATMA.

Coordinador/a María Nieto López

Centro educativo I.E.S. Universidade Laboral.

Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cientí-fica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).

Páxina 2 de 24

Páxina 3 de 24

Índice

1. Memoria xustificativa ................................................................................................5

1.1 Historia do proxecto. Xustificación. ............................................................................... 5

1.2 Relación de participantes .............................................................................................. 7

1.3 Actividades realizadas. ................................................................................................. 8

1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos. ............................................................................................................... 14

1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro. ............................ 15

1.6 Memoria de xustificación económica. .......................................................................... 16

1.6.1 Gastos xerais do proxecto................................................................................................................................ 16

1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro. ......................................................................................... 17

2. Resultados ou produtos do proxecto .................................................................... 19

Páxina 4 de 24

Páxina 5 de 24

1. Memoria xustificativa

1.1 Historia do proxecto. Xustificación.

Esta memoria ten por obxecto xustificar o proxecto de Innovación Didáctica da modali-

dade B. Innovación Didáctica da Resolución do 24 de marzo de 2015 da Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca premios pa-

ra o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de

innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes

da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A idea de este proxecto xurde cando profesores do departamento de Enerxía e Auga par-

ticipa en diferentes proxectos relacionados co sector eólico:

O primeiro proxecto europeo Leonardo da Vince TOI ATTP Wind Energy (Adapting

a Transparent Training Programme for Wind Energy), no que como resultado

desenvolveuse un programa de formación unificada a nivel europeo para técnicos

relacionados co sector eólico ATTP.

O seguinte proxecto no que colabora o departamento xurde do Plan Anual de

Formación do Profesorado de Formación Profesional, e consiste no desenvolvemento

do manual de “Monitores de acceso e subida a aeroxeradores"

O realizar estes proxectos, o profesorado que participou nel comprobou á hermeticidade

existente no sector eólico no referente a documentación dos equipamentos dos aeroxera-

dores, e o pechado dos seus sistemas de regulación e control, e nas técnicas e procesos de

mantemento dos mesmos fixo moi difícil o desenvolvemento do mesmo.

Esta mesma dificultade a teñen os profesores que imparten no C.S. de Enerxías renova-

bles para impartir os módulos:

Xestión da montaxe de parques eólicos.

Operación e mantemento de parques eólicos.

O proxecto ten como produto principal un simulador das principais situacións suscepti-

bles de actuación por parte dos equipos de mantemento de un aeroxerador, concretamente

trátase do aeroxerador número 21 do Parque Eólico Experimental de Sotavento do fabricante

Páxina 6 de 24

Ecotecnia modelo 44/460.

A dispoñibilidade do simulador será en galego, castelán e inglés, aberto para a comunidade

educativa e o entorno produtivo.

Páxina 7 de 24

1.2 Relación de participantes.

As entidades participantes no proxecto son:

IES Universidade Laboral coma centro coordinador:

A participación deste centro foi desenvolvida dende o departamento de Enerxía e Auga

cos profesores María Nieto López (coordinadora do proxecto), José Luís Vázquez Otero,

José Ignacio Vila Alonso, coordinador e participante respectivamente do proxecto euro-

peo Leonardo da Vinci TOI ATTP Wind Energy e Gustavo Adolfo Rodríguez Pérez, que

se atopa no presente curso académico impartido docencia no módulo de Xestión da mon-

taxe de parques eólicos e ademais é o titor do CS en Enerxías Renovables.

Fundación Sotavento.

Dita entidade atópase situada no Parque Eólico Experimental de Sotavento polo que dis-

pón da capacidade para facer uso das instalacións do mesmo. De forma resumida, a con-

tinuación citamos as instalacións de dito parque centradas no plano tecnolóxico:

o Aeroxeneradores: 24 máquinas entre as que se encontra ECOTECNIA 44/600.

o Rede de comunicación avanzada.

o Monitorización: Tódolos aeroxeneradores están monitorizados paralelamente al

tecnólogo.

o Outras instalacións renovables: solar fotovoltaica, solar térmica, geotérmica, bio-

masa, hidroxéno

Engasoft, S.L.

Finalmente, a empresa Engasoft realizou a monitorización das instalacións de existentes

no Parque Eólico Experimental de Sotavento, motivo éste polo cal se seleccionou a mes-

ma para a participación neste proxecto, tendo en conta a calidade dos materiais desenvol-

vidos pola mesma nas instalacións do Parque. Esta empresa ten unha ampla experiencia

na realización de aplicacións do sector eólico.

Páxina 8 de 24

1.3 Actividades realizadas.

A continuación relaciónanse as actividades realizadas entorno ao proxecto SIMULADOR DE ADESTRAMENTO NAS TÉCNICAS DE MANTEMENTO DE AEROXERADORES. SATMA que están

diferenciadas en seis fases:

Fase 1: INVESTIGACIÓN E ANÁLISE CURRICULAR.

Nesta primeira etapa de investigación recolleuse e analizouse as características de outros

produtos destinados á simulación de instalacións de produción de enerxía eólica para desen-

volver o simulador.

O mesmo tempo analizouse o currículo do ciclo formativo que ten relación co proceso de

mantemento de aeroxeradores, e así púidose representar no simulador os puntos clave do

mantemento dos mesmos.

Analizouse a documentación correspondente ao aeroxerador que é obxecto de simulación,

definíndose os estados do mesmo.

Nesta fase inicial colaboraron os principais propulsores do proceso, o profesorado do I.E.S

Universidade Laboral

Fase 2: ASESORÍA PUNTOS DE CONTROL E DATOS HISTÓRICOS.

Nesta etapa persoal das entidades colaboradoras, en función dos puntos de control de que

dispoñen instalados no aeroxerador e os datos históricos dispoñibles, realizarán unha aseso-

ría técnica para ver o alcance do proxecto en función da investigación realizada na fase 1 e

das posibilidades que permita o orzamento do proxecto.

Nesta fase fixéronse diversas visitas ás instalacións de Sotavento, para realizar traballos so-

bre o aeroxerador obxecto de monitorización, ademáis da selección dos datos históricos a

implementar no simulador.

Páxina 9 de 24

Esta fase desenvolveuse por persoal da Fundación Sotavento e Engasoft, S.L., coa supervi-

sión do IES Universidade Laboral.

Fase 3: DEFINICIÓN DO PRODUTO.

Implemeátaronse os datos obtidos polos puntos de control e a selección e adaptación dos da-

tos históricos á plataforma na que se desenvolveu o simulador SATMA.

A implementación de datos desenvolveuse principalmente por persoal de Engasoft,

baixo a asesoría de persoal da Fundación Sotavento e supervisada polo IES Universi-

dade Laboral como coordinador do proxecto.

Realizáronse reunións de traballo e seguimento do desenvolvemento do simulador nas

instalacións na Fundación de Sotavento e no IES Universidade Laboral.

Páxina 10 de 24

Fase 4: DESENVOLVEMENTO DO SIMULADOR.

Nesta fase desenvolveuse o produto de simulación SATMA,en galego, español e inglés.

A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento e

I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.

A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento

e I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.

A estructura de Satma especificase no marxen izquierdo aparecendo os seguintes

submenús tendo:

Xeneralidades.

Aeroxerador Ecotecnia 44

Scada

O&P: Operación e mantemento.

Intervecións Períodicas

E por último Operacións Destacadas.

Páxina 11 de 24

Fase 5: DIVULGACIÓN

Unha vez que o simulador estivo rematado realizase a fase de divulgación, para o cal:

presentase o proxecto no congreso de Innovación na Formación Profesional, do

24 ao 25 de febreiro de 2016 participando no obradoiro de Innovación.

Páxina 12 de 24

presentase no boletín do centro educativo

exponse no I.E.S Universidade Laboral, para que a comunidade educativa do

mesmo coñeza a ferramenta.

Participarase II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compar-

tindo boas prácticas previsto a realizar a finais de abril.

Páxina 13 de 24

Fase 6: MEMORIA FINAL

Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-

go 11 da convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación

tecnolóxica.

Nela explicase todo o proceso para obtención dos obxectivos incluíndo os materiais

elaborados polos socios deste proxecto.

Páxina 14 de 24

1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos.

A calidade do proxecto é avaliado polo coordinador do mesmo chegando a conclu-

sión que se acadaron todos os obxectivos proposto na memoria de solicitude. Para o cal

o finalizar cada unha das fases estudáronse os seguintes aspectos:

- Grao de consecución dos obxectivos do proxecto.

- Posibles desviacións nos obxectivos preestablecidos.

- Alcance dos obxectivos concorde coa temporalización programada.

- Produtos do proxecto coa calidade prevista, por medio de posta en común co equi-

po docente do departamento de enerxía e auga.

Páxina 15 de 24

1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro.

Todos os docentes implicadas no proxecto adquiriron:

coñecementos nos principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das

tecnoloxías dispoñibles de forma xeral, e polo miúdo do aeroxerador Ecotecnia

44.

as condicións de operación e mantemento necesarias nas tarefas de mantemento

de aeroxeradores. Tendo acceso a documentación, a planos e fotografías, do

aeroxerador en estudo así coma a temporalización recomendada polo fabricante.

Achegaronse á Formación Profesional un entorno web no que adestrar aos estudantes

dos ciclos formativos na constitución de un aeroxerador real, o seu funcionamento e sobre

todo nas situacións máis habituais susceptibles de mantemento preventivo e correctivo por

parte dos equipos de mantemento dos parques eólicos.

Adquiríronse coñecementos relacionados coas técnicas de investigación e innova-

ción,susceptibles de ser levadas ao entorno dos Centros de Formación Profesional.

Melloraron as destrezas de comunicación coas empresas.

Fixéronse relacións consolidadas con empresas, fundacións e institucións que permiten

unha relación máis directa entre os centros educativos e ditas entidades, que de feito xa se

están facendo notar por medio de novos convenios de colaboración.

Este tipo de proxectos incrementa non só os coñecementos do profesorado de Forma-

ción Profesional senón as súas destrezas de negociación, colaboración e relación co entor-

no produtivo de maneira que o mantén actualizado na realidade existente fora das aulas e

serve de motivación para continuar co aprendizaxe ao longo da carreira profesional e da

vida.

Páxina 16 de 24

1.6 Memoria de xustificación económica.

1.6.1 Gastos xerais do proxecto.

O orzamento inicial deste proxecto ascendía á cantidade de TRINTA E NOVE MIL

NOVECENTOS NOVENTA E SEIS EUROS, seguindo as instruccións da convocatoria, presentou-

se de forma global para o desenvolvemento do proxecto e de forma parcial dividido en 3 partes,

unha para cada socio participante do proxecto.

1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 9.911,00 euros

2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 20.075,00 euros

3. ENGASOFT S.L. 10.010,00 euros

TOTAL: 39.996,00 euros.

Cando o proxecto foi aprobado houbo unha redución dun 25 %, que se repartiu en cada

unha das partidas, quedando como se resume a continuación. o que fixo necesario que as partidas

sufriran unha redución. Quedando

1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 7433,25 euros

2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 7507,5 euros

3. ENGASOFT S.L. 15056,25 euros

TOTAL: 29.997 euros.

Páxina 17 de 24

1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro.

Páxina 18 de 24

Páxina 19 de 24

2. Resultados ou produtos do proxecto

O produto final de este proxecto é unha ferramenta para o adestramento de opera-

rios nas técnicas de mantemento de aeorxeradores.

Con este simulador preténdese obter datos existentes tanto de índole construtivo dos

aeroxeradores coma procedimental das técnicas e condicións nas que se desenvolve o

mantemento dos aeroxeradores, pois como xa se comentou en puntos anteriores estes

datos son inaccesibles para o profesorado pois as empresas fabricantes de aeroxera-

dores non difunden este tipo de datos.

Para acceder a dita plataforma terase que escribir na barra de direcciones

www.satmawind.com

A primeira páxina poderase elixir o idioma no que traballar.

Elixido o idioma, accedemos a páxina principal no que no marxen izquierdo aparecen

os seguintes submenús tendo:

• Xeneralidades.

• Aeroxerador Ecotecnia 44

• Scada

• O&P: Operación e mantemento.

• Intervecións Períodicas

• E por último Operacións Destacadas.

O proxecto quere servir como formador de futuros profesionais de mantemento de ae-

Páxina 20 de 24

roxeradores polo enxertouse un apartado de contacto onde calquera poderase poñer en

contacto cos profesores do departamento de Enerxía e Auga do I.E.S. Universidade Labo-

ral ben a través do teléfono ou do correo eléctronico.

O simulador é unha ferramenta de formación de aplicación no mundo da enerxía , cen-

trándonos dende o punto de vista do mantemento, pero ainda así faise necesario ter uns

coñecementos mínimos das diferentes tenoloxías existentes. Polo que no apartado de Xe-

ralidades descríbense os principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das tecno-

loxías dispoñibles de forma xeral.

Dito apartado está subdividido en cada unha das principais partes do aeroxenerador.

Base, torre Góndola, Sistema de Captación Sistema de transmisión Sistema de xera-

ción, Sistema de Freada, Sistema hidráulico Sistema de Control, Aparamenta Eléctrica e

S. Compensación Sistema de Refrixeración.

Os recursos que utilizamos para facilitar a compresión dos contidos nos apartados te-

mos infografías.

Por exemplo na Vista xeral de xeneralidades, representa un aeroxerador, se nos poñe-

mos en riba dos botos resaltase dita parte na infografía.

Páxina 21 de 24

Nas explicacións de cada unha das partes temos texto resaltado o facer clic sobre él te-

mos acceso fotos, planos, videos que nos axudan a compresión da parte que se está a estu-

dar.

No apartado Ecotecnia 44 describese polo miúdo dito aeroxerador. A idea deste proxec-

to e seguir ampliando con outros aeroxeradores en outros proxectos. En todo o proxecto

séguese a mesma estrutura para así facilitar o estudo ao alumno e lle sexa doado buscar a

información

Por exemplo na vista xeral do Ecotecnia 44 temos unha infografía baseada nos planos

de dito aeroxerador e a igual que acontecía na vista xeral de xeneralidades ao pasar por ri-

ba de cada unha das partes está resaltase na infografía.

Neste apartado ademais de explicar a parte que corresponda contamos con planos reais o

Páxina 22 de 24

que para o persoal de mantemento facilita moito o traballo. Por exemplo no apartado de es-

tructuras principais, explícase a base, a torre e a góndola. O pinchar en riba deles ademais de

indicar a que parte corresponde accedese a información e aos planos.

O seguinte apartado a tratar e o Scada, un Scada é un sofware para ordenadores que

permite controlar e supervisar un ou varios aeroxeradores a distancia.

Dentro das principais funcionalidades que procura un SCADA temos:

Permite a monitorización en tempo real da maioría de dispositivos

Rexistra e almacena información procedente do aeroxerador

Proporciona gráficas e informes para representar indicacións de funcionamento,

producción e dispoñibilidade.

Páxina 23 de 24

O SCADA resulta de gran axuda para que o persoal de mantemento poida identificar

anomalías e para obter información sobre o funcionamento e os problemas que ocurren

nos aeroxeradores.

No apartado de Intervencións periódicas abórdase de maneira xeral as condicións de

Operación e Mantemento necesarias nas tarefas de mantemento de aeroxeradores.

No apartado de intervencións periódicas detállanse as operacións periódicas a desen-

volver neste aeroxerador, indicando as operacións planos e seguir e temporalización reco-

mendada polo fabricante.

Páxina 24 de 24

Por último o apartado de operacións destacadas, descríbense 16 operacións de mante-

mento destacadas no aeroxenerador Ecotecnia 44, a selección de ditas operacións fíxose

en coordinación con a Fundación Sotavento.

Nela teremos acceso a planos, fotografías e vídeos.

Para que está páxina web póidase implemetar, entregamos dous arquivos que están na

carpeta de proxectos e unha guía de instalación.

top related