programaciÓn cultural marzo 2018 · 2018. 3. 1. · venta en taquilla dende o luns 12 de marzo a...
Post on 09-Mar-2021
5 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Casa da Cultura Pintor Lloréns
PROGRAMACIÓN CULTURAL
MARZO 2018
Teatro/Infantil
Venres 2 ás 18:30h
A Casiña de acollida Cía.“Animar-T”
A Adela lle regalaron uns preciosísimos zapatiños de
charol, gostabanlle tanto que non os quería quitar nin para durmir, pero co paso do tempo
creceu e seus zapatiños deixaron de servirlle.
Lonxe de facer un drama desta situación, Adela opta por ser
xenerosa e regálallos á súa curmá pequena, pero hai algo que lle
queda: a caixa baleira onde viñan os zapatos.
Con ela decide crear unha casiña que chegará a converterse nunha
auténtica casa de acollida de animais, protexéndoos do frío e do ser máis perigoso que habita
na terra: O home.
Entrada: 2,5€
Venta en taquilla dende o luns 29 de febreiro
A taquilla pecha 15 min despois de comezar o espectáculo
Música
Sábado 3 ás 20h
Concerto de piano por Gema Arias Varela
Entrada gratuita
Teatro
Domingo 4 ás 20h
Eu queríame casare Cía.“Dinamo Produccións”
“Eu queríame casare” é a historia televisada
de dous auténticos perdedores que
buscan a súa última oportunidade no amor.
Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha
relación máis...menos…unha relación á que poder agarrarse como cravo
ardendo antes de que pase o tren, pase o arroz e pase… o que teña que pasar.
Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola son de todo menos predecibles e pode
acabar pasando calquera cousa...
Entrada: 3,5€
Venta en taquilla dende o luns 26 de febreiro
A taquilla pecha 15 min despois de comezar o espectáculo
Música
Sábado 10 ás 20h
Gala Queiroa - 15 Anos de recordos
A asociación Queiroa cumpre 15 anos!! E como non pode ser menos, quere celebralo
ao grande, e que mellor que facer unha gala á altura dos anos que levan "folcloreando".
Non volo perdades! Entrada gratuita
Maxia
Venres 16 ás 18:30h
Fantasía dos sentidos de Fani Triana Ilusionista
Venta en taquilla dende o luns 12 de marzo
A taquilla pecha 15 min despois de comezar o espectáculo
Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos.
Ilusións con cordas, cadeiras, xornais,
líquidos, mentalismo, participación dos
espectadores, humor e moito máis.
Aderezado todo cun guión cargado de
situacións inesperadas, orixínase unha montaña
de sorpresas.
Un espectáculo para ollar e degustar. Se queres experimentar sensacións
fascinantes, pódelo facer nos minutos de "Fantasía dos Sentidos".
Entrada: 2,5€
Teatro
Domingo 18 ás 20h
El Labrador de más aire de Miguel Hernández
Cía.“Noite Bohemia”
A compañía Noite Bohemia
pon en escea esta obra do poeta e dramaturgo
español Miguel Hernández.
Obra dramática escrita en verso,
que auna a temática amorosa coa crítica
social, onde describe os problemas da época tales coma o desexo
de poder dun líder autoritario e a pobreza dos cidadans inocentes.
Con influencias de Lope de Vega, Miguel Hernández compón esta obra teatral escrita en verso, fácil de entender, entretida, con temas
que gustaban na época coma o amor campesiño e cunha intencionalidade crítica
Entrada gratuíta
Contacontos na Biblioteca
Os Contos da Curuxa Catuxa
Programa anual de animación á lectura da Biblioteca Pública
Municipal de Sada
Funcións ás 18:30 horas Entrada gratuita, Aforo limitado
Venres 9 e Venres 23 de marzo
Exposicións
Casa da Cultura:
Todo marzo: Exposición de Tatiana Oller fotografías da 1ª exposición da Camelia
Días 24 e 25 de marzo:
Más información e inscripcións: 981 620 075 (extensión 264)
A programación pódese ver alterada por necesidades de axenda ou outras circunstancias
Información actualizada nas páxinas web do Concello:
www.concellodesada.com www.facebook.com/culturasada www.instagram.com/sada.cul/
e no teléfono 981 619 115
Coa colaboración de:
Organiza:
-Aforo Limitado
-No auditorio non está permitido o consumo de alimentos e/ou bebidas
-Rógase a máxima puntualidade
-A taquilla dispón de cambio limitado, pola súa comodidade rogamos veñan co importe
axustado
Concellería de Cultura e Praias
top related