presentación proxecto 18 08
Post on 31-Jul-2015
121 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Un val singular…
¿Qué é o Proxecto Alto Támega?
É un proxecto interdisciplinar de un conxunto de profesionais da
Arqueoloxía, da Xeografía Física e das Ciencias e Técnicas
Historiográficas pertencentes ao Grupo de Estudos en
Arqueoloxía, Antigüedade e Territorio (GEAAT) e ao Grupo
de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas,
ambos da Universidade de Vigo. O proxecto tamén conta coa
colaboración activa do tecido asociativo cultural da comarca,
como son a Asociación Cultural Alto Támega e a Sociedade
Antropolóxica Galega.
Con esta actuación trátase de fomentar e potenciar o coñecemento
dos recursos patrimoniais deste val e contribuír á súa
valoración e conservación, procurando o desenvolvemento
social e económico da provincia de Ourense.
ED 102A 2013/287-0
¿Qué obxectivos?
• 1. Potenciar o coñecemento dos recursos patrimoniais do val do Támega e
contribuir á súa valoración e conservación.
• 2. Estudo interdisciplinar de dous conxuntos de gravados
rupestres/petróglifos dunha comarca que se sitúa fora do ámbito
tradicionalmente tratado nos estudos sobre a arte rupestre galega.
• 3. Deseño dun protocolo de campo utilizando técnicas morfométricas e
estatísticas co obxectivo de crear unha diagnose das cavidades de orixe
humano e/ou natural presentas nas rochas, como paso previo ao emprego
de datacións absolutas sobre as mesmas.
• 3. Revisión dos datos das catalogacións dos xacementos da comarca.
• 4. Diagnose do estado dos diferentes xacementos
• 5. Obtención dunha primeira aproximación aos patróns de ocupación da
paisaxe no val do Támega na Prehistoria Recente.
• 6. Estudo das posibilidades de posta en valor de outros elementos do
patrimonio cultural en futuras actuacións sobre este territorio, como o
patrimonio industrial xeolóxico-mineiro.
• 7. Fomento da sinatura de convenios de cooperación educativa para a
realización de prácticas para alumnos interesados do Campus de Ourense,
especialmente da Facultade de Historia.
• 8. Apoio e resposta ás asociacións culturais interesadas na revalorización do
patrimonio cultural e arqueolóxico da comarca-.
4 Accións Concretas 1º O estudo, rexistro e posta en valor dos petroglifos do
Penedo das Pisadiñas (Laza) e Covas Rubias
(Monterrei)
2º A revisión e estudo territorial dos xacementos da
Prehistoria Recente do val do río Támega (concellos
de Laza, Castrelo do Val, Monterrei, Verín e
Oimbra)
4º A proxección destes recursos mediante accións de
dinamización social e cultural en colaboración con
diversas asociacións e entidades.
3º Unha primeira aproximación ao estudo do patrimonio
industrial xeolóxico-mineiro da zona, especialmente
referido ás minas de Arcucelos e Vilameá
• Intervención patrimonial no Penedo das Pisadiñas (Laza) e
o petróglifo de Covas Rubias (Monterrei).
• Limpeza dos petróglifos e do seu entorno
• Recoñecemento topográfico da superficie das rochas e a
identificación dos motivos gravados con luz artificial
• Rexistro: calco manual e rexistro fotogramétrico
tridimensional.
• Estudio piloto dirixido ao deseño dun protocolo de campo
(identificación, diagnose de parámetros, etc.) utilizando
técnicas morfométricas e estatísticas co obxectivo de crear
unha diagnose das cavidades de orixe humano e/ou natural
presentes nas rochas como cualitativo (grado de rugosidade
das paredes.
• Diagnose
Acción 1: A Paisaxe Rupestre
Acción 2: A Paisaxe da Prehistoria
• Revisión dos xacementos da Prehistoria Recente catalogados ao
longo do río Támega, co obxectivo de completar as fichas de
catalogación correspondentes.
O obxectivo é o de obter unha primeira aproximación aos
patróns de ocupación da paisaxe. Toda esta información xerada
será útil á hora de elaborar futuras informacións referentes ao
patrimonio arqueolóxico do val do río Támega.
• Traballo previo de gabinete
• Prospección dirixida na procura de novos lugares de interese
arqueolóxico e co obxectivo de ampliar a información
dispoñible do emprazamento e contexto de cada un deles.
• Información xeo-referenciada -base de datos
• Incorporación a un sistema de información xeográfica (SIX)
• A paisaxe mineira: patrimonio industrial xeolóxico e
mineiro. Primeiro achegamento bibliográfico e
documental ao pasado mineiro da zona, especialmente
referido ás minas de Arcucelos e Vilameá.
• Pesquisa das fontes bibiliográficas e cartográficas (mapas
xeológicos e metaloxenéticos).
• Pequena indagación na documentación histórica nos
arquivos históricos, consultando información sobre as
explotacións mineiras.
• Nesta primeira aproximación non se contempla o traballo
de campo, pero é posible a aportación das fontes orais a
través da colaboración coas entidades locais.
Acción 3: A Paisaxe Mineira
Acción 4: A Paisaxe Cultural
• A paisaxe cultural: identidade e recursos patrimoniais.
A realizar en estreita colaboración coa comunidade local
e tecido asociativo da comarca
Difusión das actividades levadas a cabo e dos seus
resultados, a través de diversos medios tanto directos (nos
propios xacementos) como indirectos (conferencias,
blogs, etc).
Estraperlo arqueolóxico entre os dous lados da raia.
Educación e Creatividade…
Saltando a Raia (em Boticas): “Estraperlo” de arqueología sobre o projecto que
desenvolvemos no Alto Támega ourensán
31 Agosto
Equipo
Dirección do Proxecto: Beatriz Comendador Rey (GEAAT,
UVigo) beacomendador@uvigo.es
Dirección do Traballo de Campo: Félix González Insua
(GEAAT, UVigo) felixgonzalez@uvigo.es
Equipo:
Elena de Uña Álvarez (GEAAT, UVigo) edeuna@uvigo.es
Beatriz Vazquero Díaz (Grupo Historia Medieval e Ciencias
e Técnicas Historiográficas, UVigo) mdiaz@uvigo.es
Documentación Archivo: Cristina Fernández Fernández
Estudantes da Facultade de Historia do Campus de Ourense:
Jessica Silvares de Diós
Estefanía Rodríguez Gómez
Diagnose e Valoración: Iria Sinde Vázquez (ESCRBCG)
Colaboradores:
Nieves Amado e Asociación Cultural Alto Támega
Miguel Losada e Sociedade Antropolóxica Galega
Concello de Castrelo do Val +
Orzamento: 4.000 euros
¿Cómo podo colaborar ?
Aporta a túa pisadiña!!!
Financiación
Colaboradores
Permanezan atentos…
top related