premios eganet 2012
Post on 06-Mar-2016
231 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
IX Edición Premios EGANET
• Presentación de EGANET
• Premios EGANET
• A IX Edición - Premios EGANET’12
o Categorías
o Xurado
o Gala dos Premios EGANET 2012
Presentación de EGANET EGANET é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC. Creouse no ano 2000, co obxectivo de aglutinar ás empresas que representan o corazón das TIC e que abarcan as cinco principais áreas de negocio: 1.- Internet e Medios On Line 2.- Comunicación Interactiva en Novos Medios 3.- Consultaría e asesoramento TIC 4.- Conectividade e Integración de Sistemas 5.- Desenvolvemento de Software EGANET, como patronal das TIC galegas, é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito. A asociación conta cunha estrutura propia que lle outorga a independencia necesaria para desenvolver os proxectos e as reivindicacións que se precisan no sector para que este sexa un dos piares fundamentais na economía galega. EGANET defende o libre mercado, dá servizos ás empresas asociadas e traballa para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual. Traballa pola integración tecnolóxica dos colectivos menos favorecidos e defende e potencia a presenza da muller nas TIC. A asociación potencia sinerxías entre empresas tanto do propio sector como nos sectores non TIC, converténdose no referente tecnolóxico do tecido produtivo e con especial incidencia nos ámbitos como o cultural, o ensino, a administración local, o audiovisual, turismo, etc. A transversalidade do sector e a visión de conxunto que outorga a traxectoria asociativa, permítelle anticiparse ás necesidades que se van creando, podendo ofrecer o coñecemento e as ferramentas necesarias para cubrilas. Mudar hábitos e conseguir o escenario preciso para que se recoñezan as particularidades das empresas motoras das TIC é traballo diario e constante na asociación.
Premios EGANET Os Premios EGANET naceron no ano 2003 e son un galardón á calidade de traballos
realizados por empresas que realizan a súa actividade en Galicia. Trátase da iniciativa de
maior proxección social das levadas a cabo pola Asociación de Empresas Galegas
Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET). Con nove edicións de historia, os
Premios EGANET son o acto de maior repercusión das TIC galegas, onde se recoñece o
labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento
do sector da Sociedade e do Coñecemento en Galicia.
Con esta iniciativa EGANET promociona e serve de plataforma de lanzamento para os
proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas, dando a coñecer a tódolos
sectores da sociedade galega os resultado, calidade e profesionalidade das empresas
neste ámbito.
A exposición dos traballos que chegan a finalistas constitúe un medio de achegamento ao
tecido empresarial e á cidadanía galega dos beneficios e enormes posibilidades que
ofrece na actualidade o uso de internet e das novas tecnoloxías. Amósase de xeito
explícito e con exemplos completos, os resultados da firme aposta pola Rede das
empresas e profesionais galegos e das súas aplicacións e melloras que nos proporcionan.
A calidade e alto número de proxectos presentados en cada edición son o aval do
interese e recoñecemento que o sector TIC lle outorga aos Premios EGANET.
Evolución de Candidaturas
122
158 163185
221
262
192181
0
50
100
150
200
250
300
2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Ano de celebración dos Premios
Nº d
e Pr
oxec
tos
pres
enta
dos
Elaboración propia. Cómpre sinalar que nos Premios ’11 e ‘12 as categorías foron 5, mentres que no 2010 eran 8
e no 2009 eran 9. Polo tanto, o aparente descenso no nº de candidaturas non é real.
A IX Edición – Premios EGANET´12
Poden presentar as súas candidaturas a estes premios empresas, profesionais,
asociacións, organizacións empresariais, ONGs, entes públicos e calquera outro
organismo con sede social en Galicia que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da
información e as comunicacións. De non ter razón social en Galicia poden participar
sempre que teñan relación clara coa cultura, lingua ou sociedade galega.
CATEGORÍAS E PREMIOS ESPECIAIS
As categorías que se recolleron foron cinco, ás que se lle engadiu o Premio Especial
EGANET que a Asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que
dende a última edición, máis se esforce en dar a coñecer e impulsar a realidade galega
no contorno Internet e, deste xeito, contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en
Galicia. Para este premio non se reciben candidaturas xa que son as propias empresas
socias de EGANET as que propoñen e elixen ao premiado.
As CATEGORÍAS na IX Edición dos Premios EGANET foron as seguintes:
Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC
Á que podían optar os proxectos colaborativos de 2 ou máis empresas galegas. Se
participaron empresas foráneas a porcentaxe mínima de participación das galegas
debe ser, como mínimo, dun 75%.
Valorouse especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e
económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade
social empresarial, así como a utilización óptima das NTIC.
Premio Emprendedor TIC
Podían optar as empresas con menos de 3 anos de antigüidade que desenvolveran
un proxecto empresarial relacionado directamente con Internet ou outras NTICs.
Valorouse especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e
económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade
social empresarial así como a utilización óptima das NTIC na súa estratexia
empresarial.
Premio Aplicación Software
Nesta categoría cabían os produtos orientados, ben a mellorar e sistematizar
procesos no seo das empresas ou outras entidades, ben a ofrecer ferramentas
dixitais que amplíen as posibilidades dos traballos tradicionais.
Valorouse a interactividade, o carácter innovador, a adaptabilidade aos distintos
soportes dixitais, o deseño visual dos proxectos e a valoración da/s entidade/s
que teña/n a aplicación implantada.
Premio Comunicación Dixital
As mellores iniciativas relacionadas coa Publicidade Online, Social Media, etc.
Podían ser tanto campañas como resultados de desenvolvementos de software,
como calquera proxecto que tivera un impacto no eido da comunicación online.
Especialmente valorados aqueles proxectos que integraban adecuadamente
diferentes soportes e tecnoloxías. Valorándose a orixinalidade, a planificación, a
creatividade e os resultados obtidos co proxecto.
Premio Negocio Online
Esta categoría recoñeceu a creatividade e a innovación para a comercialización na
rede, sendo de especial interese os proxectos de empresas que tiveran
aproveitado a Rede para redefinir os seus procesos empresariais ou os seus
obxectivos, integrando totalmente a súa presenza online nun plano estratéxico
empresarial.
Valorouse a novidade, o nivel de participación do sector, a mellora da
competitividade, a constancia temporal, a integración de internet na súa estrutura
de negocio e non como un sistema máis de comunicación, aportando un uso
óptimo das posibilidades do comercio electrónico entendido no seu sentido máis
amplo, non limitado á venda online.
CRITERIOS TRANSVERSAIS DE VALORIZACIÓN
De acordo cas liñas estratéxicas e de traballo de EGANET foron criterios de valor,
ademais dos indicados en cada categoría, os seguintes:
Grao de detalle da información a valorar
Deseño, creatividade, innovación
Inclusión dixital
Igualdade, plans de conciliación, RR.HH. e RSC
Colaboración e cooperación
Internacionalización
Relación do proxecto co incremento de facturación
Target de clientes
COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado é externo a Eganet e da súa valoración saen os 4 finalistas de cada categoría
sendo un deles o gañador que só se coñece no transcurso da Gala. Nesta edición o
xurado estivo formado por:
Alejandro Lamas
Amancio Varela
Antonio Pérez
Beatriz Legeren
Carlos Otero
Comunidade Lacon Network
Fernando Sarasqueta
Fernando Suárez
Gonzalo Garre
Iago Soto
Jacobo García-Durán
Javier García
Javier Varela
Jose Gainzarain
Luisa Pena
Marcos Saco
Marcus Fernández
Óscar García
Pablo López
Rubén García
Xabier Cid
GALA DOS PREMIOS EGANET
Celebrada o 1 de febreiro de 2013 no Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela.
Recepción de autoridades
(de esq. a dereita) Víctor López, Mauro Fernández, Amelia González e Ana Búa
(de esq. a dereita) Víctor López, Javier García e Gil Bernárdez
Montaxe de escenario Vista xeral de público asistente
Presentador da Gala, Víctor Grande (humorista)
Momentos da Gala
Premio Aplicación Software
Proxectos finalistas: OnTouch DS de OnTouch (Gañador)
Sheltrack de Igalia
SetPay de Sarela Innova
eVidens de Ilux Visual
Proxecto Gañador: OnTouch DS
Entregou o premio Ana Búa
Premio Comunicación Dixital
Proxectos finalistas: ARTEC primavera 2012 de Nasas
Social & Media (Gañador)
Pandeireta Pro de Galinus
Stabri de Ángel Téllez
A Torre dos Mouros de Grupo Novos
Medios - USC
Proxecto Gañador: ARTEC
Entregou o premio Gil Bernárdez
Premio Proxecto Emprendedor TIC
Proxectos finalistas: PETRILLA TECH (Gañador)
WIIMBO PRODUCTIONS
SIGUETULIGA.COM
GEODOING
Proxecto Gañador: Petrilla Tech
Entregou o premio Comunidade Lacon Network
Premio Proxecto de Negocio Online
Proxectos finalistas: Construdata 21 (Gañador)
Eat Galicia
Óptica Diagonal
Perfumes TIN TIN
Proxecto Gañador: Construdata 21
Entregou o premio Amelia González (Concello Santiago de Compostela)
Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC
Proxectos finalistas: LIFE+AtlanticVineyards da Deputación
de Pontevedra (Gañador)
Bits for Meetings de Primate e Ipoki
Probeta de A Navalla Suiza, Cen
Litros Metro Cadrado e Ekinocio
App Eleccións Galicia de Bahía
Software e Grupo El Correo Gallego
Proxecto Gañador: ARTEC
Entregou o premio Eduardo García, Director da Escola de Negocios Novacaixagalicia
Premio Especial EGANET
Fora de concurso, EGANET reserva un Premio Especial para aquela entidade, empresa ou persoa que máis traballara para o desenvolvemento das TIC galegas. Un recoñecemento feito polas propias empresas socias de Eganet xa que son elas ás que propoñen posíbeis candidaturas para logo proceder á votación e obter ao gañador. Un proceso que demostra a implicación e participación das empresas e a democracia pola que se rixe a asociación.
Nesta edición o Premio Especial foi adxudicado, a título póstumo, a Víctor Gulías, que foi profesor da Universidade da Coruña e director da CITIC.
A súa traxectoria profesional, o seu coñecemento académico e a súa paixón polas TIC permitiron a creación de proxectos empresariais que acadaron éxitos e recoñecementos internacionais que nos abriron as portas a novos mercados posicionando e avalando a profesionalidade, calidade e innovación dos produtos e servizos das TIC galegas. A súa paixón polas TIC, o seu carácter visionario e a súa capacidade innovadora foron as bases do seus éxitos e hoxe queremos recoñecerllo.
Recoñecemento a 10 anos de proxecto empresarial TIC
A situación socioeconómica fai que o noso tecido empresarial TIC adoeza dun alto risco de disolución ou de reconversión. É por isto, que son poucas as pequenas empresas TIC que chegan a percorrer unha andaina de 10 anos. EGANET sabe que os listóns, económicos e humanos, están moi altos para a maior parte destas empresas, mais tamén sabe do tesón, do atrevemento e do esforzo co que encaran esta realidade. Vaia pois o noso recoñecemento e os nosos parabéns a estas empresas, socias de EGANET, que levan unha década traballando, innovando e implicándose para achegar á sociedade galega ás novas tecnoloxías.
Discurso de peche de Víctor López, Presidente de EGANET Boas tardes a todos e a todas. Noraboa a todos os premiados e moitos ánimos para continuar co voso proxecto. Noraboa tamén a todo o sector TIC Galego pola cantidade e sobre todo pola calidade dos proxectos presentados a esta NOVENA Edición dos Premios EGANET, unha mostra clara da solidez e do empuxe da industria TIC Galega.
Agradecementos aos nosos Colaboradores que esperamos seguir contando con eles na vindeira edición, e que haxa outros moitos que sigan os seus pasos. Levamos uns cantos anos duros e a suma vai minguando enerxías, incrementando frustracións e vendo, cada día máis, situacións desesperadas e proxectos que se pechan despois de moitos riscos e esforzos por parte dos seus promotores. EGANET non é allea! Desde a Directiva fixemos un esforzo e buscamos alternativas para poder realizar esta IX edición. Un traballo que nos permitiu a colaboración coa LaconNetwork e que deste xeito a Gala dos Premios se unira á 3rd LaconNetwork para facer a Festa das TIC. Unha unión á que se sumaron moitas outras persoas e empresas que de xeito desinteresado nos prestaron os seus servizos e aplicacións. Vaia pois un recoñecemento especial a todos e todas.
Só nos queda, polo tanto, aproveitar a ocasión que nos brinda este acto para alentar a todos os axentes, e en especial ás Administracións Públicas, a que conten decididamente co sector TIC Galego á hora de planificar e xestionar as súas futuras políticas sectoriais. Lembrarlles que os axentes sectoriais intermediarios son precisos para canalizar e acompasar os ritmos dos sectores públicos e privados e que este labor non se pode facer cunha política de costas viradas e petos pechados.
Como sabemos, o sector TIC galego non se caracteriza por grandes empresas, máis ben ao contrario, na súa maioría somos pemes e micropemes mais estamos convencidos que a colaboración entre grandes e pequenas conseguirá romper barreiras e levaranos a afianzar a un sector que precisa de mellorar en puntos estratéxicos como son o I+D+i e a internacionalización. Precisamos o apoio e fomento de redes colaborativas entre empresas, que as Administracións debuxen un escenario onde o sector TIC Galego poida competir e medrar, un escenario e unhas condicións que permitan consolidar postos de traballo e riqueza en Galicia. Para isto é fundamental que os axentes públicos, os que en maior medida arrastran a actividade económica, tanto deste coma doutros sectores produtivos, teñan en conta a realidade da estrutura empresarial Galega, e abran as portas e permitan entrar ao sector TIC Galego nos grandes proxectos TIC que se desenvolvan en Galicia, estes proxectos serán o aval das empresas Galegas nos seus plans de Internacionalización.
A industria das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información en Galicia ten forza innovadora e creativa, como acabamos de ver nesta Gala, pero esta industria precisa facerse forte, medrar, consolidarse e abrirse a novos mercados, e para iso precisa de medidas que palíen a actual situación. Agardamos que este sexa o ano do comezo da recuperación e con el o do crecemento das TIC. Moitas grazas.
top related